Post on 05-Oct-2020
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA
DEPARTAMENTO DE
LATÍN/GREGO
~ CURSO 2014/15 ~
IES ALFREDO BRAÑAS
(CARBALLO)
Xefa de Departamento
Catalina Rey Rodríguez
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
1
1. Introdución …………………………………………………………………… 3
1.1 Contextualización
1.2 Lexislación
2. Membros do departamento …………………………………………………… 5
3. Programación didáctica das asignaturas de Bacharelato …………………... 5
3.1 Latín I ……………………………………………………………………...... 7
3.1.1 Obxectivos
3.1.2 Contidos
3.1.3 Mínimos esixibles
3.1.4 Secuenciación e temporalización dos contidos
3.1.5 Criterios de avaliación
3.1.6 Metodoloxía e materiais e recursos didácticos
3.1.7 Procedementos e instrumentos de avaliación
3.1.8 Medidas de atención á diversidade, programación de reforzo de
materias pendentes e procedementos para acreditar os coñecementos
previos
3.1.9 Ación de contribución ao proxecto lector e ao plan TIC
3.1.10 Criterios para avaliar a propia programación
3.2 Latín II …………………………………………………………………….. 23
3.2.1 Obxectivos
3.2.2 Contidos
3.2.3 Mínimos esixibles
3.2.4 Secuenciación e temporalización dos contidos
3.2.5 Criterios de avaliación
3.2.6 Metodoloxía e materiais e recursos didácticos
3.2.7 Procedementos e instrumentos de avaliación
3.2.8 Medidas de atención á diversidade, programación de reforzo de
materias pendentes e procedementos para acreditar os coñecementos
previos
3.2.9 Acción de contribución ao proxecto lector e ao plan TIC
3.2.10 Criterios para avaliar a propia programación
3.3 Grego I ……………………………………………………………………... 40
3.3.1 Obxectivos
3.3.2 Contidos
3.3.3 Mínimos esixibles
3.3.4 Secuenciación e temporalización dos contidos
3.3.5 Criterios de avaliación
3.3.6 Metodoloxía e materiais e recursos didácticos
3.3.7 Procedementos e instrumentos de avaliación
3.3.8 Medidas de atención á diversidade, programación de reforzo de
materias pendentes e procecedementos para acreditar os
coñecementos previos
3.3.9 Ación de contribución ao proxecto lector e ao plan TIC
3.3.10 Criterios para avaliar a propia programación
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
2
4. Programación didáctica das asignaturas da ESO ………………………… 57
4.1 Latín 4º ESO ……………………………………………………………. 57
4.1.1 Obxectivos
4.1.2 Contidos
4.1.3 Mínimos esixibles
4.1.4 Contribución da materia á adquisición das competencias básicas
4.1.5 Secuenciación e temporalización dos contidos
4.1.6 Procedementos para a realización da avaliación inicial
4.1.7 Criterios de avaliación en relación coas competencias básicas
4.1.8 Metodoloxía e materiais e recursos didácticos
4.1.9 Procedementos e instrumentos de avaliación
4.1.10 Medidas de atención á diversidade, programación de reforzo de
materias pendentes e procedementos para acreditar os coñecementos
previos
4.1.11 Ación de contribución ao proxecto lector e ao plan TIC
4.1.12 Criterios para avaliar a propia programación
5. Accións de contribución ao plan de convivencia e educación en valores en
todos os niveis ……………………………………………………………….. 80
6. Actividades complementarias e extraescolares xerais deste departamento ………………………………………………………………………………... 81
7. Anexo. Recursos didácticos recomendados ……………………………….. 82
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
3
1. Introdución
A nosa civilización é froito dunha longa tradición que inclúe herdanzas de pobos
e culturas moi diversos. Pero, por formar parte da cultura occidental, ten unha débeda
esencial -no senso estrito do termo- coa cultura latina e grega.
Parece evidente que o xeito máis práctico e máis formativo de achegarse á Roma
e á Grecia antiga é a través do estudo da súa lingua. Isto quere dicir que a aprendizaxe
da lingua é un obxectivo en si mesmo, pero é tamén, e sobre todo, un instrumento para
introducir ós alumnos no coñecemento do mundo clásico.
Durante o presente curso este departamento ten asignadas as seguintes materias:
Latín I e II de Bacharelato, Grego I de Bacharelato ademais de Latín de 4º da
ESO. Polo tanto a programación vai dirixida ao alumnado que curse calquera delas.
1.1 Contextualización
O IES Alfredo Brañas é un centro de titularidade pública situado en Carballo,
un dos concellos máis poboados da provincia de A Coruña e capital da comarca de
Bergantiños.
O alumnado provén, na súa maioría, dos centros adscritos CEIP Fogar e CEIP
Xesús San Luis Romero. O primeiro está situado no centro de Carballo e acolle á
poboación do casco urbano e dalgunhas parroquias limítrofes mentres que o
segundo está situado no barrio da Milagrosa.
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
4
O alumnado do centro caracterízase por una grande heteroxeneidade,
convivindo alumnos que proceden da clase media urbana con outros que proceden
do rural, emigrantes retornados e incluso algún de extración marxinal.
O centro conta cuns 60 profesores adicados a 600 alumnos aproximadamente.
1.2 Lexislación
A presente programación didáctica susténtase na seguinte lexislación estatal e
autonómica:
LOE 2/2006 do 3 de maio.
Orde do 23 de xuño de 2008 que modifica o Decreto 133/2007 do 5 de xullo
que regula as ensinanzas da ESO na Comunidade Autónoma de Galicia.
Orde 21/12 de 2007 pola que se regula a avaliación.
Circular 8/2009 da Direción Xeral de Educación, FP e IE na que se tratan as
medidas de atención á diversidade na ESO.
Anexo II da orde anterior no que se explicita o currículo das materias da
ESO.
Decreto 229/2011 do 7 de decembro no que se regula a atención á
diversidade na Comunidade Autónoma de Galicia.
Decreto 126/2008 do 19 de xuño no que se explicita a ordenación e o
currículo do bacharelato.
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
5
Orde do 20 de abril de 2010 pola que se modifica a Orde do 24 de xuño do
2008 que trata da organización e currículo do bacharelato.
Orde do 5 de maio de 2011 pola que se regulan aspectos relativos ao
desenvolvemento do bacharelato.
2. Membros de Departamento
O Departamento é unipersoal e está constituido por unha xefa de
departamento, Catalina Rey Rodríguez, autora desta programación.
3. Programación didáctica das asignaturas de Bacharelato
Os contidos propostos para Latín I e II en que se desenvolve a materia céntranse en
dous grandes ámbitos, a lingua e a cultura, distribuídos en catro bloques:
1. Estudo progresivo das características da lingua latina. A aprendizaxe da lingua
latina e da súa gramática terá como obxectivo último a comprensión e tradución
de textos literarios orixinais dunha complexidade progresiva, para o que é
posible partir de textos adaptados ou elaborados.
2. Comprensión e interpretación de textos latinos. Os textos seleccionados
responderán a diferentes épocas e xéneros literarios e poderán presentarse, tanto
na súa forma orixinal, coas adaptacións necesarias para facilitar a súa
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
6
comprensión, como en traducións. A práctica da tradución de textos latinos ha
contribuír tamén á reflexión sobre a lingua propia, buscando a correcta
adecuación entre as estruturas lingüísticas de ambas linguas.
3. Estudo do léxico latino e a súa pervivencia en galego, castelán e outras linguas
modernas. A adquisición dun vocabulario latino, baseado nunha frecuencia de
uso, constitúe un instrumento para a comprensión e tradución de textos, ao
tempo que permite mellorar na expresión oral e escrita en galego e en castelán,
así como en linguas estranxeiras.
4. Estudo das mostras máis importantes da civilización romana: a creación literaria
e a produción artística; a ciencia e a técnica; as institucións políticas, relixiosas e
militares; a vida familiar, a organización social e a ordenación xurídica. A
selección de textos de xéneros e épocas diversas atenderá ao criterio de ofrecer
unha visión completa e equilibrada da historia e da sociedade romanas. A
sistematización de todos eses datos extraídos de diversas fontes documentais,
incluídas as que brindan as tecnoloxías da información e da comunicación, e a
súa comparación constante cos que ofrecen as sociedades actuais permitirán
unha valoración razoada da achega de Roma á conformación do ámbito cultural
e político europeo. As tecnoloxías da información e da comunicación (TIC)
ofrecen novas e atractivas perspectivas no estudo da lingua e cultura romanas
que convén aproveitar, como o uso de metodoloxías interactivas no estudo da
lingua latina, procura de textos, imaxes e vídeos na internet, ferramentas de
presentación e comunicación de resultados, etc.
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
7
3.1 Latín I
3.1.1 Obxectivos
Iniciarse na lectura, interpretación e traduciónde textos de dificultade
progresiva, utilizando, para este fin, o coñecemento dos elementos
morfolóxicos, sintácticos e léxicos básicos da lingua latina.
Reflexionar sobre os elementos substanciais que conforman as linguas e
recoñecer compoñentes significativosda flexión nominal, pronominal e
verbal latina nas linguas modernas derivadas do latín ou influídas por el.
Achegarse a textos latinos diversos, orixinais, adaptados e traducidos,
mediante unha lectura comprensiva e distinguir as súas características
esenciais e o xénero literario ao que pertencen.
Recoñecer elementos da lingua latina que evolucionaron ou
quepermanecen nas nosas linguas e aprecialos como clave para a súa
interpretación.
Buscar información sobre aspectos relevantes da civilización romana,
indagando en documentos e en fontes variadas, analizalos criticamente e
constatar a súa presenza ao longo da historia.
Identificar e valorar as principais achegas da civilización romana no noso
contorno e apreciar a lingua latina como instrumento transmisor de
cultura.
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
8
Valorar a contribución do mundo romano na súa calidade de sistema
integrador de diferentes correntes de pensamento e actitudes (éticas e
estéticas) que conforman o ámbito cultural europeo.
3.1.2 Contidos
Contidos comúns aos catro bloques que contén a asignatura:
o Tradución de textos latinos: a precisión na expresión en calquera
lingua; a expresión dos matices.
o As relacións políticas e sociais en Roma: orixinalidade con
respecto a outras culturas anteriores ou contemporáneas;
evolución posterior e influencia na sociedade occidental. Farase
fincapé nas estruturas políticas, na situación da muller e da
infancia e na escravitude.
o Imbricación cultural entre a antiga Roma e o mundo
contemporáneo.
BLOQUE I: A lingua latina:
o Do indoeuropeo ás linguas romances.
o A escritura en Roma. Abecedario, pronunciación e acentuación.
o Flexión nominal, pronominal e verbal. Formas non flexivas.
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
9
o Sintaxe dos casos. Uso das preposicións máis frecuentes.-A
estrutura da oración. A concordancia. Orde de palabras. Oracións
simples e compostas. Coordinación. Inicio do estudo da
subordinación.
BLOQUE II: Os textos latinos e a súa interpretación:
o Iniciación á lectura comprensiva e ás técnicas de tradución e
comentario de textos latinos.
o Análise morfosintáctica.
o Lectura comprensiva de obras e fragmentos traducidos con
comentario do seu contexto histórico, social e cultural.
BLOQUE III: O léxico latino e a súa evolución:
o Aprendizaxe do vocabulario básico latino en función da súa
frecuencia de uso e da súa relevancia en galego e castelán.
o Nocións básicas de evolución fonética, morfolóxica e semántica
do latín ás linguas romances. Palabras patrimoniais e
cultismos.Expresións latinas incorporadas á lingua coloquial e
literaria.
BLOQUE IV: Roma e o seu legado:
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
10
o Sinopse histórica do mundo romano dos séculos VIII a. C. ao V
d. C.
o Organización política e social de Roma. Maxistraturas e clases
sociais. O dereito romano e a súa pervivencia. A relixión. O
exército. Aspectos máis relevantes da cultura e da vida cotiá en
Roma. O urbanismo e a vivenda, a educación, a familia, os
espectáculos.
o A romanización de Hispania e as súas pegadas.
3.1.3 Mínimos esixidos
• Historia da lingua latina: do indoeuropeo ás linguas romances.
• Abecedario latino, pronunciación e acentuación de palabras.
• Flexión nominal, pronominal e verbal. Formas non flexivas.
• Sintaxe dos casos. Uso de preposicións.
• A concordancia, orde de palabras na oración. Oracións simples
compostas.
• Análise sintáctico e tradución de textos latinos sinxelos.
• Dominio de léxico latino básico.
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
11
• Nocións básicas da evolución fonética, morfolóxica e semántica do latín
e as linguas hispánicas.
• Expresións latinas incorporadas á linguaxe habitual.
• Sinopse histórica do mundo romano dos séculos VIII a.C. ó VI d.C.
3.1.4 Secuenciación e temporalización dos contidos
Farase do seguinte xeito: 5 unidades por trimestre. Apróximadamente 140
sesións das que adicaremos 105 a docencia e as restantes 35 a controis e
actividades complementarias.
PRIMEIRO TRIMESTRE:
Unidade 1: Do indoeuropeo ás linguas romances. Contexto xeográfico da Roma
antiga. Lectura comprensiva de obras e fragmentos traducidos con comentario
do seu contexto histórico, social e cultural. 9 sesións de clase.
Unidade 2: A escritura en Roma. Abecedario, pronunciación e acentuación.
Sinopse histórica do mundo romano dos séculos VIII a. C. ao V d. C. Lectura
comprensiva de obras e fragmentos traducidos con comentario do seu contexto
histórico, social e cultural. 9 sesións.
Unidade 3: Sintaxe dos casos. Flexión nominal. Nocións básicas de evolución
fonética, morfolóxica e semántica do latín ás linguas romances. Palabras
patrimoniais e cultismos. Organización política e social de Roma. Maxistraturas
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
12
e clases sociais. Lectura comprensiva de obras e fragmentos traducidos con
comentario do seu contexto histórico, social e cultural. 10 sesións.
Unidade 4: Sintaxe dos casos. Flexión verbal. Nocións básicas de evolución
fonética, morfolóxica e semántica do latín ás linguas romances. Palabras
patrimoniais e cultismos. Organización política e social de Roma. Maxistraturas
e clases sociais. 10 sesións.
Unidade 5: Sintaxe dos casos. Flexión pronominal. Nocións básicas de
evolución fonética, morfolóxica e semántica do latín ás linguas romances.
Palabras patrimoniais e cultismos. O dereito romano e a súa pervivencia. Lectura
comprensiva de obras e fragmentos traducidos con comentario do seu contexto
histórico, social e cultural. 9 sesións.
SEGUNDO TRIMESTRE:
Unidade 6: Sintaxe dos casos. Formas non flexivas. Nocións básicas de
evolución fonética, morfolóxica e semántica do latín ás linguas romances. A
relixión primitiva romana. 9 sesións.
Unidade 7: Uso das preposicións máis frecuentes. Análise morfosintáctica.
Nocións básicas de evolución fonética, morfolóxica e semántica do latín ás
linguas romances. A relixión “asimilada” dos gregos. 9 sesións.
Unidade 8: A estrutura da oración. Análise morfosintáctica. Nocións básicas de
evolución fonética, morfolóxica e semántica do latín ás linguas romances. O
exército. 9 sesións.
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
13
Unidade 9: A concordancia. Análise morfosintáctica. Iniciación á lectura
comprensiva e ás técnicas de tradución e comentario de textos latinos. Nocións
básicas de evolución fonética, morfolóxica e semántica do latín ás linguas
romances. Aspectos máis relevantes da cultura e da vida cotiá en Roma. O
urbanismo e a vivenda, a educación, a familia, os espectáculos. 9 sesións.
Unidade 10: Orde de palabras. Análise morfosintáctica. Iniciación á lectura
comprensiva e ás técnicas de tradución e comentario de textos latinos. Nocións
básicas de evolución fonética, morfolóxica e semántica do latín ás linguas
romances.Aspectos máis relevantes da cultura e da vida cotiá en Roma. 9
sesións.
TERCEIRO TRIMESTRE:
Unidade 11: A estrutura da oración. Oracións simples e compostas. Iniciación á
lectura comprensiva e ás técnicas de tradución e comentario de textos latinos.
Expresións latinas incorporadas á lingua coloquial e literaria. O urbanismo e a
vivenda. 9 sesións.
Unidade 12: Coordinación. Iniciación á lectura comprensiva e ás técnicas de
tradución e comentario de textos latinos. Expresións latinas incorporadas á
lingua coloquial e literaria. A educación. 9 sesións.
Unidade 13: Inicio do estudo da subordinación. Iniciación á lectura comprensiva
e ás técnicas de tradución e comentario de textos latinos. Expresións latinas
incorporadas á lingua coloquial e literaria. A familia. 10 sesións.
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
14
Unidade 14: Inicio do estudo da subordinación. Iniciación á lectura comprensiva
e ás técnicas de tradución e comentario de textos latinos. Expresións latinas
incorporadas á lingua coloquial e literaria. Os espectáculos. 10 sesións.
Unidade 15: Inicio do estudo da subordinación. Iniciación á lectura comprensiva
e ás técnicas de tradución e comentario de textos latinos. Expresións latinas
incorporadas á lingua coloquial e literaria. A romanización de Hispania e as súas
pegadas. 10 sesións.
3.1.5 Criterios de avaliación
Comprender e ser capaz de traducir textos latinos breves e sinxelos,
orixinais, adaptados ou elaborados, coa maior fidelidade posible. Con
este criterio preténdese comprobar, a través de exercicios de
comprensión e posterior tradución literal dun texto, a competencia
lingüística en latín e a capacidade de recoñecer as diversas estruturas
dunha lingua flexiva. Os textos serán breves, orixinais ou elaborados e de
dificultade mínima. Poderán contribuír á valoración da consecución de
obxectivos os exercicios de pouca dificultade de tradución inversa ou de
elaboración en latín de pequenas mensaxes orais e escritas.
Recoñecer en textos latinos sinxelos os elementos básicos da morfoloxía
regular e da sintaxe da oración, en función da comprensión do texto
latino, apreciando variantes e coincidencias con outras linguas coñecidas,
especialmente co galego e co castelán. Este criterio pretende comprobar
se o alumnado adquiriu as nocións de morfoloxía e de sintaxe que lle
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
15
permitan recoñecer as características dunha lingua flexiva e identificar
formas, funcións e elementos fundamentais, todo iso sempre co
obxectivo primordial de comprender e traducir o texto latino. O
alumnado relacionará eses elementos básicos cos das linguas galega e
castelá ou outras coñecidas por el.
Ler e comentar textos traducidos de diversos xéneros ou referentes
aomundo romano e distinguir aspectos históricos e culturais contidos
neles. Con este criterio preténdese determinar a capacidade de
comprender o contido esencial dun texto, de limitar as súas partes e
establecer a relación entre elas. O estudante poderá manifestar a súa
competencia mediante exercicios de lectura comprensiva de textos con
sentido completo, contrastando os textos latinos con textos de literatura
actual e valorando a súa vixencia na actualidade.
Recoñecer no léxico do galego, do castelán e doutras linguas faladas na
Península palabras de orixe latina e analizar a súa evolución fonética,
morfolóxica e semántica, así como deducir regras básicas de derivación e
composición. Este criterio trata de constatar se o alumnado ten
conciencia de que as linguas faladas na Península evolucionaron desde o
latín, agás o eúscaro, que recibiu del importantes achegas léxicas.
Deberanse relacionar palabras do galego e do castelán ou doutras linguas
romances cos seus correspondentes étimos latinos e identificar os
cambios fonéticos, morfolóxicos e semánticos producidos no curso da
súa evolución.
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
16
Identificar os aspectos máis importantes da historia do pobo romano e da
súa presenza no noso país e recoñecer as pegadas da cultura romana en
diversos aspectos da civilización actual. Con este criterio comprobarase
o coñecemento do pasado romano, especialmente centrado na Península
Ibérica, e a constatación da súa vixencia no mundo actual. Posibles
exercicios son o traballo sobre fontes escritas e iconográficas, sobre
pezas conservadas nos fondos museísticos e xacementos arqueolóxicos,
ou a procura nos medios de comunicación de referencias ao mundo
romano.
Planificar e realizar, seguindo as pautas do profesorado, algún traballo de
investigación sobre a presenza do mundo romano no contorno,
consultando as fontes directas (restos arqueolóxicos, epigrafía, textos
antigos) e utilizando as TIC como ferramenta de organización e
comunicación dos resultados. Este criterio pretende verificar que o
alumnado distingue no seu contorno os elementos do mundo clásico,
recoñecéndoos como herdanza do noso propio pasado, e que os interpreta
correctamente mediante a utilización selectiva de fontes diversas.Tamén
trata de avaliar a capacidade de indagar nas fontes directas e tomar
contacto cos materiais ordenando os datos obtidos e elaborando o
traballo mediante o uso das TIC como ferramentas fundamentais. Neste
sentido recoméndase o uso de páxinas web, blogs, páxinas colaborativas,
enciclopedias e dicionarios en liña, programas de presentacións e outras
ferramentas da internet.
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
17
Comentar narracións didácticas, novelas históricas, bandas deseñadas ou
películas documentais e de ficción relativas ao mundo romano. Este
criterio pretende que o alumnado practique o hábito da lectura
comprensiva e a visión crítica de películas documentais e de ficción
relacionadas co mundo romano.
3.1.6 Metodoloxía e materiais e recursos didácticos
O enfoque metodolóxico deberá favorecer a capacidade de autoaprendizaxe,
de traballar en equipo e aplicar os métodos apropiados de investigación para
seguir aprendendo ao longo da vida.
Os textos converteranse no punto de partida para traballar simultaneamente
os aspectos morfosintácticos da lingua latina, o seu léxico e a súa relación co
galego e co castelán, así como os aspectos culturais relacionados cos textos
traballados.
Proporase unha secuencia de traballo axeitada e graduada por medio dunha
metodoloxía activa, preferentemente de tipo indutivo-contextual, na que as
normas se convertan en posesión permanente e en automatismo lingüístico. O
enfoque irá dirixido a que o alumnado desenvolva e afiance as súas proprias
técnicas de traballo mediante diversas estratexias.
Procurarase xerar un clima na aula co que as alumnas e alumnos sintan a
necesidade de participar activamente no proceso de ensino-
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
18
aprendizaxe,asegurándonos de que eses intentos, mesmo se son erróneos, sirvan
de estímulo para intentalo de novo.
Faise preciso a realización, nos primeiros días do curso, dun Cuestionario Inicial para
comprobar o grado de comprensión sintáctica que o alumno alcanza sobre a súa
propia lingua. Tendo en conta que os estudos de gramática latina, así como os
exercicios de tradución, serán os bloque de contidos tratados con maior regularidade,
a urxencia de coñecer canto antes as posibles lagoas na análise sintáctica, resulta
comprensible.
Independentemente desta sondaxe, a primeira unidade didáctica desenvolverá
brevemente os conceptos elementais de gramática, é decir, todos aqueles elementos
morfolóxicos e sintácticos imprescindibles para a comprensión dunha lingua como a
latina (ou grega): dominio e comprensión práctica da terminoloxía usual para a
análise sintáctica (concepto de oración, proposición, C.C., C.I., C.N., C.C.,
predicativo, aposición, etc.); identificación daquelas clases de palabras que tan
frecuentemente soen confundirse na análise sintáctica de moitos alumnos
(preposicións, relativos, pronomes, artigos…).
Durante o primeiro trimestre non se empregará diccionario. O alumnado deberá
aprender un vocabulario básico para traducir, hai que sinalar que este vocabulario non
se estudará en forma de lista de palabras, senón dentro dun contexto, facendo as
relacións pertinentes (familias léxicas, etimoloxías, etc.) de maneira que sexa máis
doada a súa aprendizaxe. As palabras descoñecidas serán enunciadas polo profesor. A
partir de mediados do segundo trimestre deberán habituarse ao manexo dun dicionario
básico latino-español
Técnica de tradución
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
19
No primeiro curso daranse unhas pautas orientadoras, deixando para Latín II a
concreción e desenvolvemento desta técnica, que sempre deberá tratarse ao unísono
co uso correcto do diccionario. Intentaremos que en Latín I os alumnos poidan
traducir un texto de dificultade básica ao final de curso.
Bloque de unidades culturais ou de civilización
Ao longo do curso (cada quince días aproximadamente), os alumnos prepararán
xunto co profesor temas ou unidades de civilización e cultura. Ademáis do núcleo
histórico, social, político, relixioso e cultural do mundo latino, trataranse tamén
estudos de etimoloxía e a evolución das palabras.
O estudo das principais locucións latinas, prantexado como exercicio de
aplicación práctica, completará o tratamento deste bloque.
Promoverase a utilización das TIC para informarse, aprender e comunicarse e para
utilizar con sentido crítico, como recurso formativo, materiais de procedencia diversa.
En canto ós materiais, o libro de texto este curso será Latín I de Editorial EDEBÉ, que
servirá como conductor e reforzó dos conceptos explicados na clase; empregaranse,
ademáis, textos adaptados polo profesor e, en canto sexa posible, textos latinos
orixinais. Como gramática de referencia usaráse a de Valentí Fiol, así como libros de
consulta como o dicionarios de mitoloxia, ou seleccions de expresións latinas aínda en
uso. Empregarase o diccionario Vox. Latino-Español, Español-Latino dende o segundo
trimestre.
Visualizarase alomenos una película por trimestre que escollerá o profesor e
ilustrará os aspectos de cultura e vida cotiá que se traballen na clase.
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
20
3.1.7 Procedementos e instrumentos de avaliación
Observación directa do traballo do alumno na aula.
Análise das producións dos alumnos: resúmenes, traballos monográficos,
caderno de clase e exercicios de todo tipo (traducccións, de léxico...)
Intercambios orales con los alumnos: entrevistas, postas en común...
Probas escritas periódicas que recollan o traballo do alumno nos distintos
bloques.
Autoavaliacion do seu propio proceso de aprendizaxe
Na avaliación ordinaria o sistema de cualificación terá en conta todos
estos parámetros e será o seguinte: Traballo de clase: 25%, probas
obxectivas: 75%.
Realizaremos dous exames por trimestre que abranguerán tódolos conceptos
traballados na aula máis a tradución
Para acadar unha avaliación positiva os alumnos deberán obter como mínimo un
50% en todolos apartados anteriores, entendendo que ó longo do curso o proceso de
avaliación tenderá a correxir os erros e a mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe.
Como programa de recuperación (avaliación extraordinaria) ó longo do curso
efectuaranse tres probas obxectivas (exames), unha por trimestre. Respecto a alumnos
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
21
pendentes doutros cursos, efectuaranse tamén tres probas obxectivas ó longo do ano
escolar.
3.1.8 Medidas de atención á diversidade, programación de reforzo de
materias pendentes e procedementos para acreditar os coñecementos
previos
Traballo na aula de xeito individualizado, tanto cos alumnos pendentes,
como con aqueles que presenten algunha dificultade ou presenten
sobredotación.
Elaboración por parte do profesor, de materiais de reforzo e ampliación.
Control do traballo semanal dos alumnos pendentes.
Entrevistas periodicas cos alumnos con dificultades e cos alumnos
pendentes.
Neste nivel de Latín non é necesario acreditar coñecementos previos
aínda así fomentaremos que os alumnos poñan en valor os seus
coñecementos de cultura clásica ou latín adquiridos fora da aula ou ao
cursar Cultura Clásica ou Latín de 4º ESO.
3.1.9 Acción de contribución ao proxecto lector e a o plan TIC
Para contribuir ao proxecto lector do centro será lectura obrigatoria ao longo de
todo o curso a Historia de Roma de Indro Montanelli, extractos da cal leremos en voz
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
22
alta na aula ao final de cada unidade didáctica para ilustrar o tema correspondente.
Adicarase a esta actividade una sesión de clase cada dúas semanas.
Se é posible poremos en marcha un clube de lectura con obras de temática
clásica.
Para contribuir ao plan TIC asistiremos á aula de informática ou empregaremos o
ordenador da aula de referencia, alomenos una clase á semana, para navegar por
distintas páxinas web de contido clásico.
Asimesmo os alumnos colaborarán no blog blogueandoculturaclasica.es, creado e
mantido por Catalina Rey dentro do proxecto Prensa-Escuela de La Voz de Galicia, e
plasmarán nel as suas descubertas sobre o mundo clásico nos medios de comunicación
escritos e específicamente nos principais diarios.
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
23
3.1.10 Criterios para avaliar a propia programación
A avaliación da programación como proceso de ensino-aprendizaxe basearase
nos seguintes criterios e a súa consecución:
A adecuación de obxectivos e contidos ás características e necesidades
do alumnado.
A adecuación dos criterios de avaliación ás características e necesidades
do alumnado
As aprendizaxes acadadas polo alumnado
A programación didáctica o seu desenvolvemento
Os procedementos de avaliación do alumnado.
3.2 Latín II
3.2.1 Obxectivos
Iniciarse na lectura, interpretación e tradución de textos de dificultade
progresiva, utilizando, para este fin, o coñecemento dos elementos morfolóxicos,
sintácticos e léxicos básicos da lingua latina.
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
24
Reflexionar sobre os elementos substanciais que conforman as linguas e
recoñecer compoñentes significativosda flexión nominal, pronominal e verbal
latina nas linguas modernas derivadas do latín ou influídas por el.
Achegarse a textos latinos diversos, orixinais, adaptados e traducidos, mediante
unha lectura comprensiva e distinguir as súas características esenciais e o xénero
literario ao que pertencen.
Recoñecer elementos da lingua latina que evolucionaron ou quepermanecen nas
nosas linguas e aprecialos como clave para a súa interpretación.
Buscar información sobre aspectos relevantes da civilización romana, indagando
en documentos e en fontes variadas, analizalos criticamente e constatar a súa
presenza ao longo da historia.
Identificar e valorar as principais achegas da civilización romana no noso
contorno e apreciar a lingua latina como instrumento transmisor de cultura.
Valorar a contribución do mundo romano na súa calidade de sistema integrador
de diferentes correntes de pensamento e actitudes (éticas e estéticas) que
conforman o ámbito cultural europeo.
3.2.2 Contidos
Contidos comúns aos catro bloques temáticos de que consta a asignatura:
Interpretación crítica de textos. A tradución como técnica. A exactitude
na expresión lingüística.
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
25
Valoración do estilo dun texto en función das peculiaridades do autor e
das peculiaridades do texto e do contexto.
A literatura latina e os xéneros literarios. Influencia da literatura latina na
literatura posterior.
As raíces romanas de Galicia.
BLOQUE I: A lingua latina
o Revisión da flexión nominal e pronominal. Formas menos usuais
e irregulares.
o Revisión da flexión verbal regular. Verbos irregulares e
defectivos. Formas nominais do verbo.
o Afondamento no estudo da sintaxe casual.
o A oración composta. A subordinación: substantiva, adxectiva e
adverbial; uso das partículas subordinantes máis frecuentes.
Construcións de participio e de infinitivo.
BLOQUE II: Os textos latinos e a súa interpretación
o Afondamento na lectura comprensiva e tradución de textos
latinos achegándose ao seu contexto social, cultural e histórico.
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
26
o Lectura e comentario de obras e fragmentos latinos traducidos
relacionados cos diversos xéneros literarios asimilando as súas
características formais.
BLOQUE III: O léxico latino e a súa evolución
o Aprendizaxe de vocabulario.
o Formación de palabras latinas. Composición e derivación.
Compoñentes etimolóxicos no léxico das linguas romances.
o Vocabulario específico de orixe grecolatina usual nas disciplinas
que se estudan no bacharelato.
o Expresións latinas incorporadas á linguaxe culta.
o Uso correcto do dicionario.
BLOQUE IV: Roma e o seu legado:
o Transmisión da literatura clásica.
o Os xéneros literarios latinos e a súa influencia nas manifestacións
posteriores artísticas e literarias con especial referencia á cultura
galega.
o A romanización da Gallaecia. Vestixios en xacementos
arqueolóxicos e museos.
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
27
3.2.3 Mínimos esixibles
Todos os contidos mínimos de Latín I máis:
• Formas nominais do verbo.
• A oración composta: subordinación substantiva, adxectiva e adverbial.
Conxuncións. Construccións de participios e infinitivos.
• Tradución de textos latinos complexos.
• Características formais dos diferentes xéneros literarios: historiografía,
épica, lírica, oratoria, teatro.
• Memorización de vocabulario específico de orixe grecolatina.
• Transmisión da literatura clásica.
3.2.4 Secuenciación e temporalización dos contidos
Farase do seguinte xeito: 5 unidades por trimestre. Aproximadamente 120
sesións das que se reservan 30 para controis e recuperacións; as restantes 90
adícanse á docencia.
PRIMEIRO TRIMESTRE:
Unidade 1: Flexión nominal. A primeira e segunda declinacións. Lectura
comprensiva, tradución e comentario de textos orixinais. Aprendizaxe de
vocabulario. Transmisión da literatura clásica. 6 sesións.
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
28
Unidade 2: Flexión nominal. A terceira declinación. Lectura comprensiva,
tradución e comentario de textos orixinais. Aprendizaxe de vocabulario.
Transmisión da literatura clásica. 6 sesións.
Unidade 3: A cuarta e quinta declinación. Lectura comprensiva, tradución e
comentario de textos orixinais. Aprendizaxe de vocabulario. Formación de
palabras latinas. Composición e derivación. Compoñentes etimolóxicos no
léxico das linguas romances. 6 sesións.
Unidade 4: Revisión da flexión nominal e pronominal. Formas menos usuais e
irregulares. Lectura comprensiva, tradución e comentario de textos orixinais.
Aprendizaxe de vocabulario. Composición e derivación. Compoñentes
etimolóxicos no léxico das linguas romances. Uso do diccionario. 6 sesións.
Unidade 5: Os comparativos e superlativos, incluídas as formas irregulares máis
comúns. Lectura comprensiva, tradución e comentario de textos orixinais.
Aprendizaxe de vocabulario. Composición e derivación. Compoñentes
etimolóxicos no léxico das linguas romances. Uso do diccionario. 6 sesións.
SEGUNDO TRIMESTRE:
Unidade 6: Revisión da flexión verbal regular. Uso do dicionario. Lectura
comprensiva, tradución e comentario de textos orixinais. Os xéneros literarios
latinos e a súa influencia nas manifestacións posteriores artísticas e literarias con
especial referencia á cultura galega. Vocabulario específico de orixe grecolatina
usualnas disciplinas que se estudan no bacharelato. 6 sesións.
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
29
Unidade 7: Verbos irregulares e defectivos. Lectura comprensiva, tradución e
comentario de textos orixinais. Uso do dicionario. Os xéneros literarios latinos e
a súa influencia nas manifestacións posteriores artísticas e literarias con especial
referencia á cultura galega. Vocabulario específico de orixe grecolatina usual
nas disciplinas que se estudan no bacharelato. 6 sesións.
Unidade 8: Formas nominais do verbo. Lectura comprensiva, tradución e
comentario de textos orixinais. Os xéneros literarios latinos e a súa influencia
nas manifestacións posteriores artísticas e literarias con especial referencia á
cultura galega. Vocabulario específico de orixe grecolatina usual nas disciplinas
que se estudan no bacharelato. 6 sesións.
Unidade 9: Afondamento no estudo da sintaxe casual. Lectura comprensiva,
tradución e comentario de textos orixinais. Os xéneros literarios latinos e a súa
influencia nas manifestacións posteriores artísticas e literarias con especial
referencia á cultura galega. Vocabulario específico de orixe grecolatina usual
nas disciplinas que se estudan no bacharelato. 6 sesións.
Unidade 10: Afondamento no estudo da sintaxe casual. Lectura comprensiva,
tradución e comentario de textos orixinais. Os xéneros literarios latinos e a súa
influencia nas manifestacións posteriores artísticas e literarias con especial
referencia á cultura galega. Vocabulario específico de orixe grecolatina usual
nas disciplinas que se estudan no bacharelato. 6 sesións.
TERCEIRO TRIMESTRE:
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
30
Unidade 11: A subordinación: substantiva. Lectura comprensiva, tradución e
comentario de textos orixinais. Expresións latinas incorporadas á linguaxe culta.
6 sesións.
Unidade 12: A subordinación adxectiva. Lectura comprensiva, tradución e
comentario de textos orixinais. Expresións latinas incorporadas á linguaxe culta.
6 sesións.
Unidade 13: A subordinación adverbial. Lectura comprensiva, tradución e
comentario de textos orixinais. Expresións latinas incorporadas á linguaxe culta.
6 sesións.
Unidade 14: Construcións de participio. Lectura comprensiva, tradución e
comentario de textos orixinais. A romanización da Gallaecia. Vestixios en
xacementos arqueolóxicos e museos. 6 sesións.
Unidade 15: Construcións de infinitivo. Lectura comprensiva, tradución e
comentario de textos orixinais. A romanización da Gallaecia. Vestixios en
xacementos arqueolóxicos e museos. 6 sesións.
3.2.5 Criterios de avaliación
Ser capaz de comprender e traducir de forma coherente textos latinos
pertencentes a diversos xéneros literarios. Con este criterio preténdese
comprobar o progreso na práctica da tradución, así como a capacidade de
lectura comprensiva adquirida polo alumnado. Na tradución procurarase
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
31
combinar a fidelidade coa corrección no estilo, facendo un adecuado uso
do dicionario.
Recoñecer en textos latinos orixinais os elementos básicos da morfoloxía
regular e da sintaxe da oración, en función da comprensión do texto
latino, apreciando variantes e coincidencias con outras linguas coñecidas,
especialmente co galego e co castelán. Este criterio trata de comprobar o
coñecemento e manexo da lingua latina por parte do alumnado,
completando o nivel adquirido no curso anterior mediante o estudo das
irregularidades morfolóxicas de maior frecuencia e dos procedementos
máis habituais de subordinación propios da lingua latina. O alumnado
debe manifestar o seu avance neste nivel facendo análises
morfosintácticas de textos orixinais de dificultade progresiva e
recoñecendo as variantes e coincidencias respecto doutras linguas por el
coñecidas. Comparar o léxico latino co das outras linguas de uso do
alumnado, identificando os seus compoñentes e deducindo o seu
significado etimolóxico. Este criterio trata de avaliar se o alumnado
domina os procedementos de derivación e composición na formación do
léxico latino e se é consciente de que eses derivados pasaron como tales
á lingua que utiliza. Así mesmo, trátase de comprobar se reflexionou
sobre os procedementos de derivación e composición, no que xogan un
papel preponderante os afixos de orixe grecolatina.
Realizar comentarios de textos traducidos, analizar as estruturas e trazos
literarios deles e recoñecer o papel da literatura clásica nas literaturas
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
32
occidentais. Con este criterio preténdese comprobar a identificación dos
elementos esenciais dun texto literario, formais e de contido, e se se
recoñecen os diversos xéneros polos seus trazos diferenciadores. O
comentario versará sobre textos con sentido completo de diversos
xéneros literarios e a súa comparación con textos da literatura posterior,
especialmente a escrita en galego e castelán nos que sobrevivan trazos,
temas ou tópicos da literatura latina.
Planificar e realizar traballos monográficos manexando fontes de
diversos tipos (restos arqueolóxicos, inscricións, índices, léxicos,
traballos específicos, etc.) e utilizando as tecnoloxías da información e a
comunicación como ferramenta de organización e comunicación dos
resultados. Este criterio trata de constatar a capacidade creativa do
alumnado na planificación, procura, recompilación e sistematización da
información, así como o grao de corrección na expresión oral ou escrita.
O alumnado, guiado polo profesorado, planificará a actividade,
organizará a información, contrastaraa e intentará formular hipóteses,
elaborando o seu traballo mediante o uso das tecnoloxías da información
e da comunicación como ferramentas fundamentais en todo o proceso e
como soporte para a exposición das súas conclusións. Neste sentido,
recoméndase o uso de páxinas web, blogs, páxinas colaborativas,
enciclopedias e dicionarios en liña, programas de presentacións e outras
ferramentas da Internet.
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
33
Ler obras da literatura latina traducidas. Con este criterio preténdese que
o alumnado capte a mensaxe contida na obra, as claves do xénero e o seu
contexto histórico. Pode tratarse de obras completas, traducidas ou
adaptadas ao nivel de bacharelato, ou ben de antoloxías dunha única ou
varias autorías ou que se articulen ao redor de temas concretos.O que se
busca fundamentalmente é potenciar o hábito de lectura con textos
atractivos para o alumnado.
3.2.6 Metodoloxía e materiais e recursos didácticos
O enfoque metodolóxico deberá favorecer a capacidade de autoaprendizaxe, de traballar
en equipo e aplicar os métodos apropiados de investigación para seguir aprendendo ao
longo da vida.
Os textos converteranse no punto de partida para traballar simultáneamente os aspectos
morfosintácticos da lingua latina, o seu léxico e a súa relación co galego e co castelán,
así como os aspectos culturais relacionados cos textos traballados.
Proporase unha secuencia de traballo axeitada e graduada por medio dunha metodoloxía
activa, preferentemente de tipo indutivo-contextual, na que as normas se convertan en
posesión permanente e en automatismo lingüístico.O enfoque irá dirixido a que o
alumnado desenvolva e afiance as súas propias técnicas de traballo mediante diversas
estratexias.
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
34
Procurarase xerar un clima na aula co que as alumnas e alumnos sintan a necesidade de
participar activamente no proceso de ensinanza-aprendizaxe, asegurándonos de que eses
intentos, mesmo se son erróneos, sirvan de estímulo para intentalo de novo.
Neste senso, crearanse contextos de aprendizaxe e avaliación que comprometan o
alumnado e que o leven a planificar e avaliar as súas realizacións, identificando os
avances e as dificultades, de cara a autorregular o seu propio e singular proceso de
aprender a aprender.
Promoverase a participación do alumnado en pequenos traballos de investigación, coa
orientación precisa para que poida acadar a capacidade de realizar un proxecto de
investigación escolar de forma autónoma.
Haberá que distinguir niveis de dificultade no contido e nas actividades para cubrir as
diversas necesidades educativas do alumnado.
Adicaremos o primeiro mes ao repaso xeral de toda a Gramática Latina (flexión
nominal, pronominal e verbal) con un exame parcial e proba de recuperación.
Ao longo deste período traballarase na casa e na clase coa análise sintáctica e tradución
de frases e textos de dificultade media, que tratarán os conceptos teóricos dos que se
irán examinando nas probas parciais, antes de comenzar propiamente co curso de Latín
II que revisará e completará o programa do ano anterior, concentrando boa parte do
tempo dispoñible no estudo das formas nominais do verbo, conxugacións perifrásticas e
proposicións subordinadas, especialmente as construcións de infinitivo que recibirán
maior dedicación.
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
35
O uso do dicionario de Latín terá neste curso unha atención prioritaria e fundamental.
Haberá clases adicadas ao manexo correcto do diccionario.
Igualmente seguirase atendendo á técnica de tradución para orientar aos alumnos e dar
uns criterios de estratexia ante a tradución do Latín (ou Grego).
A técnica de tradución completa e amplía a que se lles deu en Latín I. O resto do curso
adicarase á tradución co dicionario de textos do latín clásico de complexidade crecente e
de extensión similar aos que propoñen as Probas de Acceso á Universidade (PAAU). Os
autores que traduciremos serán os propostos en ditas probas, serán, polo tanto, en verso
Fedro e en prosa Eutropio.
En canto ós materiais, utilizarase o libro Latín II da editorial EDEBÉ, ademáis o
profesor entregará aos alumnos todo o material publicado polo grupo de traballo de
Latín da CIUG con vistas á preparación das PPAU. Como gramática de referencia
usaráse a de Valentí Fiol, así como libros de consulta como o diccionarios de mitoloxía,
ou seleccions de expresións latinas aínda en uso. Durante todo o curso empregarase o
dicionario Vox Latino-Español, Español-Latino. Visualizarase a película Golfus de
Roma de Richard Lester recomendada pola CIUG para traballar o tema de literatura
adicado á comedia de Plauto.
3.2.7 Procedementos e instrumentos de avaliación
Observación directa do traballo do alumno na aula.
Análise das producións dos alumnos: resúmenes, traballos monográficos,
caderno de clase e exercicios de todo tipo (traducións na casa, exercicios
de léxico...).
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
36
Intercambios orales con los alumnos: entrevistas, postas en común...
Probas escritas periódicas (exames) que recollan o traballo do alumno
nos distintos bloques. Estas probas serán un mínimo de dúas de tradución
por trimestre e una ou dúas de literatura dependendo da evolución do
alumnado.
Autoavaliacion do seu propio proceso de aprendizaxe.
Na avaliación ordinaria o sistema de cualificación terá en conta todos
estos parámetros e será o seguinte segundo as normas da CIUG: 6 puntos
para a tradución dun dos autores citados anteriormente; 1 punto para
análise morfosintáctica dunha oración; 1.5 puntos para o tema de
literatura; 1.5 para as cuestión do mundo clásico.
Ao longo de cada trimestre realizaranse dous exames de tradución e análise
morfosintáctica e un ou dous, segundo a marcha do curso de literatura latina e mundo
Clásico.
Para acadar unha avaliación positiva os alumnos deberán obter como mínimo un 50%
en todolos apartados anteriores, entendendo que ó longo do curso o proceso de
avaliación tenderá a correxir os erros e a mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe.
Como programa de recuperación (avaliación extraordinaria) ao longo do curso
efectuaranse tres probas obxectivas (exames), unha por trimestre. Respecto a alumnos
pendentes doutros cursos, efectuaranse tamén tres probas obxectivas ao longo do ano
escolar, una por trimestre que constarán de tres líneas de texto latino orixinal dos
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
37
autores mencionados, para traducir e preguntas de literatura, topónimos e expresións
latinas das traballadas na clase segundo a secuenciación dos contidos de cada trimestre.
3.2.8 Medidas de atención á diversidade e programación de reforzo de
materias pendentes e procedementos para acreditar os coñecementos
previos
Traballo na aula de xeito individualizado, tanto cos alumnos pendentes,
como con aqueles que presenten algunha dificultade ou presenten
sobredotación. Nestes últimos casos proporcionaránselle aos alumnos
textos con menor ou maior dificultade, dependendo do caso para traballar
a trdución e o comentario morfosintáctico. En canto aos contidos teóricos
adaptaranse para alumnos con infradotación. Os alumnos pendentes
seguirán a programación normal agás en casos específicos.
Elaboración por parte do profesor, de materiais de reforzo e ampliación.
Control do traballo semanal dos alumnos pendentes.
Entrevistas periodicas cos alumnos con dificultades e cos alumnos
pendentes.
Salientar que neste curso temos, no grupo de Latín II, tres persoas que
non cursaron Latín I. Aténdome á Orde do 5 de maio de 2011 na que se
regulan aspectos relativos ao desenvolvemento do bacharelato, e dado
que non é recomendable una proba de coñecementos previos, decidín que
estes alumnos cursen a asignatura Latín I ao mesmo tempo que Latín II,
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
38
pois o primeiro trimestre de Latín II adícase, case na súa totalidade, ao
repaso de gramática. Estes alumnos comenzarán xa a traballar con textos
aínda que a un ritmo ralentizado para que poidan asimilar os
coñecementos que os seus compañeiros xa adquiriron. Así mesmo
adicareilles una atención máis personalizada en canto ás explicacións de
contidos mentres os seus compañeiros realizan exercicios individuais.
3.2.9 Acción de contribución ao proxecto lector e ao plan TIC
Como xa mencionamos, asistiremos cos alumnos á aula de informática para
navegar por distintas páxinas web de contido clásico. Así mesmo os alumnos
participarán no blog blogueandoculturaclasica.es, no que irán plasmando as
suas descubertas sobre o mundo clásico.
Como contribución ao plan lector realizaremos todas as lecturas recomendadas
polo grupo de traballo de latín da CIUG en voz alta, na aula, dramatizando
aquelas que se poidan adaptar.
Se é posible poremos en marcha un club de lectura con obras de temática
clásica.
3.2.10 Criterios para avaliar a propia programación
A avaliación da programación como proceso de ensino-aprendizaxe basearase
nos seguintes criterios e a súa consecución:
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
39
A adecuación de obxectivos e contidos ás características e necesidades
do alumnado
A adecuación dos criterios de avaliación ás características e necesidades
do alumnado
As aprendizaxes acadadas polo alumnado
A programación didáctica o seu desenvolvemento
Os procedementos de avaliación do alumnado.
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
40
3.3. Grego I
Os contidos propostos para Grego I céntranse en dous grandes ámbitos, a
lingua e a cultura, distribuídos en catro bloques:
Estudo progresivo das características da lingua grega:
metodoloxíaprogresiva en que as regras morfosintácticas se deduzan
da práctica da lectura e da tradución e en que a súa aprendizaxe
sistemática constitúa unha segunda fase.
Comprensión e interpretación de textos gregos. Os textos, que son o
obxecto principal da materia, seleccionaranse entre autores de
diferentes épocas e xéneros literarios. A práctica da tradución de
textos gregos debe contribuír tamén á reflexión sobre a lingua propia.
Estudo do léxico grego e a súa continuidade en galego, castelán e
outras linguas modernas. O estudoe aprendizaxe do léxico constitúe
un instrumento para a comprensión e tradución de textos, ao mesmo
tempo que contribúe a enriquecer o vocabulario, mostrar os
mecanismos de formación de palabras e valorar a transcendencia do
préstamo lingüístico como parte do legado cultural achegado polo
pensamento grego.
A aproximación a Grecia e ao seu legado farase cun enfoque global e
vinculado á aprendizaxe da lingua. Centrará a súa análise no
antropocentrismo e androcentrismo grego para intentar comprender a
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
41
mentalidade e a dimensión social e individual do home grego a través
da súa proxección nas institucións, na arte e na literatura na Grecia
antiga e valorar a tradición clásica e a súa continuidade nas
sociedades actuais.
Por outra banda, o estudo da cultura e civilización gregas facilitaralle
ao alumnado as claves necesarias para situarse no contexto literario,
histórico e artístico adecuado. O desenvolvemento destes contidos ha
ter unha aplicación esencialmente práctica orientada tanto á
competencia lingüística en grego coma a un coñecemento crítico da
Grecia antiga.
3.3.1 Obxectivos
Iniciarse na comprensión, interpretación e tradución de textos de
dificultade progresiva, utilizando para este fin o coñecemento dos
elementos morfolóxicos, sintácticos e léxicos básicos da lingua grega.
Reflexionar sobre o léxico de orixe grega presente na linguaxe cotiá e na
terminoloxía científica, identificando étimos, prefixos e sufixos gregos
que axuden a unha mellor comprensión das linguas modernas.
Ler textos gregos tanto orixinais como adaptados ou traducidos,
realizando unha lectura comprensiva e crítica, distinguindo as
características principais e o xénero literario a que pertencen.
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
42
Coñecer, na medida en que sexa posible, as máis importantes
manifestacións culturais da Grecia antiga e recoñecer e valorar a súa
contribución e continuidade ao longo da historia no mundo actual.
Utilizar de maneira crítica fontes de información variadas, obtendo delas
datos relevantes para o coñecemento da lingua e a cultura estudadas.
3.3.2 Contidos
Contidos comúns aos catro bloques
A lectura, comprensión e tradución do grego clásico: a precisión na
expresión en calquera lingua; a expresión dos matices.
As relacións políticas e sociais en Grecia: orixinalidade con respecto a
outras culturas anteriores ou contemporáneas; evolución posterior e
influencia na sociedade occidental. Farase fincapé nas estruturas
políticas, na situación da muller e da infancia, na escravitude e nas
relacións económicas e militares entre as cidades-estado.
Imbricación cultural entre Grecia e o mundo contemporáneo.
Aproximación a outras culturas do mundo antigo.
BLOQUE I: A lingua grega
o Do indoeuropeo ao grego moderno.
o O alfabeto grego. Pronunciación. Signos gráficos. Transcrición.
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
43
o Clases de palabras. Flexión nominal, pronominal e verbal.
Paradigmas máis frecuentes.
o Valor e uso dos casos. A concordancia. As preposicións.
o Sintaxe das oracións: nexos e partículas, a oración simple, a
coordinación; inicio do estudo da subordinación (construcións
sinxelas de infinitivo e participio, subordinadas de relativo.
Introdución ao uso das partículas subordinantes máis frecuentes).
BLOQUE II: Os textos gregos e a súa interpretación
o Iniciación á lectura comprensiva e ás técnicas de tradución e ao
comentario de textos gregos.
o Análise morfosintáctica.
o Lectura comprensiva de obras e fragmentos traducidos.
BLOQUE III: O léxico grego e a súa evolución
o Aprendizaxe do vocabulario grego básico en función da súa frecuencia
ou da súa relevancia en galego e castelán.
o Formación de palabras. Prefixos e sufixos. Composición e derivación.
o Helenismos no vocabulario común das linguas modernas.
o O vocabulario científico e técnico.
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
44
BLOQUE IV: Grecia e o seu legado
o Xeografía da Grecia antiga. Contexto xeográfico de Grecia.
o Sinopse da historia de Grecia. Os grandes períodos.
o A polis grega: organización política e social.
o Etnocentrismo e androcentrismo.
o A vida cotiá.
o Relixión e mitoloxía gregas (crenzas, ritos, mitos máis importantes,
incluíndo a súa continuidade e importancia nas manifestacións culturais
do mundo occidental).
o Literatura grega: xéneros, autoras e autores principais.
o O pensamento; a ciencia. A arte grega.
3.3.3 Mínimos esixibles
• Do indoeuropeo ó grego moderno. Dialectos.
• O alfabeto grego. Normas de transcripción ó latín e ó castelán.
• Lectura fluída.
• Flexión nominal e pronominal: paradigmas máis frecuentes.
• O sistema verbal grego: formas regulares e irregulares máis frecuentes.
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
45
• Sintaxe dos casos e da oración. Preposicións e partículas.
• Tradución con diccionario de textos sinxelos.
• Memorización de vocabulario grego básico.
• Memorización de cultismos e vocabulario científico e técnico.
• Sinopse da historia e a vida cotiá gregas.
3.3.4 Secuenciación e temporalización
Farase do seguinte xeito: 5 unidades por trimestre. Apróximadamente 140
sesións das que adicaremos 105 a docencia e as restantes 35 a controis e
actividades complementarias.
PRIMEIRO TRIMESTRE
Unidade 1: Do indoeuropeo ao grego moderno. Aprendizaxe do vocabulario grego
básico. Xeografía da Grecia antiga. Contexto xeográfico de Grecia. 7 sesións.
Unidade 2: O alfabeto grego. Pronunciación. Signos gráficos. Transcrición.
Aprendizaxe do vocabulario grego básico. Sinopse da historia de Grecia. Os grandes
períodos da historia grega. 12 sesions.
Unidade 3: Clases de palabras. Flexión nominal, pronominal e verbal. Paradigmas máis
frecuentes. Aprendizaxe do vocabulario grego básico. A polis grega: organización
política e social. Etnocentrismo e androcentrismo. 8 sesións.
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
46
Unidade 4: Valor e uso dos casos. A concordancia. As preposicións. Análise
morfosintáctica. Aprendizaxe do vocabulario grego básico. A vida cotiá. 10 sesións.
Unidade 5: Sintaxe das oracións: nexos e partículas, a oración simple. Aprendizaxe do
vocabulario grego básico. Relixión e mitoloxía gregas (crenzas, ritos, mitos máis
importantes, incluíndo a súa continuidade e importancia nas manifestacións culturais do
mundo occidental). 11 sesións.
SEGUNDO TRIMESTRE
Unidade 6: A coordinación. Iniciación á lectura comprensiva e ás técnicas de tradución
e ao comentario de textos gregos. Relixión e mitoloxía gregas (crenzas, ritos, mitos
máis importantes, incluíndo a súa continuidade e importancia nas manifestacións
culturais do mundo occidental). 9 sesións.
Unidade 7: Inicio do estudo da subordinación (construcións sinxelas de infinitivo).
Formación de palabras. Prefixos e sufixos. Composición e derivación. Literatura grega:
xéneros, autoras e autores principais. 9 sesións.
Unidade 8: Inicio do estudo da subordinación (construccións sinxelas de participio).
Formación de palabras. Prefixos e sufixos. Composición e derivación. Literatura grega:
xéneros, autoras e autores principais. 9 sesións.
Unidade 9: Inicio do estudo da subordinación (construccións sinxelas de oracions de
relativo). Formación de palabras. Prefixos e sufixos. Composición e derivación.
Literatura grega: xéneros, autoras e autores principais. 9 sesións.
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
47
Unidade 10: Inicio do estudo da subordinación (construccións sinxelas de oracions de
relativo e repaso das duas unidades anteriores). Formación de palabras. Prefixos e
sufixos. Composición e derivación. Literatura grega: xéneros, autoras e autores
principais. 9 sesións.
TERCEIRO TRIMESTRE
Unidade 11: Introdución ao uso das partículas subordinantes máis frecuentes.
Helenismos no vocabulario común das linguas. O pensamento grego. 9 sesións.
Unidade 12: Introdución ao uso das partículas subordinantes máis frecuentes.
Helenismos no vocabulario común das linguas. A ciencia en Grecia. 9 sesións.
Unidade 13: Introdución ao uso das partículas subordinantes máis frecuentes.O
vocabulario científico e técnico. A arte en Grecia.10 sesións.
Unidade 14: Lectura comprensiva de obras e fragmentos traducidos. 10 sesións.
Unidade 15: Lectura comprensiva de obras e fragmentos traducidos. 10 sesions.
3.3.5 Criterios de avaliación
Ler textos gregos breves, transcribir os seus termos á lingua materna, utilizar os
seus diferentes signos ortográficos e de puntuación e recoñecer o reflexodo
alfabeto grego no abecedario latino propio das linguas modernas do noso
contorno. Con este criterio preténdese comprobar se o alumnadorecoñece os
signos ortográficos básicos da lingua grega e le con soltura textos breves. Así
mesmo, comprobarase a súa capacidade para transcribir termos á súa lingua
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
48
materna e para relacionar os dous sistemas de escritura, distinguindo as
semellanzas e diferenzas ortográficas e fonéticas entre ambos.
Comprender e ser capaz de traducir textos gregos sinxelos. Preténdese
comprobar se, con exercicios de comprensión e posterior tradución literal dun
texto, o alumnado posúe a capacidade de recoñecer as diversas estruturas dunha
lingua flexiva. Os textos serán breves, orixinais ou elaborados e de dificultade
mínima.
Recoñecer en textos gregos os elementos básicos da morfoloxía e da sintaxe da
oración, apreciando variantes e coincidencias con outras linguas coñecidas. Este
criterio pretende comprobar se se adquiriron as nocións de morfoloxía e sintaxe
que permitan recoñecer as características dunha lingua flexiva e identificar
formas e funcións. Relacionaranse eses elementos básicos cos do galego e do
castelán ou cos doutras linguas coñecidas.
Detectar e comprender os helenismos máis frecuentes do vocabulario común e
do léxico científico e técnico das linguas modernas a partir de termos que
aparezan nos textos. Este criterio permite comprobar a capacidade de relacionar
termos da propia lingua materna ou doutras que coñeza o alumnado co
correspondente étimo grego. Tamén intenta verificar se o alumnado adquiriu un
vocabulario básico que lle permita deducir palabras da mesma familia
etimolóxica e os seus significados, tendo en conta os procedementos de
derivación e composición.
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
49
Ler e comentar textos gregos traducidos de diversos xéneros ou textos referidos
ao mundo grego e distinguir aspectos históricos e culturais contidos neles.Con
este criterio preténdese determinar a capacidade de comprender o contido
esencial dun texto, delimitar as súas partes e establecer a relación entre elas.
Poderase manifestar esta competencia mediante exercicios de lectura
comprensiva de textos con sentido completo, contrastando os textos gregos con
textos de literatura actual e valorando a súa vixencia na actualidade. Os textos
referidos ao mundo grego servirán, ademais, para aprender a reflexionar sobre os
diferentes modos de se achegar á cultura clásica.
Situar no tempo e no espazo os máis importantes acontecementos históricos de
Grecia, identificar as súas manifestacións culturais básicas e recoñecer a súa
pegada na nosa civilización. Este criterio trata de comprobar que se sitúan na súa
época e marco xeográfico, tanto os acontecementos máis importantes que
configuraron a historia de Grecia, como as súas manifestacións culturais máis
significativas. Preténdese tamén constatar se se é capaz de recoñecer os
elementos da cultura grega presentes na actualidade. Poderase manifestar a
competencia elaborando mapas e desenvolvendo exposicións escritas ou orais
sobre o mundo clásico.
Realizar, seguindo as pautas proporcionadas polo profesorado, pequenos
traballos de investigación sobre a persistencia do mundo grego, consultando as
fontes directas e utilizando as tecnoloxías da información e da comunicación
como ferramenta de organización e comunicación dos resultados. Este criterio
pretende verificar que as alumnas e os alumnos distinguen os elementos do
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
50
mundo clásico, recoñecéndoos como herdanza do noso propio pasado, e que os
interpretan criticamente á luz dos coñecementos que xa teñen, mediante a
utilización selectiva de fontes diversas. Tamén trata de avaliar se son capaces de
indagar nas fontes directas e tomar contacto coas materias ordenando os datos
obtidos e elaborando o seu traballo mediante o uso das tecnoloxías da
información e da comunicación como ferramentas fundamentais.
3.3.6 Metodoloxía e materiais e recursos didácticos
O enfoque metodolóxico favorecerá a capacidade do alumnado para aprender por si
mesmo, traballar en equipo e aplicar os métodos apropiados de investigación para seguir
aprendendo ao longo da súa vida.
Os textos converteranse no punto de partida para traballar simultaneamente os aspectos
morfosintácticos da lingua grega, o seu léxico e a súa relación co galego e co castelán,
así como os aspectos culturais relacionados cos textos traballados. Proporase unha
secuencia de traballo axeitada e graduada por medio dunha metodoloxía activa,
preferentemente de tipo indutivo-contextual, en que as normas se convertan en posesión
permanente e en automatismo lingüístico. O enfoque irá dirixido a que o alumnado
desenvolva e afiance as súas propias técnicas de traballo, mediante unha estratexia de
descubrimento.
Procurarase xerar un clima na aula en que as alumnas e alumnos sintan a necesidade de
participar activamente no proceso de ensino e aprendizaxe, asegurándonos de que esas
interaccións, mesmo se son erróneas, sirvan de estímulo para intentalo de novo.
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
51
Neste senso, crearanse contextos de aprendizaxe e avaliación que comprometan o
alumnado e que o leven a planificar e avaliar as súas realizacións, identificando os
avances e as dificultades, de cara a autorregular o seu propio e singular proceso de
aprender a aprender.
Promoverase a participación dos estudantes en pequenos traballos de investigación.
Deberán ser orientados para que poidan acadar a capacidade de realizar un proxecto de
investigación escolar de forma autónoma.
Haberá que distinguir niveis de dificultade no contido e nas actividades para cubrir as
diversas necesidades educativas do alumnado.
Nos primeiros días de curso realizarase un Cuestionario Inicial para comprobar o grado
de comprensión sintáctica que o alumno alcanza sobre a súa propia lingua. Tendo en
conta que os estudos de gramática latina ou grega, así como os exercicios de tradución,
serán os bloque de contidos tratados con maior regularidade, a urxencia de coñecer
canto antes as posibles lagoas na análise sintáctica, resulta comprensible.
Independentemente desta sondaxe, a segunda unidade didáctica desenvolverá
brevemente os conceptos elementais de gramática, é decir, todos aqueles elementos
morfolóxicos e sintácticos imprescindibles para a comprensión dunha lingua como a
latina ou grega: dominio e comprensión práctica da terminoloxía usual para a análise
sintáctica (concepto de oración, proposición, C.C., C.I., C.N., C.C., predicativo,
aposición, etc.); identificación daquelas clases de palabras que tan frecuentemente soen
confundirse na análise sintáctica de moitos alumnos (preposicións, relativos, pronomes,
artigos…).
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
52
Durante o primeiro e segundo trimestres non se empregará diccionario. O alumnado
deberá aprender un vocabulario básico para traducir, hai que sinalar que este
vocabulario non se estudará en forma de lista de palabras, senón dentro dun contexto,
facendo as relacións pertinentes (familias léxicas, etimoloxías, etc.) de maneira que
sexa máis doada a súa aprendizaxe. As palabras descoñecidas serán enunciadas polo
profesor. Durante o terceiro trimestre deberán habituarse ao manexo dun dicionario
básico grego-español
Sobre a técnica da tradución no primeiro curso darase unhas pautas orientadoras,
deixando para Grego II a concreción e desenvolvemento desta técnica, que sempre
deberá tratarse ao unísono co uso correcto do diccionario. Intentaremos que en Grego
I os alumnos poidan traducir un texto de dificultade básica ao final de curso.
Bloque de unidades culturais ou de civilización
Ao longo do curso (cada quince días aproximadamente), os alumnos prepararán
xunto co profesor temas ou unidades de civilización e cultura. Ademáis do núcleo
histórico, social, político, relixioso e cultural do mundo latino, trataranse tamén
estudos de etimoloxía e a evolución das palabras.
O estudo das principais locucións latinas, prantexado como exercicio de
aplicación práctica, completará o tratamento deste bloque.
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
53
Promoverase a utilización das TIC para informarse, aprender e comunicarse, e para
utilizar con sentido crítico, como recurso formativo, materiais de procedencia diversa.
En canto ós materiais curriculares, usaremos o libro de texto Griego I de editorial
Almadraba e textos gregos orixinais seleccionados polo profesor, que irán aumentando
en dificultade e complexidade ao longo do curso. Como gramática de apoio na aula
usarase a Gramática Grega de Berenguer Amenós e o dicionario Vox Griego-Español.
No ámbito das Tics faremos uso de distintas webs da internet como
culturaclásica.com...
Visualizarase alomenos una película por trimestre que escollerá o profesor e ilustrará os
aspectos de cultura e vida cotiá que se traballen na clase.
3.3.7 Procedementos e instrumentos de avaliación
Observación directa do traballo do alumno na aula.
Análise das producións dos alumnos: resúmenes, traballos monográficos,
Caderno de clase e exercicios de todo tipo (traducccións, de léxico...).
Intercambios orais cos alumnos: entrevistas, postas en común...
Probas escritas periódicas que recollan o traballo do alumno nos distintos
bloques.
Autoavaliacion do seu propio proceso de aprendizaxe.
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
54
Na avaliación ordinaria o sistema de cualificación terá en conta todos estos
parámetros e será o seguinte: Traballo de clase: 25%, probas obxectivas: 75%.
Para acadar unha avaliación positiva os alumnos deberán obter como mínimo un
50% en todolos apartados anteriores, entendendo que ó longo do curso o proceso
de avaliación tenderá a correxir os erros e a mellorar o proceso de ensino-
aprendizaxe.
Como programa de recuperación (avaliación extraordinaria) ao longo do curso
efectuaranse tres probas obxectivas (exames), unha por trimestre. Respecto a
alumnos pendentes doutros cursos, efectuaranse tamén tres probas obxectivas ao
longo do ano escolar.
3.3.8 Medidas de atención á diversidade e programación de reforzo de
materias pendentes e procedementos para acreditar os coñecementos
previos
Traballo na aula de xeito individualizado, tanto cos alumnos pendentes,
como con aqueles que presenten algunha dificultade ou presenten
sobredotación.
Elaboración por parte do profesor, de materiais de reforzo e ampliación.
Control do traballo semanal dos alumnos pendentes.
Entrevistas periodicas cos alumnos con dificultades e cos alumnos
pendentes.
Neste nivel de Grego non é necesario acreditar coñecementos previos
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
55
aínda así fomentaremos que os alumnos poñan en valor os seus
coñecementos de cultura clásica adquiridos fora da aula ou ao cursar
outras disciplinas.
Por ser o primeiro ano que se cursa non é necesario acreditar coñecementos previos
nesta asignatura.
3.3.9 Acción de contribución ao proxecto lector e ao plan TIC
Para contribuir ao proxecto lector do centro será lectura obrigatoria ao
longo de todo o curso a Historia dos gregos de Indro Montanelli,
extractos da cal leremos en voz alta na aula ao final de cada unidade
didáctica para ilustrar o tema correspondente. Adicarase a esta actividade
una sesión de clase cada dúas semanas. O libro de lectura en ningún caso
será de obrigada compra.
Se é posible poremos en marcha un club de lectura con obras de temática
clásica.
Para contribuir ao plan TIC asistiremos á aula de informática ou
empregaremos o ordenador da aula de referencia, alomenos una clase á
semana, para navegar por distintas páxinas web de contido clásico.
Asimesmo os alumnos participarán no blog blogueandoculturaclasica.es,
no que irán plasmando as suas descubertas sobre o mundo grecorromano.
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
56
3.3.10 Criterios para avaliar a propia programación
A avaliación da programación como proceso de ensino-aprendizaxe
basearase nos seguintes criterios e a súa consecución:
A adecuación de obxectivos e contidos ás características e necesidades
do alumnado.
A adecuación dos criterios de avaliación ás características e necesidades
do alumnado
As aprendizaxes acadadas polo alumnado
A programación didáctica o seu desenvolvemento
Os procedementos de avaliación do alumnado.
Outras consideracións que sexan oportunas.
Ao final de cada trimestre, despois da avaliación dos alumnos facilitaráselles un
cuestionario no que calificarán de cero a dez ao profesor con preguntas relativas á
puntualidade, claridade das explicacións, interese da materia, organización do
ensinante, se na clase hai bo ambiente docente , se aprende nas clases , se as probas se
axustan ao explicado , se ve utilidade nos contidos, se o profesor conta cos recursos
materiais suficientes para impartir as clases … Esta enquisa de avaliación docente será
estudiada e valorada polo profesor/a para a partires do resultado mellorar, cambiar ou
modificar o que se considere necesario.
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
57
4. Programación didáctica das asignaturas da ESO
4.1. Latín 4º ESO
4.1.1. Obxectivos
Dous son os obxectivos primordiais que persegue esta materia: iniciar un
estudo básico da lingua que é nexo e está na orixe do amplo grupo das linguas
romances e coñecer os aspectos máis relevantes da sociedade e da cultura
romanas para poder relacionalos cos do mundo actual. O primeiro obxectivo
axuda a mellorar o coñecemento e uso das propias linguas como instrumento
primordial de aprendizaxe e comunicación; o segundo achega unha
interpretación máis ponderada da sociedade actual.
Pola súa banda, a práctica da tradución constitúe unha experiencia de
investigación que utiliza a lóxica do pensamento, favorece a memoria e potencia
os hábitos de disciplina no estudo, co que se razoa mellor e se aprende a
aprender. Neste sentido, parece recomendable seguir un método natural en que
as regras morfosintácticas se deduzan da práctica da lectura e da tradución e no
cal a súa aprendizaxe sistemática constitúa unha segunda fase. Ademais, a
materia aborda o coñecemento do marco xeográfico e histórico e os aspectos
máis relevantes da sociedade romana e clásica en xeral, desde a que se
transmitiron modos de vida, institucións e creacións literarias, técnicas e
artísticas que están na base da configuración e do progreso de Europa. Ese
coñecemento supón un referente necesario no que rastrexar os antecedentes
históricos da organización social ou a delimitación dos dereitos das persoas.
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
58
Así as metas didácticas a acadar este curso son:
Comprender textos latinos en contextos onde o sentido
sexa fácilmente deducible.
Identificar e relacionar elementos morfolóxicos,
sintácticos e léxicos da lingua latina que permitan a
análise e a tradución de textos sinxelos.
Desenvolver os hábitos de organización, traballo e
disciplina no estudo apartir dos mecanismos de
estruturación mental que implica o proceso de análise e
tradución de textos latinos.
Mellorar a lectura comprensiva e a expresión oral e escrita
mediante o coñecemento do vocabulario e as estruturas
gramaticais latinas.
Coñecer a orixe e evolución das linguas romances para
valorar os trazos comúns e a diversidade lingüística como
mostra da riqueza cultural dos pobos de Europa.
Utilizar as regras fundamentais de evolución fonética do
latín ás linguas romances e identificar palabras
patrimoniais, cultismos e expresións latinas en diferentes
contextos lingüísticos.
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
59
Entender o significado do léxico común de orixe
grecolatina da propia lingua e comprender vocabulario
culto, científico e técnico a partir dos seus compoñentes
etimolóxicos.
Reflexionar sobre os elementos formais e as estruturas
lingüísticas das linguas romances coñecidas polo alumno,
a través da comparación co latín, modelo de lingua
flexiva.
Coñecer os aspectos relevantes da cultura e da
civilización romanas, utilizando diversas fontes de
información e diferentes soportes, para identificar e
valorar a súa continuidade no noso patrimonio cultural,
artístico e institucional.
Coñecer os xéneros literarios latinos máis importantes.
4.1.2. Contidos
BLOQUE I. O sistema da lingua latina
Abecedario e a pronunciación clásica e posclásica do latín. A regra da
penúltima sílaba. Diferenza entre vogais breves e longas.
Lectura e interpretación de textos en latín de dificultade progresiva
creados nunha variedade de contextos e situacións en que as palabras e
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
60
as estruturas teñan sentido, de tal xeito que todo se deduza, sen
ambigüidade, do contexto en que aparezan.
O latín como lingua flexiva. Os casos e os seus principais valores
sintácticos. Recoñecemento das diferenzas e similitudes básicas entre a
estrutura da lingua latina e a das linguas romances utilizadas polo
alumno.
Clases de palabras. A flexión nominal, pronominal e verbal.
Recoñecemento das categorías gramaticais da flexión latina e
comparación cos elementos flexivos das linguas actuais.
As estruturas oracionais básicas. A concordancia e a orde flexible de
palabras. Nexos coordinantes máis frecuentes.
Valoración da lingua latina como principal vía de transmisión e
continuidade do mundo clásico e instrumento privilexiado para unha
comprensión profunda do sistema das linguas romances.
BLOQUE II. A historia e evolución da lingua latina
A orixe e a evolución do latín. Clasificación das linguas indoeuropeas.
Latín culto e latín vulgar: lingua de cultura e lingua de comunicación. O
proceso de redución morfolóxica e sintáctica no latín vulgar. A
formación das linguas romances. Análise dos procesos de evolución das
linguas romances.
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
61
A evolución fonética. Termos patrimoniais, semicultismos e cultismos.
Explicación dos cambios fonéticos máis frecuentes. Relación semántica
entre palabras dunha mesma raíz latina e evolución fonética diferente.
A achega léxica do latín ás linguas modernas non derivadas del.
BLOQUE III. A formación das palabras
Compoñentes grecolatinos nas linguas romances. Identificación de
lexemas, sufixos e prefixos grecolatinos usados na propia lingua:
préstamos, derivación, composición e analoxía como mecanismos de
enriquecemento do vocabulario.
Definición de palabras a partir dos seus étimos.
O vocabulario da ciencia e da técnica. Os étimos gregos e latinos nas
terminoloxías específicas.
Latinismos e locucións latinas. Recoñecemento das expresións latinas
incorporadas á lingua falada e escrita.
O significado etimolóxico das palabras como guía para a adecuada
utilización do vocabulario.
BLOQUE IV. Vías non lingüísticas de transmisión do mundo clásico
O marco xeográfico e histórico da sociedade romana. Gallaecia e o resto
da Hispania. As vías romanas de Hispania e as grandes vías modernas:
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
62
medio de difusión dunha civilización uniforme, de unidade política e
económica e de relación humana. Uso de fontes primarias e secundarias
para coñecer o pasado.
As institucións e a vida cotiá. Ocio e negocio. Relación entre o relixioso
e o festivo. Interpretación dos seus referentes desde a nosa perspectiva
sociocultural. Comparación e análise crítica das estruturas sociais e
familiares.
As pegadas materiais da romanización: o foro e a arquitectura do ocio
enrelación coa concepción do urbanismo posterior, a importancia do arco
e a bóveda na arquitectura posterior. Valoración da conxunción da
magnificencia e o xenio práctico. Emprego dos medios audiovisuais e
das TIC para coñecer o patrimonio artístico e arqueolóxico. Observación
directa.
Os temas e argumentos mitolóxicos na literatura e nas artes plásticas e
visuais. Recoñecemento de elementos da mitoloxía clásica en
manifestacións culturais de todo tipo e interpretación do seu significado.
O papel de Roma na historia de Occidente, o patrimonio arqueolóxico,
artístico e literario. Coñecemento especial do herdado en Galicia.
Valoración da importancia da lectura de textos da literatura latina de
diversidade temática.
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
63
4.1.3 Mínimos esixibles
Abecedario e pronunciación clásica do latín.
O latín como lingua flexiva. Casos e o seu valor sintáctico.
Clases de palabras e os seus elementos flexivos.
A concordancia e a orde flexible das palabras.
Análise morfosintáctico e tradución de estructuras oracionais básicas.
Orixe do latín. Clasificación das linguas indoeuropeas.
Diferencia latín culto/latín vulgar. Formación das linguas romances.
Termos patrimoniais, semicultismos e cultismos.
Latinismos e locucións latinas: recoñecemento nas linguas actuais.
Sinopse histórica de Roma, Hispania e Gallaecia.
A romanización de Hispania.
O vocabulario das linguas actuais: latinismos e helenismos. Palabras
patrimoniais, cultimos e semicultismos.
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
64
4.1.4 Contribución da materia á adquisición das competencias básicas
O estudo desta materia contribúe dun xeito claro ao desenvolvemento da
COMPETENCIA EN COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA: o coñecemento da estrutura
da lingua latina posibilita unha comprensión profunda da gramática funcional das
linguas europeas de orixe romance e doutras que comparten co latín o carácter flexivo,
ou recibiron unha achega léxica importante da lingua latina. A interpretación dos
elementos morfosintácticas e de vocabulario e a práctica da tradución e da retroversión
supoñen a adquisición da habilidade para recoller e procesar a información dada e
utilizala apropiadamente. O coñecemento dos procedementos para a formación das
palabras e os fenómenos de evolución fonética colabora eficazmente á ampliación do
vocabulario básico e potencia a habilidade para utilizar a linguaxe como instrumento de
comunicación. O coñecemento das etimoloxías grecolatinas proporciona a comprensión
e incorporación dun vocabulario culto e explica o vocabulario específico de termos
científicos e técnicos.
O estudo pormenorizado dos números contribuirá a reforzar a COMPETENCIA
MATEMÁTICA.
O coñecemento da historia e evolución da lingua latina fomenta o ser consciente
da variabilidade das linguas a través do tempo e dos diferentes ámbitos xeográficos e
sociais, así como do diálogo entre as culturas; igualmente o interese e o respecto por
todas as linguas, incluíndo as antigas e as minoritarias, e o rexeitamento dos
estereotipos baseados en diferentas culturais e lingüísticas. Co coñecemento do
patrimonio arqueolóxico e artístico romano no noso país e en Europa esta materia
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
65
potencia o aprecio e goce da arte como produto da creación humana e como testemuño
da historia, á vez que fomenta o interese pola conservación dese patrimonio. Coa achega
de referencias para facer unha valoración crítica de creacións artísticas posteriores
inspiradas na cultura e na mitoloxía grecolatinas, ou das mensaxes difundidas polos
medios de comunicación que, en moitos casos, toman a súa base icónica do repertorio
clásico. O coñecemento do mundo clásico e da súa continuidade favorece a
interpretación da literatura posterior, en que perduran temas, arquetipos, mitos e tópicos,
á vez que se desenvolve o interese pola lectura, a valoración do carácter estético dos
textos e o amor pola literatura, contribuíndo, pois, ao logro da COMPETENCIA EN
EXPRESIÓN CULTURAL E ARTÍSTICA.
Desde o coñecemento das institucións e o modo de vida dos romanos que é o
referente histórico de organización social, a participación dos cidadáns na vida pública e
delimitación dos dereitos e deberes das persoas e das colectividades, no ámbito e o
contorno dunha Europa diversa, unida no pasado pola lingua latina, sitúase a
contribución para lograr a COMPETENCIA SOCIAL E CIDADÁ. O coñecemento das
desigualdades existentes nesa sociedade favorece unha reacción crítica ante a
discriminación pola pertenza a un grupo social ou étnico determinado, ou pola diferenza
de sexos. Foméntase así no alumnado unha actitude de valoración positiva da
participación cidadá, da negociación e da aplicación de normas iguais para todos como
instrumentos válidos na resolución de conflitos.
Coa busca, selección crítica, e tratamento da información, recorrendo a fontes
variadas; coa aplicación de técnicas de síntese, coa identificación de palabras clave e
coa distinción entre ideas principais e secundarias; elaboración de textos e coa
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
66
presentación a través de medios informáticos, favorécese a COMPETENCIA DIXITAL.
Cómpre facer ver a necesidade dunha utilización crítica das tecnoloxías da información
e a comunicación como instrumento que universaliza a información e como unha
ferramenta para a comunicación do coñecemento adquirido.
O estudo do latín, propiciando a disposición e a habilidade para organizar a
aprendizaxe, favorecendo as destrezas de autonomía, disciplina e reflexión, ejercitando
a memoria mediante a recuperación de datos e situando o proceso formativo nun
contexto de rigor lóxico, favorece a COMPETENCIA DE APRENDER A
APRENDER. Facilita o logro da competencia de autonomía e iniciativa persoal o
recurso continuado a procedementos que esixen planificar, avaliar distintas
posibilidades e tomar decisións. O traballo cooperativo e a posta en común dos
resultados implica valorar as achegas doutros compañeiros, aceptar posibles erros,
comprender a forma de corrixilos e non renderse ante un resultado inadecuado. En
definitiva, achega posibilidades de mellora e fomenta o afán de superación.
4.1.5 Secuenciación e temporalización dos contidos
Farase do seguinte xeito: 5 unidades por trimestre:
PRIMEIRO TRIMESTRE:
Unidade 1: A orixe e a evolución do latín. Clasificación das linguas indoeuropeas.
Abecedario e a pronunciación clásica e posclásica do latín. A regra da penúltima sílaba.
Diferenza entre vocais breves e longas. O marco xeográfico e histórico da sociedade
romana.
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
67
Unidade 2: O latín como lingua flexiva. Os casos e os seus principais valores
sintácticos. Recoñecemento das diferenzas e similitudes básicas entre a estrutura da
lingua latina e a das linguas romances utilizadas polo alumno. Latín culto e latín vulgar:
lingua de cultura e lingua de comunicación. Gallaecia e o resto da Hispania. As vías
romanas de Hispania e as grandes vías modernas: medio de difusión dunha civilización
uniforme, de unidade política e económica e de relación humana.
Unidade 3: Clases de palabras. A flexión nominal. Recoñecemento das categorías
gramaticais da flexión latina e comparación cos elementos flexivos das linguas actuais.
O proceso de redución morfolóxica e sintáctica no latín vulgar. Uso de fontes primarias
e secundarias para coñecer o pasado.
Unidade 4: Clases de palabras. A flexión pronominal. Recoñecemento das categorías
gramaticais da flexión latina e comparación cos elementos flexivos das linguas actuais.
A formación das linguas romances. As institucións e a vida cotiá. Ocio e negocio.
Unidade 5: Clases de palabras. A flexión verbal. Recoñecemento das categorías
gramaticais da flexión latina e comparación cos elementos flexivos das linguas actuais.
Análise dos procesos de evolución das linguas romances. Relación entre o relixioso e o
festivo. Interpretación dos seus referentes desde a nosa perspectiva sociocultural.
SEGUNDO TRIMESTRE:
Unidade 6: As estruturas oracionais básicas. A evolución fonética. As institucións e a
vida cotiá. Ocio e negocio. Comparación e análise crítica das estruturas sociais e
familiares.
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
68
Unidade 7: As estruturas oracionais básicas. A concordancia. Termos patrimoniais,
semicultismos e cultismos. As pegadas materiais da romanización: o foro e a
arquitectura do ocio en relación coa concepción do urbanismo posterior, a importancia
do arco e a bóveda na arquitectura posterior.
Unidade 8: A concordancia e a orde flexible de palabras. Termos patrimoniais,
semicultismos e cultismos. As pegadas materiais da romanización: Valoración da
conxunción da magnificencia e o xenio práctico. Emprego dos medios audiovisuais e
das TIC para coñecer o patrimonio artístico e arqueolóxico. Observación directa.
Unidade 9: Nexos coordinantes máis frecuentes. Explicación dos cambios fonéticos
máis frecuentes. Os temas e argumentos mitolóxicos na literatura e nas artes plásticas e
visuais.
Unidade 10: Lectura e interpretación de textos en latín de dificultade progresiva. A
evolución fonética. Relación semántica entre palabras dunha mesma raíz latina e
evolución fonética diferente. Recoñecemento de elementos da mitoloxía clásica en
manifestacións culturais de todo tipo e interpretación do seu significado.
TERCEIRO TRIMESTRE:
Unidade 11 : Lectura e interpretación de textos en latín de dificultade progresiva. A
achega léxica do latín ás linguas modernas non derivadas del. O papel de Roma na
historia de Occidente.
Unidade 12: Lectura e interpretación de textos en latín de dificultade progresiva.
Compoñentes grecolatinos nas linguas romances. Identificación de lexemas, sufixos e
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
69
prefixos grecolatinos usados na propia lingua: préstamos, derivación, composición e
analoxía como mecanismos de enriquecemento do vocabulario. O patrimonio
arqueolóxico, artístico e literario herdado de Roma.
Unidade 13: Lectura e interpretación de textos en latín de dificultade progresiva. O
vocabulario da ciencia e da técnica. Os étimos gregos e latinos nas terminoloxías
específicas. O patrimonio arqueolóxico, artístico e literario herdado de Roma.
Coñecemento especial do herdado en Galicia.
Unidade 14: Lectura e interpretación de textos en latín de dificultade progresiva.
Latinismos e locucións latinas. Recoñecemento das expresións latinas incorporadas á
lingua falada e escrita. Valoración da importancia da lectura de textos da literatura latina
de diversidade temática.
Unidade 15: Definición de palabras a partir dos seus étimos. O significado etimolóxico
das palabras como guía para a adecuada utilización do vocabulario.Valoración da lingua
latina como principal vía de transmisión e continuidade do mundo clásico e instrumento
privilexiado para unha comprensión profunda do sistema das linguas romances.
4.1.6 Procedementos para a avaliación inicial
Dado que o alumnado é a primeira vez que ve a asignatura de Latín a
avaliación inicial basearase na observación do nivel dos coñecementos
morfosintácticos de cada alumno e a posta en valor dos coñecementos
de cultura xeral adquiridos en ámbitos diversos. Realizarase para este
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
70
fin un cuestionario no primeiro mes de curso con preguntas relativas
ás pegadas clásicas na nosa sociedade, lingua…
4.1.7 Criterios de avaliación en relación coas competencias básicas
Identificar en textos traducidos de autores clásicos e modernos, despois
de resumir os aspectos históricos ou culturais. Este criterio pretende
verificar a capacidade de comprender o contido dun texto, identificar
acontecementos, personaxes e aspectos da civilización romana, e
relacionar os datos do texto con referentes actuais.
Distinguir nas diversas manifestacións literarias e artísticas de todos os
tempos a mitoloxía clásica como fonte de inspiración e recoñecer no
patrimonio arqueolóxico as pegadas da romanización. Este criterio trata
de comprobar se se identifican os principais elementos da mitoloxía
clásica e o patrimonio arqueolóxico romano en diversos contextos
expresivos, textos literarios e iconografía de calquera tipo, se se
comprende o seu significado específico e se se advirte o seu valor como
fonte de inspiración.
Aplicar as regras básicas de evolución fonética a étimos latinos que dean
orixe a termos romances do vocabulario habitual e establecer a relación
semántica entre un termo patrimonial e un cultismo. Con este criterio
preténdese avaliar a capacidade para utilizar os mecanismos de evolución
fonética e analizar as diferenzas de significado entre palabras dunha
mesma orixe.
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
71
Identificar compoñentes de orixe grecolatina en palabras da linguaxe
cotiá e no vocabulario específico das ciencias e da técnica, e explicar o
seu sentido etimolóxico. Este criterio trata de comprobar a capacidade de
recoñecer os formantes gregos e latinos en diferentes contextos
lingüísticos e producir definicións etimolóxicas de termos cotiáns,
científicos e técnicos.
Recoñecer latinismos e locucións usuais de orixe latina incorporadas ás
linguas coñecidas polo alumno e explicar o seu significado en expresións
orais e escritas. Este criterio pretende verificar se o alumnado identifica e
comprende as expresións latinas integradas nas linguas modernas e se é
capaz de utilizalas de xeito coherente.
Recoñecer os elementos morfolóxicos e as estruturas sintácticas
elementais da lingua latina e comparalos cos da propia lingua. Con este
criterio trátase de constatar a compresión do funcionamento básico da
lingua latina e a capacidade de establecer analoxías e diferenzas con
elementos e estruturas da súa propia lingua.
Traducir textos breves e sinxelos e producir, mediante retroversión,
oracións simples utilizando as estruturas propias da lingua latina. Este
criterio intenta comprobar se as alumnas e os alumnos asimilaron as
estruturas morfolóxicas e sintácticas elementais da lingua latina e se son
capaces de recoñecelas para realizaren traducións directas ou inversas de
textos elaborados de escasa dificultade.
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
72
4.1.8 Metodoloxía, materiais e recursos didácticos
O enfoque metodolóxico deberá favorecer a capacidade de
autoaprendizaxe, de traballar en equipo e aplicar os métodos apropiados
de investigación para seguir aprendendo ao longo da vida.
A aplicación metodolóxica a cada tema constará basicamente das
seguintes partes:
o Actividades de introdución e coñecementos previos que procuren
a interese do alumno polo que vai aprender.
o Actividades de desenvolvento que permitan coñecer os conceptos,
procedementos e actitudes. Nelas inclúense:
Exercicios sobre aspectos morfosintácticos e tradución de
oracións con aplicación dos mesmos.
Exercicios de léxico.
Lecturas comprensivas de temas culturais.
Tradución de textos preferentemente orixinais seguindo
estes pasos: lectura en voz alta, análise do vocabulario,
recoñecemento de formas gramaticais, establecemento de
relacións sintácticas e tradución.
Actividades de resume: gráficos, esquemas…
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
73
Actividades de consolidación do aprendido.
Promoverase a utilización das TIC para informarse, aprender e comunicarse e
para utilizar con sentido crítico, como recurso formativo, materiais de
procedencia diversa.
4.1.9 Procedementos e instrumentos de avaliación
Observación directa do traballo do alumno na aula.
Análise das producións dos alumnos: resúmenes, traballos
monográficos, caderno de clase e exercicios de todo tipo
(traducións, de léxico...).
Intercambios orais cos alumnos: entrevistas, postas en
común...
Probas escritas periódicas que recollan o traballo do
alumno nos distintos bloques.
Autoavaliacion do seu propio proceso de aprendizaxe.
Na AVALIACIÓN ORDINARIA o sistema de cualificación terá en conta
todos estos parámetros e será o seguinte:
Traballo de clase: 25%
Probas obxectivas: 75%.
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
74
Para acadar unha avaliación positiva os alumnos deberán obter como mínimo
un 50% en todolos apartados anteriores, entendendo que ó longo do curso o proceso de
avaliación tenderá a correxir os erros e a mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe.
Como programa de recuperación (AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA) ó
longo do curso efectuaranse tres probas obxectivas, unha por trimestre. Respecto a
alumnos pendentes doutros cursos, dicir que non cabe nesta materia, por ser a primeira
vez que os alumnos teñen contacto có latín.
4.1.10 Medidas de atención á diversidade e programa de reforzo para a
recuperación de materias pendentes
A atención ás diferenzas individuais dos alumnos/as debe ser contemplada en
diversos planos: nos contidos, nas actividades e na selección dos materiais utilizados:
Os contidos preséntanse claramente diferenciados en dous niveis:
a) Nivel constituido polas aprendizaxes básicas imprescindibles para a
consecución dos obxectivos xerais por parte dos alumnos/as; constitúe os contidos
mínimos de aprendizaxe, de carácter básico, exisible e alcanzable para todos os
alumnos/as.
b) Nivel de aprendizaxes complementarios que aseguran unha maior amplitude
no desenvolvemento das capacidades por parte dos alumnos/as, mediante
desenvolvementos monográficos que analizan en profundidade un dos elementos ou
aspectos da información esencial, mediante exposición de feitos que evidencien a
presencia nosa sociedade de algún dos aspectos tratados nos contidos básicos e
mediante a reflexión sobre a lectura de fragmentos de obras de autores clásicos en
relación con ditos contidos.
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
75
Deste modo, os contidos que non se consideran imprescindibles para a
consecución dos obxectivos por parte dos alumnos sepáranse dos que son esenciais
mediante un tratamento diferenciado. Este doble nivel permite administrar os contidos
en diversas doses en función dos intereses, coñecementos previos e expectativas do
alumnado.
As actividades deben estar graduadas segundo a dificultade que entrañan para o
alumno/a e segundo a natureza da finalidade que pretenden alcanzar, de manera que
poidan adaptarse ás diversas capacidades, intereses e motivacións dos alumnos/as.
As actividades de cada unidade didáctica están organizadas en torno aos dous niveis de
contidos e prevén distintos graos de dificultade:
a) Actividades e tarefas básicas, que permitan alcanzar as aprendizaxes mínimas
imprescindibles para cumplimentar os obxectivos fixados oficialmente. Estas
actividades estarán plantexadas de forma que sexan asequibles para calquera alumno/a.
b) Actividades que desenvolven as capacidades que consideramos normais, pero
que supoñan un maior grao de destreza por parte dos alumnos/as.
c) Actividades de ampliación e reforzo, que permitan aos alumnos/as máis
interesados ou máis capacitados progresar máis alá da media. Poden ser tarefas de
investigación ou outras actividades que xa entrañen certo grao de dificultade.
Todos os alumnos/as realizarán as actividades do primeiro nivel. Quen as
realizara sen dificultade, progresará ao segundo nivel e deste ao terceiro. Este método
debe aplicarse en cada unidade didáctica, porque hai que evitar a formación de grupos
dentro da aula aos que se asigne, durante todo o curso, un mismo nivel; xa que o
alumno/a que, nunha determinada unidade, so alcanza o primeiro nivel, pode estar
capacitado para desenvolverse nun nivel superior noutra unidade didáctica.
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
76
A selección de materiais e recursos didácticos utilizados na aprendizaxe tamén
ten unha gran importancia á hora de atender ás diferenzas individuais no conxunto dos
alumnos/as. Como material esencial debe considerarse o libro de texto e os demáis
materiais e recursos didácticos que se utilizarán segundo o nivel e características dos
alumnos/as segundo o tipo de contidos.
Para atender a diversidade do alumnado o profesor desenvolverá con regularidade as
seguintes actividades:
Traballo na aula de xeito individualizado con aqueles que presenten algunha
dificultade ou presenten sobredotación.
Elaboración de materiais de reforzo e ampliación.
Control do traballo semanal.
Entrevistas periodicas cós alumnos con dificultades.
Non existe programa de reforzo para os alumnos pendentes doutros cursos pois
non cabe nesta materia, por ser a primeira vez que os alumnos teñen contacto
có latín.
4.1.11 Acción de contribución ao proxecto lector e ao plan TIC
A través da lectura de textos de autores clásicos o alumnado entrará en contacto
co mundo grecorromano. Tamén se utilizara a lectura de textos literarios de outras
épocas cuxo tema sexa a cultura clásica.
Tanto os textos de autores clásicos traducidos, como textos de autores actuais
sobre temas relacionados coa cultura clásica son un incentivo para a lectura. Sobre todo
tendo en conta que nos últimos anos publicaronse moitos, e moi bos libros sobre
diversos aspectos da cultura grecorromana, acompañados de excelentes ilustracións,
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
77
moitos deles especialmente dirixidos a un público xuvenil. Os relatos históricos e
mitolóxicos, que están na orixe da nosa cultura, constitúen en si mesmos unha excelente
estratexia para incentivar o gusto pola lectura, pois as aventuras dos heroes clásicos
sempre apasionaron aos mozos, ao mesmo tempo que lles mostran, de modo simbólico,
todas as situacións típicas da condición humana.
Propoñemos a lectura voluntaria dalgúns do seguintes libros de ediciones Akal,
na colección dirixida por Anne-Catherine Vivet-Rémy, sobre relatos históricos e
mitolóxicos: Julio César y la guerra de las Galias, Agamenón y la guerra de Troya, Los
viajes de Ulises, Rómulo y Remo, Teseo y el Minotauro, Jasón y el vellocino de oro, Los
trabajos de Hércules, Edipo, etc. Estes libros presentan “textos orixinais”, divididos en
breves episodios ilustrados, fáciles de ler, e completados con páxinas de xogos,
crucigramas, adiviñas e documentación, que permiten:
- Comprobar a comprensión del texto a partir de preguntas sobre a acción, os
personaxes e o sentido das palabras importantes.
- Memorizar o vocabulario respondendo a adivinanzas ou resolvendo crucigramas e
sopas de letras.
- Adquirir coñecementos culturaies gracias ás informacións sobre a civilización e o
contexto histórico no que están insertados os relatos.
O mesmo esquema de “lectura intelixente” presenta o libro Unha historia na
Historia, de Sauro Marinelli, de editorial Bruño, novela histórica xuvenil ambientada na
época de Augusto. Cada capítulo do libro vai complementado con “xogos”, actividades
que axudan a comprender mellor aos personaxes e ao ambiente, de maneira que
desenvolve no xove lector a curiosidade e o sentido crítico hacia os feitos humanos do
pasado de xeito que pode coñecer mellor a época actual.
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
78
Tamén da editorial Bruño, nos parecen adecuados para alumnos de ESO os
libros titulados Indiana Jones explora…la antigua Grecia e Indiana Jones explora…la
antigua Roma, nos que o famoso arqueólogo e aventureiro, actuando como guía, fai
revivir estas antigas civilizacións, despertando nos mozos a emoción de descubrir
algúns dos segretdos do pasado.
Excelente parecenos o libro Pompeia, de Peter Connolly, da editorial Anaya,
esplendidamente ilustrado, no que se describe o desastre, a desaparición e o
redescubrimento gradual de Pompeia, para despois facer un relato de como transcurría
unha xornada calquera na cidade.
O fomento do uso das TIC é un obxectivo do centro, a través do Plan de
Integración das TIC e será tamén obxectivo da materia de latín, utilizando a rede
informática para realizar traballos de investigación e atopar información, empregando
todos os recursos multimedia ao noso alcance (CD-ROM, páxinas web…), incentivando
no noso alumnado o uso dos recursos informáticos para a presentación dos seus
traballos (presentación en PowerPoint, uso na aula de audivisuais, dos equipos
informáticos da biblioteca escolar…) e deixando que a actualidade entre nas aulas a
través dos recursos multimedia con contidos relacionados co mundo clásico, a
arqueoloxía, a literatura, etc.
4.1.12 Criterios para avaliar a propia programación
A avaliación da programación como proceso de ensino-aprendizaxe
basearase nos seguintes criterios e a súa consecución:
A adecuación de obxectivos e contidos ás características e necesidades
do alumnado.
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
79
A adecuación dos criterios de avaliación ás características e necesidades
do alumnado
As aprendizaxes acadadas polo alumnado
A programación didáctica o seu desenvolvemento
Os procedementos de avaliación do alumnado.
Outras consideracións que sexan oportunas.
Ao final de cada trimestre, despois da avaliación dos alumnos facilitaráselles un
cuestionario no que calificarán de cero a dez ao profesor con preguntas relativas á
puntualidade, claridade das explicacións, interese da materia, organización do
ensinante, se na clase hai bo ambiente docente , se aprende nas clases , se as probas se
axustan ao explicado , se ve utilidade nos contidos, se o profesor conta cos recursos
materiais suficientes para impartir as clases … Esta enquisa de avaliación docente será
estudiada e valorada polo profesor/a para a partires do resultado mellorar, cambiar ou
modificar o que se considere necesario.
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
80
5. Accións de contribución ao plan de convivenvia e educación en valores en todos
os niveis
Colaboraremos en todo o que o plan de convivencia do centro considere oportuno. Na
ESO e para cortar os insultos e pelexas esixirase ao alumno que insulte que diga cinco
cousas positivas ao alumno insultado. Pediráselle que o faga de xeito oral pero se
necesita moito tempo, deberá facelo por escrito, aínda que lle leve toda a clase porque
redactar aumenta as competencias básicas en lingua. Paréceme una maneira adecuada
para ir minimizando todo o posible as faltas de respecto entre os membros da
comunidade escolar.
No bacharelato debe pedir perdón e dicirlle algo positivo no mesmo momento. Se é una
conducta case impulsiva, explicaráselle cada vez por qué é negativa a súa conducta
aínda que ao alumno non llo pareza. Todas as veces que apareza este comportamento
chamaráraselle a atención.
Con respecto á Educación en Valores incidiremos na igualdade de sexos, respecto polas
diferenzas, educación para a paz, educación viaria,... que serán traballados a través das
distintas unidades didácticas no Bloque IV dos contidos da programación de cada
asignatura e cada nivel impartido por este departamento.
Traballaremos con intensidade a violencia de xénero e a cousificación da muller, moi
presente en todo o mundo antiguo; incidiremos constantemente na relación falta de
preparación educativa/ pobreza e na escravitude como fenómeno normalizado na
antigüidade e aínda que prohibida na actualidade presente nas nosas sociedades, incluso
nas máis desenvolvidas disfrazada de moitas formas.
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
81
6. Actividades complementarias e extraescolares xerais deste departamento
As actividades propostas a continuación son para todos os alumnos do
departamento e levaranse a cabo en colaboración có departamento de Xeografía e
Historia.
Asistencia a unha representación teatral dunha obra clásica, no marco do
Festival de Teatro Grecolatino de Lugo.
Visita ao Museo Provincial de Lugo e ás distintas salas de exposicións que
mostran achádegos de orixe romana.
Asistencia á proxección dunha película que teña que ver có curriculum da
asignatura.
Participación, a través de internet, no concurso de Cultura Clásica organizado
pola SEEC, Sección Galicia.
Visitas a lugares de interés para o alumnado de clásicas: Médulas (León),
Museo Romano de Mérida, Santa Olalla de Bóveda ou calesquera outros.
Os contidos desta programación serán explicados pormenorizadamente
aos alumnos na primeira semana de curso polo profesor correspondente e unha
copia dela permanecerá na aula durante todo o curso. Os contidos mínimos de
cada asignatura publicaranse no taboleiro da aula.
Programación Departamento Latín/Grego
Curso 2014/15
82
7. Anexo. Recursos didácticos recomendados
O alumnado dos distintos niveis traballarán durante o curso académico cós
recursos que lles proporcionará a profesora. Son libros e material audiovisual
(películas e documentais) de temática clásica. Tras a súa lectura ou visionado
faranse comentarios e fichas de actividades sobre eles de forma colaborativa e
grupal. Para facilitar a localización dos recursos éstes atópanse agrupados en
cuxo enlace estárá disponible no espazo adicado ao
Departamento de Clásicas na web do centro.
Tamén se recomendará ao alumnado o acceso a páxinas web de referencia en
contido clásico coma http://www.culturaclasica.com/ ou a Blogs educativos coma
http://divesgallaecia.blogspot.com.es/
Catalina Rey Rodríguez
Xefa de departamento