Post on 05-Jul-2015
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA MÚSICA 1º CICLO:
1. OBXECTIVOS:
1. Interpretar sinxelas cancións e xogos instrumentais entre os que destaquen os
propios da nosa Comunidade Autónoma.
2. Interpretar cancións adaptadas á súa tesitura, de xeito colectivo
acompañadas de xestos e movementos.
3. Utilizar os distintos elementos da linguaxe musical para expresar ideas,
sentimentos e emocións dunha forma creativa e divertida.
4. Escoitar, identificar sons do contorno e clasificalos atendendo aos distintos
parámetros de duración, altura, intensidade e timbre.
5. Ler, escribir, facer ditados rítmicos ou melódicos co fin de recoñecer algúns
elementos da linguaxe musical convencional e non convencional.
6. Identificar o pentagrama como o soporte das notas musicais e recoñecer a
clave de Sol como o signo musical que sempre está ao comezo do
pentagrama.
7. Identificar e interpretar esquemas rítmicos e melódico rítmicos.
8. Iniciar ao alumno/a nas técnicas de improvisación.
9. Recoñecer os elementos básicos da linguaxe musical convencional e non
convencional e reproducilos oral e graficamente.
10. Tomar conciencia do pulso e do acento.
11. Valorar e diferenciar sons agradables e sons molestos.
12. Clasificar os sons atendendo aos seus parámetros: longo/curto, forte/suave,
rápido/lento.
13. Coñecer os instrumentos de pequena percusión: as súas formas, os seus
nomes e os seus sons a través da súa manipulación e de diferentes audicións;
interpretar con eles sinxelos exercicios rítmicos.
14. Gozar da actividade instrumental en grupo, valorando as achegas
individuais propias e alleas.
15. Acompañar cancións e textos con xestos e movementos rítmicos.
16. Acompañar cancións e recitados con instrumentos de percusión de altura
indeterminada.
17. Participar en actividades individuais e de grupo: canto, expresión
instrumental e movemento.
18. Participar activamente na audición de narracións musicais a través da
percusión, o mimo, o movemento rítmico, a dramatización e o xogo.
19. Reforzar o coñecemento do esquema corporal e da lateralidade.
20. Descubrir as posibilidades do movemento do propio corpo a través do baile
libre e a través da danza escolar.
21. Mostrar actitudes de respecto e de apreciación cara ás manifestacións
artísticas propias, así como cara aos doutras culturas, realizadas por mulleres
e homes.
22. Desenvolver actitudes de valoración das producións propias, das dos demais
e das manifestacións musicais da nosa comunidade, de España, de Europa e
do patrimonio cultural universal.
2. CONTIDOS:
1º NIVEL (1º):
Conceptuais
- Melodías populares galegas, doutras comunidades españolas e doutras
culturas.
- Calidades do son: a altura (agudo-grave).
- Calidades do son: a intensidade (forte suave).
- Calidades do son: a duración (longo-curto).
- Calidades do son: o timbre dos sons cotiáns do noso contorno e dos
intrumentos escolares.
- Pulsos, acentos e ritmos nas audicións, cancións, danzas e xogos populares.
- Sons afinados, ruídos e silencio.
- Sons de animais, máquinas, corporais e medios de transporte.
- Audicións de música culta.
- Linguaxe musical: preescritura musical, liña e espazo; pentagrama; clave de
Sol; figuras (negra e corcheas); silencio de negra; notas Sol e Mi; pulso,
acento e ritmo. Iniciación nos compases binarios.
- Canto afinado e natural (sen forzar a voz).
- Reproducións de sons co corpo e coa voz.
- Dramatización corporal e vocal de rimas, cancións e audicións.
- Acompañamentos de percusión corporal e instrumental (caseiros, pequena
percusión escolar e de nova creación con material de reciclaxe e da natureza).
- Coñecemento espacial: lateralidade e psicomotricidade.
- Danza e movemento.
De procedemento
- Escoita de gravacións con melodías populares galegas, doutras comunidades
e países asociadas ás estacións do ano e festas populares.
- Discriminación de sons cotiáns do contorno.
- Discriminación de timbres instrumentais (percusión caseira, escolar e
obxectos do contorno).
- Exploración de obxectos sonoros do contorno.
- Discriminación entre son, ruído e silencio, traballando a contaminación
acústica.
- Reprodución de ritmos coas sílabas rítmicas.
- Exploración e escoita do corpo como instrumento, traballando o pulso, o
acento e o ritmo.
- Escoita de fragmentos de música popular e culta para traballar timbres,
estilos, musicogramas, pulso, acento, ritmo, acompañamentos percusivos,
sentimentos...
- Escoita de danzas gravadas, cancións-xogos, rimas... para traballar todos os
aspectos musicais.
- Identificación de figuras musicais (negra-corcheas), notas (Sol e Mi) e
silencios (de negra), relacionando a súa grafía co son ou coa ausencia do
mesmo.
- Escoita de cancións e melodías populares galegas e doutras comunidades e
países asociadas ás estacións do ano e ás festas populares.
- Utilización dos medios de comunicación e novas tecnoloxías para escoitar e
visualizar instrumentos, concertos e danzas.
- Entoación de notas afinadas (Mi e Sol).
- Lectura de ritmos, pulsos e acentos escritos coa voz, co corpo e con
instrumentos.
- Acompañamento e dramatización de cancións, audicións, rimas, trabalinguas
e cancións-xogos co corpo e a voz.
- Montaxe de coreografías coas cancións e danzas.
- Escoita activa da música instrumental, guiándose cun musicograma,
acompañado con percusións corporais, instrumentos percusivos, movementos,
coreografías
De actitude
- Interese e atención na discriminación auditiva de sons instrumentais e do
contorno.
- Respecto nas interpretacións musicais dos compañeiros.
- Valoración polos logros propios e polos logros obtidos polos compañeiros.
- Gozo coas audicións de fragmentos musicais cultos e populares.
- Respecto e silencio na escoita de calquera manifestación musical na clase e
noutros lugares públlicos.
- Coidado e disciplina no uso do material instrumental.
- Goce co canto individual e colectivo das cancións interpretadas.
- Respecto á interpretación vocal, instrumental e ao movemento dos
compañeiros.
- Interese por aprender cancións, rimas, audicións, danzas...
- Valoración do uso das tecnoloxías.
- Disciplina nas actividades grupais.
2º NIVEL (2º):
Conceptuais.
- Linguaxe musical: preescritura musical, liña e espazo; pentagrama; clave de
Sol; figuras (branca,negra e corcheas); silencio de branca e de negra; notas
Re, Mi, Fa, Sol, La; pulso, acento e ritmo. Compases cuaternarios, ternarios e
binarios.
- Melodías populares galegas, doutras comunidades españolas e doutras
culturas.
- Calidades do son: a altura (agudo-grave).
- Calidades do son: a intensidade (forte suave).
- Calidades do son: a duración (longo-curto).
- Calidades do son: o timbre dos sons cotiáns do noso contorno e dos
intrumentos escolares.
- Pulsos, acentos e ritmos nas audicións, cancións, danzas, rimas e xogos
populares.
- Sons afinados, ruídos e silencio.
- Sons do corpo, animais, máquinas, medios de transporte e referidos ás
profesións.
- Patróns rítmicos de branca, negra, corcheas, silencio de negra e branca.
- Patróns melódicos e rítmico-melódicos coas notas Re-Mi-Fa-Sol-La.
- Instrumentos de corda fretada: Violín, viola, violonchelo e contrabaixo.
- Instrumentos de corda punteada: O laúde, mandolina e bandurra e a arpa.
- Canto afinado e natural (sen forzar a voz).
- Coñecemento espacial: lateralidade e psicomotricidade.
- Danza e movemento.
- Interpretación de ritmos binarios, ternarios e cuaternarios.
- Melodías sinxelas escritas no pentagrama.
- Escritura dunha canción no pentagrama.
- Interpretación de ritmogramas e musicogramas.
- Xogos rítmicos.
De procedemento
- Escoita de gravacións con melodías populares galegase doutras
comunidades e países.
- Escoita de gravacións para discriminar sons.
- Escoita de ritmos, pulsos e acento interpretados con percusión corporal e
instrumentos percusivos.
- Escoita de gravacións (e manipulados na clase polos alumnos) con
instrumentos de pequena percusión para agrupalos en familias
instrumentais.
- Exploración e escoita do corpo como instrumento, traballando o pulso, o
acento e o ritmo.
- Escoita de danzas gravadas traballando movementos coordinados, pulso,
acento e ritmo.
- Identificación de figuras musicais (negra-corcheas, branca, e silencios)
interpretadas con sílabas rítmicas, palmadas ou instrumentos percusivos,
mediantes xogos rítmicos.
- Identificación de notas (Re, Mi, Fa, Sol, La) mediante xogos, escoitando
patróns melódicos interpretados polo profesor/a cun instrumento melódico ou
polifónico, relacionando a súa grafía coa altura do son afinado.
- Identificación das emocións (medo, alegría, tristura...) tras a escoita de
cancións, rimas e fragmentos instrumentais.
- Utilización dos medios de comunicación e novas tecnoloxías para escoitar e
visualizar instrumentos, concertos e danzas.
- Entoación de notas afinadas (Re, Mi, Fa, Sol, La).
- Acompañamento do pulso de cancións, rimas e audicións.
- Lectura de ritmos, pulsos e acentos escritos coa voz, co corpo e con
instrumentos.
- Montaxe de coreografías coas cancións e danzas.
- Escritura dunha pequena melodía no pentagrama.
- Interpretación de diferentes modelos de musicogramas para realizar unha
escoita activa dunha audición.
De actitude
- Interese e atención na discriminación auditiva de sons instrumentais e do
contorno.
- Curiosidade por coñecer músicas novas.
- Respecto nas interpretacións musicais dos compañeiros.
- Valoración polos logros propios e polos logros obtidos polos compañeiros.
- Gozo coas audicións de fragmentos musicais cultos e populares.
- Respecto e silencio na escoita de calquera manifestación musical na clase e
noutros lugares públlicos.
- Coidado e disciplina no uso do material instrumental.
3. CRITERIOS DE AVALIACIÓN CON REFERENCIA ÁS COMPETENCIAS
BÁSICAS:
3.1 COMPETENCIA EN COMUNICACIÓN LINGÜISTICA
- Escribir e ler os nomes das notas.
- Aprender un repertorio de cancións
- Aprender rimas, coplas, trabalinguas e adiviñas.
- Describir de xeito significativo instrumentos musicais propios e doutras
culturas.
- Utilizar a voz e o corpo como instrumentos de expresión e comunicación.
- Relacionar o ritmo musical e as palabras e frases escritas.
3.2. COMPETENCIA MATEMÁTICA
- Traballar a preescritura musical (concepto de liña e espazo).
- Traballar as figuras musicais e o silencio e a súa duración proporcional.
- Iniciar o ensino dos compases como unidade de medida na música escrita.
- Presentar, completar e construír os compases binarios e ternarios coa negra
como unidade de pulso.
- Identificar e reproducir fórmulas e esquemas rítmicos sinxelos.
- Traballar visual e auditivamente e interpretar a proporción matemática
utilizada nos ritmogramas e a súa relación coa lonxitude da melodía.
3.3. COMPETENCIA NO COÑECEMENTO E NA INTERACCIÓN CO MUNDO FÍSICO
- Escoitar, diferenciar e valorar as posibilidades sonoras dos obxectos que están
próximos ao medio no que viven.
- Coñecer instrumentos fixándose no material de corpo vibrante e na súa orixe
(árbores, canas, pel ou vexigas de animais, metais...).
- Coñecer visual e auditivamente os animais domésticos e de granxa, e animais
do bosque,
- Discriminar sons asociados con profesións., máquinas, medios de transporte,
fenómenos atmosféricos
- Diferenciar entre os sons que producen tranquilidade ou intranquilidade de
xeito particular.
3.4. TRATAMENTO DA INFORMACIÓN E COMPETENCIA DIXITAL
- Utilizar métodos audiovisuais para ver e escoitar sons, instrumentos propios da
comunidade e doutras culturas.
- Utilizar as tecnoloxías da información e da comunicación para:
- Buscar e visualizar obxectos, fenómenos atmosféricos ou instrumentos que
se citan no texto das cancións.
- A procura e organización de informacións relacionadas coa música
(concertos, biografías, crítica, prezos).
- A creación musical.
- A procura, selección, organización e interpretación de informacións
sinxelas sobre as diferentes linguaxes musicais.
- Utilizar con precaución e coidado os materiais, instrumentos e aparellos útiles
para a escoita, a interpretación e a creación musical.
- Describir de xeito ordenado e significativa instrumentos musicais propios da
nosa e doutras culturas.
3.5. COMPETENCIA SOCIAL E CIDADÁ
- Respectar e ter actitude de escoita nas intervencións individuais dos
compañeiros.
- Aceptar nas danzas e coreografías aos compañeiros/as sen discriminar a
ninguén con interese e sen inhibicións.
- Participar na escoita, audición e interpretación de obras musicais sinxelas,
mostrando actitudes de respecto e colaboración cos demais.
3.6. COMPETENCIA CULTURAL E ARTÍSTICA
- Percibir e comprender o mundo no que viven cando escoiten sons do seu
contorno, gozando do mesmo e valorándoo.
- Utilizar con precaución e coidado os materiais, instrumentos e aparellos útiles
para a escoita, a interpretación e a creación musical.
- Ser capaz de valorar as obras musicais procedentes da nosa comunidade e
doutras comunidades españolas, europeas ou universais.
- Participar na escoita, audición e interpretación de obras musicais sinxelas,
mostrando actitudes de respecto e colaboración cos demais.
- Debuxar os instrumentos escolares que coñecen.
- Potenciar a expresión corporal na dramatización de cancións e na música
culta.
3.7. COMPETENCIA PARA APRENDER A APRENDER
- Coordinar diversos recursos expresivos (canto, mimo, movemento rítmico e
danza) nas producións musicais propias e colectivas.
- Traballar a iniciativa individual e a cooperación nas montaxes coreográficas
acomodadas ao seu nivel de desenvolvemento.
- Describir de xeito significativo instrumentos musicais propios da nosa e
doutras culturas.
- Utilizar as tecnoloxías da información e da comunicación para a procura e
organización de informacións relacionadas coa música
3.8. AUTONOMÍA E INICIATIVA PERSOAL
- Ampliar as posibilidades de comunicación cos demais e de expresión persoal
mediante a utilización de recursos musicais.
- Desenvolver a confianza en si mesmos mediante as dramatizacións e as
coreografías (en grupo), ademais de fomentar o espírito de superación nas
actividades individuais, grazas aos eloxios e ánimos do profesorado.
- Representar escenas e personaxes con diferentes recursos: mímica, ritmo e
canto.
- Manifestar actitudes de coidado dos materiais, instrumentos e aparellos útiles
para a escoita, interpretación e creación musical.
- Empregar as tecnoloxías da información e da comunicación para a procura,
selección, organización e interpretación de informacións sinxelas sobre as
diferentes linguaxes musicais.
4. MÍNIMOS ESIXÍBLES PARA O LOGRO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS:
- Mantén unha escoita atenta, activa e concentrada.
- Expresa sensibilidade musical.
- Mostra destreza e coordinación nos exercicios rítmico–instrumentais.
- Intégrase no grupo no canto colectivo e mostra dispoñibilidade, cooperación e
percepción crítica.
- Mostra concentración, constancia e esforzo persoal na realización dos traballos.
- Manifesta discriminación auditiva no recoñecemento e repetición de melodías e
diferentes voces, falando ou cantando.
- Acompaña rítmica ou melódicamente, de forma individual e colectiva, cancións
e danzas sinxelas.
- Intégrase cooperativamente nalgunha das manifestacións artísticas do medio
escolar.
- Coñece un repertorio básico de cancións populares.
5. PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN:
AVALIACIÓN INICIAL:
Para facer a avaliación inicial levaremos a cabo unha serie de probas de tipo práctico:
- Canto de cancións en grupo con e sen xestos.
- Realización de fichas de discriminación auditiva sobre sons do entorno.
- Realización de fichas e xogos sobre os instrumentos escolares e da orquestra.
- Realización de coreografías sinxelas.
- Xogos de ritmo para seguir unha pulsación.
CÓMO AVALIAMOS:
Teremos en conta distintos aspectos:
- Traballo nas fichas e no libro-cuaderno.
- A actitude ante os distintos elementos que traballamos na aula:
Escoita activamente as audicións e gravacións de sons
Participa nas coreografías respetando ós/as compañeiros/as.
Coida o material instrumental, e respecta as normas de uso
Segue o ritmo e a pulsación das cancións traballadas na aula.
Interpreta ritmos sinxelos cos instrumentos de pequena
percusión, para acompañar cancións.
Haberá en todo caso tres momentos de avaliación (ademáis da inicial), coincidindo cos
tres trimestres escolares e coas datas de avaliación aprobadas polo claustro.
As calificacións coincidirán coa normativa legal que son: insuficiente, suficiente, ben,
notable e sobresaliente.
As porcentaxes para calificar ó alumnado decidiranse atendendo os seguintes criterios:
- Traballo escrito no libro-caderno: 25%
- Expresión instrumental: 15%
- Expresión corporal, movemento e danza: 25%
- Expresión vocal: 20%
- Discriminación auditiva: 15%
INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN:
Dada a dimensión práctica da área artístico-musical, non empregaremos os
controis tradicionais de tipo escrito, senón que as valoracións son diarias e levarase un
diario coas anotacións respecto dos criterios de avaliación citados anteriormente.
A observación e o máximo instrumento de avaliación así coma a escoita das
manifestacións vocais e instrumentais que realice o alumnado.
Farase unha revisión dos cuadernos e fichas escritas para valorar a
consecución dos obxectivos relativos á linguaxe musical escrita, os conceptos relativos
á discriminación auditiva, e os traballos realizados sobre as familias de instrumentos.
diario coas anotacións respecto dos criterios de avaliación citados anteriormente.
A observación e o máximo instrumento de avaliación así coma a escoita das
manifestacións vocais e instrumentais que realice o alumnado.
6. ACTIVIDADES DE RECUPERACIÓN E REFORZO:
Dado que soamente temos unha sesión semanal, os reforzos e correcións faranse de
xeito que sempre teremos traballo alternativo para o alumnado con dificultades:
- Adaptar as fichas escritas ás posibilidades do alumno
- Se non saber ler ou escribir facer o exercicio oralmente se é posible.
- O alumnado con dificultades de mobilidade, realizará as coreografías
simplificadas.
- Se hay dificultades motrices que impidan o aprendizaxe da frauta doce,
valoraranse os outros aspectos en maior medida. E intentarase que o alumno/
a manipule outros instrumentos de pequena percusión.
7. METODOLOXÍA DIDÁCTICA:
A metodoloxía a empregar será activa e participativa dada a dimensión práctica da
música. A repetición e a imitación son a base para o ensino desta disciplina, tanto para a
aprendizaxe de cancións coma de instrumentacións e ejercicios rítmicos.
Traballaremos principalmente en gran grupo, dado que cunha sesión semanal non
podemos atender as necesidades individuais moi a fondo, exceptuando o aprendizaje da
frauta ( a partir de 4º), no que adicaremos máis tempo a atención individualizada.
8. EDUCACIÓN EN VALORES
EDUCACIÓN MORAL E CÍVICA
- Amosar actitudes de solidariedade, colaboración e axuda á hora de realizar actividades
de grupo.
- Aceptar as limitacións propias e respectar as dos demais.
- Valorar o noso patrimonio musical, como parte do patrimonio cultural e artístico de
Galicia.
EDUCACIÓN PARA A PAZ
- Partir do diálogo como principio para resolver os conflitos.
- Aprender a non impoñer as nosas propostas fronte ás dos demais.
- Tentar ofrecer a nosa propia experiencia como forma de axuda á dos demais,
principalmente na realización de actividades en grupo.
EDUCACIÓN AMBIENTAL E PARA A SAÚDE
- Coidar a hixiene do aparato vocal mediante o control da voz, a respiración, a
articulación..., para poder cantar e falar correctamente.
- Potenciar a través da música, a capacidade de relaxación e control para eliminar
tensións.
- Desenvolvemento de actitudes críticas sobre a contaminación acústica e os posibles
prexuízos que esta produce na nosa saúde.
- Valorar e procurar o silencio como condición necesaria para o desenvolvemento das
experiencias musicais.
EDUCACIÓN PARA O CONSUMO RESPONSABLE
- Ser quen de ensinar ao noso alumnado a necesidade de actuar con responsabilidade
diante da cantidade de música que o mercado ofrece, evitando a influencia perniciosa
da publicidade.
CULTURA DA NOSA COMUNIDADE AUTÓNOMA
- Usar a música como medio ideal para coñecer as manifestacións culturais de Galicia,
e a partir de aquí as doutras comunidades españolas, europeas e universais.
9. ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN Ó PROXECTO LECTOR.
Traballamos a lectura a través de:
- Lectura comprensiva da letra das cancións.
- Lectura de rimas, adiviñas e trabalinguas.
- Xogos rítmicos con sílabas e frases curtas de 4 e 8 pulsacións.
- O acento musical (compases de 2/4,3/4, e 4/4) e o acento das palabras.
- A frase musical e a frase literaria (coincidencia en frases de 4 e 8 pulsos).
- Os versos e as estrofas (rima asonante e consonante).
-
10. ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN Ó PLAN TIC
Utilizamos a diario o ordenador portátil conectado á cadena musical para reproducir
gravacións. Tamén temos un EDI, no que proxectamos as imaxes do pc, que ten
conexión a internet, co cal temos acceso a actividades interactivas en local e en rede,
como complemento á práctica de elementos coma:
- Exercicios de linguaxe musical
- Xogos de discriminación auditiva
- Actividades de ritmo
- Memoria auditiva (xogo do Simon)
- Búsqueda de información relativa a compositores, instrumentos musicais,…
- Audicións e vídeos en Youtube,…
-
11. ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN Ó PLAN DE CONVIVENCIA:
A música ten un compoñente solidario e de compañeirismo que traballaremos nos xogos
cooperativos, no canto en grupo, nas coreografías por parellas ou grupos e nas
instrumentacións.
Un xeito de traballar estos temas e analizando ás letras de cancións con este fin.
Vixiaremos en todo caso que non haxa discriminacións por raza ou procedencia, e
fomentaremos a solidariedade cos alumnos de nova incorporación e os inmigrantes para
a súa incorporación inmediata ós xogos, coreografías e canto en gran grupo.
A resolución de conflitos farase con razoamentos e solucións na propia aula sempre que
se trate de asuntos leves. Cando non se chegue á resolución inmediata acudirase ó Xefe
de estudos e/ou á comisión de Convivencia.
12 ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN Ó PROXECTO LINGÜÍSTICO
Traballamos os aspectos lingúísticos na lectura de cancións, rimas, adiviñas,
trabalenguas, xogos rítmico-silábicos, en diferentes linguas: lingua galega, castelán,
inglés e francés.
13. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS:
Empleamos os libros da Editorial Galinova. Proxecto Xograr. Século XXI
A partir de 4º de primaria o alumnado trae frauta doce marca HOHNER.
Empregamos como recursos na aula os instrumentos de pequena percusión ORFF de
dotación da Xunta de Galicia.
Temos ademáis un teclado e un EDI. Dispoñemos tamén de dúas alfombras-pistas de
baile interactivas.
Empregamos fichas fotocopiables como reforzo dalgúns contidos. Temos murais das
familias instrumentais facilitados pola editorial. Empregamos tamén cd’s coas
gravacións da editorial.
14. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES
Acudimos ás saídas didácticas ofertadas e incluídas na PXA relativas a temas musicais:
audicións, concertos didácticos, teatro e películas.
Traballaremos sempre que se poida os contidos previamente na aula.
15. PROCEDEMENTOS PARA A AVALIAR A PROGRAMACIÓN
- Reunión para avaliar o seguimento da PD: ao final de cada trimestre.
- Criterios de avaliación: Obxectiva do profesorado recollendo datos da observación
nas clases e segundo as cualificacións dos alumnos
- Os datos recolleránse nas memorias.