Post on 16-Mar-2016
description
PROXECTO TIC
CEIP CASÁS 2011/2012
PROXECTO TIC CEIP CASÁS 2011/2012
2
ÍNDICE
1. Xustificación do proxecto.
2. Situación actual das Novas Tecnoloxías no centro.
3. Rede do centro e distribución da aula de informática.
4. Obxectivos do proxecto.
a. A nivel de centro.
b. A nivel de profesorado.
c. A nivel de alumnado.
d. A nivel de comunidade educativa.
5. Desenvolvemento do proxecto.
6. Competencia: Tratamento da información e competencia dixital.
7. Atención a diversidade mediante as TIC.
8. Función do equipo dinamizador das TIC no centro.
9. Avaliación do proxecto.
10. Proposta sobre normas de utilización das TIC e da aula de
informática.
11. Previsión das modificacións que deberán realizarse no proxecto
curricular de centro e no plan anual para o desenvolvemento do proxecto.
PROXECTO TIC CEIP CASÁS 2011/2012
3
1. XUSTIFICACIÓN DO PROXECTO.
Coa aprobación da Lei Orgánica 2/2006 do 3 de Maio de Educación
plásmase de xeito preceptivo a obriga de elaborar un documento de centro
que xestione, organice e integre na vida diaria do centro as posibilidades/
potencialidades das TIC na mellora e actualización das tarefas educativas.
Tendo a súa orixe nas directivas e propostas dos organismos internacionais
e europeos para incorporar aos sistemas educativos os recursos, as
ferramentas e as utilidades da sociedade da información e da
comunicación.
Nesta Lei Orgánica é onde se fai mención as competencias básicas entre
as que se atopa o Tratamento da Información e competencia dixital que
inclúe a utilización das tecnoloxías da información. Supón manexar
estratexias para identificar e resolver os problemas habituais que vaian
xurdindo. Esta competencia comporta facer uso habitual dos recursos
tecnolóxicos dispoñibles para resolver problemas reais de modo eficiente.
A figura do profes@r sempre existiu e sempre existirá, pero o longo da
historia foi cambiando o rol do profes@r da mesma forma que o do alumn@
e estamos nun momento en que se está a producir un novo cambio.
Os ordenadores entraron nas aulas sen pedirnos permiso, e como mestres
temos que pensar que facemos con eles de forma que nos axude na nosa
tarefa educativa.
PROXECTO TIC CEIP CASÁS 2011/2012
4
Partimos da base de que as novas tecnoloxías teñen unha grande
importancia na sociedade actual, e por iso que a escola non debe ser allea
ao uso e coñecemento das mesmas polo que debe de incorporalas á vida
académica en todos os seus ámbitos: docencia, acción tutorial, xestión e
administración.
Falamos de niveis obrigatorios do ensino onde buscamos unha formación
global. Isto esixe que sexa o mestre titor ou os diferentes especialistas os
que integren as tecnoloxías no currículo ordinario, para o que se require
dunha sólida estrutura de orientación e formación que garanta esta entrada
real das TIC na aula.
Nos niveis de infantil e primaria, interésannos as TIC como ferramentas de
aprendizaxe e comunicación mais que na súa vertente técnica.
Somos conscientes de que a educación e a formación para os nen@s da
sociedade da información e do coñecemento teñen como referente
importante a utilización das Novas Tecnoloxías. Non consiste en poñer un
ordenador no centro do proceso de ensinanza-aprendizaxe, senón de
amosar ó alumnado as posibilidades que teñen as máquinas para
axudarlles e ensinarlles a aprender. Esta é a tarefa do mestre.
Os docentes temos como obxectivo principal e primordial preparar ós
alumn@s para a vida, por iso debemos acercarnos ós seus intereses e
necesidades da sociedade, as súas características e os seus cambios. Non
debemos esquecer que os nen@s cando saen do colexio viven nun mundo
cheo de tecnoloxía que estimula a súa atención e que as estadísticas din
que o 80% dos futuros traballos aínda non os coñecemos pero que terán
que ver co mundo da tecnoloxía.
As TIC suporán unha ferramenta de traballo para mestres e alumn@s que
xogará un papel dinamizador, innovador e motivador dos procesos de
ensinanza-aprendizaxe. Esta dinamización fará que os alumn@s se sintan
partícipes da súa aprendizaxe, utilice medios mais atraentes para él que xa
lle resultan familiares.
O noso modo de traballo vai cambiar posto que se vai fomentar a
colaboración de profesores e alumn@s.
PROXECTO TIC CEIP CASÁS 2011/2012
5
Este proxecto o que pretende é ir incorporando no Centro de xeito
progresivo as novas tecnoloxías, dándolle un contido curricular e facilitando
ós alumn@s novas ferramentas de traballo, investigación, exploración e
razoamentos que complete na súa educación.
A integración das TIC no noso colexio, deberá proporcionar ó alumnado
unha adquisición de habilidades no manexo dos recursos informáticos, un
uso educativo do ordenador como ferramenta necesaria de aprendizaxe e
coñecemento e como unha fonte de información.
O noso colexio asisten alumn@s con un nivel económico medio ou medio-
baixo, e a maioría deles carecen de medios tecnolóxicos educativos no seu
fogar, e é o Centro o que posibilita o achegamento e a oportunidade de
usalos e de lograr que ese uso sexa axeitado para mellorar a súa
aprendizaxe e a súa educación.
O Centro tamén acolle a alumn@s de procedencia moi diversa. Unha
medida de Atención á Diversidade, é tamén achegar as TIC a este
alumnado, para que deste modo teña tamén acceso ás TIC.
A utilización dos novos medios tecnolóxicos está a ter unha
repercusión en toda a sociedade. A escola non pode permanecer á
marxe dos cambios que se están a producir para evitar un distanciamento
entre a unha e a outra, e consecuentemente favorecer a desmotivación
dos estudantes.
A educación hoxe ten que partir e adaptarse a esa nova realidade,
implicándose na solución dos seus problemas. Pensemos que debido ao
grande desenvolvemento que presenta a rede internet, a información
está ao alcance da man, sempre e case en calquera lugar. Cun simple clic
podemos acceder a enciclopedias, blog, sitios webs, foros, podemos
manter conversas con persoas que viven ao noso carón ou que se atopan
noutro extremo do mundo,... todo un mundo novo que se abre ante nós.
Pero como usuarios desta rede, non só podemos recibir información,
senón tamén transmitila, creala , compartila, sermos partícipes da
construción desa grande urbe da comunicación.
Polo tanto, as TIC convértense nun instrumento cada vez mais
indispensable nos centros educativos, ao ser:
PROXECTO TIC CEIP CASÁS 2011/2012
6
► Fonte de adquisición de información, con ordenadores
conectados a Internet.
► Facilitadoras do traballo de colaboración e do intercambio de
experiencias e ideas.
► Medio de expresión e de creación.
► Unha ferramenta para o traballo titorial do profesorado.
► Xestor eficaz dos recursos do centro: Biblioteca, Videoteca,
xestión académica, etc.
► Recurso interactivo para a aprendizaxe. Os materiais didácticos
multimedia informan, adestran, proporcionan simulacións, guían
aprendizaxes, motivan...
► Medio lúdico e para o desenvolvemento psicomotor e cognitivo.
► Novos contornos virtuais (en liña) de aprendizaxe que,
aproveitando as posibilidades das TIC, ofrecen novos modelos para o
ensino e a aprendizaxe libres das restricións que impoñen o tempo e o
espazo no ensino presencial.
► Novas necesidades de formación do profesorado. O profesorado
precisa dunha actualización didáctica que lle axude a dominar e integrar
os instrumentos tecnolóxicos na súa práctica docente.
► Facer constar que xa hai profesor@s que están formados no
uso e manexo dalgunhas das ferramentas que se integran nas TIC.
► Que tódalas aulas dispoñen dun ordenador, un cañón e unha
pantalla así como conexión a Internet.
PROXECTO TIC CEIP CASÁS 2011/2012
7
2- SITUACIÓN ACTUAL DAS NOVAS TECNOLOXÍAS NO
CENTRO.
O Centro, coa nova dotación enviada pola Consellería de Educación, conta na
actualidade cos seguintes recursos informáticos:
• Aula de informática: 17 ordenadores para alumn@s, 1 ordenador portátil
para o profesorado, unha impresora, un scanner, un encerado dixital, unha
cámara web, un proxector, 1 ordenador adicado a páxina web. Tódolos
ordenadores dispoñen de altofalantes e auriculares con micrófono.
• Biblioteca: 2 ordenadores, 1 impresora, 1 proxector teito, 1 pantalla
enrollable, 1 dvd, 1 vídeo, 1 equipo de son.
• Dirección: 1 ordenador, 1 impresora, 1 fax, cámara de vídeo, cámara de
fotos.
• Xefatura de Estudios: 1 ordenador, 1 impresora.
• Secretaría: 1 ordenador, 3 impresoras, 1 scanner.
• Departamento de Orientación: 1 ordenador, 1 impresora.
• Sala de Profesores: 2 ordenadores, 1 impresora, 1 scanner.
• Aulas de Infantil: 6 ordenadores, 1 portátil, 6 proxector, 2 encerados
brancos, 4 pantallas enrollables.
• Aula de AL: 1 ordenador, 1 impresora.
• Aula de PT: 1 ordenador, 1 impresora.
• Aula de Autismo: 1 portátil, 1 ordenador, 1 pizarra dixital, 1 proxector.
• Aulas de primaria: 8 ordenadores, 8 proxectores, 4 encerados brancos, 4
pantallas enrollables.
• Aula de inglés: 1 televisor, un vídeo, un dvd, un retroproxector, 1 ordenador,
1 encerado branco, 1 proxector, 1 pizarra dixital.
PROXECTO TIC CEIP CASÁS 2011/2012
8
• Aula de música: 1 televisor, 1 dvd, 1 equipo de son, 1 ordenador, 1
proxector, 1 pantalla enrollable.
• Aula de Relixión católica: 1 ordenador, 1 proxector, 1 pantalla enrollable.
• Aula de Relixión evanxélica: 1 ordenador.
Temos conexión wifi en tódalas dependencias do centro.
No curso 2010 foi concedida finalmente a web dinámica que se está a utilizar
pola maioría do profesorado que colga os traballos ou actividades dos seus
alumn@s. Coa creación desta páxina o que se pretende é a comunicación dos
membros da comunidade escolar a través do correo electrónico e da posible
creación de diferentes blogs dedicados a distintas áreas e cursos. O que se
pretende é a participación de profesores, alumn@s e demais membros da
comunidade escolar a través da inserción e publicación de traballos, debuxos,
contos, relatos curtos, poemas, fotografías, vídeos... Ademais a páxina informa
da organización e funcionamento do centro, novas do colexio tanto a nivel
administrativo como académicos, celebración programadas polo centro,
programas educativos das distintas áreas do currículo, suxestión de libros de
lectura recomendados pola biblioteca...
No tocante á participación do profesorado nas TIC só unha pequena parte do
Claustro utiliza á aula de informática e carécese dende hai dous anos de clase
de informática por carecer dunha persoa encarga de elo, pero algúns dos nenos
acoden con certa regularidade a dita aula coa axuda dalgún profesor@, ademáis
agora ó posuir ordenador, proxector, pizarra e internet nas aulas o uso das novas
tecnoloxías prodúcese tódolos días nalgunha das diferentes materias.
Con este proxecto o que se pretende é ampliar e mellorar o uso das TIC para
acadar unha utilización óptima destes recursos.
PROXECTO TIC CEIP CASÁS 2011/2012
9
3- REDE DO CENTRO E DISTRIBUCIÓN DA AULA DE
INFORMÁTICA.
PROXECTO TIC CEIP CASÁS 2011/2012
1
4- OBXECTIVOS DO PROXECTO
Os obxectivos fixados para unha plena integración das TIC no proxecto
educativo do centro nos distintos niveis:
- A NIVEL DA ADMINISTRACIÓN EDUCATIVA.
1- Unha coordinación e mantemento dos recursos TIC.
2- Apoio do equipo directivo e da Administración educativa, que na medida
das súas posibilidades facilitará recursos materiais e persoais.
- A NIVEL DE CENTRO.
1. Integrar o uso das TIC nas tarefas que se realizan no Centro, de modo que
tanto o profesorado como o alumnado as utilicen como unha ferramenta mais
nos procesos de ensinanza-aprendizaxe e sirvan como vehículo de
comunicación e acceso a información de todos en igualdade de condicións.
2. Xerar información de ida e volta con toda a Comunidade Educativa, a
través da páxina web, correo electrónico... do Centro.
3. Propoñemos a integración da informática, non coma un extra ou como algo
que chame a atención, senón como algo de uso común e diario que incide no
proceso de ensinanza- aprendizaxe.
4. Actitude favorable do profesorado. Será necesario que a aplicación
das TIC proporcione avantaxes e solucións que compensen con medras os
inevitables esforzos e problemas que leva o seu uso.
5. Alfabetización dixital do profesorado.
6. Dar un sentido claro, útil e axeitado a todos os recursos cos que conta o
centro (aula de informática, ordenadores nas aulas, Encerado dixital, conexión
wifi…) pois senón todos estes elementos deixarían de ter sentido e serían
subutilizados.
- A NIVEL DO PROFESORADO.
1. Proporcionar soporte técnico para a realización de programas formativos,
fomentando deste modo o traballo en equipo.
PROXECTO TIC CEIP CASÁS 2011/2012
1
2. Posibilitar o acceso á información contida na Rede: consultar información
profesional, lexislación, convocatorias, concursos...
3. Compartir experiencias, ideas, información con outros profesor@s a través
do correo electrónico, grupos de noticias, chat, blogs...
4. Utilizar as ferramentas informáticas para o traballo cotián e as actividades
da aula: programacións, actividades, controis, fichas...
5. Mellorar o uso dos medios tecnolóxicos por parte do profesorado,
aumentando o seu coñecemento, utilizando a aula de informática como recurso
habitual.
6. Conseguir a formación dos profesores en diferentes aplicacións
informáticas e programas adaptados aos distintos niveis e áreas.
7. Integrar no currículo a informática educativa, como ferramenta que
desenvolva e afiance no alumnado coñecementos adquiridos na aula.
8. Colaboración do profesorado na dinamización da páxina Web do Centro.
9. Dar a coñecer as novas ferramentas TIC entre o profesorado e as súas
posibilidades de desenvolvemento.
- A NIVEL DE ALUMNADO.
1. Potenciar o seu desenvolvemento cognitivo e aprendizaxe innovadora
mediante novos ámbitos que favorezan o desenvolvemento de habilidades,
destrezas e adquisición de coñecementos.
2. Impulsar o usa racional e crítico das TIC, capacitándoos para entender e
expresarse a través delas.
3. Desenvolver a capacidade de acceder, organizar, tratar información
mediante os novos medios informáticos. Aprender a buscar, seleccionar e valorar
a información na rede e usar esa información como recurso educativo.
4. Familiarizarse co uso do ordenador e cos diferentes programas de software
educativos desde infantil, que favoreza a súa aprendizaxe nas diferentes áreas
do currículo.
PROXECTO TIC CEIP CASÁS 2011/2012
1
5. Potenciar a integración do alumnado con NEE, manexando materiais
adaptados e flexibles.
6. Realizar actividades con procesadores de textos, presentacións, blogs,
actividades jclic, para encerado dixital... afondando nos contidos das diferentes
áreas.
7. Elaboración dalgún blog de aula por parte dalgún dos cursos.
8. Creación dunha wiki na que se colguen os traballos feitos.
9. Desenvolver a elaboración de traballos mediante a procura de información
a través de internet e de enciclopedias virtuais.
10. Favorecer a comunicación entre o alumnado do centro e do seu entorno,
mediante o uso do correo electrónico, chat, blogs, videoconferencia...
11. Responsabilizarse do bo uso da aula e dos medios tecnolóxicos
respectando as normas de funcionamento establecidas a fin de acadar unha
mellor e constante operatividade da aula e dos seus recursos.
12. Fomentar o uso da páxina de recursos educativos de edu.Xunta.es.
13. Formar ó alumn@ como cidadán do presente e do futuro adquirindo
destrezas no emprego destas ferramentas propias dos nosos tempos.
14. Desenvolver cualidades para o traballo en grupo.
- A NIVEL DA COMUNIDADE EDUCATIVA.
1. Fomentar a participación de toda a Comunidade Educativa nas actividades
a realizar no desenvolvemento do proxecto: revista do centro, páxina Web...
2. Desenvolver actividades nas que participe toda a Comunidade escolar do
centro: día do Libro, das Letras Galegas, saídas, Entroido, Nadal... usando as
NNTT para confeccionar artigos, carteis, animacións, vídeos, dípticos...
3. Mellorar a comunicación entre pais, profesorado e alumnado do centro e
con outros colexios a través da páxina Web, correo electrónico, chat, blog...
4. Amosar á sociedade unha aposta clara e concreta no visión metodolóxica e
didáctica adaptándose ás necesidades que a sociedade actual demanda.
PROXECTO TIC CEIP CASÁS 2011/2012
1
5. Achegar a escola á realidade social.
PROXECTO TIC CEIP CASÁS 2011/2012
1
5- DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO
� OBXECTIVOS A CURTO PRAZO.
� OS MESTRES.
� Aprender o manexo básico do sistema operativo e dos programas
educativos de software libre que se van a utilizar.
� Valorar as posibilidades que ofrecen as TIC para o labor docente: novos
recursos máis atractivos, intercambio de experiencias e innovación na
práctica educativa cotiá.
� Realizar experiencias concretas para o uso das TIC nas áreas e niveis
correspondentes.
� Facilitar a utilización das TIC na atención das NEE.
� Dinamizar a páxina web do centro, dotándoa de contidos mais próximos ó
alumn@ e facéndoa mais interactiva.
� Familiarizarse coa nova forma de aprender que o uso destes medios
achegan información virtual.
� Uso de comunidades educativas como medio de comunicación e
colaboración con outros docentes.
� OS ALUMNOS.
� Coñecemento de ordenador e as súas partes.
� Utilizar as posibilidades do ordenador como ferramenta e medio para
reforzar ou adquirir coñecementos ou habilidades.
� Utilizar software educativo adecuado ó seu nivel.
� Usar no traballo cotiá o procesador de texto.
� Navegar por páxinas web para obter información.
� Usar medios de comunicación: correo, chat, fax, videoconferencia.
� Desenrolar estratexias para a busca, selección e organización de contidos.
PROXECTO TIC CEIP CASÁS 2011/2012
1
� Coidar e facer un uno correcto do material.
� Creación dun blog de aula.
� Subida a páxina do centro ou o seu blog os seus traballos, presentacións,
fotografías, vídeos...
� Creación de textos e presentacións.
� Estimular a creatividade e a imaxinación.
� Busca de información na web.
� A COMUNIDADE EDUCATIVA.
� Dar a coñecer a toda a comunidade educativa en xeral, as dotacións
materiais e as actuacións que se leven a cabo a través das TIC,
propiciando unha apertura progresiva cara ós pais.
� Subida a páxina do centro tanto documentos como vídeos ou fotografías
que nos facilite dita comunidade.
PROXECTO TIC CEIP CASÁS 2011/2012
1
6- COMPETENCIA: TRATAMENTO DA INFORMACIÓN E
COMPETENCIA DIXITAL.
Cada centro educativo deberá elaborar e incluír no proxecto educativo de centro,
un plan de introdución das tecnoloxías da información e da comunicación que
implique un cambio metodolóxico e unha adaptación á realidade para o mellor
aproveitamento das posibilidades que as TIC ofertan. A aplicación das TIC ao
traballo da aula convértese nunha peza clave na educación e formación das
novas xeracións. A súa importancia social e o lugar preferente que ocupan xa na
vida dos nenos e das nenas, fai que deban estar presentes nos centros
educativos, de modo que aqueles adquiran os coñecementos e habilidades
necesarias para abordar con garantía de éxito a súa utilización nos contornos de
aprendizaxe, familiares e de lecer.
Trátase de que o alumnado, ao rematar a escolarización obrigatoria, acade unha
competencia dixital. Esta competencia consiste en dispoñer de habilidades para
buscar, obter, procesar e comunicar información, para transformala en
coñecemento. Incorpora diferentes habilidades, que van desde o acceso á
información ata a súa transmisión en distintos soportes unha vez tratada,
incluíndo a utilización das TIC como elemento esencial para informarse,
aprender e comunicarse.
Para que isto se poida poñer en práctica con garantía de éxito e de coherencia,
resulta necesaria a creación dun plan de introdución das tecnoloxías da
información e da comunicación no centro e na aula coa participación activa de
todo o equipo docente, que unha vez aprobado, se incorporará á programación
xeral anual de centro, e a súa avaliación, á súa memoria. Cada proxecto será
único atendendo ás características e ás posibilidades que se poden acadar tendo
en conta a situación xeográfica, o tipo de alumnado, a formación do profesorado
e as infraestruturas dispoñibles.
Deseñaranse unhas pautas para realizar un seguimento e avaliación do plan,
polo menos trimestral, polas persoas coordinadoras de ciclo e -en caso de
existir- pola persoa coordinadora do plan, que determinarán, se é o caso,
aspectos de mellora.
PROXECTO TIC CEIP CASÁS 2011/2012
1
Como marco para a elaboración deste plan de traballo, xúntanse as
características que se deben ter en conta para a súa elaboración:
* Estudo inicial do centro referido ás características de toda a súa comunidade
educativa. Poden recollerse aquí as iniciativas xa realizadas neste campo e mais
as expectativas e os intereses de cara ao futuro.
* Obxectivos que, a curto e longo prazo, se pretenden alcanzar, así como a
metodoloxía e actividades concretas que se aplicarán para acadalos. Deberán
incluírse iniciativas pedagóxicas innovadoras e cambios metodolóxicos que
redunden nun mellor aproveitamento das TIC nas aulas.
* Estratexias de coordinación do profesorado das distintas áreas e niveis
educativos.
* Utilización e aproveitamento dos recursos existentes no centro en beneficio do
proxecto.
* Organización dos espazos do centro.
* Fomento dos valores democráticos, tratamento da diversidade, atención ao
alumnado con necesidade específica de apoio educativo e medidas para
promover o acceso ás TIC en condicións de igualdade por parte de persoas dos
dous sexos e de diferentes condicións sociais.
* Uso da biblioteca escolar como centro de recursos multimedia para a obtención
de información e para a aprendizaxe.
* Plan de avaliación anual tendente a detectar os obxectivos acadados e os
incumpridos, así como as estratexias que deberán adoptarse para alcanzar os
non conseguidos.
* Detección de necesidades formativas do profesorado. Elaboración dun plan de
formación interno que permita difundir boas prácticas e aproveitar ideas e
coñecementos dos compañeiros e compañeiras docentes.
PROXECTO TIC CEIP CASÁS 2011/2012
1
* Medidas para difundir o proxecto entre o alumnado, as familias e a comunidade
educativa en xeral, de maneira que se fomente a súa participación nel.
Cada plan deberá recoller ademais os seguintes obxectivos xerais:
* Fomentar a páxina web do centro como espazo de comunicación e de
colaboración con toda a comunidade educativa.
* Coordinar a acción do profesorado de distintas áreas e materias en relación ao
traballo coas TIC.
* Facilitar o acceso a esta ferramenta por parte do alumnado con necesidades
especiais de apoio educativo e nas tarefas de apoio e reforzo de aprendizaxes.
* Impulsar a comunicación con outros centros e localidades, para coñecer e
transmitir valores sociais e de respecto doutros costumes e outras formas de
vida.
* Potenciar a capacidade de razoamento do alumnado, a súa motivación e o seu
afán de coñecemento.
* Fornecer ao alumnado estratexias para obter e xestionar a información
conseguida mediante o uso das TIC.
* Utilizar programas e contornos que faciliten a consecución dos obxectivos
propostos nas diferentes áreas do currículo.
* Utilizar o ordenador como medio de creación, de integración, de cooperación e
de expresión das propias ideas.
* Potenciar a comunicación cos seus iguais.
* Mellorar a proposta pedagóxica do profesorado e a súa práctica docente ao
aproveitar as posibilidades que ofrecen as TIC.
* Empregar as TIC para o traballo cotián e nas actividades de aula:
programacións, proxectos, explicacións, actividades...
PROXECTO TIC CEIP CASÁS 2011/2012
1
* Consultar e obter información a través das TIC, tanto para temas profesionais
como para experiencias interesantes para a súa actividade docente.
* Intercambiar experiencias, coñecementos, iniciativas... en diversas redes de
colaboración como a internet.
* Lograr a integración das TIC como medio dinámico de comunicación, de
maneira que se constitúan nun elemento común de información e de contacto
con todos os axentes do proceso educativo, facilitando a conexión entre eles.
* A través das asociacións de nais e de pais dos centros, poñer en marcha
mecanismos para aproveitar a infraestrutura tecnolóxica e favorecer a
adquisición por parte de nais e pais dos coñecementos necesarios para un uso
proveitoso das TIC.
* Favorecer a superación das limitacións de acceso ás TIC derivadas das
desigualdades sociais.
PROXECTO TIC CEIP CASÁS 2011/2012
2
7. ATENCIÓN A DIVERSIDADE MEDIANTE AS TIC.
Alumnado con NEE. É este un ámbito no que o uso do ordenador, en xeral,
proporciona maiores vantaxes. Moitas formas de diminución física e psíquica
limitan as posibilidades de comunicación e o acceso á información; en moitos
destes casos o ordenador, incluso con periféricos espaciais, pode abrir
camiños alternativos que resolvan estas limitacións.
Tratamento da diversidade. Os materias didácticos interactivos individualizan
o traballo dos alumnos xa que o ordenador pode adaptarse aos seus
coñecementos previos e ao seu ritmo de traballo. Resultan moi útiles para
realizar actividades complementarias e de recuperación nas que os
estudantes poden autocontrolar o seu traballo.
A interactividade, o desenvolvemento da iniciativa persoal, a
interdisciplinariedade, a aprendizaxe cooperativa, a mellora da xestión
académica, ou compartir recursos son outras características que definen a
estas tecnoloxías.
Tampouco debemos esquecer que as TIC son, en por si, motivadoras. O
alumnado acode con outra actitude cando debe buscar información ou
simplemente escribir nun soporte dixital que cando o fai sobre ou soporte
tradicional, é dicir, o papel. E o que nun primeiro momento pode semellar unha
grande demora ou unha perda de tempo (para un alumno iniciarse na escritura
cun teclado, por exemplo, é un proceso lento) convértese rapidamente nunha
adquisición de técnicas e habilidades que facultarán ao alumnado para futuras
aprendizaxes.
Ademais, os centros tamén deben realizar unha labor compensatoria das
desigualdades socioeconómicas dos estudantes, facilitando un acceso
preferente ás TIC aos alumnos e alumnas que non dispoñen delas na súa casa.
PROXECTO TIC CEIP CASÁS 2011/2012
2
8. FUNCIÓNS DO EQUIPO DINAMIZADOR DAS TIC NO CENTRO
• Coordinar e dinamizar a integración curricular das Tecnoloxías da Información
e a Comunicación no centro.
• Elaborar propostas para a organización e xestión dos medio se recursos
tecnolóxicos do centro.
• Supervisión da instalación, configuración e desinstalación de sofware.
• Asesorar ó profesorad@ sobre materias curriculares en soportes multimedia e
na súa utilización.
• Supervisar o equipamento e material informático do que se dispón e
actualizalo.
• Realizar cursos de formación.
• Realizar un análises das necesidades do centro e do profesorado.
• Clasificar por etapas, materias e contidos os distintos programas educativos,
direccións web e software proporcionado pola Consellería de Educación.
• Dar información acerca das TIC.
• Ampliar a aplicación de programas de diferentes áreas e campos de traballo.
• Apoiar ós titores na utilización da aula de informática para desenvolver
calquera actividade que desexen levar a cabo co alumnado.
• Utilizar o ordenador e o proxector de pantalla como elemento motivador nas
diferentes áreas.
• Fomentar a utilización de Internet por parte do profesorado.
• Utilizar o correo electrónico para recibir información e como medio de
comunicación entre o profesorado, outros centros, e a Administración.
• Participar, xunto con outros centros docentes, na experiencia do uso dos
medios informáticos para a elaboración e intercambio de materiais educativos por parte
do alumnad@.
• Propoñer a realización de todas aquelas reunións que se consideren
PROXECTO TIC CEIP CASÁS 2011/2012
2
necesarias.
• Dinamizar a páxina web do centro.
• Motivar e animar ao profesorado cara ao uso das NNTT
• Coordinar o traballo nas distintas áreas e ciclos.
• Resolver os problemas organizativos.
• Facilitar materiais.
• Elaborar e difundir o catálogo de recursos.
• Comunicar ao centro coa Administración educativa.
• Elaborar a documentación.
• O Coordinador é a persoa encargada de promove-lo uso das Tic en tódolos
niveis.
• Coñecemento e habilidade para instalar hardware e software e para reparar
danos menores.
• Axudar na elaboración de todo tipo de actividades TIC en relación con
calquera grupo de alumnos ou outros membros da comunidade educativa (festivais,
exposicións, actividades extraescolares, etc...)
FORMACIÓN DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DAS TIC.
Coordinadora: María Carmen Cancela Freire.
Equipo: María Carmen López Bonigno.
Concepción Martín Carrillo.
Ana Isabel Otero Carballal
Isabel Fernández Somoza
PROXECTO TIC CEIP CASÁS 2011/2012
2
9. AVALIACIÓN DO PROXECTO
O introdución das TIC na práctica docente supón todo un reto que necesita
ser avaliado e revisado de forma constante e por todos membros da
comunidade educativa, pero con especial relevancia polo profesorado e polo
alumnado.
AVALIAMOS :
� Obxectivos, contidos e actividades: grao de consecución e a súa
adecuación. Metodoloxía.
� Profesorado: Grao de implicación, formación e recursos utilizados. Os
materiais curriculares multimedia creados. Equipos informáticos: Avarías e
deterioros. Organización e planificación. Coordinación docente.
� Colaboración externa: Administración, CFR, Asesor informático,...
Cando avaliamos:
Avaliación inicial do profesorado en canto o nivel de formación nas TIC.
Avaliación continua dos alumnos en canto a consecución no nivel competencial
na utilización dos equipos e programas.
Avaliación final na práctica docente xa que a introdución das TIC supón todo un
reto que necesita ser avaliado e revisado de forma constante e por todos os
membr@s da comunidade educativa, pero con especial relevancia polo propio
profesorado e polo alumnado.
PROXECTO TIC CEIP CASÁS 2011/2012
2
10. PROPOSTA SOBRE NORMAS DE UTILIZACIÓN DAS TIC
E DA AULA DE INFORMÁTICA.
As propostas que propoñemos para o vindeiro curso son
� Utilización dunha maior parte da comunidade educativa dos recursos TIC.
� Debido a que tódalas aulas dispoñen de conexión wifi, e de que non hai unha
persoa responsable da informática como materia, o uso da aula de informática este
ano non se está levando a cabo.
PROXECTO TIC CEIP CASÁS 2011/2012
2
11. PREVISIÓN DAS MODIFICACIÓNS QUE DEBERÁN
REALIZARSE NO PROXECTO CURRICULAR DE
CENTRO E NO PLAN ANUAL PARA O
DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO.
Para próximos cursos prevense as seguintes liñas de actuación:
a- Establecer un plan estable dentro do PAC sobra aplicación das
TICs.
b- Modificar o Proxecto Curricular de Centro.
c- Formación do profesorado a través de cursos, grupos de traballo e
incluso proxectos de innovación.
d- Introducir nas programacións de ciclo e de aula as innovacións e
aplicacións que se utilizaran e se consideren útiles.
e- Compartir entre os profesor@s mediante os órganos de
coordinación docente, os resultados das experiencias realizadas na
aula.
f- Creación de actividades propias.
g- Creación de propias WebQuest e Cazas do Tesouro.