Post on 20-Feb-2016
description
RESUMO DA MEMORIA EXPLICATIVA DO PROXECTO DE “MELLORAS NA XESTIÓN DE INFRAESTRUTURAS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE MANZANEDA DESTINADAS A PUNTO DE TRANSFERENCIA DE RCD´S INERTES DE OBRAS MENORES E PLÁSTICOS AGRÍCOLAS ”
“ Proxecto de Melloras Infraestrutura Municipal de Transferencia de RCD´S e Plásticos Agrícolas no Concello de Manzaneda”
- Proxecto de Introdución de Melloras na Xestión de Infraestruturas Municipais do
Concello de Manzaneda destinadas a Punto de Transferencia dos Residuos
Plásticos Agrícolas e os RCD´s Inertes procedentes de obras menores”
As actividades que se van desenvolver dentro do prazo de execución do proxecto podémolas
dividir en tres tipos de actuacións, descritas secuencialmente no seguintes parágrafos:
- II.1 Eliminación e restauración de pequenos focos vertedoiros ilegais de RCD´S: limpeza, carga e transporte dos actuais residuos incontrolados ata planta de tratamento de
RCD´S autorizada, e acondicionamento e recheo con terra vexetal dos terreos para o
crecemento de vexetación autóctona da zona. Así como a colocación de cartaces
sinalando a prohibición de verter nesas zonas e informando do servizo e ubicación do
centro de transferencia proxectado.
- II.2 Execución das obras de construción do punto de transferencia: O proxecto do
punto de transferencia, comprende o ordenamento do proceso de descarga,
almacenamento temporal e retiro periódico por xestor autorizado dos RDCs procedentes
de obras menores e plásticos agrícolas, producidos no ámbito do Concello de Manzaneda.
O programa do proxecto ten en conta os seguintes usos e espazos destinados para os fins
propios do proceso antes descrito:
. Área de ingreso e recepción
. Área de descarga
. Área de colectores de RDC´S inertes non perigosos
. Área de Contenedor plásticos agrícolas
. Área de circulación vehículos externos
. Área de circulación camións do xestor
. Área control saída.
. Perímetro de area total
. Perímetro subarea almacenamento temporal.
. Caseta de control.
• Excavación e Acondicionamento: A primeira actividade que se realizara será o
acondicionamento da finca. Trátase de executar as tarefas de escavacion,
movementos de chans e nivelación. Aprovéitase a diferenza de nivel entre o camiño e
a estrada para diferenciar o área de ingreso e recepción.
• Muro de Contención e Dock: A diferenza de niveis dá forma ó peirao-dock
que estará contido por medio dun muro de mamposteria executado en pedra dunha
altura aproximada de 1,50 m a 1,80 de acordo á altura dos colectores metálicos que se
estacionarán no área de descarga.
“ Proxecto de Melloras Infraestrutura Municipal de Transferencia de RCD´S e Plásticos Agrícolas no Concello de Manzaneda”
• Peche Perimetral: A parcela estará delimitada ó exterior por medio dun cerco
perimetral de acordo a regulamento, combinado coa plantación de vexetación e
arboredo autóctono. Un segundo recinto, limita directamente a área de descarga e
controis, e resolverase cun cerco metálico-varanda anticaída nas áreas de diferenza de
altura. Finalmente nos ingresos e egresos proxéctanse portais metálicos de dimensións
acordes para o tránsito dos distintos tipos de vehículos autorizados
• Circulación ingreso-estacionamento: as circulacións de ingreso prevénse tratar con
pisos do tipo celosía formigón perforada de alta resistencia con sementeira nos seus
vacíos para amortecer o impacto visual. Xunto ó peirao reforzásese o encontro por
medio dun elemento garda roda.
• Área de descarga: o área de descarga estará situada no nivel inferior con acceso
directo á estrada de San Vicenzo para o ingreso dos camións que retiraran os
colectores cheos. Esta área delimitada polo peirao será pavimentada utilizando unha
mestura de asfalto con capacidade drenante e reforzo de formigón armado e raís de
ferro nas zonas de fricción e maniebra dos colectores metálicos.
o Caseta de Control: dispondrase dun área onde se monta unha caseta
prefabricada e removible, equipada cun área de sanitarios e unha oficina, con
autonomía no seu funcionamento.
o Iluminación do predio: proponse a instalación de farois de iluminación de
baixo impacto visual alimentadas por medio de paneis solares autónomos
montados en cada equipo.
o Sumunistro de Auga: proponse a instalación dun equipo de bombas para a
extracción de auga de rego e limpeza. Para a subministración eléctrica destes
equipos propoñemos a instalación de paneis solares e baterías de
acumulación, para a súa autonomía enerxética.
− II.3 Educación e Sensibilización/Compromiso Ambiental: O proxecto
complementarase ca redacción e aprobación de dúas Ordeanzas Municipais que
regulen estes aspectos: Ordenanza Municipal sobre Xestión de Residuos Plásticos
Agrícolas e Ordenanza Municipal sobre Xestión de RCD´s provenientes de obras
menores. Do mesmo xeito dentro do prazo de execución do proxecto realizaranse
medidas de educación e sensibilización/compromiso ambiental, en prol da prevención
e diminución na xeración de plásticos agrícolas e RCD´S e da divulgación do proxecto
e o acondicionamento das infraestruturas municipais destinadas á xestión destes
residuos