Post on 26-Sep-2020
RECICLA A TÚA FORMA DE VIDA
Colaborar na reciclaxe constitúe toda unha mostra de responsabilidade
coa protección do medio ambiente e, polo tanto, co benestar e calidade
de vida das xeracións actuais e futuras.
RECICLAXE: UN ACTO DE RESPONSABILIDADE E SOLIDARIEDADE
Espazos naturais con
residuos abandonados polo
ser humano.
¡Non o permitamos!
MIRA AO TEU ARREDOR E TOMA CONCIENCIA
Planifica e adquire únicamente o necesario.
Evita as compras compulsivas.
CONSUMO RESPONSABLE
Tirar produtos de utilidade ao cubo do lixo trae
consigo un importante derroche de recursos
(naturais e económicos).
* Un terzo dos alimentos que se cultivan no
mundo para o consumo humano acaban
desbotados.
* Fíxate na data de caducidade e data de
consumo preferente.
* Compra alimentos “feos” (teñen as mesmas
propiedades nutritivas que os “guapos”).
* Axusta as racións ao número de comensais.
* Aproveita as sobras para elaborar novos
menús.
REDUCE O DESPERDICIO ALIMENTARIO
Fóra bolsas plásticas dun só uso.
BOLSA PLÁSTICA? NON, GRAZAS
Reutiliza a túa propia bolsa ou fai uso do
tradicional carriño da compra.
Cambia aa forma de comprar. Recorre ao comercio
local e aos produtos de tempada.
Contribuirás á economía da túa contorna e á redución
das emisións de CO2 derivadas do transporte.
LOCAL E DE TEMPADA
Descarta artículos excesivamente embalados e con múltiples envases plásticos.
O envoltorio non forma parte do produto e, más cedo que tarde, acabará convertido
nun refugallo.
MENOS ENVASE E EMBALAXE
Reutilizar os obxectos permitiranos reducir a xeración de residuos.
As malas prácticas de usar e tirar deben quedar no pasado.
Imponse a circularidade dos produtos e o máximo aproveitamento dos mismos ata esgotar a
súa vida útil.
PRINCIPIO DE PREVENCIÓN: MÁXIMA A SEGUIR
CADA RESIDUO AO SEU CONTEDOR
Envases de plástico,
latas e briks Envases de vidro
Papel e cartón Fracción resto (non reciclable,
incluíndo elementos de protección
tales como mascarillas e luvas)
Ademais da súa planta de clasificación de envases
lixeiros (bolsa amarela), Sogama conta cunha planta
de recuperación de materiais contidos no lixo en
masa (bolsa negra) onde, a través de tecnoloxías de
última xeración (industria 4.0), consigue separar ata
11 tipos de materiais que non foron segregados en
orixe polos cidadáns para propiciar a súa
transformación en novos recursos.
SOGAMA: INDUSTRIA 4.0 PARA IMPULSAR A RECICLAXE
CONSTRUAMOS XUNTOS UN MUNDO MELLOR