Post on 29-Jul-2015
Temos máis de dous meses por diante para un ben merecido
lecer. Merecerán algúns libros que os leamos?
Desde a nosa Biblioteca coidamos que si.
É máis; coidamos que hai abondos libros que saúdan con
alegría a chegada do verán, pois así serán abertos e as súas
páxinas recibirán dous agasallos: o relax co que se pasan as súas
páxinas e a calor coa que os nosos ollos as percorren
Coas seguintes recomendacións desexámosvos un verán cheo de descanso e pracer (tamén pola
lectura)
Lembrade que podedes levar ATA 3 LIBROS
durante o verán, e que non teñen
por que estar incluídos nas
nosas recomendacións
E non esquezades que os debedes
coidar moi ben e que tedes que
TRAER DE VOLTA NOS
PRIMEIROS DÍAS DE SETEMBRO
El coleccionista de relojes extraordinarios, de Laura
Gallego García
Clásico relato de intriga, en el que Jonathan debe
encontrar el reloj Deveraux antes de 12 horas. El
objetivo: salvar el alma de su madrastra
O único que queda é o amor, de Agustín
Fernández Paz
Amor e desamor: as dúas caras do mesmo
poderosísimo sentimento aparecen nos personaxes
desta narración de Fernández Paz
A chamada da selva, de Jack London
A febre do ouro de finais do s. XIX en Alaska é o ambiente escollido por
Jack London para entonar un canto á necesidade que
o home ten de buscar a harmonía coa natureza
Relatos de lo inesperado, de Roald Dahl
Nunca suficientemente recomendado, esta
colección de relatos de Roald Dahl por momentos
fainos pensar, equivocadamente, no
doado que é escribir ben
Muerte accidental de un anarquista, de Dario Fo
Una obra de teatro magistral por sí misma,
pero también como denuncia de la razón de
Estado y de los abusos de poder que tiende a
cometer
O capitán Lobo Negro, de Xesús Manuel Valcárcel
Nesta escolma de narracións breves do autor lugués danse
cita presencias extrañas e forzas ocultas, mais tamén a
condición humana, tan proclive á crueldade e o
absurdo
O gatopardo, de Giuseppe Tomasi di Lampedusa
“Se queremos que todo siga como está, cómpre que
todo cambie”. Esta aparente contradicción
atopa todo o seu sentido neste clásico da Literatura
Universal (tamén recomendamos a película
de Visconti)
Momentos estelares de la humanidad, de Stefan
Zweig
Como dice el subtítulo, “Catorce miniaturas históricas”, catorce
acontecimientos de la Historia que han marcado
un antes y un después