Post on 07-Nov-2014
description
XORNAL DO C.E.I.P. “A SOLAINA”
Subvencionado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Nº 6-2013
6º A
XORNAL DO C.E.I.P. “A SOLAINA”
Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística
Equipo de actividades extraescolares
Nº 6-2013
6º B
1
RETALLOS COMENTARIO EDITORIAL
Comentario editorial ........................................................................ páxina 2
Aos nosos pais góstalles vir á escola (2)
Ciencias naturais ......................................................................... páxina 3
Os escorpións (3), O crocodilo do Nilo (4), O oso panda (5), O Teide (6)
Ecoloxía ........................................................................ páxina 7
O aforro de enerxía (7)
Reportaxes ....................................................................... ....... páxina 13
Visita a Ferrol do J. S. de Elcano (9), Unhas vacacións en Galicia (10), O barrio de Santa Icía (11), A nosa primeira
marcha ciclista escolar (12), Excursión a Santiago de Compostela (13), Ponte no seu lugar (14)
Costumes e tradicións ........................................................................ páxina 16
Noite de San Xoán (16)
Escritores ........................................................................ páxina 17
O escritor Anxo Fariña visita A Solaina (17)
Libros ........................................................................ páxina 18
Na clase de primeiro góstanos ler por moitas razóns (18), Coñeces o título deste conto (19), O neno do pixama
de raias (20)
Artes plásticas ........................................................................ páxina 21
Pintores galegos (21)
Música ........................................................................ páxina 23
Tola pola música (23)
Cómic ........................................................................ páxina 24
As letras galegas (24)
Colaboracións literarias ........................................................................ páxina 26
Os poetas de 2º E P (26), Nosa escola (27), O soño de Ariadna (28)
III Concurso de contos “Pasámolo de medo” ............................................... páxina 34
A bruxa malvada (30), Os nenos do cobertizo (31), As pantasmas de Halloween (34), O medo de Anxo (37), A
cabaza do Samaín (40), Pesadelo (41), O sofá (42), A estraña vella da pedra (43), Ai que medo (44), A luz (46)
Sociedade ........................................................................ páxina 47
Sinaturas ........................................................................ páxina 48
2
RETALLOS COMENTARIO EDITORIAL
Nenos e nenas de 1º B
Os nosos pais veñen axudar. Uns fan pasteis, outros
reciclan, píntannos, … Todos colaboran coa clase nos
traballos que facemos. Grazas a todos, e que saiban que
aprobarán porque fixeron ben os deberes …
3
RETALLOS CIENCIAS NATURAIS
4
RETALLOS CIENCIAS NATURAIS
O crocodilo do Nilo
Os Aligatores, os crocodilos verdadeiros e o gavial, son especies de crocodilos
que apareceron no período Triásico e Cretácico hai 225 millóns de anos.
Todas as especies de crocodilos teñen a mesma técnicas de caza.
Os crocodilos son intelixentes e teñen o corazón parecido ao noso.
Os crocodilos na épocas dos dinosauros cazaban peixes e dinosauros pero
agora todos os crocodilos cazan peixes , crustáceos, animais grandes e paxaros.
O crocodilo do Nilo non caza moluscos só caza animais con pezuños e peixes.
Algúns saltan para coller paxaros.
Teñen inimigos: as anacondas , as pirañas e nosoutros.
Quedan poucos crocodilos pero estámolos protexendo.
Javier Dacosta Felgar. 3º A
5
RETALLOS CIENCIAS NATURAIS
O OSO PANDA
O panda xigante é un carnívoro pero
se alimenta case por completo de
caña de bambú. De vez en cando,
obteñen proteínas de insectos,
pequenos mamíferos e ovos.
O panda come durante máis de 12
horas ao día. Inxire 40 Kg de bambú
de ata 30 especies diferentes.
Ao chegar a primavera , os machos
compiten por unha femia fértil .
Despois duns 135 días de xestación,
a nai da a luz a unha cría e si ten
dúas, elixe a máis apta e abandona
a outra.
A cría vive dous anos coa súa nai
que o a aleita durante o primario
ano de vida.
Características dos osos panda
O panda xigante mide entre 1,60 e
1,90 m. O seu peso oscila entre 70 e 125
Kg.
O panda xigante é un animal
pacífico, solitario e moi vulnerable.
A súa pelaxe é densa con pelos
protectores externos de 10 cm de longo.
Cor branca e negra. A súa cor é
negra nas orellas, parches dos ollos, fociño, lombo, ombros e tamén de
cor negro as súas patas. O resto do seu corpo é de cor branco.
Ten 40 dentes. Cada mandíbula aloxa oito premolares, catro molares,
seis incisivos e dous caninos.
Máis pequena : a femia ten un tamaño equivalente ao 80% do macho.
Ainhoa Bayolo Castro. 3º A
6
RETALLOS CIENCIAS NATURAIS
O TEIDE
O Teide é un volcán situado na Illa
de Tenerife (Gran Canaria).
O Teide forma parte do Parque
Nacional do Teide, declarado
Patrimonio da Humanidade pola
UNESCO o 28 de xuño de 2007.
É un volcán de cono composto, ten
unha altitude de 3.718 m. A súa
última erupción foi en 1978.
Entre abril e maio do 2004
producíronse uns 200 pequenos
sismos na illa.
Icía Becerra González. 3º A
7
RETALLOS ECOLOXÍA
O AFORRO DE ENERXÍA
É unha práctica empregada para
diminuír o uso da enerxía pero co
mesmo resultado.
Isto conleva un aforro económico e
mellora medioambiental.
O día de aforro da enerxía é o 5 de
marzo.
Aforrar enerxía na casa
Elixir un electrodoméstico de
baixo consumo.
Usar auga quente só cando
sexa necesario.
Manter pechada a porta da
neveira.
Utilizar a lavadora e o
lavalouzas mellor cheo para
non ter que poñelo máis
veces.
Utilizar a calefacción só cando
sexa necesario a unha
temperatura adecuada e ter
as ventás ben pechadas para
que non se escape a calor.
Usar bombillas de baixo
consumo.
Apagar a luz onde non se vaia
utilizar.
Mellor usar luz natural que a
artificial.
Utilizar o coche só cando sexa
necesario e tamén usar o
transporte público cando sexa
posible.
8
RETALLOS ECOLOXÍA
Fontes de enerxía renovable
Existen fontes de enerxía renovables
que proveñen da natureza e non
contaminan:
Enerxía azul: a chegada de
masa de auga doce a masa de
auga salgada.
Enerxía eólica: o vento
Enerxía xeotérmica: a calor da
terra
Enerxía hidráulica: a dos rías e
as correntes de auga doce.
Enerxía maremotriz: os da
mar e océanos.
Enerxía solar: a do Sol.
Enerxía undimotriz: a das
olas.
Laura Fernández. 3º A
9
RETALLOS REPORTAXES
VISITA A FERROL DO J. S. de ELCANO
O venres, 15 de febreiro, entrou no porto de Ferrol o Buque Escola da Armada,
o Juan Sebastían de Elcano, que é un Bergantín_Goleta que serve para instruír
aos oficiais da Armada. É un dos poucos Buques Escola a vela que ten catro
mastros e que deu a volta ao mundo varias veces.
Leva a bordo arredor de 350 persoas e ten todos os servizos de cociña,
lavandería, panadería, quirófano, etc… para poder pasar largas tempadas no
mar sen ter que entrar en porto.
Subín a bordo co meu pai e como el navegou nese barco en 1973, foime
explicando todas as cousas que íamos mirando.
Tamén, visitamos a Fragata Almirante Juan de Borbón. É moi fermosa, pero o
que min o que máis me gustou foi o J.S. de Elcano. Para min é o barco máis
fermoso que visitei nunca.
Fixen unhas fotos que gardarei como recordo da visita do barco que, creo,
levaba 16 anos sen entrar no porto de Ferrol.
Tiven moita sorte de poder visitalo xunto con outras moitas persoas que o
fixeron.
Arantxa Balanz Pita. 3º A
10
RETALLOS REPORTAXES
Unhas vacacións en Galicia.
Eran as seis da mañá e escoitei a
miña nai. Lidia érguete que
marchamos!. E ese día nos íamos de
vacacións a Galicia. Eu estaba moi
ilusionada xa que me contaran que
Galicia era unha terra máxica.
Meus pais queríanme levar a ver
moitos sitios: as praias, os faros, os
bosques, a catedral de Santiago e
moitas cousas máis.
En Santiago visitamos a catedral.
Encantoume!. Era moi grande e moi
bonita. Despois fomos uns días a
Sanxenxo para descansar. Alí
coñecín uns nenos que eran de
Asturias e nos fixemos amigos.
Un día paseando pola praia
atopamos unha botella e dentro
había un mapa. Era o mapa da praia
de Silgar!. Tiña escritas unhas
instrucións e nós seguímolas ao pé
da letra.
O mapa levounos ata unhas rochas e
alí…
SORPRESA!
Había un bote e dentro había
cunchas, pedriñas, unha estrela de
mar e outra nota:
“Quen atope este bote e sexa tan
valente de abrilo será feliz para
sempre”.
Teño que dicir que o que poñía a
nota era verdade, xa que os meus
amigos e mais eu fomos moi felices
ese verán.
Hei de recoñecer que meus pais
tiñan razón…
GALICIA É UNHA TERRA MÁXICA!
Amada Molina Toimil. 3º B.
11
RETALLOS REPORTAXES
O BARRIO DE SANTA ICÍA
Santa Icía é un barrio do concello de
Narón, situado preto da Ría de
Ferrol. As rúas son estreitas e
curtas. Algunhas teñen beirarrúas
amplas . Os seus edificios son altos,
pero non superan as alturas de
cinco vivendas. Son construcións de
bloques de formas e cores
diferentes.
En Santa Icía destaca o seu colexio,
o C.E.I.P. A Solaina, un edificio
grande con pavillón , tamén destaca
o colexio Ayala. Este barrio ten
tamén unha gardería municipal.
Os primeiros domingos do mes faise
o feirón onde se pode mercar roupa,
calzado, alimentos e tamén se pode
comer o polbo, churrasco e churros.
Santa Icía ten un apeadeiro de tren
que se chama Santa Icía onde se
sobe bastante xente.
Dende a miña casa vese un río
chamado río Inxerto. Nel fixeron un
paseo e este inverno como choveu
tanto o río desbordouse e fíxose un
pequeno lago onde viñeron uns
patos silvestres. Toda a xente que
pasaba por alí miraba para eles. Eu
baixei un día co meu avó a tirarlles
unhas migas de pan. Os patos eran
de cor branco e marrón. Coa
chegada do bo tempo, apenas hai
auga.
Gústame moito o meu barrio!
Icía Becerra González. 3ºA
12
RETALLOS REPORTAXES
A NOSA PRIMEIRA MARCHA CICLISTA ESCOLAR
Erguinme da cama e o primeiro que fixen
foi asomarme á fiestra. Que ben! Facía bo
día!
Na fila estábamos todos moi contentos
porque para nós era a primeira saída en
bicicleta cun montón de nenos doutros
colexios como o Ayala e o Virxe do Mar.
Saímos os nenos de terceiro a sexto da
Solaina e fomos cos nosos mestres e
mestras e con algúns familiares ata o
centro comercial Alcampo para reunirnos
cos demais colexios. Tamén nos
acompañaron o Clube de Fogeteiros e a
Policía Local.
A marcha foi ata o paseo de Xubia. Alí
aparcamos as nosas bicicletas e déronnos
un bocadillo e un refresco para coller
forzas para a volta. O alcalde deunos un
discurso dándonos as grazas por participar
na educación viaria e animounos a seguir
estudando para ter un futuro mellor.
Despois, puxéronnos música para bailar.
Estabámolo pasando moi ben e de súpeto
empezou a chover e tivemos que volver ao
colexio.
De volta ao colexio estabamos todos
mollados pero a min non me importou
porque paseino xenial. Ademais, regresar
ao colexio custounos un pouco máis
porque había máis costas pero aínda así
conseguímolo.
Ao longo do paseo tivemos algún
accidentes e caeron algúns nenos, mesmo
a algún lle rompeu a bici.
Foi un día moi divertido e xa me tarda que
chegue a Sétima Marcha Ciclista de Narón.
Alumnos e alumnas de 3º C
13
RETALLOS REPORTAXES
EXCURSIÓN A SANTIAGO DE COMPOSTELA
O pasado martes 30 de marzo de 2013
foi un día inesquecible. Fomos visitar
Santiago de Compostela.
Saímos ás nove da mañá para o
autobús e, unha vez dentro, falamos
cos amigos e escoitamos música ata
chegar a Bonaval. Alí merendamos
rapidamente e dirixímonos ao C.G.A.C
(Centro Galego de Arte
Contemporáneo) e visitámolo cunha
guía.
Pouco despois , fomos comer na
Alameda e mercamos xeados.
Dirixímonos logo á catedral e
visitámola por dentro e por
fora.Despois, algúns, mercaron
recordos para eles e para os seus
familiares.
Despois de visitar a catedral, decidimos
pasear polas rúas que estaban preto.
Ao final, fomos ao Museo do Pobo
Galego e subimos polas famosas
escaleiras de caracol.
Despois de facer todo isto, saímos no
autobús ás seis da tarde e chegamos a
Narón as sete e cuarto. En resumo: foio
un día moi especial.
A miña opinión persoal: o C.G.A.C. Non
me gustou moito, xa que era un pouco
aburrido. Pero alí gustoume facer o
obradoiro de churros de
gomaespuma.Tamén me gustou o
Museo do Pobo Galego, pero, sen
dúbida, o que máis me gustou desta
excursión foi estar cos meus amigos,
falar e xogar con eles. Eu fun con Iván,
Cecilia e Saray.
Alumnos e alumnas de 5º B
14
RETALLOS REPORTAXES
PONTE NO SEU LUGAR
Hai unas semanas, chegou a
Solaina, como cada ano, o grupo
``PONTE NO SEU LUGAR´´.
Este grupo esta formado por
persoas cunha discapacidade, que
coa axuda dunha charla e tamén de
diferentes probas fixéronnos
comprender mellor cal é a vida e as
dificultades destas persoas.
Os nenos de 6º saíron ao patio. Alí
esperábanos os compoñentes do
grupo, con todo xa listo para
comezar. Comezaron cunha charla,
nela contáronnos a vida de
diferentes persoas e a súa rutina
diaria, facéndonos comprender que
o noso contorno non esta moi
preparado, por exemplo, para
persoas que van en cadeiras de
rodas, tamén limos unas normas,
por así chamalas, e dereitos que ten
esta xente con algunha dificultade,
cando acabaron puxéronlle ao nos
profesor un traxe que simulaba ter
80 anos, tiña que telo posto todo o
tempo.
Despois da charla, dividíronnos en
grupos, uns irían as cadeiras de
rodas e outros poñerían vendas e
serían cegos por uns intres, despois
cambiaríanse.
15
RETALLOS REPORTAXES
Despois de poñerlles as vendas os
nenos elixirían a un compañeiro
para que lles axudase, como un
guía, entramos no colexio e subimos
as escaleiras ata chegar a nosa clase,
xa alí fixéronnos poñer no encerado
o noso nome e tamén identificar uns
obxectos simplemente empregando
o tacto, unha tarefa bastante
complicada, xa abaixo quitámonos
as vendas e fomos ás cadeiras de
rodas, montamos nelas e fixemos un
percorrido polo patio do recreo,
pola rúa, o pavillón e o interior do
colexio.
Finalmente xuntámonos cos outros
compañeiros e subimos á clase, nela
escribimos a nosa opinión do
sucedido, fixemos chapas
personalizadas e déronnos uns
bonitos agasallos, finalmente limos
un poema e despedíronse de nós,
todos tiñamos un sorriso no beizo
polo ben que o pasaramos, foi algo
inesquecible.
Ana Hernández. 6º A
16
RETALLOS COSTUMES E TRADICIÓNS
NOITE DE SAN XOÁN
Un neno chamado Xoan foi a
casa dos seus avós e cando
escoitou o nome da festa de
San Xoán dixo : que coincidencia
porque el tamén se chamaba
Xoán. E que se deixaran de dar
voltas para poder prender o lume.
E cando o lume prendeu o
empezaron a saltar cantando esta
canción: “Salto o lume de San
Xoán para que non me trabe nin
cobra nin can”. Tocoulle ao neno
e ao saltar esvarou, fíxose dano
e comezou a chorar. A súa avoa
cando rematou de curarlle a ferida
díxolle : ``para que esas lagrimiñas
paren de caer iremos a recoller
as flores e herbas que lle dean
cheiro a auga como: as rosas, a
raíña Luísa, o romeu , lavanda …``
Pola noite Xoán puxo a auga nun
sitio onde lle dera a lúa chea.
Ergueuse cedo porque quería
lavar a cara con todo o que
collera . Cando lavou a cara
quedoulle o cheiro tan
marabilloso todo o día.
Icía López Ramudo. 3ºB
17
RETALLOS ESCRITORES
O ESCRITOR ANXO FARIÑA VISITA A SOLAINA
O día 17 de abril de 2013 ,ás nove e
media, Anxo Fariña, escritor e
debuxante, veu ao colexio da
Solaina a dar unha charla aos nenos
de 5º e 6º. Foi na nova biblioteca da
escola onde estivo cos rapaces e
rapazas , e os seus titores e titoras.
Anxo é un ilustrador,
ademais de escritor,
moi bo. Xa publicou
mais de corenta
libros. Anxo parecía
moi simpático ( a
moitos nenos
caeulles ben).
Aparentaba ter
arredor de corenta
anos de idade. Este
escritor vigués
estudou na Facultade de Belas
Artes.Contounos que publicou o
seu primeiro libro aos once anos de
idade.
Ao colexio veu porque todos limos o
seu libro “Os Megatoxos e o
Aprendiz de Druída“ e gustounos
moito. Este libro xurdiu porque
nunha aposta cun amigo (a que se
podía escribir un libro de calquera
cousa ) este amigo mandoulle unha
foto dun toxo.
Anxo púxose a escribir no seu
estudio, pero non lle saía nada. Foi
nunha cafetería ,con todo o ruído,
onde empezou a xurdir a idea e alí
seguiu escribindo, porque no seu
escritorio non lle saían as ideas. E
así fixo os Megatoxos.
Durante a súa
exposición no cole, fixo
algúns debuxos para o
cole e tamén díxonos
dunha páxina web para
ver debuxos. Pensamos
que debuxa XENIAL!!!
Deunos consellos e dixo
que para escribir só
había que ter moita
imaxinación. Un dos
seus debuxos asinado xa
está enmarcado na
biblioteca nova.
Anxo rematou logo dunha hora e
cuarto, aproximadamente, e antes
de se ir, asinou nun libro moi
especial que hai no cole , onde
todos os autores que veñen deixan a
súa dedicatoria.
Este acontecemento foi moi
agradable para todos , ata para
Anxo( que recibiu un regalo)
Pensamos que Anxo é un escritor e
un ilustrador moi bo.
Alumnos e alumnas de 5º B
18
RETALLOS LIBROS
Alumnos e alumnas de 1º B
19
RETALLOS LIBROS
20
RETALLOS LIBROS
O neno do pixama a raias
Esta historia trata dun neno de 9 anos chamado Bruno, e a súa irma Gretel de
12 anos. Viven coas seus pais os que Bruno chama "Madre e Padre" e María e
Lars (a criada e o mordomo)
Na historia tamén inflúen Martín, Karl e Daniel, os amigos da alma de Bruno o
protagonista.
Todo comezou unha mañá na que Bruno volvía da escola cara a casa... de
súpeto viu a María remexendo nos seu cuarto; Lars estaba moi nervioso,e
madre ia sentarse no comedor. Padre estaba traballando e Gretel aínda non
volvera da escola.
Todo iso lle parecíalle tan raro a Bruno que foi a falar coa súa nai (moi furioso e con ton desagradable xa que ninguén tiña dereito a remexer nas súas cousas) e menos María, esa criada que sempre andaba coa cabeza baixa.
Despois dunha longa charla con Bruno, Madre intenta convencer ao seu fillo de que... tiñan que mudarse a Ouvichs e era boa idea, xa que o seu pai tiña que facelo por problemas de traballo.
A verdade e que... toda a familia viaxaba a "Ouvichs", esa cidade tan descoñecida. Bruno estaba moi triste xa que tiña que deixar atrás aos seus mellores amigos, a súa aburrida escola (porque aínda que fora aburrida tiña moitos recordos alí) e sobre todo a súa casa, a súa bonita casa na que dende unha grande ventá podíase ver todo Berlín.
Pero ante todo estaba orgulloso, respectaba o traballo do seu pai e calou a boca.
Finalmente, xa en Ouvichs Bruno coñeceu a nova cidade e a Shmuel un novo amigo co que no futuro desenvolvería unha amizade plena. E aínda que pola ventá só se vise unha granxa chea de granxeiros cun pixama a raias e un valado todo ao redor, aínda que non houbera con que xogar, Ouvichs e esa estraña granxa ocultaban algo...
Nerea Cendán López e Antía Corral Casas. 6º A
21
RETALLOS ARTES PLÁSTICAS
PINTORES GALEGOS
Co motivo do certame de Intercentros 2013 os nenos e nenas de Ed. Infantil
traballaron, como vimos facendo dende hai varios cursos, distintos aspectos da
cultura galega. Nesta ocasión prestamos atención a diversos pintores galegos :
LEANDRO LAMAS MARUJA MALLO
“Escola dos sentimentos” “Dúas máscaras”
3 ANOS A 3 ANOS B
GONZALEZ COLLADO
“Gaiteiro azul”
4 ANOS A
22
RETALLOS ARTES PLÁSTICAS
PINTORES GALEGOS
Utilizando distintas técnicas e materiais fixemos a nosa propia adaptación
destas obras .
LUIS SEOANE
“A árbore”
4 ANOS B
JORGE PETEIRO SEGURA TORRELLA
“Calamar Sada” “Os allos”
5 ANOS A 5 ANOS B
Educación Infantil
23
RETALLOS MÚSICA
TOLA POLA MÚSICA
Había unha vez unha nena que se
chamaba María e estaba tola pola
música! porque tocaba a gaita e a
zanfona.
O seu pai practicaba con ela e lle
ensinaba as pezas dos instrumentos.
Un día o seu pai mandoulle ao
gaiteiro máis famoso un vídeo sobre
María no que tocaba a zanfona. E ao
final escolleuna para o concerto.
María foi ao concerto e pasouno
moi ben. E o 17 de xaneiro foi a que
lle fixeran unha entrevista no diario
de Ferrol. Agora está desexando que
chegue o fin de curso para o estreo
da banda de gaitas dirixida por
Daniel Bellón.
María. 3º A
24
RETALLOS CÓMIC
25
RETALLOS CÓMIC
Zaira Piñeiro. 6º B
26
RETALLOS COLABORACIÓNS LITERARIAS
OS POETAS DE 2º E P
NOSA TERRA
Nosa terra é Galicia,
nela nós vivimos.
Noso pobo é Santa Icía,
cheo de paz e ledicia.
En Galicia hai moitos bosques,
cheos de animais.
Prados, praias, ríos e montes
que a diferenzan das demais.
A comida en Galicia
é moi popular,
comemos o polbo
e o marisco do mar.
As grandes festas desta terra
son moi especiais,
as gozamos con ledicia
e cada día veñen máis!
Nenos e nenas de 2º A
27
RETALLOS COLABORACIÓNS LITERARIAS
Nosa escola
Nosa escola de Narón, mola mogollón;
ten un director chamado Antón e nenas e nenos “a montón”.
Nosa clase é divertida
e tamén algo “movida”, pero aprendemos un montón
con ledicia e ilusión.
Nosa profe nos aprende, nos dirixe e nos corrixe, xuntos somos un equipo que pode quitarche o hipo.
Limos lemos,
debuxos facemos, decoramos a clase
con actividades e arte.
Noso cole é A Solaina, nosa clase a de segundo e ningún a cambiaría por nada do mundo.
Nenos e nenas de 2º B
28
RETALLOS COLABORACIÓNS LITERARIAS
O SOÑO DE ARIADNA
Xoves 31 de xaneiro de 2013
Ola, son Ariadna Lorenzo Serantes e esta noite tiven un soño do máis peculiar.
Personaxes: Ari, Olga, Iara, Ana H, Antía A, Antía C, e Claudia.
Éramos unhas cazadoras de monstros, estábamos na estrada de Castela
buscando unha casa que dicían que estaba encantada. Cando a encontramos
instalamos no chan un detector para detectar monstros, de repente deunos
unha sinal.
Iara buscando detrás duns arbustos deu coa porta que levaba ao sitio de onde
viña a sinal, abriu a porta, estaba todo escuro.
Ana mirou o plano da casa e viu que nese soto había un símbolo de morte, Ana
chamoume:
-Ari, mira isto.
-¿Qué pasa?- respondinlle eu.
Fun e vin o signo, e empecei a gritar:
-Iara, Iara, non entres aí, é perigoso.
-Non vai pasar nada, confía en min.- díxome.
E entrou, sentamos a esperar. E mentres tanto...
Iara camiñaba polo soto á luz da súa lanterna, pero do que non se deu conta foi
de que alguén a seguía.
Seguíaa ¡un vampiro!
Mentres no exterior...
Estábamos preocupadas por Iara, así que decidimos chamala ao móbil, pero o
único que oímos foi un grito de socorro, pero ese non era o noso maior
problema, rodearanos un exército de vampiros, entón instalamos un chip no
29
RETALLOS COLABORACIÓNS LITERARIAS
chan que formou unha cúpula da que podían saír os nosos disparos pero non
podían entrar os seus. De repente soou o teléfono... era Iara. Descolguei.
Se queredes volver a ver a vosa amiga entregádevos, cazadoras. dixo o
misterioso vampiro que seguía a Iara.
Que che dean. dixo Olga.
De pronto saíu un tornado da cheminea da casa, era o vampiro que nunha das
súas mans levaba a Iara maniatada, que atou á cheminea da casa e cun xesto
desvaneceuse o exército de vampiros.
Lanzamos un gancho a unha ventá entreaberta e empezamos a trepar, a
primeira que subiu foi Olga, que inmediatamente se escondeu detrás da
cheminea.
Despois subiron Antía C, Ana e Claudia.
Cando intentamos subir Antía A. e eu, cortounos a corda unha gárgola que se
foi a durmir á súa mecedora, pero Antía e eu quedáramos K.O. e Ana esvarou
no tellado e por pouco cae, de non ser por Antía C. e Claudia tería caído, o
vampiro deu a volta para tiralas e Olga aproveitou para desamarrar a Iara,
Antía A, e eu espertamos e lanzamos outro gancho, subimos e axudamos a
subir a Ana. Iara que tiña calor desabrochou o abrigo e deixou á vista o escudo
do Madrid, o vampiro empezouse a derreter, Olga intentou facer o mesmo co
escudo do Barça pero reviviuno, e volveuse a derreter ao ver o escudo do
Madrid, que acabou con el, igual que co seu exército, que volvera. Gañáramos!
Ariadna Lorenzo Serantes. 6º A
30
RETALLOS III CONCURSO DE CONTOS “PASÁMOLO DE MEDO”
4 anos A
31
RETALLOS III CONCURSO DE CONTOS “PASÁMOLO DE MEDO”
OS NENOS DO COBERTIZO
32
RETALLOS III CONCURSO DE CONTOS “PASÁMOLO DE MEDO”
33
RETALLOS III CONCURSO DE CONTOS “PASÁMOLO DE MEDO”
4 anos B
34
RETALLOS III CONCURSO DE CONTOS “PASÁMOLO DE MEDO”
35
RETALLOS III CONCURSO DE CONTOS “PASÁMOLO DE MEDO”
36
RETALLOS III CONCURSO DE CONTOS “PASÁMOLO DE MEDO”
5 anos A
37
RETALLOS III CONCURSO DE CONTOS “PASÁMOLO DE MEDO”
38
RETALLOS III CONCURSO DE CONTOS “PASÁMOLO DE MEDO”
39
RETALLOS III CONCURSO DE CONTOS “PASÁMOLO DE MEDO”
5 anos B
40
RETALLOS III CONCURSO DE CONTOS “PASÁMOLO DE MEDO”
A CABAZA DO SAMAÍN
Había unha vez unha nena chamada Isabella que quería facer unha cabaza para
o Samaín. Quería facela moi fea e saíulle horrorosa.
Foise a durmir moi contenta coa súa cabaza rematada.
Pola noite espertou e viu diante dela a súa cabaza dun xeito que metía medo:
ha... ha... ha.
Isabella estaba moi asustada e comezou a chamar a seus pais a berros:
mamá...! papá...!
Pero ninguén acudía á súa chamada. Estaba soa, e a cabaza acercábase cada
vez máis a ela cos ollos vermellos, a boca moi aberta e cuns dentes afiados e
enormes. Isabella estaba morta de medo pero aínda tivo máis medo cando viu
un esqueleto ao lado da cabaza movendo todos os ósos.
Berrou moi forte e pechou os ollos. Entón notou uns golpes na cara e, cando
abriu os ollos, viu a súa nai dicíndolle: Isabella, esperta que estás tendo un
pesadelo.
Isabella Casas Cándida. 1º A
1º Ciclo de Educación Primaria: 1º Premio
41
RETALLOS III CONCURSO DE CONTOS “PASÁMOLO DE MEDO”
PESADELO
Unha vez eu paseaba polas rúas e, de súpeto, do chan, saíu... un esqueleto
vivinte!
Veu cara min e corrín á miña casa. Entrei no portal, e, cando pensaba que xa
estaba a salvo, o esqueleto atravesou a porta e dixo: ha... ha... ha!
Eu levei un susto de morte!
De súpeto comecei a escoitar un pitido moi molesto: pi... pi... pi... Cada vez
máis forte e máis molesto.
Que sería ese estridente son?
Entón caín na conta de que... era o meu espertador!
Todo fora un pesadelo.
Ángel García López. 1º A
1º Ciclo de Educación Primaria: Accésit
42
RETALLOS III CONCURSO DE CONTOS “PASÁMOLO DE MEDO”
O SOFÁ
Había unha vez un neno que nunca quería estudar. Unha tarde que os seus pais
tiñan que saír a facer un recado, dixéronlle:
-Carlos, tes que ser responsable e estudar este anaco porque mañá tes un
control e bastantes deberes.
-Si mamá. Vouno facer.
Os seus pais confiaron nel e marcharon tranquilos, pero Carlos tan pronto
pecharon a porta acendeu a tele e sentouse no sofá.
Un anaco despois Carlos, alucinado cos debuxos, quedou paralizado cando os
brazos do sofá o rodearon. Apertábano cada vez máis forte e notaba que o sofá
o tragaba. Quería erguerse pero non podía. Entón Carlos comezou a berrar.
Cando xa estaba morto de medo escoitou como os seus pais abrían a porta.
Entraron no salón e tirando polas pernas lograron sacalo.
Carlos prometeu estudar sempre, e ao día seguinte tiraron o sofá.
Noel Ferreira Balsa. 3º A
2º Ciclo de Educación Primaria: 1º Premio
43
RETALLOS III CONCURSO DE CONTOS “PASÁMOLO DE MEDO”
Anxo era un neno dunha pequena aldea que sempre voltaba do colexio polo mesmo camiño.
Un día, chegando a unha pedra que se atopaba na beira do camiño, viu unha vella co pelo branco e moi longo que berraba:
-Atrás, atrás ou a morte atoparás!!!!!
Anxo saíu correndo ata chegar a casa e, mentres contaba o que lle pasara aos seus pais, choraba co corazón preto de saírlle do peito.
Ao día seguinte, o pai de Anxo foi buscalo ao colexio. Facía moito vento e chovía. As árbores facían ruídos moi estraños e a noite escurecía o camiño.
Cando se atoparon preto daquela pedra escoitaron un berro que lles puxo a pel de galiña. Detivéronse, viraron a cabeza cara atrás e ... alí non se atopaba ninguén!!!!! Nese mesmo intre o vento arrincou unha árbore que caeu xusto diante deles.
Menos mal que non seguiran adiante porque ... estarían mortos!!!!!
Acercáronse moi despacio ata alí. Un estraño ruído saía da árbore...
A vella atopábase debaixo, morta, mais cos ollos moi abertos e fixos en Anxo, e que parecían dicir:
-ATRÁS, ATRÁS OU A MORTE ATOPARÁS!!!!!!!!!!!!!!!!!
Alejandro Rodríguez Fernández. 4º B 2º Ciclo de Educación Primaria: Accésit
44
RETALLOS III CONCURSO DE CONTOS “PASÁMOLO DE MEDO”
AI, QUE MEDO!!!
Un día calquera, de inverno, con frío e vento e moita brétema, en Santiago de Compostela, un venres 13, que din que da mala sorte, pero non creo.
Miña nai ese día tiña ganas de ir ver unha “peli” coas súas compañeiras de piso, María e Maica, e os compañeiros quedaran na casa estudando.
Despois de estar escollendo a “peli” durante un intre, decidíronse por... “Entrevista con el vampiro“.
Cando acabaron de ver a “peli”, viñan cheas de medo, respiraban forte do medo que tiñan. Despois de saír do cine foron comer a un restaurante Indio, e para ver se así se lles pasaba o medo, comeron guindillas!, así que agora non só tiñan medo, senón que lles picaba moitísimo a lingua!
Despois de beber auga, auga, e máis auga para que lles deixara de picar a lingua, decidiron ¡r para a casa.
Cando chegaron á casa entraron para dentro comentando o que pasara na película, de súpeto, miña nai ollou para o salón e viu unha figura dun home pendurada na porta como se estivese colgada, respiraban aínda máis forte, o medo paralizounas, empezaron a berrar, cada vez máis forte, pero nada, ninguén as socorría, así que se encerraron na cociña. De vez en cando ollaban para ver se pasara algo, pero nada, aquel home pendurado balanceábase un pouco cara os lados e elas seguían encerradas morrendo de medo, non se atrevían a mirar a ver que era aquilo, nin a saír ao pasillo e ir para os seus cuartos, nin a facer nada. Naqueles anos non había teléfono móbil, así que non podían pedir axuda. Ollaban pola fiestra, pero nada, ninguén pala rúa. Non sabían que facer... Que era aquilo? ... E os rapaces? ... onde estaban? ... Estaban durmindo? ...Ou? ... Aquel home pendurado, quen sería? Ai Deus! ... Que podían facer?...
Estiveron horas e horas cavilando, buscando unha explicación, sentadas no chan, coa espalda contra a porta da cociña para que ninguén puidera abrir desde fóra, acurrunchadas as tres, unha contra a outra. E así foi pasando a noite, ata que de madrugada deberon adormecer porque as espertou o ruído que facían os seus compañeiros mentres que se duchaban coa música a todo volume. E alí estaban elas, tras a noite en vela, sen saber se sufriran un espellismo. Ata que apareceu Mino, un dos compañeiros, que lles preguntou que facían alí, por que non foran a durmir para a cama. Elas comezaron a explicarse falando as tres á vez, así que o rapaz non entendía nada de nada. Por fin miña nai atreveuse a ollar para o salón, ademais agora había luz solar,
45
RETALLOS III CONCURSO DE CONTOS “PASÁMOLO DE MEDO”
Jajajajajajaja, botouse a rir. Resulta que o “home pendurado” era unha gabardina que un dos compañeiros puxera alí a secar.
Como se riron os rapaces delas, e elas tan enfadadas con eles...
Está demostrado que o medo pódeche facer ver cousas que non son verdade. Agora, no 2012, cóntamo miña nai e aínda se ri, e así será de xeneración en xeneración.
Ana Fernández Dosil. 6º A
3º Ciclo de Educación Primaria: 1º Premio
46
RETALLOS III CONCURSO DE CONTOS “PASÁMOLO DE MEDO”
A LUZ
Isto é una historia real que ocorreu en Castela e León hai moito tempo:
Érase una vez unha rapaza universitaria chamada Carla, que vivía nun apartamento coa súa compañeira preto do centro da cidade.
Unha noite Carla quedou co seu noivo Xoán para ir a cear e despois a unha festa. Ela maquillouse, peiteouse, vestiuse, colleu o bolso e saíu a fóra, onde a esperaba Xoán.
Xa no restaurante deuse de conta de que non levaba a carteira e decidiu ir a buscala, colleu un taxi e dirixiuse ao apartamento. Cando chegou, Carla colleu as chaves e abriu a porta, a luz estaba apagada e ela supuxo que a súa compañeira estaba durmida e para non espertala non acendeu a luz, simplemente acercouse á cómoda, colleu a carteira e foise.
Ao día seguinte, xa pola mañá, Carla chegou ao apartamento, pero ao chegar alí deuse de conta de que estaba todo acordoado e cheo de policías. Ela acercouse a un e preguntoulle:
¿Qué ocorre aquí? Pasou algo?
Si, á súa compañeira asasinárona.
Pero como pode ser iso!!! Exclamou ela.
Aínda non o sabemos, pero unha pregunta. ¿Estivo vostede aquí á noite?
Si, pero non vin nada raro...
Antes de que puidera acabar un policía interrompeuna:
Podería acompañarme? Dixo. Ela seguiu ao home, conduciuna ata dentro do dormitorio, xa alí díxolle:
Alguén deixou esta mensaxe escrita na parede para vostede.
Ela leuno e poñía:
“MENOS MAL QUE NON ACENDICHES A LUZ” Ana Hernández Rodríguez. 6º A
3º Ciclo de Educación Primaria: Accésit
47
RETALLOS SOCIEDADE
Coma todos os anos, aproveitamos o número anual da revista
do cole, a nosa RETALLOS, para despedirnos dos alumnos e alumnas de 6º. Ata sempre rapaces/as!
Ademais, e como recoñecemento especial, ilustramos a cuberta da revista coas fotos dos dous grupos de sexto.
Rapaces/as, moita sorte no instituto e na vida!
Tamén despedimos a varios Mestres e mestras: Lucía, Marian, Tamara, Iván, Vanesa, Chus, María e Nacho, que, despois de pasar este curso connosco, marchan, por suposto que de mala gana, a outro colexio.
48
RETALLOS SINATURAS
Nesta páxina podes gardar as sinaturas dos teus amigos e amigas.