Post on 14-Jun-2020
REUNIÓN DA COMISIÓN 5.ª, SANIDADE,
POLÍTICA SOCIAL E EMPREGO
Día: 19.11.2015 Hora: 10:30
RELACIÓN DE MEMBROS DE COMISIÓN 5.ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E
EMPREGOPOR ORDE ALFABÉTICA
Mesa
Vogais
PresidentaMarta Rodríguez Arias P
VicepresidentaMarta María Rodríguez-Vispo Rodríguez P
SecretariaMaría Remedios Quintas Álvarez S
María Carmen Acuña do Campo SJavier Dorado Soto PMaría Carmen Gallego Calvar SJaime Íñiguez Martínez PMaría Consuelo Martínez García MAurelio Alfonso Núñez Centeno PRosa Oubiña Solla PMaría Montserrat Prado Cores BNGMiguel Ángel Santalices Vieira PEva Solla Fernández AGEMiguel Angel Tellado Filgueira P
Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego
Día: 19.11.2015 Hora: 10:30
Orde do día
1. Proposicións non de lei en Comisión
Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego
Día: 19.11.2015 Hora: 10:30
Orde do día
1.1 30312(09/PNC-002516)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Díaz Pérez, Yolanda e Solla Fernández, Eva
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en
relación coa situación de parálise na que se atopan as obras
de reforma na residencia para persoas maiores de Caranza, na
cidade de Ferrol, e as súas repercusións para as persoas
usuarias, o persoal, así como a atención prestada no centro
Publicación da iniciativa, 381, 27.11.2014
Á MESA DO PARLAMENTO GALEGO
O Grupo Parlamentar da Alternativa Galega da Esquerda, por medio das deputadas
Yolanda Díaz Pérez e Eva Solla Fernández, ao abeiro do disposto no artigo 160 do
Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu debate
na comisión, relativa á situación da residencia de maiores de Caranza en Ferrol.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A denuncia da incapacidade da consellaría de benestar para atender axeitadamente as
necesidades das persoas usuarias da residencia de maiores de Caranza, na cidade de
Ferrol, formulábaa este grupo nunha iniciativa rexistrada a comezos de setembro.
Mediado novembro todo segue igual, ou o que é o mesmo, a cidadanía sufre a parálise
sen razón e sen data de reinicio das obras nese centro residencial.
Esa parálise impide cumprimentar reformas necesarias xa enunciadas nesa iniciativa
(melloras na accesibilidade, melloras no sistema de prevención de lumes, substitución
do sistema eléctrico, etc.,) e mantén nun estado deplorable diversos espazos das
instalacións da residencia. O estado dun centro envellecido e coas obras paralizadas
condiciona de xeito negativo a calidade de vida das persoas usuarias. A cidadanía
demanda unha resposta acerca desa paralización e das súas repercusións nun centro
que precisa dos investimentos para superar esas notables deficiencias.
Integrantes do noso grupo parlamentar comprobaron in situ a situación de parálise e as
eivas que lastran a cotidianeidade do traballo da plantilla e as condicións de uso e
habitabilidade das persoas usuarias: plantas inutilizadas polas obras detidas, solos
inadecuados, humidades, buratos, problemas de accesibilidade, falta de espazos, ou
mesmo a actual inutilización das escaleiras de incendios son algúns das eivas desa
galería de problemas que de cote ameaza a propia seguridade das persoas usuarias e
da plantilla de traballadoras e traballadores.
A deixación da Xunta a converte en responsable en tanto descoida un servizo público
da que é responsable. Non é a resposta axeitada desviar ao negocio privado as
necesidades e servizos públicos que se prestaban neste centro. Ao redor dunha
cincuentena de persoas xa foron desviadas a un centro privado cun custo económico
engadido para as arcas públicas. Mala xestión e desbaldimento dos recursos públicos
son outra vez a marca de fábrica da conselleira Mato.
Polo referido, o grupo parlamentar da AGE achega a seguinte proposición non de lei
para o seu debate na comisión:
- O Parlamento Galego insta á Xunta a dar as explicacións oportunas respeito a
parálise das obras na residencia de maiores de Caranza en Ferrol, e a incoar as
medidas oportunas polo incumprimento do contrato de adxudicación das obras,
outrosí de depurar as responsabilidades políticas que se derivan destes feitos.
- O Parlamento Galego insta á Xunta a garantir a seguridade das persoas usuarias
do centro e máis da plantilla e, xa que logo, pór fin a situación de inutilización
das escaleiras de incendios e demais eivas que firen a calidade e benestar dos
servizos públicos que se prestan no centro.
- O Parlamento Galego insta á Xunta a adoptar as medidas que permitan a
inmediata reanudación das obras e o seu remate no máis breve prazo de tempo
posible.
Compostela, 19 de novembro do 2014.
Asdo. Yolanda Díaz Pérez
Asdo. Eva Solla Fernández.
Asinado dixitalmente por:
Yolanda Díaz Pérez na data 19/11/2014 13:41:58
Eva Solla Fernández na data 19/11/2014 13:42:01
Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego
Día: 19.11.2015 Hora: 10:30
Orde do día
1.2 38230(09/PNC-003206)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Díaz Pérez, Yolanda e Solla Fernández, Eva
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia
en relación coas listas de espera existentes nas unidades de
reprodución asistida do Sergas
Publicación da iniciativa, 490, 02.07.2015
Á MESA DO PARLAMENTO GALEGO
O grupo parlamentario da Alternativa Galega da Esquerda, ao través das deputadas
Yolanda Díaz Pérez e Eva Solla Fernández, ao abeiro do disposto no artigo 160 do
Regulamento da Cámara, presenta a seguinte proposición non de lei para o seu debate
na Comisión V, relativa as listas de espera que se padecen nas unidades de reprodución
asistida do SERGAS.
Exposición de motivos
Nun país cunha situación demográfica regresiva e cun goberno que fala de promover a
a natalidade, incluso malgastando diñeiro público en campañas publicitarias,
atopámonos coa incoherencia de coñecer a saturación que se padece nas unidades de
reprodución asistida do SERGAS, cunhas listas de espera ateigadas ate o inaceptable a
causa tanto da insuficiencia dos recursos dedicados canto dos intereses espurios
favorables á converter un dereito na sanidade pública nun negocio na privada.
Malia que a sanidade pública contempla os tratamentos de reprodución asistida como
un dereito, hoxendía no SERGAS as listas de espera para poder acceder a un destes
tratamentos acadan un carácter disuasorio, con retrasos dunha magnitude inaceptable.
As unidades de reprodución asistida deben dar axeitada cobertura ás
aproximadamente 50.000 parellas galegas que sofren algunha problemática relativa a
esterilidade. Non falamos pois dunha problemática menor. Falamos dunha situación
que afecta a moitas persoas e o fai de xeito intenso, en algo da relevancia de ter unha
crianza.
A pesares da opacidade informativa da Xunta, presta sempre a ocultar o real da súa
xestión, publicouse nestes días informacións acerca dos retrasos inaceptables para
acceder a estes tratamentos. A lista de espera no CHUVI vigués alcanza os 22 meses
para a fecundación in vitro (FIV), e iso con 80 parellas agardando que se abra a axenda
do 2017 para apuntarse. Ou no hospital Materno da Coruña onde as mulleres que
solicitan cita na unidade de reprodución humana tardan un ano de media para verse co
especialista nunha primeira reunión.
Atrancos e esperas que se alían co límite marcado na sanidade pública para acceder a
estes tratamentos: 40 anos para a fecundación in vitro ou 38 para a inseminación
artificial de doante.
Apreciase un claro consenso relativo á falla de medios suficientes para atender á
demanda nos servizos públicos: vala o exemplo da unidade reprodutiva en Vigo,
concebida para realizar 150 ciclos de FIV cando vén realizando na actualidade 385.
Demanda que en parte ao non se satisfacer en condicións na pública é obxecto de
negocio no sector privado.
A outra das consideracións críticas pasa polo solapamento de intereses dado que hai
profesionais que compaxinan o seu quefacer na pública e na privada, o que supón que
se misturen dereitos e negocios co conseguinte prexuízo para as parellas que se
achegan o sistema sanitario público e non reciben en tempo a asistencia que precisan.
Cómpre salientar que un tratamento de reprodución asistida excede as posibilidades
económicas de moitas parellas que non poden desembolsar os varios milleiros de
euros que aparellan estas terapias.
Este grupo parlamentar xa analisou de xeito crítico a pésima asignación de recursos
públicos que supón pagar campañas publicitarias para animar a natalidade cando logo
se favorece a existencia de traballadores e traballadoras con contratos que non
permiten escapar das poutas da pobreza, cando faltan escolas infantís e outros
equipamentos públicos para que tarefas de reprodución social non resten derivadas de
xeito subsidiario nas mulleres.
O grupo parlamentar da AGE formula a seguinte proposición non de lei para o seu
debate na Comisión:
- O Parlamento Galego insta á Xunta a facer públicos os datos completos das
listas de espera nas unidades de reprodución asistida do SERGAS.
- O Parlamento Galego insta á Xunta a desenvolver as medidas necesarias para
superar as demoras inaceptables nas listas de espera nas unidades de
reprodución asistida, en particular o incremento do persoal e os recursos
económicos.
- O Parlamento Galego insta á Xunta a dispor con carácter de urxencia os medios
necesarios para axilizar as probas que se solicitan desde estas unidades para
determinar a causa da infertilidade e que, unha vez iniciado o proceso, o dilatan
no tempo de xeito insostible.
- O Parlamento Galego insta á Xunta a revisar as condicións nas que se pode
exercer a compatibilidade para que os profesionais desas unidades escollan
traballar na pública con dedicación exclusiva ou quedarse na privada.
- O Parlamento Galego insta á Xunta a abrir un proceso de revisión das idades
máximas para poder acceder na sanidade pública a estes tratamentos.
En Compostela, a 23 de xuño do 2015.
Asdo. Yolanda Díaz Pérez
Asdo. Eva Solla Fernández
Asinado dixitalmente por:
Yolanda Díaz Pérez na data 23/06/2015 14:54:33
Eva Solla Fernández na data 23/06/2015 14:54:38
Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego
Día: 19.11.2015 Hora: 10:30
Orde do día
1.3 39544(09/PNC-003323)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Gallego Calvar, María Carmen e 3 máis
Sobre as actuacións que debe realizar o Goberno galego en
relación coa rede de escolas infantís xestionadas a través do
Consorcio Galego de Benestar
Publicación da iniciativa, 511, 02.09.2015
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa das
súas deputadas e do seu deputado Carmen Gallego Calvar, Ricardo
Vicente Docasar Docasar, Carmen Acuña do Campo e María Quintas
Alvarez, a través do seu portavoz e ao abeiro do disposto no artigo 160 do
Regulamento da Cámara, presenta ante esa Mesa a seguinte proposición
non de lei para o seu debate en Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e
Emprego.
Exposición de motivos
A Xunta de Galicia xestiona na actualidade unha rede de escolas infantís a
través do Consorcio Galego de Benestar que para o ano 2016 pasarán a
Axencia Galega de Servizos Sociais.
Estas escolas, unhas construídas polo Goberno galego e outras polos
concellos, contan cun cadro de persoal maioritariamente interina do
consorcio, e que veñen desenvolvendo a súa actividade en moitas ocasións
sobrepasando as ratios establecidas do número de alumnos e alumnas, tanto
para o persoal docente como para o persoal non docente.
Nos últimos anos véñense producindo diversas queixas tanto do persoal
como dos pais e nais pola insuficiente dotación de recursos humanos,
cuestión que incide directamente na calidade do ensino e na atención ao
alumnado, sobre todo si o obxectivo é, como consideramos dende hai
tempo os socialistas, que estas escolas pasen a formar parte definitivamente
da propia Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Nos últimos tempos téñense producido: recortes en persoal coidador,
deficiencias na atención a nenos e nenas con diversidade funcional, recortes
nos cadros de persoal do profesorado, peches de escolas, incrementos nas
matrículas e nas listas de espera e mesmo dificultades do persoal interino
para situarse nos centros máis preto dos seus domicilios, cuestións que
producen un deterioro evidente do servizo público e que fai que as familias
acaben matriculando en centros privados aos seus fillos e fillas.
Nestes días tivemos tamén coñecemento que a Consellería de Traballo e
Benestar vai proceder a recortar máis persoal destas escolas infantís, e por
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
iso o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia presenta a seguinte
proposición non de lei para o seu debate en Comisión:
O Parlamento galego insta o Goberno galego a:
1. Incrementar progresivamente o persoal das escolas infantís de toda
Galicia ata acadar as ratios de persoal/alumno promedio no conxunto
do Estado nos vindeiros tres anos.
2. Traspasar as competencias das escolas infantís á Consellería de
Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Pazo do Parlamento, 4 de agosto de 2015
Asdo.: Carmen Gallego Calvar
Ricardo Vicente Docasar Docasar
Carmen Acuña do Campo
María Quintas Alvarez
Deputadas e deputado do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asdo.: José Luis Méndez Romeu
Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por:
Carmen Gallego Calvar na data 04/08/2015 10:00:22
Ricardo Vicente Docasar Docasar na data 04/08/2015 10:00:29
María del Carmen Acuña do Campo na data 04/08/2015 10:00:35
Maria Remedios Quintas Alvarez na data 04/08/2015 10:00:39
Jose Luis Méndez Romeu na data 04/08/2015 10:00:43
Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego
Día: 19.11.2015 Hora: 10:30
Orde do día
1.4 42420(09/PNC-003544)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat
Sobre a creación por parte do Goberno galego da categoría
profesional de persoal investigador dentro das categorías
estatutarias do persoal do Sergas
Publicación da iniciativa, 534, 14.10.2015
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.es
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa da
deputada Montserrat Prado Cores, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara,
presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Comisión, relativa á
estabilización como persoal estatutario do SERGAS aos investigadores do programa
Miguel Servet.
O Instituto de Saúde Carlos III, dependente do Ministerio de Ciencia e
Innovación, puxo en marcha en 1988 o programa Miguel Servet, para a incorporación a
tempo completo de persoal investigador aos centros dos Sistemas de Saúde. Este
programa ofrece axudas para a contratación por un período de cinco anos de
investigadores na área de biomedicina para incrementar o potencial de coñecemento
transferíbel á práctica clínica e facilitar a súa integración a través da liña de
estabilización do programa.
En Galiza estes/as investigadores/as fóronse incorporando aos nosos hospitais
desde o ano 1999, seguindo o procedemento que a Lei da Ciencia de 2011 contempla
como o camiño de acceso aos postos de investigador, dentro do cal está o programa
Miguel Servet. Este inclúe unha convocatoria inicial moi competitiva @s
investigadores/as que acceden a este programa deben ter unha traxectoria acreditada en
investigación biomédica, e a súa actividade debe enfocarse preferentemente á creación
de liñas de investigación independentes, aínda que tamén poden reforzar as previamente
existentes nos centros aos que se incorporan.
A Consellaría de Sanidade adquiriu o compromiso de estabilizar a tod@s @s
investigadores/as que superasen o programa, mais a día de hoxe esta estabilización non
se ten producido.
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.es
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Durante anos @s responsábeis do SERGAS mantiveron que a Axencia Galega
de Xestión do Coñecemento en Saúde ía ser o marco que se utilizaría para rematar con
esta situación irregular e abusiva, mais a creación da mesma deixa completamente fóra a
este grupo de investigadores/as.
O Bloque Nacionalista Galego apoia as reivindicacións de estabilización laboral
deste persoal investigador e a súa incorporación como persoal estatutario do SERGAS,
reivindicación avalada pola normativa vixente, en especial o artigo 109.1 da lei 8/2008,
de Saúde de Galiza que estabelece que o réxime xurídico de emprego no sector sanitario
público é o de persoal estatutario, polo cal presenta a seguinte proposición non de lei
para o seu tratamento en comisión:
“O Parlamento de Galiza insta ao Goberno galego á creación da categoría de
persoal investigador dentro das categorías estatutarias do persoal do SERGAS.”
Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2015
Asdo.: Montserrat Prado Cores
Deputada do G.P. do BNG
Francisco Xesús Jorquera Caselas
Portavoz do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.es
15702 Santiago de Compostela
Galiza
María Monserrat Prado Cores na data 05/10/2015 13:50:33
Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 05/10/2015 13:50:40
Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego
Día: 19.11.2015 Hora: 10:30
Orde do día
1.5 42702(09/PNC-003571)
Grupo Parlamentario Mixto
Martínez García, María Consuelo
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en
relación coa construción do centro de saúde de Salceda de
Caselas previsto no convenio asinado co Ministerio de
Agricultura o 7 de maio de 2012, a execución das solucións
técnicas indicadas para o actual centro e a ampliación do seu
cadro de persoal
Publicación da iniciativa, 539, 21.10.2015
GRUPO MIXTO
PARLAMENTO DE GALICIA
Parlamento De Galicia | PNC
1
Á MESA DO PARLAMENTO DE GALICIA.
O Grupo Parlamentar Mixto, a iniciativa da súa deputada Consuelo Martínez
García ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presenta a seguinte
Proposición non de lei para o seu debate en Comisión.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O Concello de Salceda de Caselas enviou, o 13 de maio de 2011, tras a súa
aprobación polo Pleno do concello o Certificado da Secretaría Municipal dos
acordos adoptados para a cesión gratuíta ao SERGAS da propiedade dunha
parcela para a construción do novo centro de saúde, e solicitaba comunicara ao
concello a súa aceptación.
O 15 de xuño de 2011, o Director Xeral da Administración Local envía escrito
que textualmente di “que esta Dirección Xeral dáse por informada da
tramitación do expediente e acusa recibo da súa comunicación e recepción”.
O Servizo de Patrimonio da Xunta solicitou copia compulsada da Certificación
do Rexistro da Propiedade de Tui do 3 de maio de 2011, e copia compulsada
da Certificación Catastral da mesma en base ao acordo adoptado pola
Xerencia Territorial do Catastro o 30 de Xuño de 2011.
Dende entón, tras máis de catro anos, o Consello da Xunta inda non aceptou a
cesión do ben, nin se dirixiu ao Concello para requirir máis documentación ou
seguir coa tramitación do Centro de Saúde.
O día 11 de xuño de 2012, publícase no BOE o convenio do 7 de maio entre o
Ministerio de Agricultura e a Xunta de Galicia para a Execución, Seguimento e
Avaliación das Accións incluídas nos Plans de Zonas e Subzonas Rurais. Neste
convenio estaba incluída unha partida de 1.745.634 euros destinada á
GRUPO MIXTO
PARLAMENTO DE GALICIA
Parlamento De Galicia | PNC
2
construción do Centro de Saúde de Salceda de Caselas, que sería asumida
nun 50% polo Ministerio con Fondos Europeos e no 50% restante pola Xunta
de Galicia.
Pero, segundo fontes da Consellería de Sanidade, o Centro de Saúde de
Salceda de Caselas está paralizado por problemas para financiar os 2.281.000
euros necesarios para a súa construción.
Cabe destacar que o Concello comprometeuse, no acordo Plenario do 12 de
maio de 2011, a asumir os gastos derivados da urbanización, os sistemas de
abastecemento de auga, saneamento, subministro eléctrico, alumeado,
telefonía, cable e gas natural.
Estamos a falar dun centro que a propia Consellería de Sanidade ten
cualificado como de Prioridade 1 xa que del depende a atención sanitaria das
8.890 veciños e veciñas de Salceda que inclúe unha poboación infantil de
1.527 nenos e nenas menores de 14 anos.
A sobresaturación do actual centro plásmase nas cifras:
Todos os médicos e médicas de Salceda teñen asignadas máis de 1.700
persoas.
A única pediatra atende a 1.350 nenos e nenas.
Ante a grave precariedade da asistencia sanitaria, o 24 de abril de 2015 o
Concello tratou coa Consellería a posibilidade de solucións a curto prazo. O
compromiso adquirido pola Consellería foi que en quince días recibiría o
Concello a resposta da unidade técnica. No mes de outubro, 6 meses despois,
o Concello segue á espera de dita resposta.
A cidadanía de Salceda de Caselas, impotente ante o desinterese e falta de
implicación da Xunta recolleu sinaturas co apoio de 39 asociacións sociais
municipais para reclamar as cuestións que se recollen na parte resolutiva desta
Proposición non de Lei.
GRUPO MIXTO
PARLAMENTO DE GALICIA
Parlamento De Galicia | PNC
3
Por todo o exposto preséntase a seguinte proposición non de lei para o seu
debate en comisión:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta a:
• Incluír nos orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2016 a partida
necesaria para a construción do Centro de Saúde de Salceda de Caselas,
dando cumprimento ao Convenio establecido co Ministerio de Agricultura
do 7 de maio de 2012 (BOE do 11 de xuño de 2012).
• Incluír nos orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2016 a partida
necesaria para a execución das solucións técnicas que se acorden para o
actual Centro de Saúde e que segundo o contrato de arrendamento son da
súa competencia.
• Remitir ao Concello a resposta da Unidade Técnica tras a súa visita o 24 de
abril de 2015 na que se especifiquen as solucións técnicas a adoptar.
• Ampliar de forma inmediata o cadro de persoal do actual Centro de Saúde
en horario de tarde, contando cando menos con un/unha pediatra, un/unha
enfermeiro/a e un/unha médico/a.”
Pazo do Parlamento, a 14 de outubro de 2015
Asdo.: Consuelo Martínez García Vicevoceira do G.P. Mixto do Parlamento de Galicia.
GRUPO MIXTO
PARLAMENTO DE GALICIA
Parlamento De Galicia | PNC
4
Asinado dixitalmente por:
María Consuelo Martínez García na data 14/10/2015 11:21:19
Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego
Día: 19.11.2015 Hora: 10:30
Orde do día
1.6 42786(09/PNC-003577)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat
Sobre as actuacións que se deben levar a cabo para a
dotación, no ano 2015, á comarca do Salnés dun servizo
permanente durante todo o ano e as vinte e catro horas do día
de, como mínimo, unha ambulancia medicalizada ou de soporte
vital avanzado
Publicación da iniciativa, 539, 21.10.2015
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.es
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa da
deputada Montserrat Prado Cores, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara,
presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Comisión, relativa á
necesidade de dotar á comarca do Salnés dunha ambulancia medicalizada de xeito
permanente
A demanda dunha ambulancia de soporte vital avanzado para a comarca do
Salnés vén realizándose practicamente, dende a inauguración do propio Hospital do
Salnés. Unha reivindicación que estivo a punto de converterse en realidade, mais coa
volta ao Goberno da Xunta do PP quedou pendente para o vindeiro concurso. Mais
chegou o vindeiro concurso e a ambulancia medicalizada para o Salnés non chegou. Por
iso, un grupo de técnicos de emerxencias sanitarias da zona do Salnés-Umia
capitanearon de novo esta reivindicación ao convocar o 061, a finais de novembro de
2014,un novo concurso para a contratación do servizo de transporte sanitario urxente
terrestre en Galiza e comprobar que nesa convocatoria non estaba a dotación para a área
sanitaria do Salnés dunha ambulancia de soporte vital avanzado.
As urxencias sanitarias que se produzan na comarca do Salnés no ámbito
extrahospitalario nos concellos de Sanxenxo, Cambados, O Grove, Meaño, Meis, A Illa
de Arousa, Vilanova de Arousa, Vilagarcía de Arousa e Ribadumia só contan con catro
ambulancias asistenciais de soporte vital básico, que son as que só contan cunha persoa
que conduce o vehículo e un/unha técnico-auxiliar. Estas ambulancias teñen as súas
bases en Ogrobe, Sanxenxo, Vilagarcía e Cambados.
A comarca do Salnés está por debaixo da ratio que establece a Organización
Mundial da Saúde para a dotación deste tipo de ambulancias, que establece que debe
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.es
15702 Santiago de Compostela
Galiza
haber unha por cada 25.000 habitantes. Estamos a ver como isto non é así: a ambulancia
que ten a súa base en Vilagarcía atende os concellos de Vilagarcía, Catoira e Vilanova
de Arousa, que ten unha poboación de arredor de 51.000 persoas; a que ten a súa base
en Cambados atende os concellos de Cambados, a Illa, Meaño, Ribadumia e Meis,
unha poboación de arredor de 31.000 persoas; é dicir, estamos a ver como hai unha
media dunha ambulancia por cada 41.000 persoas nesta zona.
A isto hai que engadir que a ambulancia de soporte vital avanzado máis próxima
ten a súa base en Pontevedra, e si ten que acudir esta ambulancia, no mellor dos casos,
tarda unha media de 30 minutos que se ve ampliada a 50 nos casos da Illa de Arousa ou
de Catoira; iso cando esta ambulancia non está ocupada e hai que chamar a que estea,
por exemplo en Vigo, co cal os tempos de resposta, as isócronas, multiplícanse.
Polo tanto hai unha ambulancia de soporte vital avanzado en Pontevedra que ten
que atender unha poboación de máis de 300.000 habitantes: toda a zona de Pontevedra,
parte do Morrazo, parte da zona de A Estrada-Deza e toda a comarca do Salnés, isto en
época normal, porque en épocas como a estival, esa poboación multiplícase, cando a
OMS recomenda que haxa unha por cada 120.000.
Segundo os propios datos aportados polo 061,as ambulancias de soporte vital
básico que operan no Salnés realizan uns servizos anuais que superan os 14.000. A isto
habería que engadir os servizos que fan as ambulancias de Protección Civil, tanto do
Concello de Vilagarcía como de Cambados; é dicir, uns medios a todas luces
insuficientes.
A isto que temos que engadir que o Hospital do Salnés non conta cunha UCI, a
pesares de ser un compromiso electoral do Partido Popular.
Na atención das patoloxías de gravidade o tempo é un factor esencial, polo cal
non é entendíbel que unha comarca tan ampla, con tanta poboación como a do
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.es
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Salnés,cunha alta densidade de poboación que se multiplica en épocas do ano,
especialmente no verán, cun porto de interese xeral, unha importante actividade
económica con potencial risco como é o traballo no mar e cunha alta sinistralidade
viaria non teña un hospital con UCI e non conte con ningunha ambulancia de soporte
vital avanzado, é dicir dotada cun equipo humano especializado, con persoal facultativo
e de enfermería e coa dotación de equipos necesarios para atender emerxencias de
gravidade.
É evidente que os recursos sanitarios existentes no Salnés non permiten a
atención de patoloxías de extrema gravidade, nin a maior parte das veces, prestar
asistencia médica in situ a doentes de extrema gravidade, nin asistilos con persoal
facultativo e de enfermería durante os traslados a un centro hospitalario, ao non contar
con ambulancia de soporte vital avanzado, nin ter UCI o Hospital do Salnés.
Sobran as razóns que xustifican a necesidade dunha ambulancia de soporte vital
avanzado para a comarca do Salnés, e non hai argumentos para xustificar o contrario,
nin sequera a falta de recursos económicos, xa que a Xunta de Galiza licitou en
novembro de 2014 o Servizo de Transporte Sanitario Urxente Terrestre de Galiza, que
non contemplou a dotación de ambulancia de soporte vital avanzado para o Salnés, esta
licitación contemplaba un importe de 121.652.000, mais a Fundación Pública
Urxencias Sanitarias de Galiza-061, adxudicou o mesmo por un importe inferior en ao
menos o 3%, isto supón un aforro de máis de 3 millóns de euros.
O BNG considera imprescindíbel esta dotación para non seguir a poñer en risco
a saúde e vida d@s veciñ@s da comarca, motivo polo cal presentamos a seguinte
proposición non de lei para o seu debate en comisión:
“O Parlamento de Galiza, insta ao Goberno galego a que:
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.es
15702 Santiago de Compostela
Galiza
A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galiza-061dote, no presente ano
2015, á comarca do Salnés dun servizo permanente, 24 horas ao día, os 365 días do ano,
de como mínimo unha ambulancia de Soporte Vital Avanzado, é dicir, dotada
permanentemente cun equipo humano composto por persoal facultativo e de enfermería,
especializado na atención sanitaria en situacións de emerxencias e dous/dúas técnicas en
transporte sanitario urxente.
Incluír para este fin unha partida orzamentaria suficiente nos orzamentos da
Xunta para o ano 2016.”
Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2015
Asdo.: Montserrat Prado Cores
Deputada do G.P. do BNG
Francisco Xesús Jorquera Caselas
Portavoz do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
María Monserrat Prado Cores na data 15/10/2015 09:24:33
Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 15/10/2015 09:24:39
Reunión da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego
Día: 19.11.2015 Hora: 10:30
Orde do día
1.7 43215(09/PNC-003628)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Acuña do Campo, María Carmen e 3 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Consellería de
Sanidade para a estabilización do persoal investigador do
programa Miguel Servet como persoal estatutario do Sergas
Publicación da iniciativa, 545, 04.11.2015
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa das súas
deputadas e do seu deputado, Carmen Acuña do Campo, Abel Losada
Alvarez, Carmen Gallego Calvar e María Quintas Álvarez, a través do
portavoz e ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara
presenta ante esa Mesa a seguinte proposición non de lei para o seu debate en
Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Sanidade.
Exposición de motivos
No ano 1998, o Ministerio de Sanidade e Consumo recoñeceu a necesidade de
aumentar a capacidade investigadora dos centros sanitarios cun cambio
cualitativo: a incorporación de doutores cunha experiencia probada en
investigación en Biomedicina e coa capacidade de establecer novas liñas de
investigación ou de reforzar as xa existentes dotándoas dunha maior
multidisciplina (BOE núm. 240, 7/10/1998, 33500-33503). Para facilitar este
cambio cualitativo, creouse un programa que se seguiu a desenvolver sen
interrupción e que se coñece como Programa de incorporación de
investigadores Miguel Servet. Este programa está xestionado polo Instituto de
Saúde Carlos III (ISCIII) e proporciona ás administracións das comunidades
autónomas unha serie de facilidades para que poidan levar a cabo a
incorporación destes científicos. Así, o ISCIII convoca unhas 40 prazas
anualmente, avalía aos candidatos, concede aos hospitais unha subvención para
contratar aos seleccionados durante un período que chega aos 10 anos se pasan
novas avaliacións aos 3 e 5 anos de estar no programa, e proporciónalles
financiamento para iniciar a súa investigación incluíndo a contratación de
persoal.
O éxito deste modelo e do seu equivalente fóra das institucións sanitarias, o
Programa Ramón y Cajal, fixo que se considerasen como os dous tipos de
contrato de acceso de investigadores ás institucións públicas na Lei da ciencia, a
tecnoloxía e a innovación (Lei 14/2011 de 1 de xuño).
En Galicia, a incorporación de investigadores Miguel Servet foise producindo
de forma continuada desde as primeiras convocatorias. O resultado considérase
un éxito, tanto desde os hospitais ou o ISCIII, como desde o Sergas e a
Consellería de Sanidade.
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
Na actualidade hai 25 investigadores nos hospitais da Coruña e de Santiago que
accederon a través deste programa. Estes investigadores contribuíron a avanzar
no coñecemento das enfermidades, a presentar patentes e a desenvolver técnicas
ou protocolos que poden mellorar a asistencia. Isto fixérono obtendo os recursos
económicos necesarios para o desenvolvemento dos seus proxectos e formando
persoas mozas licenciadas e doutores. Con todo, non se soubo como
estabilizalos. Logo de 17 anos desde que se iniciou o Programa aínda están
nunha situación provisional e anómala. A situación destes científicos está de
acordo ao regulado durante os primeiros 5 anos dos seus contratos. Este é o
período denominado período de incorporación ou de proba, no que o
investigador ten que demostrar a súa capacidade. Unha vez demostrada a valía,
deberíase pasar á estabilización pero non se fixo. Os investigadores que están
nesta fase en Galicia, 14 na actualidade, son persoal estatutario eventual do
Sergas con renovacións cada dous anos cando deberían estar estabilizados.
A necesidade de estabilización non só se deriva das normas legais xerais senón
que a Consellería de Sanidade comprometeuse a realizala en convenios co
ISCIII publicados no BOE en anos sucesivos.
Por todo iso, cremos que é necesario axudar á Consellería de Sanidade e o
Sergas a dar estabilidade aos investigadores do Programa Miguel Servet, por iso
o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia presenta a seguinte
proposición non de lei para o seu debate en Comisión:
O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego para que:
1º) Cree a figura profesional no Sergas que se podería chamar científico
sanitario titular, coas características adecuadas aos científicos que acceden
mediante o Programa Miguel Servet co previsto na Lei da ciencia: doutores con
experiencia en investigación biomédica que se incorporaron nunha convocatoria
pública e que superaron o período de incorporación demostrando a súa
capacidade en avaliacións realizadas de acordo con criterios profesionais e
regulados por esa mesma lei.
2º) Será requisito indispensable, previo para poder acceder aos procesos de
selección propios de esta categoría, ter superado a avaliación final realizada por
expertos externos denominada “Programa de Incentivación de la Incorporación
e Intensificación de la Actividad Investigadora” aplicado ao Sistema Nacional
de Saúde, o programa I3-SNS.
3º) Dote de prazas no réxime estatutario do Sergas para investigadores do
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
Programa Miguel Servet.
4º) Convoque un proceso de consolidación de postos de traballo para os
investigadores do Programa Miguel Servet en Galicia que deberían estar xa
estabilizados.
5º) Prevea a estabilización dos investigadores Miguel Servet de Galicia que están
na fase de incorporación ou de proba (primeiros 5 anos) mediante convocatoria
de concurso-oposición adecuado á natureza da súa categoría profesional. Isto é,
o concurso consistirá na avaliación do CV, a oposición en presentación e
defensa dun proxecto de actividade, e o tribunal estará formado de acordo coa
Lei da ciencia por expertos na área de coñecemento e unha participación mínima
da administración.
6º) Manteña aos investigadores do Programa Miguel Servet que superaron a
avaliación final do período de incorporación como científicos sanitarios titulares
en réxime de estatutarios interinos ata que se convoquen os procesos de
consolidación, ou de acceso mencionados, respectivamente, nos dous puntos
anteriores.
7º) Considere que ningunha das medidas indicadas nos puntos anteriores supón
un aumento real dos postos de traballo, pois todos estes investigadores están xa
traballando no Sergas.
Pazo do Parlamento, 29 de outubro de 2015
Asdo.: Carmen Acuña do Campo
Abel Losada Alvarez
Carmen Gallego Calvar
María Quintas Alvarez
Deputadas e deputado do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asdo.: José Luis Méndez Romeu
Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por:
María del Carmen Acuña do Campo na data 29/10/2015 14:11:00
Abel Fermín Losada Álvarez na data 29/10/2015 14:11:06
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
Carmen Gallego Calvar na data 29/10/2015 14:11:13
Maria Remedios Quintas Alvarez na data 29/10/2015 14:11:18
Jose Luis Méndez Romeu na data 29/10/2015 14:11:24