Post on 07-Apr-2016
description
SANDIÁSNúmero 12 Boletín informativo municipal Inverno 2003/04
Resultados electorais
P G-PSOEDE
Votos % 1999Concelleiros
803
284
61,2
21,6
O Partido Popular conservou a
alcaldía con maioría absolutaO Partido Popular gobernará o Concellode Sandiás ata o ano 2007, trala maioríaabsoluta acadada nos comicios munici-pais do pasado 25 de maio. Será este osexto mandato consecutivo como alcaldede María Concepción Méndez Gándara.O PP acadou 6 dos 9 concelleiros da Cor-poración municipal. O PSdeG-PSOE, condous, e o BNG, con un, comparten astarefas da oposición municipal.
O Obradoiro de Emprego, unha oportunidade para 30 veciños/asO Concello contribúe, a través doObradoiro de Emprego “San-diás”, á dinamización laboral,facilitando formación e traballo aveciños/as do noso municipio.Esta iniciativa facilita, asemade, arecuperación estética e funcionalde edificios do patrimonio popu-lar e municipal e de varias zonasverdes e recreativas. Sandiás ser-ve de exemplo así sobre os planosde promoción de emprego no me-dio rural.
Nadal Cultural
O Concello organizou actividades
culturais e lúdicas durante o
Nadal, dirixidas, sobre todo, ós
máis novos. Tamén o colexio pú-
blico celebrou o tradicional Fes-
tival para toda a co-
munidade educativa.
Investimentos
Unha partida importante do orza-
mento municipal destinouse a
gastos en bens correntes e servi-
cios. O capítulo de investimentos
volveu ser un dos
máis importantes.
209 15,9
Abastecemento
O proxecto de mellora do abaste-
cemento a Vilariño avanza cos
traballos de canalización dende o
Campo de San Nicolás ata Couso.
Novas captacións e
un novo depósito
servirán para subsa-
na-las deficiencias.
Centro de Información ó Agro GalegoNovo
902 112 000A resposta tela na túa man
Horario: 8 a 22 horas (lúns a venres).9 a 14 (sábados, domingos e festivos).Xunta de Galicia no plano de recollida selectiva de lixo
F
Reciclar é tarefa det o d o s
ColaColaborbora co noso concelloa co noso concello
Correo electrónico: concello.sandias@eidolocal.es
Páx. 3 Páx. 3
Infraestructuras
Nos últimos meses realizouse
unha ampla remodelación das pis-
tas da concentración parcelaria na
práctica totalidade do municipio.
Tamén se limparon
tódalas canles da
zona agrícola.
Páxina 2
Deputación Provincial, Xunta e Concello de Sandiás
colaboran en obras e proxectos municipais
❂
As infraestructuras públicas, a mellora dos servicios básicos e os programas de promoción
do emprego entre a noxa xente son bos exemplos da colaboración do Concello de Sandiás
con outras Administracións públicas. Para un municipio pequeno e limitado coma o noso
sería imposible acometer tantos proxectos sen o respaldo económico da Deputación Pro-
vincial de Ourense ou da Xunta de Galicia, e, nunha medida menor pero igualmente impor-
tante, do Goberno central, a través do Ministerio para as Administracións Públicas, e da
Unión Europea, por medio dos fondos de cohesión que chegan a esta comarca en forma de
programas como o Plan Leader Plus e o Interreg III, actualmente en vigor.
A colaboración da Xunta de Galicia é ben perceptible nas políticas de emprego, como
o Plan Labora, e diferentes subvencións para cubrir postos específicos na Administración
local, pero tamén nos proxectos de obras para mellorar servicios e infraestructuras. O
aporte da Deputación ó Concello de Sandiás realízase a través de subvencións, Planos
Provinciais de Obras e das brigadas da institución provincial.
Servicios e infraestructuras necesitan unha atención preferente
Edi tor ia l
O noso pobo ratificou por sexta vez consecutiva o pro-
xecto político para o concello de Sandiás encabezado por
María Concepción Méndez Gándara, e encomendoulle
as tarefas da oposición ó PSdeG-PSOE e BNG. Dende a
última cita electoral, abríuse un apaixonante período de
catro anos para que a nova Corporación traba-
lle aínda máis a prol da modernización do
noso municipio, e incidindo en todos
aqueles aspectos que, dun ou dou-
tro xeito, van contribuír a mello-
ra-la calidade de vida e o be-
nestar de tódolos nosos ve-
ciños e veciñas.
A dicir de moitos, nos
últimos anos, en Sandiás
leváronse a cabo moitos
dos proxectos de mellora
ou renovación de infraes-
tructuras e servicios que
demandaba a nosa xente.
Outros, pola contra, pensan
que aínda quedan cousas por
facer e que non son menos
importantes. Sen dúbida, todos
teñen razón. Partindo desta premi-
sa é a hora de traballar cóbado con
cóbado para facer realidade eses pro-
xectos ilusionantes que deben facilitar a tódo-
los pobos unhas boas redes de comunicación viaria e
uns servicios básicos acordes cos tempos que nos tocan
vivir. Tampouco deben esquecerse os nosos gobernantes
de propiciar programas que axuden á mocidade a buscar
traballo e ós maiores a vivir dignamente, como recom-
pensa xusta ó esforzo que desenvolveron durante moito
tempo e que, dalgún xeito, tamén incidiu no progreso
colectivo do noso municipio. A Educación, a Cultura e o
Deporte tamén deben merecer unha atención especial, e
que axudan a mante-los sinais de identidade do noso
pobo.
Coa implicación de todos, alcalde, conce-
lleiros e veciños, estaremos no bo
camiño para acadar esas metas de
progreso e modernidade ás que
aspiramos todos, para que
Sandiás non decaia e sexa
un lugar agradable para vivir
e sirva de exemplo de con-
vivencia.
Esta tarefa obríganos a
todos: ós veciños desta
fermosa terra, á hora de
plantexar iniciativas, e ós
nosos representantes pú-
blicos, como encargados de
canalizar esas inquedanzas e
darlles solución, xestionando
os recursos propios ou colabo-
rando con outras Administracións.
Neste obxectivo, tamén debe ter
parte activa a oposición, como garante
do funcionamento democrático do Concello,
e, dende un punto de vista constructivo, aportando pro-
postas e opinións para que as cousas se fagan da mellor
maneira posible. Unhas pautas que, lembradas moitas
veces, deben servir para que a institución municipal fun-
cione un pouco mellor cada día.
Páxina 3
Obradoiro de emprego “Sandiás”
Trinta veciños e veciñas aprenden novos oficios traballando
na recuperación do patrimonio e de zonas recreativas
Durante doce meses, ata finais de novembro de
2004, o Obradoiro de Emprego “Sandiás” cum-
plirá a súa función de dinamizador laboral, faci-
litando emprego e formación a 30 persoas, e de
recuperación do noso patrimonio, centrada na
restauración do forno de Vilariño, da área recre-
ativa e de dous lavadoiros en Couso, no ade-
centamento do forno de Sandiás, de tramos do
Camiño e da zona verde do albergue, melloras
das áreas recreativas de Pegas, Corga e Piñei-
ra, e diversas reformas no entorno da Torre, da
igrexa de San Estevo e na capela de Santa Ma-
ría. Un labor polo que apostou o Concello de
Sandiás, coa colaboración das Consellerías de
Asuntos Sociais e de Cultura da Xunta. O orza-
mento total, entre salarios e materiais de obras
contemplados no proxecto, é de 578.800 euros
(algo máis de 96 millóns de pesetas), dos que
91.593 € proveñen da aportación do Concello.
Ademáis dos 30 alumnos/as, distribuidos
nos módulos de cantería e xardinería, neste
Obradoiro participan un director, varios monito-
res, unha administrativa e unha profesora de
Educación Compensatoria (prepara ós traballa-
dores/as que non teñen titulación académica
para a obtención do Graduado en ESO).
Esta iniciativa do Concello de Sandiás tenta
mellora-la cualificación profesional da xente
que vive no medio rural, con máis de 25 anos
de idade e que estea inscrita nas oficinas do
INEM, en profesións xa tradicionais da nosa
terra e que teñen hoxe unha alta demanda e
boa cotización no mercado laboral.
O Concello de Sandiás segue apostandopola creación de emprego como unha dasliñas de traballo máis importante, xunto ámellora das infraestructuras e serviciospúblicos en tódolos pobos. A través dun
convenio coa Consellería de AsuntosSociais, Emprego e Relacións Laboraispuxo en marcha o Obradoiro de Emprego“Sandiás”, no que participan 30 persoas,maiores de 25 anos e inscritas nas ofici-
nas do INEM. O obxectivo é facilitarllescapacitación teórica e práctica en oficioscon futuro, ao tempo que realizan traba-llos de recuperación patrimonial emedioambiental.
Os dous módulos que
participan no Obradoi-
ro de Emprego teñen
unha acción coordina-
da e complementaria.
A experiencia dalgúns
dos alumnos/as foi
importante na realiza-
ción dos primeiros
traballos, como a lim-
peza dos fornos
comunais, a prepara-
ción da pedra e as
tarefas de limpeza e
adecentamento de
zonas verdes e recre-
ativas do concello.
Os alumnos/as, monitores e o persoal administrativo e directivo, xunto á rectoral de Sandiás.
De arriba caraabaixo, os alum-nos/as módulo decantería; traballosen pedra na parteposterior da Recto-ral, empregadacomo taller; e asalumnas do módulode xardinería.
Páxina 4
Corporación municipal de SandiÆs (2003-2007)
Mª ConcepciónMéndez Gándara
Serafín QuintasGonzález
María del CarmenFeijóo Seguín
P G-PSOEDE
Juan ManuelQuintas Lorenzo
P G-PSOEDE
Javier FernándezGómez
Alberto MansoManso
Javier MaríaCabrera Gómez
Manuel VázquezSantana
José TeijeiroFernández
Órganos, representación e áreas de goberno:
Comisión de Goberno: María Concepción Méndez Gándara,Javier María Cabrera Gómez (1º tenente de alcalde), ManuelVázquez Santana (2º tenente de alcalde) e José Teijeiro Fer-nández (3º tenente de alcalde).Comisión Especial de Contas: María Concepción MéndezGándara, Javier María Cabrera Gómez, Mari Carmen Fei-jóo Seguín, Juan Manuel Quintas Lorenzo, Javier Fernán-dez Gómez e Alberto Manso Manso.
Representantes na Mancomunidade de Concellos de A Limia:
María Concepción Méndez Gándara e María del Carmen Fei-jóo Seguín.Plan Leader Plus: María Concepción Méndez Gándara.Portavoces: María Concepción Méndez Gándara (PP),Juan Manuel Quintas Lorenzo (PSdeG-PSOE) e AlbertoManso Manso (BNG).Consello Escolar: Mª Concepción Méndez Gándara.
Alta participación
Sandiás rexistrou nas elecciónsmunicipais unha participación nasurnas superior á media da provinciade Ourense: 80,94%, fronte ó49,64% do cómputo dos outros con-cellos. Aínda así, o 25 de maio vota-ron 57 persoas menos que nos comi-cios de 1999, debido a un pequenodescenso no padrón e a unha menorincidencia do voto dos residen-tes/ausentes (voto por correo e dosemigrantes). A Sandiás correspón-delle 9 concelleiros en función donúmero de habitantes.
Catro novos concelleiros
Máis da metade dos concelleiroselectos o 25 de maio repiten nos seuscargos. É o caso de María Concep-ción Méndez, Javier M. Cabrera,Manuel Vázquez, José Teijeiro eSerafín Quintas. Son novos na Cor-poración María del Carmen Feijóo ,Juan Manuel Quintas, Javier Fernán-dez e Alberto Manso. Deixaron osseus cargos institucionais MarisolRodríguez Fidalgo (PP); José ManuelGómez Gómez e Antonio Peña Pérez(PSdeG-PSOE); e Manuel TravesoSantana (BNG).
2003
61,2
21,6 15,9
Porcentaxes electorais
Páxina 5
“Cabe agardar agora
unha boa colaboración
institucional con San-
diás por parte das
outras Administracións
públicas, como xa
aconteceu ata o de
agora, e unha perfecta
sintonía entre tódolos
membros da Corpora-
ción e os propios ve-
ciños e veciñas para
acadar esas metas
polas que moitos loita-
mos”.
Mª Concepción Méndez Gándara, alcaldesa“A consolidación de novos servicios e infraestructuras
en todo o municipio será clave nestes catro anos”
▲
O avance do Plan Xeral de Ordenación
Municipal cumpríu o trámite de exposi-
ción pública durante un mes.
O Plan Xeral de Ordenación Municipal contempla un decididoapoio ós agricultores de Antela e dúas zonas industriais
Os veciños e veciñas de Sandiás tiveron a oportunidade de consultar, do
12 de xaneiro ata o 12 de febreiro, o avance do proxecto do Plan Xeral de
Ordenación Municipal, unha vez que o requipo redactor o adaptou á nova
Lei do Solo de Galicia, antes de prosegui-la súa tramitación e aprobación
definitiva. Será o marco legal para legalizar antigas vivendas e a pauta a
seguir para as novas construccións, tanto de particulares, como de naves
industriais, etc. Tamén delimitará as zonas verdes e as de uso dotacional.
A filosofía que preside este primeiro Plan de Ordenación de Sandiás é o
de apoiar en todo o posible ós agricultures en activo. Proba delo son as
dúas zonas industriais nas proximidades do Canal de Antela, no límite co
concello de Xinzo. Unha destas zonas terá o carácter de agroindustrial e
servirá para moderniza-las naves agropecuarias, sobre todo as relaciona-
das co sector da pataca.
Corporación municipal de SandiÆs (2003-2007)
Pregunta.- ¿Cómo definiría a situación ac-tual do noso concello?Mª Concepción Méndez.- En xeral,
penso que é boa. Nos últimos anos traballou-
se moito en tódolos eidos para conquerir un
municipio con mellores servicios, e penso que
seguimos nunha boa liña. Os pobos están ben
dotados en canto a servicios e infraestructu-
ras, en xeral, polo que podemos comprobar e
o que nos din os propios veciños. Aínda así
recibimos algunhas queixas, case sempre por
cuestións puntuais ou particulares. Esto aní-
manos a seguir deseñando novos proxectos
para que a nosa xente viva mellor cada día e
para que se sinta orgullosa do seu concello.
P.- Agardaba o resultado das últimas elec-cións municipais.Mª Concepción.- Os veciños e veciñas
tiveron que decidir entre as tres opcións que
se lles presentaban e a maioría pensa que
as cousas están a facerse ben dende o Con-
cello. Como cabeza da candidatura máis
votada, estou contenta por esta confianza
que renovaron en nós por outros catro anos,
e convencida de que non imos defrauda-los.
P.- ¿Cales son os principais proxectos paraeste período?Mª Concepción.- Hai moitas iniciativas
importantes, que xa están en trámite, como a
posta en marcha do centro de interpretación da
lagoa, o Plan Xeral de Ordenación Municipal, o
Plan de Regadío que acomete a Xunta, o Obra-
doiro de Emprego, a mellora do abastecemen-
to e das estradas, etc. Son obras moi impor-
tantes, porque da súa evolución vai depender
en boa media o futuro de Sandiás como muni-
cipio próspero e moderno durante moitos anos.
P.- ¿Preocúpalle o descenso de poboaciónque se rexistra no municipio dende hai variasdécadas?Mª Concepción.- O asentamento de pobo-
ación en Sandiás é algo que temos que impul-
sar, e máis aínda dende que dispoñamos do
Plan Xeral de Ordenación Municipal, coas
novas zonas industriais. Este municipio ten
unhas potencialidades enormes neste eido e
no agropecuario, e hai que aproveita-las ó
máximo. Temos boas terras, zonas de grande
interese turística e medioambiental, e só fai
falla xente emprendedora para sacarlle rende-
mento a todos estes factores.
P.- ¿É vostede optimista de cara ó futuro?Mª Concepción.- Sen dúbida, e quero
transmitir este estado de ánimo ós nosos veci-
ños e veciñas, poque temos unhas bases de
progreso ben consolidadas, polo que se leva
facendo nestes últimos anos. E a partir de
agora cabe agardar unha boa colaboración ins-
titucional con Sandiás por parte das outras
Administracións, como xa aconteceu con fre-
cuencia, e unha perfecta sintonía entre tódolos
membros da Corporación municipal e os pro-
pios veciños para acadar esas metas polas que
moitos loitamos e nas que todos coincidimos,
en maior ou menor medida.
Páxina 6
O conselleiro de Política Agroalimenta-
ria e Desenvolvemento Rural da Xunta,
Juan Miguel Diz Guedes, visitou o con-
cello de Sandiás para comproba-la mar-
cha das obras da rede de regadío que
se está a desenvolver na Lagoa de
Antela, así como diferentes campos de
ensaio de cultivos que se están a reali-
zar nesta zona. A alcaldesa de Sandiás,
María Concepción Méndez, e outros
rexedores da comarca acompañaron a
Diz Guedes durante este percorrido,
que rematou con unha xuntanza con
máis de 300 agricultores da zona para
celebra-lo Día do Campo.
Diz Guedes mantivo un encontro en Sandiás con máis de 300 agricultores con motivo do Día do Campo
O conselleiro de Política Agroalimentaria visitou as obras do Plande Regadío, que afectan a máis de 5.200 hectáreas da comarca
Diz Guedes, co presidente da Deputación, alcaldes e técnicos, durante a visita ás obras de regadío en Sandiás.
Solución ós problemas
durante os períodos
da seca estival
O proxecto da Conselleríade Política Agroalimenta-ria e Desenvolvemento Ru-ral da Xunta de Galicia,pactado coa comunidadede regantes, permitirá atransformación en regadíode 2.087 hectáreas da zonade secano da Lagoa deAntela, por un importe depreto de 13 millóns deeuros. Unha segunda fasedo proxecto afecta a outras2.600 hectáreas, que dispo-rán en breve de augadabondo para satisface-lasnecesidades dos agriculto-res. As obras rematarán coaposterior execución damodernización de 609 hec-táreas dos regadíos xa exis-tentes, para o que se prevéun investimento total de3,2 millóns de euros.
Xuntanza cosXuntanza cos
agricultoresagricultoresTrala visita ás obras de regadío,Diz Guedes visitou en Sandiásos campos de ensaio de culti-vos que se realizan nunha fincada Deputación, e interesousepolo comportamento destasproduccións e a súa adaptaciónás condicións da comarca daLimia. Logo, o conselleiro cele-brou o Día do Campo con máisde 300 agricultores desta zona,salientando “a aposta decididada Xunta pola comarca da Limiaapoiando o desenvolvementodun sector de gran peso, comoé o pataqueiro, a través do PlanEstratéxico da Pataca.
O conselleiro comprobou persoalmente as obras deinstalación de canalizacións de auga na marxe esquerdada canle principal, xa en execución dende a firma docorrespondente convenio coa comunidade de regantes, enabril de 2003. Estas obras posibilitarán transformar enregadío máis de 5.200 hectáreas, investíndose preto de 30millóns de euros (5.000 millóns de pesetas) na súa exe-cución.
A instalación da rede de rego realízase mediante entu-bados de polietileno, así como coa realización de sonda-xes para o establecemento dos caudais dispoñibles. Unhavez rematadas estas obras comezará a construcción dasbalsas de abastecemento do regadío e da rede eléctrica,así como o proxecto da rede de rego de secano na marxedereita da canle principal.
▲
Páxina 7
O Concello segue apostandopolos programas
de fomento do empregoO Concello de Sandiás, como xa
fixo en anos anteriores, segue apos-
tando polos programas de fomento
do emprego como ferramenta para
desenvolve-la promoción laboral
entre veciños e veciñas da zona ins-
critos nas oficinas do INEM. Ade-
máis do Obradoiro de Emprego, o
Concello materializou nos últimos
meses diversos contratos de carác-
ter temporal para mellora-la eficien-
cia das brigadas de obras e dos ser-
vicios administrativos.
Gracias ó apoio da Consellería
de Asuntos Sociais, Emprego e Re-
lacións Laborais da Xunta de Gali-
cia, o Concello contratou a cinco tra-
balladores para integrar unha briga-
da de obras, encargada de adecen-
tar beirarrúas, gabias e beiravías e
os entornos dos pobos. Asemade, o
Concello de Sandiás colabora na
difusión e promoción do Plan Labo-
ra da Xunta, que permitíu nestes
últimos meses a contratación dunha
psicopedagoga, dunha arquiveira e
dunha auxiliar administrativa.
Un novo depósito e a conexión
coa rede de Couso,
solucións ó abastecemento
de Vilariño das Poldras
O investimento de 60.000 euroscon cargo ó Plano Operativo Localsupón unha nova fase do proxectode renovación e mellora da rede deabastecemento de auga potable aVilariño. As obras realizadas ata ode agora, nas que xa se levaninvestidos, en total, arredor de 120mil euros. centráronse nas canali-zacións dende o depósito doCampo de San Nicolás ata Couso.Agora, os traballos consisten nacanalización dende Couso ata Vila-riño e na construcción dun novodepósito de distribución, na zonado Diestro do Bispado.
Os problemas da subministra-ción de auga débense a que odepósito actual é pequeno parasatisface-la demanda dos veciñosdurante o verán, e a que o pozo debombeo e as captacións tamén soninsuficientes.
O Concello de Sandiás e a Deputación propiciaron unha
ampla reforma das estradas e camiños na maior parte do
noso municipio. As brigadas de obras da institución provin-
cial actuaron no entorno da Casa do Concello, nas rúas
principais de Sandiás, e nos pobos de Couso, Vilariño,
Corga, Zadagós, Cardeita, Arcos, Piñeira, Cerredelo, nas
pontes da Autovía, etc.
A Casa da Lagoa, que servirá no futurocomo centro de interpretación faunísticae da Lagoa de Antela, amplíase coaadquisición de tres novos edificios queestán a carón. Serán destinados a servi-cios complementarios da Casa da Lagoa,e terán un carácter multiuso, con salónde actos, centro social, arquivo, etc. Oremate da Casa da Lagoa está pendenteda instalación do mobiliario e do materialque integrará a exposición permanente.
A apertura dunha nova rúa permitirá unmellor acceso á igrexa parroquial deSandiás dende a estrada xeral. Os tra-ballos realízanse nun tramo aproximadode 300 metros, e contan cun orzamentode 30 mil euros, con cargo ós planos deobras da Deputación Provincial deOurense e do propio Concello de San-diás. As obras vanse reanudar en breve,unha vez resoltos os problemas decesión de terreos por parte dalgúnsveciños.
Amplíase a colaboración dos concellosde Sarreaus, Trasmiras e Sandiás paracompartir diversa maquinaria de obras.Despois da adquisición conxunta duntractor-desbrozadora, plenamente ope-rativo dende hai dous anos, os tresmunicipios uníronse para dispór en pro-piedade dun elevador mecánico que per-mite soluciona-las avarías e repó-lasluminarias deterioradas. O novo aparellotivo un custe de 12.000 euros, aporta-dos a partes iguais polos tres concellos.
O multiusos,
en servicioO edificio multiusos do
Concello de Sandiás, unha
reformada antiga sede da
Cruz Vermella, xa cumple
algunhas das súas fun-
cións. Acolle os servicios
administrativos do Obra-
doiro de Emprego de San-
diás, e tamén serve para
algunhas das actividades
da Asociación de Mulleres
Rurais. Outros dos seus
cometidos son os de Punto
de Información Xuvenil,
almacén e garaxe dos
vehículos municipais.
Páxina 8
Edita: Concello de Sandiás - Imprime: RODI Artes Gráficas S.L. - Dep. Legal: OU-227/97
OO Nadal,Nadal, un tempo para a festa e a convivencia escolar
A música da Rondalla, e as escenificacións teatrais,
foron algúns dos actos programados na Festa de
Nadal, na que participaron tódolos alumnos/as.
No CEIP de Sandiás vivíuse a
despedida escolar anterior ás
vacacións de Nadal con moita
ilusión, e coa implicación de
toda a comunidade educativa:
alumnos/as, pais/nais e profe-
sorado. O salón de actos do
colexio acolleu un Festival (20
de decembro), subvenciona-
do polo Concello, ó que asisti-
ron numerosos veciños e
familiares dos rapaces e rapa-
zas. O Concello organizou
tamén no colexio un concurso
de tarxetas de Nadal. A gaña-
dora servíu de felicitación á
alcaldesa e á Corporación
municipal para tódolos ve-
ciños e veciñas.
Os asistentes ó Festival de
Nadal disfrutaron coa posta en
escea das obras de teatro
“Unha avoa a catro patas” e “A
tía lambida”, gracias ó bo facer
e á desenvoltura dos xoves
actores. Actuaron tamén o Coro
de Sandiás e a Rondalla, cun
programa de panxoliñas tradi-
cionais, en galego e castelán.
A comunidade educativa
celebrou con anterioridade a
festa do magosto e prepara xa
os actos para inculcar ós alum-
nos valores como a paz, o res-
peto ó medio ambiente, a soli-
dariedade e a defensa da nosa
lingua na Semana das Letras
Galegas.
Santiago de Compostela, o Canón do Sil (na
foto da dereita), Silleda e Oseira foron
algúns dos destinos das viaxes culturais e
lúdicas organizadas nos últimos meses pola
Asociación de Mulleres de Sandiás, que
preside Mari Carmen Feijóo. Agora preparan
novas excursións ós espacios naturais de O
Invernadeiro e da Baixa Limia-Serra do
Xurés. Tamén organizaron cursos de forma-
ción ocupacional e charlas didácticas.
O equipo de fútbol sala do Concello de
Sandiás quedou cuarto clasificado na
Liga Comarcal da Limia e acadou as
semifinais da Copa, nas competicións
celebradas no polideportivo de Sarre-
aus. O noso Concello subvencionou este
proxecto deportivo, no que participaron
(na foto inferior): Jorge, Roberto (portei-
ro), Carlos Rivero, Francisco, Marra (de
pé); Pablo, Santi, Quintas e Miguel (aga-
chados).
Un ano máis, a celebración
do Magosto servíu para
reunir na carpa instalada
no exterior do colexio públi-
co a veciños e veciñas de
todo o municipio. Unha xor-
nada para a festa e a convi-
vencia, na que tamén tive-
ron protagonismo os máis
novos do concello (na ima-
xe da esquerda).