Post on 04-Aug-2020
Guía para visitar Santiago de Compostela con alumnos do 3º ciclo. María Soledad Iglesias 2009
1
Santiago de Compostela: unha visita singular.
INTRODUCCIÓN
Unha das mellores maneiras de adquirir aprendizaxes é
entender o porqué das cousas. Esta visita a Santiago non podemos
enfocala pretendendo entender todo o que hai a nivel de arte
(barroco, neoclásico, gótico, románico, plateresco, volutas, capiteis,
estriados, xirolas, gárgolas, ...); xa que ides de excursión a Santiago
intentaremos que entendades o porqué as cousas se chaman así e
o uso que anteriormente tiveron. Para ilustrarvos isto, vouvos contar
unha historia verídica que nos axuda a saber porque hoxe lle
chamamos así a un animal.
Tras o descubrimento de América todos os estados buscaban
descubrir novas terras e así lanzáronse a navegar na procura de
novos achados. Foron varios séculos de expedicións a África, a
distintas zonas de América e de Asia. Inglaterra que era un país
Guía para visitar Santiago de Compostela con alumnos do 3º ciclo. María Soledad Iglesias 2009
2
cunha gran flota enviou pola zona do océano Pacífico ao capitán
James Cook. Cando no 1770, o capitán Cook e os seus homes
desembarcaron en Australia descubriron un animal singular, o
canguro. Claro que eles como nunca antes o viran non sabían como
se chamaba. Dedicáronse a preguntarlles aos aborixes, pero ao non
falar o mesmo idioma houbo algún problema. A conversa que
mantiveron puido ser algo así.
Home branco. -Cómo se chama ese animal?
Aborixe. (Puxo cara de sorprendido vendo a aqueles homes
de pel tan branca e falando un idioma descoñecido)
Home branco. -Que como se chaman eses animais que dan
chimpos?
Aborixe. (Engúrrase de ombros e non entende nada)
Home branco (gritando un pouco máis, por si o aborixe non
oía ben. -Co-mo se cha-ma e-se a-ni-mallll!!!!!?
Aborixe. (Xa canso de tanto interrogatorio di o seguinte no seu
idioma) – Kangaroo.
O capitán Cook quedou satisfeito, tomou nota e cando tempo
despois chegou de volta a Inglaterra contou que alí había un animal
parecido a un rato xigante que os aborixes chamaban “kangaroo”.
Moitos anos despois cando se estudiaron os dialectos e linguas de
Australia sóubose que “kangaroo” significaba algo así como “Non lle
Guía para visitar Santiago de Compostela con alumnos do 3º ciclo. María Soledad Iglesias 2009
3
entendo nada”. Pero todo o mundo lle chamaba xa a ese animal
canguro, incluso os galegos.
A PRAZA DA QUINTANA
A praza da Quintana debe o seu nome a Quinta ou Quintá
que quere dicir “espazo aberto”, esta praza foi lugar de
enterramento ata o século XVIII que por razóns sanitarias pechou
e buscouse outro emprazamento para o cemiterio.
Dende a praza da Quintana dos Mortos podemos ver a Porta
Santa da catedral que só se abre cando é ano Xacobeo, esta porta
e aínda unha das que quedan da antiga catedral románica (onde
está a catedral actual xa houbo outra catedral anteriormente e
tamén unha igrexa)
Nesta praza tamén está ubicado o convento de San Paio de
Antealtares fundado no século IX. Nos seus inicios habitábano
monxes que tiñan o cometido de protexer os restos do apóstolo de
Guía para visitar Santiago de Compostela con alumnos do 3º ciclo. María Soledad Iglesias 2009
4
posibles saqueos ou invasións. Hoxe en día habítano monxas que
fabrican doces que se venden no propio convento.
Desta praza partiu o chamado Batallón universitario integrado
por profesores e 1.000 alumnos que foi loitar na Guerra de
Independencia contra a ocupación francesa da tropas de Napoleón
Bonaparte no 1808. En memoria deste feito nunha época
chamóuselle a Praza dos Literarios. Para recordar este feito
podemos ver unha placa na parede do Convento de San Paio de
Antealtares.
HOSTAL DOS REIS CATOLICOS
No 1486 os Reis Católicos visitan Santiago con dúas
motivacións. Por unha banda, buscar apoios para o seu proxecto de
unificar os distintos reinos en que estaba dividida a península ibérica
(daquela aínda non era España como a coñecemos hoxe, os reinos
estaban separados) e intentar que o reino de Galicia non puxese
Guía para visitar Santiago de Compostela con alumnos do 3º ciclo. María Soledad Iglesias 2009
5
tanta oposición e por outro lado crear un hospital para atender á
poboación de Santiago e tamén aos peregrinos.
A fundación deste Hospital Real de Santiago contribuirá á
modernización da sanidade pero non será ata 1501 cando se
comecen as obras. Este vai a ser un dos primeiros edificios do
Renacemento galego. A fachada do actual Hostal dos Reis
Católicos imita un retablo. No alto vese a Santiago Apóstolo, Xesús,
a virxe e San Xoán, debaixo están os 12 apóstolos. A un lado Adán
e ao outro Eva. Tamén figuran aquí os escudos imperiais e reais,
así como os medallóns de Isabel e Fernando.
O edificio é de estilo plateresco. Ten ademais algúns
elementos ben curiosos como as gárgolas (veñen sendo
desaugadoiros) que usan figuras de todo tipo fundamentalmente de
animais. Debedes mirar con moita atención un dos desaugadoiros
ten sorpresa.
Dentro do hospital a atención aos enfermos estaba separada
por alas. O lado esquerdo para os homes e o dereito para as
mulleres. As clases sociais máis adiñeiradas terán un espazo aparte.
Por último dicir que o balcón que se ve será engadido no século
XVII.
Guía para visitar Santiago de Compostela con alumnos do 3º ciclo. María Soledad Iglesias 2009
6
Na fachada do edificio había unha porta que ía dar ao torno ou
inclusa do hospital. Neste lugar abandonábanse ao nacer nenos e
nenas orfos ou non desexados. Só un 10 % destes rapaces e
rapazas chegaban a cumprir os sete anos.
Como curiosidade hai que dicir que a mesma Rosalía de
Castro foi unha nena abandonada nesta inclusa e bautizada na
capela do hospital. Máis tarde será criada por unhas tías. Este
edificio funcionou como hospital ata 1954 que pasou a ser un hostal
dos da rede de Paradores Nacionais de Turismo.
Como curiosidade e en recordo a hospital de peregrinos que
foi os 10 primeiros peregrinos de cada día que cheguen a Santiago
acreditados coa Compostela poden comer 3 comidas gratis neste
Hostal dos Reis Católicos de 5 estrelas.
PRAZA DAS PRATERIAS
Nesta praza atópase a única fachada románica que queda da
catedral, data do século XI, moitas veces destruída e varias veces
Guía para visitar Santiago de Compostela con alumnos do 3º ciclo. María Soledad Iglesias 2009
7
reconstruída con figuras da fachada norte e doutros puntos da
catedral de modo que se insertaron ás veces elementos fóra do seu
sitio.
No friso hai apostos, anxos e signos zodiacais, no centro está
Cristo bendicindo, nun lado ten a Santiago e ao outro 6 pequenos
anxos. Nos pés de Cristo, Abraham saíndo da tumba e encima dos
tímpanos, a tentación de Cristo nun lado e no outro o xuízo de
Poncio Pilatos, a flaxelación de Cristo, e a traizón de Xudas.
Finalmente aos lados están a creación de Adán na esquerda e de
Eva á dereita.
Nos soportais atópanse escudos da tradición Xacobea,
Santiago guerreiro a cabalo e ao outro lado o traslado dos restos de
Santiago a Galicia por mar. Tamén está nesta praza a coñecida
como a fonte dos cabalos que é do século XIX e a Casa do Cabildo
ao fondo.
Esta praza debe o seu nome ao numeroso grupo de orfebres
que traballaban a prata e aínda hoxe se manteñen as tendas baixo
os arcos laterais, que veñen sendo os mesmos lugares onde fai
século traballaban os prateiros.
Guía para visitar Santiago de Compostela con alumnos do 3º ciclo. María Soledad Iglesias 2009
8
PRAZA DO OBRADOIRO
Nesta praza encontramos á igrexa (Catedral) , ao goberno
(co Pazo de Raxoi, sede actual do Concello de Santiago), á
Universidade (co Pazo de san Xerome, actual Reitorado ) e Antigo
Hospital, hoxe parador nacional.
Debe o seu nome esta praza ao lugar onde se traballaban e
se apilaban os materiais para a construción da catedral, aquí había
ferreiros, canteiros, talladores de cristal, etc.
Danse na praza varios estilos de construción, barroco na
fachada da Catedral, neoclásico no Concello, gótico de transición,
no Hostal dos Reis Católicos, e renacentista no Pazo de San
Xerome (fundado no século XVI). O pazo de Raxoi ia ser un
seminario e máis unha cárcere. Finalmente funcionou o cárcere
pero o seminario non. O tímpano deste edificio está coroado cunha
imaxe da batalla de Clavijo.
Guía para visitar Santiago de Compostela con alumnos do 3º ciclo. María Soledad Iglesias 2009
9
Está é unha das batallas que non se sabe con seguridade se
foi ou non certa. Era na época da Reconquista cerca da Rioxa e o
rei Ramiro I negábase a darlle aos musulmáns cen doncelas cada
ano, de modo, que cóntase que Ramiro I tivo un soño no que
aparecía o Apóstolo Santiago asegurando a súa presenza na
batalla e a vitoria. Segundo a lenda, ao día seguinte os exércitos de
Ramiro I, xunto coa presenza do Apóstolo montado nun corcel
branco, venceron aos seus opoñentes.
En todos os edificios da Praza do Obradoiro está representado
o apóstolo Santiago, como guerreiro, como apóstolo seguidor de
Xesús e como peregrino.
RúA DO FRANCO
Esta rúa e das poucas que mantén o trazado medieval. O
seu nome débello a aqueles peregrinos que por elas entraban. Na
súa maior parte eran estranxeiros de máis alá dos Pirineos, para os
Guía para visitar Santiago de Compostela con alumnos do 3º ciclo. María Soledad Iglesias 2009
10
galegos daba igual que fosen alemáns, franceses ou belgas. Tamén
hai que dicir que os francos eran unha das tribus que habitaban a
actual Francia. De feito a moeda anterior á adopción do Euro en
Francia era o franco francés.
Por esta rúa entraban peregrinos e tamén víveres de diverso
tipo. Antes había aquí taberneiros que servían aos peregrinos, e
como puidestes ver segue sendo unha rúa moi comercial adicada
fundamentalmente a restauración (tabernas, restaurantes,
panaderías, ...) Nas fachadas das casas aínda se conservan
gravados en pedra da época medieval. Ao final da rúa hai unha
fonte da que xa non mana auga ningunha pero dise dela que foi a
última fonte na que beberon os bois que carrexaban os restos do
apóstolo Santiago ata a Catedral.
RúA DO VILAR
Nesta rúa facendo esquina cá praza das Praterías está a Casa
do Deán, foi hospedaxe de autoridades eclesiásticas que visitaban a
cidade. Foi sempre unha rúa de vivendas nobres que aínda hoxe
Guía para visitar Santiago de Compostela con alumnos do 3º ciclo. María Soledad Iglesias 2009
11
permanecen en forma de “pazos urbanos”. Nesta rúa está o antigo
casino e o calexón de entrerúas no número 59, e o máis estreito da
cidade.
PRAZA DO TOURAL
A praza era un antigo lugar de venta de gando e venta de
auga. A fonte que está enclavada no centro da praza é do 1822.
Un dos edificios emblemáticos da praza é o pazo de Bendaña,
que se relaciona co arquitecto Clemente Sarela e que foi erixido a
finais da primeira metade do século XVIII. No alto da fachada que
da a esta praza está unha figura identificada como Atlas (personaxe
de “La Odisea” de Homero un escritor do século X a. C.) ten unha
esfera sobre os seus ombros que alude a súa misión de suxeitar a
bóveda celeste, de feito nela aparecen tallados o sol e as estrelas.
Durante un período bastante largo este edificio albergou
diferentes entidades da cidade, ata que se foi orientando a usos e
actividades culturais, como as que hoxe albergan as súas paredes,
Guía para visitar Santiago de Compostela con alumnos do 3º ciclo. María Soledad Iglesias 2009
12
o Museo e a Fundación Eugenio Granell.
PRAZA DE CERVANTES
No século XII chamábanlle “o foro” á rúa que empeza nesta
praza, qué é a rúa do Preguntoiro, alí, líanse as ordenanzas do
arcebispo e os acordos municipais.
Antes, nun edificio desta praza estivo situado o concello de
Santiago e a praza usouse como praza do mercado onde se vendía
desde verdura ata galiñas ou coitelos ata que se fixo a actual Praza
de Abastos
IGREXA-MONASTERIO DE SAN MARTIN PINARIO
Guía para visitar Santiago de Compostela con alumnos do 3º ciclo. María Soledad Iglesias 2009
13
Moitas ordes relixiosas asentáronse en Compostela trais o
descubrimento da tumba do apóstolo, esta igrexa e mais o mosteiro
conforman o segundo edificio máis importante en Compostela tras a
Catedral. Iniciouse a finais do século X aínda que engadíronse
partes continuamente, de feito as escaleiras actuais engadíronse
no século XVIII.
A proximidade á Catedral empequenece a súa importante pero
é un edificio moi relevante na cidade.
COLEXIO DE FONSECA
No 1522 fúndase a Universidade de Santiago polo arcebispo
Alonso III de Fonseca. É un edificio de estilo renacentista, no
exterior da súa fachada, está a representación da árbore da ciencia,
en referencia ao que alí ensinaban aos alumnos. Hoxe acolle a
Biblioteca da USC. A biblioteca da USC conta con máis de 300.000
libros e 150 incunables (libros impresos desde a invención da
imprenta ata o ano 1500. A imprenta inventouse aproximadamente
Guía para visitar Santiago de Compostela con alumnos do 3º ciclo. María Soledad Iglesias 2009
14
no 1450 por Johannes Gutenberg en Alemaña pero, moitos
estudiosos defenden que o fixeron os chinos xa no ano 960).
No futuro, algúns seredes alumnos universitarios, de modo
que como aclaración dicirvos que, este pazo de Fonseca é lugar de
traballo da directora de Biblioteca da USC e doutros funcionarios, e
ademais contén os libros máis valiosos e outros volumes normais.
Pero, aquí non están todos os libros da universidade, só unha parte.
Aínda así chamámoslle a Biblioteca da USC porque todas as
bibliotecas das distintas escolas ou facultades están dirixidas e
coordinadas desde aquí, incluso as do Campus de Lugo que como
sabedes pertencen á Universidade de Santiago.
Este edificio acolleu o primeiro Parlamento democrático de
Galicia nos anos 80, antes de que se instalase na rúa do Hórreo
desta mesma cidade.
Podedes recordar deste edificio cousas das que logo nos
falarán as guías que nos acomparán no percorrido. Había unha
parte do edificio adicado ás clases e outra á igrexa. Na planta
superior estaban os dormitorios, había tamén caballerizas, de feito
os que vaiades aos baños baixaredes pola que antigamente era a
baixada dos cabalos, non eran escaleiras normais eran estriadas
para que os animais non esvarasen ao baixar. Finalmente,
recordarvos a Biblioteca América e ao seu fundador Gumersindo
Busto, que adicou moitos anos da súa vida a recopilar tanto material
Guía para visitar Santiago de Compostela con alumnos do 3º ciclo. María Soledad Iglesias 2009
15
procedente de distintos países. As donacións de libros aínda se
seguen facendo hoxe en día pero son escasas.
Todos os volumes desta Biblioteca América estaban ata o ano
1997 case esquecidos ata que se incluíron dentro dun proxecto de
catalogación de Facultade de Historia da USC e os estudantes de
Historia Contemporánea contribuíron co seu esforzo a catalogalos
mellorando así o coñecemento dos libros, sabendo autores,
materias, páxinas, ilustracións que teñen, se son de cor ou en
branco e negro, que editorial os editou, en qué ano, de que país
proceden os libros, etc., etc.
Biblioteca América (Pazo de Fonseca)
Espero que vos guste.