Post on 01-Dec-2018
A TODOLOS/AS TRABALLADORES/AS
Vigo, 22 de Xuño de 2017
Sabemos que os problemas de Montaxe non se van a arranxar da noite para a maña pero, tal e como
así se nos fixo chegar dende o primeiro día, os homes e mulleres da M-1, desta vez, tiñades claro a necesidade de comezar a facer camiño dando pasos de cara a unhas condicións de traballo dignas e xustas para todos e todas.
Dende a C.I.G., CC.OO e CUT compartimos que o que reivindicades son cuestións factibles para
corrixir as desmesuradas cargas de traballo que vimos padecendo dun tempo aquí. De aí que, conxuntamente, non dubidamos en poñer todos os medios a vosa disposición. Comezando polo diálogo tanto coa Dirección de RR.HH. como coa Dirección de Montaxe.
Esta unidade DOS/AS TRABALLADORES/AS DA M-1, foi quen de:
.- Paralizar a suba en cadencia e obrigar a Dirección a Negociala.
.- Incrementar o tempo de descanso e mantelo namentres dure esta nova cadencia.
.- Por primeira vez a Dirección tivo que recoñecer que para un equilibro real das cargas de traballo nos repartos na M-1 suporía duplicar o número de postos actuais.
.- Comprometer a Dirección de Montaxe a garantir un maior respecto na composición.
.- Garantir que a Suba de Cadencia non suporá unha redución no horario da Quenda de Noite. De aí o compromiso da Dirección respectar a xornada de 8 horas namentres dure esta medida.
.- E como non, frear o abuso de poder da Dirección a hora de impoñer os seus intereses.
De aí que o compromiso acadado polas tres Centrais Sindicais perante os/as traballadores/as da M-1 non pode quedar en papel mollado. A Dirección ten unha débeda. E así o transmitiron as Tres Quendas no día de onte nas Asembleas de Bocadillo... Incrementar o número de postos nas Liñas para rebaixar as cargas de traballo.
As tres Centrais Sindicais, unha vez escoitado a M-1, no día de onte acordamos:
.- Solicitar outra Reunión coa Dirección para trasladarlle persoalmente a opinión dos traballadores/as.
.- Trasladar a tódolos Traballadores/as da Fábrica a loita que os traballadores/as da M-1 emprenderon para mellorar as súas condicións de traballo.
Si ben algúns poden mirar MONTAXE e a súa problemática lonxe do seu posto actual de traballo, hoxe en día, todos coñecemos como, dun día para outro, o compañeiro/a do lado percorreu ese camiño da pista principal dirección Montaxe
Hoxe os compañeiros/as da M-1 deron o paso para que o teu recibimento sexa cunhas condicións
dignas e un posto de traballo realizable. De aí que esta problemática nos afecta a todos/as sen excepcións. A M-1 hoxe precisa coñecer que non está sola neste camiño. A solidariedade obreira ten que
facerse ver perante a Dirección. HOXE TODOS SOMOS TRABALLADORES/AS DA M-1. Hoxe xoves asembleas no bocadillo nas 3 quendas da M-1( na quenda de noite será no
exterior da nave)
Sección Sindical PSA Peugeot-Citroën
A/A DIRECCIÓN RR.HH. PSA PEUGEOT CITROEN
Sección Sindical PSA Peugeot-Citroen in:dustria PCAE S.A. Vigo
En Vigo, a 21 de Xuño de 2017
No día de hoxe, CCOO, C.l.G. e CUT, mediante o presente escrito queremos facer chegar formalmente a decisión que os Traballadores/as da M-1 adoptaron no día de onte nas Asembleas de Bocadillo .
. - Garantir unha redución das cargas de traballo e unha mellora no equilibrado dos repartos.
Queremos deixar claro que, os/as traballadores/as da M-1, non se opoñen a medida da Dirección referente a liberación dos Monitores. O que non comparten e que elo sexa utilizado pola Dirección para xustificar a non creación de mais postos nas Liñas .
. - Concretar cal vai ser o incremento dos descansos que se van a materializar namentres dure esta nova cadencia.
Polo exposto, e en aras de seguir mantendo esa vontade de diálogo entre as partes de cara a buscar ese punto de encontro, é polo que, unha vez mais, as tres Centrais Sindicais estamos en disposición de manter unha xuntanza coa Dirección nesta semana.
Esperando que agora a Dirección teña esa mesma disposición e Vontade,
Atte.
Man el Santiago García Cameselle Secretario da CC.00