Tema 2 de 3º eso

Post on 16-May-2015

1.616 views 8 download

Transcript of Tema 2 de 3º eso

A LITERATURA NA IDADE MEDIA

As linguas do Estado Español

Agás o eusquera, as linguas peninsulares son linguas románicas, romances ou neolatinas, é dicir, teñen a súa orixe no latín vulgar dos conquistadores romanos, ao que hai que sumar a contribución doutros pobos.

Durante a chamada “Reconquista”, o idioma que nace na Gallaecia vai estendéndose cara ao sur e recibe o nome de galego-portugués.

Afonso VI usurpa o trono dos seus irmáns Sancho, rei de León, e García, rei de Galiza, e divide o antigo reino en dous condados entre as súas irmás Teresa e Urraca. A batalla de San Mamede (1129) coroa a Afonso Henriques como I Rei de Portugal.

Do latín vulgar ao galego-portugués

O galego-portugués: Lingua de

reis, lingua do pobo.

Do monolingüismo á substitución lingüística: factores sociopolíticos.

NO S. XI, A TRAVÉS DOS PEREGRINOS DO CAMIÑO DE SANTIAGO, CHEGOU DENDE

PROVENZA, NA ACTUAL OCCITANIA, A MODA DE

POETIZAR SOBRE O AMOR CORTÉS.

COMO A GUERRA CONTRA OS MOUROS XA ESTABA

MOI AO SUR, A PAZ DEIXABA Á NOBREZA

MOITO TEMPO PARA O LECER.

Os primeiros textos galego-portugueses

conservados: a cantiga “Ora faz esto senhor de

Navarra” (1198) e o documento “Noticia do

Torto” (1211) e o Foro do bo burgo de Castro

Caldelas (1228

O feudalismo presenta unha sociedade moi xerarquizada na que a nobreza señorial e eclesiástica posuía o poder mentres que o pobo debía pagarlles un FORO por cultivar as súas terras. Os artesáns e os comerciantes que vivían nos burgos opúñanse a estes privilexios.

Supoñemos que xa dende o

século XII se facían

reunións poéticas nos

pazos e castelos galegos,

porén as CANTIGAS EN

GALEGO-PORTUGUÉS máis

antigas datan do século

XIII.

OS DOUS PERÍODOS EN

QUE SE DIVIDE A

LITERATURA MEDIEVAL

GALEGO-PORTUGUESA,

COMÚN AOS DOUS PAÍSES

POR POSUÍREN DAQUELA A

MESMA LINGUA, …

…NOMÉANSE IDADE DE

OURO (S. XIII E PRIMEIRA

METADE DO S. XIV) E DE

DECADENCIA (SEGUNDA

METADE DO S. XIV E MAIS

TODO O S. XV).

Que é a lírica galego-portuguesa?

• Chamamos lírica galego-portuguesa a un conxunto dunhas 1.685 cancións de temática profana e unhas 420 de tema relixioso, escritas en galego-portugués, por uns douscentos trobadores, nun período que vai desde as fins do século XII ata mediados do XIV.

Orixe da lírica galego-portuguesa

• A orixe da lírica galego-portuguesa é discutida, pero a lóxica apunta a que as razóns estean na combinación de varias teses. Influencia folclórica –todos os pobos do mundo cantan antes de escribir-, influencia eclesiástica -o canto ten importancia en todas as relixións-, influencia árabe -sabido é que a música árabe estaba moi desenvolvida, e mesmo ela é a que fai agromar á carxas ou jarchas escritas na fala mozárabe uns cen anos antes, etc.

NO S. XI, A TRAVÉS DOS PEREGRINOS DO CAMIÑO DE SANTIAGO, CHEGOU DENDE

PROVENZA, NO ACTUAL SUR DE FRANCIA, A MODA DE POETIZAR SOBRE O AMOR CORTÉS.

Orixe da lírica galego-portuguesa

• O que si está claro é a influencia chegada de Provenza -a costa mediterránea de Francia-. O trobadorismo provenzal está non só na orixe da moda de escribir cancións daquela "modernas" -provenzalitantes- senón tamén de recoller composicións anteriores e escribir conforme aos patróns máis tradicionais.

Ilustración de Antón García Patiño sobre a cantiga “Levantou-s’a belida”, de Don Dinis.

O espectáculo

Trobador Xograr

Menestrel Soldadeira

Segrel

Os TROBADORES eran os nobres que compoñías a letra e a música das cantigas.

Os SEGREIS eran compositores que xurdiron a carón dos xogradores, baixa nobreza vida a menos que vivía da xenerosidade allea coa súa arte. Denominábanse a si mesmos trobadores, pero os poetas aristocráticos negábanlles tal título.Viaxaban con frecuencia e mesmo cambiaban de corte en función de problemas políticos.Nunha determinada altura cronolóxica aparece o vocábulo «segrel» para designar aquel poeta que compón cantigas agardando algún beneficio con este labor.

Os xogrARES

PROCEDÍAN DO

POBO BAIXO E

INTERPRETABAN

AS CANTIGAS,

CHEGANDO

INCLUSO ALGÚN

DELES A

COMPOÑER.

Os músicos denominábanse

MENESTREIS, a quen podían acompañar

bailando …

… as SOLDADEIRAS,

mulleres que ían cos

soldados ás

numerosas guerras

que houbo nesta

época. Moi famosa foi

MARÍA A BALTEIRA,

satirizada nas

cantigas.

Como se facían os manuscritos medievais

• Trátase dunha animación interactiva que a Universidade de Cambridge dispón a través do Fitzwilliam Museum.

• Este recurso amósanos “como se facían os libros manuscritos medievais. A animación está baseada nunha páxina dun antigo libro do século XIV realizado para un bispo francés, Reynaud de Bar e que se coñece como o Pontifical de Metz”.

http://www.fitzmuseum.cam.ac.uk/pharos/images/swf/manuscript/manuscript_5a.html

As cantigas atópanse en pergamiños recompilados en CÓDICES, unha especie

de libros como o DA VATICANA, A BIBLIOTECA NACIONAL DE LISBOA OU AS CANTIGAS DE SANTA MARÍA

que se gardan no Escorial.

Os Cancioneiros

• CANCIONEIRO DA AJUDA: consérvase en Lisboa e está datado a fins do século XIII ou comezos do XIV; 310 cantigas case todas de amor.

• CANCIONEIRO DA BIBLIOTECA NACIONAL: consérvase en Lisboa. Códice copiado en Italia no século XVI sobre un orixinal hoxe perdido. Contén arredor de 1700 composicións de todos os xéneros.

• CANCIONEIRO DA VATICANA: na Biblioteca do Vaticano. Copia realizada no século XVI. 1200 composicións.

• PERGAMIÑO VINDEL: Folla do século XIII que contén sete cantigas de amigo de Martín Codax. Teñen a correspondente transcrición musical.

• PERGAMIÑO SHARRER: letra e música de seis cantigas de D. Dinís. Gárdase en Lisboa e data de finais do s. XIII.

PERGAMIÑO SHARRER

PERGAMIÑO VINDEL

Pergameu do códice da Biblioteca Nacional de Lisboa

Escoitamos

Grupo de música antiga MARTÍN CODAX:http://www.martincodax.org/

http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=GTC5Q93eOSs

Escoitamos

En SON DE POETAS podemos escoitar moitas das nosas cantigas, ademais ofrece información moi completa sobre o/a poeta, o tema musical, o grupo ou solista, etc. http://sondepoetas.blogspot.com.es

AS CANTIGAS PODEN

DIVIDIRSE EN TRES

XÉNEROS MAIORES:

CANTIGA DE AMOR, DE

AMIGO E DE ESCARNIO E

MALDICIR.

XÉNEROS

Cantiga de amor

Cantiga de amigo

Cantiga de escarnio e maldicir

Os xéneros menores son aqueles menos cultivados.

Xéneros menores

Pastorela

Lais PrantoCantiga

de seguir

Tenzón

Algúns dos máis de cen trobadores coñecidos foron Afonso X o Sabio, o seu neto e rei portugués Don

Dinís, Airas Nunes, Paio Gomes Chariño...; entre os xograres destacan Fernando Esquío, Codax, Pero

Meogo, Mendiño... , todos do s. XIII.

AFONSO X

WEB de consulta

• Unha excelente noticia: esta web na que se integran textos, nalgúns casos manuscritos e mesmo música, deste corpus que constitúe a lírica medieval galego-portuguesa. Un magnífico recurso para a lectura en rede do que é un dos nosos grandes patrimonios literarios.

http://cantigas.fcsh.unl.pt/index.asp

A LINGUA

Unha época de monolingüismo

Sistema fonolóxico do galego medieval: as vogais nasais

farĩa lũa

cheo corõa

cão

bees bõa

Sistema fonolóxico do galego medieval: hiatos vocálicos

maa irmãa casaes cães mao irmão

tea chea pee bees ceo cheo

moa bõa españoes razões avoo bõo

Sistema fonolóxico do galego medieval: as consoantes

MODO P U N T O D E A R T I C U L A C I Ó N E V O Z

labial dental alveolar palatal velarxordo sonoro xordo sonoro xordo sonoro xordo sonoro xordo sonoro

oclusivo pee ben tal de con grannasal me nos teño

golpeado paravibrante terraafricado cen fazer chãocontinuo fee fava son casa caixa hoje

lateral levar palla

Sistema fonolóxico do galego medieval: pares de consoantes

b v ts dz s z š ž

ben, caber, ambos,cabra

vai, fava,

dever, levava, arvore,

livro

cen, cinco,

cabeça, justiça,Paaço(luz)

doze, luzes, juizo,

beleza, (luz, dez)

sempre,passar, levasse,levas

casa, cousa, mesa, pesar

xadrez, caixa, peixe, roxo

gente, fogir, ja,

hoje, queijo,

juiz

Morfoloxía e fonoloxía do galego medieval: plural e feminino de nomes

razon, coraçon razões, corações

cão, pão cães, pães

mão, verão, chão, irmão

mãos, verãos, chãos, irmãos

irmão, chão, verão

irmãa, chãa, mañãa, maçãa

Morfoloxía

• Invariabilidade de xénero nos nomes finalizados en –or: meu senhor, minha senhor.

• Pronome «te» para CD ou para CI.• Participios de verbos da 2ª en «-udo»: palavra

perduda.• Formas compostas con «aver»: que ll’avia

prometido.• Formas átonas no posesivo feminino:

«mia/mha/ma/ta/sa»: en esta ta cadeira.

Sintaxe

• Utilización de posesivos sen artigo: porque tarda meu amigo sem min?

• Anteposición do pronome átono: vos direi en quanto lh’oi

• Emprego de formas partitivas: quer’eu mostrar dos miragres que ela fez

• Concordancia en tempos compostos do participio e o CD.

• Emprego de dupla negación: nem madre nem parente nom a…

Léxico

• Assaz (bastante), trobar, cobra...Provenzalismos

• Sage (sabio,prudente), maison (casa)...Galicismos

• Vegada (vez), fillar (aceptar), eire (onte), cras (mañá), chus (máis)...Arcaísmos