Tema 4.- “O FEUDALISMO” 4- A vida... · Aínda que o espazo que abarcaba a Europa feudal foi...

Post on 25-Jan-2020

3 views 0 download

Transcript of Tema 4.- “O FEUDALISMO” 4- A vida... · Aínda que o espazo que abarcaba a Europa feudal foi...

“A VIDA NA IDADE MEDIA”

Tema 4.- “O FEUDALISMO”

A.- SITUACIÓN NO TEMPO E NO ESPAZO

Tradicionalmente o inicio da Idade Media sinalábase no momento da caída do Imperio Romano de Occidente a finais do século V. Pero foi realmente a partir do século IX, tras a descomposición do Imperio Carolinxio e a situación de inestabilidade provocada polas invasións de normandos, musulmáns e húngaros, cando se formou en Europa Occidental o sistema económico, social e político que se coñece co nome de Feudalismo.

A.1.- Sinala cando comeza e cando remata a Idade Media.

A.2.- Define o concepto de Feudalismo.

IDADE MEDIA

ALTA IDADE MEDIA

Inicios do Feudalismo ║

BAIXA IDADE MEDIA

Plena Idade Media Crise

s.V s.VI s.VII s.VIII s.IX s.X s.XI s.XII s.XIII s.XIV s.XV

476 - Caída do Imp. Romano de Occidente Descubrimento de América – 1492

Nos primeiros séculos desta etapa histórica, Alta Idade Media, pódese falar dun mundo basicamente rural, no que a maioría da poboación eran campesiños dependentes dun Señor, que exercía o seu dominio sobre un territorio máis ou menos extenso.

A partir do século XI, Baixa Idade Media, comezaron a renacer as cidades, nas que apareceu un novo estilo de vida e novas profesións.

Pero no século XIV Europa Occidental sufriu unha fonda crise que levou ao remate desta sociedade a finais do século XV.

A.3.- Indica en cantas etapas se pode dividir a Idade Media e explica as súas características.

A.4.- Representa nun eixo cronolóxico a Idade Media e sinala as distintas etapas nas que se pode dividir.

Aínda que o espazo que abarcaba a Europa feudal foi variando e medrando ao longo do tempo, poderían indicarse como límites os actuais estados de Francia, Alemaña, Bélxica, Países Baixos, Luxemburgo, Austria, Suiza, o norte da Península Ibérica, centro e norte da Península Itálica e centro e sur das Illas Británicas.

A.5.- Usa o mapa para sinalar os límites da Europa feudal e a localización dos seus pobos inimigos.

Os habitantes da Europa feudal vivían rodeados de inimigos aos que atacaban e polos que eran atacados (sobre todo nos primeiros tempos):

- Nos actuais Países Escandinavos vivían os normandos ou viquingos.- No norte de África e no sur da Península

Ibérica os árabes ou musulmáns.- No leste da Europa medieval os

húngaros ou maxiares.

B.- AS ORIXES DO FEUDALISMO

.- Quen foi Carlomagno? Como organizou o seu Imperio? Que sucedeu á súa morte? (Páx.16-19)

- Rei dos ………….. que conquistou gran parte de Europa Occidental, foi coroado ………………. do Imperio Carolinxio no ano 800.

- Condados, gobernadas por ……………….

- Marcas, nas zonas fronterizas, dirixidas por ……..…...

- Para administrar un territorio tan extenso, recadar impostos e facer cumprir as …………., entregou terras aos nobres do reino para que as administrasen e gobernasen no seu nome e se beneficiasen delas:

Os nobres convertíronse así nos vasalos do rei e xurábanlle fidelidade e axuda militar.

- Á morte de Carlomagno no ano 814, a coroa pasou ao seu fillo e despois o Imperio dividiuse en reinos independentes entre os seus netos. As loitas entre eles e as invasións dos musulmáns, normandos e húngaros provocou terror e inseguridade entre a poboación de Europa Occidental desde o século IX.

B.1.- Por que a situación de Europa occidental era de inseguridade nos séculos IX e X?

B.2.- Por que tiveron os monarcas que pedir apoio aos nobres? Que relacións se establecían entre eles?

B.3.- En que parte da cerimonia de vasalaxe se producía a entrega do feudo? Quen o recibía e que obrigas tiña a cambio?

B.4.- Por que buscaban os campesiños a protección dos Señores feudais? Que debían a cambio desa protección?

Co paso do tempo os vasalos do monarca (condes, bispos, duques…) foron adquirindo cada vez máis independencia e acabaron por cobrar impostos, administrar xustiza, incluso acuñar moeda… nos feudos que lles tiña cedido o rei. Asemade, estes nobres repartiron parte das súas terras entre nobres menos importantes, cabaleiros, fidalgos, guerreiros…, a cambio dun xuramento de fidelidade e vasalaxe.

Desta maneira o poder político quedou fragmentado en multitude de poderes, pois os Señores feudais convertéronse na práctica en pequenos monarcas dos seus feudos.

B.5.- Por que se di que o poder político estaba fragmentado nesta etapa feudal?

O diagrama mostra como pasaban as terras do rei aos nobres (laicos ou eclesiásticos) e deles a outros nobres menos poderosos e finalmente aos campesiños. Cada nivel da pirámide feudal debía lealdade e obediencia á capa superior e todos debían lealdade ao rei!!

Para gobernar, o rei contaba coa axuda da Curia ou Consello Real, formado polos nobres máis poderosos (bispos, abades, condes, duques…), que o aconsellaban á hora de tomar decisións.

B.6.- Que era a Curia ou Consello Real?

B.7.- As relacións de vasalaxe: Que son? Entre que persoas se podían establecer? Que lle debía o Señor ao seu vasalo? E o vasalo ao Señor?

B.8.- Copia e completa o esquema da pirámide feudal, poñendo cada “grupo” no piso ou frecha que corresponda: Alta nobreza laica ou eclesiástica, Campesiños, Señores de…, Servidores de todos, Rei, Baixa nobreza laica ou eclesiástica, Vasalos de…

Texto nº1

“Eu, Urraca, raíña de toda España, xuntamente co meu fillo Don Alfonso, fago carta a vós, Conde Don Froilaz e á vosa esposa a Condesa Dona Maior, do territorio de Várzena e de todo o que lle corresponde: terras de labradío, bosques, prados, igrexas, castelos…

Eu, a raíña Urraca, dou e concedo aos sobreditos Condes as enriba nomeadas posesións, por razón de que o meu pai Don Alfonso criouvos e coudouvos, e polos moitos servizos que recibín de vós ata hoxe, e porque criastes e coidastes ao meu fillo Don Alfonso. Quero que teñades todo isto como propiedade vosa e da vosa descendencia”.

(Tomado de A. López Ferreiro: “Historia de la Iglesia de Santiago”, 1900)

APRENDENDO COS TEXTOS HISTÓRICOS!

B.9.-Le atentamente o texto nº 1 e comenta:

a) Que parte da cerimonia de vasalaxe reflexa o texto?

b) Quen é o Señor e quen é o vasalo?

c) Que recibe o vasalo do seu Señor? Por que fai o Señor a concesión?

Texto nº2

“No nome de Deus, saiban todos os presentes … que eu, Bernardo, futuro Señor de Carcasona, recoñézote a ti León, abade de santa María, como meu Señor.

Por todos os dominios que vou a recibir fago homenaxe e fidelidade de manos e boca a ti, meu Señor León, e xuro sobre os Evanxelios que serei sempre un fiel vasalo para ti e os teus sucesores; e defendereite a ti, meu Señor, e ao mosteiro e aos monxes… ás miñas expensas; e prometo servirte a ti e aos teus homes cando queirades pasar por Carcasona… e se non respecto todas as miñas promesas, os mencionados dominios retornarán a ti e ao mosteiro”.

(Tomado de W. Cook: “La visión medieval del mundo”, Ed. Vicens Vives)

B.10.-Le atentamente o texto nº 2 e comenta:

a) Que parte da cerimonia de vasalaxe reflexa o texto?

b) Quen é o Señor e quen é o vasalo?

c) Que recibe o vasalo do seu Señor? A que se compromete o vasalo a cambio?

APRENDENDO COS TEXTOS HISTÓRICOS!

B.11.- Imaxina que eres un membro da nobreza feudal.

-Debes decidir se queres ser un Señor que concede un feudo ao seu vasalo ou un vasalo que xura fidelidade ao seu Señor. A continuación debes redactar un documento que recolla o compromiso e a relación de vasalaxe que estades a “pactar”.

-Podes usar os textos traballados como modelo para redactar o teu.

C.- UNHA SOCIEDADE ESTAMENTAL (páx. 49)

Na Europa feudal a sociedade era moi desigual. Estaba dividida en ordes ou estamentos, grupos socias pechados aos que se pertencía por nacemento e para toda a vida, xa que era moi difícil pasar dun estamento a outro. Cada un deses estamentos estaba rexido por unhas normas, leis e dereitos diferentes, e cada un tiña unha función distinta na sociedade, que, conforme di a Igrexa, foi establecida por Deus para asegurar o funcionamento e orde do mundo.

C.1.- Define o concepto de Estamento.

C.2.- Cantos estamentos se distinguen na sociedade feudal? Que función ten cada un dos estamentos?

C.3.- Que estamentos teñen privilexios? En que consisten eses privilexios?

C.4.- Que estamento non ten privilexios? En que traballan os seus membros?

C.5.- Fai un esquema ou mapa conceptual que represente a sociedade estamental da Europa feudal e representa graficamente a pirámide social da Europa feudal.

● Segundo a función que tiñan na sociedade, pódese falar de tres estamentos:

- Os nobres (condes, duques...). Eran os que guerreaban e os encargados de manter a paz e defender á poboación... Eran os donos da maior parte das terras e ocupaban os altos cargos do reino...

- Os eclesiásticos (bispos, abades, monxes...). Eran os que rezaban a Deus pola salvación de todos... Posuían terras e cargos ao igual que a Nobreza, e ademais cobraban aos campesiños o décimo (décima parte da colleita que pagaba o perdón dos seus pecados...).

- Os traballadores, eran na súa inmensa maioría campesiños, aínda que tamén había artesáns. Tiñan que traballar e manter aos outros dous grupos, dos que depen-dían e aos que estaban sometidos...

● Os dous primeiros estamentos da sociedade medieval (nobres e eclesiásticos) eran os privilexiados. Representaban unha pequena porcentaxe da poboación e eran chamados así porque tiñan certos privilexios: non traballaban, non tiñan que pagar impostos, podían impartir xustiza, podían utilizar armas... Mantiñan os seus privilexios porque as súas funcións na sociedade eran moi importantes, moito máis que traballar!.

● O grupo dos non privilexiados, formado pola maioría da poboación, estaba constituído fundamentalmente por campesiños e artesáns. Todos eles tiñan unha vida miserable, carecían de dereitos e tiñan que pagar impostos ao rei e aos seus Señores e o décimo á Igrexa.