Tema 6 románico

Post on 05-Jul-2015

745 views 4 download

Transcript of Tema 6 románico

A ARTE ROMÁNICA

INTRODUCIÓN Estilo artístico que florece en Europa no S. XI e XII Nas zonas rurais prolóngase ata o S. XIII É o primeiro estilo internacional na Idade Media. As principais construcións son igrexas. Destacan as

CATEDRAIS DE PEREGRINACIÓN. Gran importancia de Cluny na configuración e

difusión deste estilo. Tamén foron os grandes impulsores da peregrinación a Santiago de Compostela

1.- CONTEXTO HSITÓRICO-CULTURAL Románico: estilo artístico que nace durante o

Feudalismo Feudalismo: sistema político, social e económico que

se caracteriza pola perda de poder dos monarcar a favor da nobreza e o clero

A orixe do feudalismo remóntase ata o S. III , cando o Imperio Romano entra en crise, pero foi a raiz das segundas invasións no S. VIII e XIX (musulmáns, vikingos e eslavos), cando triunfe o feudalismo.

Os ataques destes pobos levou os monarcas a pedir a axuda dos nobres para defender o territorio.

Os nobres reciben a cambio un FEUDO (porción de terra ).

Desta forma os reis irán perdendo o seu poder ECONOMÍA: pechada e rural, na que a riqueza era a

posesión de terras. A penas hai comercio e cidades. SOCIEDADE: triunfa a sociedade estamental.

Sociedade dividida en estamentos: PRIVILEXIADOS (nobreza e clero) e NON PRIVILEXIADOS (campesiños e artesáns)

Esta división social era aceptada xa que se afirmaba que esta división proviña de Deus.

A sociedade representábase mediante un corpo: Cabeza: era a Igrexa Brazos: era a nobreza Pés: eran os campesiños e artesáns

POLÍTICA: os monarcas teoricamente serán donos de todo o territorio, pero o entregar os feudos ós nobres e clero, perden o poder sobre estes

Gran fragmentación política

SOCIEDADE ESTAMENTAL

CONTEXTO CULTURAL A cultura europea segue a tendencia iniciada a raíz da

crise do S. III: CULTURA POBRE. A única difusora da cultura será a Igrexa,

especialmente os mosteiros: por iso principalmente a arte románica é arte relixioso.

A arte é usada pola Igrexa para transmitir un mensaxe os fieis.

Esta época caracterízase por ser unha sociedade profundamente relixiosa.

Aspectos destacados: TEMOR O ANO 1000:

A profecía do Apocalipse, na que se entendía que o mundo desaparecería no ano 1000, sumiu a poboación nunha profunda angustia.

Chegado o ano 1000, e Deus non acabou co mundo, deronse gracias a Deus. Isto foi aproveitado pola Igrexa decindo que o fin podía chegar en calquer momento. Este sería o XUIZO FINAL no que Deus xulgaría o mundo (tema moi usado na arte Románica)

REFORMA GREGORIANA: o poder da Igrexa no feudalismo era grande, pero esta aumenta a raíz da relixiosidade da poboación.

Sin embargo, os Papas estaban sometidos os monarcas. Foi a finais do S. XI, cando o Papa Gregorio VII, consegue a independencia política proclamándose xefe político da Igrexa.

A reforma gregoriana fixo unificar o rito cristián en todos os lugares. Isto foi decisivo para a difusión da arte Románica. Ademaís fixo que o Románico posuíse as mesmas características en diferentes lugares.

DESENROLO DA VIDA MONÁSTICA: Aparece a orde relixiosa de CLUNY, orde reformada dos benedictinos, que se encargará da difusión das súas regras por toda Europa.

CLUNY, SERÁ Á AUTÉNTICA CREADORA E DIFUSORA DO ESTILO ROMÁNICO A TRAVÉS DE EUROPA.DESDE A SÚA CASA NA BORGOÑA FRANCESA, OS CLUNIACENSES DIFUNDIRÁN AS REGRAS DA ORDE E O ESTILO ROMÁNICO

Cluny III

CLUNY III

CLUNY III

PEREGRINACIÓNS: a profunda relixiosidade do S. XI levará a igrexa a fomentar o culto as reliquias dos santos . A afluencia masiva de fieis que acudían a estes lugares permite aumentar as riquezas da Igrexa.

Tres rutas: a Xerusalén, a Roma, a Santiago. A gran promotora das peregrinacións a Santiago foi

Cluny LOITA CONTRA O INFIEL: froito do fanatismo

relixioso, que se manifesta cas Cruzadas e na Reconquista da Península Ibérica

Resumo Arte románica nace no S. XI Nace no Feudalismo; mundo pechado e rural de gran

relixiosidade chea de terror A manifestación artística máis importante foi a

ARQUITECTURA, e tanto a escultura como a pintura están subordinadas a ela.

Arte promovido pola Igrexa e destinada a transmitir os fieis unha doutrina na que creer

Tamén, nesta época se construen castelos e mosteiros Artistas eran considerados artesáns, por iso non

firman as súas obras.

2.- CARACTERÍSTICAS XERAIS DA ARQUITECTURA ROMÁNICA

Arquitectura románica céntrase na Igrexa MATERIAIS: igrexas sólidas e duradeiras (simbolizan

a Deus), por iso destaca a pedra a base de sillares MUROS: cimentos moi sólidos. Os muros moi grosos

por varias razóns: Para soster o peso das bóvedas de pedra Interiores escuros que provocarían o sobrecollemento.

Búscase imprimir o medo.

Os muros adquiren vida a través das pilastras, columnas,piares cruciformes…

Destaca o uso do piar e os capiteis soen estar decorados con motivos xeométricos, vexetais ou historiados.

Uso de cubertas curvas, cuio peso se constraresta con muros grosos, piares fortes e contrafortes o exterior.

ARCOS: triunfo do arco de medio punto. Nas portadas úsanse arcos de medio punto concéntricos chamados ARQUIVOLTAS.

CUBERTAS: destaca a bóveda de canón con arcos faixóns para a nave central e bóvedas de arestas para as naves laterais, tamén separados con arcos faixóns.

Os cruceiros cóbrense con cúpulas sobre pechinas ou sobre trompas, que se apoian sobre catro arcos de medio punto chamados ARCOS TORAIS

Arcos de medio punto

Bóveda de Canon

Bóveda de Aristas

PLANTAS: nos primeiros momentos utilízase as plantas basilicais, pero desde mediados do S. XI esenrólanse as PLANTAS DE CRUZ LATINA. Esta planta ten simboloxía: corpo de cristo e cruz na que morreu cristo

Tamén aparece a XIROLA ou DEAMBULATORIO, que aparecen nas igrexas de Peregrinación

INTERIORES: son escuros, sen a penas ventás. Nas igrexas de peregrinación, por riba das naves laterais aparece a TRIBUNA, que se comunica coa nave central a través de arcos xeminados (triforio)

CRUCEIRO CATEDRAL SANTIAGO

TRANSEPTO

CÚPULA SOBRE TROMPAS

ARCOS TORAIS

Diferentes tipos de plantas

Igrexa peregrinación: Sta Fe de Conques

Tribuna

Piar cruciforme

Bóveda de canón con arcos faixóns

Planta catedral de SantiagoXirola ou

deambulatorio

Naves laterais

Nave principal

cruceiro

absidiolos

Transepto

Interior da catedral de Santiago

Tribuna: ocupa a parte superior das naves laterais

Naves laterais: están separadas da nave principal a traves de arcos de medio punto

Bóveda de cañón con arcos faixóns

EXTERIOR: aspecto macizo, con muros grosos e poucas ventás. Presencia de CONTRAFORTES.

Predomina a horizontalidade. Só destacan dous elementos verticais como O CIBORIO e A TORRE DAS CAMPÁS.

Presentan unha profunda decoración exterior con BANDAS LOMBARDAS, ARCADAS CEGAS, MÉNSULAS, TAQUEADO XAQUÉS

Exterior de Igrexa de Peregrinación

CIBORIO

Contrafortes

absidiolos

Xirola ou deambulatorio

Ábsida

Románico catalán:S. Clemente de Taull

Igrexa con tres absides na cabeceira

Posee a torre do campanario adosada a nave lateral: aparece decorada con

arcos de medio punto e arcos

lombardos Bandas lombardas

Arcadas cegas

3.- CATEDRAL DE SANTIAGO Catedral situada ó remate do Camiño francés, e que

supón a culminación do Románico. Realizada en pedra granítica. Promotores da obra serán o arcebispado de Santiago e

a monarquía castelá. Construción iniciase no 1075, sendo arzebispo de

Santiago DIEGO PELÁEZ. Era o rei de Castela ALFONSO VI.

Nesta etapa os mestres constructores eran : BERNARDO O VELLO e ROBERTO

No 1093 nomean como arzebispo de Santiago a DIEGO XELMÍREZ. Durante o seu mandato destacan como mestres ESTEBAN e BERNARDO O XOVE.

A obra remata entre o 1105 e o 1128. A catedral foi remodelada o longo dos séculos,

conservándose só a fachada sur ou de praterias. IGREXA DE PEREGRINACIÓN: planta de cruz latina,

con xirola ou deambulatorio. Tres naves tanto no brazo maior como no transepto. A nave central está cuberta con bóveda de canón con arcos faixóns. As naves laterais están cubertas con bóvedas de arestas con arcos faixóns.

Cruceiro cóbrese cunha cúpula octogonal sobre trompas

Bóveda de canón con arcos faixóns

Tribuna

Arcos formeiros

Piares cruciformes

Cúpula octogonal no cruceiro

Trompas

Arcos torais

Transepto

Ábsida

INDICA AS PARTES DA PLANTA DA CATEDRAL ROMÁNICA

ESCULTURA ROMÁNICA Desde a arte paleocristiá, produciuse unha decadencia

da escultura. No Románico abórdase con forza a escultura

monumental. A escultura monumental aparece con forza a partir do

último tercio do S. XI A escultura está concebida para decorar a

arquitectura. A escultura complementa á arquitectura cun dobre sentido: Adornar o edificio: función decorativa Transmitir unha mensaxe os fieis: función pedagóxica

O soporte escultórico máis importante na arquitectura románica era a fachada das igrexas e máis concretamente nas súas PORTADAS.

As portadas aparecían cubertas con decoración escultórica, existindo un auténtico “ horror vacui”

Evolución: No S. XI as figuras péganse o marco arquitectónico,

figuras planas e plieges moi sinxelos: PRATERIAS No S. XII: iniciase a traxectoria hacia un maior

naturalismo, que conducirá ó Gótico: PÓRTICO DA GLORIA

Escultura en relevo:As portadas

TEMÁTICA O tímpano ou tímpanos das portadas son os lugares

onde se representa a escena principal. Temas: creación do mundo, pecado orixinal, vida de

Cristo, pero sobre todo APOCALIPSE APOCALIPSE:

Cristo voltará (paruxía) para xulgar o mundo no fin dos tempos.Sóese representar da seguinte maneira: Cristo PANTOCRATOR: en actitude de bendecir e ensinando

as iagas. TETRAMORFOS: representación dos catro evanxelistas cos

seus símbolos 24 ANCIÁNS: anciáns que tocan os intrumentos.

TÉCNICA A escultura románica vai estar condicionada polo

marco arquitectónico no que se ten que desenrolar. Isto provoca dúas importantes consecuencias:

LEI DO MARCO: as figuras se esculpen pensando na súa adaptación ó marco arquitectónico. Ausencia de CANON nas figuras.

LEI DO ESQUEMA INTERIOR: consiste en que as fuigras se incriben en formas cadradas, triangulares… formas xeométricas, afastándose do naturismo.

No románico non interesa a beleza senón transmitir unha mensaxe ós fieis. Para evitar distracións coa beleza das figuras, estas están representadas de forma tosca, desproporcionada, antinaturista, sen estudo anatómico, sen volume.

O importante non son as figuras en si mesmas senón a súa participación nunha escena que ten unha finalidade pedagóxica: dirixirse á masa de fieis, na súa meirande parte analfabeta, para convencela, case sempre mediante escenas terroríficas, das verdades nas que debía crer

As figuras soen ser inexpresivas, o cal é claro na figura de Cristo, sen embargo poden aparecer figuras dotadas de enorme expresividade

PORTADA DE PRATERÍAS É a única fachada románica da catedral. Foi realizada

na 1ª metade do S. XII. En época románcia tiña tres fachadas:

NORTE: portada do paraiso e da creación do mundo. SUR: FACHADA DE PRATERIAS. Representa a obra

redentora de Cristo que vaixa a terra e se fai home para redimir os homes dos seus pecados

OESTE: PÓRTICO DA GLORA. Xuizo final..APOCALIPSE

A fachada norte foi destruida nun incendio e parte das obras están na actual fachada de Praterias

Descripción No primeiro piso: duas portas con arquivoltas e

tímpanos decorados con relevos. A decoración escultórica esténdese polo contraforte da esquerda e por riba da portada.

TÍMPANOS: represéntase a dobre natureza de Cristo. TÍMPANO DEREITA:

Cristo baixa á terra como home: escenas da paixón, bico de Xudas, prendemento de Cristo, cristo atado a columna e a coroación de espiñas.

Na esquina da esquerda temos a curación do cego en perspectiva xerárquica.

TÍMPANO ESQUERDO: Represéntase as tentacións de Cristo no deserto. Carácter pedagóxico. Factura tosca e Cristo como

home que recibe as tentacións, pero como Deus supéraas.

Na dereita aparece unha figura feminina que presenta unha calidade superior o resto. A figura sostén unha calavera.

A muller coa calavera: descoñecemos a súa simboloxía. Para úns sería Eva, que trala expulsión do paraiso leva a toda humanidade.

Esta figura asóciase ó mestre ESTEBAN, escultor de gran calidade.

No lateral, o mestre Esteban tamén realiza a figura de DAVID

Portada de PRATERIAS

prendemento

EPIFANÍA

Cristo atado columnaCoroación espiñasCuración cego

TÍMPANO DEREITO

TÍMPANO ESQUERDO

TENTACIÓNS NO DESERTO MULLER ADÚLTERA

MAESTRO ESTEBAN

VES ALGUNHA SIMILITUDE ENTRE AS DÚAS FIGURAS?

David de praterias Figura ten un coidade

estudo anatómico, rostro con veizos, meixelas inchadas e ollos abultados. Maior sensación de profundidade e relevo nas figuras, preges das roupas máis profundos e en forma de “V”.

PRATERÍAS Enriba das portadas

aparecen figuras pertencentes a desaparecida portada norte.

Entre todas destaca Cristo e Adán e Eva expulsados do paraiso

Pórtico da Gloria Contruída entre 1168 e 1188. Obra máis importante de finais do románico na que

temos características do gótico. COMPOSICIÓN

O Pórtico está composto de tres arcadas. A nave cental é máis alta e ancha que as laterais e

consta dunha arquivolta, un gran tímpano suxeito por un parteluz.

Nas portadas laterais as arquivoltas apoianse sobre piares con columnas adosadas

Todo se cobre con decoración escultórica

Toda a construción se apoia sobre zócalos decorados con animais fantásticos.

O material é o Granito e a veces o mármore.

ICONOGRAFÍA O Pórtico foi o último en facerse. A Catedral queda alta respecto da praza do obradoiro.

Para salvar o desnivel, o mestre Mateo realiza unha falsa cripta, que integra no seu programa iconográfico.

Cripta( planta de cruz latina), cuberta con bóvedas de nervios. Simboliza a Terra, representada nos capiteis con unha lúa e un sol sostidos por anxos.

Piso medio, represéntase o xuizo final.

Na tribuna, cuberta por bóveda de nervios e na clave represéntase o CORDEIRO MÍSTICO.

O PÓRTICO DA GLORIA Represéntase o Apocalípse Arcada central: centro aparece a figura de Cristo

Pantocrator. Rodeado polos evanxelistas (TETRAMORFOS).

Logo aparecen os instrumentos da paixón: columna, cruz, coroa.

Arredor da parte central aparecen os xustos cun canon pequeño.

Arquivolta aparecen os vintecatro anciáns que aparecen dialogando. Mostra a relación humana

Os instrumentos aparecen representados de forma minuciosa

A esquerda represéntanse os profetas e a dereita represéntanse os apóstolos. Gran naturalismo na figura do David ( aparece cun sorriso)

Na arquivolta da esquerda represéntase o paraiso. Na arquivolta da dereita represéntase o inferno:

aparecen os pecados capitais. Esta arquivolta e algo novedoso xa que a disposición das figuras e diferente o resto. Esta disposición xa é típica do Gótico

Pórtico da glória

Reconstrucción do Portico

Inferno: represéntase os pecados capitais

Disposición radial das figuras

Arbore de XeséCapitel da trinidade

Profetas

24 anciáns tocando os intrumentos

Apóstolo sedente

Cristo pantocratorTetramórfos

paraiso

benaventurados

Timpano do Portico da Gloria

Pecados capitais

Detalle do lado dereito