Post on 10-Mar-2016
description
�
U.D. 2: LEXISLACIÓN MERCANTIL E FISCAL
IES AMORÁ
C/ Paredes, S/N – 27400- Monforte de Lemos – Lugo
2º Bacharelato de Humanidades y Ciencias Sociais.
Economía de Empresa
CURSO 2011-2012
SILVIA VÁZQUEZ AUGUSTO
Economía, Administración de Empresas e Comercio na E. S. - - Mestrado para o profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria,
Formación Profesional e Ensino de Idiomas - - Universidade de Vigo - -Facultade de Educación de Ourense - - Curso 2011-2012
�
ÍNDICE
páxina
1. INTRODUCCIÓN …................................................................... 3
2. CONTEXTUALIZACIÓN …............................ ........................... 4
3. OBXECTIVOS …....................................................................... 5
4. CONTIDOS ………………………………………………………. 6
5. TEMPORALIZACIÓN …………………………………………… 8
6. METODOLOXÍA …………………………………………………. 10
6.1. METODOLOXÍA ................................. ............................ 10
6.2. ACTIVIDADES ................................. ........................... 11
6.3. ANEAE ....................................... ................................ 17
7. AVALIACIÓN …………………………………………………….. 18
�
INTRODUCCIÓN
Unha unidade didáctica é un documento no que se reflexa todo o necesario
para impartir as clases relacionadas cun tema, evitando así a improvisación.
Partindo de que os nosos alumnos deben alcanzar uns obxectivos estipulados
no currículo e que veñen da man duns contidos mínimos, que non son poucos,
nós, como profesores, deberemos programar o máis eficientemente posible a
distribución das clases (temporalización) e usar a metodoloxía e actividades
axeitas para que chegada a hora da avaliación tódolos nosos alumnos
alcancen a meta plantexada inicialmente. Ademais, tendo en conta que os
alumnos son os protagonista do proceso de ensinanza aprendizaxe, temos que
ter, en todo momento, en conta a súas necesidades persoais, a súa situación
psicosocial e económica, as características do centro no que están, ... é dicir,
todo aquilo que poida influír no seu aprendizaxe.
METODOLOXÍA
TEMPORALIZACIÓN
OBXECTIVOS CONTIDOS
AVALIACIÓN
�
CONTEXTUALIZACIÓN
Esta unidade didáctica está encadrada na materia de Economía da Empresa
2º de Bacharelato do itinerario de Humanidades e Ciencias Sociais e que ten
gran importancia no proceso de aprendizaxe dos alumnos debido ó carácter
económico da sociedade actual.
Esta unidade didáctica está deseñada para o IES Amorá situado nunha
pequena cidade no sur da provincia de Lugo onde a maior parte dos seus
habitantes son de clase media-baixa.
O instituto conta tódolos servizos básicos dende os educadores ata as
instalacións ou materiais.
Ímonos a dirixir a alumnos e alumnas de entre 17 e 18 anos, que en xeral teñen
unha aptitude positiva respecto da materia e que están totalmente centrados na
superación da PAUS as cales marcaran, ata certo punto, a marcha da
asignatura.
�
OBXECTIVOS
OBXECTIVOS XERAIS
- Valorar criticamente as posibles consecuencias das actuacións
empresariais.
- Conseguir un clima agradable, potenciando a participación e integración
dos alumnos nos grupos de traballo.
- Usar as tecnoloxías da información e da comunicación como medio para
comprender os feitos relevantes do ámbito empresarial.
- Fomentar a iniciativa, creatividade, autonomía persoal e a participación
dos alumnos.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
- Ofrecer unha visión clara e específica da normativa que regula o mundo
empresarial.
- Dar unha pincelada sobre o dereito Mercantil e Tributario en España.
- Coñecer as obrigacións do empresario no referente a creación e
funcionamento da empresa.
- Diferenciar as obrigacións tributarias máis correntes ás que están
suxeitos os empresarios.
�
CONTIDOS
CONTIDOS CONCEPTUAIS
- A lexislación mercantil
o Concepto e fontes.
o Obrigacións e dereitos da empresa.
o Normas contables.
o Competencia e publicidade.
o Propiedade industrial e defensa dos consumidores.
o O rexistro mercantil.
- A lexislación fiscal
o Concepto e fontes.
o Tributos e clases.
o Impostos e clases.
o Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas. (I.R.P.F.)
o Imposto de Sociedades (I.S.)
o Imposto sobre Actividades Económicas (I.A.E.)
o Imposto sobre o Valor Engadido (I.V.E.)
CONTIDOS PROCIDIMENTAIS.
- Coñecemento e uso da lexislación mercantil e fiscal.
- Uso correcto da linguaxe técnica do tema.
- Traballo en equipo.
- Uso das TICs.
�
CONTIDOS ACTITUDINAIS
- Conciencia da importancia e do papel social dos impostos.
- Entender a necesidade dos impostos como medio de distribución da
renda.
- Interese pola actividade empresarial e a fiscalidade aplicable.
TEMPORALIZACIÓN
Traballaremos esta unidade didáctica tendo en conta a secuenciación que se
formula no seguinte cadro:
TEMPORALIZACIÓN U.D. 2: LEXISLACIÓN MERCANTIL E FISCAL
S PARTES CONTIDOS ETAPAS T ACTIVIDADES
AULA CASA
1 Lexislación Mercantil e Fiscal
- Introdución do tema.
Introdución e conexión con outras unidades.
20’
Exposición inicial
Actividade 1
--- Análise dos coñecementos previos 20’
Resumen final + dubidas + actividades de casa + adianto próxima sesión.
10’
2 Lexislación Mercantil (I)
- Concepto e fontes.
- Obrigacións e dereitos das empresas.
- Normas contables
Repaso sesión anterior + resolución e/ou comentario actividades da casa
10’
Exposición dos contidos
Actividade 2
Exercicio 1 páxina 33 do libro de texto
Desenrolo dos contidos + actividades da aula.
30’
Resumen final + dubidas + actividades da casa + adianto próxima sesión.
10’
3 Lexislación Mercantil (II)
- Competencia e publicidade.
- Propiedade industrial e defensa dos consumidores.
- O Rexistro Mercantil.
Repaso sesión anterior + resolución e/ou comentario actividades da casa
10’ Exposición dos
contidos
Actividade 3
Actividade 4 Desenrolo dos contidos + actividades da aula.
30’
Resumen final + dubidas + actividades da casa + adianto próxima sesión.
10’
4 Lexislación Fiscal (I)
- Concepto e fontes.
- Tributos e clases.
- Impostos e clases.
Repaso sesión anterior + resolución e/ou comentario actividades da casa
10’
Actividade 5
Exposición dos contidos (alumnos).
Actividade 6 Desenrolo dos contidos + actividades da aula.
30’
Resumen final + dubidas + actividades da casa + adianto próxima sesión.
10’
Partindo desta temporalización inicial sempre cabe a posibilidade de
modificación e adaptación dependendo do desenrolo da clase.
5 Lexislación Fiscal (II)
- I.R.P.F.
- I.S.
Repaso sesión anterior + resolución e/ou comentario actividades da casa
10’ Exposición dos
contidos
Exemplos prácticos
Actividade 7
Actividade 7
Exercicio 18 da páxina 34 do libro
de texto.
Desenrolo dos contidos + actividades da aula.
30’
Resumen final + dubidas + actividades da casa + adianto próxima sesión.
10’
6 Lexislación Fiscal (II)
- I.A.E.
- I.V.E.
Repaso sesión anterior + resolución e/ou comentario actividades da casa
10’ Exposición dos
contidos
Exemplos prácticos
Actividade 8
Exercicios 10 e 11 da páxina 33 do libro de texto.
Actividade 8
Desenrolo dos contidos + actividades da aula.
30’
Resumen final + dubidas + actividades da casa + adianto próxima sesión.
10’
7 Lexislación Mercantil e Fiscal
- Repaso tema
- Traballo fin de tema.
Repaso sesión anterior + resolución e/ou comentario actividades da casa
10’
Resumo final do tema
Actividade 9 --- Repaso final do tema + proposta
traballo fin de tema. 30’
Resumen final + dubidas + adianto próxima sesión.
10’
��
METODOLOXÍA
METODOLOXÍA
Tentando sempre levar a cabo unha metodoloxía activa, amena, participativa e
que fomente o espírito crítico e ético dos alumnos así como a interacción social
e o traballo en grupo. A idea é fomentar ante todo unha aprendizaxe
significativa, é dicir, iranse introducindo diferentes tipos de actividades e
estratexias de ensinanza tendo en conta cales se poden adaptar mellor os
coñecementos previos do alumno e á compresión dos contidos que se están a
dar en cada momento.
A miña intención é darlle unha esquema fixo as clase centrais: repaso clase
anterior e actividades de casa; exposición do tema e traballo práctico na clase
e finalmente resumo do día, adianto da seguinte sesión e plantexamento das
actividades de clase. Con isto conseguiremos darlle seriedade a clase e, ó
mesmo tempo, que os alumnos sexan conscientes en todo momento do que se
lles pide e do que teñen que aportar . Iso si, para evitar a monotonía, tentarei
que cada día a exposición do tema sexa de forma distinta (clase maxistral con
encerado, pawer point ou libro de texto, preparación e exposición dos alumnos,
….) e que as actividades sexan variadas (análisis de textos, resolución de
exercicios prácticos, xogos, ….).
Xa para rematar o tema, dedicarei unha última sesión a asentar conceptos e
ver o éxito ou fracaso das estratexias utilizadas ó longo do tema. Nesta parte,
poderemos deixar voar a imaxinación introducindo actividades con TICs ou
calquera outro medio innovador como a webquest.
��
ACTIVIDADES
ACTIVIDADE 1: COÑECEMENTOS PREVIOS
OBXECTIVO: Coñecer o nivel da clase neste tema analizado os seus coñecementos previos a través da
resolución dun crucigrama.
DURACIÓN: 20’ MATERIAL: Crucigrama
DESCRIPCIÓN: Esta actividade consiste en proporlle ós alumnos a resolución do sinxelo crucigrama
que a continuación se mostra.
A actividade contará con dúas partes: na primeira os alumnos tentarán resolver o crucigrama
individualmente ou en pequeno grupo (10’), na segunda farase unha posta en común entre toda a clase
tentado resolver tódalas definición sendo o profesor quen corrixa as respostas e faga as aclaración
que sexan precisas (10’).
��
ACTIVIDADE 4: PATENTES
OBXECTIVO: Investigar a través da rede distintas invencións e signos distintivos para permitirlle os
alumnos comprobar a normalidade destas patentes e entender mellor o seu significado.
DURACIÓN: 30’ MATERIAL: Ordenador con conexión a internet.
DESCRIPCIÓN: Esta actividade consiste en invitar os alumnos a facer unha
pequena investigación sobre as patente máis rechamante rexistradas na historia
da propiedade industrial.
Cada alumno deberá recadar 3 patentes que considere rechamantes xa que na clase seguinte terá que
compartilas cos seus compañeiros explicando o por que da súa elección e da existencia da mesma.
ACTIVIDADE 5: MAPAS CONCEPTUAIS + EXPOSICIÓN
OBXECTIVO: Familiarizar ós alumnos con técnicas de estudio (mapas conceptuais, esquemas,....)
fomentando a súa capacidade de síntese e exposición en grupo.
DURACIÓN: 30’ MATERIAL: Libro de texto, cartolinas, tesoiras,
pegamento, rotuladores, ....
DESCRIPCIÓN: Esta actividade ten dúas partes:
Primeiro, os alumnos
divididos en tres grupos
deberán elaborar un
esquema dun destes tres
puntos do tema: tributos e
clases, impostos e clase e
elementos dos impostos. O
esquema plasmarase nun
cartolina que servirá de
apoio para a exposición.
Segundo, cada grupo expoñerá ós compañeiros a parte que lles tocou en termos entendibles para todos
sempre apoiados polas indicación do profesor.
Todos os levarán unha copia dos esquemas ou mapas conceptuais que lles entregará o profesor unha vez
corrixidos.
��
ACTIVIDADE 8: SUPOSTOS PRÁCTICOS.
OBXECTIVO: Asentar coñecementos acerca da liquidación do IS e do IVA a través de exercicios
prácticos.
DURACIÓN: 1h MATERIAL: Supostos prácticos, caderno e
bolígrafo.
DESCRIPCIÓN: Esta actividade consiste en proporlle ós alumnos a resolución dos seguintes
exercicios:
1. A empresa Soles, SL, dedícase á fabricación de toldos. Durante o exercicio presenta a seguinte
relación de gastos e ingresos:
• Alugueres da nave onde realiza a súa actividade, 1 000 €.
• Materias primas, 4 000 €.
• Venda de toldos, 8 000 €.
• Ingresos en concepto de servizos prestados para a instalación de toldos xa instalados, 2 000 €.
• Dividendos de unas acciones de Repsol, 5 000 €.
• Pago de salarios ós empregados, 6 000 €.
• Intereses dun préstamo que debe devolver en breve,1 500 €.
Halla o resultado desta empresa e, se é o caso, aplícalle o imposto correspondente.
2. Unha empresa compra a un provedor materia prima por valor de 12 000 € e, unha vez
manufacturada, véndea a un cliente por valor de 22 000 €. Sabendo que o tipo impositivo do IVA é
do 18 %, calcula qué se debería ingresar a Facenda y quen son o suxeito pasivo y o contribuínte da
operación.
3. A empresa Deseño, SL dedicase á realización de proxectos
para deseños de interiores de vivendas.
Durante o exercicio presenta a seguinte relación de gastos
e ingresos:
• Alugueres do local onde realiza a súa actividade, 1 000 €.
• Materiais para a execución de maquetas, 8 000 €.
• Ingresos procedentes da súa actividade, 10 000 €.
• Ingresos por intereses bancarios, 2 000 €.
• Dividendos dunhas accións de Telefónica, 12 000 €.
• Pago de salarios ós empregados, 7 000 €.
• Intereses dun préstamo que debe devolver en breve, 2 500 €.
• Pago de suministros (luz, auga, …), 1 000 €.
Halla o resultado desta empresa e, no seu caso, aplícalle o imposto correspondente.
4. A empresa Soles, SA compra materia prima por valor de 7 000 € e vende produtos por valor de
15 000 €. Ademais, paga facturas de suministros por valor de 1 200 € e salarios por 6 900 €.
Calcula a liquidación do IVA sabendo que o tipo impositivo é do 18 % e o papel de Hacienda.
Esta actividade comezarase na clase e o que quede pendente rematarase na casa.
��
ACTIVIDADE 9: TRABALLO CON TICS.
OBXECTIVO: Familiarizar ós alumnos co uso das TICs aplicadas a liquidación de impostos.
DURACIÓN: 30’ MATERIAL: Aula de informática + Microsoft
Excel.
DESCRIPCIÓN: Esta actividade consiste na resolución do seguinte suposto práctico coa axuda do
programa informático Microsoft Excel.
1. A empresa Flores, SA pose os seguintes documentos financeiros:
i. Facturas de ventas por importe de 2000 €.
ii. Facturas de compras de materias primas: 1000 €.
iii. Facturas de abono de compras: 130 €.
iv. Facturas da luz por 120€.
v. Facturas do teléfono: 80 €.
vi. Factura de combustible: 300 €.
vii. Facturas de aluguer: 900 €.
viii. Recibo de gastos financeiros: 50 €.
ix. Recibo po unha subvención de explotación: 1500 €.
x. Recibos de nóminas: 600 €.
xi. Recibos de TCs: 120 €.
Calcula o resultado do exercicio, a liquidación do IS e do IVA.
No Excel podes utilizar unha táboa coma a seguinte coas correspondentes fórmulas para chegar o
resultado do exercicio.
�
AVALIACIÓN
INICIAL
Está relacionada co resultado da actividade 1 de coñecementos previos. Este
resultado marcará o nivel que se lle dará a toda a unidade didáctica e os
resultados finais que se esixirán.
CONTÍNUA
Consiste na observación diaria do alumno prestando especial atención: ás
actitudes individuais e en grupo na aula e ó traballo na clase e na casa (10%).
FINAL
Terá en conta dous puntos:
- Resultado traballo fin de tema (20%).
- Exame final (70%). Este exame poderase facer ó final de cada tema ou
xuntalo con varios temas.
RECUPERACIÓN
Aqueles alumnos que non superen o tema por avaliación continua poderán
facer un traballo/exame de recuperación en cada avaliación e outro ó final de
curso. Dependendo da situación do alumno elixirei un método ou outro.