Post on 01-Aug-2020
O
O2
O2 O2
O2
O2 O2O2
O2
“Medidas para diminuír os impactos da carga gandeira no marco do proxecto LugO2: asesoramento na ecoxestión de
residuos agrogandeiros”.
UNIDADE DIDÁCTICA
ÍNDICE:
1. INTRODUCIÓN .................................................................................................................. 1
2. OBXECTIVOS .................................................................................................................... 3
2.1 Obxectivo xeral .......................................................................................................... 3
2.2 Obxectivos específicos............................................................................................. 3
2.3 A agricultura e o medio ambiente ........................................................................... 3
3. DESTINATARIOS .............................................................................................................. 5
4. ANÁLISE AMBIENTAL DAS EXPLOTACIÓNS ............................................................ 7
4.1 Contido da análise ambiental .................................................................................. 7
4.2 Identificación e avaliación dos aspectos medioambientais ................................ 7
4.3 Vantaxes da xestión ambiental ............................................................................... 8
4.4 A auditoría como ferramenta ambiental .............................................................. 10
4.4.1 Auditoría de residuos ..................................................................................... 11
5. OS IMPACTOS QUE OCASIONA A CARGA AGROGANDEIRA NO ÁMBITO DE
ACTUACIÓN DE LUGO2......................................................................................................... 15
5.1 A actividade agraria ................................................................................................ 15
5.2 Efectos das actividades agrogandeiras sobre o medio ambiente ................... 16
5.2.1 Impactos provocados pola agricultura ........................................................ 18
5.2.2 Impactos provocados pola gandaría ........................................................... 19
5.2.2.1 Descrición das explotacións tipo na provincia de Lugo ................... 22
5.2.2.2 Integración das actividades agrogandeiras en espazos naturais
protexidos ...................................................................................................................23
6. INDICADORES MEDIOAMBIENTAIS NAS EXPLOTACIÓNS................................. 25
7. CONCLUSIÓNS............................................................................................................... 30
GLOSARIO DE TERMOS: -Acidificación: incremento da concentración de ións hidróxeno nas solucións do
solo.
-Amoníaco: gas incoloro, máis lixeiro ca o aire, composto de hidróxeno e
nitróxeno, que se emprega na fabricación de fertilizantes nitroxenados.
-Agroecolóxico: relativo á agroecoloxía, é a aplicación dos conceptos e
principios da ecoloxía ao deseño, desenvolvemento e xestión de sistemas
agrarios sostibles.
-Agroecosistema: ecosistema sometido polo home a continuas modificacións
dos seus compoñentes bióticos (plantas e animais) e abióticos (que non son
produtos dos seres vivos).
-Agroquímico: relativo á agroquímica, parte da química que estuda os procesos
relacionados coa agricultura.
-Biodiversidade: termo que fai referencia á ampla variedade de seres vivos
sobre a Terra e aos patróns naturais que os conforman, resultado de miles de
anos de evolución segundo os procesos naturais, e tamén da influencia
crecente das actividades do ser humano.
-Capa freática: primeira capa de auga subterránea que se atopa ao realizar
unha perforación e a máis susceptible á contaminación por acción do home.
-Catión: ión de carga positiva, formado por un átomo que perdeu un ou máis
electróns ou por un grupo de átomos de composición definida.
-CO2 eq: é a unidade de medida universal empregada para indicar o potencial
do quentamento global do planeta que producen GEI que se atopan en menor
concentración na atmosfera que o CO2, mídese en termos de equivalencia
segundo unhas táboas establecidas nas que, por exemplo, un millón de
toneladas de metano (CH4) emitido mídese coma 23 millóns de toneladas
métricas de equivalente de CO2, ou 23 millóns de MtCO2 eq.
-Climatoloxía: disciplina que ten coma obxectivo o estudo dos climas da Terra e
a súa distribución, así coma dos seus efectos.
-Desertificación: degradación persistente dos ecosistemas producido polas
variacións climáticas e a actividade do home.
-Ecosistema: é un sistema natural vivo que está formado por un conxunto de
organismos vivos (biocenose) e o medio físico onde se relacionan, biotopo.
-Ensilado: acción de ensilar. Produto que se obtén da conservación da herba
fresca en forma de grandes masas comprimidas evitando o seu contacto co
aire.
-Erosión: conxunto de procesos que sofre o solo e que o modifican. Os
principais axentes erosivos son o vento, a auga, a amplitude térmica e a acción
dos seres vivos.
-Escorrentía: lámina de auga que circula por unha conca de drenaxe, é dicir, a
altura da auga de choiva escorrida e estendida dependendo da pendente do
terreo.
-Faunística: relativo á fauna, conxunto de especies animais que habitan nun
territorio determinado.
-Feces: conxunto de materiais constituído polas substancias sometidas a
dixestión e eliminadas a través do orificio anal.
-Fitosanitarios: aplícase ao produto que se emprega contra os parasitos e as
enfermidades das plantas.
-Fosa: sinónimo foxa, lugar de almacenamento de subprodutos coma o esterco
e xurros que deben estar cubertas para evitar a entrada de auga de choiva,
tamén deben estar impermeabilizadas para evitar filtracións roturas ou poros
ocultos que poidan producir fugas con risco de contaminación do solo e
acuíferos.
-Fósforo (P): xunto co nitróxeno (N) e on potasio (K), é o nutrinte que máis
incide na produción de cultivos.
-Fluxo másico: sinónimo caudal másico, é o fluxo de masa ou volume que pasa
a través dunha área de sección nun intervalo de tempo definido (Kg/s; Kg/min;
m3/s; L/h, etc.)
-Hábitat: área que reúne as características físicas e biolóxicas necesarias para
a supervivencia e reprodución dunha especie.
-Impacto ambiental: efecto que produce unha determinada acción humana
sobre o medio ambiente nos seus distintos aspectos.
-Insolubilizarse: facerse insoluble, que non se pode disolver nun líquido.
-Insumos: é un ben consumible empregado no proceso produtivo de outro ben.
En xeral os insumos perden as súas propiedades e características para
transformarse e formar parte do produto final. Os insumos nunha explotación
son, por exemplo, os abonos químicos, os pensos, a electricidade, etc.
-Lixiviado: líquido producido cando a auga circula e fíltrase a través de calquera
material permeable
-Microfauna: conxunto de animais microscópicos propios dun ecosistema.
-Microflora: flora microscópica do solo, está formada principalmente por
numerosas especies de fungos e bacterias que teñen unha grande importancia
nos procesos de rexeneración de nutrientes, descomposición de sustancias
orgánicas, formación e fertilización do solo.
-Micronutrientes: substancias que o organismo dos seres vivos precisa en
pequenas doses.
-Multifuncional: conxunto de accións desempeñadas pola actividade agraria,
produción de bens, servizos comerciais e non comerciais.
-Nitrato: substancia química, algúns deles empréganse coma fertilizantes dos
solos de cultivo.
-Ouriños: sinónimo mexo, líquido de cor ambarada e olor característico que
excretan os riles.
-pH: índice que expresa o grao de acidez ou alcalinidade dunha disolución.
Entre 0 e 7 a disolución é aceda, e de 7 a 14, básica.
-Potasio (K): nutrinte esencial para as plantas xunto co fósforo (P) e o nitróxeno
(N). A deficiencia deste elemento fai que as plantas medren lentamente.
-Salinización: proceso de acumulación nos solos das sales disoltas en auga. As
consecuencias da salinización do solo é a perda da súa fertilidade, aínda que
se trata dun proceso reversible.
-Sodificación: acumulación de sodio (Na) na auga do solo.
-Soluble: que é susceptible de ser disolto.
“Medidas para diminuír os impactos da carga gandeira no marco do proxecto LugO2: asesoramento na ecoxestión de residuos
agrogandeiros” 1
1. INTRODUCIÓN
Esta Unidade Didáctica entrégase no marco da actuación 3.1 (“Medidas para
diminuír os impactos da carga gandeira”) do proxecto LugO2 da Deputación
Provincial de Lugo, cofinanciado nun 70% por fondos FEDER da Unión
Europea.
A través desta actuación búscase fomentar accións de educación dirixidas a
agricultores e gandeiros para mellorar as súas prácticas agrícolas e conseguir
así unha diminución dos impactos debidos á carga gandeira no medio. O feito é
que a adecuada xestión dos residuos presenta vantaxes obxectivas para a
propia explotación independentemente das vantaxes medioambientais xerais,
tal e como se porá de manifesto ao longo da presente Unidade Didáctica.
O proxecto LugO2 é un Proxecto Integral de Rexeneración Rural, desenvolvido
nas tres Reservas da Biosfera da provincia de Lugo (Terras do Miño, Os
Ancares, Río Eo-Os Oscos-Terras de Burón) e a Serra do Courel, cuxo
obxectivo xeral é o desenvolvemento endóxeno dos municipios incluídos nos
espazos naturais protexidos da provincia de Lugo a través da posta en valor
dos recursos naturais dispoñibles e a sensibilización medioambiental de
habitantes e visitantes dende unha perspectiva de sostenibilidade, participación
cidadá e innovación.
Este obxectivo xeral concretase nuns obxectivos específicos:
- Desenvolvemento endóxeno dos municipios rurais a través da posta en
valor dos recursos naturais.
- Sensibilización e formación medioambiental de habitantes e visitantes.
- Desenvolvemento dun modelo de turismo rural sustentable.
“Medidas para diminuír os impactos da carga gandeira no marco do proxecto LugO2: asesoramento na ecoxestión de residuos
agrogandeiros” 2
- Promover a creación de empresas e a xeración de emprego ligadas ao
medio ambiente e aos recursos naturais.
- Ofrecer maiores posibilidades profesionais aos xóvenes titulados para
evitar a fuga de coñecementos.
- Favorecer a inclusión social dos colectivos máis desfavorecidos.
- Promover o uso e o coñecemento das novas tecnoloxías.
“Medidas para diminuír os impactos da carga gandeira no marco do proxecto LugO2: asesoramento na ecoxestión de residuos
agrogandeiros” 3
2. OBXECTIVOS
2.1 Obxectivo xeral
• Mellorar o contorno natural e a calidade medioambiental.
2.2 Obxectivos específicos
o Minimizar o impacto medioambiental das actividades agrogandeiras.
o Valorización dos residuos aproveitando os recursos contidos nos
residuos (nutrientes para uso agrícola ou enerxía).
o Fomentar a aplicación do Código de Boas Prácticas Agrarias.
o Evitar problemas de contaminación das augas próximas ás
explotacións, tanto superficiais coma subterráneas, incluíndo as da
propia explotación.
2.3 A agricultura e o medio ambiente
Ata ben entrado o século XX, a agricultura constituíu o alicerce básico da
actividade económica, destinada, exclusivamente, ao abastecemento de
alimentos e outros bens, sen tomar conciencia do seu valor na conservación da
biodiversidade, na modulación da paisaxe, etc. Nos últimos anos foron
adquirindo unha maior importancia aquelas funcións da agricultura, distintas á
puramente produtiva, poñendo de manifesto o carácter multifuncional da
actividade agraria, que engloba os compoñentes socioeconómicos, e
recoñecéndose os efectos positivos desta no medio ambiente.
As comunidades rurais mantiveron o equilibro medioambiental ao longo dos
séculos, compaxinando a súa actividade humana co medio natural sen interferir
na evolución dos sistemas ecolóxicos. Esa forma de actuar mantiña un
equilibrio medioambiental. Con todo, este delicado equilibrio sufriu alteracións
“Medidas para diminuír os impactos da carga gandeira no marco do proxecto LugO2: asesoramento na ecoxestión de residuos
agrogandeiros” 4
que introduciron dinámicas irreversibles que poden levar á transformación
radical do ecosistema.
Foto 1: Paisaxe agraria galega
A agricultura e a gandaría, quizais foron o último dos grandes sectores
económicos no que as medidas ambientais entraron a formar parte do seu “que
facer” diario, pero penetrou con moita forza en moi poucos anos.
A transformación de determinadas prácticas de produción agraria, como
consecuencia de desenvolvemento das explotacións agrícolas en Galicia,
xurdiu acompañado da aparición de novas formas de subprodutos asociados,
en grande medida, á intensificación e especialización produtiva, e estanse a
xerar grande cantidade de xurros que o gandeiro non é capaz de xestionar a
través da simple fertilización nas súas terras polo que o excedente supón un
problema para o gandeiro e o medio ambiente.
“Medidas para diminuír os impactos da carga gandeira no marco do proxecto LugO2: asesoramento na ecoxestión de residuos
agrogandeiros” 5
3. DESTINATARIOS
Os destinatarios desta acción son os responsables das explotacións agrícolas
gandeiras do ámbito de actuación do Proxecto LugO2.
O sector agrario desempeña un importante papel na realidade socioeconómica
de Galicia, ademais de contribuír á conservación da paisaxe e o medio
ambiente.
Os agricultores e gandeiros teñen que desempeñar un papel positivo no
mantemento dos espazos naturais e o medio ambiente a través de medidas
específicas de desenvolvemento rural, a parte da rendibilidade das actividades
agrarias. É importante que dispoñan de tódalas ferramentas posibles para
desenvolver as súas actividades encamiñadas cara a conservación do contorno
que os rodea.
A provincia de Lugo é unha das provincias galegas que posúe un maior número
de explotacións de gando bovino, 17.962 segundo o IGE 2007. As zonas que
abrangue este proxecto ten rexistradas un total de 11.586 explotacións, dato
que supón un 65% do total da provincia. Abórdase, así, a necesidade de
fomentar prácticas agrarias sostibles en espazos naturais protexidos.
“Medidas para diminuír os impactos da carga gandeira no marco do proxecto LugO2: asesoramento na ecoxestión de residuos
agrogandeiros” 7
4. ANÁLISE AMBIENTAL DAS EXPLOTACIÓNS 4.1 Contido da análise ambiental
A xestión ambiental nas explotacións agrogandeiras está enfocada cara a
prevención ambiental. O que se pretende é, por unha banda, reducir ou
eliminar os efectos prexudiciais que certos aspectos destas actividades poden
provocar no medio ambiente e por outra banda, procurar un desenvolvemento
máis eficiente e sostido.
A análise ambiental realiza a revisión de:
- Os requisitos legais, regulamentarios que afectan á explotación.
- A determinación de todos os aspectos ambientais xerados,
identificando tanto os aspectos directos como indirectos. Co fin de
determinar aqueles que teñan un impacto ambiental significativo. Os
aspectos significativos deben quedar rexistrados.
- Os criterios empregados para a avaliación do impacto que xeran os
aspectos sobre o medio ambiente.
- As prácticas e procedementos de xestión ambiental existentes.
- A información dispoñible acerca das investigacións de incidentes
previos cunha repercusión ambiental.
- As posibles queixas dos veciños acerca das actividades da
explotación.
4.2 Identificación e avaliación dos aspectos medioambientais
Na identificación de aspectos débense ter en conta os aspectos ambientais
directos e indirectos.
Con fin de determinar aqueles que teñan un impacto ambiental significativo,
débense establecer uns criterios de avaliación. Os criterios que se establezan,
“Medidas para diminuír os impactos da carga gandeira no marco do proxecto LugO2: asesoramento na ecoxestión de residuos
agrogandeiros” 8
deben ser xerais, reproducibles, independentes e estar a disposición do
público.
Os criterios de avaliación poden incluír entre outros os seguintes elementos:
- Datos sobre a incidencia no medio, o consumo de recursos naturais,
xeración de residuos, verteduras, emisións, etc.
- Puntos de vista de partes interesadas.
- Aspectos suxeitos a algún requisito legal ambiental.
- Deseño, desenvolvemento, fabricación, distribución, mantemento,
utilización, reutilización, reciclado e eliminación dos produtos xerados
pola explotación.
- Actividades da empresa que teñan custos e beneficios ambientais
máis significativos.
A avaliación incluirá os aspectos presentes, pasados e futuros e os xerados en
condicións normais de funcionamento, arranque e parada e nos posibles casos
de emerxencia.
4.3 Vantaxes da xestión ambiental
A aplicación de sistemas de xestión ambiental pode proporcionar ás
explotacións as seguintes vantaxes:
Facilita a mellora da eficiencia dos procesos debido a un maior
coñecemento das actividades que se levan a cabo na explotación e a
unha optimización das materias primas e dos recursos naturais a
empregar. Isto supón:
- Aforro de custos.
- Maior control do uso de materias primas e de enerxía.
- Optimización dos custos derivados da xestión e tratamento de
residuos e emisións. A redución de residuos e emisións é unha
“Medidas para diminuír os impactos da carga gandeira no marco do proxecto LugO2: asesoramento na ecoxestión de residuos
agrogandeiros” 9
consecuencia directa dunha correcta optimización do uso de
materias primas, auga e enerxía, o cal produce unha diminución
do impacto destes no medio ambiente.Si esta redución vai
acompañada dunha adecuada xestión, conséguense beneficios
económicos asociados con: coa diminución do pago de taxas ou
canons por volume de contaminante emitido ao medio, diminución
dos custos de tratamento, almacenamento, transporte de residuos
e diminúe as emisións á atmosfera de gases de efecto
invernadoiro.
- Redución de custos en materia de transporte, almacenamento e
embalaxe.
Diminución dos custos asociados co dano ambiental, xa que facilita a
adaptación á normativa vixente e das futuras normas ambientais que
afecten ás explotacións agrogandeiras, que conleva:
- Evitar multas e sancións
- Reducir os riscos de demanda de responsabilidades civís e
penais.
- Mellorar as relacións coa Administración pública, o cal se ve
reflectido en facilitar a concesión de permisos e licenzas
- Facilidades de financiamento, favorecendo a posibilidade de
recibir axudas públicas para levar a cabo acciones
medioambientais e espertando a confianza de inversores.
- Diminución do risco de accidentes ambientais e por tanto dos
custos que se derivan.
Mellora da competitividade, xa que a optimización dos procesos
produtivos, a redución de custos e o incremento do rendemento se ven
favorecidos.
Mellora da imaxe. A implantación dun sistema de xestión ambiental, nas
explotacións agrogandeiras, garante a mellora do comportamento
ambiental desta ante empregados, consumidores, Administración e
posibles inversores.
“Medidas para diminuír os impactos da carga gandeira no marco do proxecto LugO2: asesoramento na ecoxestión de residuos
agrogandeiros” 10
Clarifica a actitude das explotacións cara ao medio ambiente.
Facilita o cumprimento da lexislación existente e das futuras normas
ambientais que poidan afectar ás explotacións, isto suporá:
- Aforro de sancións por infraccións.
- Facilitará as concesións de permisos e licenzas.
- Aumentará as posibilidades de recibir axudas públicas para levar
a cabo actuacións ambientais.
Maior formación dos traballadores, promove a formación en cuestións
medioambientais así coma a participación e colaboración de tódolos
traballadores.
4.4 A auditoría como ferramenta ambiental
A auditoría ambiental constitúe unha das ferramentas técnicas con que se
conta para identificar as áreas ambientalmente críticas dun proceso e para
formular solucións técnicas e de xestión que sexan apropiadas. A literatura
especializada acuñou o termo, baixo a seguinte definición:
Ferramenta de xestión que consiste nunha avaliación sistemática,
documentada, periódica e obxectiva da efectividade da organización, a
xerencia e os equipos ambientais, para protexer o medio ambiente, mediante
un mellor control das prácticas ambientais e a avaliación do cumprimento das
políticas ambientais da empresa, incluíndo os requirimentos legais.
Logo, a auditoría ambiental, nas explotacións agrogandeiras, é un exame
metódico que implica análise, testeos e comprobacións das prácticas e
procedementos ambientais da explotación ou parte dela. En si mesmo, o termo
“auditoría” é sinónimo de revisión e verificación de diversos aspectos. Na súa
expresión máis moderna, a auditoría ambiental é a compoñente clave dun
sistema de xestión ambiental.
“Medidas para diminuír os impactos da carga gandeira no marco do proxecto LugO2: asesoramento na ecoxestión de residuos
agrogandeiros” 11
Como resultado a auditoría ambiental, aplicado ás explotacións agrarias,
permite obter información acerca da efectividade da xestión da explotación,
identificar problemas asociados ao seu funcionamento, identificar novos
desafíos ambientais e propor medidas de prevención e mitigación apropiadas.
As auditorías de diagnóstico preliminar, de cumprimento legal e de residuos
son as de maior relevancia para a realidade actual das explotacións en Galicia.
Moitas destas explotacións carecen de información respecto do comportamento
ambiental das súas actividades. A auditoría de diagnóstico permite identificar
as principais fontes de perdas e visualizar posibles alternativas de solución.
4.4.1 Auditoría de residuos
Neste caso, a análise dos balances de materia e enerxía constitúe un dos
alicerces deste tipo de auditorías, xa que permite avaliar os fluxos de recursos
a través do proceso e identificar aquelas actividades que presentan maior
potencial de perdas.
Para levar a cabo esta auditoría, é conveniente comezar considerando a
globalidade da explotación, definindo claramente as correntes de entrada e
saída:
As correntes de entrada ou insumos inclúen:
- Materias primas.
- Subministracións (vapor, auga).
- Combustibles, enerxía eléctrica.
As correntes de saída, normalmente, inclúen:
- Produtos semielaborados.
- Produtos rematados.
- Residuos (líquidos, sólidos e gasosos).
“Medidas para diminuír os impactos da carga gandeira no marco do proxecto LugO2: asesoramento na ecoxestión de residuos
agrogandeiros” 12
É importante ter unha completa descrición do proceso, o tipo de operación (p.
ex.: continua, descontinua), frecuencia de operación e estacionalidade.
Logo, débese subdividir o proceso de produción nas súas principais etapas,
seguindo a orde lóxica das operacións, sen entrar en maiores detalles técnicos.
Interesa definir, para cada etapa, os fluxos de materiais e enerxía, así como as
condicións de operación básicas (temperatura, presión, concentracións).
Débense identificar todas as correntes de entrada e saída para cada etapa, e
os fluxos másicos respectivos (p. ex.: kg/día). É importante identificar a
presenza de compostos perigosos (tóxicos, explosivos, inflamables, corrosivos,
etc.) e a existencia de condicións operacionais extremas (temperaturas e
presións extremas). Iso permite identificar perigos potenciais e avaliar o nivel
de risco operacional involucrado.
En base a estes resultados, débese determinar a importancia de cada etapa,
en base á cantidade e tipo de residuos que xeran, os recursos consumidos, os
niveis de riscos involucrados e a súa importancia no proceso.
Deste xeito, pódense identificar aquelas etapas que deben ser estudadas con
maior detalle.
Nunha fase posterior, detállanse as operacións incluídas nas devanditas etapas
críticas e identifícanse e cuantifican as súas respectivas correntes de entrada e
saída. Aquelas operacións que demostren ser principais fontes de residuos, de
consumo de recursos, de perdas e que representan un significativo risco
operacional, deben avaliarse detalladamente, coa axuda de expertos no tema.
Deberanse identificar posibles fallas nos procedementos de mantemento, ou
nos sistemas de medición/monitoreo de variables claves, fallas no control de
“Medidas para diminuír os impactos da carga gandeira no marco do proxecto LugO2: asesoramento na ecoxestión de residuos
agrogandeiros” 13
calidade, debilidades no nivel de adestramento, falta de
motivación/compromiso, ou outras causas.
Conxuntamente, é necesario recompilar datos sobre as características do
contorno e dos recursos directamente afectados pola actividade, para así
avaliar os efectos ambientais máis significativos. Coa devandita información, o
avaliador estará en condicións de formular e avaliar diferentes alternativas para
minimizar tales perdas e, por conseguinte, reducir o impacto ambiental.
Neste tipo de auditorías faise esencial a fase na que se produce a identificación
das opcións de redución dos residuos:
Identificar e caracterizar os principais problemas dos residuos.
Identificar medidas de redución obvias.
Identificar e avaliar a segregación dos residuos
Identificar medidas de redución a longo prazo.
“Medidas para diminuír os impactos da carga gandeira no marco do proxecto LugO2: asesoramento na ecoxestión de residuos
agrogandeiros” 15
5. OS IMPACTOS QUE OCASIONA A CARGA AGROGANDEIRA NO ÁMBITO DE ACTUACIÓN DE LUGO2
5.1 A actividade agraria
A actividade agraria baséase no uso dos recursos naturais (auga, chan e aire)
e incide de forma importante sobre o espazo, de maneira que en moitos países,
ao longo da súa historia, a agricultura modelou unhas paisaxes rurais nos que
os elementos achegados pola acción humana únense aos naturais formando
un conxunto que constitúe actualmente un patrimonio de elevado valor histórico
e cultural. Doutra banda, factores como a configuración física do terreo ou a
climatoloxía condicionaron distintas formas ou modalidades da actividade
agraria que mostran unha gran diversidade entre países, e mesmo dentro dun
mesmo país. España é un bo exemplo desta diversidade cos bosques e
pradarías da cornixa Cantábrica, os hortos e laranxeiros do leste e sueste, os
extensos cultivos herbáceos das mesetas castelás, etc, sen contar as
peculiaridades das zonas semidesérticas ou desérticas, así como das
exclusivas paisaxes canarias, cultivados moitas veces en terrazas con terreos
artificialmente preparados.
En Galicia, comunidade cunha grande vocación agrícola-forestal, predominan
os solos ácidos e areosos, pouco profundos, e, por conseguinte, pouco fértiles
a priori, pero cun importante compoñente moi abundante de materia orgánica,
que unida ás nosas condicións climatolóxicas: temperaturas moderadas e
abundante humidade en forma de choiva, vén a resolver ou paliar o problema
da fertilidade. Naturalmente tamén hai solos areo-limosos moi fértiles e outros
moi arxilosos pobres en materia orgánica, afortunadamente minoritarios.
O contido de materia orgánica dos solos de cultivo en Galicia e máis
concretamente na provincia de Lugo, situase nun promedio do 6% (moi por riba
do 2% que algúns autores consideraban coma límite por debaixo do cal a
degradación do solo é inevitable), o que se debe ao carácter orgánico do
“Medidas para diminuír os impactos da carga gandeira no marco do proxecto LugO2: asesoramento na ecoxestión de residuos
agrogandeiros” 16
mantemento do solo. Aínda que tamén se sabe que ese promedio descendeu
nas últimas décadas. Dado que os solos agrícolas poden perder ata un 50% do
seu contido en carbono (nutrinte esencial para o crecemento dos vexetais),
debido a que moitas das técnicas de cultivo empregadas actualmente
ocasionan unha diminución da materia orgánica do solo, ademais de verse
afectados os réximes de humidade e temperatura do solo, favorecese a
oxidación da materia orgánica ao romperse os agregados que conforman este
pola acción do laboreo e quedan expostos os materiais orgánicos que eran
inaccesibles a unha descomposición rápida.
5.2 Efectos das actividades agrogandeiras sobre o medio ambiente
Os principais efectos das actividades agrogandeiras sobre o medio ambiente,
segundo o recurso natural ao que afecten, son os seguintes:
Calidade do aire:
- Emisións de po, cheiros, amoníaco, gases de efecto invernadoiro
(negativos).
- Absorción de dióxido de carbono (positivo) pola función fotosintética.
- Utilización eficiente da enerxía (positivo).
Calidade do chan:
- Aumento ou diminución da erosión (negativo ou positivo).
- Achega de elementos nutrientes (positivo ou negativo).
- Salinización, sodificación, acidificación (negativos).
- Mantemento de niveis óptimos de materia orgánica (positivo).
- Depósito de residuos (negativo).
Cantidade da auga:
- Sobreexplotación das unidades hidroxolóxcas (negativo).
- Eficiencia no uso da auga (positivo ou negativo).
“Medidas para diminuír os impactos da carga gandeira no marco do proxecto LugO2: asesoramento na ecoxestión de residuos
agrogandeiros” 17
- Capacidade de retención da auga (positivo ou negativo).
- Prevención de inundacións (positivo ou negativo).
- Redución do caudal dos ríos (negativo). Calidade da auga.
- Escorrentía e lixiviado de elementos contaminantes (nitratos, catións
pesados e sustancias agroquímicas) e presenza de sedimentos
(positivo para o chan, negativo para acuíferos e augas superficiais).
- Salinización (negativo).
- Cambios na capa freática (normalmente negativos).
- Xeración de verteduras (negativo).
Biodiversidade:
- Especies vexetais e animais tanto domésticas como silvestres de
carácter autóctono que se conservan (positivo) ou desaparecen
(negativo) como consecuencia da actividade agraria.
- Mantemento de especies naturais asociadas aos agroecosistemas
(positivo).
Xeración de residuos:
- Gran volume de residuos, como plásticos e restos de colleitas
(negativo, aínda que positivo no caso da compostaxe ou
recuperación para produción de materia orgánica ou enerxía).
- Esterco e xurros de animais (negativo, pero positivo no caso de boa
utilización do esterco).
- Produtos químicos, fertilizantes e fitosanitarios (negativo).
- Residuos procedentes da industria alimentaria, envases e embalaxes
(negativo).
Hábitats:
- Desaparición de hábitats (negativo).
- Mantemento ou creación de novos hábitats relacionados coa
actividade agraria (positivo).
“Medidas para diminuír os impactos da carga gandeira no marco do proxecto LugO2: asesoramento na ecoxestión de residuos
agrogandeiros” 18
Paisaxe:
- Destrución de elementos da paisaxe natural, culturais e históricos
(negativo).
- Mantemento ou creación de novas paisaxes agrarias (positivo).
5.2.1 Impactos provocados pola agricultura
Existe unha gran interdependencia entre a agricultura e o medio ambiente, pero
é necesario ter en conta que estas relacións posúen unha especificidade que
as distinguen das existentes noutros sectores económicos. En primeiro lugar,
trátase de relacións de carácter complexo, non lineal, que dependen de
condicións locais, tales como, por exemplo, as características dos sistemas
agroecolóxicos, a meteoroloxía, as condicións económicas e tecnolóxicas
predominantes na produción ou do tipo de prácticas agrarias, de forma que é
necesario profundar na súa análise para poder interpretalas adecuadamente.
En segundo lugar, é necesario sinalar que cando se fala dos impactos
ambientais na agricultura téndese a dar por feito que se trata de impactos
negativos, cando, en realidade, os efectos da agricultura sobre o medio
ambiente poden ser tanto beneficiosos como prexudiciais. Moitas veces danse
simultaneamente ambos os casos e, a miúdo, os efectos daniños proveñen de
prácticas inadecuadas e desaparecen cando se modifican e melloran estas
prácticas.
As principais cuestións a revisar son:
- Vertidos das augas residuais.
- Emisións atmosféricas.
- Xeración de residuos.
- Consumo de recursos naturais.
“Medidas para diminuír os impactos da carga gandeira no marco do proxecto LugO2: asesoramento na ecoxestión de residuos
agrogandeiros” 19
En cultivos intensivos, os excesos de fertilizantes, especialmente nitroxenados,
por encima do recomendado nas prácticas agrícolas adecuadas pode provocar
a acumulación de sales minerais no chan, que acaban contaminando as augas
cando son solubles, como é o caso dos nitratos. En menor grao pode ocorrer
co fósforo, potasio e outros micronutrientes, xa que estes elementos teñen
unha escasa mobilidade no perfil do chan.
A escasa fertilidade dos chans, os baixos niveis de fertilización orgánica (que
libera lentamente os nutrientes que utilizan as plantas), xunto coa salinidade
crecente, pode contribuír ao fenómeno da erosión e a desestructuración do
chan. A falta de materia orgánica, unido a unha cobertura vexetal inadecuada e
o exceso de laboreo, determinan que o chan sexa erosionado por ventos e
choivas.
Así mesmo, inflúen negativamente sobre o chan os residuos de fitosanitarios
porque afectan á microflora e á microfauna do terreo, así como a outras
especies vexetais e animais silvestres aproveitadas polo home.
5.2.2 Impactos provocados pola gandaría
Os cambios acontecidos nos sistemas de produción durante as últimas
décadas, pasando dunha produción de subsistencia a unha produción máis
intensiva, condicionaron e modificaron o uso das prácticas tradicionais de
xestión de residuos, dando lugar a unha situación na que cabe salientar, de
forma xeral, as seguintes realidades:
• As explotacións gandeiras de vacún teñen base territorial propia que ás
veces resulta insuficiente para absorbe-las cantidades de residuos
procedentes das dexeccións dos animais estabulados.
“Medidas para diminuír os impactos da carga gandeira no marco do proxecto LugO2: asesoramento na ecoxestión de residuos
agrogandeiros” 20
• Tendencia á concentración das explotacións, o que aumenta os riscos
de contaminación nestas áreas. Así, hai que sinala-la diminución de
vacas de carne distribuídas por toda a xeografía galega, e o aumento de
vacas de leite que se foron concentrando nas mellores zonas de prados
e cultivos forraxeiros sen que apenas aumentara a superficie destes,
provocando o aumento da carga gandeira (Unidade Gandeira Media
(UGM)/hectárea) e a diminución da superficie dispoñible para o reparto
de xurro. Á súa vez, a xeración de xurro aumentou como consecuencia
do incremento da capacidade produtiva das vacas.
• Nas explotacións sen base territorial suficiente, increméntase o custo de
distribución dos xurros, debido ás maiores distancias a percorrer.
• As fosas, para a almacenaxe do xurro, están infradimensionadas na
maioría das explotacións, presentando en moitos casos problemas de
permeabilidade.
• Á vez a falta de cubertas provoca a conseguinte entrada de augas
pluviais, sendo receptoras tamén de augas residuais de leiterías, etc. O
escaso tamaño das fosas, xunto coas elevadas dilucións do xurro, fan
necesario o baleirado en épocas innecesarias ou incluso desfavorables
para os ciclos vexetativos dos cultivos, mentres que nas épocas nas que
se precisa unha achega maior é frecuente a insuficiencia do xurro
dispoñible, polo que se acode ós fertilizantes minerais.
Se ben é certo que cada cultivo posúe uns determinados requirimentos
minerais dependendo do tipo e do estadío vexetativo no que se atope
(ver apartado 6 da Guía), e cada tipo de solo precisa dun aporte
específico axeitado ás súas necesidades. Pódese afirmar,no caso do
ámbito de actuación de LugO2 no que predominan os cultivos
forraxeiros, que o período no que a aplicación de xurro e esterco é
desaconsellable vai dende finais do verán ata pouco antes do remate do
inverno, mentres que na época de primavera e verán é preciso un maior
aporte de xurro, tal e como se recolle no Código de Boas Prácticas
Agrarias.
“Medidas para diminuír os impactos da carga gandeira no marco do proxecto LugO2: asesoramento na ecoxestión de residuos
agrogandeiros” 21
• A mecanización agraria, o uso de produtos químicos (herbicidas,
praguicidas e pesticidas, fertilizantes químicos, produtos veterinarios e
outros), plásticos de ensilado e de invernadoiro e residuos de envases,
algún deles con carácter perigoso, levan consigo a xeración de residuos
non valorizables directamente na propia explotación.
Foto 2: Explotación de gando vacún de leite
A gandaría tamén contribúe ao efecto invernadoiro pola emisión de gases que
produce. Estímase que a actividade pecuaria na UE participa co 80% e o 40%
das emisións de amoníaco e de metano, respectivamente. No caso de Galicia
as emisións das que son responsables a gandaría sitúanse no 10,4% segundo
aos últimos datos obtidos no ano 2006.
O consumo excesivo de combustibles fósiles para o mantemento de sistemas
agrícolas moi intensivos, con balances enerxéticos a miúdo negativos, é outra
das causas que favorece o cambio climático do planeta por mor de devandito
efecto invernadoiro.
“Medidas para diminuír os impactos da carga gandeira no marco do proxecto LugO2: asesoramento na ecoxestión de residuos
agrogandeiros” 22
Tamén a industria agroalimentaria afecta ao medio ambiente en canto xera
vertidos de alto contido orgánico que si non son tratados adecuadamente
deterioran as canles receptoras, produce residuos de envases e embalaxes
que poden ser contaminantes si non se xestionan correctamente e, en
determinados sectores, pode contaminar o aire por emisións de CO2, po,
partículas, cheiros, etc.
5.2.2.1 Descrición das explotacións tipo na provincia de Lugo
A provincia de Lugo conta con 642.241 hectáreas, o 21,8% do total de Galicia,
das que 218.554, o 34%, corresponden a superficie agrícola utilizada,
entendendo por tal a terra labrada, pradeiras permanentes, pastos e terras
adicadas a cultivos permanentes. Destas, de superficie cultivada son 106.049
hectáreas, o 16,5% do total. En canto ó reparto entre os distintos cultivos,
predominan os cultivos forraxeiros, por mor do peso das explotacións de gando
vacún, con 63.229 hectáreas, e as patacas, con 13.000 hectáreas.
En canto ó número de explotacións de gando bovino en Galicia, segundo o
censo agrario do 2009, 970.436 cabezas de bovino en toda a comunidade
autónoma. En canto ó número total de reses na provincia de Lugo
contabilizáronse 470.120 o que indica que é aproximadamente o 48% do total
galego. Na comarca da Terra Chá aparecen 104.590 reses, o 35,1% de Galicia.
Ao estudar a estrutura das explotacións polo seu tamaño, apréciase que na
provincia de Lugo predominan as explotacións compostas por un número de
reses entre 5 e 19 –este tipo de explotacións representan o 47,5% do total–
mentres que no caso de Galicia o que predominan son as explotacións de 1 a 4
reses, que constitúen o 46,7% do total.
Polo seu número medio de reses, as explotacións gandeiras na provincia de
Lugo son máis grandes que a media galega, cunha media 15,5 reses por
“Medidas para diminuír os impactos da carga gandeira no marco do proxecto LugO2: asesoramento na ecoxestión de residuos
agrogandeiros” 23
explotación. Na provincia de Lugo esta media é de 14,3 cabezas e no total de
Galicia, de 10,3. Dentro da provincia, e do ámbito de actuación do proxecto
LugO2, salienta a comarca de Meira, cun tamaño medio por explotación de18,7
reses.
5.2.2.2 Integración das actividades agrogandeiras en espazos naturais protexidos
As actividades agrogandeiras revisten grande importancia para o medio
ambiente, xa que exercen unha influencia mutua as labores agrícolas e a
natureza. Durante séculos a agricultura e a gandaría contribuíron á
conservación de diversos hábitats seminaturais que, hoxe en día, configuran
gran parte da paisaxe que nos rodea e acollen unha gran proporción da súa
riqueza faunística.
Moitos hábitats valiosos están sostidos por prácticas de agricultura extensiva e
numerosas especies silvestres basean neles a súa supervivencia. A
contaminación do chan, a auga e a atmosfera, a fragmentación de hábitats e a
desaparición da vida silvestre, poden ser o resultado de incorrectos usos da
terra e prácticas agrarias.
A agricultura é unha actividade cuxa significación vai máis aló da simple
produción de alimentos. Ao longo de actividade agraria teñen lugar procesos
que poden afectar ao medio ambiente natural. Por exemplo, un uso intensivo
de praguicidas e abonos, prácticas incorrectas de drenaxe ou regadío, un alto
nivel de mecanización ou un inadecuado uso da terra poden degradar o medio
ambiente. Con todo, o abandono das actividades agrarias pode tamén pór en
perigo o patrimonio ambiental, debido á perda de hábitats seminaturais e
biodiversidade e á desaparición de paisaxes asociadas ás devanditas
actividades.
“Medidas para diminuír os impactos da carga gandeira no marco do proxecto LugO2: asesoramento na ecoxestión de residuos
agrogandeiros” 24
Agora ben, unhas prácticas sólidas da xestión agraria poden ter notables
repercusións positivas na conservación da flora e fauna silvestres, así como na
situación socioeconómica das zonas rurais.
As prácticas tradicionais contribúen a preservar determinados hábitats naturais
ou seminaturais xa existentes mentres que, o abandono de terras ou de
métodos tradicionais pode converterse nunha ameaza para a biodiversidade
que as terras de cultivo albergan.
É importante a promoción e o apoio de prácticas e sistemas agrícolas
ecolóxicos e beneficiosos directa ou indirectamente para estas zonas
protexidas, ademais o fomento dunha correcta xestión dos residuos orgánicos
agrogandeiros vólvese fundamental.
“Medidas para diminuír os impactos da carga gandeira no marco do proxecto LugO2: asesoramento na ecoxestión de residuos
agrogandeiros” 25
6. INDICADORES MEDIOAMBIENTAIS NAS EXPLOTACIÓNS
Os indicadores ambientais xorden a principios dos anos noventa impulsados
pola necesidade dunha política de desenvolvemento sostible, co fin de
proporcionar información dunha forma concreta e sistemática sobre a situación
ambiental dunha rexión e poder incorporar criterios ambientais na toma de
decisións para dita rexión.
A comunicación é a principal función dos indicadores. Os indicadores
ambientais aportan información sobre os fenómenos considerados relevantes
e/ou críticos para a calidade ambiental.
Un indicador medioambiental é un parámetro medible do medio natural que
informa do estado de dito medio ou de aspectos relacionados con el.
Outra definición afirma que un indicador son as estatísticas ou parámetros que
proporcionan información ou tendencias sobre as condicións e os fenómenos
ambientais, estes indicadores teñen por obxectivo o de proporcionar
información para unha mellor comprensión dos fenómenos que ocorren no
medio ambiente e que afectan á sociedade.
A clasificación e organización destes indicadores dependerá fundamentalmente
da función que se lles queira conceder como sistema de comunicación. A
maioría dos indicadores xorden da necesidade de sintetizar os problemas
ambientais dando a información necesaria para a toma de decisións dentro das
empresas e no noso caso das explotacións agrogandeiras.
Atendendo a isto pódese establecer un esquema básico de indicadores
ambientais dentro das explotacións do medio rural:
“Medidas para diminuír os impactos da carga gandeira no marco do proxecto LugO2: asesoramento na ecoxestión de residuos
agrogandeiros” 26
1. Indicadores de Comportamento Ambiental
1.1 Indicadores de materiais e de enerxía
-indicadores de entrada ou insumos, son consumidos na explotación e que
se empregan para a obtención doutros bens ou produtos. Clasificámolos en:
materiais: maquinaria (nº de máquinas que forman parte do conxunto
da explotación), sementes (Kg), fertilizantes químicos (Kg), pensos
compostos (Tn).
enerxía: consumo de electricidade (kw/h), consumo de combustibles
(l/ha)
auga(litros)
-indicadores de saída
residuos: tales coma o esterco (Kg), os xurros (m3), plásticos des ilo
(m2), envases zoosanitarios e fitosanitarios (nº de envases).
emisións atmosféricas, que se producen nas actividades realizadas
na explotación, principalmente gases de efecto invernadoiro coma:
dióxido de carbono (CO2) procedente da combustión de carburantes,
metano (CH4) que provén da xestión de esterco e xurros e o óxido
nitroso (N2O) procedente da fertilización das terras con abonado de
orixe química. Estas emisións mídense mediante CO2 eq.
augas residuais (l) que se xeran no lavado das instalacións,
procedentes da auga de choiva, efluentes procedentes do ensilado.
produtos, obtéñense na fase final produtiva da explotación para o
beneficio da mesma, por exemplo: leite (Kg), queixo (Kg) , animais
(nº cabezas), etc.
“Medidas para diminuír os impactos da carga gandeira no marco do proxecto LugO2: asesoramento na ecoxestión de residuos
agrogandeiros” 27
2. Indicadores de Xestión Ambiental
2.1 Indicadores do sistema
Algúns destes indicadores son descritivos, proporcionan información para unha
mellor comprensión dos fenómenos que ocorren no medio:
implementación do sistema, maior ou menor medida na que se está
poñendo en práctica o establecido no sistema de xestión ambiental.
aspectos legais e queixas, trátase de aplicar os requisitos legais,
regulamentarios que afectan á explotación e que repercutirán
positivamente, por exemplo, na diminución do número de queixas dos
veciños polas actividades da explotación ademais de facilitar as
concesións de permisos e licenzas.
custos medioambientais, aquelas actividades dentro da explotación que
teñan custos e beneficios ambientais máis significativos (grao de
contaminación dos recursos naturais, conservación da paisaxe,
mantemento da biodiversidade,etc).
2.2 Indicadores da área funcional, atinxe á xestión administrativa que se leva a
cabo na explotación, ás habilidades e o grao de compromiso dos
traballadores:
formación/persoal, cantidade cursos ou horas que un traballador
emprega na súa formación laboral.
seguridade e hixiene, grado de aplicación dos sistemas de prevención e
protección no traballo realizado nas explotacións agrogandeiras.
compras, xestión adecuada da adquisición de maquinaria, instalacións,
ferramentas, etc .
“Medidas para diminuír os impactos da carga gandeira no marco do proxecto LugO2: asesoramento na ecoxestión de residuos
agrogandeiros” 28
3. Indicadores de Situación Ambiental
3.1 Indicadores de situación da auga, do solo, do aire, a flora e a fauna.
O obxectivo fundamental que perseguen as asesorías aplicadas ás
explotacións agrogandeiras é coñecer a situación actual das mesmas, con
respecto ao medio ambiente, co fin de identificar os aspectos ambientais que
se xeran, é dicir que residuos, que emisións atmosféricas, que verteduras, etc.,
se producen como consecuencia das actividades na explotación.
No caso que atinxe a este proxecto, para diminuír os impactos da carga
gandeira en áreas de especial protección, os indicadores que se empregarán
serán a cantidade de xurro xerado nas explotacións e a compra de abonos
minerais tomando coma referencia a superficie dispoñible na explotación e que
será a receptora deste xurro.
En canto aos abonos nitroxenados atópanse na encrucillada do conflito
orixinado pola necesidade de manter altas producións dos cultivos e a
protección do ambiente. A maioría das veces a eficiencia coa que o nitróxeno
(N) é empregado polas plantas é bastante baixa. Unha parte importante deste
nutriente non é asimilado e prodúcense importantes perdas con graves
repercusións ambientais: volatilización do amoníaco, emisións de óxidos de
nitróxeno e lixiviación de nitrato cara ás augas subterráneas.
O xurro producido directamente polo gando (feces e ouriños), ten un contido en
materia seca comprendido entre un 10 e un 14%, dependendo da alimentación,
consumo de auga, etc. A cantidade de feces e ouriños excretados por unha
vaca de leite é de aproximadamente 18 Tm./ano (49 kg/día), cun contido medio
en materia seca do 12%, tendo unha consistencia semisólida.
“Medidas para diminuír os impactos da carga gandeira no marco do proxecto LugO2: asesoramento na ecoxestión de residuos
agrogandeiros” 29
O residuo xerado nas explotacións, é unha fonte de materia prima que ten valor
comercial. Moitas veces pódese valorizar simplemente cunha separación dos
diferentes elementos presentes nunha masa ou fluxo de residuos, é por iso
mesmo que se plantexan métodos alternativos no tratamento destes residuos
mediante a súa valorización e tratamento para sacar o seu máximo rendemento
e deixen de ser así un problema e pasen a ser un beneficio máis na
explotación.
“Medidas para diminuír os impactos da carga gandeira no marco do proxecto LugO2: asesoramento na ecoxestión de residuos
agrogandeiros” 30
7. CONCLUSIÓNS
A aplicación de prácticas inadecuadas ou rutineiras conducen inevitablemente
á degradación do medio ambiente e a unha diminución da rendibilidade das
explotacións que, ás veces, pode aproximalas á inviabilidade. En moitos casos,
as propias explotacións agrarias non son conscientes da influencia que as
prácticas agrarias teñen sobre o volume e a calidade da produción obtida e
consecuentemente sobre a súa rendibilidade.
O maior problema ambiental que se lle pode plantexar nunha explotación
gandeira son os excedentes de xurro, sobre todo cando estes son xeralizados
nunha zona xeográfica e polo tanto cando non poden ser distribuídos nas
proximidades da explotación; neste caso o xurro excedente é considerado
como un residuo. Esta situación dáse en moitas comarcas de Galicia, sendo a
solución maiormente aceptada a valorización destes excedentes de xurro
mediante os tratamentos da compostaxe para a obtención de compost que
finalmente poderá ser empregado coma emenda orgánica do solo, ou ben
mediante a biometanización para a obtención de biogás (tal como se explica na
“Guía para diminuír os impactos da carga gandeira no marco do proxecto
LugO2 a través da ecoxestión de residuos agrogandeiros”).
A xestión adoitada dos residuos nas explotacións agrarias galegas percíbese
como algo fundamental. Pártese da base de que o emprego dos propios
recursos da explotación -xurros e estercos para o estercado e produción de
forraxes para a alimentación do gando – diminúe o consumo de insumos
externos, como son os fertilizantes minerais e pensos, mellorando así a marxe
económica das explotacións, ademais dos evidentes beneficios ambientais que
isto conleva. Pero actualmente o problema que comunmente se atopa nas
explotacións galegas é o exceso de produción de xurro que non pode ser
asimilado no abonado dos campos e os cultivos.
“Medidas para diminuír os impactos da carga gandeira no marco do proxecto LugO2: asesoramento na ecoxestión de residuos
agrogandeiros” 31
Polo tanto,nestas zonas Reservas da Biosfera da provincia de Lugo (Terras do
Miño, Os Ancares, Río Eo-Os Oscos-Terras de Burón) e a Serra do Courel
faise imprescindible fomentar a produción sostible, ademais de protexer o solo
agrario como ben estratéxico para a preservación da sostibilidade do manexo
da fertilización da terra e en definitiva da produción gandeira.
Para poder realizar isto é necesario a formación e información aos
responsables das propias explotacións das vantaxes que suporá a aplicación
de sistemas de xestión adoitados aos residuos que xera a súa actividade,
ademais da contribución da conservación do seu contorno fomentando así o
coidado dos recursos naturais e o atractivo paisaxístico e turístico que isto
aportará á súa zona.
PARA MÁIS INFORMACIÓN
Tlfn: 982 245 220www.lugo2.deputacionlugo.org
lugo2@deputacionlugo.org