Post on 04-Feb-2018
1
UNIVERSIDADE DE VIGO
ORZAMENTO
EXERCICIO 2004
2
ÍNDICE Páxinas
I. Presentación. ........................................................ 3 - 5 II. Orzamento de ingresos. .................................... 6 - 23
II.1. Evolución xeral ......................................... 6 - 8
II.2. Criterios de previsión por capítulos ....... 8 - 23
III. Orzamento de gastos. ...................................... 24 -69
III.1. Estrutura por capítulos ........................ 24 - 27
III.2. Criterios xerais de asignación ............. 27 - 30
III.3. Análise por programas ......................... 31 - 62
III.4. A descentralización do orzamento de gastos:
o Campus de Ourense ............................. 63 - 65
IV. Resumos xerais de ingresos e gastos .... 66- 74
V. Normas de execución ....................................... 75 - 90
VI. Criterios de distribución ................................... 91 - 97
VII. Normas complementarias ................................ 98 –100
ANEXO : Gastos asignados por plantillas de PDI e PAS ................................................................ 101 - 106
3
I. PRESENTACIÓN
Para o sistema universitario de Galicia o orzamento 2004 constitúe unha
penitencia financeira imprevista e inmerecida. Como se recordará, 2003 foi o último
exercicio de previsión económica realizado baixo as normas do acordo de
financiamento vixente durante o cuatrienio 2000-2003. En consecuencia, 2004
debería ser o primeiro elo dun novo programa financeiro que nos levaría ao ámbito
dos contratos-programa e do financiamento por calidade en que están situados a
maioría dos sistemas universitarios autonómicos do Estado español. A realidade,
nembargantes, é ben distinta. Como moi cedo, este obxectivo reformista trasládase
a 2005 e para 2004 prorróganse os criterios básicos de financiamento de 2003,
cunha suba lineal do 2% na subvención incondicionada e co mesmo importe nominal
das transferencias de capital para RAM e investimento novo.
Se afirmbamos na memoria orzamentaria do pasado exercicio que este
esquema financiador chegaba ao seu final “(...) en grande medida esgotado, sendo
conscientes todas as partes do seu acelerado proceso de envellecemento, tanto en
termos cuantitativos coma cualitativos”, pode deducirse o xuízo que merece unha
prórroga que, aínda máis, nin sequera mantén o importe das transferencias en
termos reais para o exercicio 2004. Este ano non hai outra novidade destacable que
os complementos salariais por categoría e mérito investigador negociados entre a
Xunta de Galicia e os sindicatos. En todo caso, son fondos afectados que computan
fóra do sistema de financiamento e para nada reverten no orzamento discrecional
das universidades.
Pola contra, en sentido negativo debe salientarse a ausencia de respaldo
financeiro para o resto de acordos salariais adoptados entre finais de 2002 e 2003
(suba lineal do 2,7%, acordo estatal sobre pagas extra). Estos acordos estatais
representan para a Universidade de Vigo uns pagamentos próximos aos 2 millóns de
4
euros entre 2003 e 2004, a partir duns compromisos da Administración central que
son trasladados cara abaixo sen achegar cantidade adicional ningunha. Velaí unha
rémora importante para o funcionamento orzamentario da nosa institución.
Insistirase neste asunto polo miúdo nos comentarios que acompañan ao capítulo IV
de ingresos, ao explicar a composición do subconcepto 451.00: “Subvención
incondicionada”.
Non é función das administracións dependentes interpretar a natureza e orixe
de decisións como as que se están a comentar. Desde a perspectiva que se queira,
os datos económicos do sistema universitario de Galicia fan ver a prioridade
atribuíble ao seu financiamento. Esta evidencia podería actuar como lastre para
tratar da definición dun novo marco financeiro nun annus horribilis. En todo caso,
obriga ás Universidades a sacar adiante a súa actividade normal nun escenario
umbrío e falto de ilusión.
¿Como é posible sobrevivir financeiramente nestas circunstancias? Polo que
á Universidade de Vigo respecta, hai dous factores que permiten explicalo. En
primeiro lugar, un exercicio continuado de prudencia nas previsións, que garante
unha execución sen sobresaltos e con marxes de actuación. E, en segundo lugar, un
éxito crecente na captación de financiamento externo, obxectivo que cada ano xera
mellores resultados. Este último pasa a converterse en 2004 nun elemento básico
para o sistema financiero, en xeral, e para a proposta de investimentos da
Universidade de Vigo. Insistiremos en destacar este factor estratéxico ao
analizarmos con detalle os diferentes capítulos de ingreso.
Asi é como pode entenderse que nas mencionadas circunstancias a
Universidade de Vigo poida presentar para 2004 un orzamento incrementalista moi
notable, cun volume total de recursos de 119 millóns de euros, un crecemento por
riba do 14% con respecto ao importe manexado en 2003, e un orzamento de
investimentos que crece por riba do 50% e acada un importe de 37 millóns de euros.
5
Non hai outro camiño posible para as facendas tuteladas e dependentes, sen
capacidade para desenvolveren un poder financeiro propio. E debemos percorrelo
canto poidamos, aproveitando a experiencia acumulada, utilizando todos os resortes
dispoñibles para presentar propostas de interese ao maior número posible de
convocatorias de I+D con financiamento externo e brindando todo o máximo apoio
institucional aos grupos que teñen máis posibilidades de éxito.
En canto ás políticas, o orzamento 2004 inclúe diversas novidades
cuantitativas e formais. En primeiro lugar, a aposta incremental de carácter
discrecional céntrase, de novo, en biblioteca, e esténdese a laboratorios docentes e
tecnoloxías da información. En segundo lugar, defínense catro novas liñas de
actuación (Oficina de I+D, Oficina de Medio Ambiente, Innovación e Calidade, e
Campus de Ourense), cunha nova estrutura orgánica e funcional que predendemos
experimentar e desenvolver progresivamente nos vindeiros anos. Por último, o
orzamento 2004 tenta proseguir un ritmo investidor forte nos tres campus, ata
completar as súas dotacións inmobiliarias e definición urbana. Pero inclúe tamén
unha proposta de obra menor e de RAM que debería ser destacada. Houbo en 2003
máis de 200 actuacións con este perfil, centralizadas na Dirección de Área de
Infraestruturas e na Unidade Técnica dela dependente. Con este nivel de actividade
debe ser posible atender polo menos aquelas demandas da comunidade
universitaria que teñen un maior grao de urxencia e perentoriedade. Este será outro
dos obxectivos importantes do orzamento de 2004.
6
II.ORZAMENTO DE INGRESOS
II.1. Evolución xeral
O orzamento de ingresos por capítulos para 2004 e a súa comparación
relativa coas magnitudes equivalentes de 2003 figuran no Cadro 1.
CADRO 1 : ORZAMENTO DE INGRESOS PARA 2004
2003
2004 Variacións
(en %)
Capítulos orzamentarios
Val. Brutos
(A)
% s/ total
Val. brutos
(B)
% s/ total
(B) - (A)
(A)
Cap. III
12.245.130
11,78
12.771.893
10,72
+ 4,17%
Cap. IV 64.586.189 62,14 66.474.677 55,87 + 2,92%
Cap. V 960.000 0,92 960.000 O,81 0,00%
Ingres. correntes 77.791.319 74,85 80.206.570 67,40 + 3,08%
Cap. VI 4.500.000 4,33 3.269.488 2,75 - 27,35%
Cap. VII 15.164.605 14,59 25.010.771 21,03 + 64,91%
Cap. VIII 5.786.561 5,57 8.744.267 7,35 + 54,36%
Cap. IX 692.135 0,67 1.740.500 1,47 + 251,46%
Ingres. capital 26.143.301 25,15 38.763.026 32,60 + 48,27%
Totais
103.934.620
100,00
118.971.596
100,00
+ 14,46%
Avaliando as grandes cifras, hai algunhas características nesta evolución
orzamentaria que merecen ser destacadas. En primeiro lugar, o crecemento do
7
14,46% no volume de recursos que manexará a institución no exercicio 2004, cun
importe global de case 119 millóns de euros. Agora ben, en segundo lugar, esta
análise global dos datos orzamentarios brutos e relativos para 2004 non pode
agachar algúns feitos relevantes na evolución das partidas de ingresos por capítulos
e grupos de clasificación económica:
a) Se comparamos as columnas 2 e 4 do cadro 1, nas que se computan as
porcentaxes de participación dos diferentes capítulos de ingresos sobre o total, pode
apreciarse cómo varía a función dos ingresos correntes e de capital. De feito, no
exercicio 2004 hai un cambio de 7,4 puntos a favor dos ingresos de capital, o que
reflicte a súa crecente importancia na composición do orzamento da institución.
b) Desde outra perspectiva, este mesmo feito pódese apreciar observando os
resultados da última columna do cadro. A evolución relativa dos primeiros capítulos
de ingreso sigue unha senda estable, con porcentaxes entre o 0% e o 4% de
incremento. O capítulo VI de alleamento de bens inmóveis sofre unha reducción e os
tres capítulos seguintes experimentan crecementos certamente extraordinarios,
desde o 54% ata o 80%, sobre o exercicio anterior.
c) En definitiva, en 2004 consolídase a tendencia iniciada en 2003 de
expansión bruta e relativa dos ingresos de capital. Se observamos na última
columna os datos das filas 4ª e 9ª, poderemos comprobar cómo os ingresos de
capital crecen no seu conxunto a un ritmo promedio do 48%, mentres os ingresos
correntes seguen unha evolución máis tradicional, crecendo a unha porcentaxe
promedio do 3,08%.
Velaí as claves fundamentais da evolución do orzamento de ingresos da
Universidade de Vigo nos últimos anos. O anterior non implica desatender a
definición dos ingresos correntes no novo modelo de financiamento para o período
2005-2008. Estaremos atentos a iso e trataremos de influír do xeito máis favorable
8
para o sistema universitario galego no seu conxunto e para a nosa universidade en
particular. Pero outras universidades son conscientes, tanto como a nosa, de que os
ingresos correntes terán en todo caso un límite máximo con poucas folguras e de
que non haberá discrecionalidade nin política universitaria propia sen un crecemento
continuado dos ingresos de capital. Xa que logo, estamos no camiño apropiado e
sabemos cál vai ser o reto dos vindeiros anos.
II.2. Criterios de previsión por capítulos
Na previsión de ingresos para 2004 traballouse con hipóteses de crecemento que
poden ser cualificadas como prudentes. O resultado desta previsión por capítulos
figura resumido no Cadro 2.
CADRO 2 : ORZAMENTO DE INGRESOS PARA 2004 POR CAPÍTULOS.
Art.º Cto. Subcto. Denominación do Ingreso Subcto. Cto. Art.
Capítulo III. Precios públicos
31 Prezos Públicos 12.374.752,00 310 Dereitos de matricula en cursos e seminarios 291.257,00 311 Entradas espectáculos e cotas instalacións 47.569,00 313 Dereitos de matrícula e servicios académicos 12.035.920,00 319 Outros prezos públicos 6,00
32 Outros ingresos procedentes 332.619,00 327 Servicios prestados por activ. Investigadoras 120.000,00 328 Dereitos custos indirectos 212.613,00 329 Outros ingresos 6,00
33 Venda de Bens 52.510,00 330 Venda de publicacións propias 6.010,00 332 Venda de sobres de matrícula 46.500,00
38 Reintegro de operacións correntes 12,00 380 De exercicios pechados 6,00 381 Do orzamento corrente 6,00
39 Outros ingresos 12.000,00 399 Ingresos diversos 12.000,00 Total Capítulo III 12.771.893,00
9
Capítulo IV. Transferencias Correntes
40 Da Admón do Estado 12,00 400 Do M.E.C. 6,00 401 Doutros departamentos ministeriais 6,00
41 De Organismos Autónomos Administrativos
6,00
410 Consello Supearior de Deportes 6,00 44 De Empresas públicas 6,00
444 Transferencias diversas 6,00 45 Da Comunidade Autónoma 66.168.623,00
451 Da Xunta de Galicia 66.168.623,00 451.00 Subvención incondicionada 65.203.834,00 451.01 Tramos avaliación investigación 922.719,00 451.03 Outros 42.070,00
46 Das Corporacións Locais 6.006,00 460 De concellos 6.000,00 461 De deputacións 6,00
47 De Empresas privadas 300.006,00 470 De Empresas privadas 300.000,00 472 Transferencias diversas 6,00
48 De familias inst. sen lucro 12,00 481 Convenios fundación de entidades bancarias 6,00 489 Outras transferencias 6,00
49 Do Exterior 6,00 490 Outras transferencias (Sócrates, Eramus, etc.) 6,00 Total Capítulo IV 66.474.677,00 Capítulo V. Ingresos Patrimoniais
50 Intereses de títulos y valores del estado 100.000,00 500 Intereses de títulos y valores del estado 100.000,00
52 Interese de Depósitos 800.000,00 520 Interese contas bancarias 800.000,00
55 Productos de concesións 60.000,00 550 Productos de concesións administrativas 60.000,00 Total Capítulo V 960.000,00 Capítulo VI.Enaxenación inversións reais
61 De edificios e outras construccións 3.269.488,00 610 De edificios 3.269.488,00 Total Capítulo VI 3.269.488,00 Capítulo VII. Transferencias de Capital
70 Da Admón. Do Estado 4.344.700,00 700 Do M.E.C. 2.977.566,00
10
701 Doutros departamentos 1.000.000,00 709 Dereitos custos indirectos 367.134,00
71 De Organismos Autónomos 6,00 710 Organismos autónomos 6,00
75 Da Comunidade Autónoma 9.763.501,00 750 Da Xunta de Galicia 9.763.501,00 750.00 Reparación, conserv. e manteñ. (RAM) 1.642.926,00 750.01 Axudas investigación 6,00 750.02 Proxectos investigación 2.670.655,00 750.03 Infraestructura investigación 6,00 750.04 Convenios obras novas 5.182.843,00 750.99 Dereitos custos indirectos 267.065,00
76 De Corporacións Locais 12,00 760 De concellos 6,00 761 De deputacións 6,00
77 De Empresas Privadas 4.017.546,00 770 Transferencias diversas 6,00 771 Contratos de investigación 4.017.540,00
78 De Familias e Institucións 12.020,00 780 Transferencias diversas 12.020,00
79 Do Exterior 6.872.986,00 790 Infraestructuras U.E. 6.872.986,00 Total Capítulo VII 25.010.771,00 Capítulo VIII. Variación de Activos
Financeiros
87 Remanente de Tesourería 8.744.267,00
870 Remanente de tesorería 8.744.267,00 Total Capítulo VIII 8.744.267,00 Capítulo IX
Art.º Cto. Subcto. Denominación do Ingreso Subcto. Cto. Art. Capítulo IX. Variación de Pasivos
Finaceiros
91 Préstamos recibidos 1.740.500,00
911 Préstamos largo prazo. Entes sector público (**) 1.740.500,00 Total Capítulo IX 1.740.500,00 Total ingresos 118.971.596,00
11
Os criterios manexados na estimación de ingresos de cada capítulo foron os
seguintes :
Capítulo III – “Prezos públicos” – inclúe os ingresos por dereitos de matrícula por
servizos académicos e por cursos e seminarios, asi como os ingresos derivados das
escolas deportivas, cotas de acceso a instalacións, entradas a espectáculos, venda
de publicacións, vendas dos sobres de matrícula e ingresos por arrendamentos. En
xeral, a estimación dos diferentes conceptos de ingreso deste capítulo faise a partir
das seguintes previsións:
- En primeiro lugar, no concepto 310 incorpóranse por primeira vez
291.251 euros de ingresos obtidos polos dereitos de matrícula nos “Cursos de
actitude pedagóxica”, e “Cursos para maiores”.
- O incremento no concepto 311 xustifícase polo aumento nos ingresos
esperados, fundamentalmente ao través do Servizo de Deportes.
- En canto ao 313, mantense a mesma previsión de ingresos por taxas académicas,
considerando que a probable reducción do número de matriculados/as absorberá o
incremento lineal do 4% no importe das taxas fixado pola Xunta de Galicia.
- O concepto 327, que inclúe a facturación do CACTI, experimenta un
crecemento moi considerable, do 150%, en liña co reforzamento deste organismo e
a mellora técnica e orzamentaria da súa oferta de servizos.
- O importe consignado no concepto 328 procede de dous conceptos:
por unha banda, 120.202 euros da retención do 10% realizada sobre os cursos de
posgrao e formación permanente; por outra, 92.411 euros dos custos indirectos
asociados á facturación da Oficina de I+D.
12
Os demais conceptos e subconceptos deste capítulo III de ingresos
practicamente non experimentan alteración nos importes consignados.
Capítulo IV – “Transferencias correntes” – Este capítulo de ingresos inclúe a
subvención incondicionada da Xunta de Galicia, a cantidade correspondente a
tramos de avaliación docente, os ingresos asignados por novas titulacións, os
dereitos recoñecidos por sexenios e o axuste inflacionario da subvención
correspondente a 2003. Déixase fora deste cómputo de ingresos a repercusión
orzamentaria dos acordos sobre pagas extraordinarias de ámbito estatal e os
recentes acordos sobre actualización salarial, asuntos sobre os que se fará unha
reflexión posterior ás asignacións numéricas. Con máis detalle:
Concepto 451: Transferencias da Comunidade autónoma
Subconcepto 451.00: “Subvención incondicionada”.- O importe da
transferencia incondicionada da Xunta de Galicia ás universidades no exercicio 2003
derivou de aplicar un factor 1,02 á transferencia de 2002. Para o exercicio 2004
adoptouse exactamente a mesma solución. Polo tanto, o resumo dos cómputos por
este concepto son os seguintes:
. Transferencia 2002 ............................... 61.308.269
. Transferencia inicial 2003 : ................... 62.534.434
61.308.269 x 1.02 = 62.534.434
. Transferencia inicial 2004: ................... 63.785.124
62.534.434 x 1.02 = 63.785.124
13
En ambos exercicios, polo tanto, traballouse cunha actualización estimativa,
a partir dun factor inflacionario do 2%, co compromiso explícito de axustar este
cálculo con posterioridade en función da evolución real da taxa inflacionaria.
Segundo os datos do INE, o IPC acumulado a outubro de 2003 é do 2,6%, o que nos
indica que o importe da transferencia correspondente a 2003 debe ser revisado para
corrixir a desviación sobre a estimación inicial, o que suporá uns ingresos adicionais
aproximados de 382.710 euros.
Sobre estas cantidades débense engadir outros compoñentes de ingresos da
mesma procedencia. En primeiro lugar, 700.000 euros adicionais resultado de
asignar o primeiro compoñente de financiamento de calidade que a Conselleiría de
Educación e Ordenación Universitaria quere incorporar neste exercicio como avance
dos criterios a incluír no próximo programa de financiamento. E, en segundo lugar, o
importe de 336.000 euros procedente directamente da dotación orzamentaria
asociada á implantación de novas titulacións. En conxunto, a suma das
transferencias procedentes da Xunta de Galicia que debemos ingresar no exercicio
2004 en forma de subvención incondicionada é de 65.203.834 euros, importe
consignado no subconcepto 451.00 de ingreso.
Este cómputo, non obstante, non se corresponde co volume de financiamento
que a Universidade de Vigo entende que debera formar parte desta transferencia
corrente. Semella oportuno deixar constancia desta diferenza por dous motivos:
primeiro, porque, aínda que non reflicte unha débeda recoñecida, nin, polo tanto,
pode sumarse como ingreso corrente, queda así testemuña escrita dunha
reclamación feita respecto do financiamento pasado, que queremos seguir poñendo
enriba da mesa, na discusión do financiamento futuro; e, segundo, porque esta
diferenza ilustra cómo asume a Administración central o custo dos acordos de
ámbito estatal, e de qué xeito as Administracións dependentes son obrigadas a
asumir ese custo en prexuízo das suas outras actividades.
14
Fagamos reconto, pois, dos conceptos de gasto corrente que a Universidade
de Vigo vai asumir co seu orzamento no exercicio 2004, sen recibir a
correspondente transferencia da Xunta de Galicia. En primeiro lugar, o 0,7% de
diferenza sobre a masa salarial da Universidade de Vigo (aproximadamente 330.000
euros), resultado, por unha banda do acordo do 2,7% de incremento salarial asinado
cos sindicatos para o exercicio 2004 e, por outra, do 2% de actualización aplicado á
transferencia incondicionada asignada como ingreso no mesmo período.
En segundo lugar, a Universidade de Vigo pagará co seu orzamento o custo
da Resolución do 15 de novembro 2002 (BOE do 18 de novembro), que establece a
incorporación do 20% en 2003 e do 40% en 2004 dos complementos de destino nas
pagas extraordinarias. Como é sabido, esta resolución deulle forma legal ao acordo
administración-sindicatos, extensivo ao período 2003-2004, para a modernización e
mellora da administración pública. Este acordo recolleu no apartado d) do capítulo
XIX a modificación das pagas extraordinarias do funcionariado, incrementándose
nun 20% do complemento de destino mensual no ano 2003 e nun 40% no ano 2004,
e , así mesmo estableceu un incremento anual por aplicación desta medida segundo
a categoría ou grupo profesional para o persoal laboral da Administración do Estado.
Con posterioridade, a Lei 6/2002, do 27 de decembro (DOG do 30/12/2002) recolleu
na Disposición adicional 12ª a modificación das pagas extraordinarias, fixando o seu
importe “(...) nunha mensualidade de soldo, trienios e un 20% do complemento de
destino mensual que perciba o funcionario”, estendendo este incremento ao persoal
laboral no parágrafo seguinte. E, por último, a Resolución de 2 de xaneiro de 2003
(BOE do 3-1-2003), sobre confección de nóminas do persoal funcionario para 2003,
asumiu estas modificacións e deulle valor ao estimar os importes que debían
supoñer nas retribucións do persoal afectado.
A Universidade de Vigo deu cumprimento no 2003 a estes preceptos e pagou
en nómina os importes correspondentes a este acordo nacional, malia non recibir os
fondos pertinentes por parte da Comunidade autónoma para facer fronte a esta
15
obriga externa. Porque, efectivamente, o cálculo da transferencia incondicionada
asignada ás universidades se fixo con anterioridade a este acordo, e en ningún
momento se incorporou transferencia adicional ningunha para atender este
compromiso. O importe desta débeda ten un cálculo sinxelo e inclúe o pagamento
en nómina do mencionado 20% correspondente a 2003, máis o importe do 40%
atribuíble ao 2004, actualizado nun 2%. O resultado desta operación será
aproximativo, posto que debe facerse sobre a foto fixa do cadro de persoal de 2003
(e podería levar aparellado algún mecanismo de axuste a finais de 2004), pero, en
todo caso, permite certificar unha débeda de 475.545 euros en 2003 e estimar un
importe adicional de 970.111 euros (475.545 x 2 x 1.02) para 2004, é dicir, un
ingreso non recibido por este motivo (ou un gasto adicional non compensado, como
se queira) de 1.445.656 euros.
Por último, o cálculo actualizado da transferencia para 2004 realízase de xeito
que volve prexudicar as universidades receptoras. Porque o incremento lineal do 2%
debera ser realizado non sobre o importe nominal, senón sobre o corrixido de 2003.
Noutras verbas, se os cálculos da actualización queren facerse a partir do índice
inflacionario previsto para 2004 (2%), a base para a aplicación deste índice debera
ser o importe corrixido da transferencia de 2003. Deste xeito, a transferencia
correspondente a 2004 determinaríase logo de realizar unha dobre actualización (un
2% de 2004 sobre o 0,6% adicional de axuste en 2003), cun resultado final pouco
relevante en contía (entre 5000 e 7000 euros, segundo o índice de axuste), pero en
todo caso negativo para a Universidade de Vigo.
En definitiva, as administracións das que dependen financeiramente as
universidades adoptan decisións nos seus respectivos ámbitos de competencia, cun
custo que logo non asumen e trasladan cara abaixo. A Universidade de Vigo vese
agora na obriga de pagar eses compromisos externos co seu orzamento actualizado
ao 2%. Como acabamos de ver, no seu caso podemos estimar unha reducción de
ingresos por este motivo de aproximadamente 1.800.000 euros. Todos os seus
16
empregados/as nos beneficiamos destes acordos e deste diñeiro, pero debemos
saber que non hai fondos adicionais para iso, e, polo tanto, será así a costa doutras
actividades e investimentos que a nosa universidade non poderá acometer no
exercicio 2004.
Subconcepto 451.01: “Tramos avaliación investigación”.- O acordo de
financiamento do sistema universitario de Galicia, asinado o 27 de xaneiro de 2000,
estableceu no seu punto terceiro que os sexenios de investigación serían
financiados fóra do programa de financiamento e “(...) de acordo coas certificacións
que anualmente expidan e remitan as Universidades”. Ata agora, polo tanto, tratouse
dun subconcepto de ingreso determinado a partir dunha estimación inicial da
Conselleiría de Educación, que debería ser axustada a final de ano de acordo co
nivel real de éxito acadado por cada universidade.
Na práctica, nembargantes, a Consellería de Educación veu resolvendo este
capítulo mediante estimacións fixas, ano tras ano, sen practicar ningún axuste final
no exercicio e, polo tanto, sen ter en conta as certificacións reais das universidades
e os tramos efectivamente aboados por estas. Xa que logo, nos derradeiros anos
foise producindo unha acumulación sucesiva de diferenzas entre os pagamentos
realizados pola Consellería de Educación ás universidades por este concepto e os
importes dos tramos de investigación finalmente concedidos, certificados e pagados
por elas.
Situados na perspectiva da prórroga implícita do acordo de financiamento
para o exercicio 2004, semella necesario saldar e resolver axeitadamente este
elemento de financiamento, de xeito que non reverta sobre o mecanismo financeiro
que sexa adoptado no futuro. Asemade, debe ser esta a oportunidade para definir un
modus operandi estable, fiable e automático, que funcione autonomamente no futuro
e non se converta nunha fonte de reclamación recorrente das universidades, que
17
non ven cubertas partidas básicas de gasto no Capítulo I, absolutamente esixibles e
comprometidas.
De acordo coas certificacións precedentes, autenticadas polo Servizo de
Persoal da Universidade de Vigo e recoñecidas pola Dirección Xeral de
Universidades da Xunta de Galicia, o importe da débeda contraído por este motivo
coa Universidade de Vigo é de 146.831 euros no 2002, e 275.888 no 2003. Se a
estas cantidades lle engadimos unha previsió de 500.000 euros para 2004
(facendo unha estimación prudente a partir dos 461.294 euros certificados en 2003),
obtemos o importe de 922.719 euros consignado neste subconcepto de ingreso.
Subconcepto 451.03: “Outros ingresos”.- Outro compoñente importante
que integrou en 2003 o conxunto das transferencias procedentes da Comunidade
Autónoma foi este subconcepto xenérico, rúbrica baixo a que durante o último trienio
se incorporaron os fondos transferidos polo Goberno central ao través dos convenios
denominados de “Déficit cero”, asinados con todas as universidades do Estado.
Agás diversos problemas formulados polo Ministerio de Facenda para resolver o
finiquito destes convenios, polo de agora non dispoñemos de indicios que permitan
supoñer unha reedición deste mecanismo extraordinario de financiamento para o
exercicio 2004. En consecuencia, este subconcepto desaparece do cómputo de
ingresos para o vindeiro exercicio.
E, pola contra, o que se consigna por primeira vez neste subconcepto é o
importe do convenio de colaboración asinado coa Conselleiría de Educación e
Ordenación Universitaria para a organización do título de especialización didáctica.
Concepto 460: Transferencias de concellos.- Tamén aparece por primeira
vez cunha dotación certa este concepto de transferencia, asociado aos convenios de
18
colaboración comprometidos cos concellos de Ourense, Vigo e Pontevedra para
apoiar a organización de aulas de formación aberta nos diferentes campus.
Concepto 470: Transferencias de empresas privadas.- Por último, no
concepto 470 compútase como ingreso para 2004 unha transferencia por importe de
300.000 euros, procedente do Banco Santander Central-Hispano. Esta transferencia
é froito dun convenio de colaboración recén asinado, que implicará colaboracións
diversas entre esta empresa privada e a Universidade de Vigo, sobre todo no ámbito
da docencia virtual e da innovación tecnolóxica e financeira. O resto do Capítulo IV
mantense sen alteración, deixando abertas diversas partidas cun importe simbólico
de 6 euros, en previsión de que durante o exercicio poidan producirse outro tipo de
transferencias correntes (de organismos autónomos, concellos, deputacións, etc.)
ainda non concretadas no intre de elaborar este documento orzamentario.
Capítulo V – Ingresos patrimoniais – Inclúense xuros de títulos e de contas
bancarias, produto dos investimentos a curto prazo dos excedentes de tesourería. A
previsión para 2004 mantense nos niveis do exercicio anterior, tendo en conta o
importe dos remanentes consignado no Capítulo VIII de ingreso, e, polo tanto, a
capacidade de xerar rendibilidade deste tipo de operacións financeiras.
Capítulo VI – Alleamento de investimentos reais – No orzamento de 2003 fíxose
unha previsión de ingresos de 4,5 millóns de euros neste concepto, contando coa
enaxenación dos edificios “Escola de Relacións Laborais” e “Anexos I e II” do edificio
histórico do Reitorado. Esta previsión incumpriuse por dous motivos:
1) En primeiro lugar, porque en todos estos casos se supoñía que os edificios
cumprían dúas condicións: estaban ou ían quedar baleiros e eran propiedade da
universidade. A primeira condición cumpriuse puntualmente no pasado mes de
outubro, co traslado dos servizos centrais ao novo edificio do reitorado no campus
das Lagoas-Marcosende; pero o segundo non pasou de ser un imposible. Porque,
19
efectivamente, a revisión da situación patrimonial do edificio denominado “Anexo II”
(traseira do edificio histórico con recubrimento de madeira) deixou ao descuberto
que se trataba dunha propiedade inmobiliaria que en ningún caso podía rexistrarse.
O “Anexo II” foi construído pola Universidade de Vigo con licencia de obra, pero
sobre un solo de cesión municipal. O concello nunca fixo cesión formal da
propiedade do solo e, polo tanto, é propietario tamén do que está enriba.
Esta é, en resumo, a paradoxal situación patrimonial da Universidade de Vigo
en relación con este edificio. A efectos orzamentarios, non ten maior importancia que
a obriga de dotar de abeiro financeiro á previsión realizada; pero desde a
perspectiva da administración do seu capital patrimonial, sitúanos nunha posición
feble e de difícil saída para este inmoble.
2) E, en segundo lugar, porque a Universidade optou por poñer en marcha
unha poxa destes edificios co máximo grao de ambición financeira posible. Posto
que a normativa que regulamenta estes procesos de enaxenación permite episodios
sucesivos de poxa con reduccións posteriores no tipo de saída, semellaba oportuno
dar inicio ao proceso a partir do prezo máximo de taxación de mercado. A realidade
mercantil indica que este prezo de saída foi alto dabondo, e que se cadra xerou
incerteza sobre a rendibilidade posterior da adquisición. Imposible de acadar o
óptimo, a Universidade de Vigo realizará no 2004 unha segunda poxa, de acordo co
establecido no artigo 71 do Decreto 50/1989, de 9 de marzo, que aprobou o
Regulamento do patrimonio da Comunidade autónoma de Galicia, cunha reducción
no prezo de saída do 15%.
Asi se explica a consignación de 3.269.496 euros de ingreso no subconcepto
610: “Alleamento de edificios”. Polos motivos antes mencionados, houbo no
orzamento de 2003 unha previsión de ingresos non realizada de 4.500.000 euros.
Por descontado, esta cifra está deducida do importe dos remanentes que se
computan como ingreso no Capítulo VIII. Velaí un exemplo práctico da condición
20
“saneada” da facenda da Universidade de Vigo á que se fixo alusión na presentación
deste documento. Está saneada porque realiza previsións prudentes e multiplica as
cautelas orzamentarias. Ambos mecanismos limitan a capacidade inicial de
actuación e complican os acordos orzamentarios nos órganos democráticos, pero
salvagardan o futuro da institución e mantéñena a salvo de calquer tipo de incerteza.
Capítulo VII – “Transferencias de capital” – A maior parte dos ingresos
consignados neste capítulo teñen a súa orixe nas achegas por proxectos e contratos
procedentes da UE, do MEC e outros organismos ministeriais, da Xunta de Galicia e
de empresas, así como as transferencias da Xunta e doutras institucións en
concepto de RAM e de obra nova. Como no exercicio 2003, a previsión de ingresos
por contratos e proxectos para 2004 está feita de xeito prudente, entendendo por tal
o criterio do 70% do importe promedio dos tres exercicios anteriores; o mesmo
criterio utilízase para o cómputo dos custos indirectos asociados.
O primeiro aspecto que merece ser destacado neste capítulo de ingresos é o
nivel de éxito acadado polos grupos de investigación da Universidade de Vigo nas
convocatorias públicas autonómicas, nacionais e europeas. Se nos fixamos nos
datos dos subconceptos 700, 701, 750.02, comprobaremos que estamos a falar dun
volume de recursos de 6.648.221 para 2004, por riba dun 49% de incremento sobre
a cantidade orzamentada en 2003. Efecto “Prestige” á parte, os grupos de
investigación desta universidade entran cada día en máis nichos de I+D e acadan
niveis de competitividade cada día máis destacados.
E unha evolución semellante foise producindo, en segundo lugar, no que
respecta ás convocatorias FEDER e INTERREG. Os cambios nos respectivos
calendarios de resolución permítennos por primeira vez incorporar no orzamento a
captación de fondos FEDER por importe de 4.621.486 euros. Simultaneamente, a
nosa universidade dedicou un maior interese ás convocatorias dos proxectos
INTERREG, obtendo un resultado máis que notable, posto que os catro proxectos
21
concedidos supoñen uns ingresos adicionais de 2.161.500 euros. A suma de ambas
fontes de ingresos xera os 6.872.985 euros consignados como ingresos no
subconcepto 790 “Infraestruturas UE”.
Como é sabido, estes ingresos non xeran maiores marxes de actuación nos
gastos discrecionais. Isto é así porque os importes desta procedencia consignados
como ingreso son asignados con posterioridade aos investigadores que captaron
esos recursos mediante transferencias a través do Art. 64 e dos conceptos 644 a
648. Pero permiten coñecer o volume real de actividade da institución, ademais de
dar idea certa do nivel de competitividade dos seus grupos de investigación. En todo
caso, aínda que cun volume limitado, lembremos que canto maior sexa o éxito na
captación externa, máis se incrementan tamén os ingresos por custos indirectos,
consignados nos epígrafes 709 e 750.99, e estes si son ingresos non condicionados
que reverten na caixa común.
Polo que respecta ás transferencias de capital procedentes da Xunta de
Galicia, o cómputo para 2004 replica o importe dos conceptos contables 750.00
(RAM) e 750.04 (Obra nova) consignados para 2003. A esta cantidade engádesenlle
como transferencia de capital do Goberno autónomo 525.000 euros consignados
como ingreso para 2004 no convenio de colaboración asinado entre a COTOPV e a
Universidade de Vigo para a construcción da Biblioteca central no Campus de
Ourense (neste convenio faise previsión dunha aportación adicional de 1.400.000
euros para o exercicio 2005, afectado á mesma finalidade). En consecuencia,
mantendo o importe dos ingresos por RAM no subconcepto 750.00, o cómputo do
750.04 resólvese do seguinte xeito: 4.657.843 + 525.000 = 5.182.843 euros.
Por último, os ingresos procedentes de contratos e informes manteñen un
ritmo estable de crecemento, cunha cifra por riba dos 4 millóns de euros que se
computa no subconcepto 771. Na realidade, o volume de ingresos totais está por
riba dos 5 millóns de euros facendo a media dos tres últimos anos, pero tamén neste
22
caso aplicamos un criterio estimativo prudente e mantemos a cantidade do 70%
dese promedio. En conxunto, o Capítulo VII incorpora ao orzamento de 25 millóns de
euros, cun incremento de practicamente o 65 % sobre o presupostado no 2003.
Estes datos sitúan á Universidade de Vigo no debate orzamentario dos ratios de
capital, o único que realmente ten sentido e vocación de futuro.
Capítulo VIII: “Variación de activos financeiros” – Este capítulo de ingresos
inclúe basicamente os remanentes de tesoureiría. No exercicio de 2004, o cómputo
dos remanentes ten a dobre orixe de todos os exercicios precedentes: un ritmo de
execución inferior ao previsto no orzamento anterior; e unha aplicación severa de
cautelas finalmente non necesarias ou non integramente utilizadas. Pero a estas
causas debe engadirse este ano a incorporación de ingresos en 2003, procedentes
de dous convenios asinados coa Xunta de Galicia nos últimos meses e dos que non
se puido facer previsión no seu día no correspondente Capítulo VII. Trátase, en
primeiro lugar, dun convenio Xunta de Galicia-Otris por importe de 206.000 euros; e,
en segundo lugar, dun convenio Xunta-Universidade de Vigo, por importe de
1.332.000 euros, dedicado á adquisición xenérica de infraestruturas de
investigación. Ambos teñen a certificación resolta e pasan, polo tanto, a formar parte
da caixa común dos remanentes, permitindo financiar parte das actividades
contempladas nos programas de “Fomento da Investigación” e da “Oficina de I+D”.
En conxunto, todas estas achegas serven para definir un remanente de 8.744.267
euros, que é a cifra incorporada como ingreso no concepto 870.
f). O Capítulo IX: “Variación pasivos financeiros” - Por último, o Capítulo
IX de ingresos inclúe en 2004 a cantidade de 1.740.500 euros en concepto de
préstamo, procedentes das convocatorias 2002 e 2003 de parques científicos.
Este é o detalle do conxunto de previsións manexadas no cómputo de
ingresos para 2004. Como se dixo na presentación, a pesar da parálise financeira
23
causada pola prórroga do acordo de financiamento vencido en 2003, a Universidade
de Vigo pode presentar un orzamento de ingresos cun crecemento considerable. É
verdade, non obstante, que as marxes que estes ingresos conceden son limitados e,
desde logo, insuficientes para financiar as necesidades e os proxectos básicos que a
comunidade universitaria demanda. Como se poderá apreciar de seguido ao detallar
os capítulos e programas de gasto, son moitas as partidas mal dotadas e non menos
as actuacións nin sequera iniciadas. As universidades levamos manifestando desde
hai tempo que é necesario e urxente revisar os ratios básicos do sistema
universitario de Galicia para corrixir esta situación. Pero ata o momento escaso foi o
grao de atención que nos fixeron.
24
III. ORZAMENTO DE GASTOS
III.1. Estrutura por capítulos
O orzamento de gastos por capítulos para 2004 e a súa comparación relativa
coas magnitudes equivalentes de 2003 figuran no Cadro 3.
CADRO 3 : ORZAMENTO DE GASTOS PARA 2004 POR CAPÍTULOS
2003 2004 Variacións
(en %) Capítulos orzamentarios
Val. Brutos (A)
% s/ total
Val. brutos (B)
% s/ total
(B) / (A)
(A)
Cap. I
61.481.559,58
59,16%
63.169.958
53,07%
2,7%
Cap. II 12.913.758,13 12,33% 14.849.960 12,50% 15,18%
Cap. III 16.111,67 0,02% 16.106 0,01% 0,04%
Cap. IV 2.365.471,23 2,28% 2.600.195 2,18% 9,92%
Operac. correntes 76.776.900,61 73,87% 80.636.219 67,77% 5,02%
Cap. VI 27.067.567,47 26,13% 37.735.803 31,73% 39,41%
Cap. VIII 90.151,82 0,08% 600.000 0,50% 665,50%
Operac. capital 27.157.719,29 26,13% 38.335.803 32,23% 41,15%
Totais
103.934.620,35
100,00
118.971.596
100,00
14,46%
25
O incremento no 14,67% nos gastos comprometidos en 2004 sobre o
orzamento de 2003 prodúcese con algunhas características xerais que merecen ser
salientadas :
a) En primeiro lugar, insístese na reestruturación interna dos pesos relativos
dos diferentes capítulos de gasto. Efectivamente, se comparamos as porcentaxes
das columnas tres e cinco do cadro, detectaremos unha modificación importante na
participación relativa dos capítulos I e VI, cun incremento de 6 puntos a favor deste
último. Na memoria do orzamento de 2003 diciamos que este troco revela “(...) un
esforzo importante de contención no gasto corrente e a vontade firme de aplicar os
recursos engadidos cada ano ao capítulo de investimentos reais, (...) aínda que esta
tendencia ten un horizonte limitado no marco do actual acordo de financiamento do
sistema universitario de Galicia”. Comprimidos na súa prórroga, esta transformación
estrutural prodúcese única e exclusivamente polo gasto asociado ás achegas
externas. Pero esta tendencia terá que ser contrapesada nalgún momento, porque
os gastos de capital requiren gasto corrente para o seu normal funcionamento e diso
debe encargarse a subvención incondicionada.
b) En segundo lugar, no resto dos capítulos apréciase una evolución bastante
sostida, en xeral, con estabilidade para os capítulos I e III, crecementos limitados
nos capítulos II e IV (asociados fundamentalmente, como logo veremos, a gastos de
transporte, limpeza e vixilancia) e unha porcentaxe elevada de incremento no
Capítulo VIII, que deriva non tanto do importe bruto de gasto do capítulo como do
carácter excepcional da operación realizada.
c) E, en terceiro lugar, unha rápida combinación dos datos deste cadro 2 de
gastos e do cadro 1 de ingresos permite incorporar unha reflexión adicional sobre a
capacidade de xerar aforro e recursos propios que resultará ilustrativa. Isto é o que
pretende o cadro 4.
26
CADRO 4 : ORZAMENTO 2004 POR CAPÍTULOS DE GASTO E INGRESO. COMPARACIÓN DOS SALDOS CORRENTES E DE CAPITAL
INGRESOS GASTOS
Cap. III – Prezos 12.756.203 63.169.958 Persoal – Cap. I
Cap. IV – Transf. corrent. 66.474.677 14.849.960 Gast. correntes- Cap. II
Cap. V – Ingresos patrim. 960.000 2.600.195 Transf. corrent- Cap. IV
Suma parcial 80.190.880 80.620.113
SALDO CORRENTE = aforro bruto = 80.190.880 – 80.620.113 = - 429.233 (desaforro)
Cap. VII – Transf. capital 25.008.771 37.735.377 Investim. reais- Cap. VI
Cap. VIII – Remanentes 8.744.267 600.000 Activos financeiros- Cap. VIII
Cap. IX – Pasivos financ. 1.740.500
Suma parcial 35.493.538 38.335.377
SALDO CAPITAL = 35.493.538 – 38.335.377 = -2.841.839
O cadro permite apreciar os límites en que debe moverse a institución. Por
primeira vez, taxas e subvención deixan de ser suficientes para financiar a
actividade corrente da Universidade de Vigo, que incorre nun desaforro de 429.233
euros no saldo corrente. Este dato é ilustrativo do camiño sen saída ao que conduce
a actual fórmula de financiamento. Noutras verbas: non só non temos capacidade
para financiar con ingresos correntes as actuacións do Capítulo VI de investimentos
reais, senón que necesitamos retirar fondos de capital para atender gasto corrente.
Ao final, os saldos negativos son compensados pola existencia dun Capítulo VI de
ingresos por alleamento de inmobles, pero o mesmo carácter excepcional deste
recurso serve para destacar a parálise financeira referida.
27
Dicía a memoria orzamentaria de 2003 que para a Universidade de Vigo
comenzaba a debuxarse no horizonte unha situación restritiva típica das
administracións públicas consolidadas e financeiramente dependentes. Semella que
chegamos xa a ese punto, en boa medida por ter éxito na consolidación do cadro de
persoal, na dotación da estrutura física e no crecemento da actividade dos grupos de
investigación. E pedíase que todos fosemos conscientes desta realidade financeira
para non demandar do orzamento da universidade aquilo que non pode dar. Pero é
probable que xa non chegue con iso e que xa non queden milagres por facer. De
mantérense as actuais condicións financeiras outro exercicio máis, a Universidade
de Vigo atoparase na beira do endebedamento.
III.2. Criterios xerais de asignación
Presentado e avaliado o marco financeiro xeral, pasamos a comentar a
continuación os criterios xerais de asignación de gasto que se manexaron na
elaboración deste documento. As prioridades da política orzamentaria para 2004
están centradas nos seguintes obxectivos:
a) A continuación da política de infraestruturas pendentes nos tres campus da
Universidade de Vigo. Neste sentido, como resume o Cadro 5, as prioridades para
2004 son rematar o edificio de ampliación de Telecomunicacións-Minas, incluíndo a
conexión coas escolas de Industriais e de Telecomunicacións, e darlle un forte pulo
a tres obras iniciadas en 2003: a Facultade de Ciencias da Educación no Campus de
Pontevedra; o segundo edificio do Reitorado no Campus de Vigo; e a Biblioteca
central no Campus de Ourense. Estes edificios non estarán concluídos antes de
2005, pero o que acaben sendo dependerá en grande medida de cánto e cómo
medren no próximo ano.
28
CADRO 5 : COMPOSICIÓN DO CONCEPTO 622 – “EDIFICIOS E OUTRAS CONSTRUCCIÓNS”
Partidas por conceptos e subconceptos Cantidades
622. EDIFICIOS E OUTRAS CONSTRUCCIÓNS .................. 12.570.603 622.01 . Edificios de uso administrativo :............................ 2.200.000 . Reitorado II ............................................................. 2.200.000
622.02. Edificios de uso docente e de investigación .... 8.790.603
. Liquidación ampliación Teleco-Minas ..................... 965.158
. Complementario Ampliación Teleco-Minas ............ 1.216.942
. Fac. CC. Educación Pontevedra .............................. 2.674.503
. Biblioteca central Ourense ....................................... 2.314.000
. Biblioteca Ciencias Vigo .......................................... 420.000
. Cidade tecnolóxica .................................................. 1.200.000
622.09. Outras construccións ............................................... 1.580.000 . Cuberta Fac. Filoloxía e Traducción....................... 275.000
. Cuberta ETS Telecomunicacións........................... 180.000
. Cuberta ETS Industriais .......................................... 180.000
. Cuberta Fac. Belas Artes ....................................... 120.000
. Cuberta Edificio Tecnolóxico Ourense ................. 120.000
. Climatización Edificio Xurídico-Social Ourense . 360.000
. Climatización Biblioteca EUETI ........................... 150.000
. Climatización II fase Fac. CC.EE. e EE ............... 135.000
. Climatización CC.XX. e do Traballo....................... 60.000
29
b) A anterior prioridade ten a súa continuación natural no esforzo crecente de
mantenemento e reforma dos inmobleis e instalacións existentes. 2004 debe ser,
neste sentido, un ano que intensifique, se cadra, o traballo levado a cabo pola
Unidade Técnica e a Dirección de Área de Infraestruturas durante o exercicio 2003,
cunha atención especial ás obras de reforma dos edificios máis castigados polo
paso do tempo, como é o caso da Facultade de Filoloxía e Traducción, a Facultade
de Belas Artes, a ETSE de Industriais, a ETS de Telecomunicacións e o Edificio
Tecnolóxico. Haberá, ademais, algunhas actuacións que intentarán resolver os
principais problemas de luz e calor detectados polos servizos técnicos da
universidade.
c) Asignamos 510.000 euros no Capítulo VIII de gastos coa finalidade de
acudir á ampliación de capital de “Cidade Universitaria S.A.”. Esta ampliación ten un
triplo obxectivo:
- Primeiro, compensar a perda de ingresos consecuencia dos atrasos
producidos nas obras de urbanización do campus. Este atraso fixo que se decidira
non cobrar os arrendamentos dos locais comerciais ata que a situación de acceso e
tránsito estivese normalizada, o que como é sabido non aconteceu ata o pasado
mes de setembro.
- Segundo, a ampliación pretende acumular fondos para finalizar o
amoblamento do cine/teatro, carencia que ata o momento impediu un uso máis
diverso e intenso das suas instalacións.
- Terceiro, a ampliación ten tamén como obxectivo finalizar o amoblamento
básico das pistas e do ximnasio da zona deportiva, coa pretensión de que estas
instalacións, xunto coa piscina, poidan entrar en funcionamento á maior brevidade
posible.
30
d) Outro criterio xeral e preferente de asignación do gasto constitúeo a
definición como prioridade para 2004 de diversas actuacións nos programas de
biblioteca, docencia, innovación e calidade, relacións internacionais, con dotacións
adicionais que varían entre os 100.000 e os 300.000 euros.
e) E, por último, incorporamos por primeira vez algunhas novidades formais
que merecen ser destacadas. Dunha banda, a creación de catro novas liñas de
actuación (Oficina de I+D, Innovación e Calidade, Oficina de Medio Ambiente,
Campus de Ourense), inseridos mediante orgánicas diferentes, sen modificar a
función principal. Doutra, a aposta por un grao superior de descentralización no
Campus de Ourense, o que se traduce nunha nova orgánica dentro dos programas
de extensión, deportes e servizos centrais, cun volume de 3 millóns de euros. Se a
experiencia continúa a ser positiva, este proceso descentralizador podería
completarse e estenderse en vindeiros exercicios, dando cumprimento así a un dos
principais obxectivos deste equipo de goberno.
31
III.3. Orzamento de gastos por programas
Como se acaba de afirmar, o orzamento 2004 por programas presenta
cambios de certa entidade, que afectan á definición de novos programas e ao xeito
de inserilos na actual estrutura administrativa da Universidade. A tal efecto, convén
distinguir entre a adscrición orgánica de calquera novo programa e a súa adscripción
funcional. Noutras verbas: un asunto é quén tramita e ónde se computa
contablemente unha determinada actividade, e outro moi distinto quén decide e
promove a función que desexa realizarse. Algúns exemplos poden clarexar un pouco
mellor esta cuestión.
O compromiso de descentralización asumido por este equipo no seu
programa de goberno vai ser visualizado no 2004 cun programa específico de
actuación para o Campus de Ourense, incluíndo actividades deportivas e de
extensión, asi como actuacións de RAM e obra nova. Este programa require unha
canle administrativa específica e diversas orgánicas diferenciadas nos actuais
programas 211 E (“Extensión Universitaria”), 211 A (“Deportes”) e 300 S (“Servizos
de Xestión Centralizada”). Por outra banda, a efectos informativos debe ser
presentado de xeito autónomo, coa incorporación de todas as actuacións asumidas
autonomamente polo Campus de Ourense. Pero non tería sentido crear por iso
novos programas funcionalmente separados, posto que no Campus de Ourense non
van cambiar as funcións, senón quén as promova e realice.
O mesmo podería dicirse, por exemplo, da actividade da “Oficina de I+D”. Nas
grandes liñas de actuación, a súa función non será outra que o “fomento de
proxectos de investigación”. Hai interese orgánico, nembargantes, en xerar
iniciativas específicas desta oficina en relación co seu plan de expansión. Pois ben,
baixo o mesmo paraugas funcional 122 F, créase unha nova clasificación orgánica
0033 que dará cobertura á súa actuación orzamentaria. Formalmente haberá dúas
32
liñas de actuación diferenciadas, pero contablemente unha soa referencia, na que se
integrarán todas as actuacións realizadas nas dúas orgánicas. O resultado final será
así unha estrutura funcional clara e unha conta de liquidación máis limpa e doada de
entender.
Non resulta menos ilustrativo o exemplo da “Oficina de Medio Ambiente”. Nel
aglutínanse as actuacións levadas a cabo ata agora por esta Oficina (proxectos,
catalogación dos espazos, rexeneración dos hábitats, xestión de residuos perigosos,
etc.) máis as realizadas polo equipo de xardinería e as relacionadas co mantemento
integral dos espazos naturais e de axardinamento dos campus, ata agora
centralizadas orgánica e funcionalmente na Xerencia e no Programa 300 S. Semella
que pode haber melloras sustancias se modificamos a asignación orgánica destas
actuacións baixo unha responsabilidade máis específica como a da OMA. Pero
seguen a ser actuacións centralizadas (ou comúns) e non é preciso por iso crear
unha funcional diferenciada.
Por último, o novo programa de “Innovación e Calidade” representa
exactamente o caso contrario. Trátase dunha funcional absolutamente diferenciada
do programa de “Relacións Institucionais” no que estaba diluída, pero a súa
estrutura administrativa mantense centralizada e, polo tanto, non require cambio
ningún da referencia orgánica.
Estamos xa en condicións de presentar as alteracións de programas que se
incorporan no orzamento de 2004. Seguindo a orde de memorias precedentes, a
listaxe de programas coas modificacións funcionais e orgánicas é a seguinte:
33
Denominación Clasificación Clasificación
orgánica funcional
Fomento de proxectos de Investigación 0022 122 F
Oficina de I+D 0033 122 F
Proxectos de investigación con financiamento externo Segundo proxectos 122 P
Formación investigadores/as 0022 122 I
Biblioteca universitaria 0022 122 B
CACTI 0022 122 T
Extensión universitaria Vigo-Pontevedra 0023 211 E
Extensión universitaria Campus de Ourense OUR 1 211 E
Oficina de Relacións Internacionais 0023 211 R
Deportes Vigo-Pontevedra 0023 211 A
Deportes Ourense OUR 1 211 A
Docencia e Alumnado 0000 211 D
Relacións Institucionais 0000 214 K
Innovación e Calidade 0000 300 V
Departamentos Segundo departament. 122 H
Másters, cursos de especialización e outros cursos 0023 211 M
Servizos de xestión descentralizada Segundo centros 300 C
Servizos de xestión centralizada 0000 300 S
Oficina de Medio Ambiente 0044 300 S
Infraestruturas Ourense OUR 1 300 S
34
Programa “Fomento de proxectos de investigación” Funcional: 122 F
A principal novidade neste programa, como acaba de explicarse, é o
mantemento da súa función principal – Clasificación funcional 122 F - e a súa
separación posterior en dúas clasificacións orgánicas, individualizando deste xeito a
actividade específica da Oficina de I+D, ainda que sen xerar con iso unha nova peza
contable. A partir do orzamento de 2004, polo tanto, haberá dúas orgánicas deste
programa, nas que cabe destacar os seguintes cambios:
A) Orgánica 0022 (actual)
Na orgánica actual, os cambios son de reestruturación interna dalgunhas
partidas e de volume noutras:
- Por primeira vez, o ritmo de convocatorias e prazos nos fondos Feder
e nos parques científicos permite a incorporación dos ingresos previstos por
concorrencia nestes concursos, o que supón, en conxunto, a incorporación de
gastos por importe de 5.364.688 euros no concepto 629 do programa.
- A definición de orgánicas diferenciadas para a Oficina de I+D e a
Oficina de Medio Ambiente fai que desapareca o concepto 482 “Bolsas I+D” –
“Bolsas OMA”, que pasa a integrarse nos novos subprogramas. Polo mesmo motivo,
redúcese o importe do subconcepto 227.06 “Estudios e traballos técnicos”, nunha
contía que aflorará logo nos subprogramas citados.
- Por último, na partida 641.02 “Axudas equipos de investigación”
incorpóranse as bolsas do persoal auxiliar de investigación, transformadas en
contratos de FP2 e integradas nas correspondentes convocatorias.
35
Programa: Fomento de proxectos de investigación Orgánica: O022 - Funcional: 122 F
Art. Cto. Subcto Denominación do Gasto Subcto. Cto. Art.
Cap. II. Gastos correntes en bens e servizos
22 Material subministración e outros 90.232 220 Material de oficina 20.000 226 Gastos diversos 28.222 226.01 Atencións protocolarias 1.202 226.02 Publicidade e propaganda 15.000 226.04 Gastos diversos 12.020 227 Traballos realizados outras empresas 36.000 227.06 Estudios e traballos técnicos 36.000 228 Cursos e conferencias 6.010 228.02 Conferencias 6.010
23 Indemnización por razón de Servizos 21.000 230 Axudas de custo e locomoción 21.000 230.01 Administración 21.000 Total Capítulo II 111.232 Capítulo IV. Transferencias Correntes
48 Familias e institucións sen lucro 484 Outras 6.000 484.04 Subvencións actividades desenvolvemento 6.000 Total Capítulo IV 6.000 Capítulo VI. Investimentos reais
62 Invest. asociados ao funcionamento serv. 5.544.788 628 O.I.M. Biblioteca 60.101
628.05 Publicacións 60.101 629 Infraestrutura de investigación 5.484.687 629.03 Infraestrutura centralizada + Parques 863.202 629.11 Infraestrutura FEDER 4.621.485
64 Gastos investimento carácter inmaterial 617.026 641 Axuda xeral investigación 605.000 641.02 Axudas equipos investigación 605.000 643 Centros de investigación 12.026 643.03 I.E.A. 12.020 643.05 Outros institutos de investigación 6 Total Capítulo VI 6.161.814 Total créditos programa 122F 6.279.046
36
B) Orgánica 0033 (nova): Oficina de I+D
A incorporación desta nova clasificación orgánica ten moito que ver co plan
director elaborado e o crecente número de actividades levadas a cabo por esta
Oficina. Ademais, para 2004 acaba de asinarse un convenio específico coa
Dirección Xeral de I+D da Xunta de Galicia, por un importe de 206.000 euros, co
obxectivo de potenciar o papel das OTRIS. Neste Convenio especifícanse algunhas
actuacións que deberán ser realizadas pola Oficina de I+D da Universidade de Vigo
no vindeiro exercicio:
Actividades Importe (2003-2004) Aula de innovación para OTRIS 10.000 euros Dirección académica de aula de innovación 20.000 euros Notoriedad da rede de organismos de interfaz 11.000 euros IDIPYME 30.000 euros Proxectos europeos (red PYMERA) 95.000 euros Organización congreso OTRIs 2003 30.000 euros Apoio a spin-off 10.000 euros Total 206.000 euros
Estos obxectivos definen no fundamental a proposta orzamentaria que se
resume nas seguintes páxinas.
37
Programa: Fomento de proxectos de investigación Orgánica: O033 - Funcional: 122 F
Art. Cto. Subcto Denominación do gasto Subcto. Cto. Art.
Capítulo II. Gastos correntes bens e serv.
22 Material subministración e outros 148.000 220 Material de oficina 8.000 226 Gastos diversos 22.000 226.01 Atencións protocolarias 10.000 226.02 Publicidade e propaganda 12.000 227 Traballos realizados outras empresas 112.000 227.06 Estudios e traballos técnicos 112.000 228 Cursos e conferencias 6.000 228.02 Conferencias 6.000
23 Indemnización por razón de servizos 30.000 230 Axudas de custo e locomoción 30.000 230.01 Administración 30.000 Total Capítulo II 178.000 Capítulo IV. Transferencias correntes
48 Familias e institucións sen ánimo de lucro 22.000 482 Bolsas de estudantes 22.000 482.30 Bolsas I+D 22.000 Total Capítulo IV 22.000 Capitulo VI. Investimentos reais
62 Investimentos asoc. funcionamento servizos 18.000 625 Mobiliario e equipamento 18.000
64 Gastos investimentos carácter inmaterial 203.766 641 Axuda xeral investigación 203.766 641.06 Axuda tranferencia resultados investigación 203.766 Total Capitulo VI 221.766 Total créditos programa 421.766
38
Programa “Proxectos de investigación con financiamento externo”
Orgánica: segundo proxectos – Funcional : 122 P Este é un dos programas que experimenta un maior crecemento sobre o
volume de fondos manexado pola Universidade de Vigo no exercicio anterior.
Concretamente, o programa crecerá en 2004 por riba do 41% do seu importe en
2003. O incremento é xeral en todos os conceptos, o que reflicte, como diciamos, a
capacidade competitiva na captación de recursos externos. Pero, de maneira
especial, débense destacar os máis de 2 millóns de euros consignados polo grao de
concesión acadado na convocatoria de proxectos Interreg-III-A.
Programa: Proxectos de investigación con Financiamento Externa Orgánica: segundo proxectos - Funcional: 122 P
Art. Cto. Subcto. Denominación do gasto Subcto. Cto. Art. Capítulo VI. Investimentos reais 64 Gastos Investimento carácter inmaterial 11.797.267 644 Prog. inv. MEC 500.000 645 Prog. inv. XUNTA 2.670.655 646 Prog. inv. cofinanciados MCyT 4.609.066 647 Prog. inv. outros organismos 6 648 Contratos investigación 4.017.540 Total Capítulo VI 11.797.267 Total créditos programa 122P 11.797.267
39
Programa “Formación de investigadores”
Orgánica: 0022 Funcional: 122I
Este programa inclúe todo o que son liñas de axuda para a formación dos
investigadores, centradas basicamente ao redor do terceiro ciclo, en xeral, e ás
actividades formativas complementarias, como reunións científicas, estadías, etc. O
seu volume medra un 7,6% sobre a cantidade consignada en 2003, destacando as
seguintes modificacións:
- En primeiro lugar, desaparece o subconcepto 481.07 “Bolsas personal
auxiliar de investigación”, que, como xa se dixo, é incorporado á convocatoria de
axudas aos equipos de investigación.
- En segundo lugar, auméntase substancialmente a dotación do
subconcepto “Reunións científicas” para facer frente ao incremento de convocatorias
e ao considerable incremento do número de solicitudes.
- Por último, inclúese de xeito excepcional una nova partida 227.06 que
financia unha acción específica vencellada á informatización do terceiro ciclo.
40
Programa: Formación de investigadores
Orgánica: O022 - Funcional: 122 I
Art. Cto. Subcto. Denominación do gasto Subcto. Cto. Art. Capítulo II. Gastos correntes bens e serv. 22 Material subministración e outros 175.000 227 Traballos realizados outras empresas 175.000 227.06 Estudios e traballos técnicos 175.000 23 Indemnización por razón de servizos 120.202 230 Axudas de custo e locomoción 120.202 230.02 Teses de doutoramento 120.202 Total Capítulo II 295.202 Capítulo IV. Transferencias correntes 48 Familias e institucións sen lucro 691.169 481 Bolsas formación invest. e profesorado 240.410 481.01 Bolsas de viaxe 120.202 481.02 Bolsas estadías 120.202 481.08 Accións integradas 6 482 Bolsas 450.759 482.02 Terceiro ciclo 450.759 Total Capítulo IV 691.169 Capítulo VI. Investimentos reais 64 Gastos investimentos carácter inmaterial 721.011 641 Axuda xeral investigación 721.011 641.00 Terceiro ciclo 360.607 641.03 Axudas formación de investigadores 240.404 641.05 Reunións científicas 120.000 Total Capítulo VI 721.011 Total créditos programa 122I 1.707.382
41
Programa “Biblioteca universitaria”
Orgánica: 0022 Funcional: 122B
Mantendo a selección de políticas de gasto do exercicio pasado, o programa
de Biblioteca volve ser en 2004 un dos que experimenta un crecemento máis
elevado, 300.000 euros e unha taxa por riba do 13%, ata acadar un volume total de
2,4 millóns de euros. Estas previsións están feitas con obxectivos ordinarios de
manter a provisión de servizos, seguir desenvolvendo as coleccións bibliográficas e
documentais e insistir na consolidación do Consorcio Bugalicia, de bibliotecas
universitarias, para centralizar a oferta de bases de datos e revistas-e. Pero
nalgunhas partidas realícese un esforzo especial para cumprir algunhas das accións
programadas no Plan Director 2004-2007 elaborado pola Universidade de Vigo.
Estas actuacións son as seguintes :
- Mellora da dotación de mobiliario da biblioteca de Torrecedeira.
- Deseño e mantenemento dun boletín dixital.
- Enquisa e foro electrónico asociados ao boletín dixital.
- Plan de mellora dos equipamentos informáticos.
- Acción de sensibilización e diagnóstico de xestión do coñecemento.
- Adquisición de mobiliario para a Biblioteca central de Vigo (nun plan a 4
anos) coa finalidade de instalar a hemeroteca de papel e mellorar a súa
función de biblioteca de investigación.
42
Programa: Biblioteca universitaria Orgánica: O022 - Funcional: 122 B
Art. Cto. Subcto. Denominación do gasto Subcto. Cto. Art.
Cap II. Gastos correntes bens e servizos
21 Reparación e conservación 43.000
212 De edificios e outras construccións 43.000 22 Material subministración e outros 307.126
220 Material de oficina 45.000 221 Subministracións 92.856 221.01 De servizos administrativos 92.856 226 Gastos diversos 157.200 226.07 Acceso ao documento 9.270 226.08 Teledocumentación 6.000 226.09 Cotas organismos 142.000 227 Traballos realizados outras empresas 12.000 227.06 Estudios e traballos técnicos 12.000
23 Indemnización por razón de servizo 3.000 230 Axudas de custo e locomoción 3.000 230.01 Administración 3.000 Total Capítulo II 353.126 Capítulo VI. Investimentos reais
62 Invest. asoc. funcionamento servizos 2.068.000 625 Mobiliario e equipamento 88.000 628 O.I.M. Biblioteca 1.980.000 628.02 Fondos bibliográficos 1.980.000 Total Capítulo VI 2.068.000 Total créditos programa 122B 2.421.126
Programa “C.A.C.T.I”
Orgánica: 0022 Funcional: 122 T
Como pode apreciarse no cadro que segue, o programa do CACTI para 2004
experimenta un crecemento de 220.000 euros -un 68,57%- sobre os fondos que lle
foran asignados no orzamento de 2003.
43
Programa: CACTI Orgánica: O022 - Funcional: 122 T
Art. Cto. Subcto. Denominación do gasto Subcto. Cto. Art.
Cap II. Gastos correntes en bens e serv. 21 Reparación e conservación 90.000 213 De maquinaria instalcións e materias 90.000 22 Material, subministración e outros 162.873 220 Material de oficina 12.020 221 Subministracións 150.252 221.01 De servizos administrativos 150.252 226 Gastos diversos 601 226.01 Atencións protocolarias 601 23 Indemnización por razón de servizos 6.000 230 Axudas de custo e locomoción 6.000 230.01 Administración 6.000 Total Capítulo II 258.873 Capítulo IV. Transferencias correntes 48 Familias e institucións sen fins de lucro 46.060 482 Bolsas 46.060 482.08 Bolsas CACTI 46.060 Total Capítulo IV 46.060 Capítulo VI. Investimentos reais 62 Invest. asoc. funcionamento servizos 40.000 625 Mobiliario e equipamento 40.000 Total Capítulo VI 40.000 Total créditos programa 122T 344.933
A explicación deste incremento remite á expansión do gasto corrente xerado
polo forte pulo das investimentos nas infraestruturas asociadas aos fondos aplicados
para a adquisición de equipamento científico centralizado. Estamos a falar,
basicamente, de consumos de subministros (electricidade, gases líquidos, etc.), que
xa provocaron unha aplicación de remanente en 2003 e que, de manterse o nivel de
actividade, como se desexa, inevitablemente tenderán a medrar en 2004.
44
Programa “Departamentos”
Orgánica: segundo departamentos - Funcional: 122 H O programa de departamentos é un guadiana reformista que renace con
enerxías renovadas todos os anos para finalmente desaparecer sen cambio ningún.
Non é sinxelo imaxinar a definición dun subprograma diferenciado por cada
departamento, replicando exactamente os conceptos e importes da súa execución
real e incorporando aquelas partidas nas que queira concentrase o esforzo de cada
quén. Non estamos moi dispostos, por outra banda, a introducir mecanismos
contables e de incorporación de crédito que limiten os dereitos pretéritos na
acumulación de remanentes. Sendo isto así, con máis de 2 millóns de remanentes
específicos non executados neste programa, é inviable imaxinar un cambio na actual
situación orzamentaria. A universidade non pode incorporar máis recursos nun
programa con este volume de execución pendente. E así, en 2004, o programa
mantén practicamente o seu importe, agás un lixeiro incremento nas indemnizacións
por razóns de servizo, que adaptan o seu importe á evolución seguida polas axudas
de custo de desprazamento na administración pública.
Programa: Departamentos Orgánica: segundo departamentos - Funcional: 122 H
Art. Cto. Subcto. Denominación do gasto Subcto. Cto. Art. Cap II. Gastos correntes en bens e servizos 23 Indeminización por razóns de serv. 39.677 230 Indemnización por razóns de serv. 39.677 Total Capítulo II 39.677 Capítulo VI. Investimentos reais 64 Gastos investimento carácter inmaterial 901.517 641 Axuda xeral investigación 901.517 641.01 Gastos investigación departamentos 901.517 Producción científica (62%) 558.941 Resto a repartir 342.576 Total Capítulo VI 901.517 Total créditos programa 122H 941.194
45
Programa “Innovación e Calidade”
Orgánica: 0000 - Funcional: 300 V
O programa de innovación e calidade constitúe unha das principais novidades
do orzamento por programas do exercicio 2004. Centrado nas actuacións
desenvolvidas polos servizos informáticos da Universidade e pola Área de Calidade,
a súa creación está intimamente vencellada á decisión política de crear un
vicerreitorado específico dedicado a estes temas, atribuíndolle un carácter
estratéxico e preferente para o futuro da nosa universidade. Por este motivo, do
antigo programa 214 K “Relacións Institucionais” sepáranse todas as actuacións
relacionadas cos temas de I+C e defínese un novo programa, cunha función
totalmente diferenciada e adscrición orgánica 0000, que se correspóndese cos
servizos centralizados da universidade.
No seu conxunto, o crecemento destes dous programas con respecto ao
214K único de 2003 é de 550.000 euros, a unha taxa do 34%. E se fixeramos o
exercicio de desglosar as partidas comúns no 2003 para comparalas coas que
integran de xeito exclusivo este programa 300 V, entón o crecemento sería de
272.457 euros, un 21,6%, o que en todo caso dá unha idea do esforzo orzamentario
aplicado a estes temas.
De xeito particular, merecen ser destacados dous conceptos de gasto. En
primeiro lugar, o 640 “Programas de calidade”, cun crecemento importante dos
programas extraordinarios, por riba do 30% sobre o pasado exercicio. E, en segundo
lugar, o volume que acada o 222 “Comunicacións”, no que inclúe o gasto
centralizado de telefonía. Neste concepto compútanse os importes fixos asignados
por profesor/a e departamento, de acordo cos criterios de distribución que se
detallan no epígrafe V deste documento.
46
Programa : Innovación e calidade Orgánica: 0000 - Funcional: 300 V
Art. Cto. Subcto Denominación do gasto Subcto. Cto. Art.
Cap. II. Gatos correntes en bens e servizos
21 Reparación e conservación 32.500 213 De maquinaria,instalacións e materiais 4.500 215 De mobiliario e equipamento 28.000 215.04 De equipos informáticos unidade admin. 28.000
22 Material subministración e outros 727.000 220 Material de oficina 3.000 222 Comunicacións 600.000 226 Gastos diversos 22.000 226.04 Gastos diversos 3.000 226.09 Cuotas organismos 19.000 227 Traballos realizados outras empresas 100.000 227.06 Estudios e traballos técnicos 100.000 228 Cursos e conferencias 2.000 228.02 Conferencias 2.000
23 Indemnización por razón de servizos 4.000 230 Axudas de custo e locomoción 4.000 230.01 Administración 4.000 Total Capítulo II 763.500 Capítulo IV. Transferencias correntes
48 Familias e institucións sen lucro 424.002 482 Bolsas 424.002 482.05 Bolsas informática-axuda centros 230.000 482.06 Bolsas informáticas. Centros e Campus 70.000 482.10 Bolsas PFC e tesinas 1 482.16 Bolsas avaliación docente 104.000 482.24 Bolsas programas de calidade 20.000 482.25 Bolsas aulas internet 1 Total Capítulo IV 424.002 Capítulo VI. Investimentos reais
62 Invest. asociados ao fincionamento serv. 225.000 623 Maquinaria, instalacións e utensilios 30.000
625 Mobiliario e equipamento 195.000 64 Gastos investimento carácter inmaterial 120.000
640 Programas universitarios 120.000 640.00 Programas ordinarios de calidade 30.000 640.02 Programas extraordinarios de calidade 60.000 640.03 Programas innovación e calidade docente 30.000 Total Capítulo VI 345.000 Total créditos programa 300 V 1.532.502
47
Programa “Relacións institucionais”
Orgánica: 0000 - Funcional: 214 K
O programa de “Relacións institucionais” queda moito mellor perfilado no
orzamento de 2004, logo da segregación das partidas integradas no novo programa
de “Innovación e calidade”. Sobre a súa entidade hai pouco que dicir, posto que esta
separación induciría a erros calquera que fose a comparación. En todo caso, hai
dous aspectos que merecen ser salientados. En primeiro lugar, a incorporación das
partidas asociadas a normalización lingüística, antes situadas no programa de
extensión universitaria. E, en segundo lugar, o incremento da partida 226.02, coa
finalidade de dar resposta ao obxectivo específico de reforzar as campañas de
información e de comunicación da Universidade de Vigo, sobre todo no que respecta
ao fluxo de información cara os futuros estudantes.
Programa : Relacións institucionais Orgánica: 0000 - Funcional: 214 K
Art. Cto. Subcto. Denominación do gasto Subcto. Cto. Art.
Cap II. Gastos correntes en bens e serv. 22 Material, subministración e outros 565.050 220 Material de oficina 3.000 226 Gastos diversos 532.050 226.01 Atencións protocolarias 3.000 226.02 Publicidade e propaganda 240.000 226.04 Gastos diversos 18.000 226.09 Cotas organismos 600 226.12 CIUGA 270.450 227 Traballos realizados por outras empresas 6.000 227.09 Outros 6.000 228 Cursos e conferencias 24.000 228.02 Conferencias 6.000 228.08 Normalización lingüística 18.000 23 Indeminzación por razón de servizos 6.300 230 Axudas de custo e locomoción 6.300 230.01 Administración 6.300 Total Capítulo II 571.350
48
Capítulo IV. Transferencias correntes 44 A socied. merc. est. entid. sen lucro,etc. 6.900 444 Convenios entidades públicas 5.400 445 Convenios entidades privadas 1.500 48 Familias e institucións sen fins de lucro 12.000 482 Bolsas 12.000 482.21 Bolsas normalización lingüistica 12.000 Total Capítulo IV 18.900 Capítulo VI. Investimentos reais 62 Invest. asoc. funcionamento servizos 5.500 625 Mobiliario e equipamento 5.500 Total Capítulo VI 5.500 Total créditos programa 214 K 595.750
Programa “Oficina de Relacións Internacionais”
Orgánica: 0023 - Funcional: 211 R
O programa da “Oficina de Relacións Internacionais” experimenta un
incremento por riba dos 70.000 euros para o orzamento 2004, que supón unha taxa
de crecemento do 26% sobre o exercicio anterior. Esta evolución orzamentaria está
en consonancia co crecemento continuado da actividade desta oficina. O número de
estudantes da Universidade de Vigo partícipes no programa Sócrates-Erasmus foi
de 253 no pasado curso e de 348 no actual. Por outra banda, recibimos 233
estudantes estranxeiros no curso pasado e agárdanse máis de 300 para o actual. En
canto ao profesorado, no programa de mobilidade europeo convócanse 123 prazas
fronte ás 41 visitas producidas no curso anterior. Hai bos motivos, xa que logo, para
fornecer orzamentariamente este importante esforzo de mobilidade, e moito máis
metidos de cheo no proceso de converxencia do espazo europeo de educación
superior.
49
Así mesmo, a ORI pretende aumentar a actividade internacional, con
preferencia polos intercambios con América Latina. En consecuencia, o programa de
internacionalización aposta pola expansión dos cursos de posgrao e doutoramento
da Universidade de Vigo noutros países, especialmente no ámbito da lusofonía.
Nunha liña semellante, ábrese por primeira vez un programa de accións de
cooperación ao desenvolvemento, para a que agardamos a captación de recursos
adicionais doutras institucións públicas e privadas.
Cómpre subliñar, por último, un aumento na dotación da área de idiomas, coa
intención de ampliar esta oferta tanto para estudantes propios, como para a
formación en castelán e galego de estudantes doutros países.
Programa : Oficina de Relacións Internacionais Orgánica: 0023 - Funcional: 211 R
Art. Cto. Subcto. Denominación do gasto Subcto. Cto. Art.
Cap II. Gastos correntes en bens e serv. 22 Material, subministración e outros 53.247 220 Material de oficina 4.200 223 Transportes 223 226 Gastos diversos 16.824 226.01 Atencións protocolarias 1.800 226.02 Publicidade e propaganda 7.813 226.06 Gastos de mobilidade 1 226.09 Cotas organismos 7.210 228 Cursos e conferencias 32.000 228.02 Conferencias 20.000 228.07 Cursos de idiomas 12.000 23 Indemnización por razón de servizos 69.116 230 Axudas de custo e locomoción 69.116 230.01 Administración 69.116 26 Programas de cooperación 20.000 260 Programas MAE 14.000 261 Programas de coperación internacional 6.000 Total Capítulo II 142.363 Capítulo IV. Transferencias correntes 48 Familias e institucións sen fins de lucro 46.000 486 Outras bolsas 46.000 486.01 Bolsas formación ORI 16.000
50
486.02 Bolsas TS docentes 30.000 49 O exterior 138.001 492 Bolsas intercambio 138.001 492.01 Bolsas intercambio alumnado 132.000 492.02 Bolsas intercambio alumn. programa ISEP 6.000 492.04 Bolsas Sócrates Erasmus AN 1 Total Capítulo IV 184.001 Capítulo VI. Investimentos reais 62 Invest. asoc. funcionamento servizos 6.000 625 Mobiliario e equipamento 6.000 Total Capítulo VI 6.000 Total créditos programa 211 R 332.364
Programa “Extensión universitaria”
Funcional: 211 E
O programa de “Extensión Universitaria” mantén no que respecta ao seu
importe e función un ritmo sostido de crecemento e expansión de iniciativas e
actividades. Estamos a falar dun incremento por riba de 60.000 euros e do 10%
sobre 2003, dedicado a promover e financiar cursos complementarios, conferencias,
mostras de teatro, ciclos de cine, certames de coros, aulas e obradoiros de
extensión, actividades nas residencias, así como actividades programadas polas
comisións de cultura dos centros.
Fóra desta continuidade no esforzo orzamentario, este programa presenta
como principal novidade en 2004 a súa desagregación orgánica, para definir por
primeira vez unha programación específica e descentralizada para o Campus de
Ourense. Como consecuencia, a mesma función 211 E divídese en dúas orgánicas,
mantendo a 0023 para os campus de Vigo e Pontevedra e creando a nova OUR 1
para acoller contablemente as dotacións orzamentarios de extensión que desde o
presente exercicio asume o Campus de Ourense.
51
Programa: Extensión Universitaria Orgánica: OUR 1 (Campus de Ourense) - Funcional: 211 E
Art. Cto. Subcto. Denominación do gasto Subcto. Cto. Art.
Cap II. Gastos correntes en bens e serv. 22 Material, subministración e outros 136.600 226 Gastos diversos 12.000 226.02 Publicidade e propaganda 12.000 228 Cursos e conferencias 52.000 228.02 Conferencias 12.000 228.04 Cursos complementarios 40.000 229 Extensión universitaria 72.600 229.01 Actividades culturais 72.600 Total Capítulo II 136.60048 Familias e institucións sen fins de lucro 14.000 484 Outras 14.000 484.01 Subvencións asociacións estudantes 14.000 Total Capítulo IV 14.000 Total créditos programa 211 E 150.600
Programa: Extensión Universitaria Orgánica: 0023 (campus de Vigo e Pontevedra) - Funcional: 211 E
Art. Cto. Subcto. Denominación do gasto Subcto. Cto. Art. Cap II. Gastos correntes en bens e serv. 22 Material, subministración e outros 471.880 220 Material de oficina 12.020 226 Gastos diversos 37.860 226.01 Atencións protocolarias 1.200 226.02 Publicidade e propaganda 36.060 226.09 Cotas organismos 600 228 Cursos e conferencias 116.000 228.02 Conferencias 36.000 228.04 Cursos complementarios 80.000 229 Extensión universitaria 306.000 229.01 Actividades culturais 300.000 229.07 Outras actividades 6.000 23 Indemnizacións por razón de servizos 9.000 230 Axudas de custo e locomoción 9.000 230.01 Administración 9.000 Total Capítulo II 480.880 Capítulo IV. Transferencias correntes 48 Familias e institucións sen fins de lucro 52.000 482 Bolsas 12.000 482.11 Bolsas colaboradores 12.000 484 Outras 40.000 484.01 Subvencións asociacións estudantes 40.000 Total Capítulo IV 52.000 Total créditos programa 211 E 532.880
52
Programa “Deportes”
Funcional: 211 A O programa de “Deportes” pódese presentar de xeito semellante ao de
“Extensión”, se cabe a partir dunha aposta un pouco máis forte. Porque,
efectivamente, experimenta un incremento por riba dos 75.000 euros e de
prácticamente o 18% sobre a dotación que lle foi asignada no 2003, o que dá unha
idea do ritmo de expansión que están tendo as actividades dos equipos deportivos
da Universidade de Vigo. Ademais, neste programa experiméntase tamén por
primeira vez a descentralización de actividades cunha clasificación orgánica
específica para a programación deportiva do Campus de Ourense.
Programa: Deportes Orgánica: OUR 1 (Campus de Ourense) - Funcional: 211 A
Art. Cto. Subcto. Denominación do gasto Subcto. Cto. Art.
Cap II. Gastos correntes en bens e serv. 22 Material, subministración e outros 79.548 223 Transportes 4.809 226 Gastos diversos 4.500 226.02 Publicidade e propaganda 4.500 229 Extensión universitaria 70.239 229.02 Actividades equipos deportivos 70.239 23 Indemnizacións por razón do servizo 1.250 230 Axudas de custo e locomoción 1.250 230.01 Axudas de custo e locomoción. Admon 1.250 Total Capítulo II 80.798 Cap. IV. Transferencias correntes 48 Familias e institucións sen fins de lucro 26.750 482 Bolsas 6.750 482.07 Bolsas deportivas 6.750 483 Actividades deportivas estudantes 20.000 483.01 Subv. actividades deportivas do alumnado 20.000 Total Capítulo IV 26.750 Cap. VI. Investimentos reais 62 Invest. asociados funcionamento servizos 3.000 625 Mobiliario e equipamento 3.000 Total Capítulo VI 3.000 Total créditos programa 211 A 110.548
53
Programa: Deportes Orgánica: 0023 (Campus de Vigo e Pontevedra) - Funcional: 211 A
Art. Cto. Subcto. Denominación do gasto Subcto. Cto. Art.
Cap II. Gastos correntes en bens e serv. 22 Material, subministración e outros 283.166 223 Transportes 22.200 226 Gastos diversos 19.206 226.02 Publicidade e propaganda 18.000 226.04 Gastos diversos 6 226.09 Cotas organismos 1.200 229 Extensión universitaria 241.760 229.02 Actividades equipos deportivos 241.760 23 Indemnizacións por razón de servizos 3.750 230 Axudas de custo e locomoción 3.750 230.01 Administración 3.750 Total Capítulo II 286.916 Capítulo IV. Transferencias correntes 48 Familias e institucións sen fins de lucro 71.336 482 Bolsas 20.250 482.07 Bolsas deportivas 20.250 483 Actividades deportivas do estudantado 51.086 483.01 Subv. actividades deportivas do estudantado 51.086 Total Capítulo IV 71.336 Cap. VI. Investimentos reais 62 Invest. asociados funcionamento servizos 15.000 625 Mobiliario e equipamento 15.000 Total Capítulo VI 15.000 Total créditos programa 211 A 373.252
Programa “Docencia e alumnado”
Orgánica 0000 - Funcional: 211 D
O programa de “Docencia e alumnado” reflicte unha das apostas máis
importantes do orzamento de 2004, cun incremento bruto de 545.000 euros e do
30% sobre as dotacións consignadas en 2003. A maior parte deste crecemento
54
prodúcese no concepto 626 “Equipamento de laboratorios docentes”, no que se
engade un importe adicional de 300.000 euros. Na medida das posibilidades
orzamentarias, tratamos de dar resposta deste xeito a unha das demandas máis
sensibles para toda a comunidade universitaria.
Programa : Docencia e alumnado Orgánica: 0000 - Funcional: 211 D
Art. Cto. Subcto. Denominación do gasto Subcto. Cto. Art.
Cap II. Gastos correntes en bens e serv. 21 Reparación e conservación 60.000 213 Reparacións laboratorios docentes 60.000 22 Material, subministración e outros 63.600 229 Extensión universitaria 63.600 229.04 Prácticas de campo 63.600 Total Capítulo II 123.600 Capítulo IV. Transferencias correntes 48 Familias e institucións sen fins de lucro 939.940 482 Bolsas 245.540 482.01 Comedor 196.840 482.15 Residencias 48.700 484 Outras 694.400 484.02 Subvención transporte 682.000 484.06 Integración discapacitados 12.400 Total Capítulo IV 939.940 Capítulo VI. Investimentos reais 62 Invest. asoc. funcionamento servizos 1.240.000 626 Equipamento laboratorios docentes 1.240.000 Total Capítulo VI 1.240.000 Total créditos programa 211 D 2.303.540
Hai, tamén outras dúas partidas nas cales se producen crecementos de certa
entidade. En primeiro lugar, o subconcepto 229.04 “Prácticas de campo”, cunha
dotación adicional que pretende atender a demanda igualmente crecente destas
actividades docentes. E, en segundo lugar, o subconcepto 484.02 “Subvencións ao
transporte”, que reforzamos para atender o grao actual de execución e non xenerar
débedas, pero que necesita unha revisión a fondo do Convenio firmado no seu día
55
con Vitrasa e o Concello, porque ten acadado uns niveis que non se corresponden
nin co número decrecente de usuarios potenciais, nin coa calidade do servizo
prestado.
Por último, o programa incorpora por primeira vez unha nova partida 213
“Reparacións de laboratorios docentes”, cunha primeira dotación de 60.000 euros,
coa finalidade de atender, de xeito selectivo e en función do volume de aulas
informáticas e laboratorios científico-tecnolóxicos, as necesidades de reforma e
reparación máis importantes e perentorias nos laboratorios da Universidade de Vigo.
Esta novidade debe poñerse en relación coa dotación fixa de 2.000 euros por centro,
incorporada tamén por primeira vez neste exercicio e incluída na partida 213 do
programa 300 C de servizos de xestión descentralizada, que detallaremos
deseguido. Ambas as dúas son dotacións demandadas por decanos/directores e
administradores de centro e pretenden iniciar un camiño que, se resulta útil e
positivo, con toda seguridade será consolidado nos vindeiros exercicios
orzamentarios.
Programa “Másters, cursos de especialización e outros cursos”
Orgánica 0023 - Funcional: 211 M
Este programa é outro dos que medran de maneira importante en 2004,
cunha dotación adicional de 360.000 euros que multiplica por catro o seu importe no
exercicio 2003. Este crecemento é resultado da lóxica multiplicación de actividades
dun vicerreitorado de nova creación, volcado sobre todo en tres liñas de actuación
cun carácter preferente. En primeiro lugar, o desenvolvemento da oferta de cursos
propio de especialización e formación, incluíndo o Plano de Formación do
Profesorado, os Cursos para Maiores e o CAP máis a súa versión actualizada de
TED (Técnicos de Especialización Docente). En segundo lugar, a promoción e posta
56
en marcha de diversas iniciativas de Posgrao Virtual, asociadas á nova Área do
mesmo nome. E, por último, un plano de diversos proxectos que se levarán a cabo
en relación coa converxencia no Espazo Europeo de Educación Superior.
Programa : Másters, cursos de especialización e outros cursos
Orgánica: 0023 - Funcional: 211 M
Art. Cto. Subcto. Denominación do gasto Subcto. Cto. Art. Cap II. Gastos correntes en bens e serv. 22 Material, subministración e outros 300.321 226 Gastos diversos 12.000 226.02 Publicidade e propaganda 12.000 228 Cursos e conferencias 288.321 228.06 Cursos formación continua 30.050 228.09 Programa para maiores 55.527 228.11 Curso de Actitude Pedagóxica 160.674 228.12 Curso de Técnico Especialista en Didáctica 42.070 Total Capítulo II 300.321 Capítulo IV. Transferencias correntes 48 Familias e institucións sen fins de lucro 83.636 482 Bolsas 83.636 482.22 Bolseiros Área Posgrao Virtual 33.636 482.23 Técnicos apoio Área Postgrao Virtual 50.000 Total Capítulo IV 83.636 Capítulo VI. Investimentos reais 62 Invest. asoc. funcionamento servizos 12.000 625 Mobiliario e equipamento 12.000 64 Gastos investim. carácter inmaterial 60.100 641 Axuda xeral á investigación 60.100 641.99 Plano proxectos converxencia no EEES 60.100 Total Capítulo VI 72.100 Total créditos programa 211 M 456.057
57
Programa “Servizo de Xestión Descentralizada”
Orgánica: segundo centro - Funcional: 300 C
O programa descentralizado de centros mantén unha liña constante e de
limitada innovación. Para 2004 experimenta un crecemento de 150.000 euros, a
unha taxa aproximada dun 3,6%, concentrado basicamente nos gastos de
reparación, material, subministros, comunicacións, atencións protocolarias e
mobiliario. Dúas novidades merecen ser suliñadas. En primeiro lugar, a
incorporación por primeira vez dun concepto 213 de reparacións, ao que poden
adscribirse as reparacións básicas de equipos informáticos. Este concepto está
dotado, de xeito experimental, cunha cantidade fixa de 2.000 euros por centro. E, en
segundo lugar, engádese por primeira vez tamén unha partida simbólica do
concepto 482 “Bolsas”, para facilitar que todo centro que o desexe poida facer
transferencias do capítulo II ao IV, sempre adaptándose aos concursos existentes de
bolsas actualmente existentes na Universidade de Vigo e de acordo co
procedemento que se detalla nas Normas de Execución deste orzamento.
Programa : Servizo de Xestión Descentralizada
Orgánica: segundo centro - Funcional: 300 C
Art Cto. Subcto. Denominación do gasto Subcto. Cto. Art. Cap II. Gastos correntes en bens e serv. 21 Reparación e conservación 724.975 212 De edificios e outras construcións 684.975 213 De maquinaria, instalacións e materiais 40.000 22 Material, subministración e outros 3.174.576 220 Material de oficina 447.646 221 Subministros 2.572.930 221.01 De servizos administrativos 1.999.294 221.02 De docencia 573.636 222 Comunicacións 65.000 226 Gastos diversos 23.000 226.01 Atencións protocolarias 23.000 229 Extensión universitaria 66.000
58
229.03 Delegacións de alumnado 66.000 23 Indeminzación por razón de servizos 33.251 230 Axudas de custo e locomoción 33.251 Total Capítulo II 3.932.802 Capítulo IV. Transferencias correntes 48 Familias e institucións sen fins de lucro 1 482 Bolsas 1 Total Capítulo IV 1 Capítulo VI. Investimentos reais 62 Invest. asoc. funcionamento servizos 310.000 625 Mobiliario e equipamento 310.000 Total Capítulo VI 310.000 Total créditos programa 300 C 4.242.803
Programa “Servizo de Xestión Centralizada”
Orgánica 0000 – Funcional 300 S
No seu conxunto, este programa aumenta a súa dotación en 2004 en algo
máis de 2 millóns de euros, cun incremento do 2,5% respecto do exercicio anterior.
Hai algúns factores que matizan este crecemento por partidas. En primeiro lugar,
porque a subida non é xeneralizada, nin uniforme. Algunhas partidas crecen moito
por riba desa taxa, normalmente como consecuencia de elevacións de custos
xeradas por acordos salariais de ámbito sectorial ou estatal que repercuten sobre o
servizo: este é o caso, por exemplo, de Limpeza ou Seguridade. Outras, pola contra,
diminúen o seu importe bruto, modificadas as circunstancias excepcionais que
causaron a súa elevación excepcional en exercicios anteriores, como é o caso dos
gastos do xurídico-contencioso ou dos conferenciantes invitados.
A este incremento colabora de xeito directo o concepto 850, onde se inclúen
“Participacións en Sociedades Públicas”, que neste exercicio orzamentario reflicte o
59
custo da participación da Universidade de Vigo na ampliación de capital da
sociedade “Cidade Universitaria S.A.”. Os obxectivos desta ampliación son tres:
compensar o quebranto producido pola demora na posta en marcha das diversas
instalacións, como consecuencia directa do retraso na finalización das obras de
urbanización do campus; financiar o amoblamento e acondicionamento do cine-
teatro anexo á zona comercial; e acondicionar as pistas deportivas da zona cuberta
anexa á piscina, incluíndo ximnasio, sala de grupo e pistas de squash.
Por último, debe subliñarse a innovación formal de segregar esta función en
tres orgánicas, unha central, outra do Campus de Ourense e unha terceira da
Oficina de Medio Ambente. A orgánica do Campus de Ourense ten a finalidade de
integrar as actuacións de natureza centralizada, que van ser localizadas e realizadas
nese campus. Este agrupamento afecta fundamentalmente ás partidas 212 de
reparación e conservación de edificios e 622 de obra nova, e garda coherencia coa
descentralización da Unidade Técnica e a atribución específica da competencia
sobre este tipo de asuntos ao Vicerreitor de Planificación do Campus de Ourense.
Pola súa banda, a orgánica da Oficina de Medio Ambente trata de agrupar baixo
unha mesma dirección técnica todas as diversas actuacións de xardinería e
mantemento de espazos naturais, arboredos, reforestación, etc., actualmente
adscritas por comodidade administrativa na Xerencia e realizadas dun xeito disperso
e escasamente programado. A continuación detallarase o contido destas tres
orgánicas por partidas.
Programa: Servizos de Xestión Centralizada Orgánica:0000 Funcional: 300S
Art.º Cto. Subcto. Denominación do gasto Subcto. Cto. Art.
Capítulo I. Gastos de persoal
11 Persoal eventual 78.739 110 Retribucións básicas 78.739
60
12 Funcionarios 40.335.704 120 Retribucións básicas 19.347.796 120.00 Funcionarios docentes 16.037.979 120.01 Promoción e novas prazas 150.000 120.02 Funcionarios PAS 3.159.817 121 Retribucións complementarias 20.987.908 121.00 Funcionarios docentes 17.584.619 121.01 Promoción e novas prazas 150.000 121.02 Funcionarios PAS 3.253.289
13 Laborais 6.321.898 130 Laborais fixos 4.896.066 131 Laborais eventuais 1.425.832
14 Outro persoal 8.919.435 140 Persoal docente e contratado 8.919.435 140.00 Contratados docentes 7.002.589 140.01 Profesores visitantes 1.736.846 140.02 Novas prazas e transformacións 180.000
15 Incentivos ao rendemento 382.602 150 Produtividade PAS 253.385 151 Gratificacións funcionarios PAS 129.217
16 Cotas prestación e gasto 7.131.580 160 Cotas Seguridade Social 6.696.353 162 Gastos sociais do persoal 435.227 162.01 Plano de pensións 192.323 162.02 Outros gastos sociais 240.404 162.09 Outras prestacións sociais 2.500 Total Capítulo I 63.169.958 CapII. Gastos correntes en bens e servizos
20 Arrendamentos 30.000 202 De edificios e outras construcións 30.000
21 Reparación e conservación 423.000 212 De edificios e outras construcións 275.000 213 De maquinaria instalacións e materiais 80.000 214 De material de transporte 28.000 215 De mobiliario e equipamento 40.000
22 Material subministracións e outros 5.616.838 220 Material de oficina 230.000 221 Subministracións 243.000 221.01 De servizos administrativos 243.000 222 Comunicacións 123.875 223 Transportes 25.100 224 Primas de seguros 171.189 225 Tributos 10.000 226 Gastos diversos 374.000 226.01 Atencións protocolarias 66.000 226.03 Xurídico-contencioso 90.000 226.04 Gastos diversos 2.180 226.05 Consello Social 160.000 226.09 Cotas organismos 21.820 226.13 Tribunal de Garantías 34.000 227 Traballos realizados outras empresas 227.00 Limpeza e aseo 2.835.874 3.875.874 227.01 Seguridade 592.000 227.06 Estudos e traballos técnicos 328.000 227.09 Outros 120.000 228 Cursos e conferencias 563.800 228.01 Cursos formación PAS 180.000 228.02 Conferencias 3.800 228.03 Conferencias profesores invitados 380.000
61
23 Indemnización por razón de servizos 254.382 230 Axudas de custo e locomoción 186.742 230.01 Administración 75.742 230.03 Concursos prazas docentes 105.000 230.04 Concursos prazas PAS 6.000 233 Outras indemnizacións 67.640 233.00 Asistencia tribunais prazas PAS 16.000 233.01 Asistencia tribunais prazas docentes 27.040 233.02 Claustro Xunta Goberno e Comisións 16.000 233.03 Xunta persoal docente 3.000 233.04 Xunta persoal funcionario PAS 2.800 233.05 Comité PAS laboral 2.800 Total Capítulo II 6.324.220 Capítulo III. Gastos financeiros
32 De préstamos e anticipos 6 320 Xuros préstamos 6
34 De depósitos, fianzas e outros 3.000 349 Outros gastos 3.000
35 Xuros de demora e outros gastos fin. 13.100 352 xuros de demora 3.000 358 Credimatricula 2.500 359 Outros gastos financeiros 7.600 Total Capítulo III 16.106 Capítulo IV. Transferencias correntes
48 Familias e institucións sen lucro 6.000
484 Outras 6.000 484.03 Subvención fundacións 6.000 Total Capítulo IV 6.000 Capítulo VI. Investimentos reais
62 Investimento asociados ao funcionamento serv. 11.006.552 620 Terreos e bens naturais 6 622 Edificios e outras construcións 9.776.603 622.01 Edificios uso administrativo 2.200.000 622.02 Edificios uso docente e investigación 6.476.603 622.09 Outras construcións 1.100.000 623 Maquinaria instalacións e utensilios 229.937 624 Material de transporte 6 625 Mobiliario e equipamento 1.000.000
Total Capítulo VI 11.006.552 Capítulo VIII. Activos financeiros
83 Concesión de prestamos fóra sector público 90.000 830 Préstamos c/p 90.000 830.08 Familias e institucións sen fin de lucro 90.000 Ant presonal docente 60.000 Ant presonal administración e servizos 30.000
85 Participación sociedades públicas 510.000 850 Participación sociedades públicas 510.000 Total Capítulo VIII 600.000
Total programa 300S 81.122.836
62
Programa: Servizos de Xestión Centralizada
Orgánica: OUR 1 - Funcional: 300S
Art.º Cto. Subcto. Denominación do gasto Subcto. Cto. Art. CapII. Gastos correntes en bens e servizos
21 Reparación e conservación 110.000 212 De edificios e outras construcións 110.000
22 Material subministracións e outros 6.000 220 Material de oficina 3.000 226 Gastos diversos 3.000 226.01 Atencións protocolarias 3.000 Total Capítulo II 116.000
62 Investimento asociados ao funcionamento serv. 2.794.000 622 Edificios e outras construcións 2.794.000 622.02 Edificios uso docente e investigación 2.314.000 622.09 Outras construcións 480.000 Total Capítulo VI 2.794.000
Total programa 300S 2.910.000
Programa: Servizos de Xestión Centralizada Orgánica: 0044 (OMA) - Funcional: 300S
Art.º Cto. Subcto. Denominación do gasto Subcto. Cto. Art.
CapII. Gastos correntes en bens e servizos
21 Reparación e conservación 3.000 213 De maquinaria, instalacións e útiles 3.000
22 Material subministracións e outros 348.500 220 Material de oficina 3.000 221 Subministracións 7.200 221.01 De servicios administrativos 7.200 226 Gastos diversos 6.800 226.01 Atencións protocolarias 1.500 226.02 Publicidade e propaganda 5.300 227 Traballos realizados por outras empres. 330.000 227.09 Outros 330.000 228 Cursos e conferencias 1.500 228.02 Conferencias 1.500
23 Indemnizacións por razóns de servic. 3.000 230 Axudas de custo e locomoción 1.800 230.01 Adminsitración 1.800 233 Outras indemnizacións 1.200 233.99 Outras indemnización 1.200 Total Capítulo II 354.500
Cap. IV. Transferencias correntes
48 Familias e institución sen lucro 14.400 482 Bolsas 14.400 482.20 Bolsas OMA 14.400 Total Capítulo IV 14.400 Capítulo VI. Investimentos reais
62 Investimento asociados ao funcionamento serv. 26.850
63
623 Maquinaria instalacións e utensilios 15.500 625 Mobiliario e equipamento 11.350 Total Capítulo VI 26.850
Total programa 300S 395.750
III.4. A descentralización do orzamento de gastos: resumo das
partidas asignadas ao Campus de Ourense.
Como dixemos, o compromiso asumido por este equipo reitoral no pulo do
proceso descentralizador do gasto concrétase no orzamento 2004 na creación de
tres novas clasificacións orgánicas específicas, nas cales se transfire a competencia
executiva e administrativa das funcións de Extensión, Deportes, RAM e Obra Nova.
Para acadar este obxectivo podía terse escollido a solución alternativa de definir un
programa propio e independizado, pero isto desvirtuaría o sentido das “funcións de
gasto”, que non muda segundo o territorio onde se aplican. Por outra banda, inventar
unha “función nova” para o Campus de Ourense implicaría abrir un novo “nicho
contable”, complicando así o proceso de rexistro e control.
Por tal motivo escollemos a solución das diversas orgánicas, na seguridade
de que potenciarán a descentralización do gasto polo que apostamos desde o
principio deste mandato. A capacidade decisoria e executiva sobre as partidas
transferidas residirá no vicerreitor de Planificación do Campus de Ourense, co
asesoramento do arquitecto contratado para exercer as funcións de Unidade
Técnica nese campus e o apoio administrativo das xefaturas alí existentes. Esta é a
maneira, cremos, de reforzar a idea, a marca e a presenza da Universidade de Vigo
en Ourense, e de transmitir que é algo propio, próximo e moi vencellado aos
servizos universitarios que alí se prestan.
Para efectos ilustrativos, as tres orgánicas do Campus de Ourense poden
agruparse nun programa único de gasto, o que nos permitirá ter unha idea
64
aproximada do grao descentralizador ao que nos estamos aproximando. Isto é o que
pretende o Cadro 6 adxunto. Por descontado, se o camiño emprendido segue a dar
tan bos resultados coma ata agora, nos vindeiros exercicios insistiremos no proceso
descentralizador canto sexa posible, consolidando primeiro a experiencia do
Campus de Ourense e pensando logo en estendela ao Campus de Pontevedra.
CADRO 6 : CAMPUS DE OURENSE – GASTO DESCENTRALIZADO
Programas : Extensión, Deportes, Servizos Xestión Centralizada
Orgánicas: OUR 1 (Campus de Ourense) - Funcionais : 211 E , 211 A, 300 S
Art. Cto. Subcto. Denominación do gasto Subcto. Cto. Art. Cap II. Gastos correntes en bens e serv. 21 Reparación e conservación 110.000 212 De edificios e outras construcións 110.000 22 Material, subministración e outros 222.148 220 Material de oficina 3.000 223 Transportes 4.809 226 Gastos diversos 19.500 226.01 Atencións protocolarias 3.000 226.02 Publicidade e propaganda 16.500 228 Cursos e conferencias 52.000 228.02 Conferencias 12.000 228.04 Cursos complementarios 40.000 229 Extensión universitaria 142.839 229.01 Actividades culturais 72.600 229.02 Actividades equipos deportivos 70.239 23 Indemnizacións por razón do servizo 1.250 230 Axudas de custo e locomoción 1.250 230.01 Axudas de custo e locomoción. Admon 1.250 Total Capítulo II 333.398 Cap. IV. Transferencias correntes 48 Familias e institucións sen fins de lubro 40.750 482 Bolsas 6.750 482.07 Bolsas deportivas 6.750 483 Actividades deportivas do estudantado 20.000 483.01 Subv. actividades deportivas do alumnado 20.000 484 Outras 14.000 484.01 Subv. Asociacións estudantado 14.000 Total Capítulo IV 40.750
65
Cap. VI. Investimentos reais 62 Invest. asociados funcionamento servizos 2.797.000 622 Edificios e outras construcións 2.794.000 622.02 Edificios docentes e de investigación 2.314.000 622.09 Outras construcións 480.000 625 Mobiliario e equipamento 3.000 Total Capítulo VI 2.797.000 Total gasto descentraliz. Campus Ourense 3.171.148
66
ORZAMENTO 2004
RESUMOS XERAIS DE INGRESOS E GASTOS
67
RESUMO XERAL DE INGRESOS POR CAPÍTULOS.
Art.º Cto. Subcto. Denominación do Ingreso Subcto. Cto. Art.
Capítulo III. Precios públicos
31 Prezos Públicos 12.374.752,00 310 Dereitos de matricula en cursos e seminarios 291.257,00 311 Entradas espectáculos e cotas instalacións 47.569,00 313 Dereitos de matrícula e servicios académicos 12.035.920,00 319 Outros prezos públicos 6,00
32 Outros ingresos procedentes 332.619,00 327 Servicios prestados por activ. Investigadoras 120.000,00 328 Dereitos custos indirectos 212.613,00 329 Outros ingresos 6,00
33 Venda de Bens 52.510,00 330 Venda de publicacións propias 6.010,00 332 Venda de sobres de matrícula 46.500,00
38 Reintegro de operacións correntes 12,00 380 De exercicios pechados 6,00 381 Do orzamento corrente 6,00
39 Outros ingresos 12.000,00 399 Ingresos diversos 12.000,00 Total Capítulo III 12.771.893,00 Capítulo IV. Transferencias Correntes
40 Da Admón do Estado 12,00 400 Do M.E.C. 6,00 401 Doutros departamentos ministeriais 6,00
41 De Organismos Autónomos Administrativos
6,00
410 Consello Supearior de Deportes 6,00 44 De Empresas públicas 6,00
444 Transferencias diversas 6,00 45 Da Comunidade Autónoma 66.168.623,00
451 Da Xunta de Galicia 66.168.623,00 451.00 Subvención incondicionada 65.203.834,00 451.01 Tramos avaliación investigación 922.719,00 451.03 Outros 42.070,00
46 Das Corporacións Locais 6.006,00 460 De concellos 6.000,00 461 De deputacións 6,00
47 De Empresas privadas 300.006,00
68
470 De Empresas privadas 300.000,00 472 Transferencias diversas 6,00
48 De familias inst. sen lucro 12,00 481 Convenios fundación de entidades bancarias 6,00 489 Outras transferencias 6,00
49 Do Exterior 6,00 490 Outras transferencias (Sócrates, Eramus, etc.) 6,00 Total Capítulo IV 66.474.677,00 Capítulo V. Ingresos Patrimoniais
50 Intereses de títulos y valores del estado 100.000,00 500 Intereses de títulos y valores del estado 100.000,00
52 Interese de Depósitos 800.000,00 520 Interese contas bancarias 800.000,00
55 Productos de concesións 60.000,00 550 Productos de concesións administrativas 60.000,00 Total Capítulo V 960.000,00 Capítulo VI.Enaxenación inversións reais
61 De edificios e outras construccións 3.269.488,00 610 De edificios 3.269.488,00 Total Capítulo VI 3.269.488,00 Capítulo VII. Transferencias de Capital
70 Da Admón. Do Estado 4.344.700,00 700 Do M.E.C. 2.977.566,00 701 Doutros departamentos 1.000.000,00 709 Dereitos custos indirectos 367.134,00
71 De Organismos Autónomos 6,00 710 Organismos autónomos 6,00
75 Da Comunidade Autónoma 9.763.501,00 750 Da Xunta de Galicia 9.763.501,00 750.00 Reparación, conserv. e manteñ. (RAM) 1.642.926,00 750.01 Axudas investigación 6,00 750.02 Proxectos investigación 2.670.655,00 750.03 Infraestructura investigación 6,00 750.04 Convenios obras novas 5.182.843,00 750.99 Dereitos custos indirectos 267.065,00
76 De Corporacións Locais 12,00 760 De concellos 6,00 761 De deputacións 6,00
77 De Empresas Privadas 4.017.546,00 770 Transferencias diversas 6,00 771 Contratos de investigación 4.017.540,00
78 De Familias e Institucións 12.020,00
69
780 Transferencias diversas 12.020,00 79 Do Exterior 6.872.986,00
790 Infraestructuras U.E. 6.872.986,00 Total Capítulo VII 25.010.771,00 Capítulo VIII. Variación de Activos
Financeiros
87 Remanente de Tesourería 8.744.267,00
870 Remanente de tesorería 8.744.267,00 Total Capítulo VIII 8.744.267,00 Capítulo IX
Art.º Cto. Subcto. Denominación do Ingreso Subcto. Cto. Art. Capítulo IX. Variación de Pasivos
Finaceiros
91 Préstamos recibidos 1.740.500,00
911 Préstamos largo prazo. Entes sector público (**) 1.740.500,00 Total Capítulo IX 1.740.500,00 Total ingresos 118.971.596,00
70
RESUMO XERAL DE GASTOS POR CAPÍTULOS
ORZAMENTO GASTOS 2004 Capítulo I
Art.º Cto. Subcto. Denominación do gasto Subcto. Cto. Art. Capítulo I. Gastos de persoal
11 Persoal eventual 78.739,00 110 Retribucións básicas 78.739,00
12 Funcionarios 40.335.704,00 120 Retribucións básicas 19.347.796,00 120.00 Funcionarios docentes 16.037.979,00 120.01 Promoción e novas prazas 150.000,00 120.02 Funcionarios PAS 3.159.817,00 121 Retribucións complementarias 20.987.908,00 121.00 Funcionarios docentes 17.584.619,00 121.01 Promoción e novas prazas 150.000,00 121.02 Funcionarios PAS 3.253.289,00 121.03 Funcionarios interinos
13 Laborais 6.321.898,00 130 Laborais fixos 4.896.066,00 131 Laborais eventuais 1.425.832,00
14 Outro persoal 8.919.435,00 140 Persoal docente e contratado 8.919.435,00 140.00 Contratados docentes 7.002.589,00 140.01 Profesores visitantes 1.736.846,00 140.02 Novas prazas e transformacións 180.000,00
15 Incentivos ao rendemento 382.602,00 150 Produtividade PAS 253.385,00 151 Gratificacións funcionarios PAS 129.217,00
16 Cotas prestación e gasto 7.131.580,00 160 Cotas Seguridade Social 6.696.353,00 162 Gastos sociais do persoal 435.227,00 162.01 Plano de pensións 192.323,00 162.02 Outros gastos sociais 240.404,00 162.09 Outras prestacións sociais 2.500,00 Total Capítulo I 63.169.958,00 Capítulo II
Art.º Cto. Subcto. Denominación do gasto Subcto. Cto. Art. Capítulo II. Gastos correntes en bens e servizos
20 Arrendamentos 30.000,00 202 De edificios e outras construcións 30.000,00
21 Reparación e conservación 1.486.475,00 212 De edificios e outras construcións 1.112.975,00 213 De maquinaria instalacións e materiais necesarios 277.500,00 214 De material de transporte 28.000,00 215 De mobiliario e equipamento 68.000,00
71
22 Material subministros e outros 12.709.557,00 220 Material de oficina 790.886,00 221 Subministros 3.066.238,00 221.01 De servizos administrativos 2.492.602,00 221.02 De docencia 573.636,00 222 Comunicacións 788.875,00 223 Transportes 52.332,00 224 Primas de seguros 171.189,00 225 Tributos 10.000,00 226 Gastos diversos 1.271.333,00 226.01 Atencións protocolarias 111.303,00 226.02 Publicidade e propaganda 362.673,00 226.03 Xurídico-contencioso 90.000,00 226.04 Gastos diversos 35.206,00 226.05 Consello Social 160.000,00 226.06 Gatos mobilidade 1,00 226.07 Acceso a documento 9.270,00 226.08 Teledocumentación 6.000,00 226.09 Cotas organismos 192.430,00 226.12 CIUG 270.450,00 226.13 Tribunal de Garantías 34.000,00 227 Traballos realizados outras empresas 4.646.874,00 227.00 Limpeza e aseo 2.835.874,00 227.01 Seguridade 592.000,00 227.06 Estudos e traballos técnicos 763.000,00 227.09 Outros 456.000,00 228 Cursos e conferencias 1.091.631,00 228.01 Cursos formación PAS 180.000,00 228.02 Conferencias 93.310,00 228.03 Conferencias prof. invitados 380.000,00 228.04 Cursos complementarios 120.000,00
228.06 cursos formación continua 30.050,00 228.07 Cursos de idiomas 12.000,00
228.08 Normalización lingüística 18.000,00 228.09 Programa para maiores 55.527,00 228.11 Curso de Aptitude Pedagóxica 160.674,00 228.12 Curso de Técnico Especialista en Didáctica 42.070,00 229 Extensión Universitaria 820.199,00 229.01 Actividades culturais 372.600,00 229.02 Actividades equipos deportivos 311.999,00 229.03 Delegacións de alumnado 66.000,00 229.04 Prácticas de campo 63.600,00 229.07 Outras actividades 6.000,00
23 Indemnización por razón de servizos 603.928,00 230 Dietas e locomoción 535.088,00 230.01 Administración 303.886,00 230.02 Teses doutoramento 120.202,00 230.03 Concursos prazas docentes 105.000,00 230.04 Concursos prazas PAS 6.000,00 233 Outras indemnizacións 68.840,00 233.00 Asistencia tribunais prazas PAS 16.000,00 233.01 Asistencia tribunais prazas docentes 27.040,00 233.02 Claustro Xunta Goberno e Comisións 16.000,00 233.03 Xunta persoal docente 3.000,00 233.04 Xunta persoal funcionario PAS 2.800,00 233.05 Comité PAS laboral 2.800,00 233.99 1.200,00
26 Programas de cooperación 20.000,00 260 Prgramas MADE 14.000,00
72
261 Programas de cooperación internacional 6.000,00 Total Capítulo II 14.849.960,00 Capítulo III, IV
Art.º Cto. Subcto. Denominación do gasto Subcto. Cto. Art.
Capítulo III. Gastos financeiros
32 De préstamos e anticipos 6,00 320 Intereses préstamos 6,00
34 De depósitos, fianzas e outros 3.000,00 349 Outros gastos 3.000,00
35 Xuros de demora e outros gastos fin. 13.100,00 352 Interese de demora 3.000,00 358 Credimatrícula 2.500,00 359 Outros gastos financeiros 7.600,00 Total Capítulo III 16.106,00 Capítulo IV. Transferencias correntes
44 A sociedades mercantís est. entd. sen lucro etc. 6.900,00 444 Convenios entidades públicas 5.400,00 445 Convenios entidades privadas 1.500,00
48 Familias e institución sen lucro 2.455.294,00 481 Bolsas formación invest. e profesorado 240.410,00 481.01 Bolsas de viaxe 120.202,00 481.02 Bolsas estadías 120.202,00 481.08 Accións integradas 6,00 482 Bolsas 1.337.398,00 482.01 Comedor 196.840,00 482.02 Terceiro ciclo 450.759,00 482.05 Bolsas aulas informática 230.000,00 482.06 Bolsas informática centros-campus 70.000,00 482.07 Deportivas 27.000,00 482.08 Bolsas CACTI 46.060,00 482.10 Bolsas PFC e TL 1,00 482.11 Bolsas colaboradores 12.000,00 482.15 Bolseiros residencias 48.700,00 482.16 Bolseiros avaliación docente 104.000,00 482.20 Bolsas O.M.A. 14.400,00 482.21 Bolsas apoio normalización lingüística 12.000,00
482.22 Bolseiros Área Posgrao Virtual 33.636,00 482.23 Técnicas apoio Área Posgrao Virtual 50.000,00
482.24 Bolsas programa calidade 20.000,00 482.25 Bolseiros aulas internet 1,00 482.30 Bolsas I+D 22.000,00 483 Actividades deportivas estudantado 71.086,00 483.01 Subvencións act. deportivas alumnado 71.086,00 484 Outras 760.400,00 484.01 Subvención asociación estudantado 54.000,00 484.02 Subvencións transportes 682.000,00 484.03 Subvención fundacións 6.000,00 484.04 Subvencións activd. desenvolvemento 6.000,00 484.06 Subv. integración discapacitados 12.400,00 486 Outras bolsas 46.000,00 486.01 Bolsas formacion ORI 16.000,00 486.02 Bolsas TS docentes 30.000,00
73
49 Ao exterior 138.001,00 492 Bolsas intercambio 138.001,00 492.01 Bolsas intercambio alumnado 132.000,00 492.02 Bolsas intercambio alumnado programa ISEP 6.000,00 492.04 Bolsas Sócrates Erasmus AN 1,00 Total Capítulo IV 2.600.195,00 Capítulo VI e VIII
Art.º Cto. Subcto. Denominación do gasto Subcto. Cto. Art. Capítulo VI. Investimentos reais
62 Investimento asoc. funcionamento servizos 23.314.690,00 620 Terreos e bens naturais 6,00 622 Edificios e outras construcións 12.570.603,00 622.01 Edificios uso administrativo 2.200.000,00 622.02 Edificios uso docente e investigación 8.790.603,00 622.09 Outras construcións 1.580.000,00 623 Maquinaria instalacións e utensilios 275.437,00 624 Material de transporte 6,00 625 Mobiliario e equipamento 1.703.850,00 626 Equipamento docente laboratorios 1.240.000,00 628 O.I.M. biblioteca 2.040.101,00 628.02 Fondos bibliográficos 1.980.000,00 628.05 Publicacións 60.101,00 629 Infraestrutura de investigación 5.484.687,00 629.03 Infraestrutura centralizada 863.202,00 629.11 INFRAESTRUTURA FEDER 4.621.485,00
64 Gastos investimento carácter inmaterial 14.420.687,00 640 Programas universitarios 120.000,00 640.00 Programas de calidade 30.000,00 640.02 Programas de calidade extraordinarios 60.000,00 640.03 Programa innovación e calidade docente 30.000,00 641 Axuda xeral investigación 2.491.394,00 641.00 Terceiro ciclo 360.607,00 641.01 Gastos investigación departamentos 901.517,00 641.02 Axudas equipos investigación 605.000,00 641.03 Axudas formación de investigadores 240.404,00 641.05 Reunións científicas 120.000,00 641.06 Axudas transferencias resultados 203.766,00
641.99 Outros 60.100,00 643 Centros de investigación 12.026,00 643.03 I.E.A. 12.020,00 643.05 Outros institutos de investigación 6,00 644 Prog. Inv. MEC 500.000,00 645 Prog. Inv. XUNTA 2.670.655,00 646 Prog. Inv. Cofinanciados 4.609.066,00 647 Prog. Inv. Outros organismos 6,00 648 Contratos investigación 4.017.540,00
Total Capítulo VI 37.735.377,00 Capítulo VIII. Activos financeiros
83 Concesión de prestamos fóra sector público 90.000,00
74
830 Prestamos c/p 90.000,00 830.08 Familias e Ins sen fin de lucro 90.000,00 Ant personal docente 60.000,00 Ant presonal adm e serv. 30.000,00
85 Participación socie. públicas 510.000,00 850 Participación socie. públicas 510.000,00 Total Capítulo VIII 600.000,00 Total gastos 118.971.596
75
V. NORMAS DE EXECUCIÓN DO ORZAMENTO
As normas de execución que acompañan ao orzamento teñen como obxectivo
acadar a correcta contabilización, pagamento e control da xestión orzamentaria e
patrimonial da Universidade de Vigo. A súa elaboración realízase ao abeiro do
establecido na Lei 6/2001 Orgánica de Universidades, no texto refundido da Lei de
Réxime Financeiro e Orzamentario de Galicia e as súas modificacións posteriores e
nos Estatutos da Universidade de Vigo. No fundamental, o seu contido refírese á
autorización, vinculación e modificación dos créditos, gastos de persoal, contratación
administrativa, xestión do patrimonio e memoria anual.
DOS CRÉDITOS E AS SÚAS MODIFICACIÓNS
Artigo 1º. Dos créditos iniciais
1.- Apróbase o orzamento da Universidade de Vigo do exercicio de 2004
integrado polo estado de ingresos e gastos. Os ingresos que se prevé liquidar
durante o exercicio importan 118.971.596 euros. O estado de gastos da
Universidade de Vigo recolle os créditos necesarios para atender as obrigas
previstas polo mesmo importe. Este orzamento distribúese nos seguintes programas
de gastos:
B - Biblioteca.
F - Fomento de proxectos de investigación.
I - Formación persoal investigador.
H - Departamentos.
V - Innovación e Calidade.
76
E - Extensión Universitaria.
R - Relacións Internacionais.
A - Actividades deportivas.
D - Docencia e alumnado.
S - Servizos de xestión centralizada.
C - Servizos de xestión descentralizada.
T – CACTI.
K - Relacións institucionais.
M - Másters, cursos de especialización e outros cursos.
P - Proxectos de investigación con financiamento externo.
3- Os créditos para gastos destinaranse exclusivamente á finalidade
específica para a que se autorizaron ao aprobar o orzamento ou ás correspondentes
modificacións orzamentarias.
Artigo 2º. Vinculación dos créditos
1- Os créditos autorizados teñen carácter vinculante e limitativo a nivel de
concepto. Aínda así, os créditos destinados a gastos de persoal (Cap.I), agás os que
se refiran a incentivos ao rendemento (Conceptos 150-151), terán carácter
vinculante a nivel de artigo.
2- Os gastos correntes en bens e servizos terán carácter vinculante a nivel de
artigo, con excepción dos seguintes, que terán carácter vinculante co nivel de
desagregación que se indica:
220. Material de oficina
221. Subministracións
221.01 De servizos administrativos
77
221.02 De docencia
226.01. Atencións protocolarias
226.02. Publicidade e propaganda
226.05. Consello Social
226.08. Teledocumentación
226.13. Tribunal de Garantías
227.00. Limpeza e aseo
227.01. Seguridade
227.06. Estudos e traballos técnicos
228.01. Cursos formación PAS
228.02. Conferencias
228.03. Conferencias profesorado invitado
228.04. Cursos complementarios
228.08. Normalización lingüística
229.01. Actividades culturais
229.02. Deportes
229.03. Delegación de alumnos/as
229.04. Prácticas de campo
230.03. Concursos prazas docentes
231.02. Teses de doutoramento
233.01. Asistencias tribunais prazas docentes
233.03. Xunta persoal docente
233.04. Xunta persoal funcionario PAS
233.05. Comité de empresa PAS laboral
O concepto 230, asignado aos departamentos, non poderá ser minorado
mediante ningún tipo de transferencia nin redistribución de crédito.
78
Así mesmo, terán carácter vinculante, co nivel de desagregación que apareza
no estado de gastos, os créditos que teñan financiamento específico.
3 - Os créditos asignados ás delegacións de alumnos/as terán como primeiro
obxectivo atender os gastos derivados das súas actividades propias e dos
representantes de estudantes en órganos de goberno da Universidade. Non
obstante, poderán financiar investimentos asociados a estas se o Consello de
Goberno autoriza as modificacións orzamentarias precisas. En ningún caso estas
modificacións darán lugar a un incremento do gasto.
4 - Non se poden adquirir compromisos de gastos por unha contía superior
aos importes dos créditos autorizados no estado de gastos e serán nulos de pleno
dereito os actos administrativos e as disposicións xerais que infrinxan estas normas,
sen prexuízo das responsabilidades que correspondan.
5 - Os créditos asignados ás facultades, escolas técnicas superiores e
escolas universitarias terán como finalidade financiar os gastos de docencia, así
como tamén os gastos necesarios para o funcionamento ordinario do centro.
6 - A distribución por clasificación orgánica dos créditos do Programa 300 C
realizarase de acordo cos criterios que se establecen no epígrafe V desta memoria.
Dentro do programa, o xerente, a proposta do administrador de centro/campus, pode
autorizar as transferencias de crédito que sexan necesarias para corrixir posibles
desequilibrios xurdidos na execución do gasto, así como autorizar transferencias
desde o capítulo II para dotar o concepto 482, “Bolsas”, en función da natureza da
bolsa e do subconcepto que proceda.
79
7- Os créditos distribuídos aos departamentos teñen como primeiro obxectivo
atender os gastos derivados da investigación que se faga neles, así como financiar
outros gastos asociados ao seu funcionamento ordinario. A dotación do concepto
230 está destinada exclusivamente a atender os gastos de axudas de custo por
desprazamento para docencia noutros campus.
8 - Con cargo ao capítulo VI dos créditos dos departamentos, non se poderán
autorizar gastos de representación que superen o establecido nos criterios do anexo
I. Así mesmo, o importe máximo autorizado para axudas de custo e locomoción non
excederá do 15% para os departamentos experimentais e do 25% para os
departamentos non experimentais.
9 - Non se poderá promover contratación de persoal ou nomeamento de
bolseiros/as con cargo aos créditos anuais dos departamentos, aínda que si con
cargo aos remanentes específicos, como logo se indica.
Artigo 3º. Distribución dos créditos
1- A Xunta de Centro e o Consello do Departamento teñen a obriga de
aprobar a distribución anual dos seus créditos e a súa execución. Igualmente,
deberán aprobar a memoria económica anual.
2- En caso de que non se aprobase esa distribución dos gastos tres meses
despois de coñecer os créditos anuais, o Consello de Goberno poderá asumir a
responsabilidade de facer un orzamento base, dando conta de inmediato aos
centros e departamentos para a súa execución posterior.
80
Artigo 4º. Das modificacións de crédito
Principios xerais
Son modificacións de crédito as variacións que poden autorizarse nos créditos
que financian o estado de gastos para adecualos ás necesidades que se produzan
durante a execución do orzamento.
Todo acordo de modificación orzamentaria requirirá a instrución do oportuno
expediente de gasto polo administrador/a de centro ou xefe/a do servizo
correspondente, no cal se expresarán os programas e conceptos afectados, así
como o seu financiamento en caso de que a modificación implique aumento neto do
gasto.
Xeracións de crédito
Os ingresos que acheguen persoas naturais ou xurídicas, públicas ou
privadas, para financiar gastos, conxuntamente coa Universidade, que pola súa
natureza estean comprendidos nos fins ou obxectivos desta, xerarán crédito no
estado de gastos. Tamén poderán xerar crédito:
• O alleamento de bens patrimoniais da Universidade.
• A prestación de servizos.
• O reembolso de préstamos.
• O crédito do exterior para investimentos.
81
De existir partida dotada no orzamento inicial, os anteditos ingresos darán
lugar á tramitación dun expediente de ampliación de créditos, agás nos casos de
proxectos de investigación que se teñan que desenvolver en varias anualidades.
No expediente de xeración de crédito terá que constar a xustificación
acreditativa de ingresos efectuados, así como a inexistencia de aplicación
orzamentaria específica. O xerente é o órgano competente para a aprobación destas
modificacións por delegación do Consello de Goberno e en caso de convenios ou
resolucións de entidades públicas pode autorizar a xeración de crédito
acreditándose o compromiso do ingreso mediante copia do convenio asinado ou da
resolución. O xerente debe dar conta periodicamente destas modificacións ao
Consello de Goberno.
Transferencias de crédito
Consisten no traspaso da totalidade ou parte dos créditos dun concepto
orzamentario a outro do orzamento de gastos, é dicir, na minoración dun ou varios
conceptos en favor doutro ou doutros que aumentan globalmente na mesma contía.
A proposta de diminución dun crédito dos que teñen financiamento xenérico ha de
garantir que, no crédito minorado, quede consignación suficiente para atender os
gastos previstos ata o final do exercicio.
As transferencias de crédito estarán suxeitas ás seguintes limitacións:
a) Non poderán minorarse créditos que fosen incrementados mediante
transferencia.
82
b) Non poderán afectar a créditos incorporados como consecuencia de remanentes
non comprometidos en exercicios anteriores.
c) Non incrementarán créditos que, como consecuencia doutras transferencias,
fosen obxecto de minoración.
d) Non poderán realizarse con ingresos afectados, agás autorización, que haberá
de acreditarse no expediente do ente financiador.
Corresponde aprobar as transferencias de crédito aos seguintes órganos:
I. Ao xerente, por delegación do Consello de Goberno
• As transferencias entre créditos dos diversos conceptos dun mesmo capítulo ou
de capítulos diferentes correspondentes ao mesmo programa.
• As transferencias de crédito desde os conceptos dos capítulos de gastos
correntes aos conceptos dos capítulos de gastos de capital dentro do mesmo
programa.
• As transferencias enumeradas nos parágrafos anteriores entre os programas
Fomento de proxectos de investigación, Formación de investigadores/as e
Departamentos.
II. Ao Consello de Goberno
• As transferencias de crédito entre conceptos de diferentes programas, agás as
que se enumeran no parágrafo anterior.
83
As transferencias de gastos de capital a gastos correntes, calquera que sexa o
programa ao que afecten, deberán ser aprobadas polo Consello Social, a proposta
do Consello de Goberno, tras a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia.
Non teñen a consideración de transferencias de crédito as dotacións que se
realicen desde os programas de Fomento de Proxectos de Investigación, Proxectos de Investigación con Financiamento Externo, Formación de Investigadores/as, Departamentos, Extensión, Deportes e Servizos de Xestión Centralizada ás diferentes clasificacións orgánicas para a xestión de gastos nas
cales non se modifique nin a clasificación funcional nin a clasificación económica. A
autorización para esta redistribución corresponde ao vicerreitor/a de Investigación
nos tres primeiros programas, ao vicerreitor de Extensión nos dous seguintes e ao
xerente no último.
Tamén lle corresponde ao vicerreitor/a de Investigación a autorización para as
transferencias de crédito que afecten a proxectos de investigación e departamentos,
como consecuencia de erros na imputación do gasto e que non sexa posible
rectificar por outro procedemento.
Calquera transferencia de crédito entre o programa de Departamentos e os de
Proxectos con Financiamento Externo e Fomento de Proxectos de Investigación será autorizada polo xerente e posteriormente ratificada polo
Consello de Goberno. O xerente dará conta ao Consello de Goberno de todas as
transferencias de crédito aprobadas.
84
Artigo 5º. Imputación de obrigas
1. Con cargo aos créditos do estado de gastos de cada orzamento, só poderán
contraerse obrigas derivadas de adquisicións, obras ou servizos e demais
prestacións, ou gastos en xeral, que se realicen no ano natural do propio exercicio
orzamentario. Non obstante, aplicaranse aos créditos do orzamento vixente no
momento da expedición das ordes de pagamento as obrigas seguintes:
a) As que resulten da liquidación de atrasos a favor do persoal que perciba as
súas retribucións con cargo ao orzamento da Universidade.
b) As derivadas de compromisos de gasto debidamente recoñecidos en
exercicios anteriores e especialmente as indemnizacións por razóns de servizo
xeradas no último trimestre do ano anterior.
c) As que resulten de gastos realizados en exercicios anteriores e se validasen
na forma regulamentariamente establecida. O reitor debe indicar con cargo a qué
aplicación orzamentaria se imputarán os gastos validados, cando non exista crédito
adecuado e suficiente neste exercicio, e dará conta diso ao Consello de Goberno.
Artigo 6º . Remanentes de crédito
1- Son remanentes específicos os saldos dos créditos a 31 de decembro
correspondentes a:
a) Operacións correntes e de capital en fase AD.
b) Créditos financiados con contribucións específicas.
85
2.- A incorporación destes créditos será automática despois do certificado
correspondente.
3.- Teñen tamén a consideración de remanentes específicos os saldos de
créditos do capítulo VI do programa de departamentos.
Tras a petición xustificada do director do departamento, que deberá ser
tramitada antes da data que se indique na orde de peche do exercicio, o reitor
poderá autorizar a incorporación destes remanentes no capítulo IV, no subconcepto
e polo importe que se indique na solicitude.
4.- Excepcionalmente, o reitor poderá acordar a incorporación do crédito
dispoñible a 31 de decembro na aplicación orzamentaria correspondente á dotación
de Laboratorios Docentes, tras a petición acompañada da memoria xustificativa da
necesidade da incorporación. En caso de aprobarse esta incorporación, o crédito
debe executarse, ineludiblemente, durante o exercicio ao que se incorpore.
Os remanentes que non se executasen a 31 de decembro de 2004 serán
considerados de libre disposición para o exercicio seguinte.
DOS GASTOS DE PERSOAL
Artigo 7º. Custos de persoal
1- As retribucións do persoal activo ao servizo da Universidade quedan
suxeitas ao que nesta materia dispón a Lei de orzamentos xerais do Estado e a Lei
de orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia. Os incrementos retributivos do
persoal laboral deberán ser autorizados pola Comunidade Autónoma, segundo a Lei
orzamentaria.
86
2- Os custos do persoal laboral contratado para substituír o persoal
funcionario de administración e servizos financiarase coa oportuna transferencia de
crédito entre os respectivos conceptos dos art.12 e 13 do orzamento.
3- Cando se produzan baixas nas escalas para extinguir nos cadros de
persoal de administración e servizos funcionario ou laboral, procederase á
readaptación dos cadros de persoal correspondentes e dos créditos a eles
asignados, mediante as oportunas transferencias de crédito aos conceptos dos
artigos 12 e 13.
4- Non se poderán abrir partidas orzamentarias no capítulo I para gastos de
persoal vinculado a proxectos ou convenios.
DA CONTRATACIÓN ADMINISTRATIVA
Artigo 8º. Autorización de gastos
1- Quedan facultados para autorizar gastos menores relativos ás adquisicións de
subministracións e consultorías/asistencia/servizos, ata a contía de 6.611,13 €, con
cargo aos créditos que teñan asignados:
a) O xerente, no referente ao programa Servizos de Xestión Centralizada.
b) Os vicerreitores/as, no referente aos programas do seu vicerreitorado.
87
c) O vicerreitor de Planificación do Campus de Ourense, o director do CACTI e o
director-responsable da Oficina de Medio Ambiente no que respecta aos conceptos
de gasto incorporados nas orgánicas respectivas.
d) Os directores/as e decanos/as de centros e institutos e administradores/as de
centros, nos créditos do programa de Servizos de Xestión Descentralizada
asignados á clasificación orgánica de cada centro.
e) Os directores/as de departamentos, no que se refire aos créditos do programa de
Departamentos asignados á clasificación orgánica do seu departamento.
f) O director/a da ORI, nos créditos correspondentes ao programa da oficina.
g) O director/a da Biblioteca, nos créditos que corresponden ao programa de
Biblioteca.
h) Os investigadores/as principais dos proxectos ou contratos de investigación nos
termos establecidos nos mencionados proxectos, así como os responsables dos
congresos de investigación, reunións científicas e grupos de investigación.
i) O xefe/a do Servizo de Apoio á Investigación no que se refire aos créditos dos
programas que xestiona ese servizo.
As persoas facultadas para a autorizacion do gasto dos diferentes programas
tramitarán os expedientes de xestión das súas dotacións orzamentarias específicas
a través da unidade administrativa correspondente.
O Servizo de Apoio á Investigación é o encargado da tramitación dos
expedientes de gasto correspondentes ao Vicerreitorado de Investigación, ao
CACTI, á Oficina I+D e ao Servizo de Publicacións.
88
2- Quedan facultados para a aprobación do gasto e a formalización de contratos
menores, relativos ás adquisicións de subministracións, prestacións de consultorías/
servizos/asistencias (cando o importe sexa inferior a 12.020,24 €) e realización de
obras (que non excedan de 30.050,61 €) dos programas de gasto que teñan
encomendados:
2.1. O xerente, no referente ao programa de gastos centralizados.
2.2. Os administradores/as de centro/ámbito/campus, nos créditos dos
programas de gastos que teñan encomendados.
2.3. O xefe/a do Servizo de Apoio á Investigación
3.- Deléganse nos administradores/as de centro/ámbito/campus os procedementos
negociados de subministracións por razón de contía, agás as adxudicacións,
formalizacións, modificacións, suspensións e revogacións dos contratos
correspondentes a este procedemento que corresponden ao reitor.
Artigo 9º.- As actas de recepción
1.-Derivadas de expedientes de contratación:
a. Actas de recepción de contratos de obras: as actas de recepción deberán
lexitimarse coas sinaturas do contratista, facultativos/as encargados da dirección
da obra, facultativo/a designado polo reitor, xefe do Servizo de Control Interno e
xerente.
b. Actas de recepción de contratos de subministracións ou consultoría/
asistencia/servizos: as actas de recepción deberán lexitimarse coas sinaturas do
89
xerente, contratista, administrador/a de centro/campus e, no seu caso, o
responsable do proxecto de investigación ao que corresponde o expediente.
Facultativamente, o xefe do Servizo de Control Interno. Nos servizos centralizados,
ou cando así se estime oportuno pola Xerencia, figurará o director do centro de
gasto ao que se destine o obxecto do contrato e o técnico que se designe.
Trimestralmente darase conta ao Consello Social das recepcións efectuadas
que superen os 450.759,08 € en obras e 300.506,05 € en subministracións e en
consultoría/asistencia/servizos.
2. Nas recepcións dos contratos menores a factura deberá conter as mencións
ás que se refire o artigo 72 do Regulamento xeral de contratación do Estado (Real
decreto 1098/2001, de 12 de outubro, BOE 26/10/2001), e deberá estar asinada polo
funcionario que acredite a recepción.
DA XESTIÓN DO INVENTARIO E PATRIMONIO
Artigo 10º. Dos bens mobles inventariables
Serán inventariables como regra xeral os bens non funxibles que reúnan os
requisitos que se indican a continuación:
a) Que se lle calcule unha vida útil superior ao ano e non se consuma co uso.
b) Que teñan un custo unitario superior a 180 euros, incluído IVE, gastos de
transporte, seguros, canons e accesorios ata a posta en funcionamento, ou se o seu
custo inferior comprende elementos secundarios dunha unidade inventariable.
90
Artigo 11º Alleamento de bens patrimoniais da Universidade
O alleamento de bens producirase mediante poxa, tras a instrución do
expediente polo Servizo de Patrimonio, no cal necesariamente se incluirá a súa
taxación pericial. Cando o importe sexa inferior a 6.000 €, a autorización do
expediente corresponderá ao reitor e se é superior a esa contía corresponderalle ao
Consello Social.
Artigo 12º. Actualización do valor contable patrimonial
Autorízase ao xerente ditar as normas necesarias para a actualización a 31
de decembro de 2003 do valor contable do inventario da Universidade.
DA MEMORIA ANUAL
Artigo 12º. Elaboración da memoria
Os centros, departamentos e servizos elaborarán unha memoria económica
anual no prazo de tres meses contados a partir do peche do exercicio económico.
Estas memorias achegaranse á memoria económica anual da Universidade, que
elaborará a Xerencia baixo a dirección do reitor.
91
VI. CRITERIOS DE DISTRIBUCIÓN
PROGRAMA 300 C “SERVIZO DE XESTIÓN DESCENTRALIZADA”
Os importes deste programa distribúense entre as diferentes orgánicas dos
centros de gasto de acordo cos seguintes criterios:
CAPÍTULO II
Art. 21. Reparación, mantemento e conservacións
Concepto 212 “Edificios e outras construcións” ............. 684.975 O importe deste concepto distribuirase exclusivamente entre centros con sede
consolidada. A súa asignación realizarase segundo os seguintes criterios:
. 20% en función dos m2 de superficie de cada centro.
. 20% en función da antigüidade do edificio: a) Centros de máis de 10 anos: 1,5 puntos.
b) Centros de máis de 5 anos: 1 punto.
c) Centros de ata 5 anos: 0,5 puntos.
. 20% en función do número de alumnos/as.
. 40% en función do coeficiente de experimentalidade definido no Programa de
Financiamento do Sistema Universitario de Galicia (2000-2003).
92
Concepto 213 “Maquinaria, instalacións e utensilios” .......... 40.000
O importe deste concepto distribuirase asignando un fixo de 2.000 € a todos os
centros. Art. 22. Material, subministracións e outros Concepto 220 “Material de oficina” ........................................... 447.646
O importe desde concepto distribúese aplicando os seguintes criterios:
. Dótase a cada centro dunha cantidade fixa por importe de 2.200 €.
. O restante distribúese da seguinte forma:
a) 50% en función do número de profesores/as, ponderados por
dedicacións.
b) 50% en función do número de alumnos/as.
Concepto 221 “Subministros”
221.01 “De servizos administrativos” ..................... 1.999.294
A distribución do importe consignado neste subconcepto realizarase aplicando os
seguintes criterios:
. Asignación fixa: asígnanse seis cotas fixas de 2.000 euros a sete centros - Fac.
de Filoloxía e Tradución, Fac. de CC. Xurídicas e do Traballo, Facultade de
Económicas, ETSE Industriais, ETSE Telecomunicacións, EUET Industrial e Edificio
93
Politécnico – sobre os que están a reverter neste momento parte dos subministros
colectivos (consumos eléctricos dos campus, instalacións colectivas de seguridade,
SAI, etc.).
. O resto repartirase en función do consumo medio de exercicios anteriores.
221.02 “Subministracións para a docencia” ......... 573.636
O importe deste subconcepto distribuirase do seguinte xeito:
. 75% en función do número de alumnos/as ponderados por treitos e coeficientes
de experimentalidade.
. 25% en función do número de créditos prácticos e de laboratorio, cos
coeficientes que se relacionan a continuación: 5 en Ciencias e Belas Artes; 3
experimentais e 1 outras.
Concepto 222 “Comunicacións” ....................................... 65.000
Como quedou regulamentado nos criterios de distribución antes definidos para o
concepto 222 do Programa 300 V, os gastos de comunicación telefónica serán
xestionados de maneira centralizada a través do ATIC e do Vicerreitorado de
Innovación e Calidade. Con todo, distribúese aos centros un importe de 65.000 €
destinado a atender os gastos derivados de comunicacións postais e doutro tipo,
excluíndo as comunicacións telefónicas. A distribución farase do seguinte xeito:
. Asígnase unha cantidade de 300,51 € por centro.
. A cantidade restante distribuirase da seguinte maneira:
- 50% en función do nº de profesores/as ponderados por dedicación.
- 50% en función do nº de alumnos/as.
94
Concepto 226. Gastos diversos 226.01 “Atencións protocolarias” .................................. 23.000
Asígnase a cada centro a cantidade correspondente, consonte ao seguinte baremo:
a) Ata 350 alumnos/as................................................................................. 700
b) De 351 a 750 alumnos/as ................................................ ...................... 800
c) De 751 a 1500 ...................................................................................... 1.000
d) De 1501 a 2500.................................................................................... 1.200
e) Máis de 2501 ........................................................................................ 1.400
Concepto 229. Extensión Universitaria 229.03 “Delegacións de alumnos/as” ........................... ....................... 66.000 O importe deste subconcepto de gasto distribúese de acordo cos seguintes criterios:
. Unha cantidade fixa por delegación de 930.
. A cantidade restante proporcionalmente ao número de alumnos/as.
. O 50% do crédito será distribuído para gastos de funcionamento da delegación
de alumnos/as, outro 50% repartirase polo decano/a ou director/a proporcionalmente á
representatividade dos estudantes. Concepto 230 “Axudas de custo e locomoción” .................... 33.251
O importe deste concepto de gasto será distribuído do seguinte xeito:
95
. Dótase unha cantidade fixa por centro de 300 €.
. A cantidade restante distribúese do seguinte xeito:
- 50% en función do nº de profesores/as ponderados por dedicación.
- 50% en función do nº de alumnos/as.
CAPÍTULO VI
Concepto 625. Mobiliario e equipamento ................................. 310.000
A distribución deste concepto axustarase aos seguintes criterios:
. Unha cantidade fixa por centro de 3.000 €.
. O resto repartirase co criterio do número de alumnos/as, ponderados por
treitos e coeficiente de experimentalidade.
PROGRAMA 122H “DEPARTAMENTOS”
Concepto 230. Indemnizacións por razóns de servizo .............. 39.677 Este importe asignarase como dietas intercampus a aqueles departamentos que
teñan docencia en campus distintos da súa sede. A cantidade global non poderá
minorarse, nin se incorporará ao orzamento do exercicio seguinte no caso de non se
executar na súa totalidade neste exercicio.
96
Concepto 641. Axuda xeral investigación Subconcepto 641.01. “Gastos investigación departamentos” A parte deste subconcepto que non corresponde á produción científica (342.576
€) repartirase como segue:
. Asígnase unha cantidade fixa de 900 € por departamento.
. O restante distribuirase proporcionalmente ao número de profesores/as,
ponderados por dedicación.
Con cargo aos créditos distribuídos aos departamentos non se poderán asignar
gastos de representación que superen as seguintes cantidades, segundo os
coeficientes sinalados máis abaixo:
a) Ata 15 puntos .................................. 601,01 €
b) Entre 16 e 25................................... 751,27 €
c) Entre 26 e 50................................... 901,52 €
d) Entre 51 e 75................................. 1051,77 €
e) Máis de 75 ..................................... 1202,02 €
NORMAS, CENTROS, COEFICIENTES E TREITOS QUE SE CITAN
1. Coeficientes profesorado: a) Profesores/as a tempo completo ............................................................. 1,5
b) Profesores/as a tempo parcial ................................................................. 0,5
Os profesores/as computarán no centro no cal teñan maior docencia.
97
2. Treitos de alumnos/as: a) Entre 0 e 500 .............................................................................................. 2
b) Entre 501 e 1500..................................................................................... 1,5
c) Máis de 1500 .............................................................................................. 1
No cómputo destes treitos incluiranse os alumnos de terceiro ciclo, facendo a sua
asignación en función do centro no que exerzan como electores. Os coeficientes de
experimentalidade que se aplican a cada unha das titulacións son os definidos no
Programa de Financiamento do Sistema Universitario de Galicia (2000-2003).
98
VII. NORMAS COMPLEMENTARIAS
1. Normas de asignación do gasto centralizado de telefonía
O importe de 600.000 € consignado no concepto 222 do Programa de “Innovación e
Calidade” financia, entre outras cousas, o gasto centralizado de telefonía, incluíndo os
consumos básicos dos departamentos. A estes efectos, os importes fixos asignados
son os seguintes:
. 180 euros/ano por profesor/a a tempo completo.
. 60 euros/ano por profesor/a a tempo parcial.
. 180 euros/ano pola sede do departamento.
Estas asignacións serán realizadas segundo os datos dispoñibles no primeiro día
lectivo do exercicio orzamentario.
2. Realización de obras, reparacións e melloras
Cando a natureza das obras, reparacións e melloras implique unha modificación
física de locais ou instalacións, por razóns de seguridade, a administración do
centro/campus deberá dispoñer de informe técnico previo ás súas realización.
3. Asignación en edificios compartidos
Dada a situación de compartir espazos por diferentes centros e titulacións,
asígnase a xestión de edificios e instalacións, así como os gastos de subministracións
(auga, luz, etc.) do seguinte xeito:
99
Os edificios de facultades, o Politécnico e o Xurídico Empresarial de Ourense
considéranse como centros únicos para os efectos dos conceptos 212 e 221.01.
Os créditos das facultades de Químicas, Bioloxía e Ciencias do Mar asígnanse
ao centro de traballo de Ciencias Vigo; e os da Escola Superior de Minas e do Edificio
de Fundición, ao centro de traballo da Escola Superior de Enxeñería Industrial.
4. Solicitude de bolseiros por centros e departamentos Para que os órganos que teñen ao seu cargo a convocatoria dos diferentes tipos
de bolsas poidan incluír as solicitudes de bolseiros que fagan decanos/as e
directores/as con cargo aos créditos do seu centro ou departamento, é necesario que
previamente envíen ao servizo administrativo correspondente un documento contable
RC polo importe da bolsa solicitada. Segundo o tipo de bolsa, este documento RC
realizarase con cargo ao subconcepto correspondente do capítulo IV e debe ir
precedido da aprobación da correspondente transferencia de crédito. Resolta a
convocatoria de bolsas, os documentos contables de execución do orzamento (AD, O,
ADO) tramitaranse con cargo ás aplicacións orzamentarias correspondentes.
100
DISPOSICIÓNS ADICIONAIS
1ª. Autorízase ao reitor, tras a aprobación dos plans de investimentos polos
órganos competentes, a realización dos trámites oportunos para concertar unha
operación de préstamo dentro dos límites da normativa vixente.
2ª. Autorízase ao xerente a ditar cantas resolucións sexan necesarias para o
desenvolvemento, execución e cumprimento das presentes normas, do que dará
conta ao Consello Social nun prazo máximo de tres meses.
DISPOSICIÓN DERRADEIRA As presentes normas entrarán en vigor o día 1 de xaneiro de 2004.
101
ANEXO ORZAMENTO 2004. CAPÍTULO I GASTOS DE PERSOAL
1. RETRIBUCIÓNS PERSOAL DOCENTE E INVESTIGADOR
FUNCIONARIOS DOCENTES
Praza e dedicación Nº de efectivos Custo total
CAT.UNIV TC 99 4546556,42
CAT.UNIV P.6 1 20155,95
CAT. E.U. TC 45 1675975,51
CAT.E.U. 3H 1 8114,89
TIT. UNIV. TC 543 20223437,76
TIT. E.U. TC 187 6216229,91
TIT. E.U. 6H 3 41242,91
Mestre T. TC 1 27969,80
Plaza Vinc TU.TC 1 44398,50
Plaza Vinc.CEU.TC 1 44398,50
TIT.UN. Interino 19 707634,10
TIT.E.U. Interino 2 66483,75
903 33622598,00
102
PROFESORADO CONTRATADO
Praza e dedicacion Nº efectivos Custo total
PACCSS sin extras 11 37849,90
PACCSS 2 7692,63
Asoc.T2-TC 11 244689,65
Asoc.T3-P3 66 386860,58
Asoc.T3-P3 sin extras 43 228792,94
Asoc.T3-P4 23 179750,31
Asoc.T3-P4 sin extras 27 191544,97
Asoc.T3-P5 17 166064,33
Asoc.T3-P5 sin extras 16 141877,01
Asoc.T3-P6 168 1969282,08
Asoc.T3-P6 sin extras 60 638430,87
Asoc. T3-TC 11 293751,82
PP-1 36 800802,49
PP-2 57 1267937,28
Lectores 2 44067,73
Lectores TP 24 c 1 12568,12
Lectores TP 15 c 1 7924,93
Axudante Facult. 2ª etapa 3 70818,61
Prof. Relixión 2 44064,28
TIT.E.U TC Laboral Fijo * 6 186125,03
TIT.E.U 6H Laboral Fijo * 3 38487,29
536 6959382,86
* RR.LL persoal integración E.U de Relacións Laborais.
103
PROFESORADO VISITANTE
Categoría Nº de efectivos Custo total
Visitante: Tit. Univ. TC 15 494.464,75
Visitante: Tit. Univ. P 6 2 29.130,51
Visitante: PP2 1 29.869,72
Visitante: PP1 13 345.454,93
Visitante: Tit. Univ. 4H 1 10.555,92
Visitante: Tit. E.U. TC 24 706.257,47
Visitante: Tit. E.U. P 6 1 12.295,03
Visitante: Tit. E.U. P 4 1 9.202,07
Visitante: Asoc.T3-P3 3 16.603,80
Visitante: Asoc.T3-P4 1 7.379,34
Visitante: Asoc.T3-P5 1 9.223,66
Visitante: Asoc.T3-P6 6 66.408,80
69 1.736.846,00
PROFESORADO EMÉRITO
Categoría Nº de efectivos Custo total 2004
Eméritos
2
43.206,14
104
2. RETRIBUCIÓNS PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN
E SERVICIOS
FUNCIONARIOS
Grupo Nº de efectivos Custo total
Grupo A Nivel 30 1 52124,23
Grupo A Nivel 28 8 313301,60
Grupo B Nivel.28 2 73545,34
Grupo B Nivel.26 9 293735,63
Grupo B Nivel 25 17 517166,65
Grupo B Nivel 23 5 138348,97
Grupo B Nivel 22 5 131770,39
Grupo B Nivel 20 14 336064,69
Grupo C Nivel 25 6 162046,85
Grupo C Nivel.22 19 435866,05
Grupo C Nivel.20 3 61772,58
Grupo C Nivel 18 75 1465071,59
Grupo C Nivel.16 87 1628786,65
Grupo D Nivel.14 49 772756,35
Grupo E Nivel.14 2 30748,42
302 6413106,00
105
PERSOAL LABORAL
Grupo Nº efectivos Custo total
Gr.I 28 837809,41
Gr.II 15 376349,82
Gr.III 150 3041125,00
Gr. IV 116 2004392,93
Gr. V 4 62220,85
313 6321898,00
RETRIBUCIÓNS OUTRO PERSOAL
Tipo de persoal Nº efectivos Custo total 2004
Eventual
3
78.739,00
106
3. OUTROS GASTOS DE PERSOAL
Tipo de gasto Custo
Productividade e gratificacións 382.602,00
Acción Social 240.404,00
Plan de Pensións 192.323,00
Outras prestacións sociais 2.500,00
Cotas Seguridade Social 6.696.353,00
Total 7.156.580,00
4.GASTOS DE PERSOAL :
RESUMO DO CAPÍTULO I
Artigo Custo total 2004
11. Persoal eventual 78.739,00
12. Funcionarios 40.035.704,00
13. Laborais 6.321.898,00
14. Outro persoal 8.739.435,00
15. Incentivos ó rendemento 382.602,00
16. Cotas prestacións e gastos S.S. 7.156.580,00
Promocións e novas prazas 480.000,00
TOTAL FINAL 63.169.958,00