Post on 07-Jul-2020
INFRAESTRUTURA VERDE da ÁREA DA CORUÑA
INFRAESTRUTURA VERDE DA ÁREA DA CORUÑA
ÁMBITO
A área que abarca a iniciativa está delimitada naturalmente ao nordeste polo Océano Atlántico (costa do Golfo Ártabro e do Arco Bergantiñán), e ao sueste polas serras, entre as cales destacan a Serra de Montemaior, os Montes da Tieira, o Cordal de Montouto, e a Serra da Loba. Esta zona, con consistencia ecolóxica, chega a 31 concellos das comarcas da Coruña, Betanzos, Bergantiños, Ordes ou Eume.
INFRAESTRUTURA VERDE da ÁREA DA CORUÑA
PARTICIPACIÓN PÚBLICA
O proceso de participación pública que se leva a cabo, busca implicar á poboación no deseño desta estratexia da infraestrutura verde, coñecendo as súas propostas, opinións e ideas, identificando áreas con valores naturais e culturais, camiños tradicionais, sendas e corredores que os conectan, ou valorando o estado das áreas de interese ambiental.
Para iso, desenvólvense unha serie de obradoiros de participación, nos que pode participar todo o público interesado. Ademais, existen materiais de divulgación (web, redes sociais, folletos, exposición itinerante), para informar e explicar a iniciativa á sociedade.
Para máis información e participar por vía telemática, pódese consultar a páxina web infraestruturaverdecoruna.gal
O proxecto de Infraestrutura Verde da área da
Coruña, promovido desde a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, e na que colaboran a Fundación Juana de Vega, o Instituto Tecnolóxico de Galicia e a Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, marcará as accións e proxectos de futuro en conservación e promoción das áreas de interese ambiental, ocio de natureza e xestión dos recursos propios deste territorio.
A definición destes espazos servirá de base para a concreción de actuacións como corredores en canles fluviais, proxectos de mellora paisaxística e ambiental, creación de bosques en ámbitos degradados, ou espazos verdes urbanos eficientes.
infraestruturaverdecoruna.gal
info@infraestruturaverdecoruna.gal
DESEÑO DA ESTRATEXIA DE
PARTICIPA NO OBRADOIRO DO
TEU CONCELLO
1. Paderne - Irixoa 2. Abegondo 3. Carral 4. Culleredo 5. Cambre 6. Sada 7. Oleiros 8. Bergondo 9. Betanzos 10. Oza-Cesuras 11. Aranga 12. Miño - Vilarmaior 13. Curtis 14. Monfero - A Capela - As Pontes 15. Pontedeume - Cabanas 16. Coirós 17. Ares - Mugardos - Fene 18. A Coruña (1) 19. Arteixo 20. A Coruña (2) 21. A Laracha - Carballo 22. Cerceda
@Adr.MarinasBetanzos/ @marinasbetanzos
@Fundación.Juana.de.Vega / @juanadevega
Te
rrit
ori
o
Aire
SensibilizaciónOcio
Emprego verdeEcoturismo
Desenvolvemento
Gobernanza
Patrimonio cultural
Saúde
HábitatsInnovación
Te
rra
AugaBenestar
Mar
Proximidade
Alimentación
Agricultura ecolóxica
Conectividade
Natureza
Co
rre
do
res
Educación ambiental
Su
ste
nta
bil
idad
e
Custodia
(2017-2018)
Anímate a participar!
Esta iniciativa ten como obxectivo definir unha estratexia dirixida a protexer a biodiversidade e promover a ordenación do territorio desde un punto de vista ambiental, na procura dunha mellor calidade de vida da poboación e da instauración dun modelo sostible de desenvolvemento.
Andrewzahn
Matthias Ripp
Núcleos
Corredores
Espazos de transición, de alto valor ecolóxico que rodean os núcleos
Ecosistema costeiro
Zonas húmidas e marismas
Parques e zonas verdes
Agrogandeiría multifuncional
Ríos e bosques
Cubertas verdes
Sendas verdes
A infraestrutura verde é unha rede estratexicamente planificada de zonas naturais e seminaturais de alta calidade con outros elementos ambientais, deseñada e xestionada para proporcionar un amplo abanico de servizos ecosistémicos e protexer a biodiversidade tanto dos asentamentos rurais como urbanos.
QUE É A INFRAESTRUTURA VERDE?
Se pensamos na natureza, lembrámonos das carballeiras, das zonas verdes ou das sendas naturais que temos próximas. Estas áreas atópanse moitas veces conectadas entre si por bosques, zonas húmidas, rías ou ríos, creando un sistema relacionado. É a esta rede á que se denomina infraestrutura verde.
Considérase a infraestrutura verde como unha nova ferramenta que promove unha ordenación territorial para mellorar a saúde e a conectividade dos ecosistemas, convivindo ao mesmo tempo cos espazos para o lecer, as actividades agrarias e forestais, os valores culturais e patrimoniais ou as vías de transporte.
A infraestrutura verde componse de diferentes ecosistemas conectados, que forman un rede de NÚCLEOS e CORREDORES
Os núcleos son os elementos centrais, zonas de alto valor en termos de biodiversidade (diversidade de especies vexetais e animais); os corredores son enlaces que fan que a sistema da infraestrutura verde funcione.
Entre os posibles elementos que conforman esta rede, podemos atopar: zonas naturais protexidas, zonas húmidas, costas, ríos e pequenos cursos de auga, sendas, lagoas, bosques de ribeira, terreos agrícolas e forestais multifuncionais, prados, áreas verdes, áreas de interese patrimonial, ...
ANATOMÍA e ELEMENTOS daINFRAESTRUTURA VERDE
Os SERVIZOS ECOSISTÉMICOS, base da INFRAESTRUTURA VERDESon os beneficios que a natureza nos aporta á sociedade, e fan posible a vida humana e o desenvolvemento económico.
Proporcionan alimentos e auga limpa, regulan o clima, apoian a polinización dos cultivos e a formación de solos, ademais dos beneficios recreativos, culturais e espirituais. Estes servizos pódense clasificar en:
SERVIZOS DE ABASTECEMENTO E PROVISIÓN DE MATERIAS PRIMAS E ALIMENTOS
Alimentos para o ser humano / Plantas, algas e animais para uso agrícola / Madeira, fibras e outros materiais / Materiais xenéticos de todos os organismos vivos / Auga para o consumo / Recursos para a produción de enerxía / Recursos inertes
SERVIZOS DE REGULACIÓN AMBIENTAL
Mantemento do ciclo hidrolóxico / Regulación da contaminación das augas / Control da erosión / Protección contra lumes / Mantemento de hábitats e poboacións / Polinización / Control de pragas e enfermidades / Control de especies invasoras / Regulación do clima / Fixación e almacenamento de CO2
SERVIZOS CULTURAIS, LÚDICOS E DE OCIO
Saúde e benestar / Investigación científica Educación e divulgación ambiental / Patrimonio Cultural material / Patrimonio simbólico e inmaterial / Experiencias estéticas / Experiencias lúdicas
PROCESO DE DESEÑO
DA ESTRATEXIA 2018
XANEIRO
FEBREIRO
MARZO
ABRIL
MAIO
XUÑO
XULLO
AGOSTO
SETEMBRO
OUTUBRO
NOVEMBRO
Gobernanza
intermunicipal
Entrevistas concellos
Participación pública cidadá
Obradoiros municipais /
Mesas sectoriais-
Cuantificación servizos
ecosistémicos-
Integración de elementos na Estratexia IV
ES
CO
ITA
AC
TIV
A E
PA
RT
ICIP
AC
IÓN
DE
CIS
IÓN
E D
EF
INIC
IÓN
ES
TR
AT
EX
IABorrador Estratexia IV
Presentación Estratexia IV
Información
pública
borrador-
Validación e
incorporación de
propostas-
Documento
final