É TEMPO DE FESTA...A tradición, que ten máis de 150 anos de antigüidade, perdura grazas ao...
Transcript of É TEMPO DE FESTA...A tradición, que ten máis de 150 anos de antigüidade, perdura grazas ao...
É TEMPODE FESTAGoza dun verán á galegaQue non cho conten, víveo!
31 xullo ao4 agosto
Cambados
Festa do Viño AlbariñoCambados sabe a viño. Casetas onde degustar os albariños máis saborosos. A oportunidade de gozar da xente, a gastronomía e a paisaxe desta vila mariñeira. Música e moitas actividades. Que a festa non pare!
10 ao 25agosto
Vilagarcía de Arousa
Festas Patronais de San RoqueQue a chuvia é arte, xa o sabiamos. Pero en Vilagarcía a auga cae do ceo é unha bendición. Grita “auga” e serache dada. Unha Festa da Auga en pleno centro. Porque é preciso refrescarse se tes que gozar de varios días de intensos festexos.
11agosto
O Carballiño
Festa do PolboOs amantes do polbo teñen unha cita no Carballiño nesta festa gastronómica multitudinaria. A gran Carballeira é o fantástico marco desta romaría popular. Únete a unha das moitas peñas se tes corpo de festa. Fame non has pasar.
30 e 31agostoRibadavia
Festa da IstoriaViaxa ao pasado. Asómbrate coa recreación medieval das distintas culturas, relixións, oficios e clases sociais. Transfórmate nun personaxe da época, merca con moeda propia os doces sefardís e pasea por un dos centroshistóricos medievais mellor conservados de Galicia.
13 ao 16setembro
Muxía
Romaría da nosa Señora da BarcaUnha concorrida romaría popular que mestura relixiosidade e tradicións pagás. Cumpre cos ritos da Pedra de Abalar e a Pedra dos Cadrís, goza dunha comida campestre nunha contorna singular. E continúa pola noite coa verbena na vila de Muxía.
22 e 23xuño
Ponteareas
Corpus ChristiAs rúas céntricas de Ponteareas amañecen o domingo de Corpus tapizadas de espectaculares alfombras florais sobre as que pasará a procesión do Santísimo Sacramento. A tradición, que ten máis de 150 anos de antigüidade, perdura grazas ao tesón dos veciños, que durante a véspera traballan na súa confección.
23xuño
A Coruña
Fogueiras de San XoánOle a sardiñas e a herbas encantadas. A noite máis curta do ano, pero tamén a máis máxica. Conversas e amizade ao redor do lume. Salta a fogueira. Deixa atrás o vello. Comeza o ciclo. Comeza o verán.
5 ao 8xullo
A Estrada
A rapa das Bestas de SabucedoAloitadores e garañóns nunha loita corpo a corpo. Un vínculo ancestral entre bestas e homes. Unha tradición na que o respecto pola natureza ten a súa máxima expresión na baixada das greas desde o monte ata o curro. A rapa, unha forma de vida que non che ha deixar indiferente.
11 ao 14xullo
Ortigueira
Festival Internacional do Mundo CeltaOrtigueira acolle este encontro multicultural, cita ineludible do panorama “festivaleiro” do verán. Unha oportunidade para escoitar estilos musicais afastados dos circuítos comerciais ao carón dunha paraxe protexida. Milleiros de mozos e mozas de toda Europa conviven nun ambiente de liberdade e tolerancia.
29 xullo ao4 agosto
Catoira
Romaría ViquingaOs bárbaros xa están aquí! Chegan do norte con ansias de conquista... e sede de viño. Defendamos as Torres de Oeste! Desembarcan as hostes invasoras e despois da batalla, gozan do mercado de artesanía, a cea viquinga ou a verbena nocturna.
19 ao 31xullo
Santiago de Compostela
Festividade de Santiago ApóstoloDurante 15 días Santiago é un fervedoiro de música, artes escénicas, verbenas e actividades de todo tipo para cativos e maiores. A cidade convértese nun gran festival que chega ao seu apoxeo na noite do 24 cun grande espectáculo audiovisual e pirotécnico.
FESTAS DE INTERESE TURÍSTICO INTERNACIONAL
FESTAS DE INTERESE TURÍSTICONACIONAL
Para acceder á ficha das distintas festas con información adicional pode premer na ligazón da área correspondente a cada unha.
Allariz 15-23 Festa do Boi
Redondela 19-23 Festa do Corpus Christi
Ares22-23
Alfombras Florais de Corpus Christi
Bueu Festa das Alfombras Florais
Lugo 30 Ofrenda do Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento
A Guarda 5-7 Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira
Ponteceso 6 Festa do Percebe do Roncudo
San Cristovo De Cea
7
Festa de Exaltación do Pan de Cea
Viveiro A Rapa das Bestas de Candaoso
A Laracha Festa das Cereixas de Paiosaco
Vimianzo 9-12 Faguía do Carnés
Pontevedra 11 Festas de San Benitiño de Lérez
Betanzos12-14
Feira Franca Medieval
O Rosal Feira do Viño
Mugardos 13 Festa do Polbo
Ribeira 18-24 Festa da Dorna
Muros 19-21 Gran Premio de Carrilanas de Esteiro
As Pontes de García Rodriguez
19-25 Romaría da Fraga
Viveiro 20 Festa da Pescada do Pincho de Celeiro
Vigo 20-21 Festa do Santísimo Cristo dos Aflixídos de Bouzas
Moraña26-28
Festa do Carneiro ao Espeto
Narón O Oenach Atlántico
Cabana de Bergantiños 1 Festa de San Fins do Castro
Malpica de Bergantiños 1-4 Mostra da Olaría de Buño
A Arnoia
2-4
Festa do Pemento
Guitiriz Festival de Pardiñas
Silleda Romaría da Tortilla de Laro
Burela
3
Feira do Bonito de Burela
Padrón Festa do Pemento de Herbón
Barreiros Festival Internacional do Emigrante
O Pino 3-4 Festa do Galo Piñeiro e mostra cabalar
Ribadeo 3-5 Día da Gaita e Romaría da Santa Cruz
Folgoso do Courel 4 Filandón de Músicas do Courel
Oímbra 4 Feira do Pemento
A Guarda 5-12 Festa do Monte
Vilanova de Arousa 8-11 Festa do Mexillón e do Berberecho
Foz9-11
Festas Patronais de San Lourenzo
Mondoñedo Mercado Medieval
Cervo10
Festa da Maruxaina de San Cibrao
Tui Descenso Internacional do Miño
Betanzos 14-25 Festas Patronais de San Roque
A Cañiza 15 Feira do Xamón
Sada 15-18 Festas Patronais de San Roque
Cangas 16 Danzas Ancestrais – San Roque do Hío
Cervo17
Queimada Popular de Cervo
Laxe O Naufraxio de Laxe
Vilagarcía de Arousa 17-18 Festa da Ameixa do Carril
Meira 18 Festa da Malla
Viveiro 23-27 O Naseiro
Forcarei
24
Festa do gaiteiro de Soutelo de Montes
Chantada Folión de Carros
Silleda Festa da Empanada de Bandeira
Salvaterra de Miño 24-25 Festa do Viño do Condado do Tea
Ferrolterra 27-7 Pantín Classic. Galicia Surf Pro
Valga31
Festa da Anguía e Mostra da Caña do País
Boiro Romaría de San Ramón de Bealo
Neda 1 Festa do Pan de Neda
Pontevedra 6-7 Feira Franca
Taboada 7 Festa das Fachas de Castelo
A Cañiza 7-9 Romarías da Virxe da Franqueira
A Laracha8
Romaría da Nosa Señora dos Milagres de Caión
Cangas Danzas Ancestrais – Danza e Contradanza de Darbo
A Pobra do Caramiñal 13-16 Festa de Xesús O Nazareno – Festa das Mortallas
Rianxo 13-20 Festividade da Virxe de Guadalupe
Rairiz de Veiga 20-22 Romaría da Saínza
Marín 29 Festa de San Miguel e danza das Espadas
FESTAS GALEGAS DE INTERESE TURÍSTICO 2019xuño
xullo
agosto
agostosetem
bro