10 Grandes Mulleres galegas
Transcript of 10 Grandes Mulleres galegas
10 MULLERES GALEGAS
8 DE MARZO DÍA DA MULLER TRABALLADORA
Pintoras
Escritoras
Heroínas
Biólogas
Artistas
AlpinistasXuristas
Xornalistas
MARÍA PITA(heroína)Esta coruñesa fíxose célebre pola súa participación na defensa da cidade fronte á frota inglesa dirixida por Drake en 1589. Cando os ingleses estaban a piques de entrar na Coruña, María Pita logrou derribar ao pirata animando aos defensores e forzando a retirada dos asaltantes.
Na actualidade, a praza do concello da Coruña leva o seu nome e está presidida por unha estatua na que María Pita aparece empuñando unha lanza.
Enma
ROSALÍA DE CASTRO(escritora)
Alba
Rosalía de Castro (Santiago de Compostela , 1837 – Padrón , 1885) foi unha escritora coa que se inicia o Rexurdimento da literatura galega. Grazas aos seus poemarios converteuse na escritora máis coñecida do idioma galego.
Rosalía teimou a contracorrente ao escribir en galego e sintonizou literariamente cos máis desfavorecidos e coas mulleres.
No 2013 conmemorouse o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos, a primeira obra mestra da literatura galega contemporánea.
ÁNXELES ALVARIÑO(bióloga)
Ánxeles Alvariño (Ferrol, 1916 – California, 2005) estudou Ciencias Naturais e foi Doutora en Química Analítica e Ecoloxía Vexetal. Exerceu como bióloga ocanográfica e foi a primeira muller a bordo dun barco británico de investigación en calidade de científica.
Participou en varias expedicións no Atlántico e no Pacífico. E efectuou investigacións sobre o plancto, os peixes e as correntes do océano.
Obtivo a Medalla de Prata de Galicia por ser unha das mulleres máis destacadas no mundo da ciencia.
Aitana
CONCEPCIÓN ARENAL(xurista)
Concepción Arenal (Ferrol,1820 – Vigo,1893), é bastante probable que asistise ás clases de Dereito da universidade disfrazada de home, xa que nese momento non se permitía legalmente o acceso das mulleres aos estudos superiores en España.
Foi a primeira muller que recibiu o título de Visitadora de Cárceres de mulleres e velaba polos seus dereitos e polo seu benestar. Por todos isto, moitos consideran que con ela nace o feminismo en España.
Sheila
SOFÍA CASANOFA(xornalista)
Sofía Casanova (A Coruña, 1861 – Poznan, 1958) residiu en moitos países e chegou a dominar oito linguas diferentes.
Foi a primeira muller correspondente de guerra e sempre manifestou unha postura pacifista e antibélica. Traballou como xornalista enviando crónicas desde as frontes de batalla para o diario ABC e colaborou en numeros xornais.
En 1952 a Real Academia Galega concedeulle o título de Académica de Honra.
Miguel
UXÍA SENLLE(cantante)
Uxía Senlle (Mos, 1962) destaca pola creación de espectáculos sobre a canción de mulleres e o ámbito de lusofonía, como por exemplo Cantos na Maré.
Con só vinte e catro anos publicou o seu primeiro álbum, Foliada de Marzo.
Representou á Televisión de Galicia en 1991 nun certame de televisións rexionais, e a Galicia na Expo 98 de Lisboa e no Liet Inernational en 2004.
O seu maior éxito chegou co álbum Estou vivindo no ceo, co que se fixo coñecida en Europa, e que supón unha renovación da canción tradicional galega.
Adrián
MARÍA CASARES(actriz)
María Casares (A Coruña, 1933 – París, 1996) tivo que exiliarse a Francia coa súa familia e estudou interpretación no Conservatorio de París. Obtivo moito éxito nas súas representacións teatrais e co cine fíxose moi popular.
Como recoñecemento á súa carreira, recibiu numerosos premios tanto en Francia como en España.
Un ano despois da súa morte, creáronse en Galicia os Premios María Casares co obxectivo de destacar o labor dos profesionais do teatro galego.
Carmen
CHUS LAGO(alpinista)
Chus Lago (Vigo, 1964) estreouse como alpinista no Vixiador (preto de Vigo) cando tiña once anos, e continuou nos Pirineos, nos Andes, en Kenia e no Himalaia.
En 1999 foi a primeira muller española e a terceira do mundo en escalar o monte Everest sen axuda de osíxeno artificial.
En 2009 converteuse na primeira española en alcanzar o Polo Sur tras 59 días de travesía en solitario pola Antártida.
Paz
FINA CASALDERREY(escritora)
Yago
Fina Casalderrey ( Xeve, 1959) é unha escritora galega premiada en numerosas ocasión pola súa obra literaria adicada ao máis xóvenes. Entre eles, destaca o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil.
Os seus libros foron traducidos a trece linguas.
Foi nomeada académica da RAG (Real Academia Galega).
MARUXA MALLO( pintora)
Maruxa Mallo (Viveiro, 1902 – Madrid, 1995) é a máis recoñecida das artistas galegas do século XX. Estudou Belas Artes en Madrid e relacionouse con poetas e artistas da chamada Xeración do 27.
Era unha muller moderna que andaba en bicicleta, facía deporte, asistía aos cafés e aos eventos e faladoiros literarios.
Como recoñecemento á súa carreira recibiu numerosos premios, entre eles a Medalla de Ouro das Belas Artes.
Ainoa
CEIP de Maciñeira
4º de Educación Primaria
Curso 2016/17