11 hegel e o idealismo alemá
-
Upload
departamento-de-filosofia-ies-chan-do-monte -
Category
Documents
-
view
205 -
download
3
Transcript of 11 hegel e o idealismo alemá
Hegel e o idealismo alemáHegel e o idealismo alemá
A revolución burguesa non ten lugar en Alemaña onde esa clase non ten un peso tan importante como Francia.
En Alemaña hai fame de Estado Racional, descomposta en multitude de principados.
Kant en Königsberg/KaliningradoKant en Königsberg/Kaliningrado
Mocidade:
Influencia da Francia revolucionaria
Sombra de Schelling
Creación do sistema
Fenomenoloxía do espírito
Madurez
Enciclopedia das ciencias filosóficas
Superar o kantismoSuperar o kantismo
Elimina a hipótese kantiana da cousa en sí, só existe o fenómeno.
A realidade é un conxunto de relacións nas que nada está illado.
A verdade está no todo, non como principio senón como resultado.
A realidade é proceso, e o proceso ten unhas regras que coinciden coas do pensamento. Realidade e pensamento identifícanse (o real é racional).
Esas regras que dan conta do proceso é as do movemento dialéctico:
Afirmación (tese)
Negación (Antitese)
Negación da negación (Sintese)
A realidade é pois a automanifestación do suxeito a través do proceso dialéctico.
O sistema hegelianoO sistema hegeliano
Fenomenoloxía do Espírito:
Do Eu a Nós
Enciclopedia das ciencias:
Da idea ao espírito absoluto
Lóxica: Momento da inmediatez, da identidade ou infinitude abstractas: a idea no seu ser en si.
Filosofía da natureza: Momento da negación, da alteridade, do devir outra respecto de si mesma: a idea no seu estrañamento ou aliñación: fóra de si.
Filosofía do espírito: Momento da mediación realizada, do retorno reflexo a si mesma e, xa que logo, da identidade e infinitude concreta. A idea no seu ser para si.
O método dialécticoO método dialéctico
Ser e Pensar, suxeito e obxecto conflúen
A dialéctica método de coñecemento e lei de desenvolvemento da realidade.
Os momentos da dialéctica son: Tese, Antítese, Síntese.
Monismo
Dinamismo
Historicismo
Contradición
O espírito absolutoO espírito absoluto
Lóxica:
Non son pensamentos subxectivos senón expresan a realidade
Filosofía da natureza:
A natureza elévase así mesma desde a pura exterioridade até a autoconciencia no home
Filosofía do espírito
Espírito subxectivoConxunto de funcións
anímicas e psíquicas do ser humano.
Espírito obxectivoManifestacións do espírito
Espírito absolutoSíntese e reconciliación do
suxeito consigo mesmo
Arte, Relixión, Filosofía
Espírito obxectivo: O EstadoEspírito obxectivo: O Estado
No Estado o individuo faise consciente de si mesmo como membro dun todo.
O Estado é o Universal Concreto: Existe a través dos particulares, mediatizado e orgánico.
O Estado é Racional: Condición para ser totalidade. Harmoniza universal e particular.
O Estado Prusiano é o modelo pero non exportábel. Cada constitución debe responder ao espírito de cada pobo (critica que Napoleón preténdese imporlle unha determinada constitución aos españois, debe ser a realidade española a que deveña finalmente en substanciarse na plasmación dunha constitución).
Hegel é Contrario á división de poderes e defensor da monarquía: A monarquía representa a unidade.
Corporativismo para a integración orgánica no Estado. Os estamentos sociais deben integrarse no proxecto do estado como cada membro do corpo humano forma parte do conxunto.
A Guerra ten aspectos positivos, o único dereito internacional é a Historia.
Na historia só contan os pobos con Estado (os pobos sen historia son condenados a desaparecer).
A Historia Universal é pois o xuízo universal; isto é, o xusto é o que trunfa, e mesmo o mal cumpre unha función progresiva cara mover o mundo na dirección de desenvolver a liberdade humana.
AlienaciónAlienación
O en-si (Ser obxectivo)
O para-si (Ser subxectivo)
O en-si para-si (conciliación suxeito-obxecto)
Alienación: A realidade queda como unha fatalidade allea