13 28€¦ · a saia escocesa e poñen smóking para sachar como é ... un traballo a dúo onde a...

40

Transcript of 13 28€¦ · a saia escocesa e poñen smóking para sachar como é ... un traballo a dúo onde a...

Page 1: 13 28€¦ · a saia escocesa e poñen smóking para sachar como é ... un traballo a dúo onde a comedia ... Voadora recolle a obra de William Shakespeare e versiónaa nun .
Page 2: 13 28€¦ · a saia escocesa e poñen smóking para sachar como é ... un traballo a dúo onde a comedia ... Voadora recolle a obra de William Shakespeare e versiónaa nun .

MENÚ DA NOITE [TEATRO]

GOLDI LIBRE [TEATRO]

LA ESPECIE DOMINANTE[TEATRO]

VOAXA E CARMÍN[TEATRO]

A CABEZA DO DRAGÓN [TEATRO]

GET BACK [TEATRO]

ESTADO DE GRAZA [TEATRO]

SOÑO DUNHA NOITEDE VERÁN [TEATRO]

UBÚ REI [TEATRO]

12 27

30

13 28

XA

NE

IRO

FE

BR

EIR

OM

AR

ZO

19-21

16-19

15-18 23-26

8-11

3-59-11

TEATRO PRINCIPALRúa Nova, 21981 542 347 (oficinas)981 542 349 (despacho de billetes)[email protected]

AUDITORIO DE GALICIAAvda. Burgo das Nacións, s/n981 552 290981 571 026 (despacho de billetes)[email protected]

Page 3: 13 28€¦ · a saia escocesa e poñen smóking para sachar como é ... un traballo a dúo onde a comedia ... Voadora recolle a obra de William Shakespeare e versiónaa nun .

3

PRO

GRAM

ACIÓ

N S

UXE

ITA

A CA

MBI

OS

E N

OVA

S IN

CORP

ORA

CIÓ

NS

MUD GALLERY [DANZA]

NOSA SEÑORA DAS NUBES[TEATRO]

MULÏER [DANZA]

11 27

MA

IOX

O 8 9

AMEDIOMETRADOS [DANZA]

EMOTICORES [DANZA]

ABSENTIA [DANZA]

27 2928

O TOLLEITO DE INISHMAAN[TEATRO]

EL CARTÓGRAFO [TEATRO]

NOVIEMBRE [DANZA]

265A

BR

IL 19-22

Despacho de billetes do Teatro Principal: Martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00 hDespacho de billetes do Auditorio de Galicia: Días de evento desde as 18.00 hVenta por internet: entradas.abanca.com / Venta telefónica: 902 434 443Descontos habituais do 50% para: Desempregados, Maiores de 65 anos, xubilados, menores de 25 anos, estudantes, familias monoparentais, familias numerosas, perceptores de rendas sociais.Descontos non acumulables. Só se pode aplicar un desconto por entrada.

*

Page 4: 13 28€¦ · a saia escocesa e poñen smóking para sachar como é ... un traballo a dúo onde a comedia ... Voadora recolle a obra de William Shakespeare e versiónaa nun .

Carlos BlancoAUTORÍA E DIRECCIÓN

Luís DavilaESCENOGRAFÍA

Carlos Blanco, Kepa Junquera e Ibón Ormazábal

MÚSICA

MENÚ DA NOITECARLOS BLANCOLUÍS DAVILA

XOVES 12 XAN20.30 h VENRES 13 XAN20.30 h e 22.30 h Teatro Principal

Galicia, teatro/comediaDuración aprox: 80 min.Entrada única: 12 eurosDescontos habituais do 50%

Page 5: 13 28€¦ · a saia escocesa e poñen smóking para sachar como é ... un traballo a dúo onde a comedia ... Voadora recolle a obra de William Shakespeare e versiónaa nun .

5

Luís Davila e Carlos Blanco deixan (momentaneamente) a saia escocesa e poñen smóking para sachar como é debido. E ata cociñan caldo en directo. Literalmente. O debuxante de Bueu e o actor arousán combinan novamente enxeños e artes para atopar o cóctel perfecto.

Desta volta viaxan a Broadway. Cos sachos, claro. E bailan (?) claqué e todo. Animación incluída. Un xoguete escénico, un traballo a dúo onde a comedia ten finalmente a cobertura visual que nunca tivo.

Menú da Noite. I+D. Con música de Budiño e Kepa Junquera. Risas aseguradas (e debuxadas).

XOGUETE ESCÉNICODE COMEDIA VISUAL

Page 6: 13 28€¦ · a saia escocesa e poñen smóking para sachar como é ... un traballo a dúo onde a comedia ... Voadora recolle a obra de William Shakespeare e versiónaa nun .

GET BACKEME2 EMOCIÓN&ARTE

XOVES 19 XANVENRES 20 XANSÁBADO 21 XANTeatro Principal20.30 h

Galicia, teatro/comediaDuración aprox: 90 min.Entrada única: 10 euros Descontos habituais do 50%

Jorge CoiraDIRECCIÓN

Diego AmeixeirasAUTOR

INTÉRPRETESAlfonso AgraMercedes CastroFederico PérezMiguel GuidoTamara Canosa

Son cinco e van nun vagón de metro. Son cinco e teñen moitas cousas en común. Pero eles non o saben. Aínda. Saben que van no mesmo vagón de metro. Saben de onde veñen, pero ningún está moi seguro de cara a onde vai. Son xente normal e están en Londres. Se son normais e están en Londres é que probablemente sexan emigrantes. Están no metro e como non poden mirar para as paredes, miran para o móbil que vai cuspindo algunhas novidades do lugar do que proceden. Que vas facer esta semana? Xa reservaches o voo para Nadal? Sabes que detiveron a aquel rapaz que estudara contigo en Santiago? O fillo do carniceiro non quere seguir co negocio. Cousas normais, de xente normal que se deixa mover polo meneo normal do metro. Pero o metro detense. Para en ningures porque queda atoado no medio do túnel e pode ser unha avaría,

Page 7: 13 28€¦ · a saia escocesa e poñen smóking para sachar como é ... un traballo a dúo onde a comedia ... Voadora recolle a obra de William Shakespeare e versiónaa nun .

7

un atentado, unha folga ou todas as cousas á vez. E quedan os cinco GET BACK mirando para o móbil e logo mirando para eles sucesivamente. O metro para e comezan os problemas. Porque son cinco, porque teñen moitas cousas en común pero non o saben, porque están lonxe de onde son e porque cada un deles ten urxencias particulares. Están perdidos nun subterráneo de Londres e quizais teña que vir rescatalos o exército. Pero primeiro van ter que entenderse.

A comedia comeza como un accidente. Eles non o saben cando entran a ese vagón con traxecto interrompido, pero son catro galegos buscándose a vida en Londres e un inglés que, en algún tempo, se buscou a vida en Galicia. As vidas quedan cruzadas xusto cando se detén o movemento e a partir de aí case todo é retranca.

Page 8: 13 28€¦ · a saia escocesa e poñen smóking para sachar como é ... un traballo a dúo onde a comedia ... Voadora recolle a obra de William Shakespeare e versiónaa nun .

Goldi libre é un traballo de teatro documento sobre o movemento de insubmisión, un dos primeiros e máis fortes movementos de desobediencia civil xurdidos despois da Transición en España, que levou a centos de mozos ao cárcere como presos de conciencia e que tivo como consecuencia inmediata a suspensión do servizo militar obrigatorio despois de máis de 150 anos de vixencia. Un traballo feito a partir da memoria, a experiencia persoal e o testemuño de César Goldi, veciño de Teo e actor que en 1993 foi xulgado e condenado a 2 anos, 4 meses e 1 día de prisión por negarse a realizar tanto o servizo militar como a prestación social substitutoria, cumprindo a condena no cárcere da Coruña. Dende unha perspectiva autocrítica, distanciada e irreverente, a obra ofrece ademais unha panorámica desenfadada do activismo social e político da esquerda dos anos 80 e 90 do século XX, cuestionando algúns dos mitos da loita antimilitarista. Trátase por tanto de conectar a memoria individual coa memoria colectiva dunha xeración e co imaxinario dunha época a través dun dispositivo especificamente teatral.

GOLDI LIBREAutorretrato dun insubmiso preso nos cárceres de Felipe GonzálezA BERBERECHEIRA

VENRES 27 XANSÁBADO 28 XANTeatro Principal20.30 h

Galicia,teatro/documentoDuración aprox: 80 min.Entrada única: 10 eurosDescontos habituais do 50%

Page 9: 13 28€¦ · a saia escocesa e poñen smóking para sachar como é ... un traballo a dúo onde a comedia ... Voadora recolle a obra de William Shakespeare e versiónaa nun .

CONECTAR A MEMORIA INDIVIDUAL COA MEMORIA COLECTIVA DUNHA XERACIÓN E CO IMAXINARIO DUNHA ÉPOCA

César GoldiXronManuel CortésTEXTOS

XronDIRECCIÓN + DRAMATURXIA

Patricia LorenzoASISTENCIA DIR. + PRODUCIÓN

Xacobe Martínez AnteloESPAZO SONORO

Fidel VázquezILUMINACIÓN + TÉCNICA

Xana GarcíaCOMUNICACIÓN

César GoldiINTÉRPRETE

É o primeiro proxecto sementado e criado integramente na Berberecheira ao longo dos anos 2015 e 2016. A Berberecheira é un espazo teatral promovido e custodiado por Chévere para sementar proxectos escénicos de xestión colectiva que desbordan o núcleo estable da compañía. Un laboratorio de creación sustentado en redes estables de cooperación e un lugar de encontro e diálogo entre creadores, públicos e axentes culturais.

9

Page 10: 13 28€¦ · a saia escocesa e poñen smóking para sachar como é ... un traballo a dúo onde a comedia ... Voadora recolle a obra de William Shakespeare e versiónaa nun .

Maruxa e Coralia saen da casa, como cada día, maquilladas até a extenuación e vestidas a toda cor dispostas a dar o seu habitual paseo das dúas polas rúas de Compostela. Pasear, saudar, mercar Sansón e galletas María, piropear aos mozos, insultar ás mozas… Todo parece transcorrer sen cambio algún. Porén, hoxe non vai ser un día coma os outros: Coralia empurra a Maruxa a escapar das súas rutinas, tentando cumprir os seus soños. Arrancará así unha viaxe que abrirá feridas de guerra que volverán doer coma o primeiro día.

TEATRO DE ACTRICESSOBRE UN GRAN LENZO AUDIOVISUAL

VOAXA ECARMÍNBUTACAZERO

MÉRCORES 8 FEBXOVES 9 FEBVENRES 10 FEBSÁBADO 11 FEBTeatro Principal20.30 h

Galicia, teatro/comediaDuración aprox: 80 min.Entrada única: 10 euros Descontos habituais do 50%

Page 11: 13 28€¦ · a saia escocesa e poñen smóking para sachar como é ... un traballo a dúo onde a comedia ... Voadora recolle a obra de William Shakespeare e versiónaa nun .

Voaxa e Carmín é unha comedia terrorífica que da voz a Maruxa e Coralia Fandiño Ricart, coñecidas como As Marías de Santiago de Compostela nunha proposta de teatro de actrices sobre un gran lenzo audiovisual: unha Compostela máxica.

Esther F. CarrodeguasTEXTO

Xavier CastiñeiraDIRECCIÓN

MilladoiroMÚSICA

INTÉRPRETESMabel RiveraBelén Constenla

11

©M

ostr

a In

tern

acio

nal T

eatro

de

Rib

adav

ia

Page 12: 13 28€¦ · a saia escocesa e poñen smóking para sachar como é ... un traballo a dúo onde a comedia ... Voadora recolle a obra de William Shakespeare e versiónaa nun .

A difícil relación entre unha filla que ansía a liberdade e unha nai dominada polas crenzas relixiosas máis profundas. O duro enfrontamento entre unha xeración dominada pola beatería máis contumaz e a seguinte coa liberdade por bandeira. Cando a relixión impera en todos os comportamentos humanos, resulta case imposible liberarse dese xugo. No tardo - franquismo, seguramente o momento histórico en que dúas xeracións consecutivas estiveron máis distantes ideoloxicamente, catro mulleres loitan por establecer o seu lugar no mundo.

No ano da morte de Franco, unha moza regresa a súa casa natal despois de pasar catorce anos sen dar sinais de vida. Acompáñaa a súa filla autista. A súa chegada revoluciona o monótono vivir das dúas beatas que habitan a casa, a súa nai e unha criada que a acompaña na vida e nos rezos. Ao mesmo tempo que agoniza o ditador, agoniza unha forma de vivir, de sentir a relixión e de estar na sociedade.

Lola é unha moza de dezaseis anos, dunha boa e acomodada familia formada pola súa nai, Dolores, de fortes crenzas relixiosas, a criada e dama de compañía desta, Catarina, e a irmá maior de Lola, Soledad, que hai tempo que se suicidou tirándose do torreón da casa.

ESTADO DE GRAZATEATRO DO NOROESTE

XOVES 16 FEBVENRES 17 FEBSÁBADO 18 FEBDOMINGO 19 FEBTeatro Principal20.30 h

Galicia, teatro contemporáneoDuración aprox: 90 min.Entrada única: 10 eurosDescontos habituais do 50%

Page 13: 13 28€¦ · a saia escocesa e poñen smóking para sachar como é ... un traballo a dúo onde a comedia ... Voadora recolle a obra de William Shakespeare e versiónaa nun .

13

Un caserón á saída da cidade. E un pai constantemente ausente por múltiples viaxes, que realmente son fuxidas. Lola comete un pecado que non pode ser perdoado ás mozas de boa familia desa cidade, seguramente de provincias, neses tempos. Queda embarazada.

UNHA IMAXE CONMOVEDORADOS TEMPOS QUE VIVIMOS

Eduardo AlonsoTEXTO E DIRECCIÓN

INTÉRPRETESLuma GómezImma AntónioManuela VarelaNini True

©Ti

no V

iz

Page 14: 13 28€¦ · a saia escocesa e poñen smóking para sachar como é ... un traballo a dúo onde a comedia ... Voadora recolle a obra de William Shakespeare e versiónaa nun .

Este proxecto supón o encontro entre Kukai Dantza e Marcos Morau / A Veronal.

É a unión entre dous universos coreográficos e dúas miradas cara á danza que navegan entre a raíz máis popular e a expresión máis vangardista.

Oskara é un traballo instalativo que percorre algunhas pasaxes da cultura vasca e dos seus mitos, desde a súa orixe até a época contemporánea e debuxa un percorrido plástico e emocional de símbolos e iconografía de forza ambigua e desconcertante que, da maneira máis absoluta, contén dentro de si a historia da experiencia humana.

Valle-InclánTEXTO

Quico CadavalDIRECCIÓN E ADAPTACIÓN

Baltasar PatiñoESCENOGRAFÍA

Suso MonteroVESTIARIO

Javier María LópezMÚSICA

INTÉRPRETESMaría CostasVíctor MosqueiraIván MarcosPatricia VázquezJosito PortoYelena MolinMarcos OrsiQuico CadavalINTÉRPRETES MÚSICATAC (Taller Atlántico Contemporáneo) dirixido por Diego García

A CABEZADO DRAGÓNPRODUCIÓNS TEATRAISEXCÉNTRICAS

VENRES 3 MARSÁBADO 4 MARDOMINGO 5 MARXOVES 9 MARVENRES 10 MARSÁBADO 11 MARTeatro Principal20.30 h

Galicia, teatro/esperpentoDuración aprox: 85 min.Entrada única: 10 eurosDescontos habituais do 50%

Page 15: 13 28€¦ · a saia escocesa e poñen smóking para sachar como é ... un traballo a dúo onde a comedia ... Voadora recolle a obra de William Shakespeare e versiónaa nun .

Entre a magnética influencia do Xapón e a potente tradición da farsa europea, chea de máscaras e de acrobáticos combates, móvese esta primeira versión galega de “A Cabeza do Dragón” no 80 aniversario da morte de Valle-Inclán. Trátase da primeira obra de Valle-Inclán feita en galego e será apta para todos os públicos para que poida ser gozada tanto por nenos e nenas, como adolescentes e maiores.

“A cabeza do Dragón” foi incluída polo autor, Ramón María del Valle-Inclán, nunha colección de farsas que, titulou, ironicamente, “Retábulo de marionetas para educación de príncipes”. A historia conta, mais unha vez, a viaxe ao corazón do dragón que se narra en todas as culturas do mundo, e tamén na nosa, a cultura europea.

Un príncipe, Verdemar, foxe do reino materno por ter desobedecido ao rei, seu pai. No seu camiñar, cheo de experiencias, vai dar ao reino de Micomicón, que está a tremer baixo o alento fétido do Dragón. Como é costume, débenlle entregar a princesa Brancaflor ao monstro se queren salvar as vidas e as facendas do reino. Enmascarado para ocultar a súa identidade, Verdemar mata o Dragón coa espada máxica e desaparece. Un capitán de bandidos, Espandián, topa a cabeza do monstro, e con ela vai reclamar o premio: a man da princesa e a coroa do reino. Ela rexeita o impostor, e aquí é onde traballa o Duende, que leva toda a historia a coidar do príncipe en pago dunha antiga débeda: a liberdade. 15

©N

atas

ha L

elen

co

Page 16: 13 28€¦ · a saia escocesa e poñen smóking para sachar como é ... un traballo a dúo onde a comedia ... Voadora recolle a obra de William Shakespeare e versiónaa nun .

Voadora recolle a obra de William Shakespeare e versiónaa nun texto adaptado polo dramaturgo chileno Marco Layera. Con dirección de Marta Pazos, acoden de novo a Shakespeare, a quen xa representaran con ‘A tempestade’, para facer unha versión libre que afonda en temas profundos e actuais como a revolución feminista ou a realidade de xénero, en clave poética, divertida e musical.

SOÑO DUNHA NOITE DE VERÁNVOADORA

MÉRCORES 15 MARXOVES 16 MARVENRES 17 MARSÁBADO 18 MARTeatro Principal20.30 h

Galicia, teatro/esperpentoDuración aprox: 100 min.Entrada única: 10 euros Descontos habituais do 50%

Page 17: 13 28€¦ · a saia escocesa e poñen smóking para sachar como é ... un traballo a dúo onde a comedia ... Voadora recolle a obra de William Shakespeare e versiónaa nun .

Demetrio e Lisandro queren a Hermia. Ela só ten ollos para Lisandro pero o pai dela só acepta a Demetrio. A súa amiga Helena ama a Demetrio pero este amor non é correspondido. Hermia e Lisandro acordan fuxir da cidade ao amparo da escuridade, pero son perseguidos por un enfurecido Demetrio que á súa vez é perseguido por unha extasiada Helena. No bosque, sen o coñecemento dos mortais, Oberón e Titania (rei e raíña das fadas) teñen unha disputa sobre un criado. A trama xira cando o súbdito de Oberón, Puck, corre solto cunha flor que fai que as persoas namoren do primeiro que vexan ao espertar.

17

William ShakespeareTEXTO

Marta PazosDIRECCIÓN

IBERESCENAMIT Mostra Internacional de Teatro de RibadaviaFestival de Almada (Portugal) Marco Layera (Chile) Malverde  Produçoes (Brasil)COPRODUCIÓN

INTÉRPRETESAnäel SnoekAndrea QuintanaAreta BoladoBorja FernándezDiego AnidoHugo TorresJanet NovasJose DíazParis LakrymaHugo Torres

Page 18: 13 28€¦ · a saia escocesa e poñen smóking para sachar como é ... un traballo a dúo onde a comedia ... Voadora recolle a obra de William Shakespeare e versiónaa nun .

UBÚ REITALÍA TEATRO

XOVES 23 MARVENRES 24 MARSÁBADO 25 MARDOMINGO 26 MARTeatro Principal20.30 h

Galicia, teatro/comediaDuración aprox: 70 min.Entrada única: 10 euros Descontos habituais do 50%

Alfred JarryTEXTO

Roberto SalgueiroDIRECCIÓN

INTÉRPRETESToño CasaisMarta Lado

María OrdóñezRubén Prieto

Diego ReyMarta RíosArtur TrilloDani Trillo

Page 19: 13 28€¦ · a saia escocesa e poñen smóking para sachar como é ... un traballo a dúo onde a comedia ... Voadora recolle a obra de William Shakespeare e versiónaa nun .

19

Pai Ubú, impulsado pola súa ambiciosa muller Nai Ubú, asasina ao seu protector o Rei de Polonia, e a case toda a súa familia, para roubarlle os seus Estados. Despois dun breve triunfo instaura un reinado de corrupción e despotismo levados ata o absurdo.

Ubú Rei é unha obra imprescindible no teatro moderno pola súa permanente actualidade xa que é unha proposta cruel e traxicómica sobre os extremos da ruindade e da degradación do ser humano. A súa relevancia radica no desconcerto que provoca, e na destrución de case todas as normas e tabús do teatro contemporáneo. O seu protagonista, o innobre e grotesco Ubú, vai directo ao corazón da conciencia burguesa e aínda hoxe a escandaliza nas súas numerosas representacións e adaptacións. Nesta versión, Roberto Salgueiro ve indispensable conservar o carácter metateatral do texto, así como traballar sobre as dúas ideas centrais do mesmo: poder e sexo.

Page 20: 13 28€¦ · a saia escocesa e poñen smóking para sachar como é ... un traballo a dúo onde a comedia ... Voadora recolle a obra de William Shakespeare e versiónaa nun .

LA ESPECIEDOMINANTETEATRO GUIRIGAI

XOVES 30 MARTeatro Principal20.30 h

Extremadura, teatro de autorDuración aprox: 80 min.Entrada única: 10 euros Descontos habituais do 50%

Cando todo isto empezou ningún sospeitabamos que as poutadas da crise nos alcanzarían, tamén, a nós. O que era sólido e seguro licuouse como xeo ao sol, mergullándonos nas incertezas dun mundo empobrecido.

Desde ese mundo líquido, desde a diversidade das súas historias e personaxes, o espectáculo conta os conflitos desta nova vida cotiá. Un crisol de situacións que nos axudan a explicar como a nosa percepción do mundo e os seus valores éticos se modificaron vertixinosamente nun brevísimo espazo de tempo.

As 16 escenas deste espectáculo xorden das páxinas dos diarios, das voces da radio, das conversacións a media voz de familiares e amigos. Os seus rostros atópanse na prensa, nos medios dixitais, nas reportaxes televisivas, nos descoñecidos cos que nos cruzamos a diario.

É a paisaxe vital do que os economistas chaman Gran Recesión.

Page 21: 13 28€¦ · a saia escocesa e poñen smóking para sachar como é ... un traballo a dúo onde a comedia ... Voadora recolle a obra de William Shakespeare e versiónaa nun .

Agustín IglesiasTEXTO E DIRECCIÓN

Óscar SalinasAXUDANTE DE DIRECCIÓN

Nacho VilaplanaVÍDEO CREACIÓN

Laura CamposDESEÑO VESTIARIO

Jose IglesiasESPAZO ESCÉNICO

Nacho VilaplanaDESEÑO CARTEL

Jose Mª Mato TÉCNICO

INTÉRPRETESMagda Gª-ArenalCándido GómezMario BenítezNuqui Fernández

Un catedrático de macroeconomía, unha caixeira de supermercado recentemente despedida, unha parella de limpadores, unha avogada madura despedida pola moza executiva ambiciosa, un novo tiburón das finanzas, dúas vendedoras duns grandes almacéns, un matrimonio gozando dos praceres do sexo e o diñeiro ou un desesperado cincuentón chamando a unha liña erótica son algúns do dezaseis personaxes desta traxicomedia.

Personaxes que nadan polas turbulentas augas desta crise que saca o mellor e o peor de nós mesmos e que nos sitúa nun mundo onde, sobre todo, impera o poder do diñeiro a través de sete escenas e 16 personaxes.

21

©M

onta

cid

Page 22: 13 28€¦ · a saia escocesa e poñen smóking para sachar como é ... un traballo a dúo onde a comedia ... Voadora recolle a obra de William Shakespeare e versiónaa nun .

NOVIEMBRE é un terreo de xogo onde tres bailaríns constrúen unha paisaxe en común. Unha colección de postais onde se enredan os corpos, os xogos físicos e os mecanismos. Noviembre fálanos do grupo e da colaboración, do espazo propio e do espazo compartido, do sentido de pertenza e da imaxinación. Da suma de forzas e do xogo de estar xuntos.

NOVIEMBREROSER LÓPEZ ESPINOSA

MÉRCORES 5 ABRTeatro Principal20.30 h

Duración aprox: 50 min.Entrada única: 10 eurosDescontos habituais do 50%

TALLER (Dirixido a bailaríns profesionais e alumnos/as de nivel avanzado)

Martes, 4 de abril, de 16.00 a 19.00 h - Sala Mozart – Auditorio de GaliciaGratuíto. Limitado a 15 participantes

O taller propón unha aproximación ao traballo físico e ás ferramentas de creación arredor do espectáculo ‘NOVIEMBRE’. Aproximarémonos ao movemento en base a un corpo articulado, suave, áxil, veloz e potente, utilizando a riqueza de movemento da columna como motor: curvas, torsións, espirais, encadeados, ondulacións e movementos combinados. Pasaremos por prácticas de traballo de chan, rolls, pequenos movementos acrobáticos, saltos e planeos. Faremos traballo de parella para construír “arquitecturas dun só corpo” ou “nós”. Espertaremos a escoita así como o sentido de equipo e de colaboración para realizar traxectorias rápidas no espazo. E poremos en práctica os diferentes alcances da mirada, o detalle, a precisión e o xogo.

Page 23: 13 28€¦ · a saia escocesa e poñen smóking para sachar como é ... un traballo a dúo onde a comedia ... Voadora recolle a obra de William Shakespeare e versiónaa nun .

Roser López Espinosa é licenciada en danza contemporánea pola MTD / Theaterschool de Amsterdam, recibe a bolsa danceWEB de Viena e segue adestramentos co ex adestrador olímpico de ximnasia Jaume Miró. Ten bailado en Holanda coa compañía Magpie de Katie Duck, Marta Reig Torres e Pere Faura. En Barcelona colabora especialmente con con Àngels Margarit / Cia Mudances, Cesc Gelabert e o cineasta Isaki Lacuesta, Iago Pericot e Bebeto Cidra, entre outros. O seu traballo de creación recibe o recoñecemento internacional con premios no Festival Masdanza (Primeiro Premio de sós), o Certame de Burgos-NY e o Certame Coreográfico de Madrid e forma parte da rede europea Aerowaves. No 2013 estrea Lowland no Mercat de les Flors, peza que segue de xira internacional na actualidade. Outros espectáculos seus son: Hand to hand, un combate de judo singular para a compañía holandesa Conny Jansen Danst e Dansateliers Rotterdam; o trío Noviembre en coprodución con Dansateliers; e The flock, peza para 18 bailaríns de MTD2 en Amsterdam a partir do imaxinario físico de Lowland. É artista asociada ao centro de creación La Caldera en Barcelona. É profesora no CSD do Institut del Teatre de Barcelona, profesora invitada na MTD de Amsterdam e en ArtEZ Dansacademie de Arnhem (Países Baixos) e imparte clases e obradoiros a nivel internacional. O seu traballo de creación programouse en festivais internacionais europeos de referencia así como en América Latina, Exipto, Canadá e Xapón.

www.roserlopez.com

23

Roser López EspinosaCONCEPTO E DIRECCIÓN

Diego Sinniger de Salas, Roser López Espinosa, Ines Massoni e Sol VázquezCREACIÓN

Diego Sinniger de Salas, Roser López Espinosa, Ines MassoniINTERPRETACIÓN

Ilia Mayer MÚSICA ORIXINAL

Mark DrillichCONTRIBUCIÓN MUSICAL

Katinka Marac, Joana Serra, e Sergio Roca DESEÑO DE ILUMINACIÓN

Sol Vázquez ASISTENTE DE MOVEMENTO

Lluna Albert, Roser López EspinosaVESTIARIO

Raquel Klein, Laura Alcalá AXUDANTÍA

Kristin de Groot ASESORAMENTO ARTÍSTICO

Joana SerraTÉCNICA EN XIRA

Dansateliers, Roser López Espinosa PRODUCIÓN

Carmina Escardó / DROMMANAGEMENT

Dansateliers (Rotterdam, Países Bajos). Co apoio do centro de creación Graner e La Pedrera / Fundació CatalunyaCaixa (Barcelona) COPRODUCIÓN

Coa colaboración do Programa IBERESCENA, Departament de Cultura - Generalitat de Catalunya e do INAEM – Ministerio de Educación, Cultura y DeporteCo apoio do Institut Ramon Llull

Page 24: 13 28€¦ · a saia escocesa e poñen smóking para sachar como é ... un traballo a dúo onde a comedia ... Voadora recolle a obra de William Shakespeare e versiónaa nun .

O TOLLEITODE INISHMAANCONTRAPRODUCIÓNS

MÉRCORES 19 ABRXOVES 20 ABRVENRES 21 ABRSÁBADO 22 ABRTeatro Principal20.30 h

Galicia, teatro/comediaDuración aprox: 100 min.Entrada única: 10 eurosDescontos habituais do 50%

Podería ser unha aldea galega pero é unha pequena illa irlandesa. Anos 30. Personaxes curiosas, pintorescas, características... Seres máis ou menos adorables, máis ou menos odiosos que, nun mundo física e humanamente isolado, viven as súas vidas cativas como poden e como saben. Entre eles un tolleito, un ser desfavorecido que ten unha arela que para el semella extremadamente difícil: transcender ese ámbito cerrado que está obrigado a habitar; un eivado que persegue un soño que nel parece empresa imposible: ser amado e valorado como calquera outro.

Page 25: 13 28€¦ · a saia escocesa e poñen smóking para sachar como é ... un traballo a dúo onde a comedia ... Voadora recolle a obra de William Shakespeare e versiónaa nun .

25

Martin McDonaghTEXTO

Cándido PazóDIRECCIÓN

INTÉRPRETESSanti RomaySusana Dans

Ana SantosEvaristo Calvo

María RojaMarcos Pereiro

Ricardo de Barreiro Luis Iglesia

Page 26: 13 28€¦ · a saia escocesa e poñen smóking para sachar como é ... un traballo a dúo onde a comedia ... Voadora recolle a obra de William Shakespeare e versiónaa nun .

EL CARTÓGRAFOAVANCE PRODUCCIONES TEATRALES

MÉRCORES 26 ABRTeatro Principal20.30 h

Madrid, teatro de autorDuración aprox: 130 min.Entrada individual: 18 eurosDescontos habituais do 50%

Page 27: 13 28€¦ · a saia escocesa e poñen smóking para sachar como é ... un traballo a dúo onde a comedia ... Voadora recolle a obra de William Shakespeare e versiónaa nun .

Na Varsovia dos nosos días, Blanca escoita a lenda do cartógrafo do gueto.

Segundo esa lenda, un vello cartógrafo empeñouse, mentres todo morría ao seu arredor, en debuxar o mapa daquel mundo en perigo; pero como as súas pernas xa non o sostiñan, como el non podía buscar os datos que necesitaba, era unha nena a que saía a buscalos para el.

Blanca tomará por verdade a lenda e lanzarase á súa vez, obsesivamente, á procura do vello mapa e, sen sabelo, á procura de si mesma.

O cartógrafo é unha obra - un mapa - sobre esa procura e sobre aquela lenda.

Juan MayorgaTEXTO E DIRECCIÓN

Carlos Martínez-AbarcaAXUDANTE DE DIRECCIÓN

Alejandro AndújarESCENOGRAFÍA E VESTIARIO

Juan Gómez-CornejoILUMINACIÓN

Mariano GarcíaMÚSICA ORIXINAL E DESEÑO DE SON

Javier PortilloDESEÑO GRÁFICO

Ceferino López e marcosGpuntoFOTOGRAFÍA

Diego GalázVIOLÍNS E CORDAS

Jasmina PetrovicVOZ

Avance Producciones Teatrales, Entrecajas Producciones Teatrales e García -Pérez ProduccionesPRODUCIÓN

INTÉRPRETES Blanca PortilloJosé Luis García-Pérez

UN MAPA SOBRE A PROCURA DUN MESMO

27

Page 28: 13 28€¦ · a saia escocesa e poñen smóking para sachar como é ... un traballo a dúo onde a comedia ... Voadora recolle a obra de William Shakespeare e versiónaa nun .

AMEDIOMETRADOSCOMPAÑÍA ENTREMANS

XOVES 27 ABRTeatro Principal20.30 h

Duración aprox: 50 min.Entrada individual: 8 eurosDescontos habituais do 50%

Amediometrados é un espectáculo formado por tres pezas curtas da compañía Entremans, creadas en diferentes espazos onde o ámbito foi soporte nas súas múltiples formas e o pulso físico se manifesta vertixinosamente.

Son tres debuxos das emocións humanas coa cor común das distancias. Tres debuxos – tres pezas:

‘En la cuenca de tus ojos’Alexis Fernández, Armando Martén, Kirenia Martínez e Ana Beatriz PérezCOREOGRAFÍA

Ana Beatriz Pérez e Armando MarténINTERPRETACIÓN

‘39 e medio’Kirenia MartínezCOREOGRAFÍA E DIRECCIÓN

Ana Beatriz PérezINTERPRETACIÓN

‘A medio metro de lo vivido’Kirenia Martínez e Leodan RodríguezCOREOGRAFÍA INICIAL

Kirenia Martínez e Jordi VilasecaREVISIÓN COREOGRÁFICA

Kirenia Martínez e Jordi VilasecaINTERPRETACIÓN

Page 29: 13 28€¦ · a saia escocesa e poñen smóking para sachar como é ... un traballo a dúo onde a comedia ... Voadora recolle a obra de William Shakespeare e versiónaa nun .

29

Entremans é unha compañía de danza contemporánea creada no 2006 po bailaríns cubanos residentes en Galicia. Mantén unha filosofía de traballo de grupo onde a creación e dirección artística xeralmente se realiza en colectivo, o que fai que non poida definirse como unha compañía ao uso. Combinan as súas producións con labores formativos, colaboracións teatrais e asistencias coreográficas.

Foi premiada en varias ocasión acadando o primeiro premio do Certame Coreográfico de Burgos-New York 2006; do Certame de Creación Coreográfica de Galicia 2006; o Premio da Crítica 2008; o Premio do Público no Certame Coreográfico de Madrid 2008; o primeiro premio Danza Calvia 2005; así coma o primeiro premio bailarina sobresaínte no Certame Coreográfico de Galicia 2006.

As súas creacións presentáronse en distintos festivais nacionais e internacionais en Cuba, Bélxica, Suecia, Alemaña, Brasil, Luxemburgo, Francia, Italia, Portugal ou Hungría.

Page 30: 13 28€¦ · a saia escocesa e poñen smóking para sachar como é ... un traballo a dúo onde a comedia ... Voadora recolle a obra de William Shakespeare e versiónaa nun .

ABSENTIACISMA DANZA E LA INCIDENTE-DT

VENRES 28 ABRTeatro Principal20.30 h

Duración aprox: 55 min.Entrada individual: 8 eurosDescontos habituais do 50%

A nosa mente ten necesidade de pechar un círculo mesmo se as liñas que o conforman non están unidas, de tal xeito que este en realidade non existe. O resto da contorna é creada pola nosa imaxinación. Nesta peza creamos dende a ausencia, dende a imaxinación, a ausencia é o que nos move.

Leodan Rodríguez Isabel SánchezXiana VilasCREACIÓN E INTERPRETACIÓN

Cisma Danza e La Incidente D-TPRODUCIÓN

QUE NOS DIRÍA UN MOVEMENTO SE ESTÁ AUSENTE?

Page 31: 13 28€¦ · a saia escocesa e poñen smóking para sachar como é ... un traballo a dúo onde a comedia ... Voadora recolle a obra de William Shakespeare e versiónaa nun .

A Compañía Cisma nace en 2009, fundada por Xiana Vilas e Isabel Sánchez. O interese común por establecer novos diálogos con outras disciplinas e a procura de novas formas de expresión a través do movemento, son os eixos principais en torno ós que xira o traballo desta compañía. En 2011 únese á compañía a bailarina e actriz Fiona B. McCudden e froito dunha traxectoria irreversible únese á compañía a artista multidisciplinar Claudia Delso.

La Incidente D-T nace no ano 2011 baixo a dirección do bailarín e coreógrafo Leodan Rodríguez. Rodríguez, licenciado en Artes da Danza polo Instituto Superior de Arte de Cuba, investiga e traballa, a través desta compañía, na expresión incidente, a acción que ocorre no presente, o movemento que sobrevive aos feitos e as acción que detonan en outras accións.

31

Page 32: 13 28€¦ · a saia escocesa e poñen smóking para sachar como é ... un traballo a dúo onde a comedia ... Voadora recolle a obra de William Shakespeare e versiónaa nun .

EMOTICORESLAS TRICOTOUSES

SÁBADO 29 ABRTeatro Principal | 18.30 hDuración aprox: 60 min.Entrada única: 3 euros individual, 10 euros familiar (4 entradas)

Ás 12.30 h haberá un OBRADOIRO con entrada libre ata completar aforo

EMOTICORES é a nova proposta de Cristina Montero & Rut Balbís, Las Tricotouses, para público de máis de 6 anos, especialmente creado para o segmento de segundo ciclo de primaria (8-12 anos). EMOTICORES é un espectáculo de danza no que se traballan as emocións a través das formas, as cores, o son e o movemento, co obxectivo de axudar ao entorno familiar das nenas e nenos a relacionar as emocións con aquilo que as provoca. EMOTICORES é un espectáculo de danza onde as emocións toman forma a través das cores e o movemento que, conxugado co son e as proxeccións audiovisuais, ten como obxectivo axudar aos rapaces e rapazas e ao seu entorno familiar a identificar as emocións. Ao igual que os adultos, os rapaces e rapazas necesitan espazos onde recoñecerse e expresarse afectiva e emocionalmente. É importante que a escola proporcione estes lugares de contacto e de expresión e así, camiñar cara un modelo educativo máis integrado, humano e creativo. Neste sentido, o traballo coas cores preséntase como excelente ferramenta para ilustrar e recoñecer aqueles espazos emocionais que precisan ser expresados e atendidos. As cores, as formas, o movemento… son a linguaxe do inconsciente onde reside o emocional, onde ás veces non chega a palabra.

Las Tricotouses, compañía dirixida por Cristina Montero e Rut Balbís, produciu tres espectáculos desde 2012: Só una escusa, 2012; Momento blooming, 2014 e Emoticores, 2016.

Ás 12.30 h haberáun OBRADOIRO

Page 33: 13 28€¦ · a saia escocesa e poñen smóking para sachar como é ... un traballo a dúo onde a comedia ... Voadora recolle a obra de William Shakespeare e versiónaa nun .

Cristina Montero e Ruth BalvísCREACIÓN

Afonso CastroILUMINACIÓN E PROGRAMACIÓN AUDIOVISUAL

Jas ProcessorARRANXOS MUSICAIS E DESEÑO GRÁFICO

Paula PintosASESORAMENTO EN PSICOLOXÍA

Cristina Montero, Rut Balvís e Paula PintosUNIDADES DIDÁCTICAS

Teresa GutiérrezVESTIARIO

MiramemiraVÍDEO

Manu Lago, Las Tricotouses, coa axuda de AGADIC, Xunta de Galicia e a colaboración do Concello de FerrolPRODUCIÓN

INTÉRPRETESCristina MonteroRuth Balvís

33

Cristina Montero, Ferrol. Creadora-coreógrafa, en 2009 crea a súa propia compañía coa performance “1a party”, representada en diferentes espazos de Galicia, Madrid e Portugal. Como intérprete e coreógrafa traballa con Teatro do Morcego, Cía.40 Pasos, Cía San&San, Cía. Bucanero, Cía. Trespasando. Foi docente da Escola de Formación de actrices e actores de Narón desde 2003 e docente e coordinadora da Escola de Danza Contemporánea de Narón desde 2009 e codirectora do Festival Vai de Baile de Ferrol.

Rut Balbís, Ourense. Creadora-coreógrafa, intérprete e docente de danza contemporánea é Licenciada en CC. da Actividade Física e do Deporte e realiza o One Year Certificate in Contemporary Dance en The Place (Londres). En paralelo ao seu proxecto con Las Tricotouses, dirixe a súa compañía Pisando Ovos e desenvolve o seu traballo docente na Aula de Danza da Universidade de A Coruña desde 2005, ademais de colaborar con outras compañías como Matarile Teatro, Licenciada Sotelo, Lipi Hernández, Traspediante, Iker Gómez, Chévere, Cristina Montero, Paula Pintos, AIREnoAR.... Forma parte de “The Hunter Lodge” colectivo creado a partir do proxecto europeo Choreoroam 2012.

Page 34: 13 28€¦ · a saia escocesa e poñen smóking para sachar como é ... un traballo a dúo onde a comedia ... Voadora recolle a obra de William Shakespeare e versiónaa nun .

MUD GALLERYAnimales de hermosa pielLA INTRUSA

MÉRCORES 10 MAIXOVES 11 MAITeatro Principal20.30 h

Duración aprox: 60 min.Entrada única: 10 eurosDescontos habituais do 50%

A idea de que algo acada a súa plenitude, non no momento de maior esplendor, senón despois de aguantar, aceptar, combater, rexurdir. Unha peza sobre o coraxe e a silenciosa dignidade que nos outorga a experiencia. O ruinoso; aquilo que se oculta, non se ilumina, ignórase…: Mud Gallery explora a reconciliación con esa parte máis ruinosa. O proceso de aceptación e transformación das feridas para convertelas en belas cicatrices. Transformar o ruinoso en ruína; aquilo que se amosa, se ilumina, se presume. A iluminación, espazo escénico e banda sonora, descóbrense dun xeito orgánico, que forma parte activa, inflúe e modifica o desenvolvemento coreográfico. Elementos escénicos que transitando os mesmos espazos que os intérpretes, viaxan desde o esplendor ao abandono, para volver a rexurdir convertidos en belas ruínas.

“NON NOS FAN BELOS OS NOSOS SENTIMENTOS OU AS NOSAS EMOCIÓNS, SENÓN A TENACIDADE SILENCIOSA COA QUE NOS ENFRONTAMOS A ELES” Jean-Luc Godard

Page 35: 13 28€¦ · a saia escocesa e poñen smóking para sachar como é ... un traballo a dúo onde a comedia ... Voadora recolle a obra de William Shakespeare e versiónaa nun .

35

LA INTRUSA é unha compañía de creación artística contemporánea formada en 1996 por Virginia García e Damián Muñoz, creadores e directores artísticos. Crean, dirixen e producen proxectos escénicos e audiovisuais. Interrelacionan a danza contemporánea con outras disciplinas artísticas como a música e os audiovisuais. Combinan as creacións propias con encargos coreográficos, colaboracións teatrais e publicidade. Destaca a súa tarefa docente en prestixiosas escolas e centros coreográficos nacionais e internacionais. As súas creacións representáronse en prestixiosos Festivais e teatros nacionais e internacionais.

Virginia García e Damián MuñozCREACIÓN E DIRECCIÓN

Virginia GarcíaDRAMATURXIA

Jesús Díaz (Making Music in Silence)BSO

La IntrusaESCENOGRAFÍA E VESTIARIO

La Intrusa e Jordi BerchDESEÑO DE ILUMINACIÓN

Jordi Berch e Tatín RevengaTÉCNICOS

La IntrusaSON

Cane (n. canela)PRODUCIÓN E XERENCIA

Melissa Mustefaga, Cane (n. canela)DISTRIBUCIÓN

INTÉRPRETESVirginia GarcíaDamián MuñozTatín Revenga

CONCERTO DE JESÚS DÍAZ (compositor da música do espectáculo) Mércores, 10 de maio, ás 20.30h, no Teatro Principal Entrada: 10 euros, cos descontos habituais do 50%

Jesús Díaz traballou compoñendo para múltiples proxectos musicais a nivel internacional, realizando a banda sonora de seis longametraxes, entre eles multipremiadas películas como The Debt, coprodución americana protagonizada por Stephen Dorff, Carlos Bardem, Alberto Ammann ou a película Aloft da nomeada ao oscar Claudia Llosa e protagonizada por Jennifer Connelly e Cillian Murphy, entre outros.

Page 36: 13 28€¦ · a saia escocesa e poñen smóking para sachar como é ... un traballo a dúo onde a comedia ... Voadora recolle a obra de William Shakespeare e versiónaa nun .

MULÏERMADUIXA TEATRE

SÁBADO 27 MAIPraza da Quintana | 18.00 h Duración aprox: 30 min.

Mulïer é un espectáculo de danza sobre zancos interpretado por cinco bailarinas. Con esta montaxe pretenden investigar os límites físicos coa danza e o equilibrio, o movemento e a poesía ou a forza e as emocións. As mulleres son o seu punto de partida. O espectáculo nace da necesidade de explorar a identidade feminina a través do xogo corporal, facendo fincapé na imaxe, a poética visual e a narración para chegar á sensibilidade do espectador. Este espectáculo é unha homenaxe a todas as mulleres que durante séculos e séculos de opresión loitaron e seguen loitando para manter vivo o seu eu salvaxe, e que reclaman o seu dereito de bailar e correr libremente polas rúas e prazas da nosa sociedade.

Page 37: 13 28€¦ · a saia escocesa e poñen smóking para sachar como é ... un traballo a dúo onde a comedia ... Voadora recolle a obra de William Shakespeare e versiónaa nun .

37

Joan SantacreuCREACIÓN E DIRECCIÓN

Mamen GarcíaDIRECCIÓN COREOGRÁFICA

Paula LlorensAXUDANTE DE DIRECCIÓN

Roser de CastroDRAMATURXIA

Damián SánchezCOMPOSICIÓN MUSICAL

Joan Miquel ReigVESTIARIO

DobletteREALIZACIÓN VESTIARIO

Sergi SanjuanUTILLERÍA

Andrés RosesDESEÑO SON

Loles Peris eSusanna VitóriaPRODUCIÓN

Maduixa Teatre SLPRODUCIÓN EXECUTIVA

INTÉRPRETESLaia SorribesLara LlávataMelisa UsinaEsther LatorreAna Lola CosinEmma Ferrer

Maduixa inicia a súa traxectoria artística en Sueca (Valencia) no ano 2004 con creacións teatrais de rúa e sala para todos os públicos, pero en 2006 chega a profesionalización co espectáculo Maniàtics que lles proporciona o recoñecemento dentro do sector profesional. A compañía foi sentando as bases do que serán os seus principais valores: conxugar o teatro, a danza, as artes plásticas, as novas tecnoloxías, unha coidada posta en escena e unha sólida interpretación. A decidida aposta por este traballo de investigación consolida á compañía e defínea cunha linguaxe propia. O froito deste traballo é o espectáculo Ras! que proxecta definitivamente á compañía e participa na maior parte de festivais de España, Francia, Italia, Noruega e realiza importantes xiras a Francia. Continuando nesa liña de traballo interdisciplinario, deciden facer da linguaxe visual, coreográfica e plástica un novo vehículo de expresión para nenas e nenos coa nova produción Consonant en 2011. Ademais asumen a organización da Mostra Internacional do Mim de Sueca, que se celebra desde 1989.

Page 38: 13 28€¦ · a saia escocesa e poñen smóking para sachar como é ... un traballo a dúo onde a comedia ... Voadora recolle a obra de William Shakespeare e versiónaa nun .

NOSA SEÑORADAS NUBESTEATRO DO MORCEGO

XOVES 8 XUÑVENRES 9 XUÑTeatro Principal20.30 h

Galicia, teatro/comediaDuración aprox: 75 min.Entrada única: 10 eurosDescontos habituais do 50%

Nosa Señora das Nubes, escrita por Arístides Vargas, céntrase no encontro de dous personaxes expatriados nun espazo e tempo indeterminado. Por medio de lembranzas confusas e memorias fragmentadas os personaxes buscan recuperar as historias vividas na súa patria, a remota Nosa Señora das Nubes. Un texto poético e cheo de humor que nos fai reflexionar sobre as ditaduras, as guerras, o exilio e o desarraigo tan presentes no noso tempo. Gañadora de 2 premios internacionais como mellor obra de teatro en Cuba e España e con 3 nominacións ao Premio Municipal Caracas 2014, cóntanos a historia de dous exiliados que se atopan e descobren a dor e a soidade polo afastamento da súa propia terra. Oscar e Bruna dous personaxes que constantemente van alternando entre as memorias do pasado e o presente, onde comparten anécdotas da súa experiencia como exiliados; os seus soños, necesidades, frustracións, desexos, amores, esquecementos e relembranzas.

UN POBO QUE SÓ EXISTE NA MEMORIA DOS EXPATRIADOS, TRAZANDO UN

MAPA DA EXPERIENCIA DA DIÁSPORA COMO UNHA CONDICIÓN EXISTENCIAL

DE DESARRAIGAMENTO

Page 39: 13 28€¦ · a saia escocesa e poñen smóking para sachar como é ... un traballo a dúo onde a comedia ... Voadora recolle a obra de William Shakespeare e versiónaa nun .

39

Unha obra que vai máis aló do exilio, que significa non só a perda dun país, senón do exilio da relixión, dos afectos, dos animais, e ata de nós mesmos. A nosa Señora das Nubes é un pobo que só existe na memoria dos expatriados, trazando un mapa da experiencia da diáspora como unha condición existencial de desarraigamento, neste caso inspirada pola historia do exilio latinoamericano. No pobo da nosa Señora das Nubes está presente o realismo máxico, o real marabilloso latinoamericano, o non realismo, a posmodernidade, o traballo do imaxinario, a poesía en acción, que van contribuíndo a que se logre o feitizo onde cada quen fai múltiples lecturas dun texto riquísimo en analoxías sobre a realidade de calquera dos nosos atormentados países.

Arístides VargasTEXTO

Celso ParadaDIRECCIÓN

INTÉRPRETESCelso Parada

Josi LageMundo Villalustre

Pablo Costas

Page 40: 13 28€¦ · a saia escocesa e poñen smóking para sachar como é ... un traballo a dúo onde a comedia ... Voadora recolle a obra de William Shakespeare e versiónaa nun .

DES

EÑA

: eki

noci

o co

mun

icac

ión