142141210216_Carta_de_Escocia_G204

4
Londres, Inglaterra, 16 de setembro de 2014 A suba do Yes nas sondaxes de primeiros deste mes espertou unha campaña unio- nista que adurmiñaba. O tripartito a prol do non (conservadores, liberal-demócratas e labo- ristas) botou man de toda a súa axenda. Primeiro foi o gobernador do Banco de Inglaterra quen dixo que de gañar o si os escoceses non poderán partillar a libra esterlina. Despois, o Royal Bank of Scotland e mais o Bank of Scotland ameazaron con deixar cadansúas sedes escocesa e trasladalas a Londres no caso dunha maioría de votos afirma- tivos. Logo foi un voceiro da aseguradora Aviva quen dixo que un si poría en risco infraestruturas chave. A propria raíña Elizabeth, nun aceno no que non poucos escoceses viron unha substancial creba da súa neutralidade, pediulle á cidadanía ca- ledonia que votase con xeito (carefully, foi a verba usada pola xefa do Estado). Teñamos en conta que unha parte substancial da campaña do “Yes Scotland” se basea na continuidade relativa que representaría seguir a partillar a libra cos demais británicos e que a raíña continuase a ser a xefa do Estado escocés, como é do Canadá, Nova Zelan- dia ou Australia. Están por ver as resultas desta campaña do medo. Mais a propia opinión publicada londi- nense é escéptica a respecto destas pauliñas. Velaí o xornalista económico Nick Goodway (London Evening Standard) que escribe: “Non se pode des- botar certa volatilidade a curto prazo, mais a medio prazo Escocia non preocupa aos investi- dores do Reino Unido. Sexa cal for o resultado do referendo non vai pasar nada”. A apelación sentimental A outra liña de campaña do tripartito unionista está a ser a chamada aos sentimentos, o que se- mella acaerlle ben ao prime minister Cameron, quen pediu hai poucos días encher o Reino Unido de bandeiras escocesas. O certo é que na nosa estadía de corenta e oito horas en Londres só vimos pendurando as da residencia de Came- ron, no número 10 de Downing Street e as dos ministerios e oficinas gobernamentais ao seu carón, en Whitehall. Mais Cameron seguiu a apelar aos sentimentos, quizais porque algúns dos seus analistas din que á campaña unionista lle faltou paixón. Velaí o seu discurso do martes: “Por favor ficade connosco… Se non gustas de min, outro virá. Se marchades, sabede que será para sempre”. Claro é que para outros líderes conservadores é moito máis difícil. O alcalde de Londres, Ben Johnson, é un dos líderes máis populares dos de- reitistas e semella estar ben chantado na carreira sucesoria, que mesmo principiará o venres se gaña o Yes. Johnson rexeitaba hai semanas a am- pliación do autogoberno financeiro e fiscal esco- cés, reclamándoo en troques para o seu Londres, e non quixo participar na campaña unionista. “Que queredes, que desfaga eu a campaña?”, foi daquela a súa brincadeira. Hoxe cala, probabel- mente pola seriedade da situación para os con- servadores, malia que de seguro partille esa opinión, presente en case a metade dos deputa- dos tories, que considera que Cameron cometeu dous erros: permitir o referendo e manter unha campaña de perfil baixo. Un prognóstico Edinburgh, Escocia, 17 de setembro de 2014 Acabo de chegar á estación central de Edinburgh, despois dunha viaxe nocturna de sete horas, quizais unha das máis filmadas na historia do ci- nema. Nótase abondo como refresca o clima. O confronto entre os vinte e cinco graos do doce verán londiniense á paisaxe outoniza da néboa e Crónica de Escocia As cartas caledonias X OÁN A NTÓN P ÉREZ -L EMA

description

Carta de Escocia, texto de Xoán Antón Pérez-Lema, publicado en Grial, Revista Galega de Cultura, número 204

Transcript of 142141210216_Carta_de_Escocia_G204

Page 1: 142141210216_Carta_de_Escocia_G204

Londres, Inglaterra, 16 de setembro de 2014

Asuba do Yes nas sondaxes de primeirosdeste mes espertou unha campaña unio-nista que adurmiñaba. O tripartito a prol

do non (conservadores, liberal-demócratas e labo-ristas) botou man de toda a súa axenda. Primeirofoi o gobernador do Banco de Inglaterra quendixo que de gañar o si os escoceses non poderánpartillar a libra esterlina. Despois, o Royal Bankof Scotland e mais o Bank of Scotland ameazaroncon deixar cadansúas sedes escocesa e trasladalas aLondres no caso dunha maioría de votos afirma-tivos. Logo foi un voceiro da aseguradora Avivaquen dixo que un si poría en risco infraestruturaschave. A propria raíña Elizabeth, nun aceno noque non poucos escoceses viron unha substancialcreba da súa neutralidade, pediulle á cidadanía ca-ledonia que votase con xeito (carefully, foi a verbausada pola xefa do Estado). Teñamos en contaque unha parte substancial da campaña do “YesScotland” se basea na continuidade relativa querepresentaría seguir a partillar a libra cos demaisbritánicos e que a raíña continuase a ser a xefa doEstado escocés, como é do Canadá, Nova Zelan-dia ou Australia.

Están por ver as resultas desta campaña domedo. Mais a propia opinión publicada londi-nense é escéptica a respecto destas pauliñas. Velaío xornalista económico Nick Goodway (LondonEvening Standard) que escribe: “Non se pode des-botar certa volatilidade a curto prazo, mais amedio prazo Escocia non preocupa aos investi-dores do Reino Unido. Sexa cal for o resultadodo referendo non vai pasar nada”.

A apelación sentimental

A outra liña de campaña do tripartito unionistaestá a ser a chamada aos sentimentos, o que se-mella acaerlle ben ao prime minister Cameron,

quen pediu hai poucos días encher o ReinoUnido de bandeiras escocesas. O certo é que nanosa estadía de corenta e oito horas en Londressó vimos pendurando as da residencia de Came-ron, no número 10 de Downing Street e as dosministerios e oficinas gobernamentais ao seucarón, en Whitehall. Mais Cameron seguiu aapelar aos sentimentos, quizais porque algúnsdos seus analistas din que á campaña unionistalle faltou paixón. Velaí o seu discurso do martes:“Por favor ficade connosco… Se non gustas demin, outro virá. Se marchades, sabede que serápara sempre”.

Claro é que para outros líderes conservadoresé moito máis difícil. O alcalde de Londres, BenJohnson, é un dos líderes máis populares dos de-reitistas e semella estar ben chantado na carreirasucesoria, que mesmo principiará o venres segaña o Yes. Johnson rexeitaba hai semanas a am-pliación do autogoberno financeiro e fiscal esco-cés, reclamándoo en troques para o seu Londres,e non quixo participar na campaña unionista.“Que queredes, que desfaga eu a campaña?”, foidaquela a súa brincadeira. Hoxe cala, probabel-mente pola seriedade da situación para os con-servadores, malia que de seguro partille esaopinión, presente en case a metade dos deputa-dos tories, que considera que Cameron cometeudous erros: permitir o referendo e manter unhacampaña de perfil baixo.

Un prognóstico

Edinburgh, Escocia, 17 de setembro de 2014

Acabo de chegar á estación central de Edinburgh,despois dunha viaxe nocturna de sete horas, quizais unha das máis filmadas na historia do ci-nema. Nótase abondo como refresca o clima. O confronto entre os vinte e cinco graos do doceverán londiniense á paisaxe outoniza da néboa e

Crónica de Escocia

As cartas caledoniasX O Á N A N T Ó N P É R E Z - L E M A

Page 2: 142141210216_Carta_de_Escocia_G204

C R Ó N I C A

dos dezaseis graos de Edinburgh ilustra as dife-renzas entre dous países distintos que, porén,partillaron moitas aventuras e non poucas des-venturas colectivas. Moitos pensan que a Uniónde 1707 foi un mal negocio para Escocia (men-tres que entre 1707 e 2012 a poboación escocesamedrou só até cinco millóns dende o millón ini-cial, a inglesa medrou até 52 millóns dende os4,5 iniciais) e que hoxe Escocia segue a ser un bonegocio para o Reino Unido. Outros pensan queEscocia escribiu páxinas de gloria e tirou provei-to do Imperio británico. Probabelmente todosteñan razón, cada un ao seu xeito e na parte deverdade que lle cómpre.

Que vai pasar o xoves? It depends, é a respostamáis común por parte dos amábeis cidadánsedinburghers. Unha resposta comparábel á quedaría calquera galego prudente. A mobilizaciónsentimental e o recurso ao medo haberían decidirmoitos electores cara ao non, mais está sen mediro efecto contraproducente dos discursos edulco-rados de Cameron, a adhesión dos escoceses aoseu sistema público de sanidade e servizos sociais(que moitos consideran estar en risco nun ReinoUnido onde o peso conservador de Londres e dosueste é cada ano máis importante) ou a propiacomposición dese dez por cento de indecisos queaparecen en case todas as enquisas. Están estes in-decisos máis acó ca aló? Nesa resposta está a clavedo referendo escocés.

O que si está claro, como recoñecen en pri-vado moitos deputados ingleses (quer conserva-dores, quer liberal-demócratas ou laboristas) éque os escoceses van gañar en autogoberno e fi-nanciamento, si ou si. Co Yes cunha indepen-dencia formal onde moi axiña se porán as basesdunha Escocia integrada na Unión Europea,partillando ademais moeda e xefa do Estado coningleses, galeses e norirlandeses (por certo, queestes terán tamén un referendo en 2016 para de-cidir a súa continuidade ou a súa anexión á Re-

Xoán Antón Pérez-Lema é avogado e analista político.

Alex Salmond, ministro principal de Escocia, nun acto pola independencia

Page 3: 142141210216_Carta_de_Escocia_G204

pública de Irlanda). E co No a medio da subs-tancial ampliación do seu autogoberno, recibin-do esas novas potestades fiscais e financeirasprometidas agora polo Goberno bipartito de Ca-meron e Clegg e pola oposición laborista de Mi-liband. Si, esa ampliación da autonomía quepodía contentar, polo menos no medio prazo, aparte das bases nacionalistas do Scottish Natio-nal Party (SNP) e que Cameron rexeitou con-verter na terceira opción do referendo ennovembro de 2012, quizais pensando que o re-ferendo sería, de certo, unha derrota para o firstminister Alec Salmond e para o goberno nacio-nalista de Holyrood.

Scotland the Brave

Edinburgh, Escocia, 18 de setembro de 2014

Case 4,3 millóns de escoceses (moitos deles porprimeira vez e cen mil entre 16 e 18 anos) vota-rán hoxe a súa independencia. O dereito a votoesténdese a todos os británicos ou cidadáns dunEstado da Unión Europea ou da Commonwealthcon máis de tres anos de residencia, entre elescentos de galegos, 16.000 galeses ou máis de400.000 ingleses. De feito, malia que catorce dasúltimas dezaseis enquisas lle dan avantaxe ao non(onte catro coincidiron en reflectir unha avanta-xe de catro puntos porcentuais e unha quinta desó dous puntos) a falla de precedentes, o elevadorexistro electoral e o número de novos electores(moitos deles mozos ou residentes nados fóra dopaís) danlle aos resultados un elevado grao de in-certeza.

A campaña do “Yes Scotland”, que promove ovoto a prol da independencia, gañou indubidabel-mente na rúa. Onte nos Meadows, a carón daUniversidade de Edinburgh, xuntaron varios mi-lleiros en poucas horas de xeito espontáneo, pormedio das redes sociais. Desta volta quixeronamosar o apoio doutros países á decisión escocesae falaron representantes de Galicia, Euskadi, Cata-lunya, Gales, Bretaña, Quebec, Nova Guiné-Papúa, Francia, Polonia, Alemaña e Caxemira.Partillou xente de toda caste, con elevada partici-pación de mozos, mulleres e residentes de orixenon escocesa. A festa espontánea rematou enHolyrood, diante do Parlamento escocés, coa rúaprincipal da cidade vella (a Royal Mile) totalmen-te ateigada de xente e grande ambiente de festa.

Poderíase dicir que o first minister Salmond ea viceprimeira ministra Nicola Sturgeon xa gaña-ron, pois foron quen de chegar a hoxe con estegrao de incerteza e porque obtiveron xa unhasubstancial ampliación do autogoberno escocés,mesmo no suposto do voto negativo, como xaofreceron Miliband, Cameron e Nick Clegg no

nome dos tres principais partidos británicos.Mais quizais as cousas non sexan tan doadas. Estaampliación da devolution non lle permitiría a Es-cocia administrar o petróleo do Mar do Nortenin os xacementos inexplorados da costa oeste,verdadeira chave do futuro da economía escoce-sa. Por outra banda, é sabido que na política nonexisten as derrotas doces. Unha derrota pola mí-nima do Yes adiaría doce ou quince anos a con-vocatoria doutro referendo e podería xerar certafrustración na cidadanía. De calquera xeito, a po-pularidade de Salmond e Sturgeon non semelladiscutíbel, malia certas prevencións a respectoverbo do primeiro das bases laboristas.

Porque, precisamente, a chave desta consultason os tradicionais votantes do Labour Party,fondamente decepcionados coa terceira vía dosantigos prime ministers Tony Blair e o escocésGordon Brown, voceiro da campaña unionista“Better Together”. Máis dunha terceira parte re-coñecen que votarán afirmativamente e fontesoficiosas do SNP recoñecen que se esta porcenta-xe acadase o 40 por cento o Yes podería gañar.Moitos destes milleiros de escoceses laboristasollan con certa desconfianza a Salmond e o SNP,por non partillaren a visión nacionalista nin, aocento por cento, as súas fórmulas económicas decentroesquerda (moi alicerzadas nas políticas so-ciais, mais tamén na promoción da empresa pri-vada). Mais acreditan que a independencia llesdará unha oportunidade aos socialistas escocesesde refacer un espazo laborista que sexa quen delle disputar, a medio prazo, a hexemonía políticaaos nacionalistas.

De calquera xeito, miñas donas e meus seño-res, a resposta terémola mañá, venres, ben cedi-ño. Mentres, unha longa noite de escrutinio, xaque o este se efectuará nun único centro, a caróndo aeroporto desta vella capital escocesa.

As ensinanzas do referendo escocés

Edinburgh, Escocia, 19 de setembro de 2014 (07.00 GMT)

O primeiro que nos aprende o proceso de auto-determinación escocés é que decidir é posíbel enon sempre leva á independencia. Abonda con sepór de acordo os gobernos e institucións atinxi-dos para regular unha normativa mínima que ga-ranta a expresión dun pobo. Xa que logo, Rajoyadébedalle aos cataláns unha explicación, comomañá llela pode adebedar calquera usuario daMoncloa a calquera outro país do Estado. Porque non regular a xeito o dereito a decidir?

Cómpre salientar, tamén, a claridade do resul-tado. A cidadanía escocesa votou nun 84,5 porcento e decidiu 55 versus 45 por cento a prol donon. Mais, sendo nidio abondo, o resultado amosa

Page 4: 142141210216_Carta_de_Escocia_G204

Party gañou ducias de milleiros de novos simpati-zantes e as enquisas danlle case un 50 por centonas vindeiras eleccións de maio ao Parlamento bri-tánico de Westminster. A comisión nomeada polopremier Cameron tenta cumprir a promesa dos la-boristas, liberaldemocrats e conservadores propo-ñendo unha devolution que inclúe a transferenciade toda a recadación dos impostos sobre a renda,un 10 por cento da recadación do IVE e un subs-tancial incremento da autonomía financeira esco-cesa no que atinxe á Seguridade Social.

Nicola Sturgeon sucedeu xa a Alex Salmondtanto no liderado partidario como no cargo de firstminister escocesa. E avalía a proposta de Londrescomo un avance, mais totalmente insuficientepara cumprir a promesa de devolution max que ospartidos británicos fixeron nas dez de últimas dosetembro pasado.

Semella que a maioría electoral escocesa po-dería mudar agora cara a unha lixeira vantaxe doYes. Será posíbel outro referendo antes de dez ouquince anos?

Difícil será responder hoxe esa pregunta, maiscalquera referendo que Westminster convoquepara saír da UE (como, de feito, prometeu Ca-meron para a lexislatura que principia o vindeiromaio) ou unha maioría absoluta nas eleccións es-cocesas de 2016 pode reactivar o proceso paraesixir unha nova decisión cidadá.

Semella, pois, que a páxina caledonia aíndaestá por rematar de escribir �

unha base importante de escoceses a prol dun Es-tado proprio, que ten a súa orixe na potencia dacampaña do “Yes Scotland” e do first minister es-cocés, Alec Salmond, que conseguiu abrir unhagran fenda no electorado laborista e mesmo mobi-lizar sectores sociais até o de agora alleos á mesmaparticipación electoral. Base electoral alicerzada nocase 54 por cento obtido na meirande cidade es-cocesa (Glasgow), na xente máis nova, nos secto-res máis urbanos e nas clases traballadoras (moitasveces alleas ao discurso nacionalista do SNP),mentres que o unionismo gaña en gran parte pormor do voto idoso, rural, de residentes de orixe in-glesa (11 por cento do electorado) e sectores máisabastados economicamente.

Sendo así, porque dimite o líder nacionalis-ta Alex Salmond? A súa aposta persoal polo re-ferendo tensionou un partido moi transversal e interclasista, mais que tivo que gañar novos e de-finitivos espazos entre verdes, traballadores e sectores máis novos e idealistas da sociedade es-cocesa. Asemade, urxe o pulo para acadar un par-tido máis común ca personalista, tendo en contaque a viceprimeira ministra, Nicola Sturgeon, ga-rantirá, polo menos substancialmente, a conti-nuidade na liña política seguida por Salmond,principiando por vixiar que Cameron e os parti-dos británicos aproben en 2015 a moi substan-cial ampliación do autogoberno scocés queprometeron nesta campaña.

Epílogo

A Coruña, 2 de decembro de 2014

Repaso esta carta despois de dous meses e mediodo seu peche. Neste tempo, o Scottish National