1596000 · 2020. 12. 23. · acompañándoa na viaxe. Amodovou vai descubrir que ás veces é moi...

36
Catálogo de literatura infantil e xuvenil O CAMBIO MEDRA NOS LIBROS

Transcript of 1596000 · 2020. 12. 23. · acompañándoa na viaxe. Amodovou vai descubrir que ás veces é moi...

Page 1: 1596000 · 2020. 12. 23. · acompañándoa na viaxe. Amodovou vai descubrir que ás veces é moi difícil ir sempre cara adiante, pero ela, valente e destemida, debuxará un sorriso

15

96

00

0

www.oqueleo.com

Catálogo de literatura infantil e xuvenil

O CAMBIO MEDRA NOS LIBROS

Page 2: 1596000 · 2020. 12. 23. · acompañándoa na viaxe. Amodovou vai descubrir que ás veces é moi difícil ir sempre cara adiante, pero ela, valente e destemida, debuxará un sorriso
Page 3: 1596000 · 2020. 12. 23. · acompañándoa na viaxe. Amodovou vai descubrir que ás veces é moi difícil ir sempre cara adiante, pero ela, valente e destemida, debuxará un sorriso

O cambio medra nos libros 2

Infantil 6SERIE AMARELA 6SERIE MORADA 10SERIE LARANXA 14

Infantil/Xuvenil 18SERIE AZUL 18

Xuvenil 22

Web e Redes sociais 27

Temas e valores 28

Índices 30

Índice

Page 4: 1596000 · 2020. 12. 23. · acompañándoa na viaxe. Amodovou vai descubrir que ás veces é moi difícil ir sempre cara adiante, pero ela, valente e destemida, debuxará un sorriso

Somos o que lemos, a suma das historias que chegaron a nós e que pasaron a formar parte da nosa biografía. Cada libro é unha semente que xermola no noso interior. Con cada libro, medramos. As boas historias estimulan a imaxinación das nenas e dos nenos, e impúlsaos a aprender de forma significativa, a observar, a escoitar, a cuestionarse, a pensar. Deste xeito, a literatura convértese nun vehículo para debater sobre o mundo e para entender o sentido da vida.

Page 5: 1596000 · 2020. 12. 23. · acompañándoa na viaxe. Amodovou vai descubrir que ás veces é moi difícil ir sempre cara adiante, pero ela, valente e destemida, debuxará un sorriso

En colleitamos ideas, propoñemos lecturas que

emocionan, divirten, educan, provocan e transforman.

Porque a lectura non só nos aviva, senón que

nos achega claves para descubrir e cambiar

o que non nos gusta e, así, conseguir facer do mundo

un lugar mellor, máis sostible.

Cada libro deixa

nas lectoras e nos lectores unha pegada invisible

pero palpable.

SOMOS ECOLECTORESO CAMBIO MEDRA NOS LIBROS

Page 6: 1596000 · 2020. 12. 23. · acompañándoa na viaxe. Amodovou vai descubrir que ás veces é moi difícil ir sempre cara adiante, pero ela, valente e destemida, debuxará un sorriso

Atopa o libro que buscas en

+6

Serie Amarela

+14

Serie Xuvenil

+12

Serie Azul

+8

Serie Morada

+10

Serie Laranxa

32 títulos para gozar da lectura, para sentir

e vivir a través dos libros.

Page 7: 1596000 · 2020. 12. 23. · acompañándoa na viaxe. Amodovou vai descubrir que ás veces é moi difícil ir sempre cara adiante, pero ela, valente e destemida, debuxará un sorriso
Page 8: 1596000 · 2020. 12. 23. · acompañándoa na viaxe. Amodovou vai descubrir que ás veces é moi difícil ir sempre cara adiante, pero ela, valente e destemida, debuxará un sorriso

SERIE AMARELA +6Infantil 76

Libros breves, áxiles, divertidos e cargados de sentido, que constitúen unha ponte entre as primeiras lecturas e as que

están por chegar. Libros con imaxes que apoian o texto e o complementan, con enunciados simples e parágrafos breves.

SERIE AMARELA +6

Ilustración inspirada no Obxectivo de Desenvolvemento Sostible número 4: Educación de calidade

Page 9: 1596000 · 2020. 12. 23. · acompañándoa na viaxe. Amodovou vai descubrir que ás veces é moi difícil ir sempre cara adiante, pero ela, valente e destemida, debuxará un sorriso

SERIE AMARELA +6Infantil 76

Lobo RamónMaría Canosa

Ramón é un lobo diferente dos demais, tanto nos gustos da comida coma nos de vestir. Por iso ás veces se sente só. Esta situación anímao a achegarse aos veciños, pero eles téñenlle medo por ser un lobo. Isto tráelle moitos problemas. Será Ramón quen de facer novos amigos?

Ilustradora: Nuria DíazISBN: 978-84-16834-21-1N.o de páxinas: 96 Xénero: NarrativaTemas e valores: Amizade, convivencia, igualdade

Page 10: 1596000 · 2020. 12. 23. · acompañándoa na viaxe. Amodovou vai descubrir que ás veces é moi difícil ir sempre cara adiante, pero ela, valente e destemida, debuxará un sorriso

SERIE AMARELA +6Infantil 98

A tartaruga AmodovouPaula Carballeira

Amodovou é unha tartaruga. Cada tartaruga, como cada persoa, ten o seu propio ritmo. Cando aprendeu a camiñar, Amodovou soubo que quería percorrer o mundo para sentir a súa música. E os paxaros, que de melodías entenden moito, foron acompañándoa na viaxe. Amodovou vai descubrir que ás veces é moi difícil ir sempre cara adiante, pero ela, valente e destemida, debuxará un sorriso na súa cara engurrada e escollerá o seu destino.

Ilustradora: Ana SeixasISBN: 978-84-16834-14-3N.o de páxinas: 48Xénero: NarrativaTemas e valores: Amizade, axuda aos demais, empatía, perseveranza, respecto aos seres vivos, rexeitamento da violencia, solidariedade

A vaca dixo muaGloria Sánchez

As vogais desapareceron das palabras, dos libros… A xente non se entende, por iso todos andan enfurruñados e tristeiros. Eira, unha nena da aldea, sae na súa busca. Vai lograr o seu obxectivo grazas á axuda de quen menos o espera: unha vaca moi, moi pesada.

Ilustradora: Teresa BellónISBN: 978-84-16834-97-6N.o de páxinas: 48 Xénero: NarrativaTemas e valores: Creatividade, liberdade, responsabilidade

Page 11: 1596000 · 2020. 12. 23. · acompañándoa na viaxe. Amodovou vai descubrir que ás veces é moi difícil ir sempre cara adiante, pero ela, valente e destemida, debuxará un sorriso

SERIE AMARELA +6Infantil 98

Nube de neveXabier P. DoCampo

Oria agacha no conxelador da súa casa o segredo das nevaradas. Rouboulle ao ceo unha gran nube de neve para poder dispoñer das folerpas ao seu antollo. Poderá Oria vestir de neve os días de sol?

Ilustrador: Xosé CobasISBN: 978-84-16834-60-0N.o de páxinas: 48Xénero: NarrativaTemas e valores: Creatividade, ecoloxía, responsabilidade

Un baúl cheo de piratasAna Rossetti

No faiado hai un vello baúl cheo de cousas inútiles. Pero Chus, Cris, Toño, Gabi e Manu usarán a súa imaxinación para convertelo nun barco pirata e vivir unha estupenda aventura nos mares do Sur da illa do tesouro.

Ilustrador: Alfonso GómezISBN: 978-84-16834-00-6N.o de páxinas: 64Xénero: NarrativaTemas e valores: Amizade, aventura, convivencia

Page 12: 1596000 · 2020. 12. 23. · acompañándoa na viaxe. Amodovou vai descubrir que ás veces é moi difícil ir sempre cara adiante, pero ela, valente e destemida, debuxará un sorriso

SERIE MORADA +8Infantil 1110

Aventuras, humor e personaxes valentes protagonistas de historias que conteñen moita acción, con enunciados

máis complexos pero parágrafos breves.

SERIE MORADA +8

Ilustración inspirada no Obxectivo de Desenvolvemento Sostible número 5: Igualdade de xénero

Page 13: 1596000 · 2020. 12. 23. · acompañándoa na viaxe. Amodovou vai descubrir que ás veces é moi difícil ir sempre cara adiante, pero ela, valente e destemida, debuxará un sorriso

SERIE MORADA +8Infantil 1110

O pirata AtaripoPaco Barreiro

Neste relato vivirás as aventuras do mono tití Ataripo, do seu amigo Chiopío, ratiño de barco, e da súa tripulación de pulgas mariñas, que se lanzarán á conquista dos océanos nunha embarcación singular: O COCODOCOCO.

Ilustradora: LauferISBN: 978-84-16834-29-7N.º de páxinas: 104 Xénero: NarrativaTemas e valores: Amizade, compañeirismo, empatía, respecto

Page 14: 1596000 · 2020. 12. 23. · acompañándoa na viaxe. Amodovou vai descubrir que ás veces é moi difícil ir sempre cara adiante, pero ela, valente e destemida, debuxará un sorriso

SERIE MORADA +8Infantil 1312

Bruxa e familiaPaula Carballeira

Poucas persoas saben os verdadeiros nomes das bruxas. Poucas persoas se atreven a descubrir os seus segredos. Este libro é para esas poucas persoas, as que escollen os camiños escuros, as que buscan os enigmas, as que non foxen das arañas, as que non lle teñen medo ao descoñecido, senón que queren coñecelo.

Ilustradora: Lucía CoboISBN: 978-84-16834-36-5N.º de páxinas: 136Xénero: NarrativaTemas e valores: Auoestima, empatía, igualdade

O que nunca che contaronMaría Canosa e Kike Gómez

Cres que as ideas se acenden coma lámpadas, sen máis? Nunca te preguntaches por que o solpor pode ter tantas cores como imaxines? Miraches ben o ceo pola noite e non es quen de ver o po de estrelas? Quen inventou o baile das bolboretas? E... de onde sacan a inspiración os magos? Despois de descubrir os segredos que gardan estas páxinas non volverás mirar ao teu redor do mesmo xeito.

Ilustrador: Dani PadrónISBN: 978-84-16834-80-8N.º de páxinas: 96Xénero: NarrativaTemas e valores: Ecoloxía, entendemento, paz

O xeito das froitasMaría Reimóndez

Iris é unha rapaza diferente, pouco ten que ver co resto da xente, pero a ela tanto lle ten. A súa relación coas froitas é especial grazas a unha mazá de peluche que cada noite a leva de viaxe. Cando a nai e o pai de Iris perden o traballo, as froitas axúdana a comprender que os cambios poden ser o camiño cara a un novo comezo.

Ilustradora: Alicia VarelaISBN: 978-84-16834-19-8N.º de páxinas: 152Xénero: NarrativaTemas e valores: Amizade, autoestima, convivencia, desenvolvemento persoal, empatía, familia, igualdade, liberdade, respecto, solidariedade

Page 15: 1596000 · 2020. 12. 23. · acompañándoa na viaxe. Amodovou vai descubrir que ás veces é moi difícil ir sempre cara adiante, pero ela, valente e destemida, debuxará un sorriso

SERIE MORADA +8Infantil 1312

Noé e Gato fan teatroGloria Sánchez

Por unha fenda do tempo, Noé irrompe nas nosas augas coa súa arca chea de animaliños. Pero as circunstancias de hoxe en día vanlle causar máis inconvenientes ca o propio diluvio. E, despois desta, outra historia: a do gato dunha casa en que vive un neno moi fedello e rebuldeiro.

Ilustradora: Uxía PinISBN: 978-84-16834-24-2N.º de páxinas: 80Xénero: TeatroTemas e valores: Ecoloxía, empatía, igualdade, respecto aos seres vivos

A bruxiña da sorteConcha Blanco

Lúa, a bruxiña da sorte, chega ao escaparate da tenda de regalos de Tomé. Alí faise amiga de Cuqui, o reloxo espertador que adora as historias dos libros; de Mina, a bolboreta única da súa especie que devece por saber como é a vida en liberdade; e tamén de Pax, o cabaliño do demo namorado. Grazas ás fórmulas máxicas de Lúa, todos verán cumpridos os seus soños.

Dez piratasGloria Sánchez

Eran dez piratas, os máis feos, os máis brutos, os máis malos, os máis sucios, que saíron do peirao un día en busca dun tesouro. Pero polo camiño, un detrás doutro van desaparecendo ata que só queda…

Ilustradora: Montse GisbertISBN: 978-84-16834-01-3N.º de páxinas: 80Xénero: PoesíaTemas e valores: Aventura, compañeirismo, responsabilidade

Ilustrador: Xosé CobasISBN: 978-84-16834-02-0N.º de páxinas: 104 Xénero: NarrativaTemas e valores: Amizade, bondade, perseveranza

Page 16: 1596000 · 2020. 12. 23. · acompañándoa na viaxe. Amodovou vai descubrir que ás veces é moi difícil ir sempre cara adiante, pero ela, valente e destemida, debuxará un sorriso

SERIE LARANXA +10Infantil 1514

Argumentos cheos de intriga, de experiencias de crecemento e tamén de grandes doses de humor. Libros tan emocionantes

que moitas lectoras e lectores pasarán noites en vela por non poder parar de ler.

SERIE LARANXA +10

Ilustración inspirada no Obxectivo de Desenvolvemento Sostible número 7: Enerxía accesible e non contaminante

Page 17: 1596000 · 2020. 12. 23. · acompañándoa na viaxe. Amodovou vai descubrir que ás veces é moi difícil ir sempre cara adiante, pero ela, valente e destemida, debuxará un sorriso

SERIE LARANXA +10Infantil 1514

Unha misión para ClaraMarica Campo

Clara, unha nena de dez anos criada no amor e respecto á Natureza, quere ser exploradora e visitar a selva amazónica. Non terá que ir tan lonxe porque a aventura virá visitala a ela na persoa de Nimo, un estraño personaxe que chega á súa vida dun xeito misterioso. Despois de lle abrir a porta, xa nada seguirá igual: Clara ten unha misión que cumprir.

Ilustración de cuberta: Estelí MezaISBN: 978-84-16834-23-5N.º de páxinas: 128Xénero: NarrativaTemas e valores: Aventura, creatividade, ecoloxía, respecto, solidariedade

Hilario e os tres medosXoán Babarro

Medo aos médicos, aos compañeiros… medo a si mesma. Estes son os pesadelos a que se debe enfrontar Abeba. A tatuaxe que lle grava no pulso a súa amiga Lola vai ser a súa compañeira. E Hilario… que papel desempeña?

Ilustración de cuberta: Iria FafiánISBN: 978-84-16834-20-4N.º de páxinas: 128Xénero: NarrativaTemas e valores: Amizade, autoestima, respecto

KibukoXavier Estévez

Sara ten unha fonda tristura acubillada no seu corazón. Un día atopa na praia unha caixa cunha vella máquina de fotos e unha nota para ela, unha invitación para un misterioso xogo. Por outro lado, Kibuko é un monstro que tenta salvar o seu mundo máxico. E ten un plan…

Ilustración de cuberta: Elena HormigaISBN: 978-84-16834-38-9N.º de páxinas: 128Xénero: NarrativaTemas e valores: Amizade, autoestima

Page 18: 1596000 · 2020. 12. 23. · acompañándoa na viaxe. Amodovou vai descubrir que ás veces é moi difícil ir sempre cara adiante, pero ela, valente e destemida, debuxará un sorriso

SERIE LARANXA +10Infantil 1716

O NicolasiñoRenè Goscinny

O Nicolasiño pásao en grande no colexio cos seus amigos Alcestes, Agnan, Eudes, Clotario, Godofredo, Rufo, Xoaquín e Maxencio. Sempre está disposto a armar leas. Pero non todo vai ser felicidade: achégase o día da entrega das notas!

Ilustrador: Jean-Jacques SempéISBN: 978-84-16834-03-7N.º de páxinas: 216 Xénero: NarrativaTemas e valores: Amizade, aventura, convivencia

As vacacións do NicolasiñoRenè Goscinny

Nicolás e os seus compañeiros sobreviviron ao curso escolar e, ledos, sepáranse para iniciar as vacacións. Mesmo, contra todo prognóstico, Nicolás foi merecedor dun premio: o da elocuencia.

Ilustrador: Jean-Jacques SempéISBN: 978-84-16834-04-4N.º de páxinas: 216 Xénero: NarrativaTemas e valores: Amizade, aventura, convivencia

Os recreos do NicolasiñoRenè Goscinny

A Nicolás e aos seus amigos o son da campá cando chega a hora do recreo sóalles a música celestial. E é que por fin poden poñer en práctica todo o que lles pasou pola cabeza durante a clase. No patio do colexio pelexan, comen bolos, xogan ao fútbol... Todo sería perfecto se non fose polo seu vixilante «o Caldolimpo»!

Ilustrador: Jean-Jacques SempéISBN: 978-84-16834-22-8N.º de páxinas: 192Xénero: NarrativaTemas e valores: Amizade, aventura, convivencia

Page 19: 1596000 · 2020. 12. 23. · acompañándoa na viaxe. Amodovou vai descubrir que ás veces é moi difícil ir sempre cara adiante, pero ela, valente e destemida, debuxará un sorriso

SERIE LARANXA +10Infantil 1716

Os amigos do NicolasiñoRenè Goscinny

No colexio, o Nicolasiño conta con moitos e moi bos amigos, cos que se divirte, compite e pelexa. Alcestes, por exemplo, sempre está comendo; Agnan é o chichí da mestra; Clotario é o último da clase... e xuntos viven acotío sorprendentes aventuras.

Ilustrador: Jean-Jacques SempéISBN: 978-84-16834-11-2N.º de páxinas: 192Xénero: NarrativaTemas e valores: Amizade, aventura, convivencia

Os problemas do NicolasiñoRenè Goscinny

Nicolás cada día comprende menos os adultos. Por que non entenden que queira comprar cincuenta libras de chocolate de golpe ou que, se ten unha lanterna, é para estar todo o tempo ás escuras e poder alumar con ela? Bo é que conta cos amigos da escola, os mellores cómplices que alguén pode ter.

Ilustrador: Jean-Jacques SempéISBN: 978-84-16834-17-4N.º de páxinas: 208Xénero: NarrativaTemas e valores: Aventura, compañeirismo, convivencia, empatía, entendemento, familia

Page 20: 1596000 · 2020. 12. 23. · acompañándoa na viaxe. Amodovou vai descubrir que ás veces é moi difícil ir sempre cara adiante, pero ela, valente e destemida, debuxará un sorriso

SERIE AZUL +12Infantil/Xuvenil 1918

Títulos para satisfacer o desexo de saír ao mundo e entendelo, de poder navegar por universos fantásticos; lecturas desafiantes

que converten a literatura nunha actividade de lecer.

SERIE AZUL +12

Ilustración inspirada no Obxectivo de Desenvolvemento Sostible número 13: Acción polo clima

Page 21: 1596000 · 2020. 12. 23. · acompañándoa na viaxe. Amodovou vai descubrir que ás veces é moi difícil ir sempre cara adiante, pero ela, valente e destemida, debuxará un sorriso

SERIE AZUL +12Infantil/Xuvenil 1918

Os horizontes de AdarXoán Babarro

Viaxe clandestina en barco, soidade, buscar comida no lixo, durmir en albergues, estar separado dos seus... Por sorte, Adar faise amigo dun can extraviado. Nese momento todo empeza a cambiar. E, a medida que vai resolvendo o enigma da misteriosa marioneta que lle aparece no peto, as novas amizades axudaranlle a albiscar unha luz no seu futuro.

Ilustración de cuberta: Nader SharafISBN: 978-84-16834-25-9N.º de páxinas: 168Xénero: NarrativaTemas e valores: Amizade, convivencia, empatía, imaxinación, plurilingüismo, respecto, solidariedade

Page 22: 1596000 · 2020. 12. 23. · acompañándoa na viaxe. Amodovou vai descubrir que ás veces é moi difícil ir sempre cara adiante, pero ela, valente e destemida, debuxará un sorriso

SERIE AZUL +12Infantil/Xuvenil 2120

O Bosque PálidoJaureguizar

Os pais de Lidia envíana a Illa Fog, un illote sempre cuberto de néboa onde viven coma no século xviii, para que mellore o seu inglés. Malia o cariño que lle demostra a súa familia de acollida, axiña sospeita que Illa Fog pode agochar algo escuro. Coa axuda de William, o enigmático fillo do seu anfitrión, intentará desentrañar o misterio desa sociedade.

Ilustración de cuberta: Xulia VicenteISBN: 978-84-16834-27-3N.º de páxinas: 192Xénero: NarrativaTemas e valores: Convivencia, multiculturalismo, valentía

E Xoel aprendeu a voarMarica Campo

Un rapaz de 13 anos, Xoel, que apenas ten vida fóra da PSP e da Rede. O misterio de Merlo Branco. Paco e Carme, uns pais demasiado atarefados. Eunice, a moza pola que suspira. Fábio, Daniel e Sara, os outros amigos de andainas de Xoel. Don Santiago, o avó que vive os remorsos dunha gran mentira. Estes e outros personaxes ao servizo dunha novela que mantén a intriga ata o final.

Ilustración de cuberta: Laura PérezISBN: 978-84-16834-06-8N.º de páxinas: 224Xénero: NarrativaTemas e valores: Amizade, bondade, perseveranza

Page 23: 1596000 · 2020. 12. 23. · acompañándoa na viaxe. Amodovou vai descubrir que ás veces é moi difícil ir sempre cara adiante, pero ela, valente e destemida, debuxará un sorriso

SERIE AZUL +12Infantil/Xuvenil 2120

MatildaRoald Dahl

Matilda é unha lectora empedernida con tan só cinco anos. Sensible e intelixente, admírana todos agás os seus mediocres pais, que a consideran unha inútil. Ademais, ten poderes estraños e marabillosos. Un día decide desquitarse e empeza a empregalos contra a cruel señorita Trunchbull.

Ilustrador: Quentin BlakeISBN: 978-84-16834-05-1N.º de páxinas: 288Xénero: NarrativaTemas e valores: Aventura, convivencia, familia

O ferreiro da lúa cheaM.ª Isabel Molina

Malia o noviño que é, Iago de Lavalle domina os segredos da forxa e dos metais, pero oponse ás prácticas supersticiosas do seu gremio, os ferreiros. Como castigo por tal actitude, obrígano a peregrinar ata Santiago de Compostela. A aventura, o amor e o perigo serán só algúns dos seus compañeiros de viaxe.

Ilustración de cuberta: Carlos CubeiroISBN: 978-84-16834-07-5N.º de páxinas: 176Xénero: NarrativaTemas e valores: Aventura, responsabilidade, xustiza

Page 24: 1596000 · 2020. 12. 23. · acompañándoa na viaxe. Amodovou vai descubrir que ás veces é moi difícil ir sempre cara adiante, pero ela, valente e destemida, debuxará un sorriso

SERIE XUVENIL +14Xuvenil 2322

Libros que coidan a diversidade da forma e a calidade dos contidos, a complexidade da trama, a riqueza da lingua, a sutileza do estilo retórico e a intencionalidade dos textos.

SERIE XUVENIL +14

Ilustración inspirada no Obxectivo de Desenvolvemento Sostible número 14: Vida submarina

Page 25: 1596000 · 2020. 12. 23. · acompañándoa na viaxe. Amodovou vai descubrir que ás veces é moi difícil ir sempre cara adiante, pero ela, valente e destemida, debuxará un sorriso

SERIE XUVENIL +14Xuvenil 2322

Aqueles momentos que perdemosXavier Estévez

Cando Ela, unha adolescente sen recordos, coñece a Sara, sabe que cambiará a súa vida para sempre. As dúas percorrerán os camiños nun mundo en que a civilización se esvaece. Un mundo sen pasado. Unha terra chea de perigos.

ISBN: 978-84-16834-16-7N.º de páxinas: 248Xénero: NarrativaTemas e valores: Aventura, creatividade, ecoloxía, memoria, respecto, solidariedade

Page 26: 1596000 · 2020. 12. 23. · acompañándoa na viaxe. Amodovou vai descubrir que ás veces é moi difícil ir sempre cara adiante, pero ela, valente e destemida, debuxará un sorriso

SERIE XUVENIL +14Xuvenil 2524

O segredo da casa de FormosoHéctor Cajaraville

David é o único fillo dunha parella de emigrantes galegos en Nova Jersey que viaxa a Galicia, onde só estivera ao pouco de nacer, para asinar os documentos de venda da casa da familia. A súa intención inicial é regresar de inmediato, pero axiña van aparecendo razóns polas que prolongar a visita: Galicia, a familia, o misterio da «casa de Formoso» e o amor.

ISBN: 978-84-16834-43-3N.º de páxinas: 224Xénero: NarrativaTemas e valores: Igualdade, memoria, respecto

Noite de temporalManuel Núñez Singala

A madrugada do 2 de xaneiro de 1921 o vapor correo Santa Isabel, con 270 persoas a bordo, afrontou un terrible temporal nas costas galegas. Esta novela, rigorosamente documentada, narra acontecementos daquela noite. As reaccións da tripulación e da pasaxe e a heroica actuación dos habitantes da costa constitúen un impresionante exemplo de entrega, solidariedade e valentía. Porque só fronte aos auténticos desafíos somos quen de descubrir de que substancia están feitas as persoas.

ISBN: 978-84-16834-54-9N.º de páxinas: 136Xénero: NarrativaTemas e valores: Aventura, compañeirismo, realismo, solidariedade

O contador de estrelasJaureguizar

Antía estaba certa de que aquel ía ser o verán máis aburrido da súa vida. Debía botar dous meses acompañando a nai nunha base do Servizo Antilumes. Pero cando coñeceu a Enver, todo mudou; el abriulle a porta da astronomía e do namoramento. Aquel verán acabou sendo o dos maiores lumes e o do incendio máis xigantesco que coñecera o corazón de Antía.

ISBN: 978-84-16834-12-9N.º de páxinas: 176Xénero: NarrativaTemas e valores: Aventura, respecto, valentía

Page 27: 1596000 · 2020. 12. 23. · acompañándoa na viaxe. Amodovou vai descubrir que ás veces é moi difícil ir sempre cara adiante, pero ela, valente e destemida, debuxará un sorriso

SERIE XUVENIL +14Xuvenil 2524

A historia interminableMichael Ende

A Emperatriz Infantil está mortalmente enferma e o seu reino corre un grave perigo. A salvación depende de Atreiu, un valente guerreiro da tribo dos peles verdes, e Bastián, un neno tímido que le con paixón un libro máxico. Mil aventuras levaranos a reunirse e a coñecer unha fabulosa galería de personaxes, e xuntos dar forma a unha das grandes creacións da literatura de todos os tempos.

ISBN: 978-84-16834-10-5N.º de páxinas: 536Xénero: NarrativaTemas e valores: Amizade, familia, responsabilidade

MomoMichael Ende

Unha novela única sobre a importancia da amizade, a bondade e o valor das cousas sinxelas. En definitiva, sobre o que de verdade nos fai felices. Momo é unha nena que posúe a marabillosa calidade de saber escoitar os demais e que desexa axudar a xente a humanizar as súas vidas. Sobre todo cando os homes grises deciden apoderarse dun dos bens máis prezados que posúen as persoas: o seu tempo.

ISBN: 978-84-16834-09-9N.º de páxinas: 296Xénero: NarrativaTemas e valores: Amizade, convivencia, desenvolvemento persoal

RebeldesS. E. Hinton

Ninguén dixo que a vida fose fácil. Pero Ponyboy está bastante seguro de que ten as cousas controladas. Sabe que pode contar cos seus irmáns e cos seus amigos, amigos de verdade, que farían calquera cousa por el. E no que respecta aos socs (unha violenta banda de rapaces adiñeirados rival dos greasers, como o son el mesmo e os seus amigos), sempre están dispostos a crear problemas. Pero unha noite alguén leva todo isto demasiado lonxe e o mundo de Ponyboy cambia de xeito inesperado.

ISBN: 978-84-16834-08-2N.º de páxinas: 208 Xénero: NarrativaTemas e valores: Compañeirismo, convivencia, responsabilidade

Page 28: 1596000 · 2020. 12. 23. · acompañándoa na viaxe. Amodovou vai descubrir que ás veces é moi difícil ir sempre cara adiante, pero ela, valente e destemida, debuxará un sorriso
Page 29: 1596000 · 2020. 12. 23. · acompañándoa na viaxe. Amodovou vai descubrir que ás veces é moi difícil ir sempre cara adiante, pero ela, valente e destemida, debuxará un sorriso

facebook.com/oqueleo

@oqueleo

Únete á nosa comunidade

lectora!

A través de www.oqueleo.com, poderás acceder ao catálogo completo, novas de interese e recursos para docentes.

• Fichas de todos os libros

• Guías de lectura

Anímate, explora, participa e entra a formar parte da nosa comunidade lectora!

Web

Redes sociaisQueremos que Oqueleo sexa un espazo común para que as lectoras e os lectores se sintan membros dun colectivo numeroso, entusiasta e cómplice.

Fomentamos o contacto permanente coas nosas lectoras, lectores, mediadoras e mediadores (docentes, libreiras e libreiros, familias, bibliotecarias e bibliotecarios, etc.) a través das redes sociais.

Se che gusta compartir, potenciar a túa experiencia lectora e ter información de todo o que acontece no mundo da literatura infantil e xuvenil, este é o teu sitio. Visita as nosas redes sociais e únete á nosa comunidade lectora.

www.oqueleo.com

Page 30: 1596000 · 2020. 12. 23. · acompañándoa na viaxe. Amodovou vai descubrir que ás veces é moi difícil ir sempre cara adiante, pero ela, valente e destemida, debuxará un sorriso

2928

Am

izad

e

Aven

tura

Axu

da a

os d

emai

s

Conv

iven

cia

Crea

tivi

dade

Ecol

oxía

Empa

tía

Igua

ldad

e

Libe

rdad

e

Pers

ever

anza

Res

pect

o ao

s se

res

vivo

s

Res

pons

abili

dade

Rex

eita

men

to d

a vi

olen

cia

Solid

arie

dade

A tartaruga Amodovou

A vaca dixo mua

Lobo Ramón

Nube de neve

Un baúl cheo de piratas

SERIE AMARELA +6

Am

izad

eAu

toes

tim

aAv

entu

raBo

ndad

eCo

mpa

ñeir

ism

oCo

nviv

enci

aD

esen

volv

emen

to p

erso

alEc

olox

íaEm

patí

aEn

tend

emen

toFa

mili

aIg

uald

ade

Imax

inac

ión

Libe

rdad

ePa

zPe

rsev

eran

zaR

espe

cto

Res

pect

o ao

s se

res

vivo

sR

espo

nsab

ilida

deSo

lidar

ieda

de

A bruxiña da sorte

Bruxa e familia

Dez piratas

Noé e Gato fan teatro

O que nunca che contaron

O xeito das froitas

O pirata Ataripo

SERIE MORADA +8

Temas e valores

Page 31: 1596000 · 2020. 12. 23. · acompañándoa na viaxe. Amodovou vai descubrir que ás veces é moi difícil ir sempre cara adiante, pero ela, valente e destemida, debuxará un sorriso

2928

Am

izad

e

Auto

esti

ma

Aven

tura

Com

pañe

iris

mo

Conv

iven

cia

Crea

tivi

dade

Ecol

oxía

Empa

tía

Ente

ndem

ento

Fam

ilia

Res

pect

o

Solid

arie

dade

As vacacións do Nicolasiño

Hilario e os tres medos

Kibuko

O Nicolasiño

Os amigos do Nicolasiño

Os problemas do Nicolasiño

Os recreos do Nicolasiño

Unha misión para Clara

SERIE LARANXA +10

Am

izad

e

Aven

tura

Bond

ade

Conv

iven

cia

Empa

tía

Fam

ilia

Imax

inac

ión

Mul

ticu

ltura

lism

o

Pers

ever

anza

Plur

iling

üism

o

Res

pect

o

Res

pons

abili

dade

Solid

arie

dade

Vale

ntía

Xust

iza

E Xoel aprendeu a voar

Matilda

O Bosque Pálido

O ferreiro da lúa chea

Os horizontes de Adar

SERIE AZUL +12

Am

izad

eAv

entu

raCo

mpa

ñeir

ism

oCo

nviv

enci

aCr

eati

vida

deD

esen

volv

emen

to p

erso

alEc

olox

íaFa

mili

aIg

uald

ade

Mem

oria

Rea

lism

oR

espe

cto

Res

pons

abili

dade

Solid

arie

dade

Vale

ntía

A historia interminable

Aqueles momentos que perdemos

Momo

Noite de temporal

O contador de estrelas

O segredo da casa de Formoso

Rebeldes

SERIE XUVENIL +14

Page 32: 1596000 · 2020. 12. 23. · acompañándoa na viaxe. Amodovou vai descubrir que ás veces é moi difícil ir sempre cara adiante, pero ela, valente e destemida, debuxará un sorriso

3130

BBabarro, XoánHilario e os tres medos, páx. 15

Os horizontes de Adar, páx. 19

Barreiro, PacoO pirata Ataripo, páx. 11

Blanco, ConchaA bruxiña da sorte, páx. 13

CCajaraville, HéctorO segredo da casa de Formoso, páx. 24

Campo, MaricaE Xoel aprendeu a voar, páx. 20

Unha misión para Clara, páx. 15

Canosa, MaríaO que nunca che contaron, páx. 12

Lobo Ramón, páx. 7

Carballeira, PaulaA tartaruga Amodovou, páx. 8

Bruxa e familia, páx. 12

DDahl, RoaldMatilda, páx. 21

EEnde, MichaelA historia interminable, páx. 25

Momo, páx. 25

Estévez, XavierAqueles momentos que perdemos, páx. 23

Kibuko, páx. 15

GGómez, KikeO que nunca che contaron, páx. 12

Goscinny, RenèAs vacacións do Nicolasiño, páx. 16

O Nicolasiño, páx. 16

Os amigos do Nicolasiño, páx. 17

Os problemas do Nicolasiño, páx. 17

Os recreos do Nicolasiño, páx. 16

HHinton, S. E.Rebeldes, páx. 25

JJaureguizarO Bosque Pálido, páx. 20

O contador de estrelas, páx. 24

MMolina, M.ª IsabelO ferreiro da lúa chea, páx. 21

NNúñez Singala, ManuelNoite de temporal, páx. 24

PP. DoCampo, XabierNube de neve, páx. 9

RReimóndez, MaríaO xeito das froitas, páx. 12

Rossetti, AnaUn baúl cheo de piratas, páx. 9

SSánchez, GloriaA vaca dixo mua, páx. 8

Dez piratas, páx. 13

Noé e gato fan teatro, páx. 13

Índice de escritoras e escritores

Page 33: 1596000 · 2020. 12. 23. · acompañándoa na viaxe. Amodovou vai descubrir que ás veces é moi difícil ir sempre cara adiante, pero ela, valente e destemida, debuxará un sorriso

3130

SERIE AMARELAA tartaruga Amodovou, Paula Carballeira . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 8

A vaca dixo mua, Gloria Sánchez . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 8

Lobo Ramón, María Canosa . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 7

Nube de neve, Xabier P. DoCampo . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 9

Un baúl cheo de piratas, Ana Rossetti . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 9

SERIE MORADAA bruxiña da sorte, Concha Blanco . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 13

Bruxa e familia, Paula Carballeira . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 12

Dez piratas, Gloria Sánchez . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 13

Noé e Gato fan teatro, Gloria Sánchez . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 13

O pirata Ataripo, Paco Barreiro . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 11

O que nunca che contaron, María Canosa e Kike Gómez . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 12

O xeito das froitas, María Reimóndez . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 12

SERIE LARANXAAs vacacións do Nicolasiño, Renè Goscinny . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 16

Hilario e os tres medos, Xoán Babarro . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 15

Kibuko, Xavier Estévez . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 15

O Nicolasiño, Renè Goscinny . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 16

Os amigos do Nicolasiño, Renè Gosconny . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 17

Os problemas do Nicolasiño, Renè Goscinny . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 17

Os recreos do Nicolasiño, René Goscinny . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 16

Unha misión para Clara, Marica Campo . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 15

SERIE AZULE Xoel aprendeu a voar, Marica Campo . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 20

Matilda, Roald Dahl . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 21

O Bosque Pálido, Jaureguizar . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 20

O ferreiro da lúa chea, M.ª Isabel Molina . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 21

Os horizontes de Adar, Xoán Babarro . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 19

XUVENILA historia interminable, Michael Ende . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 25

Aqueles momentos que perdemos, Xavier Estévez . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 23

Momo, Michael Ende . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 25

Noite de temporal, Manuel Núñez Singala. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 24

O contador de estrelas, Jaureguizar . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 24

O segredo da casa de Formoso, Héctor Cajaraville . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 24

Rebeldes, S. E. Hinton . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 25

Índice de títulos

+6

+8

+10

+12

+14

Page 34: 1596000 · 2020. 12. 23. · acompañándoa na viaxe. Amodovou vai descubrir que ás veces é moi difícil ir sempre cara adiante, pero ela, valente e destemida, debuxará un sorriso

Delegacións

A CoruñaCentro de negocios MansPolígono Pocomaco - parcela D-22 – local 5515190 Mesoiro (A Coruña)

Tel.: 981 08 17 66

LugoRúa dos Paxariños, 57, baixo27002 Lugo

Tel.: 982 21 91 20

OurenseValle Inclán, 3, entreplanta – Oficina 232004 Ourense

Tel.: 988 22 74 73

VigoCouto de San Honorato, 111, baixo36204 Vigo

Tel.: 986 41 48

E-mail: [email protected]

Page 35: 1596000 · 2020. 12. 23. · acompañándoa na viaxe. Amodovou vai descubrir que ás veces é moi difícil ir sempre cara adiante, pero ela, valente e destemida, debuxará un sorriso
Page 36: 1596000 · 2020. 12. 23. · acompañándoa na viaxe. Amodovou vai descubrir que ás veces é moi difícil ir sempre cara adiante, pero ela, valente e destemida, debuxará un sorriso

15

96

00

0

www.oqueleo.com

Catálogo de literatura infantil e xuvenil

O CAMBIO MEDRA NOS LIBROS