2º coresma a 2014 bene pagola
-
Upload
nuria-m-nunez-elissetche -
Category
Documents
-
view
147 -
download
5
description
Transcript of 2º coresma a 2014 bene pagola
![Page 1: 2º coresma a 2014 bene pagola](https://reader031.fdocumento.com/reader031/viewer/2022020714/545cd563af7959c3098b4841/html5/thumbnails/1.jpg)
Rede evanxelizadora BUENAS NOTICIASAnuncia a Xesús. Pásao.
16 de marzo de 20142º Coresma (A)Mateu 17, 1 - 9
José Antonio Pagola
Música::Mozart sinfonía nº 29 Present:B.Areskurrinaga HCEuskaraz:D.Amundarain
ESCOITAR A XESÚS
![Page 2: 2º coresma a 2014 bene pagola](https://reader031.fdocumento.com/reader031/viewer/2022020714/545cd563af7959c3098b4841/html5/thumbnails/2.jpg)
O centro deste relato complexo, chamado tradicionalmente “A transfiguración de Xesús”, “A transfiguración de Xesús”,
ocúpao unha Voz que vén dunha estraña “nube luminosa”, símbolo que se emprega na Biblia para falar da presenza sempre misteriosa de Deus que se nos manifesta e, ao
mesmo tempo, se nos oculta.
![Page 3: 2º coresma a 2014 bene pagola](https://reader031.fdocumento.com/reader031/viewer/2022020714/545cd563af7959c3098b4841/html5/thumbnails/3.jpg)
A Voz di estas palabras: A Voz di estas palabras: “ “ Este é o meu Fillo, o amado, o meu Este é o meu Fillo, o amado, o meu
predilecto.predilecto. Escoitádeo”Escoitádeo”..
![Page 4: 2º coresma a 2014 bene pagola](https://reader031.fdocumento.com/reader031/viewer/2022020714/545cd563af7959c3098b4841/html5/thumbnails/4.jpg)
Os discípulos non han de confundir a Xesús Os discípulos non han de confundir a Xesús con ninguén, nin sequera con Moisés e Elías,
representantes e testemuñas do Antigo Testamento.
Só Xesús é o Fillo querido de Deus, o que ten o seu rostro
“resplandecente coma o sol”..
![Page 5: 2º coresma a 2014 bene pagola](https://reader031.fdocumento.com/reader031/viewer/2022020714/545cd563af7959c3098b4841/html5/thumbnails/5.jpg)
Pero a Voz engade algo máis: “Escoitádeo”.
Noutros tempos, Deus revelara a súa vontade por medio dos
“dez mandatos” da Lei.
![Page 6: 2º coresma a 2014 bene pagola](https://reader031.fdocumento.com/reader031/viewer/2022020714/545cd563af7959c3098b4841/html5/thumbnails/6.jpg)
Agora a vontade de Deus resúmese e concrétase
nun só mandato: escoitade a Xesús.
A escoita establece a verdadeira relación entre os seguidores e Xesús.
![Page 7: 2º coresma a 2014 bene pagola](https://reader031.fdocumento.com/reader031/viewer/2022020714/545cd563af7959c3098b4841/html5/thumbnails/7.jpg)
Ao oír isto, os discípulos caen por terra
“cheos de espanto”.
Están sobrecollidos por aquela Están sobrecollidos por aquela experienciaexperiencia
tan próxima de Deus, pero tamén tan próxima de Deus, pero tamén asustados polo que oíron: asustados polo que oíron:
poderán vivir escoitando só a Xesús, poderán vivir escoitando só a Xesús, recoñecendo só nel a presenza recoñecendo só nel a presenza
misteriosa misteriosa de Deus?de Deus?
![Page 8: 2º coresma a 2014 bene pagola](https://reader031.fdocumento.com/reader031/viewer/2022020714/545cd563af7959c3098b4841/html5/thumbnails/8.jpg)
Entón, Xesús Entón, Xesús ““achégase e, tocándoos, dilles: achégase e, tocándoos, dilles:
Erguédevos. Non teñades medo”Erguédevos. Non teñades medo”.. Sabe que necesitan experimentar a súa Sabe que necesitan experimentar a súa
proximidade humana: o contacto da súa man, non proximidade humana: o contacto da súa man, non só o resplandor divino do seu rostro.só o resplandor divino do seu rostro.
![Page 9: 2º coresma a 2014 bene pagola](https://reader031.fdocumento.com/reader031/viewer/2022020714/545cd563af7959c3098b4841/html5/thumbnails/9.jpg)
Sempre que escoitamos a Xesús no silencio do Sempre que escoitamos a Xesús no silencio do noso ser, as súas primeiras palabras dinnos: noso ser, as súas primeiras palabras dinnos:
Érguete, non teñas medo.Érguete, non teñas medo.
![Page 10: 2º coresma a 2014 bene pagola](https://reader031.fdocumento.com/reader031/viewer/2022020714/545cd563af7959c3098b4841/html5/thumbnails/10.jpg)
Moitas persoas só coñecen a Xesús de oídas.Moitas persoas só coñecen a Xesús de oídas. O seu nome resúltalles, tal vez, familiar, pero o que O seu nome resúltalles, tal vez, familiar, pero o que
saben del non vai máis alá dalgúns recordos e saben del non vai máis alá dalgúns recordos e impresións da infanciaimpresións da infancia
![Page 11: 2º coresma a 2014 bene pagola](https://reader031.fdocumento.com/reader031/viewer/2022020714/545cd563af7959c3098b4841/html5/thumbnails/11.jpg)
Incluso, aínda que se Incluso, aínda que se chamen cristiáns, viven chamen cristiáns, viven
sen escoitar no seu sen escoitar no seu interior a Xesús. interior a Xesús.
e, sen esa experiencia, e, sen esa experiencia, non é posible coñecer a non é posible coñecer a
súa paz inconfundible nin súa paz inconfundible nin a súa forza para alentar e a súa forza para alentar e
soster a nosa vidasoster a nosa vida.
![Page 12: 2º coresma a 2014 bene pagola](https://reader031.fdocumento.com/reader031/viewer/2022020714/545cd563af7959c3098b4841/html5/thumbnails/12.jpg)
Cando un crente se detén a escoitar en silencio a Xesús, no interior da súa conciencia, escoita conciencia, escoita
sempre algo como isto:sempre algo como isto:““Non teñas medo.Non teñas medo.
Abandónate con toda sinxeleza no misterio de Abandónate con toda sinxeleza no misterio de Deus. A túa pouca fe abonda. Non te inquietes.Deus. A túa pouca fe abonda. Non te inquietes.
![Page 13: 2º coresma a 2014 bene pagola](https://reader031.fdocumento.com/reader031/viewer/2022020714/545cd563af7959c3098b4841/html5/thumbnails/13.jpg)
Se me escoitas, descubrirás Se me escoitas, descubrirás que o amor de Deus consiste que o amor de Deus consiste
en estar sempre en estar sempre perdoándote.perdoándote.
E, se cres isto, a túa vida E, se cres isto, a túa vida cambiará. cambiará.
Coñecerás a paz do corazón”.Coñecerás a paz do corazón”.
![Page 14: 2º coresma a 2014 bene pagola](https://reader031.fdocumento.com/reader031/viewer/2022020714/545cd563af7959c3098b4841/html5/thumbnails/14.jpg)
No libro da Apocalipse No libro da Apocalipse pódese ler así:pódese ler así:
““Mira, estou á porta Mira, estou á porta e chamo; e chamo;
se alguén oe a miña se alguén oe a miña voz e me abre a voz e me abre a
porta, entrarei na porta, entrarei na súa casa”.súa casa”.
![Page 15: 2º coresma a 2014 bene pagola](https://reader031.fdocumento.com/reader031/viewer/2022020714/545cd563af7959c3098b4841/html5/thumbnails/15.jpg)
Xesús chama á porta de cristiánsXesús chama á porta de cristiáns e non cristiáns. e non cristiáns.
Podemos abrir a porta ouPodemos abrir a porta ou podemos rexeitalo.podemos rexeitalo.
Pero non é o mesmo vivir con Xesús que sen elPero non é o mesmo vivir con Xesús que sen el.
![Page 16: 2º coresma a 2014 bene pagola](https://reader031.fdocumento.com/reader031/viewer/2022020714/545cd563af7959c3098b4841/html5/thumbnails/16.jpg)
ESCOITAR A XESÚS O centro deste relato complexo, chamado tradicionalmente “A transfiguración de Xesús”, ocúpao
unha Voz que vén dunha extraña “nube luminosa”, símbolo que se emprega na Biblia para falar da presenza sempre misteriosa de Deus que se nos manifesta e, ao mesmo tempo, se nos oculta.
A Voz di estas palabras: “Este é o meu Fillo, o amado, o meu predilecto. escoitádeo”. Os discípulos non han de confundir a Xesús con ninguén, nin sequera con Moisés e Elías, representantes é testemuñas do Antigo Testamento. Só Xesús é o Fillo querido de Deus, o que ten o seu rostro “resplandecente coma o sol”.
Pero a Voz engade algo máis: “escoitádeo”. Noutros tempos, Deus revelara a súa vontade por medio dos “dez mandatos” da Lei. Agora a vontade de Deus resúmese e concrétase nun só mandato: escoitade a Xesús. A escoita establece a verdadeira relación entre os seguidores é Xesús.
Ao oír isto, os discípulos caen por terra “cheos de espanto”. Están sobrecollidos por aquela experiencia tan próxima de Deus, pero tamén asustados polo que oíron: poderán vivir escoitando só a Xesús, recoñecendo só nel a presenza misteriosa de Deus?
Entón, Xesús “achégase e, tocándoos, dilles: Erguédevos. Non teñades medo”. Sabe que necesitan experimentar a súa proximidade humana: o contacto da súa man, non só o resplandor divino do seu rostro. Sempre que escoitamos a Xesús no silencio do noso ser, as súas primeiras palabras dinnos: Érguete, non teñas medo.
Moitas persoas só coñecen a Xesús de oídas. O seu nome resúltalles, tal vez, familiar, pero o que saben del non vai máis alá dalgúns recordos e impresións da infancia. Incluso, aínda que se chamen cristiáns, viven sen escoitar no seu interior a Xesús. E, sen esa experiencia, non é posible coñecer a súa paz inconfundible nin a súa forza para alentar e soster a nosa vida.
Cando un crente se detén a escoitar en silencio a Xesús, no interior da súa conciencia, escoita sempre algo como isto: “Non teñas medo. Abandónate con toda sinxeleza no misterio de Deus. A túa pouca fe abonda. Non te inquietes. Se me escoitas, descubrirás que o amor de Deus consiste en estar sempre perdoándote. E, se cres isto, a túa vida cambiará. Coñecerás a paz do corazón”.
No libro da Apocalipse pódese ler así: “Mira, estou á porta é chamo; se alguén oe a miña voz é me abre a porta, entrarei na súa casa”. Xesús chama á porta de cristiáns e non cristiáns. Podemos abrirlle a porta ou podemos rexeitalo. Pero non é o mesmo vivir con Xesús que sen el.
José Antonio Pagola