2º periodico
description
Transcript of 2º periodico
Páxina 1
O Entroido despídese en Monforte con máis
de 1000 disfraces nas rúas.
Por moi mal que pinte o tempo, suspender o desfile do
martes de Entroido en Monforte non é unha decisión
fácil. Hai máis de 1000 participantes que fixeron plans
pensando en saír disfrazados ese día. Por fortuna se
cumpriron os prognósticos meteorolóxicos con 17
grados que marcaban os termómetros ás 5 da tarde,
hora de saída do percorrido. Non está nada mal en
pleno més de febrero e con neve á vista no Courel.
1ª
Homenaxe
en Monforte
no ano de
Manuel
María
Páxina 2
Entrevista
con Dani de
la Torre
Páxinas 3 e 4
58
aniversario
de Lois
Pereiro
Páxina 5
As nevadas
non están
provocando
problemas
serios nas
estradas do
sur de Lugo
Paxina 6
O noso xornal Xaneiro – febreiro 2016
Páxina 2
1º Homenaxe en Monforte no ano de Manuel María
O centro do viño da Ribeira Sacra
acollerá o primeiro acto de
homenaxe a Manuel Maria no
ano en que se dedica ao poeta o
Día das Letras Galegas. O motivo
principal e a presentación”
Manuel María reencontrado” de
Xosé Lois García. Haberá máis
actividades coma a actuación
musical do grupo O Trícole e unha
lectura dramatizada na que se
representará un dialogo ficticio
entre Manuel María e Xoán de
Requeixo un trobador do século
XIII coñecido polas cantigas que
dedicou á Romaria Do Monte
Faro.
O acto está organizado polos
concellos de Pantón e Sober.
Residente en Monforte durante
unha grande parte da súa vida,
Manuel María mantivo unha
estreita relación con estes dous
municipios. No primeiro caso,
este vínculo plasmouse no
poemario Cantigas e cantos de
Pantón.
A Sober, Manuel María non lle
dedicou un libro especifico pero sí
escribiu sobre este municipio
diversos textos, entre eles un
poema de homenaxe á banda de
música local. A banda de Sober
participou nos funerais do
escritor no 2004, interpretando
algunas pezas musicais que foran
escollidas previamente por él
mesmo.
O noso xornal Xaneiro – febreiro 2016
Páxina 3
Entrevista con Dani de la Torre
O Director Dani de la Torre é o
monfortino de moda. A súa
película “El Desconocido” foi un
éxito na taquilla. Levou a
galardón á mellor montaxe e ao
mellor son. De la Torre non
esquece a súa terra é mañá
regresa a cidade do Cabe para
apadriñar unas xornadas sobre o
cocido organizadas pola
Asosación Provincial de
Empresarios de Hostalería.
Dous premios Goya de oito
nominacións para El
Desconocido. Está ben. Podía ser
mellor, pero tamén podía ser
peor.
Como foi a experiencia de asistir
a cerimonia?
Moi diferente é emocionante
estar coa xente que un só ve na
televisión ou no cine pero tamén
é estresante.
Como valora a organización?
Mal. Foi todo un pouco
descordinado. Este ano tomaron
a decisión de separar os equipos.
Que foi o que non lle gustou da
alfombra vermella?
Que non fosen á alfombra os
guionistas e os técnicos.
O noso xornal Xaneiro – febreiro 2016
Páxina 4
Se vostede subise a recoller un
premio, para quen irían os
agradacementos?
Para Monforte. Estaba todo
pensado. Para min é un orgullo
que aparezca nos titulares “El
desconocido, Dani de la Torre.
Monfortino”. Así que se chegase a
subir ao escenario, o Goya ía
adicado a Monforte. Esperemos
que algún día poida cumprilo.
En que anda agora?
O luns reicorporeime ao meu
traballo na TVG. A nivel
cinematográfico estamos con 2
guións de 2 thrislers. Un de época
é outro sobre o mundo do
narcotráfico.
Regresa a Monforte para
participar nó “Estase cocendo”
onde exercera de padriño
Para calquera cousa que me
chamen de Monforte, sempre
que sexa legal, estarei disposto a
colaborar. Na cidade do Cabe esta
toda a miña familia. Pasei gran
parte da miña vida. Fun ao colexio
dos Escolapios, ao instituto Río
Cabe e comecei a miña vida
laboral aí, na radio e na televisión
locais.
Páxina 5
58 aniversario de Lois Pereiro
O pasado martes
cumpríronse 58 anos do
nacemento do poeta Lois
Pereiro, pero en Monforte
non se fixo ningún acto para
celebralo. O seu aniversario
foi recordado dentro do
proyecto artístico Siluetas
Furtivas un certame de
ilustración e videocreación
que foi convocado dentro do
proxecto “Cicloxénese
Cultural” promovido pola
asociación Trabalingua co
apoio da área de
normalización lingüística da
universidade de Vigo.
En total presentáronse 23
ilustracións e 7 videos que
teñen en común o feito de
ser recreaccións visuais dos
textos literarios de Pereiro.
Entre estes últimos hai un
traballo que foi grabado en
Monforte durante un dos
característicos días de néboa
densa que o poeta
mencionou na súa obra. A
peza titulase Remorsos ao
igual que un poema de
Pereiro.
Haberá 2 tipos de premios.
Por unha parte serán
premiadas as obras que
obteñan máis votos entre os
visitantes do muro creado en
Facebook. Outro premio será
decidido por un xurado
formado por Personalidades
do mundo da cultura.
Os videos foron presentados
na facultade de filoloxia e
traducción de Vigo donde se
esporan tamén as ilustracións
que logo irán as
universidades de California e
Connecticu.
Páxina 6
A nevada non está provocando problemas serios
nas estradas do sur de Lugo
A mañá de nevadas está a
saldarse sen problemas
importantes nas estradas do sur
de Lugo. Nin sequera nas zonas
de montaña hai ningún tramo
cortado ou no que sexa
imprescindible utilizar cadeas
para poder circular. A DXT só ten
activado o nivel de precaución no
Alto do Faro, entre os municipios
de Chantada e Rodeiro.
As nevadas foron xeneralizadas
durante a mañá por encima dos
500 metros na metade sur da
provincia de Lugo no ccentro
urbano de Monforte situado a
aproximadamente 300 metros de
altura as precipitacións caeron
nalgún momento en forma de
auganeve.
O día amenceu sen ningunha
complicación nas estradas máis
importantes. As máquinas
quitaneves foron capaces de
manter aberta a circulación polos
tramos complicados como os
altos do Boi, Oural e o Faro. Só
neste último alto os
automovilistas tiveron que
extremar a precaución xa que a
nevada foi intensa e callou tamén
sobre o asfalto.
Andrés Aguado Valdés