4 DE O GOBERNO GALICIA - CIG Ensino · 2017-10-14 · A festa dos Maios celébrase en toda a...

14
O GOBERNO DE GALICIA 4 O territorio español está organizado en 17 Co- munidades Autónomas e dúas cidades que teñen unha administración especial: Ceuta e Melilla. Cada Comunidade Autónoma conta cun Parla- mento e un Consello de Goberno, que se encargan de organizar e dirixir os asuntos da Comunidade. O Parlamento, elixido polos cidadáns e cidadás maiores de 18 anos, é o que se encarga de elaborar as leis. A lei máis importante de cada Comunidade é o Estatuto de Autonomía. Nel establécese o territorio, a capital, os símbolos, a festa da Comuni- dade e recóllense as competencias autonómicas, isto é, os asuntos que cada Comunidade Autónoma pode xestionar. A Xunta de Galicia dirixe a política da Comuni- dade. Está formada polo Presidente e polos conse- lleiros e polas conselleiras que traballan nela. Que Comunidades Autónomas coñeces? Fai unha listaxe. Sabes o que é o Estatuto de Autonomía? Coñeces algunha institución de goberno da Co- munidade? Cal? Observa a bandeira de Galicia e descríbea. Víche- la anteriormente? Onde? Sede da Xunta de Galicia

Transcript of 4 DE O GOBERNO GALICIA - CIG Ensino · 2017-10-14 · A festa dos Maios celébrase en toda a...

Page 1: 4 DE O GOBERNO GALICIA - CIG Ensino · 2017-10-14 · A festa dos Maios celébrase en toda a Comunidade, pero principalmente nas comarcas do Sur. Ten lugar nos primeiros días de

O GOBERNO DE GALICIA4

O territorio español está organizado en 17 Co-munidades Autónomas e dúas cidades que teñenunha administración especial: Ceuta e Melilla.

Cada Comunidade Autónoma conta cun Parla-mento e un Consello de Goberno, que se encargande organizar e dirixir os asuntos da Comunidade.

O Parlamento, elixido polos cidadáns e cidadásmaiores de 18 anos, é o que se encarga de elaboraras leis.

A lei máis importante de cada Comunidade é o Estatuto de Autonomía. Nel establécese o territorio, a capital, os símbolos, a festa da Comuni-dade e recóllense as competencias autonómicas, isto é, os asuntos que cada Comunidade Autónomapode xestionar.

A Xunta de Galicia dirixe a política da Comuni-dade. Está formada polo Presidente e polos conse-lleiros e polas conselleiras que traballan nela.

■ Que Comunidades Autónomas coñeces? Fai unhalistaxe.

■ Sabes o que é o Estatuto de Autonomía?

■ Coñeces algunha institución de goberno da Co-munidade? Cal?

■ Observa a bandeira de Galicia e descríbea. Víche-la anteriormente? Onde? Sede da Xunta de Galicia

Page 2: 4 DE O GOBERNO GALICIA - CIG Ensino · 2017-10-14 · A festa dos Maios celébrase en toda a Comunidade, pero principalmente nas comarcas do Sur. Ten lugar nos primeiros días de

Parlamento de Galicia

Page 3: 4 DE O GOBERNO GALICIA - CIG Ensino · 2017-10-14 · A festa dos Maios celébrase en toda a Comunidade, pero principalmente nas comarcas do Sur. Ten lugar nos primeiros días de

1. As Comunidades Autónomas

56

ESPAÑA, UN ESTADO AUTONÓMICO

A Constitución Española é a lei básica de todos os es-pañois e españolas. Nela recóllense as súas liberdades, de-reitos e deberes.

A súa aprobación, no ano 1978, supuxo o recoñecemen-to do dereito das rexións e nacionalidades que forman Es-paña a ter un goberno autónomo.

Así, constituíronse 17 Comunidades Autónomas e esta-bleceuse un réxime especial para Ceuta e Melilla.

Que é unha Comunidade Autónoma

Unha Comunidade Autónoma é un territorio do Esta-do español cunhas características xeográficas, históricas eculturais de seu. Cada Comunidade Autónoma ten unhacapital.

As Comunidades Autónomas poden estar formadas porunha ou varias provincias:

● As Comunidades uniprovinciais teñen unha soa pro-vincia.

● As Comunidades pluriprovinciais están formadas pordúas ou máis provincias.

AS COMUNIDADES AUTÓNOMAS

A Constitución establece que o casteláné a lingua oficial de España.

O castelán é a lingua oficial única en 11Comunidades Autónomas e en Ceuta eMelilla. Nas demais Comunidades, se-gundo dispoñen os seus Estatutos deAutonomía, existe outra lingua oficial:● O galego é a lingua oficial de

Galicia.● O catalán é oficial en Cataluña, Illas

Baleares e Comunidade Valenciana(onde se denomina valenciano).

● O vasco o euskera é oficial no PaísVasco e nunha parte de Navarra.

Para saber máis

Observa o mapa:

1. Cales son as Comu-nidades uniprovin-ciais? E as pluri-provinciais?

Que Comunidadesestán fóra da Pe-nínsula?

3. Que ComunidadesAutónomas limitancon Galicia?

2

Para interpretar

Intern@uta!Queres

saber máis cousassobre as Autonomías?

Fai clic sobre Galicia, sigue as instrucións…

e volve facer clic sobre:

3a

www.vicensvives.net/internauta

O C É A N O A T L Á N T I C O

C A N A R I A S

0 100 200 km

M a r C a n t á b r i c o

M a rM e d i t e r r á

ne

o

OC

ÉA

NO

AT

NT

IC

O PAÍSVASCOCANTABRIAASTURIAS

GAL IC IA

C A S T E L A

E

L E Ó N

COMUNIDADEDE MADRID

C A S T E L A -

A M A N C H A

A N D A L U C Í A

C ATA L U Ñ A

A R A G Ó N

F R A N C I A

ANDORRA

CEUTA

MELILLA

REXIÓN DE

MURCIA

Á F R I C A

E ST R

EMA

DURA

VALE

NCI

ANA

NAVARRA

A RIOXA

PO

RT

UG

AL

© I.C.L.

IL

LAS BALEARES

COM

UN

IDAD

E

Page 4: 4 DE O GOBERNO GALICIA - CIG Ensino · 2017-10-14 · A festa dos Maios celébrase en toda a Comunidade, pero principalmente nas comarcas do Sur. Ten lugar nos primeiros días de

GALICIA, UNHA COMUNIDADE AUTÓNOMA

57

ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIAGalicia, acolléndose a este dereito, constituíu-se en Comunidade Autónoma mediante aaprobación, en 1981, do seu Estatuto de Au-tonomía, que é a lei máis importante da Co-munidade despois da Constitución.

Na actualidade estase a estudar a reforma doEstatuto para adaptalo ás necesidades actuaisde Galicia.

No Estatuto de Autonomía regúlanse as com-petencias que lle corresponden á Comunidadee as súas principais institucións de goberno.

O Estatuto de Autonomía establece que a ca-pital de Galicia é a cidade de Santiago deCompostela.

Galicia é unha Comunidade pluriprovincial.Está formada por catro provincias: A Coruña,Lugo, Ourense e Pontevedra.

Para responder

Cando e onde se estableceu que España fo-se un Estado autonómico?

En cantas Comunidades Autónomas está or-ganizado o territorio español?

2

1 Define, coas túas palabras, o que é unhaComunidade Autónoma.

Galicia é unha Comunidade uniprovincial oupluriprovincial?

4

3

Artigo 1º:

1. Galicia, nacionalidade histórica, constitúese enComunidade Autónoma para acceder ao seu auto-goberno de conformidade coa Constitución espa-ñola e co presente Estatuto, que é a súa norma ins-titucional básica.

2. A Comunidade Autónoma, a través de institu-cións democráticas, asume como labor principal adefensa da identidade de Galicia e dos seus intere-ses e a promoción da solidarie-dade entre todos cantos inte-gran o pobo galego.

3. Os poderes da ComunidadeAutónoma de Galicia emananda Constitución, do presenteEstatuto e do pobo.

Artigo 5º:

1. A lingua propia de Galiciaé o galego.

As principais institucións de gober-no teñen a súa sede en Santiagode Compostela.

Santiago deCompostela

A C O R U Ñ A L U G O

O U R E N S E

PONTEVEDRA

Page 5: 4 DE O GOBERNO GALICIA - CIG Ensino · 2017-10-14 · A festa dos Maios celébrase en toda a Comunidade, pero principalmente nas comarcas do Sur. Ten lugar nos primeiros días de

2. Institucións de goberno e competencias

58

AS INSTITUCIÓNS DE GOBERNO DE GALICIA

As principais institucións de goberno da nosa Comu-nidade son:

O Parlamento de Galicia

O Parlamento representa o pobo galego. Está formadopor 75 deputados e deputadas.

Esta institución é a encargada de estudar e aprobar asleis, de controlar a actuación da Xunta e mais do Presi-dente e de aprobar os orzamentos da Comunidade.

A Xunta de Galicia

A Xunta é a institución que se encarga de dirixir a polí-tica da nosa Comunidade. A súa función principal consisteen propoñerlle leis ao Parlamento galego e facer cumpriras que este aproba.

A Xunta está formada polo seu Presidente e polos conse-lleiros e conselleiras encargados das distintas consellerías.

O Presidente da Xunta

O Presidente é elixido polo Parlamento, de entre osseus membros, e é nomeado polo Rei.

Correspóndelle ao Presidente escoller os conselleiros, di-rixir a actividade da Xunta e convocar eleccións ao Parla-mento galego.

O Presidente da Xunta é o máximo representante da no-sa Comunidade.

AS COMPETENCIAS DA NOSA COMUNIDADE

As competencias dunha Comunidade son aqueles as-pectos nos que o goberno autonómico pode lexislar ou de-cidir, e veñen definidas no Estatuto de Autonomía e naConstitución.

A nosa Comunidade ten, entre outras competencias, asseguintes: organización das súas institucións, urbanismo,transportes, turismo, sanidade, deportes, cultura, indus-tria e educación.

As competencias da Comunidade Autónoma de Galiciaexércense a través das institucións de goberno a travésdas consellerías.

A sede do Parlamento de Galicia está enSantiago de Compostela (A Coruña).

Sede do Valedor de Pobo.

O Estatuto de Autonomía de Galiciaestablece a posibilidade de crear e or-ganizar outras institucións de goberno,entre elas o Valedor do Pobo.

A misión principal do Valedor do Poboconsiste en recoller as queixas dos cida-dáns e cidadás sobre as posibles viola-cións dos seus dereitos e liberdadespor parte da Administración.

Para saber máis

Page 6: 4 DE O GOBERNO GALICIA - CIG Ensino · 2017-10-14 · A festa dos Maios celébrase en toda a Comunidade, pero principalmente nas comarcas do Sur. Ten lugar nos primeiros días de

COMPOSICIÓN DAS INSTITUCIÓNS DE GOBERNO DE GALICIA

59

Para responder

Cales son as funcións do Parlamento?

Que funcións ten a Xunta de Galicia? Quena forman?

Que son as competencias autonómicas?

Que competencias lle outorga a Constitu-ción á nosa Comunidade?

4

1

2

3

1. Que institucións de goberno representanas viñetas?

2. Quen elixe os deputados? Cantos deputa-dos e deputadas integran o Parlamentogalego?

3. Quen elixe o Presidente da Xunta de Gali-cia?

4. Quen escolle os conselleiros? Cantos con-selleiros e conselleiras forman a Xunta deGalicia?

O Presidente e 12 con-selleiros e consellei-ras forman a Xunta,que dirixe a políticada nosa ComunidadeAutónoma.

Entre os diferentes poderes que a Constitución lles outorga ás Comunidades Autónomas está o de escolleros seus gobernantes.

Cada catro anos, os galegos e galegas maiores de 18 anos escollen democraticamente os seus repre-sentantes.

Os cidadáns e as cidadásmaiores de 18 anos elixenos seus representantes noParlamento de Galicia.

O Presidente da Xunta é oencargado de escoller os con-selleiros e conselleiras queformarán parte da Xunta.

Os 75 deputados e depu-tadas que compoñen oParlamento escollen, deentre os seus membros, oPresidente da Xunta.

Page 7: 4 DE O GOBERNO GALICIA - CIG Ensino · 2017-10-14 · A festa dos Maios celébrase en toda a Comunidade, pero principalmente nas comarcas do Sur. Ten lugar nos primeiros días de

3. Os símbolos e a festa de Galicia

60

OS SÍMBOLOS DE GALICIA

O Estatuto de Autonomía establece uns sím-bolos que representan ou identifican a Galicia: oescudo, a bandeira e o himno.

O escudo

O escudo de Galicia presenta sobre fondoazul, un cáliz dourado cunha hostia de prata enri-ba e sete cruces do mesmo metal ao redor, distri-buídas tres a cada lado e unha no centro, enribada hostia. As cruces simbolizan as sete antigascidades galegas.

Na parte superior do escudo atópase a CoroaReal.

A bandeira

A bandeira é de cor branca cunha banda azulque a cruza en diagonal desde o ángulo superioresquerdo ata o ángulo inferior dereito.

O Estatuto de Autonomía establece que nos ac-tos e mais nos edificios oficiais deberá ondear abandeira co escudo no centro.

O himno

O himno de Galicia é a composición "Os Pi-nos", unha obra de Pascual Veiga, que compuxo asúa música, e do poeta Eduardo Pondal, que foiquen escribiu a letra.

A letra do himno fala da necesidade de que Ga-licia esperte do seu sono e comece o camiño caraá liberdade.

A FESTA DA COMUNIDADE

A festa oficial da Comunidade de Galicia celébra-se o día 25 de xullo. Esta data coincide coa festivi-dade de Santiago Apóstolo, patrón de Galicia.

Durante este día realízanse múltiples actos fes-tivos que realzan o carácter propio dos galegos epor iso se chama Día de Galicia.

As orixes desta celebración remóntanse no ano1920, ano no que as Irmandades da Fala organi-zaron o primeiro Día de Galicia.

Para responder

Que símbolos identifican a nosa Comunida-de Autónoma? En que textos se establecenestes símbolos?

Como é a bandeira da Comunidade?

Cando se celebra a festa da Comunidade?Que se conmemora nesa data?

En Galicia celébranse festas tradicionais enmoitas localidades. Indaga algunha destasfestas e busca información sobre onde ecando ten lugar.

1

2

3

4

1. Describe os elementos que o compoñen.Que representa cada un deles o escudode Galicia?

Indaga cal é a orixe do noso escudo.2

Para pensar

Bandeira e escudo de Galicia

Page 8: 4 DE O GOBERNO GALICIA - CIG Ensino · 2017-10-14 · A festa dos Maios celébrase en toda a Comunidade, pero principalmente nas comarcas do Sur. Ten lugar nos primeiros días de

FESTAS E TRADICIÓNS DE GALICIA

61

Na nosa Comunidade existe unha antiga tradiciónde festas que se foi cultivando ao longo do tempo.

Entre as festas salientan as patronais, coas súas ro-marías, procesións, bailes, etc.

A romaría viquinga de Catoira celébrase oprimeiro domingo de agosto. Nesta festarepreséntase a batalla entre viquingos e ga-legos, rememorando os tempos nos que osnormandos asediaban as costas galegas, haimáis ou menos mil anos.

A Rapa das Bestas é unha festa que consis-te en baixar dos montes os cabalos salvaxese levalos pola vila ata o cerrado onde osaloitadores lles cortarán as crinas. Esta festacelébrase en varias localidades de Galicia.

A festa dos Maios celébrase en todaa Comunidade, pero principalmentenas comarcas do Sur. Ten lugar nosprimeiros días de maio e festexa achegada da primavera.

Tamén existen bailes tradicionais nasvilas e cidades da nosa Comunidade,como as diferentes variantes de mui-ñeiras. Estes bailes adoitan interpre-tarse con traxes e vestidos típicos.

Page 9: 4 DE O GOBERNO GALICIA - CIG Ensino · 2017-10-14 · A festa dos Maios celébrase en toda a Comunidade, pero principalmente nas comarcas do Sur. Ten lugar nos primeiros días de

62

Comunidade Autónoma

que se rexe polo

Galiciaé unha

turismosanidade educación bandeirahimno escudo

PresidenteParlamento Xunta

competencias instituciónsde goberno

símbolos

que lle confire

sonen

Estatuto de Autonomía de 1981

Completa un resumo

Mapa conceptual

Galicia réxese polo seu ……, aproba-do en …….

O Estatuto establece as …… . Al-gunhas das máis importantes son…… , …… e …… .

As principais institucións da nosa Co-munidade son …… .

O Estatuto de Autonomía fixa unhaserie de símbolos, como son o ……, o…… e a …… .

© I.C.L.

Page 10: 4 DE O GOBERNO GALICIA - CIG Ensino · 2017-10-14 · A festa dos Maios celébrase en toda a Comunidade, pero principalmente nas comarcas do Sur. Ten lugar nos primeiros días de

Coñecer como é o Parlamento de Galicia

Aprende a…

■ Procedemento

Coa axuda do voso profesor ou profesora, podedes programar unhavisita ou un traballo de investigación para saber como é e comofunciona a institución máis importante da Comunidade: o Parlamento de Galicia.

O seguinte cuestionario axudaravos a organizar o traballo e ainformación:

1. Onde está situado o edificio.

– En que cidade e en que rúa ou praza está situado oParlamento de Galicia?

– É un edificio antigo ou moderno?

– Investiga se hai moito tempo que o Parlamento de Galicia es-tá neste edificio.

2. Como funciona o Parlamento de Galicia.

– Cal é a principal función do Parlamento?

– Cantos deputados e deputadas compoñen o Parlamento?

– Que outras persoas, ademais dos deputados e das deputadas,traballan no Parlamento?

– Onde se reúnen os deputados e as deputadas para discutir so-bre os temas importantes da nosa Comunidade?

63

Intern@uta!Queres

saber máis sobre oParlameno de Galicia?

Fai clic sobre Galicia, sigue as instrucións…

e volve facer clic sobre:

4b

www.vicensvives.net/internauta

Interior do Parlamentode Galicia.

SE QUEREDES

VISITAR O PARLAMENTO

DE GALICIA DEBEDES

REALIZAR PREVIAMENTE

UNHA RESERVA.

Page 11: 4 DE O GOBERNO GALICIA - CIG Ensino · 2017-10-14 · A festa dos Maios celébrase en toda a Comunidade, pero principalmente nas comarcas do Sur. Ten lugar nos primeiros días de

Practica competencias básicas

64

Responde as seguintes preguntas:

– Que lei establece que Galicia é unha Comunidade Autónoma?

– Cales son as institucións de Goberno de Galicia?

– Que institución é a encargada de dirixir a política da nosa Comunidade?

– Cales son os símbolos de Galicia?

Le atentamente o seguinte artigo do Estatuto de Autonomía e, a continuación,responde as preguntas:

– Os habitantes de Galicia teñen as mesmas orixes ou son de diferentes proce-dencias?

– Malia a súa procedencia, que lles garante o Estado a todos os habitantes daComunidade de Galicia?

– Cal é o único requisito para ser cidadáns da Comunidade?

Observa o retablo da vida do apóstolo Santiago e realiza as seguintes actividades:

– Sabes quen era o apóstolo Santiago? Que feitos se lle atribúen?

– Describe o que ocorre neste retablo.

– Como se relaciona o feito representado no retablo coa nosa Comunidade?

– Explica o que saibas sobre o Camiño de Santiago.

1

2

"Para os efectos do presente Estatuto, gozan da condición política de ga-legos os cidadáns españois que, de acordo coas Leis xerais do Estado, te-ñan veciñanza administrativa en calquera dos municipios de Galicia."

3

Page 12: 4 DE O GOBERNO GALICIA - CIG Ensino · 2017-10-14 · A festa dos Maios celébrase en toda a Comunidade, pero principalmente nas comarcas do Sur. Ten lugar nos primeiros días de

65

Le o texto do himno da nosa Comunidade e despois realizaos exercicios:

– Busca no dicionario todas as palabras que non coñezas.

– Explica coas túas palabras o que nos quixo dicir o autor destes versos.

Observa os vestidos da fotografía e responde as seguintespreguntas:

– Describe os traxes e mais os complementos.

– Busca información na Internet sobre a orixe destes traxes.

– Coñeces estes traxes típicos de Galicia?

– Tes ti ou algún membro da túa familia un vestido típico galego?

– Describe como é e explica en que ocasións se utiliza.

– Que bailes se representan con estes vestidos?

Engádelle os seguintes termos ao teu dicionario dixital:

4

5

Constitución

consellería escudo himno bandeira

Xunta de GaliciaComunidade Autónoma Estatuto de Autonomía

@

Que din os rumorososna costa verdecenteao raio transparentedo prácido luar?Que din as altas copasde escuro arume arpadoco seu ben compasadomonótono fungar?

Do teu verdor cinguidoe de benignos astrosconfín dos verdes castrose valeroso chan,non des a esquecemento da inxuria o rudo encono;desperta do teu sonofogar de Breogán.

Os bos e xenerososa nosa voz entendene con arroubo atendeno noso ronco son,mais só os iñorantese féridos e duros, imbéciles e escurosnon nos entenden, non.

Os tempos son chegados dos bardos das edadesque as vosas vaguedadescumprido fin terán;pois, donde quer, xigantea nosa voz pregoaa redenzón da boanazón de Breogán.

Intern@uta!Queres

escoitar o himno de Galicia?

Fai clic sobre Galicia, sigue as instrucións…

e volve facer clic sobre:

4c

www.vicensvives.net/internauta

pano

dengue

mantelo

refaixo

medias

polainas

cirola

chaleco

monteira

Page 13: 4 DE O GOBERNO GALICIA - CIG Ensino · 2017-10-14 · A festa dos Maios celébrase en toda a Comunidade, pero principalmente nas comarcas do Sur. Ten lugar nos primeiros días de

1. Observa estas ilustracións e ex-plica que fontes históricas nosamosan:

Para observar

66

A Historia e as súas etapas

A Historia é o estudo dos feitos do pasado e daevolución das formas de vida da humanidadedesde as súas orixes ata os nosos días.

A Historia explícanos como vivían os homes e maisas mulleres no pasado.

O PASO DO TEMPO

A historia da humanidade abrangue millóns de anos.Para medir o tempo histórico, ademais dos anose das décadas (10 anos), utilízanse unidadestemporais máis amplas: os séculos (100 anos) e osmilenios (1000 anos).

Os anos exprésanse con números arábigos (1, 2, 3,4, 5…). Pola contra, os séculos e os milenios expré-sanse con números romanos (I, II, III, IV, V...).

A CRONOLOXÍA

Para comprender mellor a Historia, os feitosordénanse de forma cronolóxica, isto é, desde osmáis antigos ata os máis recentes.

Chamámoslle cronoloxía ao estudo das datas e dasetapas do pasado.

Para ordenar os acontecementos no tempo eestablecer etapas históricas precisamos un puntode referencia. Na nosa cultura, os acontecementoshistóricos dátanse a partir do nacemento de Cristo.

Se os feitos aconteceron antes do nacemento deCristo, escribimos as letras a.C., e se son posterioresescribimos d.C.

AS FONTES HISTÓRICAS

Para coñecer os acontecementos históricos,precisamos documentos ou testemuños que nosinformen sobre como se vivía no pasado. Estesmateriais constitúen as fontes históricas.

As fontes históricas poden ser: escritas, orais,materiais e gráficas.

Na nosa cultura contamos os anos desde onacemento de Cristo.

Calendario solar azteca en pedra.

1. Cantos anos ten un século? Eun milenio? Cantos séculosten un milenio?

2. Cita un ano calquera dos se-guintes séculos: III, XV, V e IX.

Para cavilar

Page 14: 4 DE O GOBERNO GALICIA - CIG Ensino · 2017-10-14 · A festa dos Maios celébrase en toda a Comunidade, pero principalmente nas comarcas do Sur. Ten lugar nos primeiros días de

Idade Moderna

Tradicionalmen-

te, as datas que

lle dan comezo a

esta etapa son a

caída de Cons-

tantinopla ou o

descubrimento

de América e re-

mata a finais do

século XVIII, coa

Revolución fran-

cesa. 67

Idade Media

Abrangue unha

época caracteri-

zada pola expan-

sión do Islam,

dos reinos cris-

tiáns e do desen-

volvemento das

cidades ata finais

do século XV.

Idade Antiga

Esta etapa prin-

cipia coa inven-

ción da escritura

e remata coa caí-

da do Imperio

romano no sécu-

lo V.

Prehistoria

A etapa da pre-

historia abran-

gue desde as

orixes do ser hu-

mano ata a in-

vención da escri-

tura (3500 a.C.).

Esta é a etapa

máis longa da

historia da hu-

manidade.

AS GRANDES ETAPAS HISTÓRICAS

Os historiadores dividiron a nosa historia nas seguintes etapasou períodos:

● Prehistoria, subdividida en Paleolítico, Neolítico e Idade dosMetais.

● Idade Antiga, desde o ano 3500 a.C. ata o 476 d.C.

● Idade Media, abrangue desde o 476 ata finais do século XV.

● Idade Moderna, desde o ano 1473 ata o ano 1789.

● Idade Contemporánea, iníciase en 1789 ata a actualidade.

IdadeContemporánea

Transcorre des-

de a Revolución

francesa ata os

nosos días.

PREHISTORIA IDADE ANTIGA

Nacemento de Cristo

3500 a.C.Invención da escritura

IDADE MEDIAIDADE

MODERNAIDADE

CONTEMPORÁNEA

476Caída do Imperio romano

1453Caída de Constantinopla

De 2 a 3 millóns de anos a.C.Aparición do ser humano sobre a Terra

s.IV

s.III

s.II

s.I

s.I

s.II

s.III

s.IV

s.V

s.VI

s.VII

s.VIII

s.IX

s.X

s.XI

s.XII

s.XIII

s.XIV

s.XV

s.XVI

s.XVII

s.XVIII

s.XIX

s.XX

s.XXI

1789Revoluciónfrancesa

Intern@uta!Queres

saber máis sobreas etapas históricas?

Fai clic sobre Galicia, sigue as instrucións e volve facer

clic en:

5a

www.vicensvives.net/internauta

a.C. d.C.

GRANDES ETAPAS DA NOSA HISTORIA