4 Dec 2009 - Nº 02

25
Número: 2 - Ano: I - Depósito Legal: OU 185-2009 - 4 de decembro de 2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta [10.000 exemplares directos ás súas mans] BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 18 de decembro . Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 FÚTBOL SALA O Cidade As Burgas sube á 3ª posición páx 11 ATLETISMO Sigei, gañador na San Martiño páx 3-5 Codigalco Carmelitas - Pabellón Ourense: Duelo fraticida. Páx. 8 O COB recibe ao Tarragona para obter a súa sexta victoria. Páx. 6

description

Sigei, gañador na San Martiño ATLETISMO FÚTBOL SALA BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 18 de decembro . Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 [10.000 exemplares directos ás súas mans] páx 11 páx 3-5 Número: 2 - Ano: I - Depósito Legal: OU 185-2009 - 4 de decembro de 2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta

Transcript of 4 Dec 2009 - Nº 02

Page 1: 4 Dec 2009 - Nº 02

Número: 2 - Ano: I - Depósito Legal: OU 185-2009 - 4 de decembro de 2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta

[10.000 exemplares directos ás súas mans]

BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 18 de decembro . Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

FÚTBOL SALA

O Cidade As Burgas sube á 3ª posición páx 11

ATLETISMO Sigei, gañador na San Martiño páx 3-5

Codigalco Carmelitas - Pabellón Ourense: Duelo fraticida. Páx. 8

O COB recibe ao Tarragona para obter a súa sexta victoria. Páx. 6

Page 2: 4 Dec 2009 - Nº 02

2 BARRIOS DEPORTIVO4 de decembro de 2009

SEGUNDO NÚMERO

4FIRMAS INVITADASFe de erratasNo número anterior es-

quecimos engadir novas victorias e hitos a dúas das nosas deportistas máis destacadas que tiveron a ben saúdarnos e desexar-nos sorte nesta fantástica empresa: non suliñamos que Marta Míguez foi olímpica en Sydney, e Ro-cio Salgado foi nove ve-ces campiona de España de Wushu e non sete como puxemos.

Oxalá todas as nosas “fe de erratas” sexan para en-gadir máis méritos a esas ourensás e ourensáns que nos representan con tanto éxito polo mundo adiante.

Noraboa deportistas!deportes@

ourenseporbarrios.com

Que gran día!Unha vez durante unha

entrevista de índole un pouco máis persoal pregun-táronme cál era o meu ho-bby. Eu, deseguido, estiven a punto de responder algo típico e mais que socorrido para estes casos, como o de pasear, ir ao cinema ou estar cos amigos. Pero esta vez non, esta vez non sei por que, decidín ser fiel a min mesmo e preguntarme que era de verdade o que máis me gustaba facer durante o meu tempo libre. Descarta-do o de pasar todo o tempo que poida coa miña familia, pois iso é unha paixón e unha necesidade, empecei a recapacitar que era o que máis me agradaba facer du-rante o día. E enseguida o vin. Tíñao clarísimo.

A actividade cotiá que máis satisfacción me pro-duce e na que máis me ato-po comigo mesmo, é ese anaco que un escolle para apartarse de todo e de todos e ponse tranquilamente a ler o xornal. Xa sexa pola mañá nunha cafetaría co café recén feito, a medio-día confortablemente no sofá de casa ou mesmo a última hora do día na cama xa metido, ese máxico mo-mento de abrir o xornal e poder saborealo con calma intrigado sobre que novas traeranos é algo que me en-canta e que non hai día que deixo de facer.

Por iso, o que un novo xornal acabe de nacer e xa vexa a luz é un motivo, un grande motivo para dicir: Que gran día!

No primeiro número tivemos a inestimable colabo-ración dun número de xente vinculada ao deporte en Ourense que quixo poñer o seu gran de area apoiándo-nos na iniciativa deste novo periódico deportivo “Ba-rrios Deportivo”. Por causas alleas á nosa vontade non puidemos incluir o saúdo do laureado marchador do At-letismo Academia Postal, Santi Pérez. Para enmendar o erro, aquí tedes o seu saúdo. Como dí o refrán: Nunca é tarde se a dita é boa!

Santi Pérez, subcampión de España en 50 quiló-

metros marcha e diploma olímpico en Atenas ´04

Santi Pérez

Boa acollida ao primeiro número do Barrios Deportivo na vella Auria

Xa se empeza a ver o Ba-rrios Deportivo nos even-tos da cidade e proba diso é ver estes afeccionados do COB lendo o primeiro número do periódico no descanso contra A Palma, o pasado 13 de novembro. Recorda! Podes levar un, é de balde.

Page 3: 4 Dec 2009 - Nº 02

BARRIOS DEPORTIVO4 de decembro de 2009

3XXXIII CARREIRA DO SAN MARTIÑO

4 A XXXIII Carreira Popular San Martiño tivo unha gran participación a pesar das inclemencias do tempo.

A serpe multicolor invadíu as rúas de Ourense

Ramsés Torres

Falar do San Martiño en Ourense, é falar de festa, e non so polo Magosto, se non tamén pola súa carrei-ra popular, a máis célebre de cantas se organizan en Galicia. Así, o 15 de nov-embro, a pesar do mal tem-po, a serpe multicolor for-mada polos máis de 4.000 populares que participaron nesta edición invadirón as rúas da vella Auria. Para os ourensáns e, para os de fóra de Ourense, a proba do San Martiño é unha cita

obrigada no calendario das carreiras populares gale-gas. Proba de elo, foron os 4365 atletas que remataron a proba a pesar do mal tem-po con fortes choivas antes da carreira e durante a dos nenos.

Na carreira absoluta, po-las rúas da cidade, sobre 10.000 metros, os atletas que remataron foron 2647. O primeiro clasificado foi Barnaba Sigei, cun tempo de 29 minutos e 35 segun-dos, seguido de Hassan Le-khili (30:08) e de Cosmers Kemboi (30:23). En cate-

goría feminina a primeira en chegar á liña de meta situada diante do pavillón dos Remedios foi Joyce Chepkirui (33:45), seguida de Jepkorir Winny (33.50) e de terceira, Filomenta Costa (34:42).

Como anécdota, a última persoa en chegar á meta foi a ourensá Carmen Escudero Alonso, que empregou un tempo de 1 hora, 18 minu-tos e 37 minutos dando boa conta de que nesta proba o importante por enriba de todo é participar, que para iso é unha carreira popular,

que para iso é a nosa pro-ba.

O primeiro galego en re-matar a proba foi o corre-dor daGimnástica de Pon-tevedra, Carlos Villamor (31.05), sexto na clasifica-ción e a mellor galega, Mar-ta Fernández (35:07), do Comesaña. No que se refire aos ourensáns, o primeiro en entrar á meta foi Iván Docampo (Atletismo Aca-demia Postal) cun tempo de 31:44 e a mellor ourensá, a tamén do Academia Postal, Consi Gómez (38 minutos e 51 segundos).

Carreira escolarÁs 12.30 horas daba o

pistoletazo de saída o atleta galego paralímpico, Chano Rodríguez, á carreira esco-lar do San Martiño. Baixo unha forte choiva, 1718 rapaces completaron os catro quilómetros e medio dos que constaba a proba. O primeiro en chegar á meta foi David Santos (15 minutos e 50 segundos), segundo foi Gonzalo Bas-concelo (15:53) e terceiro Esteban Araújo (16:03). En categoría feminina, Eva Guede (18:17) foi a primei-

ra, Iria Rodríguez (18:24) a segunda e Ángela González (18:56) terceira.

2.647 corre-dores na pro-ba absoluta e 1.718 na esco-lar remataron a 33ª edición da Carreira Popular Pedestre do San Martiño a pesar do mal tempo

Momento no que os corredores da proba absoluta enfilan a rúa Jesús Pousa, en A Ponte. /ALBERTO DEL RÍO.

Page 4: 4 Dec 2009 - Nº 02

4 BARRIOS DEPORTIVO4 de decembro de 2009

XXXIII CARREIRA DO SAN MARTIÑO

A XXXIII CARREIRA POPULAR DO SAN MARTIÑO EN IMAXES

Un grupo de corredores ao seu paso pola Ponte Romana. /O. BLANCO

Unha nai levando a súa filla no carriño. /A. DEL RÍO

Nenos do Colexio Mestre Vide antes da carreira. /O. BLANCO

O fotógrafo de prensa Miguel Ángel co seu fillo percorrendo os 10.000 metros da carrei-ra. /O. BLANCO

Na Carreira do San Martiño pódese ver de todo, como a nais e pais levando aos seus fillos en carriños (arriba e á esquerda), a nenos esperando para participar na proba escolar (abaixo a es-querda) ou a todo un campión do Tour de Francia Oscar Pereiro, fiel a súa cita coa San Martiño, entre outros corredores ao seu paso pola ponte Romana.

Oscar Pereiro fiel a súa cita con Ourense. /O. BLANCO

Page 5: 4 Dec 2009 - Nº 02

BARRIOS DEPORTIVO4 de decembro de 2009

5XXXIII CARREIRA DO SAN MARTIÑO

A XXXIII CARREIRA POPULAR DO SAN MARTIÑO EN IMAXES

Que a San Martiño é unha festa non cabe dúbi-da, e podes encontrar moitas cousas curiosas.Arriba á esquerda, un corredor cos brazos abertos a uns metros da meta. Arriba a derei-ta, Joyce Chepkirui, Jepkorir Winny e Filomen-ta Costa no podium como as mellores atletas femininas desta edición. A esquerda o rapaz máis pequeno na proba escolar. Chegando á meta, Barnaba Sigei, gañador da carreira, á dereita. Debaixo destas liñas, un corredor cun atuendo especial, traxe e paxariña.

Fotos de O. BLANCO / A. DEL RÍO

Page 6: 4 Dec 2009 - Nº 02

6 BARRIOS DEPORTIVO4 de decembro de 2009

BALONCESTO

4CLASIFICACIÓNEquipo Gañados Perdidos 1.- Melilla 9 2 2.- Vivemenorca 8 3 3.- Cai Zaragoza 8 3 4.- Girona 8 35.- León 7 4 6.- Río Breogán 7 4 7.- Burgos 6 5 8.- La Laguna 6 5 9.- Mallorca 6 5 10.- Cornellá 5 6 11- Clínicas Rincón 5 6 12.- La Palma 5 6 13.- Ourense 5 6 14.- Cáceres 4 7 15.- Tenerife 4 7 16.- Palencia 3 8 17.- Tarragona 2 9 18.- C. de Vigo 1 10

A nova cara do C.O.B.4 Dende a chegada do novo míster, o equipo gañou tres partidos de catro.

Paco García, adesstrador do COB. /RAMSÉS

Ramsés Torres

Moito cambiou a faciana do Aguas de Sousas Ouren-se dende a chegada ao ban-co do novo adestrador, Paco García. Tres partidos gaña-dos de catro disputados; o que perderon, en terras zaragozanas contra o CAI, pódese decir que non con-ta. Realmente non conta. O CAI xoga outra liga, non a nosa. Nós ao noso que ata agora é realmente bo, den-de que chegou ao banco hai catro partidos o adestrador vallisoletano Paco García, ex, entre outros do Breogán de Lugo. Aínda que non só é culpa del, o que o contra-tou terá algo que dicir. E a todo isto as bancadas cheas, sobre todo cando xogan en domingo, un botón desto é o domingo 22 de novem-bro, partido contra o Girona e máis de 5.000 siareiros animando ata o pitido final

dos colexiados no Paco Paz. Os venres baixa a afluencia pero vai moita xente de to-das formas.

Un pequeno problema fórmase nos aparcadoiros anexos ao Paco Paz can-do temos partido do COB, polo que está ben recordar que se pode ir ao Pazo en bus, xa que, a Concellería de Mobilidade pon en mar-cha un servizo especial de autobuses, con saída desde a praza da Mariña do barrio de A Ponte ás 20.15 horas, e con paradas en Ponte Nova, Curros Enríquez, Parque de San Lázaro, Alameda, xardín do Posío, Avenida de Zamora e Paco Paz. Ao remate do partido fará o mesmo percorrido en sen-tido contrario. A tarifa é a ordinaria, de 0,73 euros.

CampañasO COB busca encher a

bancada e para iso, a di-

rectiva anda a moverse con infinidade de campañas. Á campaña con MOSA Oren-se, da que falaremos máis adiante, é unha delas, como a de agasallar ao socio con dúas entradas para o partido deste venres, 4 de decembro fronte ao Tarragona. Para o seguinte partido, a todo aquel que leve un quilo de comida as instalacións do Pazo tamén se lle regalará unha entrada, nesta ocasión o rival será o Vivemenorca. Este partido da xornada 16, adiántase a este día por que o Paco Paz estará ocupado o día 27 de decembro con Pazolandia. O sábado 12, o equipo desprázase a terras lucenses para disputar o derbi galego contra o Leche Río Breogán. Á semana se-guinte, o venres 18, o Pazo engalanarase novamente para recibir ao Cáceres.

Nestos tres partidos na casa teñen que ser un for-

tín coa axuda do xogador número seis, para que a soñada permanencia sexa unha realidade.

Ourense volve a disfru-tar do baloncesto, gracias ao COB como en anos an-teriores.

Coa chegada do novo adestrador, Paco García, o equipo ven de gañar tres par-tidos e perdido un, contra o to-dopoderoso CAI Zaragoza

Os xogadores do COB, celebrando a victoria contra o Girona rodeados das “cheerslea-ders”. /RAMSÉS

Momento do encontro entre o COB e o Girona disputado no Paco Paz. /RAMSÉS

4Victoria im-portante do Ciudad Termal

Por fin, despois dunha racha negativa de catro encontros perdidos, o Ciudad Termal, conseguiu unha importante victoria contra o establecimientos Otero, gracias a cal, pode aún pensar na liguiña de ascenso. Actualmente o equipo ourensán sitúase sexto con catro victorias e sete derrotas. O próximo encontro e o sábado 5 de decembro, ás 20 horas nos Remedios.

4 Os equipos da Universi-dade gañan

O cadro júnior de ba-loncesto masculino dis-putou esta fin de semana a cuarta xornada da Liga Galega contra o Cidade de Lugo acadando un resul-tado de 69-53 favorable para os ourensáns. Miguel González, o adestrador, asegura que foi a primei-ra parte do partido a que levou ao equipo á vitoria. O próximo partido terá lu-gar o día 13 de decembro no pavillón universitario, data na que se enfrontarán ao cadro vigués Seis do Nadal.

O equipo sénior femini-no seguiu coa racha de vi-torias da fin de semana ao vencer ás viguesas do Seis do Nadal por un resultado de 57-63, o que afianza ao cadro ourensán no primei-ro lugar da táboa de clasi-ficación. O Universitario Campus Ourense volverá xogar o vindeiro día 19 de decembro contra o Alla-riz. O encontro será no pavillón universitario.

Page 7: 4 Dec 2009 - Nº 02

BARRIOS DEPORTIVO4 de decembro de 2009

7BALONCESTO

CAMPAñA COB - MOSA OrenSe

5008 e máis4 Mosa Orense únese co COB para encher as bancadas do Paco Paz.Redacción

Xuntar 5008 siareiros nos próximos partidos do COB no Pazo Paco Paz é o obxectivo dunha iniciativa posta en marcha polo club en colaboración co conce-sionario Mosa Orense, co-incidindo coa presentación do novo modelo Peugeot 5008. Na campaña aúnan-

se o obxectivo do COB de que os seus partidos en casa sexan un encontro familiare e o de Mosa Orense de pre-sentar o seu novo monovo-lume familiar á sociedade ourensá.

O concesionario Peugeot en Ourense únese co COB para encher as bancadas do pavillón ourensán e chegar aos 5008 espectadores, ou

máis, nos partidos que se disputarán os días 4, 8 e 18 de decembro. Para iso, “re-galaremos entradas a todo aquel que se pase polas no-sas instalacións, sitas na rúa Seixalbo, 20-A”, explica o responsable de márketing do concesionario, Car-los Miranda. O xerente de Mosa, Javier Lago, anima a todos os ourensáns a re-coller a súa invitación para os partidos do equipo de baloncesto da nosa cidade e anuncia para o partido do día 18 unha sorpresa para todos os menores que acu-dan.

O número de entradas darase a cada individuo en funcións das que precise para a súa familia. Toda a información desta campaña ofrecerase tanto en Mosa Orense como no correo electrónico: [email protected].

O novo 5008 “é un mo-novolume de estilo esvelto e aerodinámico, e non cede un milímetro en canto ao seu extraordinario com-portamento en estrada”, explica o xefe de vendas de

Mosa Orense, Roberto Abe-lla. Espacioso, cun interior habitable e modulable, o 5008 proporciona aos seus pasaxeiros asentos confor-tables en todas as prazas. Ademais, os que vaian sen-tados na segunda fila dispo-ñen dun sistema multimedia perfectamente integrado no habitáculo, con dúas pan-tallas de cor de 7”, conso-la de conexión que admite calquera tipo de equipo de

Carlos Miranda, responsables de márketing de MOSA Orense.

audio ou vídeo e dous cas-cos inalámbricos bluetooth. O monovolume introduce “tecnoloxías de vangarda ao servizo do confort e da seguridade na conducción”, engade o xefe de vendas, como Head Up Display, Distance Alert, sies airbags, ESP, freo de estacionamen-to eléctrico automático con sistema auxiliar de arranque en pendente, ou asentos con modularidade.

A esquerda, Javier Lago, e a dereita, Roberto Abella, xerente e xefe de vendas de MOSA Orense respectivamente.

Page 8: 4 Dec 2009 - Nº 02

8 BARRIOS DEPORTIVO4 de decembro de 2009

BALONCESTO

4CLASIFICACIÓNEquipo PG-PP

1.- Burgos 7 2 2.- Cajacanarias 7 2 3.- Durán 7 1 4.- Bembibre 7 1 5.- Extrugasa 7 1 6.- Badajoz 6 3 7.- Pío XII 5 3 8.- Valbusenda 5 3 9.- U. Ferrol 4 5 10.- ADBA 3 6 11- Aros 2 7 12.- Arxil 2 6 13.- Cáceres 1 7 14.- P. Ourense 0 8 15.- Carmelitas 0 8

Codigalco CarmelitasVs

Pabellón Ourense

de Carmelitas para ver dis-putar este derbi ourensán, onde os dous equipos che-gan coa necesidade impe-riosa de gañar, polo que as espadas estarán en todo o alto. As gañadoras sairán reforzadas e as perdedores daranlle a puntilla a un prin-cipio de tempada nefasto. “Alea iacta est!”.

4 Carmelitas e Pabellón enfrontanse nun duelo fraticida para ver quen consigue a súa primei-ra victoria no campionato de liga nesta tempada.

Liga Feminina 2. Xornada 10. 05-12-2009. Hora: 19.00h. Partido: Codigalco Carmelitas - Pabellón Ourense

Cancha: Carmelitas Vedruna

Ramsés Torres

Ou vilipendiadas polo ri-val ou no último alento do partido. Xogando mal ou xogando ben. Dá o mesmo, o caso é que tanto Codi-galco Carmelitas como Pa-bellón Ourense non teñen unha soa victoria no que

vai de liga. Pero agora para unha delas vai cambiar o seu sino xa que se enfrontan entre elas o sábado 5 de decembro na cancha das colexialas ás 19 horas.

O Carmelitas vén de re-

c i -bir un duro correcio-nal por parte do Pío XII, perdendo por un con-tundente 83-34, 49 pun-tos de diferencia que non deixan lugar a dudas. En ningún dos cuartos o equi-po superou os 10 puntos (8, 9, 7 e 10 respectivemente), sendo a nortemaricana, Emily Ann Heikes a súa máxima anotadora no en-contro con 10 puntos. Polo que para o derbi as xoga-doras do Carmelitas veñen animicamente tocadas.

Pola outra banda, as xo-gadoras do Pabellón non veñen moito mellor de moral, xa que, na pasada xornada, o equipo tivo nas súas mans a primeira vic-toria, no partido disputado contra o Cajacanarias nos Remedios. Mellor dito nas mans de Bárbara que, a falta de un segundo para o remate do partido e cunha desvantaxe dun só punto dispúñase a lanzar dous ti-ros libres. Tiña a oportuni-dade de dar a primeira vic-toria ao Pavillón se anotaba os dous tiros libres ou polo menos de forzar a prórroga anotando un deles.

Pero os nervios xogáronlle unha mala pasada e non deu conseguido ningún dos dous tiros libres. Ao fi-nal, unha nova derrota do equipo e rostros de cir-cunstancias nas facianas das xogadoras, e iso que remontaron 10 puntos de desventaxa a falta de cinco minutos para o remate. Ao final non puido ser, e ante-riormente ao últimos tiros libres de Bárbara, o equipo tamén fallara outros dous tiros libres máis, e así era moi difícil sacar adiante o partido. Lástima que des-pois da gran remontada non deran rematado a fae-na, debido posiblemente a que teñan en mente o casi-lleiro de victorias a cero, o que lles fai que teñan unha gran losa nas súas costas, e nos instantes finais dos partidos xurdan as impre-cisións.

Partido en CarmelitasO sábado 5 de decem-

bro, ás 19 horas, encheran-se as bancadas do pavillón

Carmelitas e Pabellón chegan ao derbi coa auga ao pescozo

Ieva Kulita entrando a canastra. /RAMSÉS Carla Fernández dando un pase interior. /RAMSÉS

Page 9: 4 Dec 2009 - Nº 02

BARRIOS DEPORTIVO4 de decembro de 2009

9FÚTBOL

4CLASIFICACIÓN Equipo Puntos1.- Deportivo B 35 2.- Cerceda 34 3.- Coruxo 28 4.- Pontevedra B 26 5.- Ordes 26 6.- Ourense 25 7.- Alondras 25 8.- Céltiga 23 9.- Narón 23 10. C. Areas 23 11- Vilalonga 21 12.- Lalín 17 13.- Bergantiños 16 14.- Vilalbés 15 15.- Negreira 15 16.- Rápido de Bouzas 14 17.-Somozas 14 18.- Santa Comba 12 19.- C. de Santiago 11 20.- Verín 4

C. D. Ourense sae da promoción

Ramsés Torres

Cando parecía que todo volvía á boa senda do ano pasado... visita do Santa Comba ao Couto e empate

a un gol e partido contra o Céltiga e derrota por catro goles a dous, despois de adiantarse no marcador en dúas ocasións e acabando os primeiros corenta e cin-

co minutos cun 1 a 2 a fa-vor dos de Romero. Agora sitúanse sextos a un punto da promoción pero con dú-bidas no xogo do equipo capitalino.

Na ponte da Constitución para a competición, que volve andar o domingo 13 de decembro. O Club De-portivo Ourense recibirá ao Cerceda, segundo clasifica-do no que se verá o nivel do conxunto ‘rojillo’. Tres días máis tarde a liga trasládase a mediados de semana e o mércores 16 de decembro o Ourense visita ao Bergan-tiños. Antes do parón de Nadal o equipo das Burgas volve xogar en casa, nesta ocasión contra o Lalín no que será o último partido do ano desta liga. Disputarase no estadio de O Couto o do-mingo 20 de decembro.

O Verín C. F. fóra de onda

Nesta liga o Verín non dá collido o seu sitio, ou quizais sí, e este non sexa outro que o de descender ao

4 O que dixoRomero lamentouse que

no último partido contra o Céltiga das oportunidades marradas e comentou que en ocasións estivo máis preto o 2-3 que o 3-2 pero o seu equipo non marcou as ocasións e o contrario sí.

Romero nun partido en O Couto. /RAMSÉS.

final de tempada a Rexio-nal Prefente. O equipo de Tonino vén de perder estre-pitosamente no campo do Cerceda, próximo rival do Ourense, por un contunden-te 6-0. Antes de que finalice o ano, recibe o domingo 13 ao Bergantiños (13º), visi-ta o mércores 16 ao Lalín (12º) e volve a xogar no José Arjiz o domingo 20 contra o noveno clasifica-do, o Narón.

Estes partidos antes de que remate o ano poden ser unha boa ocasión para que o equipo verinés tome aire e non se lle escape toda op-ción de permanecer na ca-tegoría, aínda que está moi complicado, xa que se en-contra a dez puntos da sal-vación con soamente catro puntos dos 45 disputados nestas 15 primeiras xorna-das. En casa, cero puntos.

O Pabellón Ourense xuvenil empata contra o Deportivo de A CoruñaRamsés Torres

O equipo ourensán de fútbol que milita na divi-sión de honra xuvenil, o Pa-villón Ourense, acadou un empate a un gol con sabor

a victoria ante o que ata entón era o líder do gru-po 1 desta división de honra, o Deportivo da Coruña. Os goles che-garon na segunda parte, adiantándose no marca-dor os visitantes e logran do o tanto do empate os pabellonistas 15 minutos máis tarde por obra de Hugo. Nos instantes fi-nais o equipo local perdía a hora a pesar de ter unha clara ocasión na portería contraria. Os xogadores do

Deportivo tamén tiveron as súas ocasións, a balón para-do nos últimos minutos.

Con este resultado o De-portivo cede o primeiro posto ao Celta e o Pabellón Ouren-se queda 10º con 13 puntos.Partido disputado en Os Remedios entre o Pabellón e o Deportivo. /RAMSÉS.

Page 10: 4 Dec 2009 - Nº 02

10 BARRIOS DEPORTIVO4 de decembro de 2009

HOQUEI

4CLASIFICACIÓN

División Honor B1.- Benalmádena 11 2.- Junior 10 3.- Vallés Esportiu 10 4.- Pedralbes 9 5.- Egara 6 6.- Valencia 6 7.-Caldaria Barrocás 6 8.- R. Sociedad 4 9.- Natació-Linia 4 10.- C. Sardinero 2 1ª División Feminina1.- C. Sardinero 6 2.- Club de Campo 6 3.- Tenis 6 4.-OurenseBuleBule 5 5.- Jolaseta 4 6.- Olimpia 3 7.- Xaloc 2 8.- San Fernando 2 9.- Covadonga 2 10.- Pozuelo 2 1ª División Masculina1.- Albor 14 2.- Apóstol 12 3.- Pabellón 8 4.- Caldaria Barrocás 8 5.- Cidade de Ourense 4 6.- Atl. Caixanova 4 7.- Atl. Coruña 2 8.- P. Leonés 2 9.- Calor y fuego Cudeiro 0

O Caldaria Barrocás non pasa do empate en casa e o Ourense Bule Bule sube á cuarta posición4 Na primeira división do grupo terceiro o Albor é primeiro.

Ramsés Torres

O Caldaria Barrocás tiña unha boa oportunidade de subir postos na liga pero o empate (1-1) ante o Natació - Linia 22 en Mariñamansa, fixo que se coloque séptimo con seis puntos. Na fin de semana do 5 e 6 de decem-bro non se disputan partidos pola ponte da Constitución, e o proximo partido do Ba-rrocás é contra o colista Sardinero, en Cantabria. O domingo 20 de decembro xogan os ourensáns contra o Vallés (terceiro clasifi-cado) ás 12.00 horas en Mariñamansa o que será o último partido do ano e an-terior ao parón invernal. A competición reanudarase o 14 de marzo, onde os ba-rrocos xogarán novamente en casa fronte ao Junior, se-gundo na liga.

Ourense Bule Bule cuartas

Intenso fin de semana o pasado para as xogadores

do Ourense Bule Bule que tiveron que xogar dous par-tidos. O primeiro deles con-tra o Sardinero, aprazado por culpa do mal tempo. As ourensás perderon por un gol a cero. Ao día seguinte, o domingo, desprazáronse ao País Vasco para xogar contra ao Jolaseta, onde conseguiron unha impor-tante victoria por un gol a dous o que as fai colarse no cuarto posto con 8 puntos.

Antes do parón da compe-tición reciben o domingo 13 de decembro ao Tenis, polo loita polo terceiro posto e o seguinte fin de semana visi-ta o campo do Covadonga. A competición voltará no-vamente en marzo.

Albor primeiro da primeira división

A primeira división grupo terceiro de hoquei masculi-no ten un claro cor ourensán. Nos cinco primeiros postos están equipos de Ourense, aínda que é certo que outro equipo noso, o Calor y Fue-

go Cudeiro ocupa a última praza. No primeiro posto o Albor suma os seus partidos por victorias, sete de sete. Seguido moi de preto está, o Apóstol que tampoco co-ñece a derrota nin o empate nesta liga pero ten un parti-do menos. A estes dous se-guenlle o Pabellón, o filial do Barrocás e o Cidade de Ourense. Despois veñen os tres equipos do fóra de

Ourense, Atl. Caixanova, Atletic Coruña e Polideorti-vo Leonés e pecha a táboa o Calor y fuego de Cudeiro.

Na tarde do sábado 12 de decembro, dispútase a oita-va xornada con tres parti-dos en Mariñamansa. Ás 16 horas, o Cidade de Ourense recibe ao Atl. Caixanova, ás seis da tarde o Calor y fuego Cudeiro enfróntase ao Caldaria Barrocás e, o

Apóstol recibe ás oito da tarde ao Albor, no que será o partido da xornada xa que estará en xogo o primeiro posto. Na xornada nove, 19 de decembro, Mariñaman-sa volve a ter dous partidos desta liga, ás catro da tarde o pabellón recibe ao Polide-portivo Leonés e o Apóstol Ourense visita ás 18 horas ao filial do BarrocásF

Partido entre o Ourense Bule Bule e o San Fernando./ A DEL RÍO.

Albor e Cudeiro en Mariñamansa./ RAMSÉS.“Negro” controlando a pelota diante do rival. /MIGUEL REJO.

Page 11: 4 Dec 2009 - Nº 02

BARRIOS DEPORTIVO4 de decembro de 2009

11FÚTBOL SALA

O Ponte Ourense baixa posicións ao perder con Burela4 Ocupa a décima posición na clasificación.Ramsés Torres

Despois do derbi galego contra o recén ascendido Burela, o Ponte Ourense ocupa a décima posición con 15 puntos. Os tantos de Lucía e Bea non ser-viron para nada ante un gran equipo lucense que se quedou cos tres pun-

tos tras superar por 5-2 ás pupilas de Isidro Grela. Na xornada anterior en os Re-medios venceron ao Telde por un cómodo 3-1.

Antes do parón de Nadal, o Ponte Ourense recibe nos Remedios o sábado 5 de de-cembro, ás cinco da tarde, ao Atlético de Madrid Na-valcarnero (quinto con 19

puntos), no que será a 12ª xornada de liga. Sete días máis tarde visita a cancha do Zaragoza (oitavo) e na últi-ma xornada deste ano 2009 o equipo pontino descansa por contar con 17 equipos a liga.

Loli no camiño do balón cara a porta. /RAMSÉS

Ramsés Torres

O xoven equipo do Ci-dade de As Burgas é a gra-ta sorprese da división de prata do grupo IV de fút-bol sala femenino no que participan equipos de Ma-drid, Castela a Mancha, Castela León e Galicia. O equipo ourensán está na terceira posición con 18 puntos despois de ven-cer por seis goles a cinco Chiloeches. As pupilas de

Manolo Codeso tiveron que sufrir para gañar ás oitavas clasificadas nun final moi apretado, o que da mostrar do nivel igualado desta ca-tegoría.

O 5 de decembro o Cida-de visita a cancha do Unami e o 12 do mesmo mes recibe a visita do Universidade de Salamanca, noveno e undéci-mo respectivamente, no que pode ser unha boa oportuni-dade de asentarse nos posto nobres da clasificación.

Cidade de As Burgas se encarama á terceira posición

4CLASIFICACIÓNEquipo Puntos 1.- Alcorcón 22 2.- Majadahonda 19 3.- Cidade As Burgas 18 4.- Leganés 17 5.- Combarro 16 6.- Collado Villalba 12 7.- Leis 9 8.- Chiloeches 9 9.- Unami 7 10.- Casarrubios 3 11- U. de Salamanca 3 12.- Road House 0

4CLASIFICACIÓNEquipo Puntos1.- Córdoba 28 2.- Elche 24 3.- Burela 21 4.- Móstoles 20 5.- Navalcarnero 19 6.- Valladolid 19 7.- Murcia 19 8.- Zaragoza 18 9.- Rioja 17 10.-Ponte Ourense 15 11- Logroño 14 12.- Gironella 9 13.- Soto del Real 9 14.- Campillos 9 15.- Telde 6 16.- Castelldefels 5 17.- Torrejón 2

Page 12: 4 Dec 2009 - Nº 02

12 BARRIOS DEPORTIVO4 de decembro de 2009

O EQUIPO DO MES

Page 13: 4 Dec 2009 - Nº 02

BARRIOS DEPORTIVO4 de decembro de 2009

13O EQUIPO DO MES

Page 14: 4 Dec 2009 - Nº 02

14 BARRIOS DEPORTIVO4 de decembro de 2009

ATLETISMO

Un ano máis disputouse o Cross do Guillelme Brown4 Lévase celebrando 14 anos.Redacción

Un ano máis, e xa van 14, a ANPA do Colexio Gui-llelme Brown organizou o Cross Guillelme Brown. A cita foi o pasado 21 de novembro e a ela acudiron máis de 200 atletas de todas as categorías para correr o cross que discorre polo re-cinto de dito colexio.

Atletas independien-

4 14º Cross Guillelme Brown. ClasificaciónPrebenxamín masculino1º Kevin Torres2º Alvaro Díaz3º Ian MartePre benxamín feminino1º Sabela Fernández2º Carla Padrón3º Mar DíazBenxamín masculino1º Manuel Prieto2º Beltrán Sousa3º Mario MuñozBenxamín feminino1º Inés Antao2º María Rodríguez3º Sandra PérezAlevín masculino1º Gonzalo Ferreiros2º Jesús Alvarez3º Miguel BarbadoAlevín feminino1º Aída Martínez

A Megaxove chega a súa décima edición4 Será o martes 8 de decem-bro en expourense.Ramsés Torres

O Club Ourense Atle-tismo Academia Postal organiza o martes 8 de de-cembro a décima edición da carreira de Expourense - Megaxove, a partir das 11.15 horas arredor dos recinto de Expourense e Pazo dos Deportes Paco Paz. A esa hora, empeza-rán as nenas de categoría alevíns e infantís, 1.200 metros, e dez minutos máis tarde para os nenos desas mesmas categorías, 2.050 metros. Ás 11.40h. turno para as rapazas ca-detes e xuvenís, 2.050 me-tros, e ás 11.55h. os nenos sobre unha distancia de 3.600 metros. Xa ás 12.20 horas, tocaralle o turno ás categorías júnior, prome-sa, sénior e veteráns mas-culinos e femininos sobre

unha distancia de 6.000 me-tros. Ás 12.55 horas corre-rán os banxamíns, nenos e nenas correndo 850 metros. E para rematar, ás 13.05 ho-ras os máis cativos, nados no anos 2003 e posteriores farán unha minivolta de 300 metros.

Ata o domingo 6 de de-cembro ás 20 horas póden-se facer as inscricións na categoría absoluta no co-rreo electrónico: [email protected], mentres que nas de-mais categorías poderanse inscribir no mesmo lugar da carreira ata media hora antes da respectiva proba. Haberá agasallos para todos os participantes no stand do Ourense Academia Postal.

2º Modesta Carneiro3º Arantxa PérezInfantil masculino1º Francisco Miranda2º Damián Picouto3º Manuel RamosInfantil feminino1º Cielos Caderno2º Miriam Opazo3º Arantxa GómezCadete masculino1º Javier Rivero2º Daniel González3º Ayoub NagihiCadete feminino1º Aitana Legiçano2º Aranzazu Chousa3º Natalia CidPais1º Joaquín Antao2º Marc Grosso3º Enrique FidalgoNais1º Elisa Cuevas2º María Bustillo3º Patty GrossoAbsoluta masculina1º Rubén Alonso2º Víctor Demanuel3º Mario PérezAbsoluta feminina1º Tania Prieto2º Laura García3º Lucía Esteban

tes, do Academia Postal, da Casa da Xuventude de Ourense, e rapaces do Co-lexio Guillelme Brown, do xa citado Academia Postal, do colexio Ben Cho Sei e da nova Escola de Atletismo de Xinzo de Lima, Limiac-tiva, acercáronse ao Gui-llelme para disfrutar dunha mañá de carreiras con algo de choiva.

Nais e pais de alumnos do Guillelme Brown que gañaron a súa carreira. /RAMSÉS

Esquerda. Podium da cate-goría pre benxamín mascu-lina. Abaixo momento dun-ha carreira de categoría feminina. /RAMSÉS

A carreira abso-luta percorrerá 6.000 metros

Page 15: 4 Dec 2009 - Nº 02

BARRIOS DEPORTIVO4 de decembro de 2009

15ATLETISMO

San Cibrao das Viñas acolle a súa oitava carreira do Nadal4 Será o domingo 20 de decembro.Ramsés Torres

A VIII Carreira do Nadal de San Cibrao das Viñas celebrarase o domingo 20 de decembro e contará coa disputa de tres carreiras. Ás 12.00 horas tomarán a saída os adultos (cun percorrido de 8,5 quilómetros) e os ne-nos sobre unha distancia de 3 quilómetros. E ás 13.00 horas, tocaralle o turno aos pitufos (2001 e posteriores) que farán un percorrido de 300 metros. A saída e a meta estarán situadas nas piscinas municipais de pon-te Noalla, nas inmediacións do Polígono de San Cibrao das Viñas.

Despois das carreiras fa-rase a entrega de trofeos e ofrecerase un ágape para todos os participantes. Ade-mais, sortearanse nume-rosos agasallos e produtos gastronómicos, bicicletas, cestas de Nadal e unha noi-te de hotel nunha suite con cea para dúas persoas.

Ademais dos premios aos tres primeiro clasificados de cada categoría, nesta carreira haberá un premio especial aos seis primeiros traballadores-empresarios do Polígono de Barreiros e San Cibrao das Viñas. To-dos os pitufos que cheguen a meta obterán unha meda-lla e todos os participantes recibirán unha camiseta e unha bolsa de deporte.

InscriciónsPara as carreiras de 3 e

8,5 quilómetros a inscrición pode facer de dúas manei-ras: presenciais en Depor-tes RED.1 (Rúa Nosa Sra da Saínza, 18) ata o mérco-res día 16 de decembro, ou pola Web www.champion-chipnorte.com ata o xoves día 17 de decembro. Os datos obrigatorios nas ins-cricións son NIF con letra, nome e apelidos, data de nacemento completa, loca-lidade, provincia, e-mail de

contacto, teléfono de con-tacto, nome do clube (se o ten) e tamén se pertence o Concello de San Cibrao de Viñas, por unha banda, e se é traballador/a ou em-presario/a do Polígono de San Cibrao de Viñas ou de Barreiros, por outra.

As inscricións estarán limitadas a 500 partici-pantes, incluindo adultos e nenos/as e terán un custe de 3 euros. O pago pode-rase facer a través da web de championchipnorte ou en man na tenda Deportes Red.1. (r/ A Saínza). Os/as participantes da carreira de 3 quilómtros que non posúan NIF, deberán facer a súa inscrición de forma presencial neste establece-mento. A recollida de dor-sais e chips, farase dende as 9 horas ata media hora antes de iniciar a proba.

Lorena Luaces consegue o récord galego de marcha4 na distancia de 5 quilómetros.

Redacción

A atleta do Ourense At-letismo Academia Postal, Lorena Luaces, obtivo o pa-sado fin de semana na XXII marcha atlética “Espada toledana” o récord galego de 5 quilómetros en ruta na modalidade de marcha, ao parar o crono en 22 minutos e 41 segundos, gañando de paso a proba e sacándolle seis segundos a segunda e quince a terceira. Este ré-cord, ademais de ser récord galego, tamén é récord do club ourensán.

O outro representante aca-démico na proba, en catego-ría masculina, foi o recén

fichado, Francisco Arcilla, quedando en cuarta posición a 24 segundos da cabeza e a 19 do podium. Outro atle-ta do Academia Postal que estivo a piques de subirse ao podium o pasado fin de

O récord galego de 5 quilómetros marcha obtivo por Lorena Lua-ces en 22 minu-tos 41 segundos

semana pero desta vez na media maratón de Ponte-vedra foi Iván Docampo que empregou 1 hora, 8 minutos e 20 segundos en percorrer os 21,097 quiló-metros.

Lorena Luaces en Monterrei. /NACHO REGO.

Inscricións ata o 17 de decembro

Page 16: 4 Dec 2009 - Nº 02

16 BARRIOS DEPORTIVO4 de decembro de 2009

EDUCACIÓN E DEPORTE

Continúa a actividade Miniolimpiadas Ourensás 20104 Dentro do programa “educación e Deporte” do Concello de Ourense.Redacción

A concellería de Educa-ción do Concello de Ouren-se continua coa actividade “Miniolimpiadas Ourensás 2010” dentro do programa educativo “Educación e De-porte”. O obxectivo deste programa é o de transmitir

e potenciar a educación en valores, e nos ideais olím-picos.

A actividade consta de dúas partes: unha parte teórica impartida mediante charlas nos colexios pola coordinadora do programa, a ex nadadora, Paula Carba-llido, na que explica a orixe

dos Xogos Olímpicos e en que consisten. E unha par-te práctica, que terá lugar no módulo de Atletismo do Pavillón dos Remedios, no mes de maio, onde os cen-tros participantes realizarán unhas probas coma se duns Xogos Olímpicos se trata-se.

Paula Carballido con alumnos do Colexio Curros Enríquez. / RAMSÉS.

“Basquet and English” de novo en Ourense4 O ex-xogador do COB Willie Ladson impartirá esta actividade.Redacción

A Concellería de Educa-ción do Concello de Ouren-se, presentou o programa “Basquet and English” no que se pretende que os ra-paces aprendan inglés xo-gando ao baloncesto. Tráta-se do programa “Basket and English”, impartido polo

ex–xogador profesional de baloncesto, Willie Earl Ladson, que une balonces-to e inglés para acadar que os nenos se comuniquen verbalmente neste idioma cunha pronunciación axei-tada, á vez que se forman técnica e tacticamente ó ba-loncesto.

Actualmente partici-

pan no programa 63 nenos ourensáns de entre 5 e 18 anos de dous centros da cidade, A Ponte e Irmáns Villar. Outros centros como O Couto e Mestre Vide xa mostraron o seu interese no proxecto e poderían ofre-celo a principios do ano próximo, data na que Willie Ladson contará coa axuda

de Brendan Callahan, xo-gador de baloncesto que traballou na NBA.

A actividade reúne múl-tiples cualidades positivas para os nenos, xa que aúna deporte, educación, for-mación, saúde, traballo en equipo, diversión, entrete-mento, motivación, disci-plina e benestar.

4 Willie LadsonEste ex-xogador de baloncesto natural de Dillon, Ca-

rolina do Sur, Estados Unidos xogou en infinidade de equipos, de países tan dispares como Arxentina, Chi-na, Holanda, Rusia, Venezuela, México, e España, entre outros.

Durante dúas campañas defendeu os cores do Club Ourense Baloncesto onde actualmente é o terceiro ade-strador. Tamén é licenciado en Comunicación e Socio-loxía pola Universidad de Duquesne (USA).

Esta iniciativa leva tres anos en marcha e agora mesmo conta con 220 ne-nos de toda a provincia que participan neste programa.

Pódese anotar por dúas vías: ou chamando ao telé-fono móbil 618 73 40 16 ou escribir ao correo electró-nico [email protected].

Basket and English des-

envólvese actualmente en Ourense nos colexios de A Ponte e Irmáns Villar (den-tro do programa do Con-cello) así como no colexio Luis Vives, Salesianos e Franciscanas.

Tamén se imparte en Ve-rín e Xinzo e pronto tamén se poderán beneficiar del os estudantes de O Carballiño, Maside e Ribadavia.

en xaneiro ampliarase a oferta de Basket and english a colexios da cidade que xa mostraron o seu interese en participar nesteprograma como o de O Couto e o Mestre Vide

Willie Ladson./RAMSÉS.Na foto o alcalde de Ourense, a concelleira de Educación e Willie Ladson. /RAMSÉS

Page 17: 4 Dec 2009 - Nº 02

BARRIOS DEPORTIVO4 de decembro de 2009

17POLIDEPORTIVO

Ourense acolleu a 13ª edición dos xogos autonómicos Special Olympics Galicia266 deportistas participaron no evento.Ramsés Torres

Special Olympics Gali-cia, asociación dedicada á promoción das persoas con discapacidade a través do deporte e do ocio, organi-zou un ano máis un evento deportivo en Ourense, os XIII Xogos Autonómicos de Natación Ourense 2009. Esta 13ª edición tivo lugar ao longo do sábado 21 de novembro nas instalacións

da piscina municipal do pa-villón dos Remedios, onde se deron cita 266 deportis-tas con discapacidade inte-lectual de toda Galicia para competir nas probas de 25, 50 e 100 metros libres, ma-riposa, braza e costas se-gundo o seu nivel; así como en relevos.

Os deportistas participan-tes desfilaron, como se se trataran duns auténticos xo-gos olímpicos, polas insta-

lacións antes do desfile das bandeiras de Galicia e de Special Olympics, e poste-riormente un dos deportis-tas leu o lema: “Quero ga-ñar, pero se non o consigo, deixádeme ser valente no intento”, lema de Special Olympics.

29 asociacións de toda a xeografía galega participa-ron nesta competición cun total de 266 deportistas e 86 adestradores.

Un participante dos XIII Xogos Autonómicos de natación Special Olympics./ RAMSÉS.

BÁDMinTOn

José Carlos Padilla vence na I proba da ránking galego senior4 O xogador do independiente venceu en individual e dobres.Redacción

No Pavillón da Univer-sidade Laboral de Ourense celebrouse na universidade Laboral de Ourense a pri-meira proba do Ránking Galego Senior de Bádmin-ton organizada polo Club Universidade Laboral e a Federación Galega de Bád-minton.

Nesta proba participaron un total de 50 xogadores pertencentes aos clubs ga-legos: CB Troula de Lugo, CB El Draque de Vigo, SD Lalín, Club Universidade dá Coruña, CB Cedeira, In-dependente RSL B.C., Club Athlos e Universidade La-boral de Ourense.

O grande dominador do campionato sería o xogador do Independente RSL Bád-

minton Club, José Carlos Padilla que se alzaría coa vitoria tanto na modalidade individual coma na de do-bres demostrando que tras o

seu éxito en Castilla e León a anterior fin de semana se atopa nun grande estado de forma. En individual mas-culino desfíxose en 1ª rolda

de Daniel Pérez (Universi-dade Laboral), en cuartos de final do vigués e cabe-za de serie nº 1 Benjamín Albores, en semifinais do

Os ourensáns máis veteráns nun partido disputado na Universidade Laboral. /RAMSÉS

ourensano do club Athlos Pablo Fernández e na final do seu compañeiro de club J. Gómez.

No que respecta a o do-bres masculino facendo

parella con J. Gómez derro-tarían en 1ª rolda a Capón/Domínguez, en semifinais aos coruñeses Lamas/Rub-alcaba e na final aos ouren-sáns do club Athlos Fernán-dez/Tourón.

A próxima cita do RÁn-king Galego Senior será o 19 de decembro en Cedeira (A Coruña).

IV Torneo Internacio-nal “Villa de Geria”

Os éxitos non paran para o Independiente, e o pasado fin de semana acudiron á lo-calidade vallisoletana de Za-

ratán para disputar o IV Tor-neo Internacional “Villa de Geria” no que participaron 98 xogadores. Os xogadores do equipo ourensán do Inde-pendiente, Gómez e Padilla obterían os triunfos en do-bres masculino eo primeiro e segundo posto en categoría senior individual masculino. Na modalidade de dobres vencerían na final aos portu-gueses do Club Azambuja, Correia e Bárbara, por dous xogos a cero mentres que en individual Padilla vencería a Gómez polo mesmo resulta-do de 2 a 0.

Partido de dobres na Universidade Laboral. /RAMSÉS

Page 18: 4 Dec 2009 - Nº 02

18 BARRIOS DEPORTIVO4 de decembro de 2009

TENIS DE MESA

Redacción

O pasado sábado dispu-touse no Pazo dos Deportes Paco Paz, o encontro de te-nis de mesa correspondente á 8ª xornada da liga de 1ª división autornómica, entre o equipo ourensán do Gal-médica Ourense T.M. e o Charol Complementos de Cambados. Os ourensáns non tiveron problemas de desfacerse do equipo de Cambados por un contun-dente tanteo de 5 a 2. Con este resultado o Galmédica Ourense se segue mantendo nos postos altos e cada vez ten máis preto o obxectivo de principios de tempada, que é manterse na catego-ría. A liga descansa agora ata o 12 de decembro, data onde o equipo de Ourense se despraza a Gondomar para enfrontarse ao A.D. Ferretería Vincios, quinto con 10 puntos. O Galmédi-ca Ourense está segundo na clasificación con 12 puntos.

Por diantes ten ao primei-ro clasficado a 6 puntos (leva 18) e por detrás está o A.D. Vincios/Esypro cos mesmos puntos, 10, que os ourensáns. A dous puntos ten os postos da loita polo descenso.

Galmédica Ourense Te-nis de Mesa

O Galmédica Ourense T.M. creouse hai tres tem-poradas, recollendo o testi-go do desaparecido Ouren-se T.M. que participara na Liga Federada de Tenis de Mesa por última vez en 2005/2006.

A raíz da desaparición do Ourense T.M., un grupo de amantes deste deporte non se resignaron a que Ouren-se fose a única provincia galega sin representación na Liga organizada pola Federación Galega de Tenis de Mesa (en A Coruña teñen 35 equipos, en Pontevedra, 34 e en Lugo, 5), tomando a decisión de crear un equipo

para participar na tempo-rada 2006/2007 na compe-tición oficial, como únicos representantes da provincia de Ourense e baixo a de-nominación de Galmédica Ourense T.M.

O Galmédica Ourense regresa á sendado triunfo

Aquel primeiro ano o equipo formado por Anto-nio Gómez, Diego Gómez, Carlos Domínguez e María Corral, baixo as ordes do adestrador Ramón Becerra, empezou a dar os seus pri-

meiros pasos participando no Grupo Sur da Terceira División Autonómica con-siguindo, ao término da tempada, unha meritoria 3ª. posición na Tabla Clasifica-toria. Na siguinte tempora-da, a 2007/2008, con novas incorporacións ó equipo (Emilio Diéguez, Juan Angel Ferreiro, Antonio López, Juan Domínguez e Eduardo Cousido) conse-guiuse finalizar primeiros de Grupo e, en consecuen-cia, o ascenso á 2ª. Divi-sión Galega. Nesta última temporada 2008/2009, na que o equipo se estrenaba na 2ª. División, conseguiron novamente quedar primeros de Grupo, o que supuxo un novo ascenso, neste caso á 1ª. División Autonómica.

Na presente temporada o equipo ourensano está en-cadrado no Grupo Sur de

Galicia, xunto con outros tres equipos de Cambados, dous de Gondomar, un de Pontevedra e outro de Lalín, que ó final da Liga Regular terán que enfrentarse cos do Grupo Norte para establecer os postos definitivos.

Tanto os adestramentos como os encontros que xo-gan como locais, lévanse a cabo no Pazo dos Deportes “Paco Paz”. Os encontros como locais xóganse na Sala 3 do Paco Paz os sá-bados ás 5 da tarde, con en-trada libre e gratuita para os interesados en presencialos. Ó mesmo tempo o equipo tamén participa nos múl-tiples torneos de Tenis de Mesa que se disputan por toda a xeografía galega.

Desde as páxinas de Ba-rrios Deportivo, o Galmé-dica Ourense T.M. quere animar á práctica deste de-porte, aberto a tódalas ida-des, invitando ós interesa-dos a presenciar e apoiar ó equipo nos encontros locais que se disputan na sala 3 do Paco Paz (debaixo das gra-das da pista central.

4CLASIFICACIÓN1ª División galega - Grupo Sur Equipo Puntos1.- Grupo Barros 18 2.- Galmédica Ourene 12 3.- A. D. Vincios 12 4.- Joyería Enrique 10 5.- Ferretería Vincios 10 6.- Lalín 10 7.- Diario de Pontevedra 2 8.-Charol Complementos 0

De esquerda a dereita: Antonio Gómez - Emilio Diéguez - Juan Angel Ferreiro - Diego Gómez - Antonio López, compoñentes do Galmédica Ourense T.M. /RAMSÉS.

Galmédica co-lócase segundo na clasificación

Page 19: 4 Dec 2009 - Nº 02

BARRIOS DEPORTIVO4 de decembro de 2009

19POLIDEPORTIVO

A importancia da fa-milia nesta sociedade é evidente no contexto pre-ventivo. A relevancia da actuación das nais e pais é moi importante se se ten en conta a función de socialización da familia como universo simbólico no que o neno interioriza regras sociais e códigos que o constituirán coma ser humano axudándoo a conformar a súa persona-lidade individual.

Temos que ter en conta o papel referencial dos pais, tendo presente que son, así mesmo, os en-cargados de transmitir aos nenos valores, hábi-tos, actitudes e formas de comportamento que os fillos imitan de xeito cons-ciente e inconsciente.

O deporte comparte coa familia a capacidade para simular ese uni-verso simbólico cheo de regras e códigos que axu-dan a conformar a per-sonalidade. A práctica de un deporte, ven sexa pola práctica familiar, ou acercamento por imitar os proxenitores/modelos mediáticos, ou por propia iniciativa dos rapaces, é imprescindible hoxe en día para o desenvolve-mento de calquera per-soa. Complementa o papel referencial da familia, e é un campo de probas fóra da familia onde se pon en

xogo todo o que aprendeu baixo a ala protectora.

Daquela, como combinar ambos universos e non pro-vocar un colapso digno do big-bang? Do mesmo xeito que unha regra de ouro na paternidade é ter claro que o noso papel é de nai/ pai e non colega. No deporte o papel do pai nunca debe aproximarse nin minima-mente ao de adestrador, representante, psicólogo, gurú...debe ser nai/pai mo-tivador con confianza nos responsables técnicos que están o cargo dos nosos ne-nos. Eles teñen un traballo importantísimo, dos que de-bemos recibir información acerca dos nosos fillos en numerosas ocasións, e so-bre os que podemos esixir comportamentos dignos pola importancia da imaxe educativa que ofrecen den-tro e fora do mundo depor-tivo.

Un rapaz busca no de-porte a diversión, e pasi-vamente vai absorbendo e automatizando os contidos que formarán os límites e normas, e deben ser orien-tados progresivamente por eles ata chegar a substituír o control exterior das súas condutas por un control interno, que estea incorpo-rada a súa aptitude e o seu repertorio condutual, o que facilitará que ao chegar a adolescencia, idade na que adoitan aparecer as pri-

4ArTiGO

O papel dos pais no deporte. Unha oportunidade

meiras situacións sociais de risco, o mozo poida res-ponder á presión xeral de xeito responsable.

Outro aspecto a destacar é a importancia que ten a comunicación entre todos os membros deste universo que xa é un, de xeito que se cree un clima de confianza que permita consultar cos pais acerca das dificultades que se lles presenten.

Por todo isto, o progra-ma de educación familiar “Escola de nais e pais” pretende apoiar o insubs-tituible papel das nais e pais no proceso evolutivo, educativo e madurativo dos seus fillos/as, ademais de tratar de incrementar a participación dos mesmos nas distintas comunidades educativas, sociais e de-portivas.

Para máis información, na Concellería de Sanidade do Concello de Ourense, no teléfono 988 5106 22.

Luisa Rodríguez Arias e César Fernández González, Unidade Concello Saudable

Ourense

O deporte com-parte coa familia a capacidade para simular ese uni-verso simbólico cheo de regras e códigos que axu-dan a conformar a personalidade

O equipo xuvenil masculino do C.H. Barrocás campión galego4 Na modalidade de herba.

De pé: Miguel (entrenador) Sergio, blanco, Lucas, Adán, Carlos, Ricardo, Fragata, Amorin (presi-dente) e Óscar bajo: Iván, López, Antón, Javier, Adrián, Zaneti e Lois.

Ramsés Torres

O Barrocás Xuvenil Mas-culino de Herba procláma-se Campión Provincial e Galego, vencendo na final ao Atlántico de Vigo por sete goles a cero, en parti-do xogado nas instalacións ourensás de Mariñamansa.

O Campión Galego se clasifica directamente para xogar a final do Campio-nato de España. Este ano, Ourense cede a sede para que se celebre o Campiona-to de España en Santander do 5 ao 8 de decembro. O Barrocás compartirá grupo con C.H. Parayas (Santan-der), R.C. Jolaseta (Bilbao) e C.H. Complutense (Ma-

drid).Participan os oito mello-

res equipos de España, e o equipo do Barrocás inten-tará meterse na final, tarefa difícil ao ter no seu grupo ao campión do 2008. Os equipos favoritos son o R.C. Tenis, por ser o equipo organizador e C.H. Com-plutense, actual campión.

Obxectivo: medallaPara Miguel Castaño,

adestrador dos barrocos, o obxectivo neste campiona-to “é intentar lograr unha

das medallas. Os favo-ritos son os da Complu-tense que teñen o mesmo equipo que o ano pasado cando se proclamaron campións de España en Ourense. Intentaremos no encontro contra eles xogar un bo partido e intentar a victoria pero terán que darse moitos factores para conseguila. Se consegui-mos unha das medallas es-taremos no campionato do ano próximo”, comentaba a este periódico Miguel Castaño.

O equipo ourensán participará no Campionato de españa, en Santander, do 5 ao 8 de decembro

Page 20: 4 Dec 2009 - Nº 02

20 BARRIOS DEPORTIVO4 de decembro de 2009 EN BREVE

AXeDreZ

FÚTBOL

4Copa Rexións UEFA

A selección galega de fút-bol participa na VII Copa das rexións UEFA, que terá lugar en Ourense os días 6, 7 e 8 de decembro, como sede do Grupo B no que participan as seleccións de Galicia, Murcia e País Vas-

co.O primeiro dos partidos

terá lugar no Pavillón dos Remedios o domingo 6 de decembro, ás 16.30 horas, no que se enfrontarán as se-leccións de Galicia e o País Vasco. Ao día seguinte, luns 7 de decembro, ás 16.30 horas, terá lugar o partido entre as seleccións de Mur-

cia e País Vasco tamén no pavillón dos Remedios, e finalmente, o martes 8 de decembro, ás 16.30 horas, no campo de O Couto, xo-garán as seleccións de Gali-cia e Murcia.

Antes do 28 de febreiro de 2010 terá que celebrar-se a fase intermedia nacio-nal, en eliminatoria de ida

e volta. Posteriormente, xogaranse os postos para acadar o campión nacional, que se enfrontará en fase internacional a seleccións doutros países. A Copa das Rexións UEFA vense dis-putándo dende 1999. Nela toman parte os campión rexionais de cada unha das federacións nacionais da

UEFA. As seleccións están formadas por xogadores de entre 18 e 35 anos que nun-ca tivesen firmado un con-trato profesional. Na fase española entran en xogo 17 seleccións, e ata o de agora foron Madrid e o País Vas-co as seleccións que máis campionatos acadaron (2 cada unha), seguidos de

Asturias e Castela e León (1 campionato cada unha). No ámbito internacional, España xunto con Italia son as seleccións que lideran o palmarés de campións, con 2 victorias cada unha. O evento está organizado pola Delegación de Ouren-se da Federación galega de fútbol.

4Campionato do mundo sub-18

Iván Salgado proclamouse en Turquía subcampión do mundo sub-18, tan só supe-rado polo ruso Maklakov e despois de levar o liderato do campionato durante gran

parte das 11 xornadas nas que discorría o torneo. Na última xornada chegaban empatados a puntos, oito cada un, pero unhas táboas do ourensán e a victoria de Maklakov deron ao traste as esperanzas de acadar o pri-meiro posto no campionato

sub 18. Iván era o segundo favorito neste campionato. Con tan so 18 anos, Iván Salgado ven de debutar coa selección española de axedrez participando no Campionato de Europa de seleccións acadando a sexta posición, a mellor de toda a

historia deste deporte para a selección nacional. Iván Salgado tivo unha actuación brillante, acreditando un to-tal de 2673 puntos FIDE e conseguindo 4 puntos en 6 partidas. A importancia des-ta puntuación indica que o situaría directamente no 49

lugar do ranking mundial. A próxima cita que pode ser en decembro aínda que non é seguro.

O que sí é seguro é que, o noso Gran Maestro Interna-cional, en febreiro marchará a terras rusas onde se dispu-tan dous torneos. Iván Salgado./ARQUIVO.

Page 21: 4 Dec 2009 - Nº 02

BARRIOS DEPORTIVO4 de decembro de 2009

21EN BREVE

MOTOr

COnCUrSO

4T. Estévez SportTaller Estévez Sport, con-

cesionario oficial Bosch Car Service, ofrece un software de reprogramación para ob-ter o máximo rendemento dos motores dos automóbi-les, e conseguir ata un 25% de CV máis.

Por exemplo, para un Ci-

troen C4 1.6 HD de 110 CV consíguese trala reprogra-mación unha potencia de 132 CV.

O seu departamento de Bosch Motorsport conta cun equipo de enxeñeiros altamente cualificados e a máis alta tecnoloxía en ad-quisición de datos para así darlle unha saída aos soños

de moitos conductores.En T.Estévez Sport ofre-

cen un sistema de reprogra-mación seguro e testado en bancos de potencia. As súas máximas son: máis poten-cia, máis control e menos consumo.

[T.Estévez Sport está en Par-que Empresarial de Vilamarín parcela 38, tel. 988 21 22 11]

“Camino a la NBA” levará a dous ourensáns a Nova York para presenciar un partido de Gasol4 new York Knicks - L.A. Lakers é o encontro que presenciará o gañador.Redacción

Xa está en marcha a se-gunda edición do concurso de Onda Cero Radio que leva a dous ourensáns a ver un partido da NBA, nes-te caso á cidade de Nova York para presenciar os

New York Knicks contra os L.A. Lakers de Pau Ga-sol. O premio do concurso e unha viaxe de catro para dúas persoas a Nova York e dúas entradas para ver o mencionado partido o 22 de xaneiro. A forma de partici-par é, recollendo un cupón

nun dos establecementos participantes, cubrilo e en-tregalo, como data tope, o 22 de decembro nas urnas situadas en Centro Comer-cial Ponte Vella ao lado de Restaurante La Toscana e Bricocentro Paradelo. O 30 de decembro en Onda Cero

Cartel do “Camino a la NBA”

Ourense realizarase un programa especial no que se extraerá unha papeleta cun nome, se chamará por teléfono e se no prazo de cinco minutos contesta ao teléfono será o gañador. No caso contrario chamarase á seguinte persoa e así suce-

sivamente. Nesta edición o concurso está patrocinado por Bricocentro Paradelo, e outros 15 establecementos

comerciais da provincia, como Electrodomésticos Feijoo, Copersa ou o cen-tro virtual AME.

Page 22: 4 Dec 2009 - Nº 02

22 BARRIOS DEPORTIVO4 de decembro de 2009

DEPORTE E SAÚDE

4LUMBALXIA

Aínda que as causas que provocan as lumbalxias po-den ser moi diferentes, por norma xeral a ausencia de actividade física ou facer exercicios en posicións pouco axeitadas poden provocar ou favorecer este proceso.

Para previr as dores lum-bares é aconsellable unha adecuada hixiene postural para reducir a carga que

as costas soportan ao rea-lizar actividades cotiás. Esta hixiene postural dé-bese centrar en adoptar as posturas máis ergonómicas en situacións como: sentar nunha cadeira (moi impor-tante en idades escolares debido ao gran número de horas que os nenos pasan sentados nos pupitres), sentar no coche para con-ducir ou tamén na forma

de levantar pesos, e ata o facer tarefas do fogar como fregar os pratos, pasar o ferro, pasar a fregona, etc. Doutra banda tamén é recomendable levar unha vida activa e realizar acti-vidade física incidindo na práctica de exercicios que fortalezan a musculatura da zona abdominal, a zona posterior das costas, os glúteos e as extremidades

A lumbalxia poderíase definir como a sensación dolorosa circunscrita á área da columna lumbar, tendo como efecto final unha repercusión na mo-bilidade normal da zona, debido á sensación dolo-rosa.

As doenzas lumbares ou lumbalxia inespecífica, afectan a catro de cada cinco persoas nalgún mo-mento da súa vida e son a principal causa de ausen-tismo laboral nos países desenvolvidos.

A lumbalxia inespecí-fica é unha dor agu-da que nun 30% dos afectados se conver-te en crónico, que se presenta sen que haxa unha patoloxía previa e do que se descoñece a causa.

Prodúcese unha asociación entre factores muscula-res e psicosociais que xeran condutas de evitación, medo e

atrofia muscular, provocan-do un círculo vicioso que favorece a cronificación e a incapacidade.

Preto do 90% dos casos non presentan algún tipo de lesión demostrable, polo que o problema se cataloga como unha lumbalxia ines-pecífica.

Contrariamente ao que antigamente se pensaba, o repouso está contraindica-do, pois debilita e atrofía a musculatura.

A mellor recomendación é manter o maior grao de actividade física que a dor permita, e se nalgún caso é necesario o repouso en cama, este debe ser o máis breve posible e durar un máximo de 2 días, xa que se estima que cada día de repouso en cama leva con-sigo unha perda do 2% da potencia muscular.

Nas persoas afectadas de lumbalxia crónica hai unha perda na forza do tronco, flexibilidade do tronco e

capacidade car-diovascular, polo que unha terapia de exerci-cios axeitada debería de ter en conta estes tres pa-rámetros, xa que os bos resultados que se poden obter indican a súa con-veniencia. En relación á frecuencia de adestra-mento muscular, de for-ma xenérica unha vez á semana é suficiente para progresar e manter os re-sultados obtidos.

Calquera que sexa a causa da dor lumbar, parte do seu tratamento é a corrección da postura viciosa. Pero unha boa postura, non é soa unha cues-tión de “man-terse recto”. Refírese ao uso correcto do corpo en todo momento.

Pablo Gómez Delgado,

diplomado en Fisioterapia

Actividade deportiva no local de Galicia Sport.

inferiores. Pero, ollo!, este tipo de exercicios deben ser executados correcta-mente, para iso é esencial a vixilancia e control por parte dun especialista que corrixa os movementos e as posturas inaxeitadas e que poidan ser prexudi-ciais para as costas.

José Manuel Paredes, licenciado en Educación

Física

Definición[Sección ofrecida por Saudeter]

Consellos para evitala e tratala

Acordo entre Club Galicia Sport e Saudeter

Tras ás xornadas de por-tas abertas como pistoleta-zo de saída a un proxecto altruísta, saudable, creativo e interesante entre o club Galicia Sport e Saudeter.

O club deportivo Galicia Sport creouse coa finalida-de de brindar a oportunida-de a todos os seus asocia-dos de achegar as mellores alternativas deportivas ao alcance, charlas informa-tivas saudables, cursos de formación a posibles técni-cos deportivos, saída labo-ral aos mozos relacionados co deporte e a saúde.

Galicia Sport e a empre-sa Saudeter estamparon a súa sinatura nun convenio para ofrecer clases colecti-vas variadas e de calidade pero sobre todo ao alcance de todos (20 euros ao mes); foi a base deste primeiro acordo para o local social situado na rúa Picasso 12 de Ourense.

Un Zouk na gala de Nadal de Couto Centro

Un Zouk será a inter-vención de Saudeter o 5 de xaneiro na gala navide-ña organizada pola Aso-ciación Couto Centro para entregar os seus galardóns anuais. Fany Dos Santos, gañadora de “Son de Es-trelas 2008”, que porá a voz, Ulises Da Costa (coreográfo e profesor de baile) e Elionora (bailari-na profesional ) achegarán esta modalidade de baile ou público.

Con sons brasileiros e ritmos moi sensuais, máxicos, tremendamente vivos e con moita enerxía será unha bonita parte da gala que conta con moitas, variadas e espectaculares actuacións.

[A gala terá lugar no Auditorio municipal de

Ourense o 5 de xaneiro]

O Zouk é unha modalidade de baile

Page 23: 4 Dec 2009 - Nº 02

BARRIOS DEPORTIVO4 de decembro de 2009

23

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634 - 988 549 717. Correo-e: [email protected]. Distribúe: J Publicidad. Imprime: PublicacionesTameiga.Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Alberto del Río

Nº2 - Ano: I - 4 de decembro 2009 - Difusión: 10.000 exemplaresA opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

Cal foi o último evento deportivo ao que acudiches?

A PREGUNTA DO MES

Diego Parente:“Fun ver un partido de

liga provincial de balon-cesto, o equipo de Xun-queira de Ambía”.

Mónica Álvarez:“Fai moito tempo vin

un partido de fútbol no Barco de Valdeorras”.

José Luis Rodríguez:“Fai 15 días acudín o

Couto ver o C.D. Ouren-se. Tamén vexo partidos de liga local de fútbol sala”.

Eduardo Monzón:“Vin o C.D. Ourense fai

un par de meses”.

Jacinto Falqué:“Últimamente fun ver

o hocquei Barrocás e o Apóstol. Xoquei o xo-quei de rapaz e fun arbi-tro de liga nacional”.

Alberto Rodríguez:“Xa fai un montón de

tempo fun ver o Acade-mia Postal de fútbol sala no pabillón”.

Carlos Moure:“Organicei o Día da

Bici fai pouco”.

Jorge Lamas:“Fai un mes vin un

partido do COB no Pazo”.

Page 24: 4 Dec 2009 - Nº 02

[10.000 exemplares directos ás súas mans]BARRIOS DEPORTIVO4 de decembro de 2009

Page 25: 4 Dec 2009 - Nº 02