4º domingo toc bene pagola 2013
-
Upload
nuria-m-nunez-elissetche -
Category
Documents
-
view
130 -
download
3
Transcript of 4º domingo toc bene pagola 2013
![Page 1: 4º domingo toc bene pagola 2013](https://reader036.fdocumento.com/reader036/viewer/2022081801/55611807d8b42a89138b5931/html5/thumbnails/1.jpg)
3 de febreiro de 20134º Tempo ordinario (C)
Lucas 4, 21-30
Red evangelizadora BUENAS NOTICIASDifunde O EspíritO profético de Xesús.
José Antonio Pagola
Música: Albinoni,concierto nº6;present: B.Areskurrinaga HC; euskaraz:D.Amundarain
![Page 2: 4º domingo toc bene pagola 2013](https://reader036.fdocumento.com/reader036/viewer/2022081801/55611807d8b42a89138b5931/html5/thumbnails/2.jpg)
Sabemos que historicamente a
oposición a Xesús se oposición a Xesús se foi xestando pouco a foi xestando pouco a pouco: o receo dos pouco: o receo dos
escribas, a irritación escribas, a irritación dos mestres da lei e dos mestres da lei e o o rexeitamento dos
dirixentes do templo foron crecendo ata
acabar na súa execución na cruz.
![Page 3: 4º domingo toc bene pagola 2013](https://reader036.fdocumento.com/reader036/viewer/2022081801/55611807d8b42a89138b5931/html5/thumbnails/3.jpg)
Tamén o sabe o evangelista Lucas. Pero, intencionadamente, forzando incluso o seu
propio relato, fala do rexeitamento frontal a Xesús na primeira actuación pública que
describe.
![Page 4: 4º domingo toc bene pagola 2013](https://reader036.fdocumento.com/reader036/viewer/2022081801/55611807d8b42a89138b5931/html5/thumbnails/4.jpg)
Desde o principio han de tomar conciencia os
lectores de que o rexeitamento é a primeira reacción
que encontra Xesús entre os
seus ao presentarse como
Profeta.
![Page 5: 4º domingo toc bene pagola 2013](https://reader036.fdocumento.com/reader036/viewer/2022081801/55611807d8b42a89138b5931/html5/thumbnails/5.jpg)
O sucedido en Nazaré non é
un feito illado. Algo que sucedeu
no pasado.
O rexeitamento a Xesús cando se presenta como O rexeitamento a Xesús cando se presenta como Profeta dos pobres, liberador dos oprimidos e Profeta dos pobres, liberador dos oprimidos e
perdoador dos pecadores, pódese ir producindo perdoador dos pecadores, pódese ir producindo entre os entre os seus ao longo dos séculos.
![Page 6: 4º domingo toc bene pagola 2013](https://reader036.fdocumento.com/reader036/viewer/2022081801/55611807d8b42a89138b5931/html5/thumbnails/6.jpg)
Aos seguidores Aos seguidores de Xesús de Xesús cústanos cústanos
aceptar a súa aceptar a súa dimensión dimensión profética. profética.
Esquecemos Esquecemos case por
completo algo que ten a súa importancia.
![Page 7: 4º domingo toc bene pagola 2013](https://reader036.fdocumento.com/reader036/viewer/2022081801/55611807d8b42a89138b5931/html5/thumbnails/7.jpg)
Deus non se encarnou nun sacerdote, consagrado a coidar a relixión do
templo. Tampouco nun letrado ocupado en defender a
orde establecida pola lei.
![Page 8: 4º domingo toc bene pagola 2013](https://reader036.fdocumento.com/reader036/viewer/2022081801/55611807d8b42a89138b5931/html5/thumbnails/8.jpg)
Encarnouse e revelouse nun Profeta enviado Encarnouse e revelouse nun Profeta enviado polo Espírito a anunciar aos pobres a Boa polo Espírito a anunciar aos pobres a Boa
Nova e aos oprimidos a liberación.Nova e aos oprimidos a liberación.
![Page 9: 4º domingo toc bene pagola 2013](https://reader036.fdocumento.com/reader036/viewer/2022081801/55611807d8b42a89138b5931/html5/thumbnails/9.jpg)
Esquecemos que a relixión cristiá Esquecemos que a relixión cristiá non é unha relixión máis, non é unha relixión máis,
nacida para proporcionar aos seguidores de Xesús as nacida para proporcionar aos seguidores de Xesús as crenzas, ritos e preceptos axeitados para vivir a súa crenzas, ritos e preceptos axeitados para vivir a súa
relación con Deus.relación con Deus.
![Page 10: 4º domingo toc bene pagola 2013](https://reader036.fdocumento.com/reader036/viewer/2022081801/55611807d8b42a89138b5931/html5/thumbnails/10.jpg)
É unha relixión profética,
impulsada polo Profeta Xesús para promover un mundo máis
humano, orientado cara á
súa salvación definitiva en
Deus.
![Page 11: 4º domingo toc bene pagola 2013](https://reader036.fdocumento.com/reader036/viewer/2022081801/55611807d8b42a89138b5931/html5/thumbnails/11.jpg)
Os cristiáns temos o risco de Os cristiáns temos o risco de descoidar unha e outra vez a
dimensión profética que nos ha de animar aos seguidores de Xesús.
![Page 12: 4º domingo toc bene pagola 2013](https://reader036.fdocumento.com/reader036/viewer/2022081801/55611807d8b42a89138b5931/html5/thumbnails/12.jpg)
A pesar das grandes manifestacións proféticas que se foron dando na historia cristiá, non deixa
de ser verdade o que afirma o recoñecido teólogo H. von Balthasar:
A finais do século segundo "cae sobre o Espírito (profético) da Igrexa unha xeada que non volveu
quitarse de todo".
![Page 13: 4º domingo toc bene pagola 2013](https://reader036.fdocumento.com/reader036/viewer/2022081801/55611807d8b42a89138b5931/html5/thumbnails/13.jpg)
Hoxe, de novo, preocupados por Hoxe, de novo, preocupados por restaurar "o relixioso" fronte á secularización restaurar "o relixioso" fronte á secularización moderna, os cristiáns corremos o perigo de moderna, os cristiáns corremos o perigo de camiñar cara ao futuro privados de Espírito camiñar cara ao futuro privados de Espírito
profético.profético.
![Page 14: 4º domingo toc bene pagola 2013](https://reader036.fdocumento.com/reader036/viewer/2022081801/55611807d8b42a89138b5931/html5/thumbnails/14.jpg)
Se é así, Se é así, pódenos suceder pódenos suceder
o que o que aos veciños de aos veciños de
Nazaré: Nazaré: Xesús abrirase Xesús abrirase
paso entre nós e paso entre nós e "afastarase" "afastarase"
para proseguir o para proseguir o seu camiñoseu camiño.
![Page 15: 4º domingo toc bene pagola 2013](https://reader036.fdocumento.com/reader036/viewer/2022081801/55611807d8b42a89138b5931/html5/thumbnails/15.jpg)
Nada lle impedirá seguir a súa tarefa liberadora.
Outros, vindos de fóra, recoñecerán a súa forza profética e acollerán a súa acción
salvadora.
![Page 16: 4º domingo toc bene pagola 2013](https://reader036.fdocumento.com/reader036/viewer/2022081801/55611807d8b42a89138b5931/html5/thumbnails/16.jpg)
PRIVADOS DE ESPÍRITO PROFÉTICO
Sabemos que historicamente a oposición a Xesús se foi xestando pouco a pouco: o receo dos escribas, a irritación dos mestres da lei e o rexeitamento dos dirixentes do templo foron crecendo ata acabar na execución na cruz.
Tamén o sabe o evanxelista Lucas. Pero, intencionadamente, forzando incluso o seu propio relato, fala do rexeitamento frontal a Xesús na primeira actuación pública que describe. Desde o principio han de tomar conciencia os lectores de que o rexeitamento é a primeira reacción que encontra Xesús entre os seus ao presentarse como Profeta.
O sucedido en Nazaré non é un feito illado. Algo que sucedeu no pasado. O rexeitamento a Xesús cando se presenta como Profeta dos pobres, liberador dos oprimidos e perdoador dos pecadores, pódese ir producindo entre os seus ao longo dos séculos.
Aos seguidores de Xesús cústanos aceptar a súa dimensión profética. Esquecemos case por completo algo que ten a súa importancia. Deus non se encarnou nun sacerdote, consagrado a coidar a relixión do templo. Tampouco nun letrado ocupado en defender a orde establecida pol a lei. Encarnosuse e revelouse nun Profeta enviado polo Espírito a anunciar aos pobres a Boa Nova e aos oprimidos a liberación.
Esquecemos que a relixión cristiá non é unha relixión máis, nacida para proporcionar aos seguidores de Xesús as crenzas, ritos e preceptos axeitados para vivir a súa relación con Deus. É unha relixión profética, impulsada polo Profeta Xesús para promover un mundo máis humano, orientado cara á súa salvación definitiva en Deus.
Os cristiáns temos o risco de descuidar unha e outra vez a dimensión profética que nos ha de animar aos seguidores de Xesús. A pesar das grandes manifestacións proféticas que seforon dando na historia cristiá, non deixa de ser verdade o que afirma o recoñecido teólogo H. von Balthasar: A finais do século segundo "cae sobre o Espírito (profético) da Igrexa unha xeada que non volveu quitarse de todo".
Hoxe, de novo, preocupados por restaurar "o relixioso" fronte á secularización moderna, os cristiáns corremos o perigo de camiñar cara ao futuro privados de Espírito profético. Se é así, pócenos suceder o que aos veciños de Nazaré: Xesús abrirase paso entre nós e " afastarase" para proseguir o seu camiño. Nada lle impedirá seguir a súa tarefa liberadora. Outros, vindos de fóra, recoñecerán a súa forza profética e acollerán a súa acción salvadora.
José Antonio Pagola