5º pascua b 2015 bene sicre
-
Upload
nuria-m-nunez-elissetche -
Category
Documents
-
view
39 -
download
4
Transcript of 5º pascua b 2015 bene sicre
![Page 1: 5º pascua b 2015 bene sicre](https://reader036.fdocumento.com/reader036/viewer/2022062320/55a94b451a28abd5248b4623/html5/thumbnails/1.jpg)
O labrador, O labrador, a vide e os bacelosa vide e os bacelos
Domingo 5º de Pascua. Ciclo B.Domingo 5º de Pascua. Ciclo B.(03-05-2015)(03-05-2015)
Texto: José Luis Sicre.Texto: José Luis Sicre.Euskaraz: D. Amundarain.Euskaraz: D. Amundarain.Presentación: B. Areskurrinaga HCPresentación: B. Areskurrinaga HCMúsica: Hendel-AdagioMúsica: Hendel-Adagio
![Page 2: 5º pascua b 2015 bene sicre](https://reader036.fdocumento.com/reader036/viewer/2022062320/55a94b451a28abd5248b4623/html5/thumbnails/2.jpg)
Unha anécdota e un conselloUnha anécdota e un consello
Hai anos un amigo tivo que predicar este domingo nunha poboación da Axarquía malagueña, onde os homes estaban acostumados a ir todos os días ao bar a tomar unha copa de viño. Un sitio ideal para falar da vide e dos bacelos. Con todo, cando terminou a misa, preguntáronlle cheos de curiosidade: “Padre, que é a vide?” Naquela poboación as vides chámanas cepas. Non se decataran de nada.
![Page 3: 5º pascua b 2015 bene sicre](https://reader036.fdocumento.com/reader036/viewer/2022062320/55a94b451a28abd5248b4623/html5/thumbnails/3.jpg)
Experiencia parecida tiven eu a primeira vez que dei charlas
bíblicas en Centroamérica.
A xente nunca vira unha vide ou unha
oliveira. Por desgraza, Xesús
nunca contou a parábola do bo
cafeteiro.
![Page 4: 5º pascua b 2015 bene sicre](https://reader036.fdocumento.com/reader036/viewer/2022062320/55a94b451a28abd5248b4623/html5/thumbnails/4.jpg)
O primeiro que debe preguntarse o que O primeiro que debe preguntarse o que vaia dar unha homilía este domingo é se vaia dar unha homilía este domingo é se a xente entenderá unha parábola a xente entenderá unha parábola contada nunha cultura campesiña e contada nunha cultura campesiña e mediterránea. mediterránea.
![Page 5: 5º pascua b 2015 bene sicre](https://reader036.fdocumento.com/reader036/viewer/2022062320/55a94b451a28abd5248b4623/html5/thumbnails/5.jpg)
Nos nosos días, Xesús probablemente tería contado outra moi distinta na forma, aínda que idéntica no fondo.
Unha parábola na que o Pai é un informático, Xesús a corrente eléctrica e nós ordenadores (computadoras) que
non poden funcionar se non están conectados a El. Incluso aos que funcionan ben, o Pai límpaos a fondo para
que funcionen mellor.
![Page 6: 5º pascua b 2015 bene sicre](https://reader036.fdocumento.com/reader036/viewer/2022062320/55a94b451a28abd5248b4623/html5/thumbnails/6.jpg)
Pero esta adaptación, aparte de ser moito menos poética, comete o Pero esta adaptación, aparte de ser moito menos poética, comete o mesmo erro: quen non viva nunha cultura tecnolóxica non a entenderá; mesmo erro: quen non viva nunha cultura tecnolóxica non a entenderá;
e dentro duns anos, cando os ordenadores non necesiten estar e dentro duns anos, cando os ordenadores non necesiten estar conectados á rede, a parábola perdería o seu sentido. conectados á rede, a parábola perdería o seu sentido.
Máis vale aterse á imaxe orixinalMáis vale aterse á imaxe orixinal
![Page 7: 5º pascua b 2015 bene sicre](https://reader036.fdocumento.com/reader036/viewer/2022062320/55a94b451a28abd5248b4623/html5/thumbnails/7.jpg)
O labrador,O labrador, a vide e os bacelosa vide e os bacelos
Esta pasaxe coñécese Esta pasaxe coñécese como «a parábola da como «a parábola da
vide e os bacelos». vide e os bacelos». Título erróneo, porque Título erróneo, porque
non ten en conta o non ten en conta o protagonista principal, o protagonista principal, o
labrador, que é quen labrador, que é quen poda, arranca e tira os poda, arranca e tira os
bacelos que non dan bacelos que non dan froito. froito.
![Page 8: 5º pascua b 2015 bene sicre](https://reader036.fdocumento.com/reader036/viewer/2022062320/55a94b451a28abd5248b4623/html5/thumbnails/8.jpg)
E máis bien que parábola é unha fábula, E máis bien que parábola é unha fábula, onde os protagonistas son animais ou onde os protagonistas son animais ou
plantas que poden falar e actuar. plantas que poden falar e actuar. Neste caso, os protagonistas secundarios, Neste caso, os protagonistas secundarios,
os bacelos, non falan, pero si actúan. os bacelos, non falan, pero si actúan.
![Page 9: 5º pascua b 2015 bene sicre](https://reader036.fdocumento.com/reader036/viewer/2022062320/55a94b451a28abd5248b4623/html5/thumbnails/9.jpg)
Algúns deciden manterse unidos á vide, e dan froito abundante. Outros deciden independizarse, cortar a relación coa vide,
e deixan de dar froito. (A imaxe dunhas ramas en movemento, neste caso afastándose do
tronco, lembra a fábula de Iotam (Xuíces 9,8), que comeza: «Puxéronse en marcha as árbores para elixírense un rei»).
![Page 10: 5º pascua b 2015 bene sicre](https://reader036.fdocumento.com/reader036/viewer/2022062320/55a94b451a28abd5248b4623/html5/thumbnails/10.jpg)
O título habitual subliña a importancia da vide. O título habitual subliña a importancia da vide. E en parte leva razón: de estar unidos a ela ou separados E en parte leva razón: de estar unidos a ela ou separados
dela depende o futuro dos bacelos. dela depende o futuro dos bacelos. Pero a vide non fai nada. Sinxelamente está aí. Pero a vide non fai nada. Sinxelamente está aí.
Todas as accións realízanas o labrador o os bacelos. Todas as accións realízanas o labrador o os bacelos.
![Page 11: 5º pascua b 2015 bene sicre](https://reader036.fdocumento.com/reader036/viewer/2022062320/55a94b451a28abd5248b4623/html5/thumbnails/11.jpg)
Enfoque curioso, que nos obriga a reflexionar sobre a importancia de Deus Pai na vida do cristián; e o papel fundamental de Xesús,
aínda que ás veces teñamos a impresión de que non fai nada
na nosa vida.
![Page 12: 5º pascua b 2015 bene sicre](https://reader036.fdocumento.com/reader036/viewer/2022062320/55a94b451a28abd5248b4623/html5/thumbnails/12.jpg)
1ª lectura: a poda de Deus1ª lectura: a poda de Deus
A fábula destaca unha das accións que realiza o labrador: A fábula destaca unha das accións que realiza o labrador: «a todo o que dá froito pódao, para que dea máis froito». «a todo o que dá froito pódao, para que dea máis froito».
Podar é cortar, ferir á árbore, despoxala de algo que lle custou Podar é cortar, ferir á árbore, despoxala de algo que lle custou tempo e esforzo producir.tempo e esforzo producir.
Pero o campesiño faino para que estea máis sa e forte. Pero o campesiño faino para que estea máis sa e forte.
![Page 13: 5º pascua b 2015 bene sicre](https://reader036.fdocumento.com/reader036/viewer/2022062320/55a94b451a28abd5248b4623/html5/thumbnails/13.jpg)
Estas palabras do evanxeo pódense aplicar moi ben ao
que conta de Paulo a primeira lectura.
Despois da súa conversión, podería esperar que o recibiran moi ben en
Xerusalén. Pero ocorre algo moi
distinto: non se fían del, evítano, ata que Bernabé o
presenta aos apóstolos. Cando comeza a predicar, os xudeus de lingua grega intentan eliminalo e debe
fuxir a Tarso.
![Page 14: 5º pascua b 2015 bene sicre](https://reader036.fdocumento.com/reader036/viewer/2022062320/55a94b451a28abd5248b4623/html5/thumbnails/14.jpg)
En realidade, toda a vida de Paulo foi unha gran poda,
unha vida chea de persecucións e sufrimentos.
Pero a través deles converteuse no maior
dos apóstolos. Deu moito froito.
unha boa ensinanza para os que
quixermos que todo nos fose ben na vida,
sen ningún tipo de dificultades.
![Page 15: 5º pascua b 2015 bene sicre](https://reader036.fdocumento.com/reader036/viewer/2022062320/55a94b451a28abd5248b4623/html5/thumbnails/15.jpg)
2ª lectura: como permanecer unidos á vide2ª lectura: como permanecer unidos á vide
O evanxeo insiste na necesidade de que o bacelo O evanxeo insiste na necesidade de que o bacelo estea unido á vide. estea unido á vide.
A segunda lectura indícanos o modo concreto de A segunda lectura indícanos o modo concreto de manter a unión. manter a unión.
«Quen garda os seus mandamentos permanece en «Quen garda os seus mandamentos permanece en Deus, e Deus nel». Deus, e Deus nel».
«E este é o seu mandamento: que creamos no «E este é o seu mandamento: que creamos no nome de seu Fillo, Xesucristo, e que nos amemos nome de seu Fillo, Xesucristo, e que nos amemos uns aos outros, tal como nolo mandou.» Crer en uns aos outros, tal como nolo mandou.» Crer en
Xesús e amarnos uns aos outros é a única garantía Xesús e amarnos uns aos outros é a única garantía do noso éxito como cristiáns. do noso éxito como cristiáns.
![Page 16: 5º pascua b 2015 bene sicre](https://reader036.fdocumento.com/reader036/viewer/2022062320/55a94b451a28abd5248b4623/html5/thumbnails/16.jpg)
1.- O labrador, a vide e os bacelosDomingo 5º de Pascua. Ciclo B.Texto: José Luis Sicre
2.- Unha anécdota e un consello• Hai años un amigo tivo que predicar este domingo nunha poboación da Axarquía malagueña, onde os homes estaban acostumados a ir todos os días ao bar a tomar unha copa de viño. Un sitio ideal para falar da vide e dos bacelos. Con todo, cando terminou a misa, preguntáronlle cheos de curiosidade: “Padre, que é a vide?” Naquela poboación ás vides chámanlles cepas. Non se decataran de nada.
3.-Experiencia parecida tiven eu a primeira vez que din charlas bíblicas en Centroamérica. A xente nunca vira unha vide ou unha oliveira Por desgraza, Xesús nunca contou a parábola do bo cafeteiro.
4.-O primeiro que debe preguntarse o que vaia dar unha homilía este domingo é se a xente entenderá unha parábola contada nunha cultura campesiña e mediterránea.
5.-Nos nosos días, Xesús probablemente tería contado outra moi distinta na forma, aínda que idéntica no fondo. Unha parábola na que o Pai é un informático, Xesús a corrente eléctrica e nós ordenadores (computadoras) que non poden funcionar se non están conectados a El. Incluso aos que funcionan ben, o Pai límpaos a fondo para que funcionen mellor.
6.-Pero esta adaptación, aparte de ser moito menos poética, comete o mesmo erro: quen non viva nunha cultura tecnolóxica non a entenderá; e dentro duns anos, cando os ordenadores non necesiten estar conectados á rede, a parábola perdería o seu sentido. Máis vale aterse á imaxe orixinal
7.-O labrador, a vide e os bacelosEsta pasaxe coñécese como «a parábola da vide e os bacelos». Título erróneo, porque non ten en conta o protagonista principal, o labrador, que é quen poda, arranca e tira os bacelos que non dan froito. 8.-E máis ben que parábola é unha fábula, onde os protagonistas son animais ou plantas que poden falar e actuar. Neste caso, os protagonistas secundarios, os bacelos, non falan, pero si actúan.
![Page 17: 5º pascua b 2015 bene sicre](https://reader036.fdocumento.com/reader036/viewer/2022062320/55a94b451a28abd5248b4623/html5/thumbnails/17.jpg)
9.-Algúns deciden manterse unidos á vide, e dan froito abundante. Outros deciden independizarse, cortar a relación coa vide, e deixan de dar froito. (A imaxe dunhas ramas en movemento, neste caso afastándose do tronco, recorda a fábula de Iotam (Xuíces 9,8), que comeza: «Puxéronse en marcha os árbores para elexirse un rei»).
10.-O título habitual subliña a importancia da vide, e en parte leva razón: de estar unidos a ela ou separados dela depende o futuro dos bacelos. Pero a vide non fai nada. Sinxelamente está aí. Todas as accións realízanas o labrador ou os bacelos.
11.-Enfoque curioso, que nos obriga a reflexionar sobre a importancia de Deus Pai na vida do cristián; e o papel fundamental de Xesús, aínda que ás veces teñamos a impresión de que non fai nada na nosa vida.
12.- 1ª lectura: a poda de DeusA fábula destaca unha das accións que realiza o labrador: «a todo o que dá froito pódao, para que dea máis froito». Podar é cortar, ferir a árbore, despoxala de algo que lle custou tempo e esforzo producir. Pero o campesiño faino para que estea máis sa e forte.
13.-Estas palabras do evanxeo pódense aplicar moi ben ao que conta de Paulo a primeira lectura. Despois da súa conversión, podería esperar que o recibisen moi ben en Xerusalén. Pero ocorre algo moi distinto: non se fían del, evítano, ata que Bernabé o presenta aos apóstolos. Cando comeza a predicar, os xudeus de lingua grega intentan eliminalo e debe fuxir a Tarso. En realidade, toda a vida de Paulo foi unha gran poda, unha vida chea de persecucións e sufrimentos. Pero a través deles converteuse no maior dos apóstolos. Deu moito froito. Unha boa ensinanza para os que quixermos que todo nos fose ben na vida, sen ningún tipo de dificultades.
14.- 2ª lectura: como permanecer unidos á videO evanxeo insiste na necesidade de que o bacelo estea unido á vide. A segunda lectura indícanos o modo concreto de manter a unión. «Quen garda os seus mandamentos permanece en Deus, e Deus nel». «E este é o seu mandamento: que creamos no nome de seu Fillo, Xesucristo, e que nos amemos uns aos outros, tal como nolo mandou.» Crer en Xesús e amarnos uns aos outros é a única garantía do noso éxito como cristiáns.