A Bubela - Extra 2014

8
A BUBELA extra

description

Número extra do mes de xuño do 2014. Elaborado polo alumnado de quinto e sexto de primaria do CEIP de Sestelo-Baión.

Transcript of A Bubela - Extra 2014

Page 1: A Bubela - Extra 2014

A BUBELAXUÑO 201 4

extra

Page 2: A Bubela - Extra 2014

CAROLINA ÁLVAREZEste último ano no colexio foimarabil loso, pasámolo engrande cos nosos amigos dequinto. Houbo momentos depelexas e enfados, pero xaestán resoltos. Gustaríamequedar máis tempo, e o quequede de curso imos disfrutaloao máximo cos nosos amigos.O que máis me gustou destecurso foi a excursión final, foiunha experiencia memorable.Esperemos que os nososamigos de quinto o pasen bensen nós, aínda que espero quenon nos esquezan.Tivemos moi boas experienciaseste último curso e esperemosdemostralo neste último númeroda Bubela que facemos os dequinto e os de sexto. Eu queropasalo en grande coscompañeiros e facer que asúltimas semanas sexan o mellordo curso porque sería unha boadespedida para os que se vanao instituto.

Experiencias

As mellores experiencias quenos levamos creo que son: aexcursión, coñecer o novocompañeiro, os recreos xogandotodos xuntos, pero o que máisme gustou foi unha das clasesde educación física na queestabamos facendo malabares eo pasabamos en grande candonon eras capaz e caían aspelotas. Se poidese cambiaralgo cambiaría a estancia enManzaneda. Gustaríame estaralí máis días cos amigospasándoo ben e facendoactividades.

O mellor ano

Este foi o mellor ano das nosasvidas e gustaríame vivi lo outravez porque sería estupendo. Oque non me gustou deste cursoé o mal "rol lo" que houbonalgúns momentos do ano e omal compañeirismo. Este ano foio mellor de todos os que vivín.

Chegamos ao final desta aventura e non é tempo para asbágoas senón para a alegría. Só deixamos atrás unha etapada vida. É certo que quedan memorias de tempos que nuncavolverán, pero afortunadamente estamos todos cerca e nocolexio tedes as portas abertas para que nos visitedes candoqueirades.Teño que confesar que vos mentín. A viaxe non remata aquí.Realmente as viaxes nunca rematan de todo. Sempre haietapas na vida que imos pasando e deixando atrás. Agoratoca comezar unha nova, moi prometedora, moi importante.Para esa viaxe teredes outros guías, outra xente que vosacompañe e vos oriente. Xa estades un pouco cansos deescoitar que entrades nunha idade difici l . Por iso, comodespedida, prefiro que pensedes en todo o que está na vosaman. O voso futuro é voso. Hai por diante unha chea decousas excitantes que vivir.

Caminante no hay camino,se hace camino al andar.Antonio Machado

O voso camiño case acaba agora de comezar. Recibide concariño os meus mellores desexos e con forza e ánimo estouseguro de que superaredes todos os desafíos que a vida vospresente. Tedes aquí alguén con quen contar.

David Paz Nóvoa

Seguimos en contacto

Podedes seguir en contacto comigo a través de Internet polos seguintesmedios.correo: [email protected] persoal: davidpaznovoa.wix.com/madialevo

O grupo en Edmodo seguirá operativo. Alí poderedes facer preguntas ecomentarios como adoitades facer ata agora. Se precisades calqueraorientación ou axuda sobre temas educativos estarei encantado de tratarde contestar.Por suposto sempre seredes benvidos e benvidas ao colexio onde a todosos mestres nos gusta moito recibir a antigos alumnos porque semprequeremos saber qué foi deles.

A BUBELA - 2_______________________________________________________________________________________________________

Page 3: A Bubela - Extra 2014

Australia

TailandiaLUCÍA JUEGUEN

Cando o noso profesor nosdixo que tiñamos que elixir unpaís, buscar e poñerinformación sobre el,gustounos a idea. A primeiraen elixir foi Laura, que elixiu agran Austral ia. Logo tocoumea min, eu optei por un país quenon chama moito a atención eque ao mellor alguén nincoñecia: Tailandia.Tailandia é un país do Sur deAsia bañado polo OcéanoÍndico. Como países veciñosten a Birmania, a Laos e aMalasia. A súa superficie,aínda que non o pareza, ésimilar á de España. O seunome oficial é Reino deTailandia e a súa bandeira ébranca, vermella e azul. Amaioría dos seus habitantesson chineses ou indíxenas.Teñen un clima tropical entodo o país que favorece aespecies tanto vexetais comoanimais. Alí podes atopartetanto elefantes como cobrasreais.A súa moeda chámase baht,un euro é o mesmo que 42bahts aproximadamente. Assúas principais industrias son:o turismo, a industria téxti l e aagricultura. Cultivanprincipalmente tabaco e arroz.Agora Tailandia xa non é unpaís tan descoñecido enEspaña, púxose “de moda”grazas aos programas actuaisde natureza “Frank de laJungla” nos que FranciscoCuesta móstranos un punto devista diferente deste país.

Neste curso fixemos as maletas e embarcámonos nunha longuísimaviaxe imaxinaria a través do mundo. Cada neno e cada nenapropuxo un novo destino. Foi unha experiencia na que combinamosa diversión e a aprendizaxe. Este número especial da revista vainospermitir lembrar todo aquilo. Hai tantas cousas por ver!

LAURA COBASA min gústame Austral ia porqueme parece un país moiinteresante. En Austral ia nonteñen unha lingua propia, falaninglés un pouco modificado, haimoitos países que falan inglés edun país a outro teñen pequenasmodificacións. A superficie deAustral ia é bastante grande. Tenunha superficie total de7.692.024 km2. Non ten moitoshabitantes, tan só ten21 .507.71 7 habitantes. A súadensidade de poboación e de2,8 hab/km2. A capitalde Austral ia chámaseCanberra que e unha cidadecon aproximadamente345.257 de habitantes, ecunha densidade depoboación de 41 4,5hab/km2. A cidademáis poboada de Austral iaé Sidney con aproximadamente4.627.345 habitantes e a súadensidade de poboación é de2.050 hab/km2.Os deportes máis practicadosen Austral ia son o cricket, o

fútbol austral iano, o rugby e ofútbol. Os pratos que hai máis enabundancia son os pasteis,cotes asados de carne, fi letes ágrel la, polo acompañado deverduras. . .

Pratos tipicos

O prato típico de Austral ia é opastel de carne, como din enAustral ia "the meatloaf". Outrosdos pratos comúns na dieta dosaustral ianos son as carnes deanimais exóticos como ocrocodilo, o canguro ou obúfalo.

VIAXAMOS POLO MUNDOA BUBELA - 3______________________________________________________________________________________________________

Page 4: A Bubela - Extra 2014

A BUBELA

ChinaNOEL LABANDEIRAA capital de China é Beij ing, acidade máis poboada é Shangai.A l ingua oficial é o chinésmandarín e a súa moeda é oyuan. É o país máis poboado domundo con máis de miltrescentos cincuenta mil lóns dehabitantes. Ten 22 provincias.Hai moitas comidas típicas comoos tal laríns Lo Main, os ovos FooYoung ou a sopa chinesa.Ten unha bandeira vermella eamarela, con cinco estrelas entotal. Ten os ríos Yangtzé e

Amarelo que son o terceiro e osexto máis longos do mundo.China ten 1 4.500 km de costa aolongo do Océano Pacífico.En China está a Gran Murallaque mide 8.851 km de longo e foiconstruída e reconstruída noséculo 5 a.C.O oso panda xigante é un dosanimais que está en perigo deextinción. As súas especiespropias son o mono de cabelodourado, o tigre do sur de China,o golfiño de río, o caimán chinés,etc.

UcraínaUXÍA LOUZÁNEste país gústame moito polasúa historia e polas súas ruínas.Aprendín moitas lendas, porexemplo a de Vlad Drácula. Elera unha persoa que castigaba axente por dicir mentiras, pormaltratar as mulleres, etc.Un dos monumentos de Ucraínaé o Castelo de Zolochiv,construído no século XVI I porJakub Sobieski.A poboación de Ucraína correperigo. Para xullo do 201 4 a CIAproxectaba que a poboaciónsería de 44,2 mil lóns depersoas. Pero coa anexión darepública de Crimea a Rusia, osucraínos perderon 2,3 mil lóns dehabitantes. Sen embargo, asituación podería ser moito máisgrave para Ucraína se osmovementos independentistasen rexións coma Donetsk,Jarkov e Luhansk teñen éxito.

CubaLÚA CUBIELLAElixín Cuba porque é un paísque me gustaría coñecer, xa queos meus pais sempre estabanfalando del. Eu escoitaba aSilvio Rodríguez, Pablo Milanés,Bebo Valdés con Diego elCigala. . .Coñecín novos músicos destai l la e a mestura entre distintasculturas. Tamén me din conta deque temos máis cousas que nosachegan que as que nosapartan. Non esquezamos quetodos somos emigrantes.

A BUBELA - 4_______________________________________________________________________________________________________

SueciaPEDRO QUINTÁNSEscollín Suecia porque queríaaprender máis cousas dela etamén porque o meu club debaloncesto conseguiu doussuecos que saben falar inglés eentrenar a baloncesto. Un delesquedouse na miña casa.Aprendín que a súa capital éEstocolmo e a súa moeda é acoroa (kronen). Grazas ao sueco(chámase Víctor) aprendín quealí se uti l iza moito a bicicleta eque Ikea é de Suecia.

Tamén aprendín que PippiLangstrumpf é de Suecia e quehai un parque chamado Skansenque ten lémures.

Page 5: A Bubela - Extra 2014

Marrocos

MéxicoRAFAEL SILVAEu elixín México porque é unpaís moi bonito. É un país moigrande, formado por 31 estadose un distrito federal:Aguascalientes, Jal isco,Chihuahua. . .A min tamén me gusta por unactor famoso, Mario Moreno,máis coñecido como"Cantinflas". Foi o mexicanomáis famoso do século XX.Naceu na Cidade de México en1 911 e faleceu na mesma cidadeen 1 993.

Praias e fútbol

México ten unhas praias moibonitas. A min gustaríame viaxara México para ver as súasfermosas praias. Gustaríametamén ver un partido da súaselección de fútbol, para ver aun ex-xogador do F.C. Barcelonachamado Giovanni dos Santos.

CAROLINA ÁLVAREZEu elixín este país porque megusta moito e creo que é un dospaíses máis ricos en cultura,aínda que as mulleres estean unpouco discriminadas. A bandeirade Marrocos é vermella e tenunha estrela verde. Unha dascousas que máis me gustandeste país son as súas praias,son de auga cristal ina e area decor beige.A capital de Marrocos é Rabat eten en total todo o país 33mil lóns de habitantes e unhasuperficie de 446.550 km2. Amaior parte do país é deserto.A lingua oficial de Marrocos é o

árabe e a súa rel ixión maioritariaé o islamismo. O seu deus é Alá.Teñen un libro sagrado chamadoCorán. Cando teñen que rezarvan á mesquita ou á Meca (áque teñen que ir polo menosunha vez na vida). O imán é apersoa que dirixe todas as súascelebracións e o seu día dedescanso é o sábado.Os árabes musulmáns estiveronmoito tempo en España e comopegada deixaron a Mesquita deCórdoba. Aprendín moitascousas sobre Marrocos porquequixen interesarme moito. É unpaís que sempre me chamou aatención pola súa cultura.

A BUBELA - 5______________________________________________________________________________________________________

ItaliaÁNXELA LEDEEu elixín I tal ia porque é o meupaís preferido. Empezoume agustar pola súa paisaxe, a súalingua, os seus monumentos,etc. Na Toscana podemoscontemplar a famosísima torreincl inada de Pisa. Fíxose noano 11 73. Ten 55 metros dealto, pesa 1 4.700 toneladas e asúa incl inación é de 5 graos.Ten oito andares.Por iso elixín I tal ia, porque meencanta a Torre de Pisa.Outros monumentos son oColiseo romano, a Praza deSan Pedro, etc.

Page 6: A Bubela - Extra 2014

A BUBELA - 6_______________________________________________________________________________________________________

BrasilISMAEL LUNATen 1 93.946.886 habitantes. É opaís máis grande do territoriosuramericano con 8.51 5.767km². Brasil é o único paíssuramericano que limita concase todos exceptuando Chile eEcuador. El ixín Brasil porque éun país exótico con praiasfermosas, comidasextraordinarias e animaisextraños.Brasil chámase así polo nomedunha madeira de cortezavermella que asemella ao lumepor eso se chama Brasil que vende brasa. Alí os exploradoresportugueses recollían a madeirae algúns animais como oimpresionante papagaio azul,amarelo e verde chamado AraArarauna, que ás persoas ricas

l les encantaban como mascota.Agora Brasil é un país coñecidopolo seu turismo, os seuscarnavais e polo mundial deBrasil que se celebra este ano.O equipo de Brasil consta de 23xogadoresentre eles odestacadoNeymar Jr.Tamén estánHulk, Marcelo,Dani Alves eThiago Silva.Pelé foi ogoleadormáisdestacado dacanarinha (equipo doBrasil).

NoruegaSARA VIDALA capital de Noruega é Oslo. Tenunha superficie de 385.1 56 km2.E a súa poboación é de5.063.709 habitantes, o quequere dicir que a súa densidadede poboación é de 1 5,5 hab/km2.Noruega é un país frío eencóntrase no norte de Europa.É un país de tamaño mediano. Asúa bandeira é de cor vermella eno centro ten unha cruz azulrodeada por unha franxa branca.En Noruega naceu RoaldAmundsen, o conquistador doPolo Sur.En Noruega arredor do 77 porcento da poboación pertence áigrexa evanxélica (aínda quemoitos non son membrospracticantes).O noruegués máis famoso dahistoria chámase MagnusCarlsen. É un gran maestrointernacional de xadrez.Proclamouse campeón mundialaos 22 anos, 11 meses e 23días. No proxecto que fixemosna clase sobre os países, el ixínNoruega porque é un país quesempre me chamou a atención.

FranciaADRIÁN AGRELOA min gustoume e aprendínmoito de Francia. E aprendínmáis da Torre Eiffel. Sabes quepola noite se ilumina con luces esabes que é o monumento máisfamoso de Francia? Esta torremide 324 metros de altura e tenunha antena detelecomunicacións. Franciarecibe máis de 80 mil lóns deturistas cada ano.

Page 7: A Bubela - Extra 2014

A BUBELA - 7______________________________________________________________________________________________________

ArxentinaDANIEL ÁLVAREZEu elixín Arxentina porque megustan moito as cataratas doIguazú, que é un dos espazosnaturais máis grandes domundo. As cataratas do Iguazúencóntranse no río Iguazú, entrea provincia arxentina deMisiones e o estado brasileiro deParaná.As cataratas do Iguazúcomprenden 275 saltos de auga.A máis alta é a Garganta doDiabo con 80 metros de alto.Existen pasarelas para que osturistas chegados de moitaspartes poidan observar a caídada auga desde menos de 50

metros. A cada segundoprecipítanse corenta e dousmil lóns de litros de auga. O ríoIguazú ten un percorrido de1 .320 km e desemboca no ríoParaná 23 km despois dascataratas.En 1 984 estas cataratas forondeclaradas patrimonio daHumanidade pola Unesco e sonsen dúbida o maior atractivoturístico da Arxentina.En 2011 , nunha votación através de Internet na queparticiparon mil lóns de persoas,as cataratas do Iguazú foronelexidas entre as sete marabil lasnaturais do mundo.

XapónÁLEX SÁNCHEZO país que elixín é Xapón.Xapón é un lugar moi colorido.Alí fan artes marciais como okung-fu e o karate. Taméncomen "sushi" con peixe casecru. Hai flores de moitas cores.É coñecida como a terra na quenace o Sol.Usan unha roupa tradicional quese chama "kimono", feita deseda e adoitan ser moi caros.Por iso as usan en ocasiónsespeciais. Cando non é así usanoutro traxe chamado "yukata".Teñen a tradición de facer aceremonia do té, que segundo asúa rel ixión pensan que dá boasorte. A loita tradicional chámasesumo.

ADRIÁN AGRELOCando fun a Fátima tiven quelevantarme ás seis da mañá.Almorcei e fomos para oautobús. Fomos a Vigo a coller auns viaxeiros e marchamos paraPortugal. Paramos nun sitio quenon me acorda onde era ebaixamos. Era para ir ou nunbarco ou nun autobúsdescapotable, pero moitos nonforon. Mamá, papá e mais eu sique fomos no autobúsdescapotable. Vimos todo o sitiodesde arriba e chegamos áparada. Fomos para o nosoautobús.

Era para ir ao Porto perofaltounos a guía e fomosdirectamente a Fátima.Chegamos ao hotel e deixamosas maletas. Baixamos aoSantuario de Fátima para ir aunha procesión. Gustoumemoito.Ao día seguinte fomos á casados pastores que se chamabanFrancisco, Lucía e Jacinta. Sonos que coñeceron a Fátima.Despois coll imos o autobús parair a Porto. Fomos a unha adega.Despois marchou a guía e fomosdirectos a Galicia vendo unhapelícula. Chegamos a Vilagarcía

e fomos para casa. A avoa foipara cama e nós desfixemos asmaletas e collemos os recordose a roupa. Ducheime, puxen opixama e fun para cama adurmir.

Page 8: A Bubela - Extra 2014

A BUBELA - 8_______________________________________________________________________________________________________

1 . A Torre de Hércules. Está naCoruña e é un sitio precioso parair de paseo e ver eses preciososcantís que ten.

2. A Catedral de Santiago deCompostela. É a catedral máisimportante de España, porque éun centro de peregrinaciónmundial, por iso cheganperegrinos de todo o mundo.

3. A casa de Rosalía de Castro.Foi a poeta máis importante deGalicia. E como estamos enPadrón parade para probar ospementos.

4. Cabo de Fisterra.Antigamente os romanospensaban que máis alá sóestaba a fin do mundo.

5. Visita a Lalín para degustar ococido.

6. A costa. A costa galega é moidesigual, na zona norte estáchea de cantís e na zona surabundan as calas e as praiasonde poder pasar o día.

7. O magosto. O magosto éunha das festas máisimportantes de Galicia.Celébrase en outono e consisteen recoller castañas, asalas econtar historias ao comelas.

LUCÍA JUEGUEN

Cando falamos de Galicia falamos dun sitio moi verde bañado polo Océano Atlántico maiormente. Tenzonas de costa e de interior, de montaña e de chaira. Limita con Portugal, con Asturias e con Castela eLeón. E ten como cidade máis grande a Vigo. En Galicia hai tantísimas cousas que ver que sería caseimposible enumeralas todas, pero esta é a miña proposta:

8. Carril , a "cidade" dasameixas. Carri l é unha localidadepequena da ría de Arousa ondeson típicas as ameixas babosasá mariñeira.

9. A Muralla de Lugo. É unhamuralla romana que rodea ocasco vello da cidade. Ten unpaseo pola parte alta na quepodes percorrer a murallaenteira.

1 0. Se todo o anteriorpareceuvos pouco, podemosseguir por unha visita á cidadedas termas, Ourense, que éatravesada polo río máisimportante de Galicia: o Miño.

1 1 . E xa que estamos preto, porque non facemos un pouco máisde turismo e visitamos o montemáis alto de Galicia, PenaTrevinca, con 2.1 24 m dealtitude!

A viaxe a ManzanedaLAURA COBASA viaxe en autobús para ir aManzaneda foi moi longa. Eu e amaioría dos nenos que ían noautobús queriamos chegar omáis pronto posible. Aínda porriba algúns rapaces e rapazasandaban a gritar e non se podíadescansar tranquilamente senque estiveran calados.Chegamos a uns castros eparamos alí a comer. Despois dacomida a viaxe foi máis tranquilaporque non andaban a gritar.A volta de Manzaneda foi moitomáis entretida porque iamosescoitando música e contandochistes. O malo é que detrás demin ía un rapaz que non parabade darl le golpes ao asento noque ía eu. Excepto por iso toda aviaxe foi moi ben.

As pelexasCAROLINA ÁLVAREZCada vez máis, os nenosestanse habituando aos insultose aos golpes. Isto sucede debidoa que os pais pelexan diante dosseus fi l los e non teñen ningúncoidado co que fan ou din. Así éque despois os nenos no colexiopeguen ou insulten. Penso queisto non pasaría se os paistivesen un pouco de xeito co quedin diante dos nenos porque isoprovoca unha mala conduta nocolexio. Se xa nun principio osadultos teñen problemas,deberían deixar a relación ou

non ter fi l los porque despois oneno síntese só ou abandonadoe isto non é fácil de levar. Podechegar máis lonxe, pode que oneno se sinta tan mal que nonsexa capaz logo de relacionarsecon ninguén.Estes adultos deberían pensarque aínda que non se leven ben,polo menos débenlle prestaratención ao fi l lo. Que se turnenpara estar con el. Aínda que elesestean distanciados e non teñanunha boa relación o fi l lo non tenque pagar coas culpas. Istofainos pensar e reflexionar sobrequé facemos ben e qué facemosmal. Estes nenos que estánneste entorno hai que ver que oestán pasando moi mal e non opodemos permitir, xa que cadavez máis está aumentando onúmero de nenos con esteproblema.