A chave da fantasía
-
Upload
yolanda-castro -
Category
Documents
-
view
718 -
download
3
Transcript of A chave da fantasía
Pablo Vascós Gómez 1º ESO
Óscar saíu correndo pola porta do xardín.Tropezou e caeu,
pero axiña se ergueu, dáballe igual que tivera unha
ferida; ía chegar tarde á súa graduación e quedara cos
amigos para ver os traxes de “gala” antes da cerimonia.
Subiu á beirarrúa, corría, cruzaba os pasos de peóns
seguía correndo.
-¡Eh! ¡Iago, Miguel! ¡Esperade! -berraba case sen alento.
-¡Home! ¡Aquí vén a tartaruga azul! - berraron á vez os
amigos de Óscar.
Estes amigos sempre se metían entre eles, pero sempre
aceptaban as súas "bromiñas" entre eles; eran amigos.
Seguro que se ti estás lendo isto estarás recordando os
amigos e as "pandillas". Pero ao caso: ían falando entre
eles sobre os seus traxes para a gradación e que pasaran
aos líderes do videoxogo A chave da fantasía, agora
famoso por ser moi interesantes para os "frikis" da
fantasía, e Óscar, Iago e Miguel eran uns deses. Pásanse,
polo menos, tres horas cada día para tentar vencer os
líderes e reis e cousas da fantasía, pois eles xogaban
porque eran un cento por cento "FRIKIS". Cando
chegaron, viron os demais cos traxes e eles, claro;
puxérono a toda présa e lavaron a cara. Chegou o
fotógrafo, o momento. Todos levaban uns traxes coma se
fosen a unha voda. Óscar levaba unha chaqueta e uns
pantalóns azuis e unha camisa branca. Fixéraa súa avoa.
Sentou, puxo un sorriso e sentiu o flash nos seus ollos
azuis. Na saída, a nai de Óscar esperaba no coche.
A CHAVE DA FANTASÍA
Súa nai sempre estaba feliz, pero desta vez estaba
preocupada.
- ¿Que pasou? - preguntou con dozura. El quería a súa
nai.
- Pois papa é coma se cambiase ou marchase do
mundo. Non contesta en sitio ningún. Nin sequera no
móbil.
Ao neno só lle deu tempo a poñer o cinto cando súa nai
arincou. Margareth, que así se chama a nai, ía
aumentando a velocidade. Pero de súpeto pasou un
camión cisterna, todo quedou nun forte "shock", nada
máis; polo menos para el, porque o rapaz non sabía onde
estaba súa nai. Entón escoitou un estrondo. Fóra un
ruxido. Naquel momento aparecera ante el un tigre con
ás azuis; e ademais, ¡era parlante!
- Suponse que es a profecía - dixo o animal.
- Non se supón - contestou o rapaz
- Ben, e logo por que levas a armadura do "Cabaleiro da
Chave"?
- Isto debe de ser broma? verdade? Agora os creadores
do xogo da Chave da fantasía sacan a Suar-Teng e dinme
que son o Cabaleiro da Chave. POIS NON.
- Ata sabes o meu nome - argumentou - e tes o pelo loiro,
os ollos azuis, o nariz chato, os beizos finos e unha
estatura de 1'48 xusto.
- ¿E que queres? Que recupere a "Chave de Miglas"?
Que salve aos "Bulungos" dos "Gurumbus"?- As dúas cousas.
Resumindo, que Óscar é coma se entrase dentro do seu
xogo favorito e agora el e as tropas Bulungas teñen que :
* Rescatar a nai de Óscar mais o pai que tamén
desapareceu
* Vencer as tropas dos Gurumbus
* Atopar a chave de Miglas, que obtén un poder divino.
Ao rematar esta conversa, Suar-Teng levou voando a
Óscar ao reino dos Bulungos. Cando chegaron; viron unha
paisaxe desértica e xente pobre; pero relocía un gran
castelo de cristal.
Entraron pola porta e viron un palacio cheo de persoas
famentas e enfermas ante o rei Xacob (o rei dos Bulungos
) e súa filla Guill-Bateng .
-¡Eh! Aquí chega o noso salvador, o Cabaleiro da Chave! -
berrou Suar-Teng.
- É a nova Era, ¡a Era dos Bulungos!
- Buoooooooooonggg!!! - exclamaron os cidadáns
Bulungos (eles berraban a victoria así).
- Entón, atopaches a chave de Miglas e derrotaches os
nosos inimigos os Gurumbus? - entoou cun xesto solemne
e victorioso.
- Ehem, como explicalo... - contou Suar-Teng - Acaba de
aparecer da nada...
- Pois entón saíde de aquí e facede o voso importante
traballo, monos de circo!
Ao escoitalo, saíron rumbo "Terrafilon", lugar onde se
oculta a chave de Miglas.
-¡Coidado! - De inmediato Óscar, coa súa espada
afiadísima cortou unha Verlius (unha póla que come todo
tipo de habitante) -xa o teño todo controlado polo xogo
aínda que non AAAAAAAAAAHHHHHHHH...!!!
De súpeto, entraron no Tornado dos Mares, portal que os
levarían a Terrafilon. Estaba escuro, acenderon lume e
dous carteis. Un dicía: "Se escolles este destino, acabarás
a vida dun amigo ". o outro dicía: "se escolles este lugar
non volverás ao sitio onde ti podes amar". Ao ver este,
claramente quería escoller o primeiro, pero recordara a
última vez que xogara, perdera a súa nai por elixir este
camiño, e se collía o segundo, volvería á casa porque
amaría a Guill-Bateng. Ao terminar a reflexión, escolleron
o segundo camiño. Tardaron en chegar vinte minutos á
cova do Trasno Verde, e a ver se adiviñades quen é.
Certo, Miglas, e alí estaba. Gorro vermello, estatura de
1'28 m; traxe verde e botas con ósos de Troll Negro
desecados. Óscar sabíao, era unha situación complicada.
Era gloria ou morte fatídica; pero el quería salvar os
Bulungos. Entón empezou a proba do "Sabio Aguiruz".
Óscar terían que loitar contra Trolls Negros mentres
respondían unha adiviña que ninguén sabía menos Miglas
e Aguirruz.
Saíron os Trolls Negros, cheos de rabia e furia cunha
espada inzada de sangue de Dragón Vermello.
Entón foi cando os Trolls empezaron a pelexarse con Óscar
e Suar-teng e Miglas, entre risos, preguntou :
- A ver, criaturas do Inframundo, que queredes? morrer
sen saber a adiviña ou con ela?
-Primeiro, non somos criaturas do Inframundo. - contestou
Óscar - Segundo, ao mellor morremos intentándoo, pero
quero facer unha proposta.
- Facémola.
- Se eu sei a adiviña, dasme a túa chave, se non a sei,
morro; pero sabendo que o intentei.
- Vale, pero só por divertirme. Aquí vén a adiviña? Que é
natural e se ves o seu corpo morres?
Mentres loitaba, Óscar lembraba a resposta, porque xa a
sabía polo videoxogo, e como de momento todo saía como
no xogo; berrou:
- O maxistroso Sabio Aguirruz é a resposta!
Ao dicir aquilo viu de súpeto o pé do Sabio.
- Como pode ser que saibas a adiviña? - preguntou
Aguirruz
- Ehem... Como dicilo...
- Porque el é o Cabaleiro da Chave
-¡Es ti, o meu aliado; o Cabaleiro! - Exclamou Miglas
- Aliado?
- É que... En realidade son un Bulungo e meu irmán é o
rei e eu...
- Pois non hai moito tempo, marabilloso Miglas, debes
darnos a chave.
- Aquí tes, pero eu e Aguirruz queremos ir con vós.
- Pois veña, que os Gurumbus non esperarán a lúa nova.
Mentres, no palacio dos Bulungos, todos menos Guill-
Bateng, que estaba namorada de Óscar e el dela,
estaban desilusionados pensando que o seu heroe caía
derrotado ante Miglas, entón, entrou Bud-Bung-Bengu (o
rei dos Gurumbus) tentou facer un trato. O trato era que
os Gurumbus collerían as mellores terras Bulungas tendo
Bulungos como escravos e as riquezas de Xacob. O rei
aceptou, pero nese intre; apareceron Miglas, Suar-Teng,
Aguirruz e Óscar coa Chave de Miglas. Óscar utilizouna
para abrir un portal que conducía a un mundo onde
había condenados picando pedras. Tamén había vellos
que non tiñan forzas para picalas e estaban dentro de
fornos para ser torturados polos Trolls Negros.
Todos os Gurumbus entraron naquel portal. Ao pasar
isto, había felicidade Bulunga, pero Óscar non puido
aproveitala porque de súpeto, foi parar a outro portal
que o levou a un planeta verde e azul, a Terra, a súa
casa.