A fotografía

23
A FOTOGRAFÍA Carla Iglesias Inés González Noa Soliño Candela Broullón

description

Traballo escolar de investigación sobre a fotografia realizado por alumnas de 5º curso de EP. Curso 2012-13. Ceip de Darbo. Cangas. Pontevedra

Transcript of A fotografía

Page 1: A fotografía

A FOTOGRAFÍA

Carla IglesiasInés González

Noa SoliñoCandela Broullón

Page 2: A fotografía

ÍNDICE

1º Historia das primeiras cámaras.

2º Primeiras cámaras fotográficas.

3º Negativo e positivo.

4º Partes dunha cámara analóxica.

5º Cámaras dixitais.

6º Partes das cámaras dixitais.

7º Beneficios das cámaras dixitais.

8º Cámara escura.

9º A fotografía e a arte.

10º Glosario.

Page 3: A fotografía

HISTORIA DAS PRIMEIRAS CÁMARAS

O primeiro fotógrafo foi Joseph-Nicéphore Niépce en 1826, utilizando unha

cámara feita de madeira fabricada por Charles e Vincent Chevalier en París.

Sen embargo, aínda que se considera "oficialmente" que este foi o

nacemento da fotografía, a invención da cámara escura é moi anterior. Pero

non foi ata a invención da fotografía que se puideron fixar

permanentemente as imaxes; mentres tanto tíñanse que debuxar

manualmente.

Joseph-Nicéphore Niépce

A primeira cámara que foi o suficientemente pequena como para

considerarse portátil foi construída por Johann Zahn en 1685. As primeiras

cámaras fotográficas eran similares en esencia ao modelo de Zahn, aínda que

xeralmente cunha mellora no enfoque. Antes de cada exposición unha placa

sensibilizada era inserida. O popular daguerrotipo de Louis Daguerre, dado a

coñecer en 1839, utilizaba placas de cobre prateado, sensibilizadas con

vapores de iodo; mentres que no procedemento do calotipo inventado por

William Fox Talbot formábanse as imaxes negativas sobre soporte de papel.

Page 4: A fotografía

Daguerrotipo

A invención do proceso de placa húmida con colodión húmido inventado por

Frederick Scott Archer en 1850 reduciu moito o tempo de exposición, pero

sempre requiría que o fotógrafo preparara artesanalmente as placas, no

cuarto escuro dos estudos fotográficos, ou ben en laboratorios portátiles

de campaña, na fotografía exterior de viaxes.

No século XIX deseñáronse moitos tipos de cámaras fotográficas. Por

exemplo, as cámaras aptas para obter fotografías estereoscópicas, cuxos

pares estereoscópicos finalmente se tiñan que mirar cun visor apropiado,

para poder visualizar o seu efecto tridimensional ou de releve. Unha típica

cámara estereoscópica tiña dous obxectivos, para obter simultaneamente

dúas imaxes moi parecidas, pero non iguales, dende dous puntos de vista moi

pretos. En realidade, inspirábase na visión binocular humana.

Page 5: A fotografía

Antiga Cámara Estereoscópica Kodak

Outras cámaras diferentes eran algunhas cámaras de estudo da época en

que se popularizaron os retratos en formato de tarxeta de visita (entre os

anos 1860 e 1880). Esas cámaras podían ter catro ou máis obxectivos, para

obter varios retratos nun mesmo negativo de vidro. Desa maneira o

positivado (por contacto) era máis rápido, pois nunha soa folla de papel se

obtiñan os retratos realizados, que só debían ser cortados e montados en

diferentes tarxetas individuais.

En 1880 inventouse a técnica de impresión en medios tons, que é a

antecesora do actual procedemento de offset e fotocromía. Sen embargo, o

fotoperiodismo tamén se enfrontaba a problemas técnicos na toma

fotográfica, xa que as emulsiones aínda tiñan sensibilidades moi baixas, polo

que tomar fotos en interiores ou de noite se limitaba ao uso irremprazable

do flash (de magnesio, daquela). Sumado a esta dificultade, as cámaras de

gran formato e a frecuente necesidade de usar trípode facían que os

fotoperiodistas estivesen moi limitados nas súas posibilidades de traballo.

Page 6: A fotografía

En 1947 fúndase a Axencia Magnum: unha cooperativa de fotógrafos

preocupados pola manipulación da información fotográfica nos medios de

prensa. Esta é unha mitolóxica axencia de fotografía fundada por cinco dos

máis afamados fotógrafos que existiron: Robert Capa, David "Chim"

Seymour, Henri Cartier-Bresson, George Rodger e William Vandviea.

Robert Capa

En 1950, novos procedementos industriais permiten incrementar

enormemente a velocidade e a sensibilidade á luz das películas en color e en

branco e negro. A velocidade destas últimas elevouse dende un máximo de

100 ISO ata outro teórico de 5.000 ISO, mentres que nas de cor se

multiplicou por dez.

É en 1960 que os primeiros VTR, Video Tape Recorder, (que en 1951 xa eran

capaces de capturar imaxes de televisión, convertelas nun sinal eléctrico e

Page 7: A fotografía

gardalas en soportes magnéticos) son utilizados pola NASA, para captar as

primeiras fotografías electrónicas de Marte.

1969 é considerado o inicio da carreira dixital. Willard Boyle e George

Smith deseñan a estrutura básica do primeiro CCD (acrónimo de Charge

Couple Device ou Dispositivo de Carga Acoplada).

Sensor CCD

A aparición da primeira cámara dixital en 1990 constitúe a base da creación

inmediata de imaxes. A pesar de que nas súas orixes o prezo destas cámaras

era elevado e facíaas inaccesibles para moitos, co tempo non só se

abarataron senón que aumentou a súa calidade técnica.

Page 8: A fotografía

PRIMEIRAS CÁMARAS FOTOGRÁFICAS

NEGATIVO E POSITIVO

O negativo denomínase así porque as luces e sombras aparecen invertidas

respecto da realidade, aparecen como sombras as partes máis iluminadas e

viceversa, as partes máis iluminadas da realidade aparecen como sombras no

negativo.

Page 9: A fotografía

Positivar é inverter novamente esta situación, facendo que as partes máis

iluminadas da realidade (partes máis escuras do negativo), volvan a aparecer

como as máis iluminadas, esta vez en papel fotográfico.

Noutras palabras, unha vez revelada a película, o termo "positivado" refírese

a todo o proceso mediante o cal a imaxe é transferida a un soporte de papel.

Page 10: A fotografía

PARTES DAS CÁMARAS ANALÓXICAS

LENTE: O lente é o compoñente dunha cámara fotográfica que serve para

enfocar e regular o foco (as cámaras que teñen zoom son capaces de acercar

e alonxar a imaxe) e captar a luz: o lente capta os feixes de luz e os ordena

do outro lado de forma converxente.

DISPARADOR: Despois da execución deste botón obtense na superficie

sensible a imaxe que se logrou capturar polo ollo visor.

OBXECTIVO: Sistema óptico composto por varias lentes, que canaliza a luz

que reflicten os obxectos situados ante el.

Page 11: A fotografía

DIAFRAGMA: Sistema mecánico ou electrónico que gradúa a maior ou

menor intensidade da luz que debe pasar durante o tempo que está aberto o

obturador.

O diafragma encóntrase dentro da lente, está composto por laminiñas e ten

distintas aberturas. Serve para regular a cantidade de luz que chega á

película, que é distinta á que chega ao visor, agás que o diafragma estea

totalmente aberto.

Diafragma

PENTAPRISMA: É un grupo de espellos que fan volver a imaxe a súa posición

real, unha vez que está invertida en ambos eixes. Cando se dispara o espello

levántase e deixa chegar a luz á película, se non a luz rebotaría.

O pentaprisma é un bloque de vidro cunha forma especial. Actúa como un

conxunto de espellos, que reflicten a luz dende a pantalla de enfoque ata o

ocular, desta forma mirase a fotografía que se vai realizar.

Page 12: A fotografía

ESPELLO: O espello protexe a película da luz que pasa polo lente. Cando se

dispara a máquina para sacar unha foto, o espello levántase e deixa que a luz

pase para a película permitindo que se conforme a imaxe nela.

PANTALLA DE ENFOQUE: A pantalla de enfoque é o compoñente da

cámara polo cal se proxecta a imaxe. A inclinación da cuña partida axuda a

poñer en foco a imaxe.

VISOR: É por onde se mira a imaxe. Dependendo da cámara pode verse o:

fotómetro, o círculo de enfoque, o diafragma, a velocidade, se se necesita

máis luz (flash), etc. O visor non mostra a escena a través do lente pero

aproxímase bastante á imaxe real. O punto de mira do lente non coincide co

del, o que provoca que a maiores distancias o efecto sexa insignificante,

pero a distancias máis curtas pódese apreciar un pouco máis.

OBTURADOR DE PLANO FOCAL: O obturador está ubicado no corpo da

cámara. Está composto de dúas cortinas, unha que tapa a abertura e impide

o paso da luz e a outra que está enrolada. Cando se dispara unha cortina

enrólase e permite que pase a luz á película. Cando termina o tempo de

exposición péchase a segunda cortina e dá por concluído o tempo. Cando se

corre a película as cortinas volven a súa posición inicial. O tempo de

exposición ou velocidade é o período que tarda en chegar a luz á película,

Page 13: A fotografía

polo tanto é outro dos compoñentes que vai controlar a luz. Todas as

cámaras teñen un indicador de velocidades.

ANEL DE ENFOQUE: Permite mover o obxectivo cara adiante ou cara

atrás para regular a distancia entre o obxectivo e a película e conseguir

unha imaxe nítida ou enfocada. O enfoque pode ser manual ou automático

como nas cámaras autofocus.

CARRETE: Este cilindro enrola a superficie sensible cada vez que se corre o

deslizador da película.

Película fotográfica

DESLIZADOR DA PELÍCULA: Esta panca utilízase para facer avanzar a

película despois de que se fixo a fotografía. Ao facer isto libérase o

disparador e deixa a cámara preparada para a seguinte fotografía.

SOPORTE PARA O FLASH: É onde se insire o flash na parte superior da

cámara, pode ter os contactos para activar o flash ou só servir de soporte,

como nas antigas.

Page 14: A fotografía

BOTÓN DE REBOBINADO: Este serve para rebobinar a película despois

de que o carrete a enrolase.

CONTADOR DE VISTAS: Mostra a cantidade de fotos sacadas.

CONEXIÓN PARA O CABLE DO FLASH: É a conexión que permite ás

cámaras antigas que non teñen conexión directa desde a zapata do flash,

conectarse á cámara. Algunhas cámaras teñen ademais a inserción para o

cable, o que fai posible que a cámara utilice dúas unidades de flash.

CAIXA: Estoxo hermético á luz que contén todos os elementos anteriores e

constitúe o corpo da cámara.

QUE É UNHA CÁMARA DIXITAL?

As cámaras dixitais permiten tomar fotografías, pero albergándoas nunha

memoria dixital, ao contrario das cámaras convencionais nas cales a imaxe

queda finalmente nun papel, por medio dun proceso químico.

Nas cámaras dixitais as imaxes quedan rexistradas nunha placa que posúe

millóns de sensores, a cal traspasa a información, á memoria.

Na maioría das cámaras dixitais pódese decidir, de maneira inmediata, se a

fotografía é do gusto de un ou non. Xa que de non selo, pódese borrar da

Page 15: A fotografía

memoria de maneira instantánea. Por outra parte, coas cámaras dixitais un

dispón de maneira inmediata das fotografías tomadas.

PARTES DAS CÁMARAS DIXITAIS

A resolución

Define a calidade da imaxe que podes captar. A maior resolución mellor será

a cámara, pero tamén resultará máis cara. Debes fixarte na resolución real,

non interpolada.

A memoria

Condiciona a cantidade de fotos que podes facer a unha determinada

resolución. Existen distintos tipos de tarxetas de memoria, cada fabricante

soe usar un distinto.

O visor

É unha pequena pantalla de 1,5 ou 2 pulgadas para visualizar a imaxe antes e

despois de facer a foto.

Page 16: A fotografía

O obxectivo

É o elemento da cámara polo que atravesa a luz antes de “ impresionar” o

sensor e, xunto a este, o principal condicionante da calidade das fotos.

Trátase dun conxunto de lentes que, ademais de deixala pasar fai algunhas

modificacións na luz. Un bo obxectivo debe permitir fotografar tanto

obxectos cercanos como os situados a gran distancia. Por desgracia, esta

condición só a cumpren os modelos de gama media alta.

Zoom: Son obxectivos de distancia focal variable. Isto permite aumentar de

tamaño as imaxes para que pareza que os obxectos están máis preto. As

cámaras dixitais máis baratas non acostuman ter máis de dous aumentos, a

diferenza dos modelos máis caros, que dispoñen de ata dez. Non hai que

confundilo co zoom dixital.

Macro: Función que axusta o obxectivo para permitir capturar obxectos

situados a menos de 50 cm.

As baterías: As cámaras dixitais necesitan enerxía para funcionar, máis

que as de película. Case todas contan cunhas baterías recargables ou, no seu

defecto, pilas. Antes de adquirir unhas, asegúrate de que o dispositivo

empregado para recargalas, xa sexa un cargador, transformador ou base,

está incluído no equipamento da cámara.

Conexións: Todas necesitan un medio para ”enchufalas” a un PC e descargar

as fotos. O mellor é que sexa unha conexión UBS 2.0 ou Firewire, cunha

elevada velocidade de transferencia de datos que permiten “baleirar” a

cámara en poucos segundos.

Page 17: A fotografía

Axustes da cámara: Tamén hai que ter en conta todas as funcións que

incorpore o dispositivo. Valora positivamente todas as que teñan que ver coa

configuración da cámara e que conduzan a facilitar a obtención de boas

fotos. Outras funcións como os efectos visuais, non son tan importantes, e

sempre podes facelos posteriormente no ordenador.

Cuberta: Protexe os circuítos internos e dá estética ao produto.

Flash: ilumina de maneira momentánea o lugar no que se toma a foto.

BENEFICIOS DAS CÁMARAS DIXITAIS

As cámaras dixitais son dispositivos electrónicos que capturan e almacenan

imaxes dixitalmente, remprazando así á película fotográfica.

CÁMARA ESCURA

A cámara escura pode ser un recipiente ou unha caixa coa que se poden

tomar imaxes e facer fotografías. Se lle dá o nome de cámara escura polo

feito de que no seu interior está pintada de negro, e ademais non entra nada

de luz por ningunha parte, excepto por onde se queira (o burato pequeno

como exemplo, que tamén se chama “estenopo”).

Esta cámara ten que ter como mínimo un burato para servir como estenopo e

se se quere, aínda que é recomendado, outro burato para servir como visor.

Page 18: A fotografía

E grazas ao principio físico da propagación rectilínea da luz, a través do

estenopo no interior da cámara prodúcese unha imaxe.

Nota: a imaxe sairá invertida e débil na iluminación respecto ao que se

enfocase.

Cámara escura

A FOTOGRAFÍA E A ARTE

Ata finais do século XIX a fotografía é valorada pola capacidade de captar

imaxes coa maior fidelidade posible. En ningún momento se propón o valor

artístico que esta pode conter.

O exceso de cámaras fotográficas converte a fotografía nun feito

insignificante e vulgar sen valor artístico ningún, e por iso os fotógrafos

cansos xa da clásica forma de composición, traballan en novas técnicas

fotográficas.

Os fotógrafos buscan un toque artístico imitando o debuxo e a pintura. A

fotografía artística busca a súa diferenciación na composición baseada nas

regras da pintura.

Page 19: A fotografía

O impresionismo inflúe na fotografía fundamentando os seus contidos no

contraste de luces e sombras. A fotografía pretende imitar a pintura

impresionista e esta tamén utiliza a fotografía para o estudo da color.

O modernismo tamén inflúe na fotografía. Dende 1900 ata 1920

considerouse a etapa da fotografía artística. Durante este período

maniféstanse tres actitudes artísticas: impresionismo, realismo e

surrealismo. A súa vez, dentro destas tres tamén están: o pictorialismo, a

fotografía pura, a fotografía obxectiva, o novo realismo, etc.

O IMPRESIONISMO: O impresionismo é considerado o movemento máis

importante na pintura das últimas décadas do século XIX. O acontecemento

decisivo non ocorreu ata 1869, cando Renoir e Claude Monet pintaron xuntos

en A Grenouillère -"ranería" ou estanque, en francés, neste caso o principal

do Bois de Boulogne-, sen dúbida o ano máis importante para o movemento

impresionista.

O REALISMO: O realismo é unha corrente que abrangue moitas artes,

entre as que destacan a pintura, a fotografía, o cine, a literatura e a

filosofía.

Como corrente literaria europea deuse entre 1850 e 1900. Caracterízase

pola observación rigorosa da realidade (de aí o nome).

Page 20: A fotografía

O SURREALISMO: O surrealismo ou superrealismo é un movemento

artístico e literario xurdido en Francia no primeiro cuarto do século XX en

torno á personalidade do poeta André Breton. O surrealismo tomou do

dadaísmo algunhas técnicas de fotografía e cinematografía así como a

fabricación de obxectos.

O PICTORIALISMO: O pictorialismo é unha corrente fotográfica de

pretensións artísticas que se desenvolve a nivel mundial (aínda que

principalmente en Europa, Estados Unidos e Xapón) entre finais dos anos

1880 e o final da Primeira Guerra Mundial. O nome do movemento deriva do

termo inglés picture (imaxe). Para o grupo de fotógrafos que o conformaron,

o pictorialismo supón falar dunha imaxe máis dentro do existente, dunha

imaxe simple captada/separada dun mero rexistro da realidade. O seu lema

é “a busca da beleza coa intención de reivindicar os valores propios da

fotografía”.

A FOTOGRAFÍA PURA: A fotografía pura foi un movemento no que se

buscaba reivindicar a fotografía como medio artístico, sen preparar ou

intervir no tema ao representalo nas imaxes. A fotografía comezou a ser

considerada como un medio artístico en si mesma e non como una forma de

imitar a pintura artística (Fotografía pictorialista). Non só a forma de

fotografar era o que cambiaba, senón tamén o tema fotografado, buscábase

a espontaneidade, o natural, sen poses nin manipulacións.

Page 21: A fotografía

A FOTOGRAFÍA OBXECTIVA: A fotografía obxectiva é o novo realismo

xurdido en 1920 para romper co pictorialismo. Os temas que trata son: vida

cotiá, pedras, madeiras, plantas.

As imaxes non se manipulan durante o revelado. Na fotografía obxectiva

búscase a riqueza dos tons, a nitidez de detalles, etc. Esta corrente foi

absorbida pola publicidade.

O NOVO REALISMO: O Novo realismo é un movemento artístico da

pintura fundado en 1960 polo crítico da arte Pierre Restany e o pintor Yves

Klein, durante a primeira exposición colectiva na galería Apollinaire de Milán.

O Novo Realismo foi, xunto con Fluxus e outros grupos, unha das numerosas

tendencias da vangarda dos anos sesenta do século XX.

O DADAÍSMO: O Dada ou Dadaísmo foi un movemento artístico xurdido en

Europa (Suíza) e en Norteamérica en 1915, que se caracterizou por acenos e

manifestacións provocadoras en que os artistas pretendían destruír todas

as convencións con respecto á arte, creando unha anti-arte.

As intencións do grupo eran basicamente a internacionalización da arte e a

propagación da arte abstracta.

Page 22: A fotografía

GLOSARIO

-DAGUERROTIPO: É un invento precursor da fotografía moderna. Foi unha ponte entre a

cámara escura e a cámara obxectiva.

-IODO: É un elemento químico situado no grupo dos halóxenos. Pode encontrarse en

forma molecular como iodo diatómico.

-CALOTIPO: É un método fotográfico baseado nun papel sensibilizado.

-COLODIÓN HÚMIDO: É un procedemento fotográfico creado no ano 1851. Chámase

colodión húmido porque a placa ha de permanecer húmida durante todo o procedemento

de toma e revelado das imaxes.

-ESTEREOSCÓPICO: Refírese a calquera técnica de gravación da información visual

tridimensional.

-O ESTEREOSCOPIO: É un dispositivo moi simple que consta de catro pequenos espellos.

Este aparello substitúe o cruzar os ollos para ver fotos ou vídeos estereoscópicos, que

para moitos é algo difícil ou incómodo.

-TRIDIMENSIONAL: En xeometría ou análise matemática, un obxecto é tridimensional

cando ten tres dimensións.

-BINOCULAR: Un binocular é un prismático. Son uns instrumentos ópticos que se utilizan

para ampliar a imaxe dos obxectos distantes observados.

-OFFSET: Método de reprodución de documentos ou imaxes sobre papel ou materiais

similares.

-FOTOCROMÍA: Sistema de imprenta en cor.

-FOTOPERIODISMO: Periodismo gráfico ou reportaxe gráfica.

-EMULSIÓN: Substancia xelatinosa que contén sales de prata sensibles á acción da luz.

-TRÍPODE: Utensilio con tres patas que se emprega como soporte.

-COOPERATIVA: Sociedade formada por traballadores ou consumidores para producir,

comprar ou vender produtos en común.

-INCREMENTAR: Facer maior (unha magnitude, certa cousa que se pode cuantificar).

Page 23: A fotografía

-VTR (VIDEO TAPE RECORDER): É un aparello utilizado para gravar imaxes en

movemento en cinta magnética. Tamén é coñecido como magnetoscopio.

-VICEVERSA: Indica que, ademais do que se predica na oración, tamén se afirma o

mesmo ao inverter os seus termos.

-SIMULTÁNEAMENTE: De maneira simultánea, que sucede ao mesmo tempo.

-FEIXE DE LUZ: É o conxunto de partículas ou raios luminosos dunha mesma orixe, que

se propagan sen dispersión.

-FOTÓMETRO: Instrumento que serve para medir a intensidade da luz.

-EIXE: Liña imaxinaria arredor da que xira algo.

-OCULAR: Lente ou sistema de lentes dun instrumento óptico, situadas na parte á que se

achega o ollo, para poder observar a imaxe proporcionada polo obxectivo.

-CUÑA: Peza de madeira ou de ferro, consistente en dúas caras rectangulares que se van

unindo ata formaren un ángulo agudo, que serve para cortar, fender e suxeitar algo.

-CONVERXENTES: Que converxen, que se unen nun punto.