A industria española na actualidade

14
A INDUSTRIA ESPAÑOLA NA ACTUALIDADE MANUAL DE TEXTO ANAYA 2006 APUNTAMENTOS DE ALUMNOS INDICE: 1.- A 3ª R.I. E A RECUPERACIÓN DA INDUSTRIA 11.- CAMBIOS DA 3ª R.I. 12.- REPERCUSIÓNS DA 3ª R.I. NA INDUSTRIA ESPAÑOLA 2.- A PRODUCCIÓN INDUSTRIAL: UNHA ESTRUCTURA SECTORIAL DESFAVORABLE 21.- SECTORES MADUROS E PROCESOS DE RECONVERSIÓN 22.- SECTORES INDUSTRIAIS DINÁMICOS 23.- SECTORES PUNTA 3.- PROBLEMAS ESTRUCTURAIS DA ACTUAL INDUSTRIA ESPAÑOLA 4.- FACTORES E TENDENCIAS DA LOCALIZACIÓN INDUS-TRIAL ACTUAL 41.- FACTORES ACTUAIS DE LOCALIZACIÓN 42.- TENDENCIAS ACTUAIS DA LOCALIZACIÓN: DIFUSIÓN E CONCENTRACIÓN 5.- AREAS INDUSTRIAIS E DESEQUILIBRIOS TERRITORIAIS DA INDUSTRIA ESPAÑOLA 51.- AREAS INDUSTRIAIS DESENVOLVIDAS 52.- AREAS E EIXES INDUSTRIAIS EN EXPANSIÓN 53.- AREAS E INDUSTRIAS EN DECLIVE 54.- AREAS DE INDUSTRIALIZACIÓN INDUCIDA E ESCASA 6.- PROBLEMAS AMBIENTAIS DA INDUSTRIA 7 APOLÍTICA INDUSTRIAL ACTUAL 71.- A DISMINUCIÓN DA INTERVENCIÓN ESTATAL 72.- POLÍTICA PARA CORRIXIR PROBLEMAS ESTRUCTURAIS DA INDUSTRIA 73.- POLÍTICAS PARA CORREXIR DESEQUILIBRIOS REXIONAIS NA INDUSTRIA 74.- POLÍTICAS AMBIENTAIS 1

description

apuntamentos de alumnos sobre os espazos industriais

Transcript of A industria española na actualidade

Page 1: A industria española na actualidade

A INDUSTRIA ESPAÑOLA NA ACTUALIDADE

MANUAL DE TEXTO ANAYA 2006

APUNTAMENTOS DE ALUMNOS

INDICE:

1.- A 3ª R.I. E A RECUPERACIÓN DA INDUSTRIA11.- CAMBIOS DA 3ª R.I. 12.- REPERCUSIÓNS DA 3ª R.I. NA INDUSTRIA ESPAÑOLA2.- A PRODUCCIÓN INDUSTRIAL: UNHA ESTRUCTURA SECTORIAL DESFAVORABLE21.- SECTORES MADUROS E PROCESOS DE RECONVERSIÓN22.- SECTORES INDUSTRIAIS DINÁMICOS 23.- SECTORES PUNTA3.- PROBLEMAS ESTRUCTURAIS DA ACTUAL INDUSTRIA ESPAÑOLA 4.- FACTORES E TENDENCIAS DA LOCALIZACIÓN INDUS-TRIAL ACTUAL 41.- FACTORES ACTUAIS DE LOCALIZACIÓN42.- TENDENCIAS ACTUAIS DA LOCALIZACIÓN: DIFUSIÓN E CONCENTRACIÓN5.- AREAS INDUSTRIAIS E DESEQUILIBRIOS TERRITORIAIS DA INDUSTRIA ESPAÑOLA51.- AREAS INDUSTRIAIS DESENVOLVIDAS 52.- AREAS E EIXES INDUSTRIAIS EN EXPANSIÓN53.- AREAS E INDUSTRIAS EN DECLIVE54.- AREAS DE INDUSTRIALIZACIÓN INDUCIDA E ESCASA6.- PROBLEMAS AMBIENTAIS DA INDUSTRIA7 APOLÍTICA INDUSTRIAL ACTUAL 71.- A DISMINUCIÓN DA INTERVENCIÓN ESTATAL72.- POLÍTICA PARA CORRIXIR PROBLEMAS ESTRUCTURAIS DA INDUSTRIA73.- POLÍTICAS PARA CORREXIR DESEQUILIBRIOS REXIONAIS NA INDUSTRIA74.- POLÍTICAS AMBIENTAIS

1

Page 2: A industria española na actualidade

A INDUSTRIA ESPAÑOLA NA ACTUALIDADE

1.- A 3ª R.I. E A RECUPERACIÓN DA INDUSTRIAA reconversión industrial segue afectando aos sectores maduros; mais, trala crise dos 70, ábrese unha nova fase da man da 3ª R.I.

11.- CAMBIOS DA 3ª R.I.A 3ª R.I. baséase na innovación ou aplicación tecnolóxica da información (T.I.Cs), que melloran os procesos de producción e que, en paralelo ao protagonismo da microelectrónica (fabricación masiva de micro-procesadores –chips), dará lugar a cambios na producción, na estructura, na localización e na política industrial.

111.- CAMBIOS NA PRODUCCIÓN:

Crecemento dos sectores de uso intensivo das tecnoloxías. Son os seguintes:

a) A telemática (informática e comunicación), almacenando e procesando grandes cantidades de información, rápida, precisa, a distancia e a tempo real.b) A automatización (robótica, ofimática, deseño asistido), transformando a información en diversas formas de traballo.c) Inxeñería de equipos e sistemas de precisión, de intensiva aplicación de información.

Estes sectores inflúen en outros complementarios (inxeñería de novos materiais –poliuretanos e aliaxes, inxeñería genética, de láser, das enerxías renovables, etc.), ao tempo que rejuvenecen ás industrias tradicionais.

112.- CAMBIOS NA ESTRUCTURA:

1121.- cambios no sistema de producción, ben por descentralización, ben por flexibilización.

a) Por descentralización, grazas á automatización que permite separar as tarefas antes integradas na gran fábrica. e grazas ás redes telemáticas que permiten a transmisión instantánea das decisións e a posterior coordinación. A descentralización realízase de diversas maneiras: 1) constituindo empresas multiplanta (establecementos separados en localizacións axeitadas); 2) favorecendo a externalización ou subcontratación a empresas auxiliares (de compoñentes ou de montaxe); 3)

2

Page 3: A industria española na actualidade

formando redes de empresas (PEMES) que diversifican as súas produccións ou cooperan no acceso á información, tecnología e servizos vs á competencia).

b) Por flexibilización, grazas ao uso reprogramable da maquinaria automatizada que posibilita dar rápidas Respostas a unha demanda diversa e cambiante.

1122.- Cambios no tamaño das empresas:Reducción do tamaño medio das empresas (proliferación de PEMES).

1123.- Cambios no emprego industrial:Reducción, por mor da automatización, do traballo manual a prol da cualificación profesional, e trasvase do emprego industrial estable (mercado laboral primario/regulado pola negociación colectiva) ao desregularizado (mercado secundario), temporal, a domicilio e autónomo.

1124.- A tercerización industrial:Reducción das tarefas productivas (ordenadores-robots/traballadores) e prolongación dos procesos productivos (actividades anteriores –xestión, deseño, I+D- e posteriores – mercadotecnia e servizos postventa, control da calidade). A cuestión: superación da fase industrial polo terciario ou a industria como factor do desenvolvemento tecnoloxíco e do aumento dos servizos.

113.- CAMBIOS NA LOCALIZACIÓN INDUSTRIAL:A difusión industrial (reducir custos en localización con vantaxes comparativas) alterna coa concentración de empresas con alta tecnología nas áreas centrais con mellares equipamentos e servizos.

114.- CAMBIOS NA POLÍTICA INDUSTRIAL (TRAZOS):1) Reducción do intervencionismo de Estado e maior apertura ao exterior (globalización económica); 2) fomento da industrialización endóxena que potencia as vantaxes comparativasa; 3) sensibilización medio-ambiental. 12.- REPERCUSIÓNS DA 3ª R.I. NA INDUSTRIA ESPAÑOLA:

Os cambios da 3ª R.I. permitiron a recuperación industrial dos PPDD (cfr., aumento de establecementos e aumento do emprego). España, trala fase máis dura do axuste ao final dos 70, participará desta recuperación que non pode ocultar problemas estructurais na producción, na adaptación tecnológica, no territorio e no medio ambiente que padece a industria española.

3

Page 4: A industria española na actualidade

2.- A PRODUCCIÓN INDUSTRIAL: UNHA ESTRUCTURA SECTORIAL DESFAVORABLE.

En España seguen a ter un peso destacado os sectores maduros (en reconversión), xunto ao dinámicos (dependencia do capital exterior) e aos de alta tecnología (en estado incipente).

21.- SECTORES MADUROS E PROCESOS DE RECONVERSIÓN:

Son sectores afectados pola contracción da demanda (competencia dos novos materiais), polo descenso da competitividade (atraxo tecnico e abaratamento da man de obra das economías emergentes) e pola vixente política comunitaria (reducción da producción e supresión de subsidios). Diferenciamos:

211.- METALURXIA BÁSICA E DE TRANSFORMADOS METALICOS2111.- A metalurgia básica con dous subsectores (siderurgia integral e non integral). A integral obtén o aceiro a partir de ferro no alto forno. Trala reconversión (reducir custos, diversificar productos e aumentar calidade) pecharon Altos Fornos do Mediterráneo e Altos Fornos de Biscaia, mentras a asturiana privatizouse e fusionouse a empresas europeas. A non integral obten o aceiro a partir da chatarra no forno eléctrico por empresas de mor tamaño do país Vasco, Cantabria e Cataluña.2112.- A industria de transformados metálicos fabrica maquinara diversa no triángulo Barcelona, País Vasco e Madrid.

212.- FABRICACIÓN DE ELECTRODOMÉSTICOS (LINEA BRANCA)En proceso de reorganización empresarial (especialización, concentración e diversificación), que supuxo peches empresariais e regulamento de emprego.

213.- A CONSTRUCCIÓN NAVAL.En proceso de axuste na súa capacidade productiva cara unha especialización en actividadesde reparación da flota. Forte concentración xeográfica (Galicia, Cantabria, País Vasco e Andalucía).

214.- A INDUSTRIA TEXTIL, DO COIRO E DO CALZADO.Dominante na franxa mediterránea, diferenciamos dous ramas: as fibras químicas (compoñente tecnolóxico, gran empresa e capital extranxeiro) e a confección (man de obra abundante, minifundismo empresarial, dispersión xeográfica), que afronta á competencia exterior con investimentos intangibles ( marca e deseño).

4

Page 5: A industria española na actualidade

22.- SECTORES INDUSTRIAIS DINÁMICOS

Con expectativas de futuro (alta productividade, especialización, flexibilidade empresarial e demanda asegurada tanto no mercado interior como no potencial exportador) e importante presencia de capital extranxeiro. Destacan os sectores do automóbil, o químico e agroalimentario.

221.- SECTOR DO AUTOMÓBIL

En proceso de reconversión (sobredimensión e desfase tecnolóxico) por las multinacionais propietarias con axudas oficiais (sector tecnológica (de exportación) precisa de axustes graduais e de renovación (robotización e motores máis ecolóxicos).

222.- SECTOR QUÍMICO

Unha das nosas industrias básicas amosa graves deficiencias (dependencia de capital extranxeiro e escasa competitividade relativa aos países comunitarios polo tamaño das unidades productivas e da capacidade innovadora). Comprende dous subsectores:

a) O petroquímico ou química de base (complexos integrados en actividades de refino de hidrocarburos): Puertollano, Huelva, Alxeciras e Cartaxena.

b) A química de transformación (clorantes e pinturas, fertilizantes e papel, material farmacéutico e fotográfico) con exportación á alza e pequenas empresas localizadas no País Vasco, Cataluña e Madrid.

223.- SECTOR AGROALIMENTARIO

Xunto ás multinacionais conta con pequenas e dispersas empresas que aspiran a aumentar as vendas no mercado interior e fomentar as exportacións pola vía dunha maior calidade do producto.

224.- SECTOR DA CONSTRUCCIÓN

As fluctuacións do sector reflecte dependenia ás coyunturas económicas. Na actualidade a unha artificial alza dos prezos.

5

Page 6: A industria española na actualidade

23.- SECTORES PUNTA (Sectores de intensivo uso de alta tecnoloxía)

231.- CAUSAS DO CARÁCTER TARDÍO E INCIPENTE:

a) Dependencia exterior en investigación e tecnoloxía en razón dos baixos investimentos e insuficiente integración universidade-empresa (prima a investigación básica sobre as aplicacións prácticas). De aquí o recurso á compra de patentes e á atracción de multinacionais.

b) Predominio de empresas pequenas e medianas de escasa competitividade (reducidas ao mercado interior).

c) Escasa adaptación da man de obra e do sistema educativo ás demandas empresariais.

232.- LOCALIZACIÓN:

Tendencia á concentración en espazos ou medios innovadores (parques tecnológicos e científicos), caracterizados:

a) Por su funcionalidade (reunión de centros de investigación e de empresas innovadoras).

b) Por su morfoloxía urbanística: Normalmente en parcelas reducidas con baixa densidade edificatoria e elevada calidade ambiental contorna paisaxística grata), con servizos complementarios (administrativos, Congresos) e bóas infraestructuras de comunicación (aeroportos e rede informáticas) e con edificios-incubadoras de empresas.

c) Por su relación coa contorna: Industrias locomotoras do desenvolvemento local e de difusións das innovacións con capacidade de serrar servizos e cualificación da man de obra.

233.- BALANCE DE RESULTADOS

O éxito dos parques tecnológicos (Madrid, Barcelona) está en relación cun contorno favorable e coa súa capacidade de atraer multinacionais de alta tecnología. Sen embargo, o seu potencial de difusión das innovacións é discutible, por canto realizan as investigacións no país de orixe e manteñen escasa relación co contorno empresarial.

6

Page 7: A industria española na actualidade

3.- PROBLEMAS ESTRUCTURAIS DA ACTUAL INDUSTRIA ESPAÑOLA

Os problemas estructurais que dificultan a adaptación da industria española ao novo ciclo económico son:

a) Inadecuada dimensión das empresas (o 92% son de menos de 50 traballadores ou medianas, de 51 a 500) que xera só un 1/3 do emprego da poboación activa e unha producción cara e non competitiva (o tamaño non permite ás economías de escala e os investimentos en I+D). Malia a todo, e incluimos a política industrial polarizada nas grandes empresas, as PEMES contan ao seu favor con menor conflictividade e maior axiliadade aos cambios da demanda. As poucas empresas de máis de 500 traballadores están a grande distancia das grandes da U.E.

b) Escasa investigación: o crecente esforzo público en investimentos en I+D interrumpeuse en 1992 e desde entonces mantense aá baixa (criterios de convergencia de Maastricht. As empresas privadas non participan o suficiente en I+D porque os beneficios son en parte sociais e non repercuten totalmente na empresa que realiza o investimento. Por outra parte e aínda que a creación de parques tecnoloxicos aumentou a difusión industrial, estes investimentos públicos están centrados sectorial (industrias dinámicas), empreasarial (grandes empresas) e territorialmente (Madrid e Barcelona).

c) Dependencia e escasa tecnoloxía que se explica nos reducidos investimentos en I+D e forza á importación de patentes limitadas ao mercado interior.

As CONSECUENCIAS son a baixa productividade, calidade e competitividade (prezos máis altos), que consolidan unha posición semiperiférica da industria española no contexto internacional.

7

Page 8: A industria española na actualidade

4.- FACTORES E TENDENCIAS DA LOCALIZACIÓN INDUSTRIAL ACTUAL

Manteñense as grandes concentracións industriais herdadas e obsérvanse cambios nos factores e nas tendencias de localización industrial.

41.- FACTORES ACTUAIS DE LOCALIZACIÓN

Os factores de localización clásicos perderon importancia dende a crise dos 70 a prol dos cambios da 3ª R.I.

a) Reducción da importancia en recursos naturais próximos: o transporte marítimo reduce custos de transporte e favorece a creación de industrias pesadas nos portos. Por otra parte, as novas tecnoloxías desenvolven sustitutivos sintéticos e permiten economizar o consumo dos recursos enerxéticos.

b) A ampliación dos mercados de venda reducen a dependencia dos mercados locais.

c) A mellora dos transportes e comunicacións resta importancia ás distancias e revaloriza á accesibilidade.

d) O factor principal, actualmente, é o acceso á información e á innovación ou os relacionados, tanto materiais (centros de investigación, infraestructuras, servizos empresariais, man de obra e ambiente de calidade) como inmateriais (contorno empresarial tecnolóxicamente avanzado e receptibilidade aos cambios) ou a conexión ás redes que permiten obter estes factores coas novas tecnologías.

42.- TENDENCIAS ACTUAIS DA LOCALIZACIÓN: DIFUSIÓN E CONCENTRACIÓN

Cos novos factores mudaron tamen as tendencias da localización: acentuación da difusión industrial cara á periferia; á vez mantense o atractivo das áreas urbanas industrialmente máis desenvolvidas.

421.- DIFUSIÓN DA INDUSTRIA CARA Á PERIFERIA

Son factores desta tendencia:

a) Os problemas que presentan as grandes concentracións industriais (deseconomías de aglomeración): saturación fabril, de equipamentos e de

8

Page 9: A industria española na actualidade

infraestructuras e consecuente encarecemento do solo, maior conflictividade laboral e deteriorización do medio ambiente.

b) As melloras tecnolóxicas que permiten separar as funcións de dirección e xestión das de producción.

c) As novas estratexias do capitalismo: reducción de custos (salariais, fiscais, de solo, etc) nas zonas de periferia.

A desconcentración afecta sobre todo aos sectores maduros (actividades intensivas en traballo e en enerxía e pouco esixentes en innovacións). Trátase dun proceso que se realiza a escala mundial (deslocalización), nacional (difusión) e intrarregional (desprazamento dende os centros das aglomeracións ás periferias, ás cidades medias e incluso aos ámbitos rurais). Sen embargo, a influencia das novas tecnoloxías na localización é cambiante (cfr., procesos de reintegración espacial cara os espazos centrais).

422.- O ATRACTIVO DOS ESPAZOS CENTRAIS

Este atractivo explícase no reclamo dos esixentes e selectivos servizos dos lugares centrais na producción de bens de alto contido tecnológico e como emprazamentos das sedes sociais, de xestión e dos servizos ás empresas.

Esta concentración tamén se observa a escala mundial (EEUU, UE, Japón), nacional (rexións máis dinámicas) e intrarregional (lugares centrais e sectores máis valorados da súas coroas). Deste xeito queda reforzada a complexidade da situación actual da industria española.

9

Page 10: A industria española na actualidade

5.- AREAS INDUSTRIAIS E DESEQUILIBRIOS TERRITORIAIS DA INDUSTRIA ESPAÑOLA

A localización industrial en España presenta contrastados desequilibrios territoriais entre áreas industrializadas con distintas tendencias (desenvolvidas, en expansión e en declive) e áreas de escasa industrialización. Estes desequilibrios no reparto espacial da industria é fonte de desequlibrios territoriais no reparto da poboación, das infraestructuras, dos equipamentos e servizos, da riqueza e do peso político; por iso, o fomento industrial foi un dos obxectivos básicos nas políticas para o desenvolvemento rexional.

51.- AREAS INDUSTRIAIS DESENVOLVIDAS

En principio, son os espazos centrais das áreas metropolitanas (Madrid, Barcelona); sen embargo, a súa evolución recente está marcada por tendencias contradictorias:a) Afundimento ou reconversión de importantes sectores maduros.b) Revitalización industrial dos sectores dinámicos (actividades con valor engadido, mercados en expansión, empregos cualificados e mellor remunerados) a prol das vantaxes da centralidade. Esta favorece unha crecente tercerización que se reflicte externamente na aparición de parques industriais e empresariais (as funcións de oficina superan as fabrís).

52.- AREAS E EIXES INDUSTRIAIS EN EXPANSIÓN

Resultado das tendencias difusoras da industria ou do desenvolvemento da industrialización endóxena. Distínguense os seguintes tipos:a) as coroas metropolitanas, áreas en declive e en proceso de reconversión, ao tempo que receptoras de novas industrias. Nuns casos, trátase da difusión ou relocalización de industrias tradicionais procedentes da área central (polígonos industriais ao longo das vías de comunicación). Noutros casos as coroas atraen a empresas innovadoras que se instalan en parques tecnolóxicos. b) as franxas periurbanas, que relocalizan industrias das cidades próximas e atraen pequenas empresas de capitalización escasa e cn produccións intensivas en traballo pouco cualificado. A tipoloxía máis característica son os polígonos de naves acaroadas.c) os eixes de desenvolvemento industrial, localizados ao longo de vías de comunicación. Os eixes nacionais principiais son os do Val do Ebro e do Mediterráneo (Girona-Cartaxena), que contan cunha rede de autoestradas que os conecta cos principias centros nacionais e do sur de Europa e atraen industrias nacionais e multinacionais. A nivel rexional e

10

Page 11: A industria española na actualidade

comarcal desenvolvéronse algúns eixes secundarios (rede arredor de Madrid e estensións ás provincias limítrofes de Castela-A Mancha; eixes das rexións do interior –autovía Tordesillas-Valladolid-Palencia).d) Nalgunhas áreas rurais tamén medran implantacións industriais. Trátase de pequenas empresas de capitalización escasa con produccións intensivas en traballo pouco cualificado (talleres de produccións artesanais, empresas que aproveitan o potencial de recursos endóxenos). Non obstante, ás veces xorden empresas innovadoras (cooperación empresarial e apoio da administración local.

53.- AREAS E INDUSTRIAS EN DECLIVE

Son Asturias, Cantabria e algúns núcleos illados (Ferrol, badía de Cádiz Puertollano e Ponferrada). O País Vasco, incluida nesta zona, constitue unha excepción polo seu recente rexurdimento industrial e como tal nun ejemplo de revitalización. Esta áreas en declive caracterízanse por:a) son zonas industriais en crises especializadas en sectores maduros sen diversificación industrial, que permita xerar empregos alternativos e nas que predomina a gran fábricab) son un mercado laboral é de cualificación media ou baixa, con forte implantación sindical e conflictividade.c) Un medio que posúe unha deteriorización de antigo (industrias contaminantes e crecemento urbano desorganizado), con predios ou naves abandonadas, externalidades negativas que dificultan a instalación industrial.As CONSECUENCIAS da desintegración industrial destas zonas son: declive demográfico por emigración, crecente posición periférica respecto dos centros de decisión e ás novas áreas industriais e deficiente accesibilidade respecto do resto de España e da U.E.

54.- AREAS DE INDUSTRIALIZACIÓN INDUCIDA E ESCASA

a) As áreas de industrialización inducida son Aragón (Zaragoza), Castela e León (Valladolid e Burgos), e Andalucía (Sevilla-Cádiz-Huelva), desde 1960 obxecto de iniciativas de promoción industrial. Posúen enclaves industriais desenvolvidos (investimentos, producción e emprego), mais son incapaces de se relacionaren con outros enclaves ou de difundiren a industria serrando desequilibrios territoriais.

b) As áreas de industrialización escasa e tradicional son Castela-A Mancha, Extremadura, Baleares e Canarías por mor dunha localización pouco competitiva (tan só áreas de Castela-A Mancha pola difusión da industria madrileña pode constituirse en ejemplo de revitalización).

11

Page 12: A industria española na actualidade

6.- PROBLEMAS AMBIENTAIS DA INDUSTRIA

Os aspectos problemáticos da industria son:

a) O uso abusivo dos recursos naturais (materias primas e fontes de enerxía), que conduce a sobre-explotación e ao seu esgotamento. b) Algunhas industrias contaminan o medio con as súas emisións de gases e polos residuos e ruidos que xeran (contaminación atmosférica –chuvia ácida, capa de ozono, efecto invernadoiro, acústica e das augas do solo polos vertidos sen depurar).

c) As industrias tamén degradan a estética da paisaxe (feísmo das construccións, externalidades negativas). O proceso de baleiramento industrial e o medio degradado/contaminado inútil para outros usos.

7 APOLÍTICA INDUSTRIAL ACTUAL

71.- A DISMINUCIÓN DA INTERVENCIÓN ESTATAL

A reducción do intervencionismo de Estado ten como manifestacións máis clara a crecente apertura exterior e a privatización de empresas públicas.

a) A crecente apertura ao exterior, resultado da integración de España na U.E. (fin do proteccionismo para os productos industriais comunitarios e baixa T.E.C.; é decir, acrecentamento da competencia externa) e da globalización económica (reflíctese no aumento das exportacións e das importacións ou dos investimentos de capital –no caso do capital de procedencia europea diríxese aos sectores dinámicos e desnacionaliza as decisións).

b) Algunhas das empresas máis rendibles foron privatizadas para reducir a débeda estatal (1995, desaparición do INI e creación da SEPI para o fortalecemento de empresas con participación pública en continua innovación tecnolóxica).

72.- POLÍTICA PARA CORRIXIR PROBLEMAS ESTRUCTURAIS DA INDUSTRIA

Enmarcada na política industrial da U.E., ten como obxectivo superar a falta de competitividade. Aspectos destacables son:

12

Page 13: A industria española na actualidade

a) Aceleración da reconversión, desde 1991 unha esixencia da U.E. . Para afrontala as rexións en declive recibiron fondos para os proxectos de modernización tecnológica.b) Aumento da competitividade empresarial, facilitando os acordos entre as grandes empresas e con medidas de apoio as PEMES (creación do IMPI para a súa internacionalización e conversión en empresas exportadoras) e impulso ás redes de empresas (competitividade a través da cooperación).c) Aumento da investigación mediante planos nacionais de investigación científica (elevando o gasto público en I+D ata o 1,3% , 1999), política imprescindible para competir en mercados globais onde a clave para aumentar valor engadido na producción está na innovación.d) Disminución da dependencia tecnolóxica aumentando a participación nos programas internacionais de tecnología e fomento da investigación (Proxecto Eureka) a traves de actuacións do CDTI.

73.- POLÍTICAS PARA CORREXIR DESEQUILIBRIOS REXIONAIS NA INDUSTRIA

Fronte ás políticas de carácter sectorial (sectores en crise e grandes empresas), que prestaron escasa atención aos problemas do desigual reparto da industria, as actuacións políticas recentes podémolas agrupar en dous bloques: políticas de promoción con concesión de incentivos a zonas atrasadas e políticas de desenvolvemento endóxeno.

731.- POLÍTICAS DE PROMOCIÓN INDUSTRIAL

O escaso éxito das políticas de promoción industrial precedentes e a entrada na U.E. conlevan á idea de superar aquel carácter sectorial ao considerar que a decadencia ou falta de competitividade residen nas empresas independentemente da súa actividade. As novas políticas susténtans e a escala naciona na Lei de Incentivos Rexionais (1985), que ofrece compensacións ao investimento en áreas desfavorecidas e nas axencias de desenvolvemento rexional (ADR) con maioría de capital público, centradas na innovación e nas PEMES a través de incentivos financieiros (créditos de interese preferencial) e non financieiros (provisión de infraestructura e servizos ás empresas).

732.- POLÍTICAS DE DESENVOLVEMENTO ENDÓXENO

Trátase dunha proposta de innovación basada en desenvolver as vantaxes comparativas de cada ámbito na competencia dunha economía global. Os obxectivos son:

13

Page 14: A industria española na actualidade

a) Microplanificación ou protagonismo da administración local vs central.

b) Apoio ás PEMES locais (capacidade de xerar emprego e flexibilidade na xestión).

c) Fomento da innovación.

As ESTRATEXIAS para conseguilos son dous: creación de sociedades para o desenvolvemento industrial (as SODI desde os 70 tiveron resultados modestos por crearse en sectores maduros con tendencia á dispersión) e o fomento de distritos industriais (máis recentes, están formadas por redes de PEMES especializadas nun tecido de pequenas e medianas cidades que aseguran os servizos e equipamentos necesarios ás empresas, localizadas principalmente en Cataluña, País Vasco e C.A. de Valencia).

74.- POLÍTICAS AMBIENTAIS

A partir sobre todo dos 80 desenvolvese na opinión pública unha maior sensibilidade respecto dos problemas ambientais de orixe industrial. As principias actuacións son:

a) Promover, vs o uso abusivo dos recursos, un desenvolvemento sostible (uso racional dos recursos naturais que satisfaga as necesidades presentes sen comprometer o desenvolvemento das futuras xeracións).

b) Promover, vs a contaminación atmosférica, políticas de protección de espazos con proibición de usos industriais, de prevención mediante a avaliación previa de impacto mediambiental, de investigación en tecnologías limpas (industria verde ou ecolóxica) económicamente rendibles ás empresas, de auditoría ambiental (estudos técnicos sobre as condicións ambientais das empresas para adouptar medidas correctoras).

c) Emprender, vs degradación do valor estético da paisaxe, operacións de rehabilitación. Un ejemplo, no País Vasco, o Programa Elkartegiak ou reutilización de instalacións en zonas de antiga industrialización.

AUTORÍA: AJBLANCO

14