A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN

51
PLAN PROXECTA: METEOESCOLAS CPI DE PONTECESURES DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E ENDL “A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN” MICRORRELATOS E HAIKUS ARREDOR DE DISTINTOS ESTADOS DE TEMPO METEOROLÓXICO

Transcript of A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN

Page 1: A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN

PLAN PROXECTA: METEOESCOLASCPI DE PONTECESURES

DEPARTAMENTO DE LINGUAGALEGA E ENDL

“A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN”

MICRORRELATOS E HAIKUS ARREDOR DE DISTINTOS ESTADOS DE TEMPO METEOROLÓXICO

Page 2: A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN

ABRENTES E SOLPORESINVERNAIS

VOCABULARIO DESTE CAMPO SEMÁNTICO: Abrente, amencer, rompente, alba,

alborada, amañecer, lumbrigar, mañanciña, solpor, ocaso, luscofusco, noitiña

Page 3: A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN

HAIKU:

Ponse o soltras a escura serra.Tingue a auga.

Sara Domínguez Míguez2º ESO

Page 4: A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN

MICRORRELATO: “A HAMACA”

-Axiña, méteo na hamaca!

-Xa vou, home, xa vou.

-E tápao cunha manta por se acaso.

-Total xa está morto. Aínda que vai caer unha noite de xeada, que máis lle dá.

-É mellor que non reparen nel axiña. Cando se dean de conta de que está morto, xa estaremos lonxe de aquí.

SAMUEL LORENZO LAFUENTE

1º ESO B

Page 5: A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN

HAIKU

O sol descansatras as frías montañas.

Prendemos a luz.

Diego Pardal Rodríguez2º ESO

Page 6: A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN

MICRORRELATO: “METEOMEIGAS”

-Bo traballo!-A verdade é que sí, o solpor de hoxe quedoume magnífico.-Sí, pero a xefa Brunilda quería choiva.-Pois que traballe ela!

Laura Navarro Jamardo1º ESO B

Page 7: A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN

HAIKU

Foise un lóstregoAfastándose do sol.As nubes foxen.

Jennifer GarangerDomínguez2º ESO

Page 8: A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN

MICRORRELATO: UN BO LECTOR LE DE DÍA

“Era o cuarto día que estaba de vacacións no campo e quería ir ver o solpor. Miña tía cumpriume o capricho e fomos á parte oeste do prado. Chegamos alí sobre as nove e media; xusto a tempo. Ata que, nun intre, o sol se parou onde estaba... ou era a Terra? Non o sei, pero xa eran as doce da noite e o sol seguía alí, parado...”Xa se me cansou a vista! Seguirei lendo mañá.

Telmo Portas González1º ESO B

Page 9: A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN

HAIKU

No solpor morreuA cerámica Celta.Paz no horizonte

José Jaime Castaño Jiménez2º ESO

Page 10: A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN

MICRORRELATO: “A CASA ASOMBRADA “

En Redondo, unha pequena e afastada aldea, vivía unha familia con moi mala sorte, nunha casoupa á que nunca lle daba o sol por culpa dunha árbore que non se podía cortar…

TELEXORNAL MEDIODÍA:Na aldea de Redondo incéndiase unha casa a causa dunha árbore que caeu sobre un cable. Por sorte non houbo danos persoais, porque a familia que vivía nela saíra de viaxe.

Aroha Martínez Vázquez1º ESO B

Page 11: A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN

HAIKU

Vermello intensodas nubes en Cesures.Ocaso invernal.

Jorge Temperán Potel2º ESO

Page 12: A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN

MICRORRELATO: “Unha mañá rendible”

-Hoxe promete. En xaneiro facemos o agosto.-Ti tamén… Soñas como un rapaz…-E logo, ti non ves que escuro está? Dígoche eu que nos dá tempo a entrar en dúas casas máis ata que amañeza completamente. Ademais, hoxe non nos chove.

Alba Miguéns Cordo 1º B

Page 13: A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN

MICRORRELATO: “Última tecnoloxía”

Eran as 14.45 h como todos os días que saïamos do colexio, pero o Sol non estaba. Era practicamente noite. Todos pensabamos que era unha eclipse ou algo semellante. Por momentos incluso mudaba a cor do ceo: vermella, laranxa… -Corten! Descanso de 15 minutos e comezamos de novo.

Sandra Iglesias Espadas 1º ESO B

Page 14: A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN

HAIKU:

O vento sopra.Espreguízanse as nubesPara que chova.

Lois Fernández Carbia2º ESO

Page 15: A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN

DÍAS FUSQUENLLOS

VOCABULARIO DESTE CAMPO SEMÁNTICO: Babuxa, babuña, poalla,

froallo, zarzallo, orballo, fusco, fusquenllo, sombrizo, cincento.

Page 16: A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN

HAIKU

Sopra o vento.Veñen as nubes grisesEnloitar o sol.

Lucía Pardal Álvarez2º ESO

Page 17: A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN

MICRORRELATO: Invasión alieníxena?

Paseando co meu irmán, ao lado do río, vimos nel algo moi grande e estraño baixo a auga. Cando nos fixamosben vimos que eran dous tubos que soltaban burbullas. Berramos auxilio e comezamos a tirar croios.-Pero estades tolos! Que me ides matar!-berrou o mergullador que emerxía das augas.

Angelique Hernando Vieites 1º ESO A

Page 18: A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN

Microrrelato: “Un fume raro”

Despois de respirar aquel fume, só vin gatos no ceo.

Michael Lafuente Campos1º ESO A

Page 19: A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN

MICRORRELATO: “A graduación”

-Mamá.-Que?-Creo que teño que ir graduar as lentes.-E lo?-Vexo borroso.-Está chovendo, filliño. Só é unha pingueira.

Xián García Ferreiro 1º ESO A

Page 20: A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN

Microrrelato: “Badaladas ao arrolo da fe gardada”

Esa tarde gris algo captou a miña atención... Recordo asomarme ao balcón e sentir un aire xeado bicarmenas meixelas. Aínda a súa imaxe perdura na miña memoria, como perdura en outono a melancolía. E o ergueito campanario daquela vella igrexa, debúxase novamente con trazo firme e claro. Derruído, triste e abandonado, como inclinando en alto todas as pregarias, así imploraba ao ceo con cada badalada.

Sabela López Caldelas 4º ESO

Page 21: A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN

MICRORRELATO: “A Penumbra”

Ese día foi moi malo.Todo Cesures estaba na penumbra. De súpeto, unha luz apareceu. De alí saíu unhaimaxe non moi peculiar. Empecei a correr.-Que tal o fixen? Imos gañar.

Sandra Lafuente Angueira 1º ESO A

Page 22: A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN

MICRORRELATO: “Unha choiva especial”

Mentres paseaba polo peirao de Pontecesures, comezou a chover moi forte. A auga esvarábame polacara. Levei unha gran sorpresa cando me caeu unha pingueira na boca. Non era auga normal: era Coca-Cola!

Daniel Amado Vidal 1º ESO A

Page 23: A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN

Microrrelato: “Como outro día calquera”

-Parece que vai chover.-Non estou moi seguro. Estas nubes non son normais.- Que dis, ho! Son nubes, nubes ghaleghas, do máis normal. Non teñen nada de estraño. Dígocho eu, que son un experto en todo.E nisto, foron absorbidos por elas.

Xiana Magariños Barreiro 1º ESO B

Page 24: A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN

MICRORRELATO: “Un monte que voaba”

-Oes, ti dis que os montes voan?-Non, non voan.-Xa verás mañá…

Abel Barros Ferro 1º ESO A

Page 25: A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN

Haiku :

Cor amarelainvadindo o concello.Flor de mimosa.

Alba Mariño Oliveira2º ESO

Page 26: A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN

TREBÓNS, RAIOLAS E ARCOS DA VELLA

VOCABULARIO DESTE CAMPO SEMÁNTICO: Arco da vella, trebón,

treboada, bátega, ballón, raiola, escampada.

Page 27: A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN

Haiku:

Sopra o ventono meu frío rostro.Nubes no ceo

Sara Vázquez Blanco2º ESO

Page 28: A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN

MICRORRELATO: “Lavando o coche”

-Paseime coa mangueira!

Cristina Villar Castiñeiras 1º ESO B

Page 29: A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN

MICRORRELATO: “Utopía”

-Imos chegar tarde. Apura que vai rematar o arco da vella e non imos poder subir por el.

Alba Moares Magariños, 1º ESO B

Page 30: A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN

MICRORRELATO: “Esta fame…”

Hoxe estaba nubrado, como de costume. Saín á varanda e decateime de que o ceo parecía algo apetitoso. Entroume a fame e boteille o dente a unha delas.

Noa Castroagudín Vázquez, 1º ESO A

Page 31: A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN

Microrrelato:``Nostalxia adolescente´´.

-Parece que para de chover. Quedamos logo?-Ti verás-Lévoche a merenda?-Non, veño merendado

Lucas Carou Eitor, 1º ESO A

Page 32: A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN

MICRORRELATO: “A nube envexosa”

Érase unha vez una nube moi envexosa. Un día viu que todo o mundo amaba, quería e miraba ó Sol. Entón foi ela moi enfurruñada a tapalo para que amasen, quixesen e mirasen para ela. Ó final, o vento empuxouna para outro lado e o sol volveu a resplandecer de novo.

Nerea Miguéns Murillo 1º ESO B

Page 33: A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN

Microrrelato: “Todo coma sempre”

-Mira que bonito, un arco da vella!-Non te fíes dos arcos da vella. Son malos.-Non, ho, non. Que vai pasar?E de súpeto, o unicornio devorounos.

Rodrigo Fernández Garabán, 1º ESO B

Page 34: A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN

Microrrelato: “Unha raiola de sol inesperada”

-Home, canto tempo, como vai a túa vida?-Moi ben, hoxe tiña pensado saír co meu fillo a xogar ao baloncesto, pero por culpa da choiva, como que non podo.-Iso é normal en Galicia. Pasa moito.De repente os dous homes miraron ao ceo. O sol saíra, pero… inesperadamente, abduciunos aos dous.

Franco Daniel Morison Rey, 1º ESO B

Page 35: A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN

MICRORRELATO: ‘’Conversa entre dous amigos’’

-Ala vai! Xa nos estragou a tarde. Co bo tempo que ía!-Non te poñas así, que xa haberá máis ocasións nas que saiamos a pasear, home. Veña, anímate que, polo menos , nos deixan descansar un pouco –dicíalle o paraugas ao seu compañeiro o chuvasqueiro- .Ademaisdixo o home do tempo que mañá vén un dioivo.-Tes razón. Non hai que protestar, que levamos toda a semana saíndo á rúa. Veña, a descansar!

Raquel Oliveira Chenlo, 1º ESO B

Page 36: A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN

Microrrelato: “ Un diálogo absurdo”

-Manolo, parece que tivemos un respiro.-E lo?-Home, hoxe houbo unha treboada… Ti non a viches?-Non, porque estaba na casa cuns homiños verdes.

Raúl Gómez Mendoza, 1º ESO B

Page 37: A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN

Microrrelato: “Apocalipse”

Foi un milagre, de pronto apareceu o sol entre as nubes. Levaba días chovendo e chovendo sen parar. Ese era un lugar no que apenas todos os días eran noites, o ceo estaba cuberto por nubes negras e nin se quera entraba un raio de luz. A xente emocionouse. Por primeira vez podían ver o ceo claro e esas nubes brancas como a neve. Pero de pronto… Pobres ilusos... Non pensaron que esas nubes negras podían volver a escurecer todo o ceo e destruír de novo os seus días.

Verena Vieites Fernandes, 4º ESO

Page 38: A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN

INVERNO SOLLEIRO

VOCABULARIO DESTE CAMPO SEMÁNTICO: Solleiro, sollío, escampar,

enxugar, estear, estrelampar.

Page 39: A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN

MICRORRELATO: “Por arte de maxia”

Había nubes. Colleu un secador e fuxiron.

Telva Bernárdez Laíño, 1º ESO B

Page 40: A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN

HAIKU:

Para a augadescansando na beiraO río está calmo.

Álvaro Dopazo Doce2º ESO

Page 41: A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN

MICRORRELATO: “Isto non me gusta”

-E lo, ti de onde vés?-Iso non cho digo, que é un segredo.-Como un segredo? Logo non me podes dicir de onde vés?-Ben, marcho que… “teño que durmir”.-Durmir a estas horas? Vale, pero mañá dismo, eh?-Si, si…

Manuel Castrelo Codesido, 1º ESO A

Page 42: A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN

HAIKU:

O sol xa quentacunha leve brisa.Eu sintome ben.

Ángel Barral de Jesús2º ESO

Page 43: A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN

MICRORRELATO: “Un día calquera”

-Ola, Xose. Que fas?-Pois mirando o que hai por aí arriba. Ti sabes o que é iso que se achega cada vez máis?-Non sei, na TVG falan moito dos maias e desas trapalladas.-A verdade é que…Apareceu unha luz cegadora e, de súpeto, todo se volveu negro.

Zaira Estévez Fuentes, 1º ESO B

Page 44: A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN

Haiku:

Corre o tren pola vía.Pasa o tempotamén polo sol.

Jennifer Lorenzo Fernández2º ESO

Page 45: A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN

MICRORRELATO: “A fábrica máxica”

Había unha vez, nunha vila pequeniña, unha fábrica que tiña algo especial. O seu fume, cando chegaba ao ceo, condensábase e, cando arrefecía, as súas precipitacións eran de chocolate. Incrible, non? Pero era un chocolate raro e especial. Quen e como o farían?

Marta Casal Autrán, 1º ESO A

Page 46: A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN

HAIKU:

Corre o inverno.Nas fermosas pesqueirascanta a auga.

Pedro Citoula Pérez2º ESO

Page 47: A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN

MICRORRELATO: “Martes 13”

Hoxe ireime a bañar ao lago de Valga. Aínda que estea en Suíza, sempre o levarei no corazón. Agora dareime un chapuzón.

Manuela López Oliveira, 1º ESO A

Page 48: A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN

HAIKU:

O sol alumeao fermoso río Ulla.Moito traballo.

Rebeca Taibo del Oro2º ESO

Page 49: A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN

MICRORRELATO: “Achéganse as eleccións”

Esa árbore que estaba diante da miña xanela molestábame bastante. Certo día soleado, cando me erguín pola mañá, non daba crédito ao que vía! A árbore movíase cara a un lado saíndo do meu campo de visión. Corrín abaixo, canto puiden, para ver que sucedía.-Máis á dereita, Manolo, que chocades coa árbore contra a biblioteca.-Só se lles ocorre aos do Concello trasplantar semellante bicho!

Rubén Iglesias Susavila, 1º ESO A

Page 50: A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN

Haiku:

O ceo azul.Non hai nubes á vistaque nos apaguen.

Sergio Galbán García2º ESO

Page 51: A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN

MICRORRELATO:“A interrupción”

-Que ben se está na cama! -Zeus, baixa das nubes e ponte a traballar!

Zaira Barreiro Aragundi, 1º ESO A