a poboacion española

16

Click here to load reader

description

fontes e indicadores demograficos; movementos naturais e migratorios; estructura da poboacion; poboacion galega

Transcript of a poboacion española

Page 1: a poboacion española

A POBOACIÓN ESPAÑOLA

INDICE:

1.- AS FONTES DEMOGRÁFICAS1.1.- FONTES DEMOGRÁFICAS1.2.- INDICADORES DEMOGRÁFICOS 2.- A DISTRIBUCIÓN DA POBOACIÓN2.1.- FORTE DESIGUALDADE ESPACIAL2.2.- EVOLUCIÓN HISTÓRICA DA DISTRIBUCIÓN DA POBOACIÓN3.- MOVEMENTO NATURAL E RÉXIMES DEMOGRÁFICOS4.- O FUTURO DA POBOACIÓN5.- MOVEMENTOS MIGRATORIOS5.1.-AS MIGRACIÓNS INTERIORES5.1.1.- MIGRACIÓNS TRADICIONAIS. CONSECUENCIAS5.1.2.- MIGRACIÓNS ACTUAIS. CONSECUENCIAS5.2.- AS MIGRACIÓNS EXTERIORES5.2.1.- MIGRACIÓN TRASOCEÁNICA5.2.2.- MIGRACIÓN A EUROPA6.- ESTRUCTURA ECONÓMICA DA POBOACIÓN6.1.- POBOACIÓN ACTIVA6.2.- SECTORES ECONÓMICOS7.- A POBOACIÓN GALEGA: TRAZOS E TENDENCIAS

Page 2: a poboacion española

AS FONTES DEMOGRÁFICAS

As fontes demográficas analizan estatísticamente a poboación. Destacan os seguintes procedementos:

-Censo: É o reconto individualizado da poboación dun país nun momento determinado. Recolle datos demográficos, económicos e sociais da poboación. En España realizase cada 10 anos, sendo o último no ano 2001 que cifra o número de residentes en 40,8 millóns.

-Padrón municipal: É o rexistro dos veciños dos termos municipais. Tamen recolle datos demográficos, económicos e sociais da poboación. É un documento que se actualiza anualmente o 1 de xaneiro.

-Rexistro civil: Anota nacementos, matrimonios e defuncións. Con estes datos o INE elabora os libros de Movemento Natural da Poboación.

-Outras fontes son as estatísticas, que recopilan datos procedentes de fontes primarias, e as enquisas, que ofrecen información máis detallada, pero sobre mostras moi inferiores (cfr., Anuarios Rstatísticos do INE, Estatística de Variacións Residenciais, Enquisa de Poboación Activa, etc.).

INDICADORES DEMOGRÁFICOS

A Pirámide de población: É a representación gráfica da estructura ou composición dunha poboación a partir da distribución por idade e sexo. Gráficamente tratase dun dobre histograma de frecuencias. As barras do dobre histograma dispoñense en forma horizontal, é dicir, sobre a línea das abscisas, e convencionalmente indicanse os grupos de idade da población masculina á esquerda e os que representan a población feminina á dereita. A súa vez, no eixe das ordenadas se dispoñen e identifican os grupos de idade, polo xeral, de cinco en cinco anos (0 a 4, 5 a 9, 10 a 14, etc.), colocando as barras de menor idade na parte inferior do gráfico e aumentando progresivamente hacia a cúspide as idades de cada intervalo.

Por outra parte, existen diversas taxas para medir factores relacionados co movemento natural da poboación:

Page 3: a poboacion española

Taxa de natalidade: numero de nacidos vivos por cada 1000 habitantes en relación coa poboación total.

Taxa de fecundidade: numero de nacidos vivos por cada 1000 mulleres en idade de procrear (15-49 anos).

Índice sintético de fecundidade: numero medio de fillos por muller.

Taxa de mortaldade: numero de defuncións por cada 1000 habitantes en relación coa poboación total.

Mortaldade infantil: numero de fillos falecidos antes de cumplir un ano por cada 1000 en relación co total de nacidos vivos.

Esperanza de vida: duración media da vida de cada individuo dun grupo.

Taxa de supervivencia: É o porcentaje de pacentes que viven un determinado tempo despois de que se lle diagnostique unha enfermidade.

Crecemento natural: Diferencia entre a natalidade e a mortalidade. Pódese calcular de dúas maneiras: En cifras absolutas: numero de nacementos menos número de defuncións. En cifras relativas: taxa de natalidade menos taxa de mortalidade.

Autoría: Carlos Estévez e Juan García

Page 4: a poboacion española

A DISTRIBUCIÓN DA POBOACIÓN

FORTE DESIGUALDADE DISTRIBUCIÓN ESPCIAL

Segundo o padron de 2011 a población española supera os 47 millóns de habitantes, que se distribuen moi irregularmente polo territorio nacional. Para medir a composición demográfica no espazo utilízase o concepto de densidade de población; é decir, de habitantes por km2, que na actualidade supera os 80 habs/km2. Este promedio, sen embargo, oculta fortes desequilibrios territoriais entre as áreas de concentración por riba dos 150 habs/km2 (C.A. Madrid; C.A. de Cataluña; C.A. País Vasco; C.A. de Valencia; ademáis dos arquipélagos) e as áreas de despoboamento por debaixo dos 30 habs/km2 (C.A. de Extremadura, C.A. de Aragón e as dous Castelas).

DISTRIBUCIÓN HISTÓRICA DA POBOACIÓN

A densidade da poboación española foi en aumento ao largo do tempo; mais a súa distribución territorial experimentou variacións radicais desde a idade moderna. Así, no s. XVI, as densidades máis altas localizábanse na mitade norte peninsular; sen embargo, a maior dificultade de Castela en recuperarse da crise económica e demográfica do Seiscentos deu lugar a movementos migratorios cara a periferia de xeito que a finais do s.XVIII invirtírase a situación a prol da periferia (no caso de Galicia e en xeral do norte, a incorporación dos novos cultivos, millo e pataca, favoreceron o crecemento.No s.XIX os contrastes periferia-centro consolidáronse; en parte, polo alto crecemento natural (Galicia, Andalucía, Murcia) e en parte pola instalación fabril (Asturias, País Vasco e Cataluña). En cambio e coa salvedade de Madrid, capital administrativa e financieira do Estado, o interior seguía perder efectivos demográficos.No s.XX, especialmente na década dos 60 (desarrollismo) os contrastes agudizáronse ao sumarse ás áreas industriais, as áreas turísticas mediterráneas e insulares grazas ás migracións interiores. Sen embargo, coa crise enerxética dos 70 estos desequilibrios atoparían unha tregua e incluso reducíronse (fenómeno de retorno de emigrantes).Finalmente, as tendencias actuais favorecidas pola tercerización da economía e en concreto pola difusión industrial e a tercerización industrial, ou pola tecnificación do primario e o desenvolvemento endóxeno, explican unha situación máis complexa que apunta á consolidación demográfica de Madrid e dos eixes mediterráneo e do Val do Ebro, do desenvolmento de mixes secundarios; así como un estancamento na cornisa cantábrica, do que só se salvaría o País Vasco.

Page 5: a poboacion española

MOVEMENTO NATURAL E RÉXIMES DEMOGRÁFICOS

O movemento natural da poboación é o crecemento da poboación dun lugar por causas naturais. Chamado tamén crecemento vexetativo é a diferencia entre a natalidade e a mortaldade.

O RÉXIME DEMOGRÁFICO ANTIGO: (ata principios do século xx) :

En relación co predominio dunha economía agraria e dunha sociedade rural a inexistencia de sistemas eficaces para planificar os nacementos, a natalidade presentaba valores altos.A mortaldade xeral variable sobre valores moi altos tiña como causas: xunto a chamada mortaldade catastrófica (epidemias, guerras e malas colleitas de cereais) o baixo nivel de vida provocado polas malas colleitas, a falta de hixiene e os poucos coñecementos médicos, A mortaldade infantil era tamén moi elevada, tanto a neonatal, por defectos conxénitos e problemas no parto, como a posneonatal, por infeccións e desnutrición.Ante estas circunstancias, o crecemento natural era baixo.

A TRANSICIÓN DEMOGRÁFICA (1900-1975)

Defínese como o paso entre o réxime demográfico antigo ao actual. Esta etapa caracterízase polo descenso suave da natalidade e brusco descenso na mortaldade, e como consecuencia, prodúcese un elevado crecemento natural.O descenso da natalidade de forma suave e discontinua amosa a seguinte dinámica:-Nos anos vinte, recuperación da natalidade-Entre o 1936 e 1956 prodúcese un descenso-Entre 1956 e 1965 prodúcese o “baby boom” ou gran recuperación da natalidade.-Entre 1965 e 1975 prodúcese unha nova reducción do tamaño da familia.

O descenso constante da mortaldade xeral a excepción do ano 1918 (gripe española) e durante a guerra civil (1936-39) tivo como causas principais:-Avances médicos e sanitarios como as vacinas, unha mellor de higiene, a comercialización dos antibióticos, a extensión da sanidade pública …-Aumento do nivel de vida coa mellora da dieta alimenticia.-Incremento do nivel educativo e cultura (abandono de hábitos nocivos e prevención).

Page 6: a poboacion española

-Descenso da mortaldade infantil gracias ás melloras na pediatría, os coidados maternos e á alimentación infantil tamén disminuiu na transición.Como consecuencia, o crecemento natural foi elevado (cfr., contraste das dinámicas, regresiva da mortaldade coas tasas de natalidade máximas entre 1920-20 e 1955-65) ata 1970; a partir da cal, o crecemento recortouse.

O RÉXIME DEMOGRÁFICO ACTUAL: A PARTIR DO 1975

A) Caracterízase por unha baixa natalidade e mortaldade, ademáis dun crecemento natural escaso.

O afundimento da natalidade, tardío e brusco respecto ao contorno europeo, presenta hoxe en día un índice sintético de fecundidade e unhas tasas de natalidade moi baixas, sendo a pequena recuperación que se está a producir debida á emigración . As causas máis significativas son:

- A situación económica que seguiu á crise do 1975, o aumento do paro, a precariedade dos contratos de traballo, a escaseza de postos de traballo a tempo parcial, o alto prezo no aluguer e do prezo das vivendas,... fixo diminuir os nacementos- O cambio de mentalidade cara unha sociedade ideolóxicamente máis pluralista e con menor influencia relixiosa, a crecente incorporación da muller ó traballo, a preponderancia das relacións de parella sobre as reproductoras…son manifestacións significativas.- O aumento do nivel de vida e do nivel cultural que mudan a valoración sobre os fillos, prefiríndose ter menos fillos e atendelos mellor.

B) A estabilización da mortaldade en cifras moi baixas (9,25%0) debido ao descenso das enfermidades infecciosas, responde, agora, ás enfermidades cardiovasculares, ao cancro e aos accidentes de estrada.

A mortaldade infantil é tamén baixa, principalmente a neonatal, amosa diferencias segundo o sexo e as profesións. Por sexos, a esperanza de vida é mayor para as mulleres debido a razóns biolóxicas e socioculturais. Por profesións: As clases altas teñen menor mortaldade laboral, e acceso a un maior número de servicios sanitarios e de máis calidade

O crecemento natural actual é moi pequeño (0,22%0), consecuencia do paralelismo das tasas de natalidade e mortaldade.

Autoría: Ainara Lizarralde e María Villar

Page 7: a poboacion española

O FUTURO DE POBOACIÓN

España está experimentando profundas transformacións demográficas desde 1975: de país natalista, novo e emigratorio, pasou a ser un país envellecido e inmigratorio coa taxa de natalidade máis baixa do mundo. Esta evolución comporta cambios socio-económicos e culturais e a realizacións de proxeccións de futuro, para poder planificar os servicios propios do Estado do benestar (prazas escolares, residenciasde maiores, a contía de gasto sanitario, a garantía das pensións) etc.

Respecto á natalidade, é posible que se produza unha recuperación, igual ca noutros países europeos. De feito, desde 1998 as taxas de natalidade e o número de fillos por muller (índice de fecundidade) incrementáronse lixeiramente por primeira vez tralo descenso continuado desde 1970. Sen embargo, este é un feito motivado en parte pola superior fecundidade da poboación inmigrante, polo que tamén cabe non esperar esa recuperación. De feito, o crecemento non se produciu coa boa situación económica de fins dos oitenta, nin nos anos noventa en que lles correspondía procrear ás xeracións máis numerosas do baby boom e tampouco se pode afirmar que se modificaran as causas do descenso da natalidade a través dos métodos anticonceptivos:

- A incorporación da muller ó mundo laboral.

- O descenso da nupcialidade debido ás dificultades laborais e ó alto prezo de vivenda.

- A desprotección familiar tanto en axudas económicas como en políticas sociais de apoio á natalidade.

Respecto á mortaldade, prevese un incremento da taxa polo crecente envellecemento da poboación. A esperanza de vida seguirá aumentando, aínda que con menor intensidade, dado que xa se atopa en niveis altos.

Respecto ás migracións, aumentará a inmigración africana, da Europa do leste e iberoamericana .

Respecto ó crecemento da poboación, as cifras incrementaranse ata 2025. A partir desa data descenderán debido ó envellecemento demográfico.

Page 8: a poboacion española

Na estructura por sexo, seguirá habendo máis anciás, pola maior esperanza de vida das mulleres, pero con menor diferencia respeto da dos homes polo ritmo de vida cada vez máis similar.

Na estructura por idade, cara ó 2050, España será un dos paises máis envellecidos.

Na estructura económica, a taxa de actividade medrará ata 2015, sobre todo a feminina, e desde entón diminuirá ó se incorporar menos activos ó mercado laboral. Será necesario recorrer á poboación inmigrante para poder manter as pensións e o actual nivel de benestar. Por outra banda, o incremento da terciación da actividade económica aumentará a porcentaxe de poboación empregada no sector terciario, a costa dos outros dos.

Autoría: Anna Mª Fernández e Marta Juste

Page 9: a poboacion española

MOVEMENTOS MIGRATORIOS

AS MIGRACIÓNS INTERIORES

As migracións interiores son aquellas que ten lugar dentro das fronteiras do país.Segundo o tempo diferenciamos as tradicionais e as actuais: AS MIGRACIÓNS TRADICIONAIS: Cunha amplitude dende o último tercio do s.XIX ata a crise eonómica de 1975, tiveron protagonismo campesiño, motivacións e como destino as grandes cidades industrializadas. Dependendo da súa duración poder ter carácter temporal (estacional) ou definitivo (éxodo rural).

-As migracións tradicionais temporais: Desenvolvéronse ata a década dos 60 e diferenciamos unha modalidade específica rural asociada coa recolección dos productos agrarios e outra urbana asociada á construcción.

-O éxodo rural: Prolongouse ata superar os 60 e ten como trazos: ser unha migración definitiva de motivacións urbanas e concretamente cara as áreas de Barcelona, Madrid e Vizcaya; posteriormente tamén cara o mediterráneo de vocación turística. Distínguense catro etapas: 1) Primeiro tercio do XIX: favorecido polo auxe das infraestructuras; 2) estancamento pola G.C. e a postguerra. 2) no tramo 1950-1975 plenitude do fenómeno (cfr., volumen de emigrantes) coa crise da agriultura e a industrialización omo fondo. 4) devalo a partir de 1975 pola crise das áreas industriais con manifestacións varias (población de escasos recursos –xubilados; empregos asociados á administración autonómica e ao desenvolvemento regional) de refluxo áo rural. Actualmente, xunto ao turismo, a industrialización do sector agrario, pode actuar como factor de novos desprazamentos dende o rural.

As consecuencia s das migracións tradicionais e especialmente o éxodo rural foron:

No plano demográfico: desequilibrios territoriais (baldeirado do interior e concentración na periferia (Ver densidades) que afectaron desigualmente ás respectivas as estructuras biológicas e económicas.No plano económico: A descongestión do campo positiva de inicio perxudicou a súa productividade (co envellecementoda población), Nas

Page 10: a poboacion española

cidades a migración masiva conxestionou os equipamentos e encareceu a vivenda.No plano social: A asimilación (paso dos valores tradicionais da comunidade rural á sociedade urbana competitiva) aprázase á seguinte xeración.No plano ambiental: Abandono dos ecosistemas tradicionais e contaminación dos medios urbanos.

AS MIGRACIÓNS ACTUAIS: Novo sistema migratorio posterior a 1975 caracterizado por un protagonismo dos municipios urbanos que ten como destino prioritario, xunto ao fluxo consolidado cara o arco mediterráneo e o Val do Ebro (malia a ralentización das migracións entre as CCAA), os centros locais dinámicos das propias provincias (reflectando así a perda de atracción das grandes ciudades industrializadas).

As migracións residenciais. De motivación residencial exclusiva responden a desprazamentos intraurbanos centro/periferias alternando factores de capacidade económica limitada coa procura de calidade ambiental.As migracións laborais: protagonizadas por adultos novos, nalgúns casos traballadores pouco cualificados e noutros cualificados do sector servicios (técnico, administrativos, etc.), que se dirixen aos centros máis dinámicos da propia provincia ou C.A. As migracións de retorno rural: Con protagonismo de adultos maduros e tamén dunha corrente neo-rural (cambio de residencia = cambio de vida).Os movementos habituais de población: desprazamentos periódicos tanto de motivacións laborais (movementos pendulares) como de lecer (fin de semana) en relación coa mellora xeral do nivel de vida.

As consecuencia s das migracións actuais foron:

As migracións residenciais: Do centro urbano á periferia e finalmente o rural, percíbese avellentamento, demanda de equipamentos e servicios por aumento da población e cambios na composición social respectivamente.As migracións laborais: Aumento dos desequilibrios demográficos e económicosAs migracións de retorno: Sobreavellentamento e rexuvenecemento a partir de familias neo-ruraisOs movementos pendulares: Congestión da circulación en horas punta e incremento de ingresos en áreas de mecer.

Autoría: Iria Alvarez de las Heras e Elena Paz Novás

Page 11: a poboacion española

AS MIGRACIÓNS EXTERIORES

DEFINICIÓN: Son os movementos de poboación fora das fronteiras do propio país.

A EMIGRACIÓN TRANSOCEÁNICA.Dirixiuse principalmente a Iberoamérica. Nela poden distinguirse dúas etapas de auxe e dúas de crise.-A primeira etapa comprende desde mediados do século XlX ata a Primeira Guerra Mundial (1914)Nesta etapa, a maioría dos emigrantes era de procedencia atlántica (cantábrico-galega) e o seu destino principal atopábase en Arxentina, Cuba, e Brasil.Emigración causada pola arcaica estructura agraria dos lugares de partida, que cos seus insuficientes rendementos productivos non ofrecía outra alternativa á sobrepoboación. O perfil característico deste emigrante era home, dedicado á agricultura e de baixo nivel de cualificación.-A emigración transoceánica decaeu entre as dúas guerras mundais (1914-1945)As causas, as seguintes: A inseguridade creada pola Primeira Guerra Mundial no transporte trasatlántico.A crise de 1929 que cando afectou ós países sudamericanos lles obrigou a establecer cotas anuais de inmigrantes.A Guerra Civil española e a posguerra que trouxeron consigo escaseza de transporte e dificultades para saír ó exterior.-Entre 1945 e 1960 a corrente ultramariña recuperouse.

En canto á procedencia dos emigrantes, Galicia continuaba sendo a rexión principal. Seguido de Canarias. O destino prioritario foi foi agora Venezuela, Arxentina e Brasil. O perfil cambiou, agora desexaban inmigrantes de maior cualificación para desenvolver a súa economía o que motivou o acurtamento desta corrente migratoria.-Desde 1960 a emigración ultramarina descendeu ó entrar en competencia coa emigración a Europa.

A EMIGRACIÓN A EUROPA Tivo tres etapas ben diferencias:-Ata mediados do século XX dirixiuse principalmente a Francia. Estaba formada por agricultores estacionais, obreiros da construcción e mulleres do servicio doméstico. A chegada dos refuxiados políticos da Guerra Mundial puso fin a esta etapa.-O período 1950 e 1973: foi o de Maior auxe da emigración a Europa.

Page 12: a poboacion española

Factores que a explican: -Por parte europea, a rápida reconstrucción económica favoreceu unha ampla oferta de emprego que non podía cubrirse cos traballadores propios.-Por parte española, a emigración viuse estimulada polo forte crecemento demográfico, o excedente de poboación agraria a causa da mecanización do campo, a insuficiencia da industrialización para que o mercado laboral española pudiera absorbela, o aumento do paro causado polo Plan de Estabilización, etc. Entre 1964 e 1968 emigración a Europa moderouse a prol da industrialización interior (etapa que coñecemos como o “desarrollismo”). -A partir de 1973 a emigración permanente a Europa decaeu.A crise enerxética provocou reconversións e moitos emigrantes regresaron porque polas dificultades na contratación de man de obra.

CONSECUENCIAS DAS MIGRACIÓNS EXTERIORES.As migracións exteriores tiveron importantes consecuencias demográficas, económicas e sociais.-As consecuencias demográficas manifestáronse na diminución dos efectivos da poboación e na súa distribución nas áreas de expulsión.-As consecuencias económicas foron por unha parte positivas xa que aliviaron o forte crecemento natural, a sobrepoboación que serraba paro e tensión social. Ademáis, as divisas enviadas polos emigrantes contribuíron a financiar o desenvolvemento económico español e a reducir o déficit comercial. Por outra parte negativas, porque moitos aforros non se investiron en bens productivos ou non favoreceron as áreas de partida dos emigrantes.-As consecuencias sociais foron o desarraigo, as penosas condicións de vida e de traballo, cando non regresaron sen sen ter mellorado a súa cualificación profesional.

A EMIGRACIÓN EXTERIOR NA ACTUALIDADE.

España deixou de ser un país de emigración. As razóns: a maior formación da man de obra, o aumento do nivel de vida e a competencia nos lugares de destino dos inmigrantes.

Autoría: Susana Juste e Sandra Rodríguez

Page 13: a poboacion española

ESTRUCTURA ECONÓMICA DA POBOACIÓN

A estructura económica da poboación é o estudo da poboación que contribúe coa súa actividade o proceso productivo.

POBOACIÓN ACTIVA:

A poboación activa é o conxunto das persoas en idade de traballo (en España maiores de 16 anos). Distinguimos a poboación activa ocupada e poboación activa desocupada ben por estar buscando o seu primeiro emprego ou por estar no paro. A poboación inactiva é aquela que non ten un traballo remunerado.

Para medir a actividade dunha poboación distinguimos entre:

A) A taxa de actividade: evolucións e variacións:

Houbo un descenso ata datas recentes causado pola emigración e o aunmento da taxa de dependencia. Tamen houbo un aumento da poboación activa desde 1987 debido, fundamentalmente, a crecente incorporación da muller ó traballo.

En función do sexo a taxa de actividade masculina descendeu debido a crise económica e a reconversión industrial pero volveu aunmentar a partir de 1996. A T.A. feminina foi segundo a idade. As maiores taxas masculinas danse entre os 25 e 54 anos e nas mulleres entre 20 e 24 debido a posterior ocupación familiar.

Segundo o territorio a taxa é alta nas zonas que ofrecen mais posibilidades de emprego e baixas nas zonas con mais xoves e poboación embellecida.

B) A taxa de paro: evolucións e variacións:

Presenta a seguinte dinámica: Entre 1973 e 1985 deuse un grande aumento pola consecuencia da crise económica, a reconversión industrial…etc. entre 1985 e 1995, retroceso ata 1990 pola mellora da situación económica, aumento en 1995 e desde ese ano de novo descenso pola favorable conxuntura económica e a entrada no mercado laboral de xeracións menos numerosas.

Page 14: a poboacion española

Esta taxa experimenta variacións en función da idade ( desempleo xuvenil), do sexo (mayor paro femenino), da época do ano (paro estacional que aumenta cando se recolleron as colleitas e no inverno, coa menor demanda do sector hosteleiro) e da comunidade autónoma (maior paro nas zonas con menos desenvolvemento económico).

OS SECTORES ECONÓMICOS

A evolución pasou por varias etapas:

A) Sector primario: Actividades orientadas a obtención de materias primas. A principios do século XX era o sector predominante e no primeiro tercio do século descende polo éxodo rural. Durante a guerra civil e a posguerra recuperouse porque a xente permaneceu no campo e mesmo retornou a él. Entre 1950 e 1975 houbo unha reducción polo comezo do novo éxodo rural pola mecanización no campo e desde 1975 desacelérase porque xa se atopa en niveis baixos.

B) Sector secundario: Actividades destinadas a transformación das materias primas. A principios do século XX había unha escasa porcentaje de poboación activa debido o insuficiente desenvolvemento industrial pero durante o primeiro tercio medrou as obras públicas. Durante a guerra civil e a posguerra houbo un paréntesis pola destrucción das industrias. Na década de 1960 houbo un aumento polos plans de desenvolvemento. Desde 1975 diminuíu porque a crise industrial produciu a transvase de poboación activa do sector terciario.

C) Sector terciario: Actividades que proporcionan servicios. Medrou o longo de todo o século agás a paténtese da Guerra Civil. En 2004 ocupaba a mayor parte da poboación activa e é previsible que continúe incrementándose. As causas foron o aumento do nivel económico e do nivel de vida, os cambios operados na industria e o incremento dos servicios públicos. A distribución espacial da poboación activa por sectores económicos mostra un peso do sector primario superior a media no interior peninsular, Galicia, Asturias e Andalucía; o predominio do sector secundario na Rioxa, entre outras, e a terciarización en Madrid e nas zonas turísticas da costa mediterránea e das illas. Autoría: Marta Eijo e Carla Fernández

Page 15: a poboacion española

A POBOACIÓN GALEGA: CARACTERÍSTICAS E TENDENCIAS.

1. Efectivos demográficos de Galicia e a súa desigual distribución

Segundo o censo de 2001, Galicia conta con 2.737.370 habitantes e unha densidade de 92 hab./km2. Obsérvase unha maior concentración nos municipios costeiros cunha economía máis diversificada (no “corredor” do Golfo Ártabro): Coruña, Ferrol... , no eixe Santiago - Vilagarcía de Arousa e nas Rías Baixas (Ría de Vigo), fronte ós do interior dependentes das actividades agrarias (Lugo e Ourense acadan as menores densidades da poboación, sobre todo na montaña).

2. O movemento natural da poboación

A comezos do s. XX, a taxa de natalidade oscilaba entre o 32 e 35%o ,mentres que a mortaldade se situaba no 20%o, en progresiva reducción polos progresos médicos e hixiénicos e da mellora económica da poboación. A partir do baby-boom de postguerra iniciouse a diminución dos nacementos que se fixo mais acusado nos anos 60 e 70 (por motivacións económicas como a perda de protección familiar, sociolóxicas como a incorporación da muller ó traballo, e ideolóxicas como o cambio cara unha mentalidad máis pluralista –cfr., anticonceptivos), paralelamente ao descenso espectacular da mortalidade infantil e do envellecemento da poboación.

3. A secular tradición migratoria de Galicia

No s.XX, e cunha secular tradición migratoria dende o s.XVII, podemos diferenciar dúas etapas asociadas co destino dos emigrantes que partían da nosa comunidade:

a)As migracións transoceánicas (ata 1960). As enormes posibilidades que ofrecían as nacións americanas impulsaron as saídas masivas (a ½ de século, 70000 persoas/ ano e o 33% do total nacional) cara a países como Arxentina, Brasil ou Cuba. En conxunto, as provincias occidentais superaron lixeiramente as de Ourense e Lugo. b)As migracións cara a Europa. A partir de 1960, As migracións interiores quedaron eclipsadas polas facilidades ofrecidas por Europa occidental (Suíza, Alemaña, Francia...) inmersos na industrialización posterior á reconstrucción postbélica. Desde 1961 a 1980 saíron dos portos máis mulleres ca na anterior corrente. Galicia é unha das comunidades que máis contribuíu a estas emigracións que contaron cunha maior porcentaxe de mulleres.

Page 16: a poboacion española

4. O crecemento real da poboación galega.

Ó longo do s.XX a taxa de crecemento na nosa C.A. foi case sempre positiva, aínda que en comparación co resto do Estado se caracteriza pola súa variabilidade (cfr., altibaixos condicionados pola progresión dos movementos migratorios). Ata a década dos trinta o crecemento da poboación seguía un ritmo moi lento, coincidindo co máximo apoxeo das migracións cara o continente americano. Décadas máis tarde, a crise do petróleo posibilitaría un novo e moderado crecemento da poboación que quedaría neutralizado polo lento descenso da natalidade.

5. Estructura da poboación.

a) Estructura da poboación por idade e sexo: A media de idade da poboación galega de 42 anos situáse por riba da española, sendo o control da natalidade, o aumento da esperanza de vida e a incesante corrente migratoria as causas do envellecemento.As pirámides de poboación de Ourense e Lugo con perfil de “peto” suxiren un forte envellecemento, mentras a perda demográfica de poboación en idade fértil indica que o cambio xeracional non está garantido. A pirámide de Pontevedra mostra un aprazamento nestes efectos e a de Coruña os explica pola adopción de pautas demográficas modernas.A estructura da poboación por sexos equilibrouse tras un descenso do número de homes (20 e 40 anos) que se explica polas migracións, guerras civís e contendas mundiais.

b) Estructura socio-laboral da poboación : Ó longo do s.XX a tasa de actividade foi superior á media nacional gracias ó predominio do sector primario. Desde mediados dos 80, as cifras equiparáronse e hoxe xa é inferior. O éxodo rural e o retorno de emigrantes, nas áreas urbanas, deron lugar a unha diversificación laboral (nos 70, as actividades eran agricultura e pesca representaban o 50%)A poboación activa por sectores ten os seguintes trazos: - A importancia das actividades primarias (16% vs. o 8% nacional).- A escasa poboación relativa no sector industrial: unha tasa do 18% inferior a media española e concentrada nas provincias occidentais con focos en Vigo ou Ferrol. - A terciarización da poboación galega: as actividades ligadas ó sector servicios, seguindo a tendencia xeral do contorno europeo predominan na actual estructura económica de Galicia ocupándose un 48% dos activos. Autoría: Noelia Campos, Beatriz Freaza e Mª Rita Gayoso Galiñanes