A vide
Transcript of A vide
A VIDEA VIDE
Descrición xeral
A vide é unha planta perenne, arbustiva, sarmentosa e trepadora que dá como froito a uva, coa que se fai o viño.
As vides, teñen unha parte enterrada, as raíces, e unha parte aérea, a cepa.
NomesO nome científico da vide é Vitis vinifera.
A vide non se chama igual en todas as linguas, cada unha, na súa. En galego, o noso idioma, dise viña, e noutros, chámana así:
Castelán: vidItaliano: vite Portugués: videiraFrancés: vigneInglés: vineAlemán: weinstock
Raíz
A raíz é a única parte da planta baixo terra, é de cor marrón, típica e moi profunda e forte.
Talo O talo da viña é aéreo,
leñoso e groso... Moitas veces está algo torcido. Está cuberto por cortiza de cor castaña con marcas verticais.
O talo, é a única parte da viña perenne e leñosa.
Follas
Son simples, de forma palmeada, coa beira serrada de cor verde pola cara e polo envés máis craras. Segundo a variedade teñen tamaños e formas distintas
A cor das follas varía segundo a estación na que esté.
Os gabiáns son follas transformadas para suxeitarse aos soportes
Flores
Son hermafroditas. Non teñen pétalos visibles e agrúpanse en acios.
Os botón florais son de cor verde, e cando abren son de cor branca ou amarela crara.
As flores saen ao final da primavera.
FroitosO froito da viña chámase uva.
Son bagas de forma esférica ou oblonga, de cores e tamaños variados, segundo a variedade.
As uvas veñen en acios.
Albariño Mencía
HábitatXeralmente as viñas están nos lugares de zonas temperadas. Abundan nas zonas de clima mediterráneo. Soportan mal a humidade e precisan estar ben orientadas ao sol e aireadas.
Ciclo de vida Crese que viven uns 150 anos de media.
Aínda que depende do clima e da especie, a viña adoita florecer na primavera. O froito madura a finais de agosto e a comezos de setembro.
A viña non é igual todo o ano. Pasa por distintas etapas segundo as estacións, o que inflúe nos traballos
Primavera: é o momento en que á viña lle saen novos brotes e florece,...
Verán: a uva engorda pouco a pouco. Hai que cortar as malas herbas e dar tratamentos.
Inverno: as vides están sen froitos, nin follas, nin flores. É a estación de podar.
Outono: é a época de vendimar. Os froitos xa maduraron e hai que pañalos.
UtilidadeO principal uso da uva é facer viño.
A vide serve para moitas cousas aparte do viño.
-A viña vermella, por exemplo, é o mellor para os problemas circulatorios.
-O zume da uva (mosto), que é como o viño pero sen fermentar e non ten alcohol
-Beleza: a savia da vide úsase para desinflamar os ollos. Pero o que máis se utiliza é o seu froito. A polpa da uva, extendida sobre a cara en forma de máscara entre 20 e 30 minutos, é un bo recurso para eliminar as arrugas.-
CuriosidadesHai moitas cousas curiosas sobre a vide, eu vou contar tres.
A viña máis grande do mundo está en Burdeos (Francia), ten 1.200.000 hectáreas.
A vide máis vella tamén está no noso continente, en Maribor (Eslovenia). Esta viña (din os que dataron a súa madeira) ten máis de 400 anos!
A producción mundial de uva ocupa 75866 km2. Aproximadamente o 71% para viño, o 27% para consumo fresco e 2% como froitos secos (pasas).
País superficie
ESPAÑA 11,750 km²
FRANCIA 8,640 km²
ITALIA 8,270 km²
TURQUÍA 8,120 km²
ESTADOS UNIDOS 4,150 km²
IRÁN 2,860 km²
RUMANIA 2,480 km²
PORTUGAL 2,160 km²
ARGENTINA 2,080 km²
CHILE 1,840 km²
AUSTRALIA 1,642 km²
INGLATERRA 10.53 km²
Andrea Falcón Leal(1º ESO), outubro 2013
FOTOS: Xea, Internet