Aactividade econ
-
Upload
lopezmourenza -
Category
Documents
-
view
50 -
download
4
description
Transcript of Aactividade econ
pepe
ÍNDICE1. Definición2. Fases da actividade económica3. Necesidades e desexos4. Sectores económicos5. Conceptos básicos6. Axentes da actividade económica7. Factores produtivos8. Sistemas económicos
1. DEFINICIÓNCalquera proceso mediante o cal obtemos os
produtos e máis os servizos que cobren esas necesidades
2. FASES DA ACTIVIDADE ECONÓMICA
1. Produción 2. Distribución 3. Consumo
3. NECESIDADES E DESEXOSAs necesidades e desexos son INFINITOSOs medios para conseguilos son LIMITADOS: decidir: - que bens e servizos producir;
- a que prezo; - que cantidade; - que medios empregar; - a que prezo vender
* A ciencia que estuda todo este proceso (máis o comportamento dos consumidores) é a: ECONOMÍA
4. SECTORES ECONÓMICOS
• PRIMARIO: agricultura, gandaría, pesca e explotación forestal (obter bens do medio natural)
• SECUNDARIO (transforma produtos do primario): industria, construción, minaría, explotación fontes enerxía
• TERCIARIO (non produce un ben material, senón que presta un servizo): comercio, transporte, sanidade, educación…
5. CONCEPTOS BÁSICOS BENEFICIO: diferenza entre gastos e ingresos. BEN: obxecto que satisface unha necesidade e ten un valor. SERVIZO: satisface unha necesidade, pero non é un obxecto físico. CUSTO DA VIDA: gastos mínimos indispensables para obter un ben ou
servizos básicos e necesarios. O IPC (Índice de Prezos de Consumo) mide este dato.
INFLACIÓN: subida dos prezos. INVESTIMENTO: diñeiro que se precisa para iniciar ou manter un negocio,
sempre pensando en obter un beneficio. ESPECULACIÓN: obter beneficio rápido só baseado na variación dos prezos. MERCADO: lugar onde se xuntan a oferta (produtores) e a demanda
(consumidores) PRODUCIÓN: bens e servizos xerados pola actividade económica. * produtividade alta: moita produción con poucos medios. * produtividade baixa: pouca produción con moitos medios.* PIB: (produto interior bruto) valor total de todos os bens e servizos
producidos nun territorio durante un ano. [PIB per cápita: dividir o PIB entre os habitantes]
6. AXENTES DA ACTIVIDADE ECONÓMICA
PERSOAS: participan na produción e son consumidores EMPRESAS: producen bens ou servizos a cambio dun beneficio
económico TIPOS: - segundo a propiedade: públicas ou privadas - segundo tamaño por nº traballadores por facturación: * microempresa (menos 10 traballadores)[menos 2
millóns €] * pequena empresa (menos 50 trab.) [entre 2 e 10
millóns €] * mediana empresa (ata 250 trab.) [ata 50 millóns €] * grande empresa (máis de 250 trab.) [máis de 50
millóns €] - segundo nº propietarios: * individual - cooperativas * varios propietarios: en sociedades - S.L - S.A
• ESTADO: - elabora leis e normas para facilitar e regular a actividade económica.
- dá subvencións - crea empresas - presta servizos públicos - xera empregos
* Necesita recadar IMPOSTOS: pagamentos que os individuos e empresas fan
ao Estado. DIRECTOS: por patrimonio (o
que tes) e rendas (o que
gañas): IRPF INDIRECTOS: pagamos ao
comprar un ben ou servizo: IVE ESPECIAIS: hidrocarburos,
bebidas alcohólicas e tabaco.
7. FACTORES PRODUTIVOS
• Imprescindibles para producir bens e servizos.• TRABALLO: * actividade humana (física-intelectual) necesaria para producir bens e servizos. *poboación activa: todos os maiores de 16 anos que poden traballar. Poden estar
- parados: que non ten traballo - ocupados: que teñen emprego
*poboación inactiva: maiores de 16 que non poden traballar (estudantes, xubilados…)
* traballadores: - conta allea (a cambio dun salario traballa
para unha empresa) - cooperativas (toman decisión e reparten beneficios de xeito democrático) - autónomos (traballa de xeito independente)
* condicións laborais en España: + 16 anos; salario mínimo de 21,38 € por
día e 641,40 € ao mes; máximo de 40 horas
semanais. * contrato de traballo: condicións acordadas entre empresario e traballador onde se especifican as condicións do traballo. Poden ser TEMPORAIS ou INDEFINIDOS.
* negociacións entre Estado, empresarios (Patronal) e traballadores
(Sindicatos) fanse imprescindibles.
* condicións laborais en España: + 16 anos; salario mínimo de 21,38 € por día e 641,40 € ao mes;
máximo de 40 horas semanais. * contrato de traballo: condicións acordadas entre empresario e traballador onde se especifican as
condicións do traballo. Poden ser TEMPORAIS ou
INDEFINIDOS.
* negociacións entre Estado, empresarios (Patronal) e traballadores (Sindicatos) fanse imprescindibles.
* O PARO: desocupación ou desemprego. - TIPOS: - cíclico ou conxuntural - estacional - estrutural - tecnolóxico - PROVOCA: - menos consumo
- menos impostos e máis gasto para Estad (subsidios) - aumenta economía sumerxida ou informal - modifica comportamento humano (emigración, baixa natalidade…)
RECURSOS NATURAIS: empresas empregan recursos naturais tanto renovables como
non renovables CAPITAL: todos os recursos non naturais que se precisan para a produción:
* FÍSICO: elementos materiais (edificios, maquinaria, ferramentas, equipos informáticos, transporte…). * HUMANO: canto máis formados os traballadores máis produtividade. * FINANCEIRO: diñeiro para empezar e manter a empresa.
TECNOLOXÍA: conxunto de procedementos utilizados para producir bens e servizos.
* prod. manual (persoa aporta forza e manexo de ferramenta) * pro. mecanizada (máq. aporta forza e persoa manexa ferramenta) * prod. tecnificada (máq. aporta forza e manexo ferramentas, persoas programan e controlan máquinas) COÑECEMENTO E “SABER FACER”: necesidade de importantes centros de formación e
e investigación. “Saber facer”: coñecementos prácticos
necesarios para realizar a actividade.
• Modo como se producen os bens e servizos nunha sociedade e a forma en que se distribúen os beneficios entre os habitantes.
• SISTEMA DE SUBSISTENCIA: familias producen o que necesitan, algún excedente
pódese vender.• SISTEMA COMUNISTA: o Estado controla todos os procesos da actividade
ecom. Hoxe estase extinguindo.• SISTEMA CAPITALISTA: ou sistema económico de libre mercado: - propiedade privada - busca máximo beneficio - lei oferta e demanda - libre competencia
* Desviacións: MONOPOLIO (unha soa empresa controla a produción e a venda de prod.)
OLIGOPOLIO (unhas poucas empresas controlan a prod. e a venda).
* Os Estados teñen que intervir na economía para corrixir problemas e evitar grandes desequilibrios.
As imaxes están obtidas de Internet, e de moitas descoñezo o autor ou autora. A finalidade desta presentación é didáctica e non comercial, pero se alguén ten os dereitos e está molesto por usalas, quitareinas sen problemas. Moitas grazas de todos xeitos.