ABRILclubdeportivofontinas.com/wp-content/uploads/2017/03/HOJA...pouco afastado das rutas...

9
Tf: 649264082 para situacións imprevistas, soamente activo os días de actividades. C. D. FONTIÑAS 981577928 clubdeportivofontiñas.com [email protected] 2017 [1] Viaxe á Serra do Açor (Portugal) O Club Deportivo Fontiñas programa para esta Semana Santa unha viaxe á Serra do Açor que se estende por oito municipios: Arganil, Pampilhosa da Serra, Covilhã, Seia, Oliveira do Hospitalario e Góis. O prezo inclúe tres noites de aloxamento a media pensión no HOTEL INATEL PIODAO**** , almorzos e ceas tipo bufet (bebidas non incluídas), habitacións dobres con wifi e ximnasio, e guía local de montaña. Xoves 13: 7:30h Saída desde o C.S.C. Fontiñas de Santiago en autobús para a Serra do Açor. A mediodía comezamos a coñecer estas montañas cunha pequena ruta circular, saíndo de Piódão e pasando por Chaz e Foz d’Egua. Polos muiños de Catoira (Catoira) Comezamos a andaina na ermida de San Cibrán no cara norte do monte Xiabre. Tomamos altura ata aproximarnos á cima e gozar das impresionantes panorámicas. Baixaremos por un camiño un pouco pedregoso ata os muíños de vento de Abalo, moi distintos a modelos existentes noutras rexións de Europa. Seguiremos baixando e despois de pasar por un muíño de mareas semiderruido acabaremos nas Torres do Oeste no concello de Catoira. PR® ABRIL Domingo 2 9:00 C.S.C. Fontiñas / 9:15 Praza de Vigo 35 máx. 15 € Socios temporais ou fixos sen federar 18 € 18 km 470 m 640 m 1 3 2 3 Kiko Castiñeiro Xoves 13-Domingo 16 7:30 C.S.C. Fontiñas 35 máx. 255 € Exclusivamente socios propios ou de clubs con convenio Socios sen federar 267 €

Transcript of ABRILclubdeportivofontinas.com/wp-content/uploads/2017/03/HOJA...pouco afastado das rutas...

Page 1: ABRILclubdeportivofontinas.com/wp-content/uploads/2017/03/HOJA...pouco afastado das rutas turísticas típicas, un tesouro. PR ® MAIO Sábado 6 8:15 Presentación na Praza de Europa-Area

Tf: 649264082 para situacións imprevistas, soamente activo os días de actividades.

C. D. FONTIÑAS 981577928 clubdeportivofontiñas.com [email protected] 2017 [1]

Viaxe á Serra do Açor (Portugal)

O Club Deportivo Fontiñas programa para esta Semana Santa unha viaxe á Serra do Açor que se estende

por oito municipios: Arganil, Pampilhosa da Serra, Covilhã, Seia, Oliveira do Hospitalario e Góis. O

prezo inclúe tres noites de aloxamento a media pensión no HOTEL INATEL PIODAO**** , almorzos e

ceas tipo bufet (bebidas non incluídas), habitacións dobres con wifi e ximnasio, e guía local de montaña.

Xoves 13: 7:30h – Saída desde o C.S.C. Fontiñas de Santiago en autobús para a Serra do Açor.

A mediodía comezamos a coñecer estas montañas cunha pequena ruta circular, saíndo de Piódão e pasando

por Chaz e Foz d’Egua.

Polos muiños de Catoira (Catoira)

Comezamos a andaina na ermida de San Cibrán no cara norte do monte Xiabre. Tomamos altura ata

aproximarnos á cima e gozar das impresionantes panorámicas. Baixaremos por un camiño un pouco

pedregoso ata os muíños de vento de Abalo, moi distintos a modelos existentes noutras rexións de Europa.

Seguiremos baixando e despois de pasar por un muíño de mareas semiderruido acabaremos nas Torres do

Oeste no concello de Catoira.

PR®

ABRIL

Domingo 2 9:00 C.S.C. Fontiñas / 9:15 Praza de Vigo 35 máx. 15 €

Socios temporais ou fixos sen federar 18 €

18 km 470 m 640 m 1 3 2 3 Kiko Castiñeiro

Xoves 13-Domingo 16 7:30 C.S.C. Fontiñas 35 máx. 255 €

Exclusivamente socios propios ou de clubs con convenio Socios sen federar 267 €

Page 2: ABRILclubdeportivofontinas.com/wp-content/uploads/2017/03/HOJA...pouco afastado das rutas turísticas típicas, un tesouro. PR ® MAIO Sábado 6 8:15 Presentación na Praza de Europa-Area

C. D. FONTIÑAS 981577928 clubdeportivofontiñas.com [email protected] 2017 [2]

Venres 14: Ruta Fraga da Pena Ruta circular empezando na aldea dos Pardieiros, Mata da Margaraça, Relva Velha, Pardieiros, Benfeita,

Ribeira do Carcavão, Fraga da Pena. Regreso ao noso hotel en Piódão.

Sábado 15: Ruta Penhas Douradas–Loriga

Ruta pola Serra da Estrela, empezando en Penhas Dourada–Torre da Serra e rematando na vila de Loriga.

Domingo 16: Ruta Cartamil Ruta de media xornada desde Cartamil, pasando por Ponte de Fajao, Mata e Casal Novo. Pola tarde viaxe

de volta a Santiago. Chegada 21:30h aprox.

Prazos de pre-inscrición, inscrición e pago: Está aberto un prazo de pre-inscrición ata o 27 de

Xaneiro, realizándose un pago por adiantado de 70 € para a reserva. En caso de cubrirse as prazas

dispoñibles na devandita data, pecharase a lista de admisións. En caso contrario, seguirá o prazo de

inscrición ata o 15 de Marzo, data límite ata a que se poderá dar de baixa por escrito (por e-mail ou

presencialmente) recuperando o sinal entregado. O resto do pago realizarase antes do 1 de Abril.

NOTA: A orde, programa e horario das rutas poderán ser modificados polos guías, en función da

climatoloxía e outros condicionantes, sempre en beneficio do grupo e da súa seguridade.

Page 3: ABRILclubdeportivofontinas.com/wp-content/uploads/2017/03/HOJA...pouco afastado das rutas turísticas típicas, un tesouro. PR ® MAIO Sábado 6 8:15 Presentación na Praza de Europa-Area

C. D. FONTIÑAS 981577928 clubdeportivofontiñas.com [email protected] 2017 [3]

De Santa Catalina a Redes (Ares)

Saímos do Castelo de Palma ascendendo cara ao miradoiro e A Bailadora con abraiantes vistas das rías de

Ferrol e Betanzos e dos castelos de San Felipe e A Palma. Entre vellas baterías, descendemos ata a praia de

Chanteiro seguindo a carón da costa os fermosos cantís, pasando polo castro de Santa Mariña, Ares e

remataremos na pintoresca vila de Redes.

Domingo 23 / 9:00 Praza de Vigo / 9:15 C.S.C. Fontiñas 35 máx. 15 €

Socios temporais ou fixos sen federar 18 €

23 km 2 3 2 4 Carlos Sierra / Kiko

Page 4: ABRILclubdeportivofontinas.com/wp-content/uploads/2017/03/HOJA...pouco afastado das rutas turísticas típicas, un tesouro. PR ® MAIO Sábado 6 8:15 Presentación na Praza de Europa-Area

C. D. FONTIÑAS 981577928 clubdeportivofontiñas.com [email protected] 2017 [4]

Andaina dos 50 km de Santiago

Ruta circular que consta de dous bucles. O primeiro de 30 km parte de Area Central en Fontiñas e percorre

os ríos Sarela, Gatofero e Tambre, Ponte Alvar, Aradas e O Pedroso, volvendo a Fontiñas. O segundo sae

novamente de Fontiñas e percorre as Brañas do Sar, Angrois, Santa Lucía, Arins, Lobio, O Viso e final

novamente en Fontiñas. Mais información nos trípticos e na páxina web.

A meta pola tí: ¡Participa con nós! Pon a túa meta persoal. Se o teu obxectivo non é completar a proba, fai

soamente o primeiro bucle pola mañá, ou se o prefires o segundo pola tarde.

Nome da Ruta (Concello). Cadro para engadir pequena descripción e fotos.

Ruta pola península do Grove (O Grove)

Partimos da ermida Nosa Señora da Lanzada, unha miradiña de pasada as excavacions do Castro co

mesmo nome e empezamos o percorrido, que vai ser case todo á beira do mar: dende a praia de Lanzada,

subiremos ao cumio do Siradella, cunha panorámica impresionante, ó baixar ata o mesmo lugar de subida,

continuamos pola costa, calas fermosísimas, paisaxe de beiramar, ata Porto Meloxo, barrio mariñeiro un

pouco afastado das rutas turísticas típicas, un tesouro.

PR®

MAIO

Sábado 6 8:15 Presentación na Praza de Europa-Area Central 9:00 Saída

Prezos do 3 ao 23 de abril: federados 14€ / non federados 17€ Prezo único do 24 de abril ao 2 de Maio 20€

A inscrición farase efectiva segundo a data de pagamento

Domingo 14 9:00 C.S.C. Fontiñas / 9:15 Praza de Vigo 35 máx. 15 €

Socios temporais ou fixos sen federar 18 €

20 km 160 m 160 m 2 3 3 3 Sol García / Javier Sánchez

Page 5: ABRILclubdeportivofontinas.com/wp-content/uploads/2017/03/HOJA...pouco afastado das rutas turísticas típicas, un tesouro. PR ® MAIO Sábado 6 8:15 Presentación na Praza de Europa-Area

C. D. FONTIÑAS 981577928 clubdeportivofontiñas.com [email protected] 2017 [5]

Rutas polo Courel (Folgoso do Courel)

O prezo inclúe:

- 2 noites no albergue de Folgoso(en liteiras, con sabanas de tea e toalla) e 2 almorzos (café/cacao,

tostadas, matequilla, marmelada e bolleria)

- Cea do sábado no Hostal “O Mirador” á beira do albergue (será un menú con 2 primeiros e dous

segundos a eleguir) en caso dalgún menú especial avisar ao apuntarse.

- Desprazamentos no autobús

NOTA: O prezo non inclúe a cea do venres. Levar tamén a comida para os dous días de ruta.

Venres 19: Saída ás 20:30 desde o C.S.C. Fontiñas. Pararemos na viaxe nun bar de estrada ou área de

servizo 40 min. É recomendable levar a cea.

Sábado 20: Folgoso-Castro de Fouciños-Castro da Torre- Pozo das Mulas- Folgoso Ruta circular que sae de Folgoso. Na maior parte do percorrido, segue o curso do rio Lor. Entre os puntos

de interese, cabe salientar os castros da Coroa, Foucellas e da Torre, a aldea de Sobredo e o Pozo das

Mulas. O punto máis alto da ruta é o Castro da Torre desde o que se pode contemplar unha das paisaxes

máis espectaculares do Courel.

Domingo 2: Parada-Pico de Pinza-Mina de ferro medieval de Paradela-Ferrería Nova-Parada A ruta comeza e remata na aldea de Parada, na que se atopa a casa de Uxío Novoneira. Ó longo da ruta,

hai tres miradoiros naturais desde os que poderemos ollar algunhas das estampas menos coñecidas do

Courel. Outros puntos de interese son unha mina medieval de ferro e as instalacións dunha antiga

ferrería. Tamén poderemos contemplar as orquídeas que medran nalgúns puntos do percorrido.

Inscrición e pago: Aberto o prazo de inscrición do 24 de abril ao 4 de maio, relizándose o pago íntegro da cantidade sinalada,

momento no que se terá confirmada a reserva.

Venres 19-Domingo 21 20:30 C.S.C. Fontiñas 25 máx. 95 €

Socios temporais ou fixos sen federar 101 €

16 km 1.019 m 1.019 m 3 3 3 3 Neves Arza

12 km 1.060 m 1.060 m 3 3 3 3 Orlando Álvarez

Page 6: ABRILclubdeportivofontinas.com/wp-content/uploads/2017/03/HOJA...pouco afastado das rutas turísticas típicas, un tesouro. PR ® MAIO Sábado 6 8:15 Presentación na Praza de Europa-Area

C. D. FONTIÑAS 981577928 clubdeportivofontiñas.com [email protected] 2017 [6]

Ruta polas terras altas do concello de Cotobade (Cotobade)

Esta ruta ten como referentes xeográficos ao río Almofrei (imos ao seu carón un bo treito e cruzámolo

varias veces), e á Serra do Cando (que queda á nosa esquerda). E coma referentes patrimoniais ás

parroquias de Corredoira e Caroi: coas súas aldeas perdidas no tempo, hórreos, igrexas, cruceiros,

lavadoiros, corredoiras entre os prados. Despois desta paisaxe humanizada camiñamos pola parte baixa da

serra, para conectar co sendeiro do Foxo do Lobo.

Ruta dos parques de Compostela

Saída : As 10:00 do parque da Alameda, xunto ao palco da música. Percorreremos os diferentes parques

de Compostela: Alameda, Galeras, Vite, Lentisco, Fontiñas, Monte Gaiás, Paxonal… A ruta discorre pola

cidade,está aberta a todas as persoas que queiran seguila.

Nota : O importe dedicarase integramente a beneficio da investigación oncolóxica en biopsia líquida.

PR®

XUÑO

Domingo 4 9:00 C.S.C. Fontiñas / 9:15 Praza de Vigo 35 máx. 15 €

Socios temporais ou fixos sen federar 18 €

20 km 420 m 420 m 2 2 3 3 Maví / Matilde

Domingo 11 10:00 Parque da Alameda 5 €

A beneficio da investigación oncolóxica en biopsia líquida

15 km 1 1 1 2 Manolo Ferreiro / Marisa

Page 7: ABRILclubdeportivofontinas.com/wp-content/uploads/2017/03/HOJA...pouco afastado das rutas turísticas típicas, un tesouro. PR ® MAIO Sábado 6 8:15 Presentación na Praza de Europa-Area

C. D. FONTIÑAS 981577928 clubdeportivofontiñas.com [email protected] 2017 [7]

Muiños do Folón (O Rosal)

A ruta ten como inicio e final os “Muiños do Folón”. Poderemos visitar outros muiños abandoados e

achegarnos ao mirardor sobre Santa María de Oia, que ofrece unhas vistas impresionantes do municipio, a

súa costa e o mosteiro, incluso as Illas Cies en días craros. De volta hacia o punto de partida pasaremos por

bosques de piñeiros e robles sobre o val do Rosal e tendo como fondo a desembocadura do río Miño.

Domingo 18 9:00 C.S.C. Fontiñas / 9:15 Praza de Vigo 35 máx. 15 €

Socios temporais ou fixos sen federar 18 €

17 km 700 m 700 m 2 3 3 3 Esperanza / Sonia

Page 8: ABRILclubdeportivofontinas.com/wp-content/uploads/2017/03/HOJA...pouco afastado das rutas turísticas típicas, un tesouro. PR ® MAIO Sábado 6 8:15 Presentación na Praza de Europa-Area

C. D. FONTIÑAS 981577928 clubdeportivofontiñas.com [email protected] 2017 [8]

Ruta de Malpica a Caión (Malpica de Bergantiños)

Esta fermosa ruta costeira percorre un bo tramo da Costa da Morte entre Malpica e Caion. A ruta iniciase

en Malpica e pasa polos muiños de Ardeleiro, e logo de pasar por unha serie de calas ailladas, conducenos

ate a praia de Razo e Baldaio para rematar no pobo mariñeiro de Caion.

PR®

XULLO

Domingo 2 9:00 Praza de Vigo / 9:15 C.S.C. Fontiñas 35 máx. 15 €

Socios temporais ou fixos sen federar 18 €

27 km 160 m 1 2 2 4 Ramón / Javier Sánchez

Page 9: ABRILclubdeportivofontinas.com/wp-content/uploads/2017/03/HOJA...pouco afastado das rutas turísticas típicas, un tesouro. PR ® MAIO Sábado 6 8:15 Presentación na Praza de Europa-Area

C. D. FONTIÑAS 981577928 clubdeportivofontiñas.com [email protected] 2017 [9]

Horario Severidade do medio natural

Desnivel de subida Orientación no itinerario

Desnivel de baixada Dificultade no desprazamento

Distancia horizontal Cantidadede esforzo necesario

Tipo de percorrido

Método Información De Excursións É un sistema de comunicación entre excursionistas para valorar e expresar as

exisencias técnicas e físicas dos percorridos. O seu obxetivo é unificar as apreciacións

sobre a dificultade das excursións para permitir a cada practicante unha mellor

elección.

Medio Severidade do medio

natural

1 O medio non está exento de riscos

2 Hay maís de un factor de risco

3 Hay varios factores de risco

4 Hay bastantes factores de risco

5 Hay moitos factores de risco

Itinerario

Dificultade para

orientarse no itinerario

1 Camiños e cruzamentos ben definidos

2 Sendas ou señalización que indica a continuidade

3 Esixe a identificación precisa de accidentes xeográficos e puntos cardinais

4 Esixe técnicas de orientación e navegación fóra da traza

5 A navegación é interrumpida por obstáculos que hai que bordear

DesprazamentoDificultade no

desprazamento

1 Marcha por superficie lisa

2 Marcha por camiños de ferradura

3 Marcha por sendas escalonadas ou terreos irregulares

4 É preciso o uso das mans para manter o equilibrio

5 Require pasos de escalada para a progresión

Esforzo

Cantidade de esforzo

necesario

1 Hata 1 h. de marcha efectiva

2 Máis de 1 h. e ata 3 h. de marcha efectiva

3 Máis de 3 h. e ata 6 h. de marcha efectiva

4 Máis de 6 h. e ata 10 h. de marcha efectiva

5 Máis de 10 h. de marcha efectiva

Calculado para un

excursionista

medio pouco

cargado

O MIDE está recomendado pola FEDME.

Máis información en ww.montañasegura.com