acta 22 de marzo

4
Acta Asamblea Xeral ordinaria Anpa A PENA DO EQUILIBRIO ACTA DA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA ANPA A PENA DO EQUILIBRIO COLEXIO RAMIRO SABELL MOSQUERA BRO. BARRAL S/N PONTEAREAS 22 de marzo 2006 ASISTENTES : ANPA DANIEL GARGAMALA ALDIR XOSE HENRIQUE GONZALEZ LAGO OTILIA RODRIGUEZ GONZALEZ MARIA DEL CARMEN RODRIGUEZ CAEIRO ANA BELEN PEREIRA GOMEZ PAIS E NAIS : 47 pais/nais Sendo as 20.00 horas do Xoves 22 de marzo do 2006, ten lugar a Asemblea Xeral ordinaria da Anpa “A pena do Equilibrio” do Colexio de Educación Infantil e Primaria Ramiro Sabell Mosquera de Ponteareas , actuando como convócante a Anpa do colexio, e asistindo todas as persoas anteriormente sinaladas. Toma a palabra o presidente da Anpa agradecendo a asistencia de todos os presentes. A continuación toma a palabra o Secretario e da lectura da acta anterior someténdoa a votación, saíndo aprobada por unanimidade. 1

description

acta do 22 de marzo de 2007

Transcript of acta 22 de marzo

Page 1: acta 22 de marzo

Acta Asamblea Xeral ordinaria Anpa A PENA DO EQUILIBRIO

ACTA DA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA ANPA A PENA DO EQUILIBRIO COLEXIO RAMIRO SABELL

MOSQUERA BRO. BARRAL S/N PONTEAREAS

22 de marzo 2006

ASISTENTES :

ANPA

DANIEL GARGAMALA ALDIRXOSE HENRIQUE GONZALEZ LAGOOTILIA RODRIGUEZ GONZALEZMARIA DEL CARMEN RODRIGUEZ CAEIROANA BELEN PEREIRA GOMEZ

PAIS E NAIS :

47 pais/nais

Sendo as 20.00 horas do Xoves 22 de marzo do 2006, ten lugar a Asemblea Xeral ordinaria da Anpa “A pena do Equilibrio” do Colexio de Educación Infantil e Primaria Ramiro Sabell Mosquera de Ponteareas , actuando como convócante a Anpa do colexio, e asistindo todas as persoas anteriormente sinaladas.

Toma a palabra o presidente da Anpa agradecendo a asistencia de todos os presentes.

A continuación toma a palabra o Secretario e da lectura da acta anterior someténdoa a votación, saíndo aprobada por unanimidade.

Toma a palabra a Tesoureira e da lectura do estado de contas informando os gastos realizados.

Toma a palabra o presidente informando da reunión mantida con Ilmo Sr Alcalde onde se falaron varios temas, o primeriro foi o da parada de autobús onde a súa resposta e que el non ten competencias xa que ese e un tema da Consellería de Educación pero que estaría disposto acompañarnos no caso que fose necesario para calquer xestión.O segundo punto foi o da reinvindicacion da construcción das beiraruas no exterior do colexio, neste punto nos informou que o estaba negociando.E o tercer punto foi o peche do pavillón, algo que segun el xa estaba o presuposto aprobado que o farían antes do 27 de maio (eleccións)

1

Page 2: acta 22 de marzo

Acta Asamblea Xeral ordinaria Anpa A PENA DO EQUILIBRIO

Toma a palabra o secretario para informar que mantivo unha reunión co delegado de educación de Pontevedra e lle informou que a solicitude feita pola ANPA foi aceptada e que o comedor se construiríase conxuntamente cos novos seis aularios.O secretario pídelle o delegado de educación que se dirixan a Anpa por medio dun escrito para que así conste.Tamén lle traslada o problema da parada de autobús onde o delegado lle pide o secretario que lle envíe un plano así como as posibles paradas.(enviouse plano mais plegos de firmas)É por último o secretario en nome dos membros da Anpa lle traslada a preocupación debido a publicación dunha nota de prensa por parte dun partido politico onde se dicía que a Consellería dice que utilizara o Mestre Ramiro Sabell para dar paso o novo instituto.Neste punto o delegado reitera que é certo que eles contan con utilizar o colexio para darlle paso provisional o novo instituto,

O secretario vólvelle insistir que iso seria unha aberración xa que o espacio de disfrute dos nenos reduciríase como tamén se poría en perigro a integridade dos nenos xa que os autobuses do novo instituto terían que entrar no noso colexio e habería que contar tamén cunha posible obra do comedor, reitéralle e invítalle a que a Consellería debe buscar outra alternativa sin ter que tocar no noso colexio.

Informa tamén da festa de carnaval feita a traves da FANPO onde oubo unha participación de case mil rapaces de tódolos centro de Ponteareas.

Informase das actividades en funcionamento no centro pintura e informatica así como dos horarios e as actividades que se realizan fora, inglés, piscina, ximnasia,bailes...... e a forma de pago.

Informase da celebración do fin de curso onde estase a estudiar vairas propostas.

Ábrese un turno de intervencións dos pais presentes, que solicitan:

1. Que se volvan a enviar os escritos sobre as beirarúas 2. Que se envíe un escrito pedindo que se arranxe o camiño de acceso o colexio (no

globos)3. Que se envíe un escrito a Consellería invitando a mesma en nome de tódolos

pais a que busque outra solución.4. Que se envíe un escrito a Consellería pedindo que compren mais terreos xa que

si se constrúe novos aularios e comedor o espacio de disfrute dos nenos disminue.

Finalmente, e sendo as 21 horas e 15 minutos, dáse por concluída a asemblea.

Presidente Secretario

Daniel Gargamala Aldir Xosé Henrique González Lago

2

Page 3: acta 22 de marzo

Acta Asamblea Xeral ordinaria Anpa A PENA DO EQUILIBRIO

3