ACTA Nº 19 DE REUNIÓN XUNTA DE GOBERNO 05 DE FEBREIRO DE...
Transcript of ACTA Nº 19 DE REUNIÓN XUNTA DE GOBERNO 05 DE FEBREIRO DE...
Libro de Actas da Xunta de Goberno do CEESG 2007-2011 275 de 318
ACTA Nº 19 DE REUNIÓN XUNTA DE GOBERNO
05 DE FEBREIRO DE 2010
Data 05/02/2010 Hora: de 17:30 a 21:30
Lugar: Sede do Ceesg. Rúa Lisboa nº 20- baixo C Santiago de Compostela
Asisten
• Mª José Fernández (Presidenta) • Alfonso Tembrás (Vicepresidente) • Mª Jesús Gutiérrez (Tesoureira) • Laura Cruz (Secretaria) • Alberto Fernández de Sanmamed (Vogal) • Sofía Riveiro (Vogal) • Paloma Mª Seijo (Vogal) • Carlos Varela (Vogal) • Duarte Crestar (Vogal) • Mari Carmen Rey (Secretaria Técnica)
Toma nota Laura Cruz e Mari Carmen Rey Regula as intervencións: Mª José Fernández
Orde do día
1. Revisión de plans de traballo e confección de orzamento. 2. Establecer calendario para elaborar memorias do 2009. 3. Convocatoria da asamblea xeral. 4. Outros temas a tratar. Propostas e preguntas.
Temas abordados 1. Revisión de plans de traballo e confección de orzamento. 1.1 Revisión de plans de traballo Procédese á lectura dos borradores de plans de traballo presentados:
Área de Comunicación e participación colexial - Borrador Plan de traballo 2010 Obxectivos específicos 2010
• Presentar, difundir e desenvolver accións formativas sobre o novo Portal Web. • Rematar o redeseño dos soportes de comunicación impresos: Boletín e Galeduso. • Reducir o volume de material de edición impresa e aumentar a difusión de publicacións dixitais. • Publicar un Galeduso temático sobre Educación Social e Igualdade. • Afianzar a colaboración institucional cos Colexios de Traballo Social e Psicoloxía, desenvolvendo unha
acción conxunta. • Incrementar a participación das/os educadoras/es sociais nas publicacións propias do Ceesg. • Dar a coñecer o Ceesg a través de publicacións en medios de comunicación externos.
Accións 2010
• Inauguración do local: institucional e colexial de portas abertas. • Redeseño dos medios de comunicación: Galeduso e Boletín. • Edición e publicación dun Galeduso sobre Igualdade. • Presentación do Portal Web a diferentes colectivos e medios: universidades, colexiadas/os, prensa... • Organización participativa da celebración dos 10 anos de Ceesg. • Espazo dialoga, por definir a temática en función de acordos entre os colexios profesionais de
Educación Social, Traballo Social e Psicoloxía. • Campaña de Novas Colexiacións transversal en todas as accións.
Libro de Actas da Xunta de Goberno do CEESG 2007-2011 276 de 318
• Redacción do manual de comunicación e publicacións. • Participación no Foro Social Mundial.
Temporalización
Trimestre Actuacións
Xaneiro-marzo
• Xaneiro: Inauguración do local (venres 22). • Febreiro: Redeseño de contidos do Galeduso e do Boletín. • Marzo: presentación da nova Web na Asemblea Xeral. • Manual de comunicación e publicacións.
Abril-xuño
• Organización participativa da celebración dos 10 anos de Ceesg.
• Presentación da Web en entidades. • Preparación do Espazo Dialoga. • Redeseño gráfico do Galeduso e do Boletín
Xullo-setembro • Xullo: publicación do novo Boletín só dixital.
Outubro-decembro
• Outubro: celebración dun novo Espazo dialoga*. • Novembro: novo Galeduso de Igualdade. Presentación nas
Universidades. • Decembro: agasallo de Nadal.
• A data pode variar tendo en conta os acordos acadados cos outros Colexios Profesionais.
Orzamento
Actuación Previsión costes Previsión ingresos Inauguración local 1500 € Deseño e edición do Galeduso de Igualdade (1500 exemplares).
3500 € Subvención Deputación da Coruña
Redeseño e dixitalización dun número do Boletín
500 € Plan Avanza
Espazo dialoga 300 € Gastos compartidos cos tres colexios profesionais
Deseño Portal Web* 5575 € Plan Avanza Presentación do Portal web 200 € Mantemento web Lugonet (xaneiro-febreiro) (Unquilo- 20 h)
600 €
Agasallo de Nadal 1000 € Anuncios nos medios de comunicación
1400 €
Imprevistos 1000 € Total** 15.575 €
* Orzamento aprazado do ano anterior. ** Non están contemplados no orzamento os envíos do Boletín, Galeduso, agasallo de Nadal institucional, nin o orzamento da Web do ano anterior.
Área De Acción Profesional- Borrador Plan De Traballo 2010 Obxectivos específicos 2010
• Velar polo exercicio profesional (boas prácticas socioeducativas). • Continuar no recoñecemento dunha categoría única de Educador/a social no V Convenio Colectivo Único
da Xunta de Galicia e no IV Convenio Colectivo Marco Estatal de Servicios de Atención a las Personas Dependientes y Desarrollo de la Promoción de la Autonomía Personal.
• Estudar os espazos e ámbitos de traballo e proxección profesional da Educadora e do Educador Social dende o Plan Estratéxico.
• Actualizar e difundir na web una guía de comunicación de entidades do ámbito socieducativo, públicas, privadas e de iniciativa social (web e actualizar a base de datos).
Libro de Actas da Xunta de Goberno do CEESG 2007-2011 277 de 318
• Difundir os documentos profesionalizadores (colgar todo na web). • Coñecer a situación laboral das/os Educadoras/es Sociais na Comunidade Autónoma de Galicia (Plan
Estratéxico). • Iniciar a construción participada do profesiograma da Educación Social en diferentes ámbitos, a través
do portal web e do Plan Estratéxico. Accións Xerais 2010
• Seguimento, supervisión e intervención, cando sexa preciso das convocatorias e prazas de Educador Social na Administración Pública (Xunta, Deputacións, Concellos, Consorcio, ...etc), na iniciativa privada e no terceiro sector.
• Seguimento da lexislación en materia social e educativa. • Seguimento de disposicións legais e convenios onde se regularice a figura profesional e situación
laboral da educadora e do educador social. Entre outras: - Da orde pola que se convocan e aproban as bases polas que se regula concesión de axudas para
levar a cabo programas de educación familiar que desenvolvan as corporacións locais e o Plan Concertado.
- V Convenio Colectivo Único da Xunta de Galicia. - Convenio Colectivo do sector de Residencias Privadas da Terceira Idade de Galicia. - Convenio Colectivo Marco Estatal de Servizos de Atención as Persoas Dependentes e
Desenvolvemento da promoción da Autonomía Persoal. - Convenio de Intervención Social. - Mantemento e actualización das bases de datos de entidades sociais e educativas (públicas,
privadas e terceiro sector) existentes na nosa comunidade autónoma. - Estudo das RPT da administración autonómica, provincial e local. - Seguimento do número e accións realizadas das/os Educadoras/es Sociais nas listaxes de Peritos
Xudiciais e Mediación Familiar. Seguimento estatístico do Programa Mediagal. - Seguimento do Plan Bolonia. - Seguimento dos Educadores nos IES.
• Difusión a través dos soportes de comunicación precisos, das acción desenvolvidas desde a área, así cómo se desenvolven os diferentes procesos e accións xerais (web, boletín, etc.).
Accións Específicas 2010
• Estudo sobre as condición laborais das/os tituladas/os en Educación Social a través dunha enquisa (Plan estratéxico).
• Difusión dos resultados do estudo a través de distintos medios e soportes en distintas entidades, públicas e privadas responsables da contratación.
• Definición e desenvolvemento, en colaboración coa Área de Comunicación e Participación Colexial, dunha wiki no portal web do Ceesg onde construir o perfil profesional da Educadora e do Educador Social nos diferentes ámbitos de traballo (profesiograma) e difundilo na web.
Axentes implicados
• Servicio Xurídico do Ceesg. • Áreas de Comunicación e Participación Colexial, Desenvolvemento Profesional e Relacións
Institucionais. • Impulsarase a colaboración de Educadoras/es Sociais colexiadas/os na defensa e promoción da
profesión, promovendo a denuncia de convocatorias irregulares, a participación na elaboración do profesiograma, ...etc.
• Outras entidades colaboradoras do Ceesg: Cimoemprego, Xéneme, Universidades, Asociacións, etc.
Libro de Actas da Xunta de Goberno do CEESG 2007-2011 278 de 318
Proposta Orzamento Previsional para a realización do Plan Estratéxico
Fontes de financiación: Creo que debemos falar coa Obra Social de Caixa Galicia e procurar a financiación a través de SOCIALIA de polo menos 3000 €.-
Libro de Actas da Xunta de Goberno do CEESG 2007-2011 279 de 318
Área de Desenvolvemento Profesional - Borrador Plan de traballo 2010
Obxectivos específicos 2010
• Identificar as necesidades formativas e de desenvolvemento profesional das/os educadoras/es sociais
colexiadas/os. • Desenvolver accións formativas diversificadas en temáticas, ámbitos territoriais e tempos de
celebración. • Regular, dar soporte, consolidar e potenciar os grupos de traballo existentes. • Mellorar a difusión das accións formativas. • Facilitar o acceso e a participación nas accións formativas planificadas. • Deseñar o plan formativo para o a no 2011.
Accións 2010
• Definición e desenvolvemento, en colaboración coa área de comunicación e participación colexial, dun
espazo específico na web onde difundir as accións formativas, propias e alleas, recoller os documentos de traballo e materiais facilitados e canalizar as demandas de formación e suxestión das/os colexiadas/os.
• Fomentar a creación de grupos de traballo. • Redactar accións formativas que regulen o funcionamento dos grupos de traballo. • Definir e desenvolver, en colaboración coa área de comunicación e participación colexial, un espazo
específico na web para os grupos de traballo con ferramentas que favorezan o traballo virtual en grupo.
• Deseño dunha ferramenta web para a inscrición telemática nas accións formativas. • Deseño participativo dun plan de formación para o 2011. • Desenvolvemento e avaliación das accións formativas ao redor das seguintes temáticas: - Elaboración do regulamento dos grupos de traballo - Xornada técnica sobre a lei de Servizos Sociais - Escola de primavera: Prácticas de avaliación e informe en Educación Social - Encontro infancia - Xorndas de Xerontoloxía
Temporalización
Trimestre Actuacións Responsables
Xaneiro-marzo
• Elaboración do regulamento dos plans de traballo
• Deseño específico para os grupos de traballo na nova páxina web
• Xornada técnica de Servizos Sociais
• Responsables da área de desenvolvemetno profesional
• Educadora Social Ceesg • Responsables da área de
comunicación
Abril-xuño • Escola de Primavera: Prácticas de
avaliación, informe en Educación Social.
• Responsables da área de desenvolvemetno profesional
• Educadora Social Ceesg Xullo-setembro
Outubro-decembro • Encontro infancia • Xornadas Xerontoloxía
• Responsables da área de desenvolvemetno profesional
• Educadora Social Ceesg • Grupo de traballo en xerontoloxía
Orzamento
Actuación Previsión costes Previsión ingresos
3 Xornadas de 8 horas (ss.ss.; infancia; xerontoloxía).
4.650 € (1.550€ /xornada) Mínimo 30 asistentes: 35€ xornada a colexiados; 60 € non colexiados. Estimación 10 colex. / 20 non colex.
Escola Primavera (20 horas)
Límite 10.000 € 5.000 €
Mínimo 50 asistentes: 70€ xornada a colexiados; 120 € non colexiados. Estimación 20 colex. / 30 non colex.
Libro de Actas da Xunta de Goberno do CEESG 2007-2011 280 de 318
Área de Relacións Institucionais autonómicas e estatais - Borrador Plan de traballo 2010
Obxectivos específicos
• Consolidar o equipo de xunta de goberno como representantes do CEESG. • Dar a coñecer máis a figura da Educadora e do Educador Social na administración e no eido da
empresa privada. • Representar ao CEESG ante as administracións públicas para tratar os temas de maior relevancia para
a nosa profesión. • Representar ao CEESG ante calquiera institución (universidade, asociacións e outras entidades). • Favorecer liñas de colaboración con entidades que podan ofrecer servizos e relacións de interese coa
nosa profesión Accións No eido autonómico:
• Realizar as actuacións necesarias para a inclusión das/os Educadoras/es Sociais nos centros escolares (representación ante a administración, colaboración coas universidades …etc).
• Participar na elaboración dos plans de Educación Familiar en Galicia, entendendo que a educación social é a profesión axeitada para cumplir estas tarefas educativas.
• Colaborar coa administración pública na mellora e estructuración dos servizos sociais galegos (mapa de servizos sociais, consorcio galego de servizos sociais, servizos sociais de base…, etc).
• Continuar coas accións emprendidas para a modificación do V Convenio Único do persoal laboral da Xunta de Galicia para que recolla a categoría laboral de “Educadora/Educador Social”. Seguirase con encontros cos sindicatos e Función Pública.
• Colaborar e participar coa administración e con outras entidades nos plans de infancia e xuventude, no Observatorio Galego de Infancia e nos foros que sexa preciso.
• Realizar unha campaña de comunicación institucional sobre a figura da/o educadora/educador social no sector público (administracións locais e deputacións provinciais), no sector privado e no 3º sector.
No eido estatal • Manter a representación do CEESG no CGCEES, propoñendo a un membro do noso colexio para a
próxima xunta directiva de CGCEES. • Colaborar co CGCEES, designando un representante para cada unha da vogalías existentes
(internacional, situación professional e comunicación). • Mellorar a visibilización do CGCEES na nosa comunidade autónoma (dar maior presenza na web do
colexio e utilizar os boletíns mensuais para comunicar novidades no eido nacional). • Colaborar co CGCEES para conquerir financiación ao portal Eduso.net.
Temporalización En xeral, as tarefas teran carácter anual, segundo as necesidades que se vaian presentando de reunions e representación do CEESG ante a administración e outras entidades.
Trimestre Actuacións Responsables
Xaneiro-marzo
• Campaña de presentación Ceesg no sector público. Difusión - carta.
• Convocatoria da asamblea xeral do CEESG
• Presidencia: redacción da carta e sinatura.
• Comunicación: revisión e modificación:
• Secretaría do CEEGS: xestión de envíos.
Abril-xuño
• Campaña presentación Ceesg no terceiro sector.
• Boletín especial sobre o CGCEES
• Presidencia: redacción da carta e sinatura.
• Comunicación: revision e modificación:
• Secretaría do CEEGS: xestión de envíos.
Xullo-setembro Outubro-decembro
Libro de Actas da Xunta de Goberno do CEESG 2007-2011 281 de 318
Orzamento
Actuación Previsión
costes Previsión ingresos
Campaña de presentación institucional
1500 € Cotas colexiais
Gastos de representación (dietas)
1500 € Cotas colexiais
Asistencia a xornadas nacionais (Andalucía)
500 €
Cotas colexiais Colaboración con entidades privadas (Fundación Caixa Galicia, etc.)
Na posta en común dos borradores de plans de traballo expostos, leváronse a cabo os seguintes acordos: Acordos Plan de Traballo da Área de Comunicación e Participación Colexial Dase por aprobado o plan coa seguinte puntualización e modificación orzamentaria:
• O CD de igualdade só se fará de concedérsenos a subvención solicitada para este fin. O gasto por este concepto “debe” incluirse no orzamento da área de Comunicación, xa que no orzamento global do Ceesg 2010 sí está presupostado o “posible” ingreso en subvencións para este fin. Increméntase o gasto orzamentado para este área en 5.800€.
• Increméntase o orzamento das partidas de Boletín do Ceesg e de Galeduso no importe da estimación dos envíos postais, non incluídos.
• Unha parte do importe orzamentado para “imprevistos” deste área (1.000€) debe adicarse a adquisición de manuais para a biblioteca, co obxecto de especializala máis en Educación Social, en congruencia coa nova web do Ceesg na que figurará un apartado para “propostas” de libros para a biblioteca.
Puntualizáronse os seguintes aspectos do plan de traballo:
� O Galeduso temático, específico en 2010, versará sobre “igualdade”. � Sobre afianzamento da colaboración institucional cos colexios profesionais de Psicoloxía e
Traballo Social, avaliarase a súa plasmación formal en documento escrito (convenio de colaboración).
� Para dar a coñecer o Ceesg en publicacións de medios externos, barállanse algúns como a “Revista de Pedagoxía Social” da SIPS.
� Destacar no novo portal web do Ceesg a inclusión dun manual regulador da “participación”. � A organización do 10º aniversario do Ceesg dirixirase a colexiadas/os e entidades. � Cara a Xullo-Setembro preténdese a publicación do Boletín do Ceesg unicamente en versión
dixital, polo que, se fará con carácter previo unha campaña de consulta colexial. Acordos Plan de Traballo da Área de Acción Profesional Engadir como una Acción Específica máis no Plan de Traballo 2010:
• Realización dunha campaña de colexiación, para o que se propón crear “antenas” nas facultades de Educación Social das universidades de Galicia (estar presentes cara a dar a percibir a figura da/o Educadora/Educador Social como algo útil). Isto supón, a inclusión no plan de traballo desta área dun Plan de Comunicación Social que de visibilidade ao Ceesg, coa súa presenza nas universidades galegas (USC-UDV-UDC-UNED).
• Estudo dos medios dispoñibles para ofrecer un servizo de asesoría de creación de empresa, a colexiadas e colexiados do Ceesg, de calidade, a través de dúas vías: � Análise das posilidades de contratación no Ceesg dun Técnico de Inserción Laboral,
subvencionado.
Libro de Actas da Xunta de Goberno do CEESG 2007-2011 282 de 318
� Análise da posibilidade de conveniar con entidades especializadas (IGAPE, BIC Galicia). Puntualízase que:
• O orzamento estimativo desta área, limítase aos servizos da avogada do Ceesg e, orientativamente, uns 1.000 € en dietas máximo.
Plantéxanse, como vías para formalizar estas accións:
a) Acudir aos docentes universitarios máis cercanos ao Ceesg que tutoricen grupos de alumnos. Ofertarlles aos alumnos, futuros colexiados, ventaxas na colexiación (por exemplo, un ano de colexiación gratis).
b) Respecto ao servizo de asesoría de creación de empresa, o vogal Carlos Varela revisará as posibilidades de conveniar co IGAPE – Bic Galicia e, dende a Secretaría Técnica do Ceesg, analizaranse a posibilidade de acollemento a algunha subvención que cubra os gastos de ter un técnico de inserción laboral no Cesg.
As intervencións manifestadas, a maiores dos acordos acadados por unanimidade das/os presentes, respecto a este plan de traballo son as seguintes:
- Secretaria. Laura Cruz. Manifesta que as funcións a desenvolver por esta área de traballo son moi xenéricas, polo que ve a necesidade de destacar, alomenos, unha acción como prioritaria, unha acción na que centrar as forzas en 2010. Falta de definición dunha estratexia. Propuxo que se centre na enquisa telefónica a colexiadas/os, con tres cuestións: situación laboral, convenio laboral ao que os rixe e correo electrónico de contacto.
- Vogal Paloma Mª Seijo. Indica que, de centrarse nalgo concreto este área, debería ser no Plan Estratéxico. - Vogal Alberto Fdez. De Sanmamed. Indica que:
o Por un lado: dúas asociacións de Lugo (de Síndrome de Down e de Autismo) comentáronlle se o Ceesg podería acompañalos á Dirección Xeral da Xunta de Galicia, en defensa da necesidade de inclusión de profesionais da Educación Social, apoiándoos.
o Por outro lado: comunica que a nivel estatal se está a traballar polo PACTO DE ESTADO POLA EDUCACIÓN. Expón que a FETE pide a incorporación de educadores sociais nos seus estatutos e, dende Cgcees, remitiuse posicionamento ante sindicatos e Ministerio ao respecto. Unha vez chegue o documento estatal consensuado propón que se remita tamén á Xunta de Galicia.
- Vicepresidente Alfonso Tembrás. Indica a súa demanda de modificación da Educación Especial. Acordos do Plan Estratéxico O plan estratéxico pretende, como obxectivo básico en 2010, a participación colexial, que a/o colexiada/o sinta o “plan”como seu. Para isto planifícanse uns 20 encontros territorais (xornadas de traballo con persoas colexiadas e non colexiadas). Así, o plan estratéxico suporá un esforzo e un gasto moi importantes en 2010. Quedan como puntos a analizar: elección dos posibles agasallos a colexiadas/os que participen; análise da edición “dixital” de papeis e valoración da conveniencia –ou non- do pagamento de kilometraxe e/ou catering a colexiadas/os que participen nos encontros do “plan”. Acordos alcanzados, por unanimidade dos presentes:
• Reestructúrase o contido do orzamento presentado de plan estratéxico, separándoo do establecido para a área de acción profesional e limitándoo a 8.000 € para o presente exercicio 2010 (incluíndo custos de reunións, enquisa e expertos), quedando desglosado como se indica a continuación:
Libro de Actas da Xunta de Goberno do CEESG 2007-2011 283 de 318
ACTUACIÓN EXPRICACIÓNPREVISIÓN
GASTO
PROPOSTA
INGRESOOBSERVACIÓNS
Reunións equipo traballo
Gastos reunións,
desprazamentos,
xantar, cafés,
600 €
1500€
Xornadas PE (20)
Reunións cos
colexiados.
O gasto de media será
de 300 €
3000 €
(3 persoas/1 coche: -1.000€ kilometraxe -
600€ comidas - 1.000€ catering
colexiados)
- Marxe erro- 400€
6000€
Expertos
Agasallos aos expertos
que participen
"voluntariamente"
600€
(Estimación 10 expertos, 60€/experto)
2500€
Agasallo participación
Obsequio a colexiados
que participen (USB,
carpeta, …)
500€
A negociar: desprazamento e regalo
4500€
Faríanse aproximadamente
500uds
5000 uds.
DocumentaciónAdquisición de libros,
revistas, …
200€
600€
Incluir no orzamento de gasto da
área de Comunicación, xa que
constituirán fondos bibliográficos
polo que deben reflexarse nesa área
Comunicación Correos, teléfono, ..etc1500€
3000€
Orzamento Xeral
2010Aproveitar outros envíos
Edición PAPELES Edición dixital 300,00 €
Edición Plan Estratéxico Edición dixital e en papel 6.000,00 € Orzamento 2011
Varios (…) 1.500,00 €
GASTO TOTAL
"PE" - 20108.000,00 €
PREVISIÓN
INGRESOS TOTAIS
"PE" - 2010. Procura
patrocinio de Socialia
(Obra Social Caixa
3.000,00 €
Acordos do Plan de Traballo da Área de Relacións Intitucionais Autonómicas e Estatais Engadir como una Acción Específica máis no Plan de Traballo 2010:
• Seguimento da Lei ómnibus. • Revisión do orzamento 2010 entre tesouraría-presidencia-secretaría técnica, co obxecto de
reclasificar partidas e mantelo en 2810.02€ (límite global estatal- 10.000€). • Revisión dos convenios de colaboración vixentes no Ceesg e negociacións cara á celebración de novas
colaboracións (estudo de entidades de iniciativa social coas que interese conveniar, por exemplo, a SIPS, Xeneme, Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, colexios profesionais galegos do ámbito “social”, asociación de pedagogos, asociación de educadores familiares ...etc).
• Apertura dunha nova sección, tanto na web como no Boletín do Ceesg, que sirva para mellorar a visibilización do Cgcees na nosa Comunidade Autónoma.
As intervencións manifestadas, a maiores dos acordos acadados por unanimidade das/os presentes, respecto a este plan de traballo son as seguintes:
- Vogal Carlos Varela. Cuestiona a finalidade de pagar cotas trimestrais a Cgcees e insiste na necesidade de explicar a colexiadas/os qué fai o Cgcees, necesidade de visibilizar ao Cgcees.
- Vogal Alberto Fdez. De Sanmamed. Defende a necesidade de estar en Cgcees, sobre todo agora co tema da adptación á directiva europea a través da Lei ómnibus; informa que as cotas pagadas por cada terrritorio a Cgcees son necesarias para sufragar a estructura de Cgcees. Destaca a necesidade de chegar a acordos a nivel estatal no tema da “ventanilla única” que instaura a Lei ómnibus, xa que afectará tanto a colexiadas/os (que deberán ter acceso a todos os trámites colexiais on line) como a usuarios (necesidade de dispoñer dun sistema de queixas nos colexios profesionais e dun listado de colexiadas/os on line de acceso público).
Libro de Actas da Xunta de Goberno do CEESG 2007-2011 284 de 318
Acordos Plan de Traballo da Área de Desenvolvemento Profesional Engadir como una Acción Específica máis no Plan de Traballo 2010:
• Inclusión dunha 5ª acción a desenvolver en 2010: Teatro do oprimido (2 días, 8 horas/día, cun custo total 500€), con pre-inscripción previa (faríase de cubrirse custos, senón non).
Acordo referentes a prazos: • A Presidenta solicita que se fixen con urxencia pre-programas das actividades formativas planificadas
co obxecto de solicitar, á maior brevidade posible, patrocinios a entidades financeiras (co xerente Juan Carlos Robles de Professional BS do grupo Sabadell-Atlántico e co director da Obra social Caixa Galicia –Manuel Aguilar-). Lembra tamén o compromiso adquirido coa Directora Xeral de Dependencia e Autonomía Persoal da Xunta de Galicia, á que en reunión mantida o día 4 de febreiro de 2010 se lle solicitou a súa presenza e patrocinio nas xornadas de “servizos sociais” e de “xerontoloxía e xeragoxía”. Fíxase prazo de 15 días, quedando como responsables do establecemento das citas coas entidades financeiras para solicitude de patrocinios o vogal Alberto Fdez. De Sanmamed e o Vicepresidente Alfonso Tembrás.
As intervencións manifestadas, a maiores dos acordos acadados por unanimidade das/os presentes, respecto a este plan de traballo son as seguintes:
- Vicepresidente Alfonso Tembrás. Resalta que a planificación desta área en 2010 pretende “chegar” ás/aos profesionais, a través de poñentes de dilatada experiencia profesional (exemplo de Miguel Ángel Santos Guerra), co obxecto de recompilación de inquedanzas laborais e a consecuente posible apertura activa de grupos de traballo no Ceesg, cara á elaboración dun documento de referencia profesional; estímase unha duración media de 8 horas por xornada e de 20 horas no caso da escola de primavera.
- Vogal Paloma Mª Seijo. Insta a valoración da área varios temas: o A petición de patrocinios ao Xacobeo 2010. o Inclusión de algunha actividade en materia de acollementos, xa que o asesoramento post-
adopción é un traballo que deberían desenvolver as/os profesionais da Educación Social. - Secretaria Laura Cruz. Puntualiza respecto ao “Encontro de Infancia” planificado, que o que está moi
demandado é a formación en adolescencia. - Vogal Duarte Crestar. Propón a inclusión, aceptada por unanimidade, do “Teatro do oprimido” (teatro
social). Contacto: o experto “Nuno da Silva”. Ofrécese a colaborar na planificación desta actividade. - Presidenta Mª José Fernández. Considera que, a priori, as actividades do Ceesg non entrarían no obxecto
da subvención do Xacobeo 2010 e, puntuliza, que calquera actividade a maiores dos catro grandes eixes deste área incluídos no orzamento 2010 (xornada servizos sociais; escola primavera; encontro infancia e xornada xerontoloxía), para poder levarse a cabo deberán autofinanciarse (mínimo 30 persoas a razón de 35€ colexiados e 60€ non colexiados), dado que o groso do orzamento 2010 adicarase ao “plan estratéxico”.
Libro de Actas da Xunta de Goberno do CEESG 2007-2011 285 de 318
1.2. Confección do Orzamento do Ceesg 2010 O orzamento do Ceesg para 2010, coa incorporación de acordos establecidos na presente reunión, por áreas de traballo, queda configurado do seguinte xeito:
Libro de Actas da Xunta de Goberno do CEESG 2007-2011 286 de 318
2. Establecer calendario para elaboración de memorias 2009 Dende a Secretaría Técnica redactaranse os “borradores” das memorias de actuacións do Ceesg 2009, por áreas de traballo, a efectos de que sexan revisados por estas. Non se fixa prazo, executarase en función da posibilidade de tempo que o resto de servizos do Ceesg permita. 3. Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria do Ceesg 2010 Queda fixada a Asemblea Xeral Ordinaria 2010 para o venres 26 de marzo de 2010. A orde do día manterá, como mínimo, os puntos “xerais” establecidos por estatutos. Engadirase, a proposta da Secretaria Laura Cruz, un punto aclaratorio da situación da lei ómnibus e, a proposta de presidencia-tesouraría, flexibilización de prazos na admisión de solicitudes de acollemento a cotas de mantemento bonificadas:
� Aprobación da acta anterior. � Presentación das memorias técnicas e económicas de 2009. � Aprobación dos plans de traballo 2010. � Aprobación do orzamento 2010. � Flexibilización de prazos en solicitudes de bonificación de cotas. � Influencia da Lei Omnibus na Educación Social e no Ceesg. � Propostas e preguntas
Estes puntos da orde do día serán revisados entre a Presidencia e a Secretaría Técnica do Ceesg, sendo susceptibles de ampliación ou modificación que se comunicará, previamente á difusión de convocatoria, a esta xunta de goberno. Ubicación para celebración da Asemblea. Dende a Secretaría Técnica avaliarase a posibilidade de préstamo dos seguintes locais en Santiago de Compostela: 1ª opción: MUPEGA (de poder ampliar o horario máis alá das 20:00 h) 2ª opción: CASA DAS ASOCIACIÓNS 3ª opción: FUNDACIÓN CAIXA GALICIA De non estar dispoñibles estes locais ou non cubrir as expectativas de tempo preciso para o desenvolvemento da Asemblea, proponse celebrala na sede do Ceesg con solicitude de confirmación de asistencia previa. Dado este caso, se o volume de confirmacións supera o aforo dispoñible, buscaríase o local axeitado, aínda que fose de pago. 4. Outros temas a tratar: Propostas e Preguntas. 4.1. Reunión coa Directora Xeral de Dependencia e Autonomía Persoal Sra. Coro Piñeiro Vázquez Mantívose encontro con esta persoa, por delegación da Conselleira de Traballo e Benestar, o día 4 de febreiro de 2010. Asistentes: María José Fernández Barreiro, presidenta Ceesg; Laura Cruz López, secretaria Ceesg e Montse Sánchez, traballadora Ceesg Asuntos tratados:
- Presentación do colexio - Convenio colectivo único de persoal laboral da Xunta - Educadores familiares - Emisión de informes - Acceso ao Matiass - Colaboración para a VI Xornada sobre xerontoloxía
Documentación aportada: - Bolsa con documentación do colexio (revistas, boletín, díptico, cd en galicia en galego, cd actas 2ª
escola de primavera, libro de actas v xornadas xerontoloxía, documentos profesionalizadores, guía de servizos a colexiados)
- Documento de presentación do colexio
Libro de Actas da Xunta de Goberno do CEESG 2007-2011 287 de 318
- “As/Os Educadoras/es Sociais na intervención con Persoas Maiores” - “A Educación Social no Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia” - Documentación sobre o convenio único: proposta Ceesg; peritaxe da SIPS sobre as últimas bases de
selección; cadro comparativo outras comunidades e apoio das universidades de Santiago e Vigo. Conclusión máis relevante: Valórase positivamente a necesidade de mudar o V Convenio de persoal laboral, integrando unha categoría única de Educadora/Educador Social, indicándose que a Consellería de Traballo e Benestar deberá facer proposta a Función Pública. O Ceesg comprometeuse a remitir dossier xustificativo da necesidade para este fin. A “idea” exposta nesta reunión é que o cambio do convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia mudarase en dúas fases: una 1ª recaerá na modificación da RPT cos requisitos de acceso e unha 2ª fase no cambio de denominación dos postos de Grupo II/Categoría 6. 4.2. Petición de citas e solicitudes ao Ceesg: a) Sra. Carme Adán – Diputada do BNG no Parlamento de Galicia b) Sra. Laura Rodríguez Manso- Xefa da Ud. De Coordinación contra a Violencia sobre a Muller da Delegación do Goberno en Galicia c) Entrevista Preescolar na Casa d) Colexiado José C. Piñeiro a) REUNIÓN SOLICITADA POR Dª CARME ADÁN: Versará sobre a necesidade de inclusión de Educadores Sociais en centros de ensino. Pretende facerse unha proposta parlamentaria neste sentido, polo que nos piden cita para colaborar na proposta. ACORDO: Valorar dispoñibilidade das vogais María José Caride e Sofía Riveiro e do vicepresidente Alfonso Tembrás co obxecto de que alomenos a reciban dúas persoas de xunta de goberno do Ceesg. b) REUNIÓN SOLICITADA POR Dª LAURA RODRÍGUEZ MANSO: Versará sobre a situación en Galicia sobre Violencia de Xénero e as actuacións do Ceesg neste ámbito de traballo, volume de profesionais da Educación Social adicados ao mesmo, … ACORDO: Valorar dispoñibilidade da coordinadora da área de acción profesional Chus Gutiérrez e da presidenta Mª José Fernández, cara á concesión de audiencia pasados carnavais calquera día a 1ª ou a última hora da mañá ou venres pola tarde. c) ENTREVISTA SOLICITADA POR PREESCOLAR NA CASA Entrevista para un programa da radio galega, gravación telefónica de batería de preguntas que se facilitarán previamente. Versará sobre intervención socioeducativa no ámbito da infancia. ACORDO: Solicitar a batería de preguntas e valorar dispoñibilidade dos vogais Duarte Crestar ou, no seu defecto, Alberto Fdez. de Sanmamed. Se ningún deles tivera dispoñibilidade, valorar que a gravación a realice a secretaria Laura Cruz. d) Colexiado José C. Piñeiro. Ten varias solicitudes ao Ceesg/Cgcees sobre a necesidade de intervención no ámbito das penitenciarías que non son valoradas no presente encontro. Tendo manifestado a vogal Sofía Riveiro que, por experiencia profesional recente, ve máis clara a antita demanda deste colexiado concernente á necesidade de apertura do campo da Educación Vial a educadoras/es sociais, falará persoalmente con este colexiado para puntualizalo. ACORDO: Facilitar á vogal Sofía Riveiro toda a documentación obrante no expediente de Jose C. Piñeiro, concernente a Educación Vial, a efectos de que contacte con este colexiado e/ou lle conceda audiencia, como solicitou o pasado mes de xaneiro do presente ano.
Libro de Actas da Xunta de Goberno do CEESG 2007-2011 288 de 318
4.3. Situación Estatal da adaptación á directiva europea: lei ómnibus. O Vogal Alberto Fdez. de Sanmamed expón a situacióna nivel estatal: - Informa que dende Cgcees se pedirá por escrito ao Ceesg que se propoña a unha persoa a título honorífico para a vindeira asemblea do CGC que se proporá que se faga en Galicia, coa encomenda de xestión da súa celebración ao Ceesg. - Informa sobre a situación de modificación dos Estatutos do CGC, en adaptación á directiva europea, que deberán aprobarse en asemblea xeral de CGC e aos que o Ceesg deberá dar o seu posicionamento. - Sobre a Lei ómnibus informa que 2010 será un ano decisivo para a Eduacación Social, consecuencia dos acordos que se realicen nesta materia. Informa da normativa que pode afectar aos colexios profesionais e na que se están a centrar en CGC:
NORMATIVA ADMINISTRACIÓN DATA
PUBLICACIÓN ENTRADA EN VIGOR OBXECTO
Directiva de Servizos da Unión Europea
Unión Europea 27/02/2006 27/02/2009
A súa finalidade é crear un marco xurídico para garantir a liberdade de establecemento e prestación de servizos na Unión Europea. Persigue favorecer a competitividade do sector de servizos, dentro do cal se encontran o de servizos profesionais.
Lei de Libre Acceso ás Actividades de Servizos e ao seu exercicio ou “Ley paraugas”
Administración Central do Estado
23/11/2009
23/12/2009 e outras disposicións o
27/12/2009
Trátase dunha lei de trasposición, é dicir, de adaptación da Directiva de Servizos da Unión Europea á normativa española. Polo tanto a súa finalidade é a mesma que a Directiva de servizos aplicada ao Estado Español.
“Lei Ómnibus” de modificación de diversas leis para a súa adaptación á “Lei paraugas”
Administración Central do Estado
22/12/2009 27/12/2009
Supón a modificación de diversas leis estatais (47 en total), para que se poidan adaptar á Lei de libre acceso ás actividades de Servizos e ao seu exercicio ou Lei Paraugas. Esta Lei suporá unha reforma da Lei de Colexios Profesionais
Modificación da Lei de colexios profesionais
Capitulo III. Artigo 5 da “lei ómnibus”
22/12/2009 27/12/2009 Modifica a Lei 2/1974 de 13 de febreiro, sobre Colexios Profesionais
A NVEL ESTATAL – CGCEES A NIVEL AUTONÓMICO ESTATUTOS COLEXIOS PROFESIONAIS
LEI PARAUGAS LEI ÓMNIBUS
LEI E PROFESIÓNS (MEH) a) RESERVA DE ACTIVIDADE e/ou b) COLEXIACIÓN OBRIGATORIA CAP. 3 LEI ÓMNIBUS
Adaptación estatutos Adaptación estatutos Ventanilla única (para profesionais e usuarios)
Memorias (datos xerais) Memorias (facilitar datos a Cgcees) Queixas de usuarios Queixas de usuarios
CONTROL- datos colexiados e investigación Rexistro Público Sistema de reclamacións Cota de inscrición que ascenda unicamente ao custo administrativo da tramitación Publicidade por mérito Prohibición de honorarios
O máis salientable é a decisión ministerial de qué profesións gozarán de reserva de actividade e/ou colexiación obrigatoria. Esta decisión fará que o colexio se reforce ou pase a ser un colexio de “segunda” categoría. Estímase que antes do verán este punto esté clarificado.
Libro de Actas da Xunta de Goberno do CEESG 2007-2011 289 de 318
Así, aclárase que se non se define a reserva de actividade para a Educación Social, xa non se poderán impugnar convocatorias de prazas públicas. Sábese que en proposta formalizada dende o Mº Sanidade, inclúese aos profesionais da Educación Social. ACORDOS: Acórdase que se impulse a “ventanilla única” desde CGCEES para todos os colexios profesinais de Educadoras/es Sociais. A Secretaria Técnica do Ceesg:
a) Contactará coa persoa responsable de colexios profesionais da Xunta de Galicia, á maior brevidade posible, cara a coñecer en qué parte das negociacións se está coa Administración Xeral do Estado respecto á reserva de actividade e a colexiación obrigatoria. Interesa saber qué avances se teñen feito en materia de adaptación á lei ómnibus, na Xunta de Galicia e, o máis importante, se xa se remitiu posicionamento ao MEH sobre a reserva de actividade indicada.
b) Revisará, na medida do posible, as incidencias que os cambios da lei ómnibus supón no rexistro de sociedades profesionais. A presidenta Mª José Fernández da por rematada a reunión ás 21:15 h.
Asdo.: Laura Cruz López
Secretaria da Xunta de Goberno
VºBº.: Mª José Fernández Barreiro
Presidenta Xunta de Goberno