ACTIVIDADES ANUAIS OMIX -...
Transcript of ACTIVIDADES ANUAIS OMIX -...
Concello
do Rosal
25 25 25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERODE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERODE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Durante o mes de novembro serán moitas as actividades educativas, culturais e de concienciación social
programadas polo Concello do Rosal.
EXPOSICIÓN: “Achega das mulleres á sustentabilidade do mar”, no Salón de Exposicións do Concello do
Rosal entre o 20 de novembro e o 6 de decembro
II CONCURSO DE HAIKUS: Poemas de 3 versos con temática contra a violencia de xénero.
Consultar as bases no boletín informativo ou na web do concello
EU TOMO PARTIDO E TI?: Este ano parte do equipo de Acanor Novás colaboran neste proxecto que
pretende visibilizar e posicionarse en contra da violencia de xénero.
ACTIVIDADES NOS CENTROS EDUCATIVOS: dos que se beneficiarán 289 nenos e nenas do concello
IGUALDADE CON PRIMARIA: 71 nenos e nenas con idades entre os 6 e os 8 anos do CRA e CPI
PROXECTO BAMBÚ CON SECUNDARIA: 111 mozos e mozas de 1º e 4º ESO
OBRADOIROS DE AFECTIVIDADE E SEXUALIDADE: 107 mozos e mozas de 2º e 3º ESO
EXPOSICIÓN “Á VIOLENCIA DILLE NON”: exposta durante o mes de novembro no CPI
EXPOSICIÓN MAR CALDAS 100% CONTIGO: o 5 de novembro haberá un adianto da proxección para o
alumnado de educación secundaria no Auditorio Municipal, e a partir dese mesmo día será a proxección do
proxecto “100% contigo” para todo o público no Salón de Exposicións
LUCES MORADAS EN EDIFICIOS PÚBLICOS: como en anos anteriores varios edificios estarán
iluminados de morado durante a semana de conmemoración do 25 de novembro.
COMERCIO LOCAL CONTRA A VIOLENCIA: a colaboración entre o comercio local e o concello
continúa. Durante o mes de novembro permanecerán nos seus establecementos os carteis de Eu tomo
partido e ti?
novembro e decembro 2018
BoletínBoletín InformativoInformativo
1 e 2 decembro
Auditorio do Rosal
BASES PARA O CONCURSO DE HAIKUS
CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
(POEMAS DE 3 VERSOS)
Toda a información ao completo na páxina web e no propio concello. Extracto das bases: 1º Os haikus presentados a concurso deben mostrar un espírito crítico e comprometido contra o maltrato á muller 2º Poderán participar todas as persoas do Concello do Rosal que o desexen 3º Poderán entregarse un máximo de tres obras a concurso por persoa. 4º O haiku deberá ser entregado nunha cartulina A4 en vertical. Valorarase na presentación do poema: inclusión de imaxes, debuxos e outros elementos gráficos. 5º A autoría do haiku será con pseudónimo escrito na parte posterior da cartolina O prazo de admisión terminará o venres 16 de novembro de 2018 ás 12.00 h. 6º Haberá dous categorías de premios, unha infantil-xuvenil, e outra de adultos 7º O persoal técnico do Concello designará a composición do xurado do concurso. 8º As obras gañadoras e as presentadas serán expostas nos taboleiros e paredes do Salón de Exposicións do Concello 9º A participación neste concurso supón a aceptación destas bases
1 DE DECEMBRO NO ROSAL1 DE DECEMBRO NO ROSAL1 DE DECEMBRO NO ROSAL O Concello do Rosal en colaboración coa UD Ribera, a
Federación de Deporte Adaptado, e o RC Celta de Vigo realizará
un evento integrador co fin de normalizar a práctica de fútbol e
outros deportes no colectivo de persoas con discapacidade
intelectual.
Espectáculo infantil e familiar, a
cargo da banda da Agrupación
Musical do Rosal e da compañía
teatral A cova das letras.
O día 16 de decembro, ás 17.00h no
Auditorio Municipal. Prezo de
entradas 3 euros.
ACTIVIDADES ANUAIS OMIX
Temos vacantes en diferentes actividades anuais de zumba, zumba para maiores, pilates de
mañán e tarde, pintura, restauración e manualidades, memoria e tenis. Ademáis estade
atentos do Facebook da Omix do Rosal porque nel iremos actualizando os cursos e
informando dos novos.
CURSO GRATUITO DE XOGOS E XOGUETES TRADICIONAIS
O Concello do Rosal, en colaboración coa Deputación de
Pontevedra a través do programa Tecendo Lazos, organiza o curso
gratuito de XOGOS E XOGUETES TRADICIONAIS: XOGANDO EN
FAMILIA no que poden participar toda a familia na elaboración e
funcionamento dos mesmos. A duración será de 16 horas. O
obxectivo fundamental deste curso é organizar unha actividade na que se favorezan as relación
interxeneracionais de forma que fillos, país e avós participen conxuntamente nunha actividade.
Inscricións abertas para poder encher o curso e comezar o antes posible.
V CARREIRA POPULAR DE SAN SILVESTRE A V Carreira Popular San Silvestre terá lugar o luns día 31 de decembro, con participantes de
todas as idades. Haberá dúas modalidades, unha carreira e unha andaina familiar, para as
persoas que prefiran realizala camiñando xunto con pais, nais,
avós, avoas, nenos e nenas.
As inscricións da San Silvestre de O Rosal realizaranse no
Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do
Concello de O Rosal ata o 26 de decembro. É necesario facilitar
o número de DNI e as datas de nacemento no caso dos menores
de 12 anos. Haberá premios á participación, xa que non se
trata dunha competición.
Este ano haberá unha modificación no percorrido, de xeito que
transcurra por zonas menos urbanas e cun atractivo paisaxístico
maior. Toda a información, as bases e os itinerarios, estarán
colgados na web do concello.
Este nadal o Concello do Rosal organiza un campamento
para nenos e nenas matriculados este curso en
educación infantil e primaria. As familias que o desexen
terán a posibilidade de conciliar as súas xornadas
laborais co lecer dos máis pequenos.
CANDO: 26, 27 e 28 de decembro 2018 e 2, 3 e 4 de
xaneiro 2019
HORARIO: de 9.00 a 14.00 h.
ONDE: Salón de Exposicións e Biblioteca Municipal
INSCRICIÓN PREVIA
Máis información no Servizo de Información Xuvenil
Campamento de nadal
26, 27 e 28 de decembro 2, 3 e 4 de xaneiro
PROGRAMACIOÓN CULTURAL PROGRAMACIOÓN CULTURAL PROGRAMACIOÓN CULTURAL
`
NOVEMBRONOVEMBRONOVEMBRO DÍA 11 ROMARÍA DE SAN MARTIÑO. Saída da Igrexa parroquial ás 10.00 h.
Tradicional subida á ermida e misa solemne con procesión
DÍA 18 CONCERTO DE ACORDEÓNS MASCARENHAS en honor a Santa Icía
Organizado polo Grupo Mascarenhas da Guarda
Auditorio Municipal ás 18.00 h.
DÍA 20 EDUCAR EN FAMILIA. Charla de Esteban Figueirido “Familias centradas en solucións”
Salón de Exposicións ás 19.30, con servizo de canguro para nenos de 3 a 12 anos
DÍA 24 CONCERTO DA AGRUPACIÓN MUSICAL en honor a Santa Icía
Auditorio Municipal ás 20.30 h.
Anteriormente, ás 18.30 na Igrexa Parroquial de Santa Mariña terá lugar unha misa na honra de Santa Icía patroa dos músicos cantada pola Coral da Agrupación Musical do Rosal
DÍA 25 ANDAINA: OS PICOS DA GROBA. Hora de saída 9.00 h desde a Praza do Calvario.
Duración aprox. 3 horas de ruta. Dificultade media-alta. Actividade gratuíta
DECEMBRODECEMBRODECEMBRO DÍA 1 EVENTO SOLIDARIO DE FÚTBOL
Estadio Municipal da Mata. Partido integrador coa colaboración do RC Celta, UD Ribera e FDA
DÍA 1 e 2 I FESTIVAL DE MAXIA DO BAIXO MIÑO
Galas no Auditorio Municipal do Rosal. Consultar horarios e prezos nos días previos
Tamén haberá maxia en diferentes establecementos do Rosal
DÍA 8-9 MERCADO DE NADAL
Salón de Exposicións desde ás 11.00 ata as 20.00 h.
DÍA 9 TEATRO FAMILIAR: MAR ADIANTE, de Odaiko Teatro
Auditorio Municipal ás 18.00 h.
DÍA 16 COMEDIA MUSICAL: A GATA CON ZOCOS Comedia Musical familiar a cargo da banda da Agrupación Musical e da Compañía teatral A Cova das Letras
Auditorio Municipal ás 17.00 h. Entrada 3 euros venda anticipada
DÍA 18 EDUCAR EN FAMILIA. Charla de Esteban Figueirido “Límites, castigos e reforzo positivo”
Salón de Exposicións ás 19.30, con servizo de canguro para nenos de 3 a 12 anos
DÍA 21 AUDICIÓN DE ALUMNOS/AS DA ESCOLA DE MÚSICA
Auditorio Municipal ás 20.00 h.
DÍA 23 IX CONCERTO CORAL ECOS DO NADAL
Organizado pola Coral Ecos do Folón
Auditorio Municipal ás 18.00 h.
DÍA 27 CINE INFANTIL: WONDER
Auditorio Municipal ás 17.00 h.
DÍA 30 FESTIVAL DE NADAL da Agrupación Musical do Rosal
Auditorio Municipal ás 18.00 h.
DÍA 31 CARREIRA POPULAR DE SAN SILVESTRE
Saída da Praza do Calvario, tanto para @s corredores, como para a andaina familiar