AGROMAR46
-
Upload
ceip-de-leirado-salvaterra-de-mino -
Category
Documents
-
view
234 -
download
6
description
Transcript of AGROMAR46
C.E.I.P. DE LEIRADO “A VOZ DA ESCOLA” NADAL 2010
2 SUMARIO Agromar 41 Nadal 2010
Mensaxe de Nadal ........... ............................................................................................... 3
E.Infantil 3 ......................... Douradiña, a fada do outono ........................................ 4
E.Infantil 4 anos............... As casas do mundo ......................................................... 7
E.Infantil 5 anos ............... As casas do mundo ......................................................... 9
Segundo .............................. Rimando .............................................................................. 12
Terceiro .............................. Que pensamos do colexio ............................................. 14
Cuarto ................................. A fraga misteriosa ........................................................... 16
Quinto .................................. Conxuro da boa sorte ..................................................... 20
A Biblioteca ....................... ............................................................................................... 22
A Aula de Inglés .............. ............................................................................................... 24
A Cociña ............................. Tarta de froitos de Outono ............................................ 26
A Música ......................................................................................................................... 27
Curiosidades do Nadal ... ............................................................................................... 29
Os Xogos ............................ .............................................................................................. 31
Esta revista escolar foi coordinada polo Equipo de Normalización Linguística do Colexio de Educación Infantil e Primaria de Leirado. Subvencionada polo Gabinete de Normalización Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Nadal 2010
Agromar 41 Nadal 2010
3
4 Educación Infantil 3 anos Agromar 41 Nadal 2010
DOURADIÑA , A FADA DO OUTONO
Esta é unha fada preciosa, que non se viste de rosa.
É unha fada divertida que non se queda dormida.
Esta é do outono, a fada que no pelo un lazo ata, lazo amarelo e soleado,
lazo brillante e dourado.
Ela é Douradiña, a fada. Pinta as follas de laranxa,
fai colares de vento e outros xeniais inventos.
Tamén colorea as nubes
-pola escaleriña sobe- con brochas e pinceliños,
pinturas e papeliños.
Veu o outono a quedarse e nas follas secas tumbarse.
Disfruta con Douradiña do outono e a súa alegría.
Agromar 41 Nadal 2010
5
DOURADIÑA
Estes son os debuxos de Douradiña , a fada do outono, que realizaron os nenos/as de 3 anos.
6 Educación Infantil 3 anos Agromar 41 Nadal 2010
Agromar 41 Nadal 2010
Educación Infantil 4 anos 7
As nenas e nenos de Educación Infantil estivemos a traballa, durante todo este trimestre, sobre o proxecto das “casas do mundo”. Comezamos ensinando aos compañeiros e compañeiras fotos das nosas casas e, a partires disto, comezou a nosa investigación sobre os distintos tipos de edificacións que podemos atopar polo mundo adiante. Ademais de aprender unha morea de cousas sobre cada tipo de construcción e quen vive en cada unha, quixemos probar como poderiamos vivir en cada unha. Como moitas delas non nos quedaban moi á man, empregámonos a fondo para construír unha réplica no cole e así podelas desfrutar todos. As nenas e nenos de 4 anos queremos ensinarvos algunhas das máis chulas que fixemos. Mirade con atención!!!!
8 Educación Infantil 4 anos Agromar 41 Nadal 2010
Agromar 41 Nadal 2010
Educación Infantil 5 anos 9
Os nenos/as de 5 anos, o longo deste trimestre traballamos o proxecto: “ As casas do Mundo”. Con este proxecto aprendimos o nome de casas doutros paises e coñecimos distintas construccións onde a xente pode vivir. Cada un destes nenos/as quere contarvos que construcción chamoulle máis a atención e darvos unha pequena definición de cada unha delas.
10 Educación Infantil 5 anos Agromar 41 Nadal 2010
Agromar 41 Nadal 2010
Educación Infantil 5 anos 11
12 Segundo Agromar 41 Nadal 2010
Agromar 41 Nadal 2010
Segundo 13
14 Terceiro Agromar 41 Nadal 2010
As nenas e os nenos de terceiro opinan sobre o colexio.
Agromar 41 Nadal 2010
Terceiro 15
16 Cuarto Agromar 41 Nadal 2010
A FRAGA
MISTERIOSA
Nunha fraga silenciosa, profunda e
misteriosa, preto de Leirado, vivían unhas
criaturas fantásticas. Ninguén se atrevera
nunca a entrar.
Un día uns nenos
andaban a xogar
cando de pronto a
pelota escapoulle e
indo tras dela
entraron na fraga.
Un ruido extraño fixo que se quedaran
quietos como unha pedra e entón foi
cando viron un troll con arrugas por toda
a cara, ollos revirados, longas uñas e pes
apestosos.
Agromar 41 Nadal 2010
Cuarto 17
Seguiron correndo e atoparon
unha mansión abandonada e
destruida, entraron como foguetes,
subiron as escaleiras e oiron: QUE
FACEDES AQUIIIIII?
ERA A VOZ DUN VAMPIRO
QUE VIVIA ALI!
Que ían facer agora?
Rapidamente abriron un
armario,colleron unha manta e
botáronlla por riba da cabeza ao
vampiro que os perseguía .
Correron de novo pola fraga e
chegaron ao río.
Parouse diante da pelota, colleuna na man e
coas suas uñas, pinchouna.
Os nenos comezaron a correr e de sùpeto
viron unha pantasma branca e grande que
voaba por riba deles.
18 Cuarto Agromar 41 Nadal 2010
Un pescador que estaba na súa barca
díxolles:
_Que facedes aquí? Esta fraga está
encantada!Vide conmigo na barca!
Cando xa estaban dentro da barca
miráronlle aos ollos e ERAN
VERMELLOOOOS! Era un ogro !
O vampiro transformado en
morcego apañou ao ogro no
aire e salvouno de
esfachicarse.Todos os
monstruos xuntos rodearon
ao rapaces e estes dixeron:
-Empuxádeo!- Berraron.
Os demais moustros
xa se estaban acercando.
Remaron rapidísimo e cando se
deron conta estaban preto dunha
grande fervenza.
Arrimaronse á beira e
saltaron.
O ogro saltou e caeu pola
fervenza e a barca rompeu en
dous anacos contra unha
pedra.
Agromar 41 Nadal 2010
Cuarto 19
-Pero que queredes de nós, se
non vos fixemos nada?
-Estamos aburridos...
-Pensamos que nos queríades comer!
E dixeron todos a un
tempo:
-Pero se somos
vexetarianos!
Os nenos levaron a noticia por
toda a vila:
OS MONSTRUOS DA FRAGA
ESTÁN ABURRIDOS.
PODEDES VISITALOS E
LEVARLLES COMIDA.
E así foi como toda a xente
empezou a convivir cos monstruos
da fraga.
20 Quinto Agromar 41 Nadal 2010
Agromar 41 Nadal 2010
Quinto 21
22 A Biblioteca Agromar 41 Nadal 2010
INVESTIGAMOS SOBRE OS FROITOS DE OUTONO e entre todos e todas
conseguimos reunir a seguinte lista de froitos.
O participante que conseguiu máis froitos ben clasificados foi Francisco
José, de 5º.
*Non se atopou o termo en galego
Froito: 1. Órgano vexetal que aparece despois da flor. 2. O que produce a terra para ser consumido por persoas ou animais. Máis información: www.infoagro.com
Nace dunha
árbore
Nace dun
arbusto
Nace dunha
hortaliza
É un fungo
SECOS
Castaña
Noz
Améndoa
Landra
Piñón
Algarroba*
Anacardo*
Abelá
Pistacho
Millo
Feixón
Garavanzos
Cacahuetes
Pipa de xirasol
Todas
As
clases
de
cogomelos
CARNOSOS
Limón
Caqui
Figo
Pera
Pero
Mazá
Laranxa
Mandarina
Oliva
Pomelo
Granada
Dátil
Feixoa
Marmelo
Kiwi
Uva
Amora
Arando
Endrina*
Azufaifo*
Morote (froito do
érbedo)
Grosellas
Cabaza
Grelos
Repolo
Verzas
Brócoli
Coliflor
Nabo
Acelgas
Fabas verdes
Espinacas
Allo porro
Azafrán
Nabiza
Alcachofa
Agromar 41 Nadal 2010
A Biblioteca 23
E TI… PARA QUE LES?
Velaquí algunhas das vosas respostas:
Gústame ler moito e primeiro entender o que leo, e estar
concentrada.Coa lectura apréndense moitas cousas, sobre todo
para escribir ben e non ter faltas de ortografía.
A min gústanme os libros do corpo humano.
Ángela, 2º
Para aprender cousas
Para divertirme
Para entreterme
Para investigar
Para obter información
Para estudar
Para conversar cos meus amigos do que
lin.
Para entender cousas que non entendía.
Laura,6º
Eu leo para aprender
Eu leo para coñecer
Eu leo para para estudar
E aquí estou eu a rimar.
Carina, 6º
Leo porque ler é cultura.
Leo para enterarme do que
pasa no mundo.
Leo para saber onde estou.
Leo porque lendo vivo
aventuras.
Leo porque lendo podo viaxar.
Nuria, 5º
Leo porque é un entretemento divertido para os ratos libres. Sobre todo a
mín gústanme libros da natureza e de terror. Gústanme tamén esas
revistas que hai na Biblioteca que levan de todo. Por iso eu leo.
Hugo, 5º
Lemos para transmitir información, para aprender, tamén
lemos para divertirnos, para saber máis sobre o medio
ambiente, para coñecer contos novos e para non aburrirse.
Sandra, 4º
24 A Aula de Inglés Agromar 41 Nadal 2010
Agromar 41 Nadal 2010
A Aula de Inglés 25
26 A Cociña Agromar 41 Nadal 2010
INGREDIENTES :
1 LÁMINA DE MASA FOLLADA.
CREMA PASTELERA ( feita con sobre roial para evitar problemas
cos ovos).
FROITOS DO OUTONO ( mazá,kiwis,uvas,noces).
MARMELADA DE ALBARICOQUE.
PREPARACIÓN DA TARTA:
Pomos a lámina follada nun molde. Tapámola con papel de aluminio.
Forneamos a 180º durante 10 ou 15 minutos. Retirámola do forno.
Untamos a masa con crema pastelera e colocamos as froitas
cortadas enriba.
Cubrimos cun pouco de marmelada de albaricoque disolta nun pouco
de auga e gratinamos un par de minutos. (Pódese facer algunha variante si se desexa).
Agromar 41 Nadal 2010
A Música 27
A XOGAR!
RESOLVE A SOPA DE LETRAS E COLOREA OS DEBUXOS DOS
INSTRUMENTOS.
28 A Música Agromar 41 Nadal 2010
QUE LÍO DE INSTRUMENTOS! DONA BRANCA
Vaya lío que llevo Dona branca dura
confundiendo instrumentos, igual que dúas negras,
mezclo la percusión é decir, dous pulsos
con sonidos de viento. son catro corcheas.
Suena el “trompetambor” Non hai que acelerarse
¡oh, no! me he equivocado, cando ti as vexas
se llama “saxobombo” marca ben o pulso
¡qué instrumento tan raro! con mans e pernas.
En la orquesta del pueblo O seu corpo é branco
yo toco el “clarinchelo”, non ten cor
es como el “violonete” e no pentagrama
que tocaba mi abuelo. verala mellor.
Decía “castaraca”
de “marañuela” hablaba,
lo más importante era
lo bien que las tocababa.
Agromar 41 Nadal 2010
Curiosidades do Nadal 29
A tarxeta de felicitación
Sir Henry Cole, na Inglaterra do ano 1843, instaurou a tradición de enviar unha tarxeta de
felicitación das festas do nadal.. A primeira tarxeta comercial foi deseñada por J.C. Horsley e
dela chegáronse a vender 1.000 copias en Londres. Posteriormente, en 1849, outro artista
inglés, Willian Egley, conseguiu producir unha tarxeta popular e máis económica. Desde entón,
e con variados motivos relacionados cos costumes do nadal, envíanse milleiros de felicitacións
cada ano.
O Belén Nos pobos de tradición católica, o nacemento de Xesús nun pesebre de Belén represéntase con
réplicas do momento: o preseb, o boi e a mula, Xosé, María e Xesús, os pastores e os Reis
Magos forman parte da simboloxía popular iniciada por San Francisco de Asís en 1223, según
conta a lenda. En España foi a esposa do rei Carlos III a que levou á Corte unhas figuriñas de
porcelana procedentes de Nápoles e que representaban o nacemento. Ao monarca gustoulle
tanto que mandou traer un Belén completo para o seu fillo e mandou crear unha fábrica de
porcelana para fabricalos.
O Turrón Esta sobremesa do nadal, de fama universal, asóciase á tradición cristiá e hoxe alcanzou fama
universal. Elaborado con améndoas ou avelás, mel, clara de ovo e azúcre, o turrón español
conseguiu denominación de orixe en 1939. O proceso de fabricación foi artesanal ata mediados
do século XX, aínda que ou turrón aínda conserva hoxe ou aroma romántico dous antigos
produtos que continúan nas mesas durante os días de Nadal.
Durante un tempo, os italianos defenderon a bisbarra de Cremona como berce do turrón, aínda
que estudos posteriores deron a paternidade aos árabes instalados en España. O primeiro
documento escrito sobre o turrón data de 1603, e nel descríbese como na localidade de Xixona
se fabricaban turróns. Os turróns de chocolate e froitas son orixinarios dos anos trinta e corenta.
Outras especialidades, como a xema, son case coetáneas ás orixinais. O coco chegou cara ao
século XVIII.
Uvas coas badaladas de noitevella A tradición de tomar as doce uvas remóntase tan só a principios do noso século. A implantación
deste costume, que por certo, é exclusiva do noso país, non se debe a motivos relixiosos ou
culturais, senón máis ben a meros intereses económicos. Na Noitevella de 1909, os colleiteiros,
nun esforzo desesperado de imaxinación, conseguiron desfacerse do excedente de uvas dese
ano inventando o rito de tomar as uvas da sorte na última noite do ano.
30 Agromar 41 Nadal 2010
O alumnado e o profesorado do centro invitan ás familias ao Festival que se celebrará o día 22 de Decembro, a
partir das 11:30.
No mesmo terá lugar o sorteo dunha cesta de produtos de nadal entre as persoas que son socias da A.N.P.A.
As clases reiniciaranse o luns, día 10 de Xaneiro.
Agromar 41 Nadal 2010
OS XOGOS 31
O día do Magosto, celebramos unha sesión de xogos populares. ¡Menos mal que fixo un día soleado!
Nenas e nenos facendo unha exhibición na pista
do Pavillón.
Preparándose para iniciar o xogo da castaña na
culler.
Panel para facernos unha fotagrafía de medo.
Os de 3 anos paticiparon por vez primeira.