Agustín fernández paz

8
Agustín Fernández Paz Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados miércoles 9 de enero de 2013

Transcript of Agustín fernández paz

Page 1: Agustín fernández paz

Agustín Fernández Paz

EntrevistaIES Manuel García Barros

A Estrada

Literatura Galega do Século XX e da Actualidade

Texto: © Cc-by-sa-3.0Fotos: © Todos os dereitos reservados

miércoles 9 de enero de 2013

Page 2: Agustín fernández paz

Máis que a xuventude, eu diría que o foi a infancia. Na infancia é cando descobres o mundo, cando aprendes os nomes das cousas, cando calquera experiencia queda gravada a ferro… E si, aquelas lecturas influíronme moito, Poe e Verne, e Salgari, por riba doutros. E, xaora, os tebeos. Capitán Trueno, Superman, Hazañas Bélicas…

Agustín Fernández Paz

1. A súa xuventude foi clave para a súa obra, como Vostede mesmo recoñece. Até que punto esta etapa o marcou a Vostede? E á súa posterior obra literaria? Foron aquelas lecturas de xuventude (Allan Poe, Verne, Fdez. Flórez) unidas ao seu espírito fabulador os que condicionaron a súa literatura posterior?

2. Estráñanos que un neno fantasioso, fabulador, inventor de historias de ficción... dese o seu primeiro paso diplomándose en Enxeñería Mecánica. Que lembra daquelas súas primeiras experiencias como Perito Industrial Mecánico?

Para comprender ben isto, hai que reflexionar sobre como eran aqueles tempos. No ano 1961, meu pai presentoume a un exame para conseguir becas nas Universidades Laborais. Daquela, en Vilalba non había instituto, era a oportunidade de poder estudar un fillo de clase traballadora. E alá fun, á impresionante UL de Xixón. Aló pasei sete anos da miña vida. E alí fixen estudos técnicos, eran os únicos que se podían facer. De calquera xeito, debo recoñecer que me gustaban, sobre todo Matemáticas e Física, e tamén traballar nas máquinas, especialmente no torno. Acabei a carreira de Perito Industrial (catro anos, os dous primeiros moi duros) e mesmo traballei en Barcelona. Pero acabaron gañando os libros, que eran a outra gran paixón.

3. Conforme aínda segue a dicir que lle encanta que lle narren historias, xa vén esta afección desde os seus primeiros anos? Cantas historias escoitadas ao longo da súa vida pasaron a se plasmar na súa obra?

Creo que non son só eu, creo que lle encanta a calquera persoa. No meu caso, é certo que aínda puiden vivir os anos en que a narración oral tiña unha presenza moi grande. Coñecín grandes narradores: a señora Xenerosa, o señor Celestino… xente que tiñan esa habilidade para crear un mundo coas palabras. Esas historias non están nos meus libros, pero si está o seu espírito.

Con Xavier P. DoCampo (dereita) e Paco Martín (esquerda), os outros dous membros da

denominada «xeración Lamote». Lugo, 2009.

miércoles 9 de enero de 2013

Page 3: Agustín fernández paz

O labor de ensinar foi a actividade fundamental da miña vida. Era a miña vocación, a que me fixo cambiar o rumbo da miña vida e abandonar a perspectiva dunha vida traballando na empresa. E si, se un se embarca nunha decisión así, ten que ser para apostar por unha educación anovadora, para facelo o mellor posible e abrir camiños. A inmersión na defensa da lingua forma parte dese espírito reformador.

Bernardino Graña

4. Sempre foi un firme loitador e traballador a prol da renovación pedagóxica e, como non, da normalización lingüística do noso idioma. A que vén esta súa teimosía? É isto froito da realidade que Vostede enxergou de sempre sobre todo a través da súa actividade docente?

5. Por que se decantou de sempre pola literatura infanto-xuvenil? Como nos podería explicar que a súa única novela “adulta” (“Non hai noite tan longa”) non aparecese até o 2011? Ou será que algunha outra novela aínda fica por aí anónima?

Iso sería moi longo de contar. Comecei a escribir libros xuvenís, e tamén infantís, porque daquela era o que quizais se necesitaba. Tamén por ser docente, xaora. E porque, grazas a iso, puiden ler unha boa parte da mellor LIX mundial. Como non seguir a estela de Roald Dahl, Michael Ende, Gianni Rodari ou Christine Nöstlinger?Si, oficialmente, a miña única novela de adultos é Non hai noite tan longa. Mais, se o miramos doutro xeito, creo que unha parte dos meus libros encaixan tamén na literatura que lles gusta ás persoas adultas. Son os que eu chamo libros “de fronteira”, como poden ser Fantasmas de luz, Aire negro, Corredores de sombras… E claro que hai novelas que quedan no caixón. Entre elas, a que puido ser a primeira novela policial galega… de chegar a publicala. Escribina a raíz dos intentos de instalar unha central nuclear en Xove, na costa luguesa. Mais o certo é que quedou inacabada.

6. Supoñemos que Vostede se sente feliz como Director da Colección “Merlín” de literatura infantil e xuvenil. Debería haber máis coleccións que afrontasen esta temática e estes obxectivos? Que función normalizadora aportarían estas coleccións ou, incluso, editoriais?

Primeiro, unha aclaración: hai uns 5 anos que xa non son director de Merlín, é un traballo ao que renunciei, tras falalo co editor de Xerais. Mentres o fixen, foi un traballo moi interesante; a través del, tes a capacidade de influír no que se publica e tamén de falar cos autores e autoras. Dalgún xeito, axudas a orientar o rumbo da LIX.

Agustín Fernández Paz

miércoles 9 de enero de 2013

Page 4: Agustín fernández paz

A aparición da guerra civil debeuse, sobre todo, a que nos primeiros anos do século comezou a divulgarse unha visión da guerra civil que era tremendamente inxusta. E, ao tempo, comezou o proceso de buscar e abrir as fosas dos fusilados e enterrados en calquera sitio. Todo os sucesos me impresionaron moito, era inevitable que aparecesen nos meus libros.

Bernardino Graña

7. Até o 2002 na súa literatura infantil e xuvenil apenas apareceu a temática da guerra civil. Non cre Vostede que debería haber máis novelas coma “Noite de voraces sombras” para que a nosa xuventude tomase conciencia da importancia da nosa memoria histórica?

8. Posibelmente sexa Vostede dos autores e autoras actuais máis traducidos a outros idiomas e aos máis variados idiomas. Que importancia ten que a nosa literatura traspase fronteiras? Deberíase desde aquí intentar dar maior promoción ás nosas letras?

Eu teño a opinión de que unha obra debe poder chegar tan lonxe como llo permita a súa calidade. Para iso son necesarias políticas públicas de promoción, que en Galicia son moi escasas. Así que, o feito de que bastantes dos meus libros estean traducidos obedece a factores azarosos. Gustaríame que –os meus e os doutros escritores―tivesen máis oportunidades de se difundiren.

9. Vostede é membro do Consello da Cultura Galega. Que papel desempeña este organismo para a nosa cultura? Debería ver incrementadas as súas funcións?

Volvo a matizar a vosa información. Desde hai tres anos, decidín cesar coa miña actividade no CCG. Máis que nada, porque sentía que xa non podía achegar gran cousa, as miñas enerxías xa non daban para máis.

10. Por que Vostede non toucou ningún outro xénero literario? Non cre Vostede que o xénero teatral tamén lle serviría para contar historias e como medio de normalización?

Si que toquei o xénero teatral; de feito teño por aí varias obras, e algunhas delas representáronse. O que ocorre é que ese material está sen publicar.

Agustín Fernández Paz

Con Jules Verne, en Vigo. Verán de 2009.

miércoles 9 de enero de 2013

Page 5: Agustín fernández paz

Bernardino Graña

11. Son moitos e variados os temas aparecidos nas súas novelas (medo, historias realistas, elementos fantásticos...). Aínda quedan temas nos cales lle gustaría poñer a súa pluma a argallar? Garda Vostede todas aquelas libretas nas que escribe as súas novelas (porque sabemos que Vostede escribe ao “natural” e non en máquina ou ordenador)? Por que de principio aposta Vostede pola escrita “artesanal”?

Escribo a man a primeira versión dos meus libros; unha versión moi primitiva, que logo traballo e retraballo xa no ordenador. Ese primeiro proceso de creación, ese tempo en que deixas funcionar a conexión cerebro-man, para min é imprescindible que sexa manuscrito.En canto a temas… Vou abordando aqueles que me xorden ao longo do tempo. A creación de historias ten un aquel de irracional: ás veces elixes o tema, pero outras é o tema quen te elixe a ti.E si, gardo a maioría dos cadernos en que escribín os manuscritos. Todos non, algúns fóronse perdendo.

Agustín Fernández Paz asinando no libro de visitas do IES García Barros no 2006.

12. E para finalizarmos, como dixo Cunqueiro “O home precisa en primeiro lugar, coma quen bebe auga, beber soños”. Son estes soños os que invaden as súas novelas? Son estes soños os que o levan a militar en Amnistía Internacional por mor do respecto aos dereitos humanos?

Onde Cunqueiro di “soños” eu entendo historias. Ler novelas, ver cine, ler cómics… todo é enchouparse de historias. E, xaora, todo iso inflúe nos meus libros.O de militar en Amnistía Internacional forma parte da miña condición de cidadán preocupado pola marcha da sociedade. Estritamente, non ten que ver coa miña condición de escritor.

Agustín Fernández Paz

miércoles 9 de enero de 2013

Page 6: Agustín fernández paz

CUESTIONARIO

miércoles 9 de enero de 2013

Page 7: Agustín fernández paz

O dedicado ao Capitán Nemo, na beiramar de San Simón

Un monumento salientábel?

Álvaro Cunqueiro, como

autor. Arraianos, de

Méndez Ferrín como libro.

Un/ha autor/-a e unha obra

literaria galegos?

Calquera das Comedías Bárbaras de

Valle Inclán

Unha obra teatral?

Galego, Castelao. Estranxeiro, Rosa

Parks

Un personaxe galego e un estranxeiro?

Franz Kafka, como

autor. O palacio da lúa,

de Paul Auster, como

libro.

Un/ha autor/-a e unha obra

literaria estranxeiros?

Jim Hawkins, o protagonista d’A illa do Tesouro.

Un personaxe literario co que se identifique?

Grupo Salvaxe, de Sam Peckimpah (e moitas máis!)

Unha película de cine

Calquera cousa. A inspiración xorde a partir de calquera feito da vida.

Cal é a súa fonte de inspiración ?

miércoles 9 de enero de 2013

Page 8: Agustín fernández paz

Vivir cada día con

intensidadeUn anceio por realizar?

Tantos! Pero salientemos o

cine.

Outro entretemento

ademais da literatura?

Rural para unhas cousas,

urbano para outras. E a

montaña dá moito de si.

Mundo rural/urbano?

Praia/montaña?

Rapa Nui (a Illa de Pascua). Calquera lugar con río e bosques de folla caduca.

Un lugar para visitar? e un lugar para descansar?

O día en que Rosa

Parks se negou a baixar

do autobús.

Un feito histórico?

Un mundo onde

as persoas poidan

ser libres porque

hai xustiza.

Unha utopía?

Calquera onde non haxa

ruído, agás os da natureza.

Un lugar axeitado para a lectura?

Música? Toda! Unha canción: The Times They are a-Changin, de Bob Dylan

Un tipo de música? Unha canción?

José Ángel valente

Un/ha autor/-a con quen se identifique?

miércoles 9 de enero de 2013