Albares 2017. Revista Escolar

48

Transcript of Albares 2017. Revista Escolar

Page 1: Albares 2017. Revista Escolar
Page 2: Albares 2017. Revista Escolar

1

EDITORIAL

REVISTA ESCOLAR XUÑO 2017 Nº 6

ALBARES

Por que é preciso a ampliación do CPI As Mirandas?

Dende o ano 2006 en que tivo lugar un incremento de

alumnado no centro e tras ter pasado de ser un CEIP

(Centro de Infantil e Primaria) a CPI (Centro Público In-

tegrado, con alumnado de EI, EP e ESO) establecéronse

diferentes contactos entre a Dirección do centro, Concello

e Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Univer-

sitaria para dar resposta á falta de espazo no CPI Conde

de Fenosa de Ares (actualmente CPI As Mirandas).

O 29 de xuño de 2010 o Consello Escolar decide mandar un escrito á Consellería de Educación re-

clamando a urxencia do tema da ampliación posto que o centro carece de instalacións suficientes para

levar a termo un ensino de calidade. Este centro demanda:

Unha Biblioteca Escolar en condicións para tanto alumnado.

Aula de Idiomas.

Dúas aulas de Infantil

Unha aula de psicomotricidade.

Un ximnasio.

Aulas de titorías.

Tras unha serie de intervencións no Parlamento de Galicia, reunións Consellería-Concello, estableceuse

no 2012 un convenio que consistía en:

Dotar ao centro escolar dun novo aulario que se situaría na pista cuberta e contaría con 6 aulas

de educación infantil, 1 aula de psicomotricidade, 6 aseos de alumnos, 1 aseo de profesores e 1

sala de profesores.

A Consellería encargaríase tanto da execución dos traballos como da redacción e aprobación do

proxecto básico construtivo e a demolición da pista cuberta. Mentres tanto, colocaron as aulas

modulares no patio de infantil.

O 9 de outubro de 2012 nun Consello Escolar Extraordinario e urxente sobre a “Ampliación do CPI

Conde de Fenosa”, aprobouse por unanimidade esperar á aprobación do Plan Xeral e construír un novo

aulario de infantil nos terreos anexos.

En diferentes reunións mantidas co Alcalde sempre manifestou que se esperabamos pola modifi-

cación do Plan de Urbanismo poderiamos esperar dous anos máximo. O C.E. decide esperar ese tempo

para acadar unha construción que axude a solventar os problemas de espazo dos que dispoñemos.

A Xefatura Territorial mantén a súa disposición de construír o aulario cando lle entreguen os terreos.

Toda a comunidade educativa do centro considera a urxencia das obras de ampliación para

garantir un servizo educativo de calidade e acorde coa demanda existente; mantén a indignación diante

dos retrasos dunhas obras tan necesarias e reclama o traballo colaborativo, cooperativo entre as dife-

rentes institucións para acadar unha solución o máis pronto posible.

Blanca Cortizas Gómez . Directora

Edita: Equipo de Dinamización Lingüística do CPI As Mirandas

Page 3: Albares 2017. Revista Escolar

2

REVISTA ESCOLAR XUÑO 2017 Nº 6

ALBARES

Page 4: Albares 2017. Revista Escolar

3

Os alumnos de Segundo de ESO saímos de excursión o luns 29 para

visitar Compostela. O programa incluía unha visita ás cubertas da

Catedral, percorrido polo exterior e interior do magnífico edificio e

despois tiñamos unha actividade sorpresa.

A visita ás cubertas foi moi espectacular polas fantásticas vistas da

cidade e moi didáctica polas explicacións da nosa guía que o sabía

todo sobre historias de arcebispos e construtores de catedrais. As

130 escaleiras non nos pareceron tantas e, despois dunha hora de percorrido, por fin rematou a misa

e puidemos visitar o interior. Os rapaces querían visitar as reliquias que uns pensaban de Santiago e

outros de Prisciliano. Percorremos o interior, sobre todo vendo as capelas da ábsida e a Capela da

Corticela. Con isto e a visita polas fachadas exteriores, rematamos a parte da Catedral e comeza a

actividade sorpresa.

Os rapaces, divididos en grupos aleatorios, tiñan que buscar diferentes lugares no casco antigo de

Compostela. Axudados pola tecnoloxía e pola nosa compañeira Vanesa, que lles preparou unha aplica-

ción de móbil onde, nun plano da cidade, se marcaban diferentes puntos que tiñan que atopar e den-

tro de cada punto información e pistas sobre o que buscaban, os rapaces partiron cara a aventura.

Equipo consultando a imaxe interactiva no móbil.

Page 5: Albares 2017. Revista Escolar

4

Tiñan que localizar once puntos da cidade e, en cada un, facer un selfi onde saíran todos os integrantes

do grupo. Namentres as profesoras fomos indo dun punto a outro vendo como os diferentes grupos se

apañaban entre o móbil, o plano e as preguntas que lles ían facendo aos turistas e composteláns.

Fixérono de marabilla e todos

eles puxeron moito empeño

na tarefa, de maneira que

nos pareceu un xeito diverti-

do de aprender un montón

sobre Compostela e de coope-

rar en grupo, porque todos os

grupos traballaron moi ben

xuntos, e tamén un bo exer-

cicio de orientación sobre o

plano.

Rematamos cansos e chegou a hora de xantar, aínda que case todos comeran xa algo durante a

busca. Tiñan diferentes opcións, algúns levaron a comida e xantaron na Alameda onde tiñan un

lugar estupendo e o día nos acompañou; outros optaron polo equilibrado menú do Burguer King ou

unha Pizza. Todos comemos a presa porque o tempo fíxose pouco e xa tocaba volver a casa .

Ás profesoras o resultado pareceunos moi positivo, os rapaces tiveron un estupendo comportamen-

to, aprenderon un montón de cousas sobre Compostela e ademais pasaron un día moi divertido

todos xuntos.

Conversando cun peregrino irlandés O primeiro equipo que completou o percorrido

Facendo un selfie

Page 6: Albares 2017. Revista Escolar

5

Este curso, dentro do plan de formación do profesorado no centro, realizamos un curso sobre a realización de

Booktrailers como estratexia de animación á lectura. Un booktrailer no contexto escolar consiste na

elaboración de publicidade en formato audiovisual a partir da lectura previa dun libro para promover a

lectura do mesmo. O vídeo elaborado polos alumn@s terá a finalidade de convencer aos iguais de que vale a

pena ler o libro en cuestión.

Aquí tedes algúns dos booktrailers que realizamos no curso. Esperamos que vos motiven cara a lectura e

animámosvos a que fagades os vosos booktrailers.

HOMENAXE AS MULLERES

DESDE O CPI AS MIRANDAS

Todos os días semellan iguais máis este 8 de marzo quixémolo celebrar dun xeito especial, lembrándolle á

sociedade que todos e todas temos que asegurarnos de que as mulleres participen plenamente e gocen da

igualdade en todos os ámbitos da vida. Para iso, o Equipo de Dinamización Lingüística do cole xunto ao

alumnado de 1º ESO realizou un vídeo como recoñecemento a todas as mulleres: avoas, nais, fillas,

irmáns, amigas e mulleres todas, que souberon e saben escribir a historia con tinta indeleble e que

deixan a súa pegada nas nosas vidas.

Premede no código QR para poder velo. Non vos deixará indiferentes.

Page 7: Albares 2017. Revista Escolar

6

Desde o século XIX Rosalía de Castro foi homenaxeada polo pobo galego como a escritora máis

representativa da lingua e da literatura galegas, pois asumiu a voz do seu pobo, voz que guiou

permanentemente a súa obra e o seu pensamento. Esta comunicación e entendemento permanente

coa xente, ao se dirixir a ela no seu idioma propio, foi o que a fixo tamén poeta de todos os pobos,

chegando a formar parte da nómina de escritoras máis destacadas da literatura universal de todos

os tempos. No noso centro, asumindo a proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua

Galega (AELG, ) alumnos/as e profes quixemos conmemorar un ano máis o Día de Rosalía de

Castro realizando diferentes actividades.

O alumnando e profesorado de ESO así como o persoal non docente realizaron un magnífico

Mannequin Challenge baixo o lema #RosalíaTe, no que se vai mostrando a vida de Rosalía desde a

súa nenez, madurez ata a súa morte.

En primaria os nenos e nenas de 3º e 4º recitaron o poema “Eu ben vir estar o moucho” e os de

infantil o poema “Vente rapaza”.

Que fermosura de traballos!!!. Podedes velos premendo nos códigos QR.

Page 8: Albares 2017. Revista Escolar

7

No presente curso 2016/2017 dentro do Plan de Formación Permanente

do Profesorado e dando continuidade á formación do curso pasado sobre o

traballo por proxectos, decidimos pór en práctica a elaboración dun proxecto

de centro partindo da biblioteca escolar e ao que denominamos:

“Dende Ares cara ao mundo”.

O obxectivo principal foi elaborar un proxecto conxunto e integralo no currículo. Para levar a termo

isto recibimos formación sobre o traballo por proxectos e a súa avaliación.

Como punto de partida, o primeiro paso para o proxecto foi repartir dende a biblioteca, unhas cai-

xas informativas sobre cada país; país elixido por cada curso/nivel

educativo, ben por ter alumnado dese lugar ou por afinidade.

No segundo paso tratamos de aplicar a formación recibida o curso

pasado, reflectir por escrito os elementos do currículo que se van tra-

ballar(estándares, competencias, contidos,…) e elaborar e aplicar mé-

todos de avaliación.

Os países elixidos foron: Brasil, Marrocos, China, Reino Unido, Aus-

tralia, Portugal, Ucraína, Xapón, Antártida, aínda que despois engadíronse algún máis como Italia e

Holanda (época renacentista), Perú, Suecia e EEUU (representación musical da ESO), que se traba-

llaron ao longo do curso integrándoos no proxecto final.

Page 9: Albares 2017. Revista Escolar

8

Todos os cursos traballaron de forma interdisciplinar e realizaron infinidade de actividades: presenta-

cións, exposicións, vídeos informativos, realización de mapas, collages, paneis informativos, guías de

flora e fauna dos países, confección de traxes típicos, elaboración de receitas típicas, representacións de

bailes e danzas dos países expostos, obradoiros de xogos, e unha morea máis delas que, polo reducido

espazo desta revista, non podemos poñer.

Ao final de curso, e como produto final, o luns 15 de maio de 2017, levamos a termo unha feira:

I Feira Dende Ares cara ao mundo, na que mostramos ao toda a comunidade educativa e ao resto da

xente que se achegou ata o pavillón da feira, todo o elaborado no noso proxecto.

Un total de 15 stands conformaron o recinto ferial: un por cada país estudado máis un da oficina de

turismo do Concello, outro do proxecto LÓVA, da Biblioteca Carabela, de Músicas do Mundo e por úl-

timo un solidario de #unhacuraparaAdri.

Neste código QR podedes ver un

resumo da feira.

Page 10: Albares 2017. Revista Escolar

9

Despois do evento, podemos dicir que estamos tre-

mendamente satisfeitos da xornada, na que se re-

flectiu o traballo colaborativo realizado no noso cole

durante o curso e que deu como resultado esta

I Feira “Dende Ares cara ao mundo”.

Parabéns a toda a comunidade educativa: a todos os

profes de infantil, primaria e secundaria, a todo o

alumnado do centro desde os máis pequerrechos ata

os máis maiores, que traballaron e colaboraron dunha maneira impecable, realizando unha gran la-

bor en cada un dos stands representados; ás profes de música e as titoras polas actuacións musicais;

aos que organizaron o stand de Unha cura para Adri que, dito sea de paso, foi un acerto co apadri-

ñamento de pingüíns e o photocall dos países; ao noso paisano Javier Cristobo que sempre está aí

cando precisamos del e que pasou a xornada con nós dando dúas estupendas charlas sobre a Antár-

tida e inaugurando a Feira xunto cos representantes do CEFORE e autoridades do concello e asocia-

cións de Ares; ao Concello e a ANPA pola súa inestimable axuda; á dirección do centro por promover

e apoiar todas as iniciativas que se están a levar a termo no noso centro e a todas as familias que

nos acompañaron na xornada.

Grazas a todos por facer que a xornada resultase todo un éxito.

Page 11: Albares 2017. Revista Escolar

10

O dia 7 de Abril tivemos uns visitantes de excepción no

CPI As Mirandas. Armados con espadas e protexidos con

escudos e armaduras, entraron no cole como se chega-

ran os vikingos a invadirnos no século X, pero non... non

tiñan intención de facernos dano. Todo o contrario .

Non eran vikingos, visigodos nin romanos, pero íannos

ensinar moito destes pobos da antigüedade e da súa

maneira de defenderse e loitar. Eran algúns dos

integrantes da ANEA (Asociación Naronesa de Esgrima Antiga), clube no que se practica o vello arte

marcial de loitar con espada en moitas das súas variedades.

A charla foi dirixida por un dos mestres e monitores do

clube, Daniel López Varela, apoiado por Ana aos mandos

do ordenador, no que se proxectaron imaxes para mellor

entender o que se ía falando.

Ademais de poder ver un peto de placas de coraza

auténtico e os brazais e hombreiras que o acompañaban, a

cota de malla, as chaquetillas ou gambesóns (e podelos

probar), puidemos ver un escudo redondo (chamado Tarja)

e ir seguindo a evolución das armas de defensa no tempo

(especialmente as espadas), dende as máis curtas e antigas (a Gladius hispaniae e a Falcata Ibérica),

pasando pola espada de punta e corte (típica espada medieval utilizada a unha man) ou a

Zweihander ou Montante (espada moi grande utilizada a dúas mans), ata chegar a armas

Tardomedieváis (como a Espada de man e media ou Espada Bastarda)

e as renacentistas, onde as espadas deixaron de facerse máis longas e

pesadas e comezaron a ser máis lixeiras e rápidas, como as Espadas

Ropeiras, Espadíns e Estoques .

O clube dedícase principalmente a

ensinar e practicar o tipo de arte

marcial coñecido como “Verdadera

Destreza Española”, segundo o manual homónimo do século XVII escrito

por Jerónimo Sánchez de Carranza e Luis Pacheco de Narváez.

Ademais deste estilo, que se centra máis nas tres variedades de Espada

ropeira (Ropeira a unha man, Ropeira e Daga de Vela ou Ropeira e

Broquel, un escudo pequeniño de man), o clube practica tamén coa espada de man e media.

Entre explicación e explicación, dous dos integrantes do clube (Jacobo e Zeke) amosaron a utilización

práctica de cada un dos estilos nunha tirada libre para amosar a velocidade e dificultade que implica

a realización destas artes marciais.

Ao final algúns dos nosos compañeiros puideron tirar contra Dani e probar a súa verdadeira destreza

contra o campión de España e Portugal de Esgrima Histórica!!

Para aqueles que queremos participar de esta actividade tan guai e tan saudable, teremos que esperar

ate os 14 anos de idade, que é a mínima na que se aceptan as novas solicitudes neste clube, situado

en Narón.

Page 12: Albares 2017. Revista Escolar

11

Os rapaces e rapazas de 2º ESO do noso centro, en colabora-

ción co EDL e a Biblioteca Escolar, realizaron unha homenaxe

a un dos escritores máis coñecidos e valorados no ámbito da

literatura infantil e xuvenil en Galicia e no resto do Estado,

que faleceu en xullo do ano pasado. Foi autor de máis de cin-

cuenta títulos e os seu libros están traducidos a varias lin-

guas: castelán, catalán, éuscaro, portugués, coreano, búlgaro,

inglés, chinés, árabe, francés e italiano. Os seus libros obtive-

ron numerosos premios e gozan do aprecio de milleiros de lectores. Cartas de inverno, superaba xa no

ano 2016 os cen mil exemplares vendidos.

E para render a nosa homenaxe, tivemos a colaboración do ilustrador aresán Antonio Seijas ao que os

alumnos de 2º ESO entrevistaron. Seijas tivo o pracer de traballar co autor, posto que o noso ilustra-

dor, baseándose na novela Cartas de inverno, publicou a exitosa novela gráfica do mesmo nome; e dici-

mos exitosa porque Antonio Seijas recibiu, entre outros premios, o Isaac Díaz Pardo ao mellor libro

ilustrado no ano 2012.

Tamén os alumnos e alumnas realizaron unha gravación de anacos da obra de Agustín Fernández Paz.

Todo este traballo culminou nun acto no Auditorio de Ferrol no que os colexios de toda a bisbarra ho-

menaxearon ao autor expoñendo os traballos que fixeron previamente.

Aquí podedes ver o resultado.

Page 13: Albares 2017. Revista Escolar

12

Este ano a Real Academia Galega adícalle a Carlos

Casares o Día das Letras Galegas polo seu compro-

miso coa nosa lingua e literatura. Carlos Casares está

considerado como unha das figuras máis singulares e

renovadoras da nosa literatura.

Naceu o 24 de agosto de 1941 en Ourense e, du-

rante a súa vida, nunca deixou de estar implicado na

vida cultural, social e institucional do noso país, sen-

do un firme defensor da lingua galega e un dos impulsores da Lei de Normalización e da creación do Consello

da Cultura Galega. A súa creación literaria é moi ampla, cunha gran cantidade de obras de literatura infantil, ademais de

novelas, ensaios, artigos periodísticos... Faleceu en Vigo o 9 de marzo de 2002, pouco despois de rematar a que

sería a súa obra póstuma “O sol do verán”.

E para conmemorar este día, que mellor que a voz de mil escolares de ferrolterra e a Coruña metidos nunha

nave do estaleiro Navantia cantando a coro o tema "Chea de Vida", de Guadi Galego. Esta actividade,

enmarcada dentro dos actos previstos polo centro de formación e recursos de Ferrol (CFR) para festexar o Día

das Letras Galegas, ten por obxectivo promover os coros escolares como actividade integradora e o canto

coral como ferramenta educativa fomentándoos nos colexios e institutos utilizando como base o repertorio de

grupos e cantantes galegos actuais.

A canción, que foi tamén interpretada en lingua de signos polos rapaces e rapazas do noso cole, conseguiu

abraiarnos a todos. E vendo o resultado, podemos dicir que cando se utiliza a voz, a música e a lingua de

signos como ferramenta de comunicación, é imposible non emocionarse.

Page 14: Albares 2017. Revista Escolar

13

VISITA AO MUNCYT

A comezos de maio os nenos e nenas de 3º e 4º de

Primaria visitamos o MUNCYT na cidade da Coru-

ña. É un museo relacionado coa ciencia e a tecno-

loxía. Ademais conta con diversas salas moi intere-

santes para visitar. A sala que máis nos chamou a

atención foi a sala Iberia, xa que entramos na ca-

bina do Jumbo “Lope de Vega” e por un intre

fixémonos pasar por viaxeiros do avión. Tamén es-

tivemos moi entretidos co xogo de pistas que nos fixeron os guías do museo na sala do século

XX para adiviñar diferentes inventos desa época.

Animamos a todos a visitar o MUNCYT!

UN PREMIO BEN MERECIDO

Este curso o noso cole recibiu de mans do conselleiro de Educación Román Rodríguez o premio do

Plan de Formación Permanente do Profesorado (PFPP). Esta convocatoria recoñece o traballo de

formación e implementación do mesmo nos centros de ensino. A renovación e a temática dos iti-

nerarios “á carta” deseñados polos docentes de colexios e institutos, e que van servir de referencia

para o conxunto da comunidade educativa, son un dos piares deste recoñecemento.

Ao acto de entrega no Gaiás, asistiron as nosas compañeiras Carmen Regueira e Conchi Cambeiro

que forman parte do equipo de formación do noso centro.

Dende a Dirección agradecemos este recoñecemento ben merecido polo excelente traballo que

realizou e segue realizando o profesorado deste centro, agradecendo tamén o inestimable traballo

do alumnado e a colaboración das familias.

Page 15: Albares 2017. Revista Escolar

14

HAI UN ARTISTA EN TI: maiLÓVArt E xa estamos coa 4ª convocatoria de Arte Correo. Novamente dedicada ás artes, pero este ano

facendo referencia ás artes escénicas e por tanto a todas as profesións visibles e invisibles que a

conforman. O motivo é que na aula de 2ºA púxose en práctica o proxecto LÓVA (a Ópera como

Vehículo de Aprendizaxe). Por iso o lema é Hai un artista en ti: maiLÓVArt”.

Xa estamos a recibir moitos mailarts, coma sempre. Esperemos que sexa moi concorrido. En

novembro será a inauguración da exposición. Animádevos todos!!

OS NENOS E NENAS DE 2º EP. APRENDEN A IDADE MEDIA

Este ano nas aulas de 2º A e B están a traballar a Idade Media e, como fixeron o ano anterior

para o Samaín, pediron ás familias que trouxeran cabazas con temas típicos da idade media. Os

corredoiros do cole quedaron cheos de castelos, bufóns, leprosos, peste negra, cabaleiros e meigas.

Tamén aproveitaron a temática do noso proxecto para que no magosto as coroas que levaban,

tiveran motivos de guerreiros, cabaleiros, monxes, bruxas, princesas…

Ademais fixeron unhas faltriqueiras que así de molonas quedaron.

Page 16: Albares 2017. Revista Escolar

15

ACTIVIDADES CON OUTROS CENTROS DA NOSA CONTORNA

Os alumnos e alumnas de

5º fixemos unha saída a

Monfero para realizar unha

ruta de sendeirismo xunto

con outros coles ( Unión

Mugardesa, Loyola,Franza

e Virxe da Cela de

Monfero ). Pasámolo moi

ben, menos a ida no

autobús, xa que moitos

compañeiros mareáronse.

Parécenos moi interesante

compartir xornadas con

outros rapaces e rapazas..

Os nosos alumnos de 1º e 2º

ESO gozaron, xunto cos

alumnos e alumnas dos coles

de Mugardos e Monfero,

dunhas xornadas de activi-

dades físicas e deportes

acuáticos no areal da praia

de Ares, onde puideron

practicar windsurf, volei

praia, canoa, paddle surf,

vela... Que ben o pasamos!!!

Page 17: Albares 2017. Revista Escolar

16

No mes de maio os alumnos e alumas de 5º e 6º de primaria fixemos unha visita ao Museo Naval e

tamén fixemos o noso bautismo de mar.

Realizamos un percorrido pola ría de Ferrol a bordo do remolcador Y-122. Unha aventura ines-

quecible. Grazas a todos os que o fixeron posible !!

SOPA DE LETRAS

Imos ver os vosos coñecementos

sobre o mar e os barcos.

Seredes quen de atopar as 15

palabras relacionadas co tema?

Page 18: Albares 2017. Revista Escolar

17

O PROXECTO DENDE ARES CARA AO MUNDO ENCHE O ENTROIDO DE COR

Colorido, desfiles, bailes e moita

alegría é o que viviu o noso cole

na celebración do Entroido

2017 neste fantástico venres no

que o sol e o bo tempo, nos

acompañou. Tomando como

eixo o proxecto “Dende Ares

cara ao mundo” os nenos e

nenas desfilaron con traxes que

nos recordaron a Australia,

Portugal, China, Inglaterra,

Marrocos, Brasil, Italia,

Ucraína….

A verdade é que hai que dar as

grazas a todo o profesorado e,

por suposto ao alumnado, por

todo o traballo e implicación

nesta xornada. Non somente se

apreciaba toda unha labor de

semanas na elaboración dos

disfraces, senón tamén nas

coreografías e representacións

que os alumnos/as dos diferentes

cursos da ESO levaron a termo .

Page 19: Albares 2017. Revista Escolar

18

TRABALLOS DESENVOLVIDOS NO OBRADOIRO DE ARTES ESCÉNICAS

Os rapaces e rapazas de 1º ESO realizaron durante o primeiro trimestre un traballo sobre o nadal en Sue-

cia e en Perú enmarcados tamén no proxecto de centro “Dende Ares cara ao mundo”. Prepararon uns

excelentes decorados para as nosas recreacións, así como as presentacións das costumes e tradicións de ca-

da país. Os de 2º ESO recrearon e interpretaron a canción do día de Santa Lucía en Suecia e a canción

tradicional peruana Festejo de Navidad.

O traballo foi desenvolvido no obradoiro de artes escénicas e comunicación oral, que como sabedes é unha

colaboración dos departamentos de plástica e música.

QUERIDAS TRADICIÓNS: UN PASEO POLA NOSA MÚSICA.

Os nenos e nenas de 3º continuamos coa nosa tradición musical e, este curso, decidimos facelo ao

grande. Para iso escollemos dúas xotas: Xota de Sabaxáns e A rabieira. Ademais das voces,

acompañamos as cancións coas pandereteiras, que tocaron de marabilla.

Os nosos titores e a mestra de música axudáronnos a preparar estas cantigas.

Non deixedes de cantar e que A MÚSICA VOS ACOMPAÑE!!!

Page 20: Albares 2017. Revista Escolar

19

A ÁRBORE DAS PALABRAS

Coa chegada da pri-

mavera, nas aulas de

infantil medran un-

has árbores moi es-

peciais. Comezan a

brotar e énchense de

palabras: auga,

paxaro, avoa,

bolboreta,…

O CIRCO

As nenas e nenos de 4 anos, estiveron a aprender cousas sobre o

circo, e fixeron o seu propio espectáculo. Hai paiasos, domadores,

equilibristas, magos…

UCRAíNA: O NOSO PROXECTO PARA A FEIRA DENDE ARES CARA O MUNDO

Page 21: Albares 2017. Revista Escolar

20

Neste curso, os nenos e nenas de terceiro traballamos nun

proxecto sobre China. Descubrimos moitas cousas deste país,

algunhas sorprendentes: a vestimenta, a escritura, o Maneki-

Neko ou gato da sorte, o Yin e o Yang, a gran muralla que mide

máis de 20.000 km e o dragón. Sabiades que ten partes de 9

animais diferentes?. Tamén fixemos un libro de receitas e outro

do horóscopo, aprendemos a facer farois e algúns xogos de orixe

oriental. Todas estas cousas amosámolas na 1ª Feira: “Dende

Ares cara ao mundo”. Foi unha experiencia moi divertida!

Escornabot é un proxecto de código/hardware aberto, cuxo obxectivo é acercar a robótica e a pro-

gramación aos nenos e nenas.

O Escornabot pode programarse con botóns para executar secuencias de movemento, a partir de

aquí a imaxinación é o único límite nas posibilidades.

Page 22: Albares 2017. Revista Escolar

21

Page 23: Albares 2017. Revista Escolar

22

Page 24: Albares 2017. Revista Escolar

23

Durante o curso 2016/17 na clase de 2º A levamos á

práctica un novo proxecto de aprendizaxe, o Proxecto

LÓVA ( A ópera como vehículo de aprendizaxe). Con nós

colaboran os 7 alumnos da clase de Música de 4º da

ESO e a súa profe Teresa así como Lara, mestra de mú-

sica en primaria. Tamén temos a colaboración de per-

soas externas que xenerosamente nos axudaron, como

Alma, a concelleira de Cultura e Deportes do Concello

de Ares, e outras persoas que viñeron a ensinarnos moitas cousas da súa profesión. E por suposto os colabo-

radores máis especiais, os nosos país e nais que sempre estiveron aí axudando e animándonos.

A principios de curso lles propuxemos aos nenos crear unha ópera

orixinal completa, cos seus personaxes e características psicolóxicas, o

seu libreto, escenografía, iluminación, tema, tese, maquillaxe, música

e letra orixinais para, finalmente en xuño, facer o estreo mundial da

mesma. Para levalo a termo os nenos creamos un equipo, fixemos

unha compañía, comprendemos o sentido das metáforas e aprende-

mos a falar con elas; buscamos un nome para a mesma, un logo que

nos representase. Isto supuxo superar retos que nos puxeron a proba

como equipo e compañía. Aprendemos a escoitar e falar mirándonos

os uns aos outros. Aprendemos a respectarnos e aceptar opinións di-

ferentes ás nosas. Escribimos moito, moitísimo!!. Reflexionamos cada

día. Viñeron profesionais a ensinarnos as súas profesións: Clara Gayo,

José Manuel, Cristóbal, Susana, Ana, Naty e outras persoas que nos

facilitaron moito as cousas e tamén nos acompañaron nesta aventu-

ra coma Fany, Naty, Nuria, Pilar ... Canto aprendemos!!!.

Elixindo o nome da compañía

Reflexionando Creando personaxes

Logo da compañía

As familias

Page 25: Albares 2017. Revista Escolar

24

Eliximos ás nosas profesións e chegou o día especial en que nos entregaron o diploma coa nosa profesión,

na que deberiamos traballar a partires dese intre para crear a nosa ópera. Aprendemos a crecer e

convertémonos en profesionais especialistas para poder facer o noso gran reto: a representación da nosa

Ópera.

Entrega de profesións

Diploma profesións

Pero o máis importante de todo

este proxecto non é a represen-

tación da Ópera creada por nós,

senón todo o traxecto que nos

levou a ela.

Moitas grazas ao cole, aos profes que colaboraron con nós, aos país tan entusiastas que dende o principio

confiaron en nós, e sobre todo aos nosos nenos e nenas que son o mellor que temos, coa súa ilusión, coas

súas emocións, coa súa xenerosidade e gañas de traballar sempre.

Page 26: Albares 2017. Revista Escolar

25

Este curso escolar a rapazada do cole tivemos a inmensa

sorte de participar nun feixe de acontecementos musicais

dentro e fora do centro escolar. Imos facer unha pequena

escolma relacionada con todos eles.

Coma todos os anos, o primeiro trimestre dedicámolo en

gran medida a preparar o noso Festival de Nadal no Ca-

sino de Ares. Primeiro os pequerrechos de Infantil agasa-

lláronnos cunhas panxoliñas moi divertidas e a continua-

ción varios alumnos de 6º de EP convertéronse en presentadores dun curioso telexornal:

“TELEARES, onde nunca a ficción supera á realidade”. A través das súas novas convidáronnos

a unha viaxe musical ao longo do tempo. Participou toda a rapazada en diversas cancións, bailes,

e ata voltamos a idade media cun canto de cego con zanfona incluída grazas a Emilio Mesías.

Á volta de vacacións, e coincidindo coa chegada do día da

Paz, participamos nunha iniciativa moi interesante pro-

movida por un cole de Valladolid e que tivo repercusión en

toda España e nalgúns países no estranxeiro.“Como te

atreves a volver” foi o título escollido pola plataforma

#cylcantaporSiria. No noso cole, a profe Lucía fixo a adap-

tación ao galego “Siria non ten a paz, témola que atopar”.

O día da Paz ás 12.00 da mañá todos os nenos e nenas do

cole: infantil, primaria e secundaria mais os miles de nenos

e nenas de toda España, xuntamos as nosas voces e saímos

ao patio para berrar coa nosa música contra o conflito

que están a vivir neste país.

Este ano tamén escollemos unha canción ben fermosa

para agasallar as nosas nais na celebración especial,

que non única, do día da Muller Traballadora. Para o

8 de marzo cantamos, interpretamos e fixemos un

agasallo musical inspirado na canción “Matriarcas” de

Guadi Galego.

Page 27: Albares 2017. Revista Escolar

26

Non sabiamos que este tema de Guadi non sería o derradei-

ro a cantar este ano, xa que o día 11 de maio varios grupos

do cole, nunha iniciativa promovida polo CFR de Ferrol,

tivemos a inmensa sorte de participar nun coro formado

por 1000 rapaces dos coles de Ferrolterra que baixo a di-

rección de Ramón Bermejo e coa mesma Guadi Galego e

Guille Fernández á guitarra, cantamos o tema “Chea de vi-

da” no astaleiro de Navantia. Emoción en estado puro!

Xa no terceiro trimestre, varios grupos do cole traballamos na procura de ter

máis coñecementos acerca da música dos países que estiveron representados na

Feira que fixemos. Despois de varios traballos colaborativos na aula, os rapaces e

rapazas de 5º e 6º de EP elaboraron unhas presentacións relacionadas coa músi-

ca en Marrocos e que foron expostas no seu stand, máis uns instrumentos musi-

cais con material reciclado inspirados no propio instrumentario marroquí.

Por outra banda, o alumnado de 1º de primaria que traballou Australia dentro do seu proxec-

to de clase, elaborou unha serie de xestos e dramatizacións propias dos maorís para represen-

tar un dos feitos musicais máis impactantes destas tribos: os hakas.

E o noso proxecto LÓVA (a ópera vehículo de aprendizaxe) que tantas

alegrías nos está dando coa compañía de ópera de 2ºA de EP “Vidriera”

e que estrea a súa composición feita por todos eles na súa integridade

(texto, vestiario, escenografía, distribución, composición musical…) o día 2

de xuño no Casino de Franza, función para nais/pais e público en xeral e

os días 8 e 9 de Xuño no casino de Ares para a rapazada do centro.

Non podemos esquecer a nosa Convocatoria de Arte Postal que este

ano está dedicada ás artes escénicas e leva por lema: maiLÓVArt

Por último, temos que lembrar a chea de Concertos Didácticos e

actividades teatrais que tivemos ocasión de gozar tanto na Coruña

coma en Ferrol. Unha pequena mostra foron: “Historias do mar”,

“Dúas”, “Todo es percusión”...

Grazas ao Departamento de Actividades Extraescolares e ás insti-

tucións que fan posible estas interesantes saídas musicais e culturais.

VIVA Á MÚSICA E VIVA AS ARTES ESCÉNICAS!!

Page 28: Albares 2017. Revista Escolar

27

Por Nuria Fernández Iglesias, Isabel Terradillos Molina e María Veiga Garrote. 1ESO

Ímosvos falar do coltán, un mineral que se volveu imprescindible para a nosa vida

cotiá, pero que debemos pensar nos problemas que iso causa:

O coltán é un mineral negro e opaco, composto por columbita e tantalita.

Utilízase para fabricar compoñentes claves dos móbiles e dispositivos electrónicos

portátiles. En España existe o proxecto de explotar unha mina en Ourense, pero as

principais minas a nivel mundial atópanse en Brasil, Tailandia, Australia e, sobre

todo en África (Congo, Etiopía e Ruanda).

En realidade, sabedes o sufrimento que supón extraelo?

Alternativas

Estase a investigar con outros materiais que poidan ser alternativas ao coltán, como por

exemplo o grafeno. Non deberiamos tolerar que a explotación dos recursos supoña o

sufrimento dos máis desfavorecidos, e no primeiro mundo teriamos que asumir as nosas

responsabilidades como consumidores.

Guerras

Falamos de sufrimento porque o contrabando

deste mineral provoca guerras como a do

Congo, financiando aos grupos rebeldes e

facilitando a compra de armas.

Traballo infantil

Ademais das guerras, cada día morren moitos

nenos, xa que os rebeldes os capturan para que

traballen nas minas porque os nenos poden meterse

mellor polos recunchos.

Destrución medioambiental

O coltán non só afecta negativamente aos nenos, senón

tamén ao medio ambiente. Ao extraer coltán, destrúense os

ecosistemas, pois os principais xacementos coinciden cos

hábitats dos gorilas de montaña e outra fauna en perigo de

extinción, ao ser zonas de selva declarados parques naturais.

Page 29: Albares 2017. Revista Escolar

28

Cada ano morren en España unhas 30000 persoas por

parada cardiorrespiratoria. O 80% tiñan ao redor

familiares ou amigos que non lles prestaron axuda por

descoñecer as técnicas básicas de reanimación. Cada

minuto que pasa sen axuda, diminúen as posibilidades

de sobrevivir, xa que só despois de 6-8 minutos, as

células do cerebro, as neuronas, comezan a morrer. Se

a persoa sobrevive, terá secuelas: parálise, deterioro

cognitivo...

En países onde a sociedade recibe formación nas

técnicas de soporte vital básico as taxas de supervivencia soben ata o 50%.

En adultos, as causas máis frecuentes de parada cardiorrespiratoria son as de orixe cardíaco,

por problemas circulatorios.

Na infancia, as causas son sobre todo por fallo respiratorio, por exemplo, por meter na boca

obxectos ou atorarse con alimentos.

Oxalá nunca as teñas que pór en práctica, pero, polo ben de todos, debes coñecer estas técnicas,

e estes son os pasos a seguir:

Seguridade

A persoa afectada debe ser levada a un sitio seguro (beirarrúa se foi no medio da calzada, por

exemplo) e colocala boca arriba nunha superficie dura

Comprobar a inconsciencia

Intentar que a persoa responda a estímulos externos: berrar, abaneala, darlle pequenas

labazadas, beliscos...

Abrir vía aérea, coa manobra fronte-mentón

Consiste en levantar o mentón e baixarlle a fronte

Comprobar a respiración

Mirando se sobe e baixa o torax ou se notamos ou oímos se respira

Chamar aos servizos de emerxencia: 112 ou 061

Mellor se o fai outra persoa. Se estamos sos, colocar o móbil en mans libres para recibir

instrucións dos servizos sanitarios

Compresións torácicas: 30

Poñerse de xeonllos ao carón da persoa, e cos brazos estirados e as mans entrelazadas, facer

forza na parte baixa do esternón (entre as dúas mamilas). O ritmo será de 100-120

compresións /minuto, ata que cheguen os servizos de emerxencia.

Insuflacións: 2

O máis importante son as compresións torácicas, pero poderiamos facer tamén o boca a boca.

Page 30: Albares 2017. Revista Escolar

29

O Magosto deste ano estivo xenial! Primeiro preparamos cucuruchos, caixas, cestiños, etc.

para recoller as castañas que logo comemos asadas. Estaban tan ricas!!!. E para axudar á

dixestión, xogos populares a mogollón: letras corporais para formar a palabra Magosto, baile

da castaña, carreiras con castañas en culleres e volta coa castaña entre as pernas, baile da

vasoira, encesta a castaña... QUE BEN O PASAMOS!!

Page 31: Albares 2017. Revista Escolar

30

This year we did an activity in English and then we used AUGMENTED REALITY.

It´s a new technology.

We did lots of different activities: We celebrated Hallowe´en, Christmas, Valentine´s Day, Easter...

We saw a play called `Fricky' performed by The Blue Mango. We prepared some activities pre-

viously and all the songs. We participated and enjoyed it.

We also participated in the First Fair: From Ares for the World with a stand: The UK (United

Kingdom) with a display, a sport, a double decker bus, a power point and an activity using

Augmented Reality.

Page 32: Albares 2017. Revista Escolar

31

CHEGOU A VI SEMANA PROBLEMÁTICA!!!

Hai que ver como pasa o tempo. Parece que foi onte pero así, sen darnos de conta,

levamos seis edicións da Semana Problemática cunha participación récord por parte dos

nosos alumnos (entre as cinco xornadas de concurso houbo 200 papeletas de resposta). Co-

mo sabedes, consiste en resolver un problema matemático cada día depositando a resposta

nunha furna. Houbo un premio por día que se sorteou entre os gañadores de cada xornada, facendo en-

trega de todos eles aproveitando a festa do entroido. Moitas grazas a todo o alumnado que participou e xa

sabedes...vos agardamos na VII edición!!

III EDICIÓN DE MATEMÁTICAS NA RAIA

AGAPEMA (Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática) e

a APM (Asociación do Profesorado de Matemáticas de Portugal) convoca-

ron a terceira edición de “Matemáticas na Raia”, un concurso de resolu-

ción de problemas dirixido ao alumnado de 3º da ESO (9º ano en Portu-

gal) no que o noso alumnado de Matemáticas Académicas de 3ºB partici-

pou o 20 de abril. Trátase dun concurso que fomenta o traballo colabora-

tivo, pois os equipos son grupos-clase completos.

Os rapaces fixérono xenial, e claro, o esforzo trouxo a súa recompensa porque foron os gañadores dos equi-

pos galegos que participaron. E alá nos fomos o 27 de maio a gozar do premio: "Unha fin de semana en

Tui" con todos os gastos pagos, onde tiveron (e tivemos, xa que grazas a eles as profes tamén os acompa-

ñamos) un “Encontro Matemático” xunto ao equipo gañador de Portugal: xogos entre o alumnado de Gali-

cia e Portugal, actividades para “romper o xeo” (coñecer o máximo número de compañeiros do equipo

portugués), formación de equipos mixtos para as probas da fin de semana (equipos con nomes moi familia-

res: Euclides, Pitágoras, Sofía Kovalevskaya…), roteiro matemático con probas por equipos, visita turística a

Valença, actuación dun mago, descenso do Miño en kayak, máis xogos matemáticos de estratexia por equi-

pos... Non paramos nin un minuto e pasámolo moi ben (si rapaces, as mates tamén son divertidas...que volo

diga 3ºB) e para mostra aquí tedes un pequeno documento gráfico. A ver se nos vemos o ano que ven en

Portugal...oxalá.

Page 33: Albares 2017. Revista Escolar

32

XIX OLIMPÍADA MATEMÁTICA

GALEGA DE 2º DA ESO

Co fin de promover a ensinanza e a

aprendizaxe das Matemáticas a través

da resolución de problemas, AGAPEMA

(Asociación Galega do Profesorado de

Educación Matemática) organiza unha

nova edición da Olimpíada Matemática

Galega para o alumnado de 2º da ESO.

Un ano máis o noso centro tomou parte

nesta actividade coa participación de

catro alumnos:

Pablo Cartelle Filgueiras, de 2ºA

Lucía Couceiro Polo, de 2º A

Raúl Nogueras Anca, de 2ºA

Martín Rodríguez Sanjuán, de 2ºB

A fase local tivo lugar o día 27 de abril no IES Canido (Ferrol) e desta fase sairon os 40 seleccio-

nados de toda Galicia para participar na Fase Final Galega, que se celebrou o día 18 de maio na cidade

de Lugo. Este ano formou parte de isos 40 seleccionados Lucía Couceiro Polo, e ata Lugo nos fomos a

pasar unha xornada de probas matemáticas individuais e grupais, e onde AGAPEMA nos obsequiou

tamén con unha comida para os clasificados e acompañantes.

Moitas grazas ós alumnos e as súas familias por animarse a formar parte desta actividade, e

tamén grazas ao IES Canido por tratarnos tan ben e por facerse cargo da organización da fase local.

Non queremos esquecernos de felicitar e agradecer a AGAPEMA toda a labor que fai pola divulgación das

matemáticas. Grazas e mil grazas!!!

E PARA QUE VAIADES

PRACTICANDO CARA O

CURSO QUE VEN, AQUÍ

TEDES UN SUDOKU.

SEREDES CAPACES

DE RESOLVELO?

Page 34: Albares 2017. Revista Escolar

33

CARREIRA QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE

E xa van 6 anos nos que o noso

centro organiza a Carreira

Quilómetros de Solidariedade.

Enmarcada dentro das activi-

dades solidarias do noso cole-

xio, é unha actividade con do-

bre finalidade: por unha ban-

da, espertar nos nosos alumnos

e alumnas un espírito crítico e

solidario cara as inxustizas que

afectan a millóns de nenos e

nenas de todo o mundo e, por

outra, recadar fondos en cola-

boración coa ONG “Save the

Children” para axudar á in-

fancia mais desfavorecida e

facer que se respecten os seus

dereitos

Un ano mais, a atleta are-

sán Paula Mayobre colabo-

rou con nós durante a xor-

nada participando con todos

os rapaces e rapazas do no-

so centro. Na carreira reca-

damos 976,45 € que foron

enviados á ONGD Save The

Children. Nunca me cansarei

de sorprender ante tanta

xenerosidade. Grazas a toda

a comunidade educativa

pola vosa colaboración e es-

forzo.

OPERACIÓN QUILO NO NADAL

Un ano máis resultou

todo un éxito a

campaña de recollida

de alimentos para

Cáritas de Ares e a

Cociña Económica de

Ferrol, na que reco-

llemos preto de 350

quilos de alimentos.

Dende aquí queremos

expresar, de novo, o

noso agradecemento

a todas as familias

pola solidariedade mostrada.

EMERXENCIA REFUXIADOS RECOLLIDA DE ROUPA

Desde o colexio, realizamos unha campaña de

recollida de roupa para os refuxiados sirios que

estaban nos campos de Tesalónica e Lesbos, tras

sufrir a ola de frío polar que azoutou Europa,

cousa que agravou máis o problema migratorio.

Enchéronse dous camións!!!!

Page 35: Albares 2017. Revista Escolar

34

#UnhacuraparaAdri “A síndrome de Hunter é unha enfermidade que se denomina cien-

tificamente Mucopolosacaridosis, que pode ser incapacitante, mul-

tisistémica e dexenerativa. É fundamental un diagnóstico prematu-

ro para paliar os síntomas e que non teña un final devastador.”

Así o define Teresa Muíños Rodríguez a través dun xogo que había

no “Stand de Unha cura para Adri”, na FEIRA DENDE ARES CA-

RA O MUNDO. Marcos Pérez de 5º B explicouno deste xeito: “A sín-

drome de Hunter é unha enfermidade xenética devastadora que incapacita totalmente á persoa que o

padece. Non ten cura e ten que ver co cromosoma X porque da nai ” . O obxectivo era dar a coñecer

esta enfermidade e ser capaces de redactar un texto definindo a Síndrome de Hunter, a través dunha

serie de palabras clave que estaban colgadas na decoración do stand.

Pero non só era iso o que se podía descubrir neste recuncho, tamén podiamos viaxar a un país de xeito

seguro, económico e rápido a través do noso photocall. Foron tantos os que quixeron viaxar aos países

dos stands, que tardaremos un chisquiño en acabar as montaxes, pero nos vos preocupedes...antes de

rematar o curso teredes cada un a vosa foto, grazas a labor da nosa incansable compañeira Yolanda.

Xa no stand, atopabámonos cunhas marabillosas colaboradoras que todo o día estiveron a informar

sobre todas as actividades do noso stand; dende colaborar levando un marcapáxinas personalizado polo

alumnado, ou apadriñar un pingüín na Antártida, ou mercar area volcánica que nos trouxo Cristobo

da mísmísima Illa Decepción -moitas grazas, Cristobo!!- ata comprar camisetas, pegatinas e calendarios

de #UnhacuraparaAdri.

E con todas estas actividades, e poñendo moita ilusión e ganas, o noso centro recadou 601,97 € na

I Feira Dende Ares Cara o Mundo para colaborar con #UnhacuraparaAdri.

Grazas a todos e todas pola vosa solidariedade!!!

Stand de #UnhacuraparaAdri

Photocall

Page 36: Albares 2017. Revista Escolar

35

O 25 de maio o alumnado de 1º ESO recibiu ao de 6º EP na sala de usos múltiples co fin de acercarlle a súa

experiencia no primeiro curso.

Como colofón da visita, a actividade planificada consistiu na entrega de cartas de benvida que reflicten as súas

vivencias nesta nova etapa. Na carta que tedes a continuación podedes ler os consellos que Miguel Martínez

García lles da aos futuros compañeiros.

Esperámolos o próximo curso con entusiasmo!

Departamento de L. Castelá e literatura

Futuro compañero/a:

Pronto comenzarás la ESO y, seguramente, te sientas un poco nervioso/a. Yo, hace un año,

también lo estaba. Pero no pasa nada. Para quitarte esos nervios estoy yo aquí escribiéndote esto.

Te daré unos consejos sobre cómo debes afrontar este cambio de centro. Espero que te sirvan de

ayuda.

Soy consciente de que hay dos cosas principalmente que te preocupan. A ti y a todos cuando

llegamos aquí. La primera es eso tan temido de “LA FALTA DE ORDEN” y la segunda, cómo es

cada profesor/a y cada asignatura. Así que, vamos por partes. En primer lugar, la falta de orden.

Lo primero que debes saber sobre ello es que no te la ponen por entretenimiento; si te la ponen

es porque algo hiciste. Esto suena muy típico, pero es así. Te la ponen si hiciste algo malo, a veces

no muy grave que digamos, pero bueno... Tranquilo/a, en 1º no suelen poner muchas (alguna que

otra cae, eso sí). Como te decía, en 1º no suelen poner muchas. Yo creo que es porque aún piensan

que somos ángeles caídos del cielo. Así que mis consejos para que no te caiga ninguna son los si-

guientes: no la líes en clase, no vaciles ni te pases de listo con ningún profesor, no insultes a tus

compañeros y no imites el sonido de ningún animal en medio del silencio (por esta última me la

pusieron a mí).

Las asignaturas y profesores…

María, la de matemáticas, es una profesora muy dinámica, hace las cuentas rapidísimo

y manda muchísimos ejercicios, muchísimos. A veces, vemos vídeos de cosas y trucos de

matemáticas o de acertijos.

Maru, la de castellano, os va a caer bastante bien, sus clases son muy divertidas y a veces nos po-

nemos a hablar de cosas graciosas que, a lo mejor, no vienen a cuento. Nos suele contar muchas

anécdotas que le pasaban cuando ella era pequeña; como cuando le entró un moscardón en el oído

o cuando vio a una vieja sin dientes comiendo turrón y desde ese día no lo volvió a probar. Es la

jefa de estudios y por tanto, por ella pasan las faltas de orden y habla con tu tutor sobre tu com-

portamiento, así que, intenta caerle bien.

Luisa, la de gallego, es una profesora muy familiar, se preocupa por nosotros si nos encontramos

mal y se sienta, incansablemente, a enseñarnos los pronombres y su colocación. No le gustan las

salidas de tono en clase ni las interrupciones indebidas.

Chus, la de biología, es una profesora muy exigente, de todos espera lo máximo y sueña con que,

algún día, lleguemos a ser científicos… Le gusta que seamos serios y efectivos en clase. Terminaréis

enamorados de su cronómetro y de su “Pensamento Científico”.

Rocío, la de historia, es muy permisiva, me refiero a que tiene paciencia con nosotros, aunque eso

no significa que puedas hacer de todo en sus clases. Su asignatura es muy divertida porque siempre

trabajamos en la pantalla grande. Ella es “LA REINA DE LAS PESTAÑAS”, un día llegó a abrir

45 pestañas. A cada una que abría le gritábamos “OPA”, al final, se le acabó bloqueando el orde-

nador y lo tuvo que reiniciar.

Page 37: Albares 2017. Revista Escolar

36

Pilar, la de inglés, es tranquila y muy inteligente. No suele gritar ni llamar mucho la atención. La

verdad, nosotros hacemos méritos para ello. No le gusta escribir en la pizarra y siempre mira si

tienes deberes, así que… Hazlos!!!. Pero tranquilo, Inglés es muy fácil en primero y es una de las

asignaturas en las que mejor notas sacamos todos.

Carmen, la de francés, es bastante buena, te dice lo que te va a caer en el examen y le gusta que

seas bueno en la pronunciación.

Víctor, el de plástica y artes escénicas (OINARES), se preocupa mucho por nuestro futuro y dice

cosas muy raras e interesantes al mismo tiempo. A mí me tocó de tutor y digamos que mi clase no

es sencilla en cuanto a conflictos se refiere, pero él nos intentó explicar e intentar hacer compren-

der que, en un futuro, tendremos que trabajar con gente y deberemos ser buenos compañeros y

ahora, lo mismo. Manda 4 láminas por trimestre y en Artes Escénicas hacemos manualidades o

trabajos.

Amalia, la de gimnasia, le gusta que entreguemos todos los trabajos en el día y bien hechos, que

nos hablemos con “cariño” y que no dejemos de correr en las vueltas que nos manda hacer al prin-

cipio de todas las clases . Es muy graciosa y a lo mejor, un día te suelta: “Oye, ¿tu sales con Fulani-

ta verdad?” y esto te lo dice delante de todos tus amigos y luego ellos te vacilan…

Yoli, la de religión, es la profesora más buena de todas, es muy, muy, muy buena. En clase siempre

hacemos cosas divertidas o trabajos en grupos. Para mi, es la mejor clase de todas, junto a gimna-

sia, por supuesto.

Bueno...., creo que ya te he dado suficiente la brasa, ¿no?. Pero lo hago con la intención de que te

sirva de ayuda para afrontar la nueva vida que te espera. Por último, para fulminar mi espectacu-

lar testamento, te voy a dar unos consejos para que apruebes.

Yo te aconsejo que seas transparente con los profesores, es decir, no te hagas una persona que no

eres con ellos; estudia dos horas mínimo por las tardes, fines de semana incluidos, atiende en clase,

pregunta a los profesores las dudas que tengas; haz buenos esquemas, lee los libros que mandan en

cada trimestre, haz los deberes y no te portes mal en clase.

Si sigues todos estos requisitos, te garantizo que tienes una nota de 7 para arriba. Y nada más, que

disfrutes y estudies mucho. Feliz curso 2017-2018 .

Un saludo .

Miguel Martínez García

P.D: Si necesitas algo, estoy en 2ºA.

Alumnado de

1º ESO

Page 38: Albares 2017. Revista Escolar

37

LECTURAS E PELÍCULAS RECOMENDADAS

ADULTOS:

As rapazas de Xan, Manuel Iglesias Turnes. Xerais.

Sipnose: De malla a malla desenvólvese a historia de amor, protagonizada por

Carmela e Manuel durante os difíciles anos da posguerra en Cabanelas. Mais

tamén é esta unha emocionante novela coral na que se describe o complexo teci-

do de relacións que compoñen a vida dunha aldea, marcada pola pobreza e a

miseria, pola forte presenza da Igrexa que exerce unha notable influencia na vida

cotiá, e pola ausencia de futuro na propia terra, cando a saída máis favorable

para os seus habitantes máis novos é a emigración a Montevideo.

Os nenos da variola, María Solar. Galaxia. Tamén hai película “22 Anxos”

Sipnose: No hospicio da cidade da Coruña , en 1803, os nenos sobreviven a du-

ras penas. Nin eles, nin a súa reitora Isabel Zendal, poden imaxinar de que ma-

neira lles cambiará a vida a chegada do doutor Balmis e a súa expedición médica.

Só o ilustrado doutor Antonio Posse Roybanes coñece a envergadura do propósito

destes homes que pretenden levar a recentemente descuberta vacina da varíola

ata o Novo Mundo. Vinte e dous orfos procedentes de Madrid, A Coruña e San-

tiago conformarán unha cadea humana “brazo a brazo” para levar a vacina aos

territorios de ultramar nunha das maiores xestas médicas realizadas na historia

da humanidade.

3º e 4º ESO

A praia dos afogados. Domingo Villar. Galaxia. Tamén

hai película

Sipnose: A novela parte dun descubrimento estarrecedor. Unha mañá, o cadá-

ver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata unha praia da vila de Panxón,

na ría de Vigo. Se non fose porque ten as mans atadas cunha brida de plástico,

Xusto Castelo había ser outro mariñeiro que encontrou a súa tumba entre as

ondas mentres pescaba. Sen testemuñas nin rastro da embarcación do finado,

o lacónico inspector Leo Caldas mergúllase no ambiente mariñeiro para tratar

de clarexar o crime entre homes e mulleres que recean de desvelar as súas sos-

peitas e que, cando deciden falar, apuntan nunha dirección insólita de máis.

Un caso difícil para Caldas, que pasa malos momentos: o único irmán do seu pai está enfermo de gra-

vidade e a súa colaboración no programa radiofónico de Onda Vigo estase volvendo cada vez máis ina-

turable.

Corredora. María Reimóndez. Xerais

Sipnose: Genet Mullugueta naceu nunha aldea de North Wolloh en Etiopía. Den-

de noviña o que máis lle gustaba era correr e correr polo ventre da montaña.

Mais a fame, a guerra e a figura do pai obrígana a acompañar a súa nai e a

pedir esmola polas rúas inseguras e caóticas de Addis Abeba. Alí, vendendo pa-

nos nos cruzamentos, Genet coñeceu a Abebe, un médico e voluntario da fede-

ración de atletismo que, sorprendido coa súa resistencia e velocidade, lle propón

adestrar en Meskel Square. Dende entón, a súa vida mudará, como a doutras

nenas, mozas e mulleres etíopes que corren contra si mesmas sen fin.Corredora

é unha historia colectiva de superación deportiva. Recolle a tradición atlética de

Etiopía na busca activa de talentos entre as crianzas do rural ou empobrecidas

nas cidades.

Page 39: Albares 2017. Revista Escolar

38

Este curso 2016-17 foi especialmente prolífico no noso centro,

e se non o credes, lede, lede….

CONCURSO RELATO CURTO MÚSICA, LINGUA E VALORES

A Asociación Nacional de Directores de Banda, a través da

Banda Sinfónica Infantil e Xuvenil de Galicia, organizou o 1º

Concurso de Relato Curto Música, lingua e Valores e nel foi pre-

miada a nosa alumna Verónica Rodríguez (3º ESO). O xurado

decidiu, por unanimidade, outorgar o premio ao relato "ELA",

pola transmisión de valores, musicalidade do texto, reivindica-

ción da liberdade e a amalgama de sentimentos que reflicte.

O premio do concurso, consiste na musicalización e edición do relato en versión Narrador + Banda

Sinfónica; que estreará este verán a Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia.

Concurso Relato Curto Coca-Cola

IX edición en galego e 57 en castelán

Nesta novena edición, para non rachar coa nosa tradi-

ción, asistiron ao concurso de relato curto de Coca-Cola

dúas alumnas: Lucía Couceiro e Lucía Seijo. E tamén,

para non rachar coa nosa tradición, ambas as alumnas

gañaron uns fantásticos premios que lles foron entrega-

dos nun acto celebrado o 19 de maio nun marco in-

comparable, A Illa de San Simón.

Ao peche da revista aínda non se fallaron os premios en castelán, axiña o saberemos.

Moita sorte ás dúas!

IV CONCURSO RELATO CURTO CONCELLO DE ARES

Ademais dos anteriores concursos algunhas e algúns dos vosos compañeiros participaron neste con-

curso celebrado no voso concello, Ares. Os relatos gañadores no IV concurso de relato curto Concello

de Ares foron os mencionados a seguir, segundo a categoría en que participaron.

Na categoría 3º e 4º da ESO, a gañadora foi Verónica Rodríguez co relato: Ben sabe Rosa que con

felicidade non se escribe.

Na categoría 1º e 2º da ESO, a gañadora foi Blanca Gago Suárez, co relato: Unha panda na procu-

ra; nesta mesma categoría o segundo premio foi para Bruno Suárez Cuervo, co relato: Unha viaxe

en globo.

E a mención especial, tamén nesta categoría, recibiuna o alumno de 1ºESO B: Iker Beceiro Torres

que participou co relato: En contra do mundo.

Parabéns a todos e todas!!!

Page 40: Albares 2017. Revista Escolar

39

Por Marta Fdez. Alcantud, Martín Castro, Daniel García-Alonso, Saúl Leyva, Jaime Roade e Pablo Vascós.

O luns 22 de maio, o

alumnado de 4º da ESO e

as nosas profesoras de bio-

loxía e xeoloxía fixemos un-

ha ruta xeolóxica pola costa

de Cedeira co xeólogo Fran

Canosa. Nesta ruta, visita-

mos puntos de interese

xeolóxico a nivel interna-

cional.

A partir da formación do

noso planeta, hai 4600

millóns de anos, a súa su-

perficie foi cambiando de

aspecto. Hai 500 millóns

de anos existían dous in-

mensos continentes, e os

materiais que logo confor-

marían Galiza, por exem-

plo, atoparíanse preto do

polo sur.

Hai 300 millóns de anos

chocan os dous superconti-

nentes, polo movemento

das placas tectónicas, e

fórmase aquí unha gran

cordilleira, o oróxeno Va-

risco, dando lugar a un

cabalgamento de materiais

da codia oceánica e do

manto sobre a codia conti-

nental. Esta colisión fixo

que estes materiais subisen,

non quedando na superficie

da enorme cordilleira pero

si moito máis elevados do

normal. Como resultado de

milleiros de anos de ero-

sión, actualmente pódense

ver con claridade.

San Andrés de Teixido

As rochas que hoxe en día atopamos neste territorio polo xeral

atópanse a 30 km baixo a superficie da codia. Son granulitas

(metamórficas procedentes de magmáticas) formadas polos minerais:

granates, piroxeno, anfíbol, plaxioclasa e seixo.

Porén, tan só uns metros máis afastado podemos ver rochas propias

do manto terrestre que en condicións normais deberían atoparse a

máis de 70 km de profundidade. Estas, na súa maioría, son peridoti-

tas, rochas magmáticas que arrefrían no interior formadas por olivino

(xa que é ultramáfica) e piroxeno.

Hai 20.000 anos, nunha época máis fría, unha lingua de xeo confor-

mou aquí un val glaciar, e cos cambios de temperatura sufridos pro-

vocou unha depresión con materiais arxilosos que, aínda a día de hoxe,

segue deslizando o terreo cara ao mar polo seu material inestable.

Cruce de Teixedelo

Nesta zona abondan

os pregues formados

hai uns 350 millóns

de anos compostos

por peridotita pero,

en maior cantidade,

por granulita; aínda

que esta, debido á

presión,sufriu unha

realiñación nos seus

minerais formando

láminas.

A praia de area

negra non volcáni-

ca: única no mun-

do

A area é olivino, re-

sultante da erosión

da peridotita. Ao

estar a praia entre

cantís evitouse que o

mar levara a area ou

que a mesturara con

area doutras zonas.

Page 41: Albares 2017. Revista Escolar

40

Subindo á Garita de Herbeira

Esta parada é unha gran falla cun dique de seixo

(cuarzo), material que se introduciu debido a

unha corrente de auga quente que aproveitou a

zona débil e logo se depositou o material disolto.

Existe unha canteira de serpentinitas, antiguas

peridotitas que foron modificadas pola auga

quente alterando o seu mineral olivino, dando

lugar a serpentina, de cor verde e semellante ao talco.

Cara ao mar identifícase un val glaciar en forma de “U” . A presenza do cromo e de elementos do

grupo do platino promoveron unha campaña de exploración coa idea de explotar os minerais, pero

non tivo éxito pola pouca cantidade existente.

Cabo Ortegal

Existen moitos criterios polos que establecer o límite

entre o Océano Atlántico e o Mar Cantábrico, pero

dende o punto de vista xeolóxico, o Cabo Ortegal é o

máis factible.

Está formado por un dique de ecloxitas, rochas meta-

mórficas moi duras formadas por granate e piroxeno,

aínda que este último, debido ao cambio de presión ao

chegar á superficie desde máis de 100 km de profun-

didade, transformouse en anfíbol . Ás veces estas rochas poden ser portadoras de diamantes, xa que

estes tamén se forman a gran profundidade.É unha zona moi afectada pola erosión do mar a pesar

de ter material moi duro.O cabo non está aliñado cos Aguillóns por existir fallas polo medio. Tamén

atopamos gneis, rocha máis branda (metamórfica de procedencia sedimentaria oceánica).

Praia de Fornos: area vermella

Esta praia é unha zona de confluencia fluvial e marítima. Contén numerosas fallas que aproveitan os

ríos para discorrer ao mesmo tempo que transportan sedimentos ata as desembocaduras. A súa area

ten unha característica moi diferenciada: está formada por seixo, cunchas, anfíbol e piroxeno na súa

superficie provocando unha cor visualmente marrón ou area, pero ao cavar un pouco podemos ver

que contén tamén granate e magnetita, sendo a praia coa area con máis granates da Península.

Foi unha experiencia distinta e moi didáctica. As paisaxes foron impresionantes e as explicacións, moi

interesantes.

Page 42: Albares 2017. Revista Escolar

41

Este curso 2016/2017 foi moi importante para nós, por fin a nosa biblioteca medrou. Durante o

verán fixeron obras de ampliación e actualizouse o mobiliario, mercáronse máis ordenadores..., por este

motivo estivemos pechados durante o primeiro trimestre.

ACTIVIDADES Contacontos.- O escritor e contacontos

Iago López fíxonos un

agasallo moi especial,

veunos contar o seu

conto “ O cociñeiro

Martiño “, un pracer

escoitalo!!!. Os nosos

alumnos case non o

deixan ir de tantas

preguntas que lle fixeron.

Torneo de Xadrez.- Durante o segundo trimestre a mestra de

E.F. ( Bárbara ) en colaboración coa

biblioteca escolar levou a termo un torneo

de xadrez que se celebrou todos os venres na

hora do recreo. O éxito foi tal que

habilitamos un par de mesas para que os

nenos e nenas puidesen practicar calquera

día.

Conto da Galiña Azul.- Con motivo da semana das

Letras Galegas, decidimos

preparar un conto de Carlos

Casares, “A Galiña Azul”, para

achegar aos nosos nenos e nenas

as letras do noso ilustre escritor.

Unha das compoñentes do

equipo de biblioteca ( Pacucha )

preparou a conciencia unha

montaxe que nos deixou a todos

coa boca aberta.

Page 43: Albares 2017. Revista Escolar

42

Robótica.- Inauguramos un recuncho de robótica cos escornabots como protagonistas. Foron construídos polo

alumnado de 4º da ESO na materia de tecnoloxía e viñeron a parar a nosa biblioteca para deleite

dos nosos alumnos.

Como gozaron!!!

Exposicións.- Este curso fixemos dúas exposicións, unha de Carlos Casares e outra da bibliografía do proxecto

“ Dende Ares cara ó Mundo “

Pizarra dinámica.- Ao longo do mes de Maio (mes do libro ), decidimos facer recomendacións dun libro cada día nunha

pizarra que colocamos na entrada de primaria.

Page 44: Albares 2017. Revista Escolar

43

Durante o mes de abril e boa parte do mes de maio, o alumnado de 1ºA e 1ºB traballou varias actividades

relacionadas coa Antártida.. Preguntarédesvos por que a Antártida? A resposta coñecémola todos os membros

da nosa comunidade educativa: A Antártida foi o continente elixido en secundaria para asistir á feira celebra-

da o 15 de maio, “Dende Ares cara ao mundo”.

Na materia de lingua, os luns con 1º B e os xoves con 1º A, propuxémonos elaborar “pasapalabras”, neles os

contidos debían estar relacionados, por suposto, coa Antártida e ademais debían ter un nivel adecuado para

que todo o alumnado do centro puidese participar e gozar realizándoos.

A creación de Raps foi outra das actividades da materia de lingua, neles participaron varios alumnos e alum-

nas de ambas aulas. Pero a creación non se centrou só na escrita, tamén se converteron en cantantes!

Achegámosvos a letra dun dos raps e un exemplo dos pasapalabras (A ver se sodes quen a facelo!)

Comeza polo A: Instrumento para medir a velocidade do vento.

Comeza polo B:

Calzado imprescindible na Antártida.

Comeza polo C:

Instrumento de navegación.

Comeza polo D:

Moeda antártica sen valor legal.

Comeza polo E:

Volcán activo na Antártida.

Comeza polo F:

Cámara imprescindible na Antárdida para realizar instantáneas.

Comeza polo G:

Gaivota: Ave da familia dos láridos presente nas nosas costas e mesmo na Antártida.

Comeza polo H:

Cada unha das metades da esfera terrestre limitada polo ecuador ou por un meridiano.

Comeza polo I:

Do inverno ou propio del.

Comeza polo K:

Pequeno crustáceo parecido ao camarón que habita nas augas da Antártida.

Comeza polo L:

Molusco da clase dos cefalópodos. O que prefire como hábitat as augas da Antártida, é xigante.

Comeza polo M:

Ciencia que estuda os fenómenos que teñen lugar na atmosfera.

Comeza polo N:

Comida característica da Antártida.

Contén o Ñ

Relativo ou pertencente ao mar.

Comeza polo O:

Capa da atmosfera terrestre que diminúe de xeito alarmante e constatable desde a Antártida, debido á contami-

ción do ser humano. Comeza polo P:

Ave mariña palmípeda que non voa e ten como hábitat natural as zonas de clima polar. Contén o Q:

Organismo vivo composto pola asociación dunha alga e dun fungo moi resistente ao clima da Antártida. Comeza polo R:

Nome do inglés que en 1912 acada o Polo sur coa súa expedición. Comeza polo S:

Meterse por completo dentro dun líquido. Comeza polo T:

Terreo propio da zona norte da Antártida, próxima ao mar, composto basicamente de mofos e liques. Comeza polo V:

Ter vida, estar vivo. Comeza polo X:

Base española na Antártida, xestionana polo CSIC. Comeza polo Z:

Embarcación de caucho, inchable e de estrutura ríxida, con motor fóra borda

Page 45: Albares 2017. Revista Escolar

44

RAP DA ANTÁRTIDA

Falamos dun contineente,

que non está nada queente

En realidade é un deseerto

formado por moito xeeo.

Hai moitos iglús,

e esta situado no, hemisferio sur.

Tamén hai moitas orcas

que sempre comen focas

cando xa estan todas cheas

vanse coas baleas.

Hai pingüíns valeentes

que polas noites facilmente

cando teñen moito frííío

danlle moitos calafríos.

O clima non é nada queente

por iso vive pouca xeente,

que moi rapidamente

fan iglús de neve

O meu primo dixoo

que un iceberg el fiixo.

Cando o rematou

quixo facer un montón.

Page 46: Albares 2017. Revista Escolar

45

Na Prehistoria hai termos confusos:

A Venus Paleolítica parece ser un planeta da Prehistoria,

Os Homínidos foron os primeiros humanos e os primates os máis evolucionados.

Unha momia é un corpo envolto en papel e enterrado

Ás momias metíanlles na boca Pedras Rosetas

Pero como os exipcios eran tan supersticiosos acostumaban levar sempre un

Obelisco para protexerse dos males (como Obelix ou Menhir)

Para liala máis temos as Mámoas, que son obxectos para moer cereais,

ou tamén é como chamamos ós que están dentro dos sarcófagos.

Pero o termo máis discutido da Prehistoria é Silo, que pode ser:

Palla putrefacta que se lles da aos animais.

Tipo de mineral

Instrumento do campo

Lugar onde unha persoa está interna

Material para confeccionar roupa e mantas

Andando o tempo seguimos confusos ás veces cos personaxes:

Miguel Servet, un gran home, pode ser: Matemático, Rei de Inglaterra ou Astrónomo

Leovigildo convértese en pai de Carlomagno, e a súa capital, Aquisgran, nun pobo xermánico.

Galileo troca as estrelas polos pinceis e convértese en pintor.

Tamén o mundo musulmán nos confunde:

A Sunna pode ser: un patio onde se lavaban antes de rezar ou tamén un sistema de refrixeración.

Zoco eran os zapatos musulmáns.

En xeografía tamén nos confundimos:

Chaira é unha gran depresión

Acuífero un entrante de mar na terra

ONG: Organización de Naciones Gobernalizadas

E por último na arte atopamos Bodegón, que pode ser segundo algúns:

O que tiñan os edificios polos bordes

Lugar onde expoñían cadros

Ou lugar onde gardaban a vaixela

Que confundidos andamos as veces!!!

Page 47: Albares 2017. Revista Escolar

46

SOLUCIONARIO PASAPALABRA

Anemómetro, Bota, Compás, Dólar, Erebus, Fotográfica, Gaivota, Hemisferio, Invernal, Krill, Lura,

Meteoroloxía, Ningunha, Mariño, Ozono, Pingüín, Lique, Robert, Somerxerse, Tundra, Vivir, Xoán

Carlos I, Zódiac.

- E que lle parece o meu rapaz?

- É un xogador moi prometedor.

- É bo?

- Non, pero desde fai cinco anos que me está prometendo xogar mellor.

-María, dime a verdade, cantos anos tes?

- 25.

- Pero se me dixeches 25 o ano pasado!

- A ver se te pensas que son desas que primeiro di unha cousa e despois outra!

- Cariño, que me vas regalar polo meu aniversario?

- Ves ese coche de alí?

- Síiii!!!

- Pois unha licuadora da mesma cor.

- Canto custa esta estufa?

- 5.000 euros.

- Pero, oía, isto é unha estafa!

- Non, señor, isto é unha estufa

- E di que sabe de historia da arte?

- Si, son un experto.

- E que opina do Renacemento?

- Que é imposible! Se morres, morres.

FELICES VACACIÓNS!!!

Page 48: Albares 2017. Revista Escolar