ALCATRUZ 2 Maquetación 1 - Aira das Mantas · señor de Maceda tivo dúas fillas lexítimas,...

38

Transcript of ALCATRUZ 2 Maquetación 1 - Aira das Mantas · señor de Maceda tivo dúas fillas lexítimas,...

Page 1: ALCATRUZ 2 Maquetación 1 - Aira das Mantas · señor de Maceda tivo dúas fillas lexítimas, Elvira e Leonor de Nóvoa. En 1512 finou a súa ... Só o rostro con-serva a sequidade

A L C A T R U Z

ANO III Nº 2 AGOSTO 2010

Page 2: ALCATRUZ 2 Maquetación 1 - Aira das Mantas · señor de Maceda tivo dúas fillas lexítimas, Elvira e Leonor de Nóvoa. En 1512 finou a súa ... Só o rostro con-serva a sequidade

Foto Portada:rúa Aureliano Ferreiro (Maceda)

EDITA:Asociación “Aira das Mantas”

DESEÑO MAQUETA:José Luis RodríguezMilagros Aldemira

MAQUETACIÓN:?????????????????

COLABORACIÓNS:Santiago ProlLuis Del CampoPilar AldemiraXosé LópezFrancisco CarballoJosé Antonio RodríguezRamón VillarDelfín MartínezRamón SarmientoMª Carmen AldemiraAmalia González

IMPRIME:Tórculo Artes Gráficas, S.A.

SUMARIO:

Limiar ........................................................ 2

Vestixios dos nosos devanceiros (III) .... 3

As construcións adxectivas:............... ..os muíños de río ...................................... 6

O terremoto de Lisboa (1755) ................. 11

Creatividade contra aborrecemento....... 13

Poder absoluto....................................................Mais outra sociedade é posibel ............. 15

Orixe das feiras en Maceda. Unha feira. 18

Testemuño dun carrilano ........................ 23

Maceda, ese anaco do escenario......................mundial ..................................................... 26

No val de Maceda: Santiago da Costa ... 29

Setestrelo: Asociación de amigos do.... ........

Castelo de Maceda .................................. 31

Pasatempos.............................................. 32

Para os máis cativos ............................... 33

Os vixiantes do lugar .............................. 34

ALCATRUZAGOSTO 2010Nº 2Ano III

SUBVENCIONA:

logoAcademia

Postal

Page 3: ALCATRUZ 2 Maquetación 1 - Aira das Mantas · señor de Maceda tivo dúas fillas lexítimas, Elvira e Leonor de Nóvoa. En 1512 finou a súa ... Só o rostro con-serva a sequidade

LIMIAR

Muíños, devanceiros, feiras,..., pequenas cousas conformaneste terceiro número do noso pequeno grande proxecto queé a revista ALCATRUZ.

Luces da Casarella, do castro de Malamao, pequenos fachosnas lonxanías dun tempo esquecido e descoñecido dos sabe-res que nos achegaron a estes actuais modos.

O intento de achegar as historias e as cousas de de-nantes, é o que nos segue, nos persegue e nos animapor estas corredoiras nas que a nosa xente foi e veu, ó

tempo que deixou a súa pegada nos riscos afendadospolos carros nas penedas.

Moendas, fiadeiros, entroidos,..., saberes vellosque se esquecen!

Ruda para os piollos das pitas, xarxa para ador de barriga,...

Non queremos, non!, que se perdan os ar-redos dos nosos devanceiros, sempre desenrolán-dose en circunstancias á contra

Queremos que os nosos nenos/as, mozos/as -é dicir o noso futuro- saiban que os seus ancestrosvivían xa nunha economía sostible! (agora quetanto se fala diso: de sosteñibilidade, ecoloxismo,integración no medio,...)

Señoras/es, temos unha historia recente,que nin historia se pode chamar -pois foi onte,como quen di-.

Contémosllela, ensinémosllela, que non seperda!, pois é nosa, é de todos.

Non temos nada de inventos: leámola, escoité-mola, -en definitiva- coñezámola e transmitámola, porque

esa historia nosa TÉN MOITO QUE NOS ENSINAR!

Coroza

Page 4: ALCATRUZ 2 Maquetación 1 - Aira das Mantas · señor de Maceda tivo dúas fillas lexítimas, Elvira e Leonor de Nóvoa. En 1512 finou a súa ... Só o rostro con-serva a sequidade

VESTIXIOS DOS NOSOS DEVANCEIROS (III)Santiago Prol

A Terra de San Mamede é unha das máis bravas e altas que hai no Reino de Galiza,case todo o ano atópase neve nela. Tomou esta serra nome do santo corpo que alí está enela fixo a súa áspera vida. Tiña morada nunha cova. As xentes da contorna puxéronlleese nome pois só se alimentaba de leite de bravos animais.

LICENCIADO MOLINA, 1550

No noso País existentrinta e tres lugares ealdeas que levan o

nome de San Mamede. Porén,no cumio desta icona referen-cial tan nosa, na chaira abei-rada aos 1618 m. da cotaxeodésica, erixiron unha er-mida de estilo visigótico conengadidos románicos amen-tada polo Licenciado Molina(1550). A tradición oral contaque para subir as pedras atéonde asentaron a capela, axu-dáronse de parellas atípicas deanimais autóctonos. O culto aSan Mamede espallousedende o século V segundo oPadre Flórez (1747). A capelafoi destruída co paso do tempo.Reconstruíuse na derradeiradécada do século XX.

O inventario do PatrimonioHistórico Artístico vencelladocoa arquitectura relixiosa deMaceda é abondoso. Aíndaque incompleto saíu publicadono DOG en 1991 [nº 134]. Sa-lientar as igrexas de Sta. Ma-riña de Asadur, San Pedro deMaceda, Santiago de Zorelle,Sta. María de Cimadevila, SanXoán de Vilardecás, Sta. Baia

de Escuadro, Virxe das Nevesde Maceda e Sta. María dePiúca. Tamén as capelas dePías, Casasoá, Castro de Es-cuadro, Foncuberta, Francos,Tioira, Santa Marta, Xinzo,Amedo, Santirso, Vixueses,Barxela, Bustavalle…;Calvelomesmo conserva o Bautistabaixo arco románico. Casetodas as igrexas e capelas con-teñen esculturas e ourivería.Outrosí a ermida de Nosa Se-ñora de Donfranque, padroeirade Piúca, O Souto, Casonel eOuteiro da Torre. Conforma unedificio erixido enriba doutroprerrománico. Amosou vence-llos co mosteiro de Santo Es-tevo de Ribas de Sil. Logoquedou baixo xurisdición dosnobiliarios da Torre. En 1640,Aldonza de Nóvoa e Lemos,señora de Maceda, mandouque reparasen unha casa quetiña a carón de Donfranque eque habilitasen nela “camapara acoller aos pobres que vi-ñesen facer novenas”. RivasQuintas (1985) colixe que an-tano “foi máis que a ermida quehoxe vemos”.

Do cenobio de monxas tou-

quinegras de Asadur consér-vase un singular baixorrelevocun Cristo crucificado no cen-tro, vestixio do edificio prerro-mánico. Áchase no lado norteda igrexa, na parte exterior dasancristía. Á dereita tén unhainscrición -pouco nítida- que foiinterpretada por Colmenero(1991): “Paixón e resurreccióncoa cruz” ou “Xesús, salvadordos homes na cruz”. Logo en-gade: “A primeira estaría máisde acordo coa escena, que,ademais de Xesús triunfante,representaría a catro soldadoscoas lanzas respectivas en ac-titude de desconcerto perante oresucitado. A segunda pareceaxustarse máis á escrita”. Noano 935 vivía no cenobio a in-fanta Ximena, filla do rei Or-doño e da raíña ElviraMenéndez, vinculados a Ro-

Page 5: ALCATRUZ 2 Maquetación 1 - Aira das Mantas · señor de Maceda tivo dúas fillas lexítimas, Elvira e Leonor de Nóvoa. En 1512 finou a súa ... Só o rostro con-serva a sequidade

sendo de Celanova. O rele-vante mosteiro de donas es-taba operativo a mediados doséculo XIV. O couto de Asadurpasou a xurisdición real en1585. Dous anos despois foimercado por Antonio de Nóvoae Lemos, XXº señor de Ma-ceda, en máis de 3.000 duca-dos, vinculándoo ao seumorgado, que fora recoñecido o28 de abril de 1520.

Na igrexa de Asadur des-cansa un inquisidor que viviu nolugar dende 1620 até 1656, anono que finou. Está soterrado nacapela que ordenou edificar aocarón da Epístola. Debaixo doseu escudo pendura unha ins-crición: “Esta capela fundounao licenciado Pedro Vázquez deCastro, comisario do Santo Ofi-cio e abade de Asadur”. Con-sérvase o sartego con estatuaxacente.

Na igrexa de San Pedrode Maceda repousan o XVIIIºseñor de Maceda e a súa dona

Xoana Díaz de Cadórniga, quepertencía a unha potentada e be-lixerante familia que se asentouen Ourense enfrontándose aospoderes fácticos [prelados e xu-deus] da súa xeira. A familiaNóvoa de Maceda foi emparen-tando con boa parte da nobrezagalega. Dela xurdiron bispos,abades, cabaleiros, alcaides, na-vegantes, rexedores e logo, coaconcesión do condado [1654],xenerais de brigada, gobernado-res, vicerreis, ilustrados e atépresidentes de multinacionais ede Estado.

A nosa freguesía, a comezosdo século XVI non sobrepasabaos corenta veciños. O XVIIIºseñor de Maceda tivo dúas fillaslexítimas, Elvira e Leonor deNóvoa. En 1512 finou a súadona. O fidalgo pasou o resto dasúa vida [24 anos] mantendo re-lacións coas criadas na Torre,coas que tería un bo feixe devástagos. Gallego Domínguez(2008) exhuma dez fillos naturaiscon catro criadas aos que llesdeixou parte da súa herdanza.Iáñez de Nóvoa tamén dispuxono testamento que lle fixesen ashonras e obsequios na igrexa deMaceda que el mandara edificarao abeiro da Torre: “Que as dezfanegas de pan e o porco quedera para alumear e dicir cadasábado e todos os días de NosaSeñora unha misa, llas concedana quen outorgue o señor de Ma-ceda o título da capela. Quefagan un cáliz de prata bo.Tamén que vistan dez dos máispobres do couto con saias e

capas. Que agasallen a todos osmozos e mozas da casa cunvestido”. Mesmo lle doa ao seuirmán pequeno Truilos de Nóvoao seu cabalo. En 1536, o XVIIIºseñor de Maceda estaba morto.Cumpriron a súa vontade derra-deira, xa que logo foi soterrado acarón da súa dona na igrexa deSan Pedro.

Chamoso Lamas (1979) es-tudou o arcosolio deste prolíficofidalgo emprazado no lado doEvanxeo, nunha gran arca se-pulcral do último gótico. Enribaasenta pedra armeira dos Nóvoa[aguia, torre e león] no medio dedúas cartelas. O sartego deIáñez de Nóvoa amósase acubi-llado por un alfiz. Debaixo loceescudo coas armas dos Cadór-niga [dous lobos e unha barca].A figura xacente aparece cubertacoa armadura: “Descansa asmans sobre a espada e apoia ospés nun can lebreiro, mantendoo tipo funerario tradicional. Dolado esquerdo dos pés, un don-cel sostén o casco nas súasmans. A cabeza descansa sobretres almofadóns e apoia o rostromodelado con certa dureza es-quemática que contrasta coaenérxica execución do resto daescultura. A figura destaca conrotundidade plástica pois denun-cia o sentimento estético danova época. Só o rostro con-serva a sequidade representa-tiva, propia do sentimentoarcaizante medieval. Porén, oconxunto, de estilo severo, puroe vigoroso, respira nobreza edignidade”.

Igrexa deSan Pedroe Castelo

Page 6: ALCATRUZ 2 Maquetación 1 - Aira das Mantas · señor de Maceda tivo dúas fillas lexítimas, Elvira e Leonor de Nóvoa. En 1512 finou a súa ... Só o rostro con-serva a sequidade

BIBLIOGRAFÍA

LICENCIADO MOLINA: (1550), Descripción del Reino de Galicia, Ed. de 1998, Fisterra E., A Coruña.

PADRE FLÓREZ: (1747 e ss.), España Sagrada, 51 vol., Madrid.

CHAMOSO LAMAS: (1979), Escultura funeraria de Galicia, Dep. Ourense.

RIVAS QUINTAS, E.: (1985), A Limia. Val da Antela e Val do Medo, Dep. Ourense.

R. COLMENERO, A.: (1991), Relevo prerrománico na igrexa de Asadur, Larouco, Ed. do Castro, Sada.

DOG (1991), nº 134 do 15 de xullo, Xunta de Galicia, Compostela.

GALLEGO DOMÍNGUEZ O.: (2008), Historia da muller. Mulleres ourensáns dos séculos XIV-XVIII,Museo arqueolóxico provincial, Ourense.

XVIII señor de Maceda(igrexa de San Pedro)

Page 7: ALCATRUZ 2 Maquetación 1 - Aira das Mantas · señor de Maceda tivo dúas fillas lexítimas, Elvira e Leonor de Nóvoa. En 1512 finou a súa ... Só o rostro con-serva a sequidade

Existen distintos tiposde muíños: de vento,de mareas, de batán,

de man,…pero imos centrar-nos nos muíños de río, ou re-gato que son os que temos nonoso val.

A auga en Galicia tivo sem-pre grande importancia comomedio de produción dado quea pluviosidade permite unhaamplia rede hidrográfica. Omuíño constitúe unha dasconstrucións máis numerosas,Lucas Labrada, na súa obra“Descripción Económica delReino de Galicia” (1805) censaun total de 8278 muíños.

Os muíños ademais da súafuncionalidade de esmagar ogran teñen outras vertentes et-nográficas: a muíñeira, danzatradicional nacida arredor domuíño; refráns coma “Auga pa-sada non move muíño” “Se o

muíño non anda a maquía nongaña” “Unha noite no muíño...”cantiga popular;...

Os muíños eran as reboti-cas dos pobos, centro social, aonde -de troula e leria- acudíanmozos e mozas nas longasnoites de inverno. Xusto des-pois da guerra civil servíancomo lugar de refuxio dos ma-quis fuxidos xa que os muíñei-ros moían de día e de noite.

A súa propiedade podía serparticular, de uso familiar oupara moer xente de fóra quepagaba en cartos ou en espe-cie, a maquía podía ter un ca-rácter comunitario onde cadamembro dunha familia dispoñíadun tempo de moenda determi-nado chamándose a éstemuíño de parceiras.

Os muíños recibían o nomedos seus propietarios, ou dotipo de pedra que moía. Así ti-ñamos muíños con sona comoo da Ruana; o da Luz que foiadaptado para iluminar Molgas;o do Puentes; o muíño Albeirocon roda para moer trigo; o dePirinote;...

Xa no Catastro do Marquésda Ensenada aparece unha re-lación dos muíños existentes

dentro dos pobos que confor-man o Concello de Maceda ouManzaneda de Limia, ata ben

entrado o século XX.

ASADUREn el lugar de Couzada una

rueda de molino que muele conel agua del arroyo do Campo,otro en el arroyo de edreira,con cuia agua muele, y cadauna de estas muele, seismeses al año,y en el arroyo deAzadur ai un molino arruinadoen el Coto de Barreiros, ai otrarueda de molino y muele con elagua del arroyo de Ponte daPedra, y todas ellas son harine-ras, y de piedras negras, y eneste ultimo arroyo tiene un mo-lino arruinado, y en el arroyo deSan Miguel, ai otra rueda demolino harinera.

BUSTAVALLETres molinos harineros de

piedras negras, los dos deellos, muelen con agua delarroio de Mogo, seis meses, yle consideran de producto, aquatro fanegas de centteno ymijo por mitad, y el otro, de lajurisdicción de Junquera deAmbia, y se halla en el Atrio deCarreixal, y molerá tres mesesal año cada Molino tiene una

AS CONSTRUCIÓNS ADXECTIVAS: OS MUÍÑOS DE RÍO

Luis Del Campo

Muíño, muño, muín, é un complexo construtivo onde se conxugan arquitectura e a me-cánica na que, aproveitando a forza motriz da auga, tén a finalidade de moer o granpara a obtención de fariña.

Page 8: ALCATRUZ 2 Maquetación 1 - Aira das Mantas · señor de Maceda tivo dúas fillas lexítimas, Elvira e Leonor de Nóvoa. En 1512 finou a súa ... Só o rostro con-serva a sequidade

sola rueda.

MANZANEDA DE LIMIA Y VI-LARELLOS

Diez y siette ruedas de mo-lino arineros de piedra negre-ras, las doce de ellas muelencon el agua del río maceda,estas doce ruedas tienen abun-dancia de agua para moler a laconttinua, y todas están co-rrienttes y molientes, y regulanproducirá a cada rueda a sudueño al año quattro fanegasde zentteno, y mixo por mittadque es de lo que muelen, ysegún la regulación hecha as-ciende el producto de cada unaa noventta reales vellón, otrasdos ruedas muelen con el aguadel regato que llaman do sottomuelen, tres fanegas de cen-teno y mixo por mitad, y segúndicha regulación asciende asettentta y siete reales y mediode vellón, y esttas cattorce rue-das se allan en la feligresía deSan Pedro de Manzaneda, ylas dos ultimas por el tiempoque muelen tienen más abun-dancia de grano que las ottras,y en el termino del lugar de vi-larellos ay tres piedras de mo-lino de piedras negreras, con elagua del regato de Reguengo,que las dos de ellas muelenseis meses del año, y la otraque se alla en el mismo arroioes de (...) y en ella muele úni-camente el pan que necesitapara su casa, y la regulan de(...) anual esta razón una fa-nega de centeno, su importeveintte reales, por que este nopercive maquila alguna

MONTEDERRAMOEn la feligresía de santisso

hay dos molinos, uno es, estaal sitio llamado das mestras, esde una piedra negra, y mueleocho meses del año, y el mo-lino restante esta al sitio que elde ... y es de la misma circuns-tancia, hay un molino, esta alsitio llamado tesso, es de unapiedra negra, muele quatromeses con agua del arroio deportas das ovellas, hay otromolino, esta al sitio y lugar decouzada, y muele tres mesesdel año, con agua de la fuentede currelos y paxela, la feligre-sía de esquadro ay cinco moli-nos, esta al sitio dapenasobrepuesta, dista de la pobla-ción quatrocientos pasos, es deuna piedra agua del río mor-ledo, al qual regulan de utilidaddoscientos cinquenta realesvellón al año, otro negra ymuele todo el año, otro, esta alsitio de Ponte da varrera, distade la población trescientospasos, es de una piedra negray muele seis meses de el añocon agua del arroio cachagu-din, al qual regulan de utilidadciento cinquenta reales vellónal año, otro de, que esta conti-guo, al qual regulan de utilidadlos mismos ciento cinquenta re-ales de vellón al año, otro estaal río llamado castro, dista de lapoblación trescientos pasos, esde una piedra negra y muelecon agua de dicho río, lo nece-sario para el gasto de la casade su dueño, le regulan de uti-lidad cinquenta y cinco realesde vellón al año, y el molinorestante, esta junto al antece-

dente y es de la misma circuns-tancia, al qual le regulan de uti-lidad quarenta reales vellón laaño, en el coto de ginzo, aycinco molinos, uno, esta al sitiodo muiño vello, dista de la po-blación cinquenta pasos, es deuna piedra negra y muele seismeses de el año, con agua delrío Castelo, al qual regulan deutilidad, ciento sesenta realesvellón al año, otro, esta al sitioque llaman o porto, dentro dellugar de ginzo, es de una pie-dra negra y muele ocho mesesde el año con agua del río Cas-telo, al qual regulan de utilidaddoscientos cinquenta realesvellón al año, otro esta en elsitio llamado do cantor, dista dela población sesenta pasos, esde una piedra negra y mueledos meses del año con aguade dicho río de Castelo, al qualregulan de utilidad, trescientosreales vellón al año, otro, estaen el sitio do muiño vello, distade la población quarentapasos, es de una piedra negra,y muele quatro meses al añocon agua de dicho río Castelo,al qual regulan de utilidad, cienreales vellón al año y el molinorestante esta al sitio del vala-dino, dista de la poblacióntreinta pasos, es de una piedranegra y muele quatro meses alaño, con agua del mismo río, alque regulan de utilidad diez re-ales al año, en dicho coto deginzo ay un Batan y trabaja conagua de dicho río do castelo, alqual regulan de utilidad setentay siete reales de vellón al año,en atención a que solo se ba-tana una tela llamada Buriel,

Page 9: ALCATRUZ 2 Maquetación 1 - Aira das Mantas · señor de Maceda tivo dúas fillas lexítimas, Elvira e Leonor de Nóvoa. En 1512 finou a súa ... Só o rostro con-serva a sequidade

TIOIRASolamente ai cinco ruedas

de molino con el agua del Ríoque se llama de Tioyra, y sejunta con el Río arnoya, losquales estan corrientes y mo-lientes, de estas por poca mo-lienda que tienen le regulan deproducto al año, quatro fane-gas de centeno y de mijo pormitad, y en el mismo Río ai otracasa de Molino que tenía unarueda y se acabaron las pie-dras, ay otro molino de regatoen el que se llama, de Cima deVila y muele en cada un año,quatro meses por el hiberno, yle rredituara en cada un año,dos fanegas por estar más amano que los otros de centenoy mijo por la mitad.

VILAR DE CÁSSolamente tres ruedas de

molino de piedra negreras, eluno de río, sito en el de Barjelay le rendirá en cada un año porlo poco que muele, quatro fa-negas de zenteno y mijo pormitad, y las otras dos se hallanen el riachuelo que se llamaGuinzo, y molerán cada uno deellos seis meses al año,

ZORELLE E CALVELOSolamente cinco molinos

arineros de piedra negra y demaquila, que muelen con elagua del arroio de Lamas ycada uno de ellos muele quatromeses al año, y le rregulan deproductto por dicho tiempo,tres fanegas de centteno y mijogrueso por mitad, que según larregulación echas asciende

cada rueda a sesenta y sietereales y medio.

O muíño nace a carón dunrío, regato ou arredor deles,pois ate cincocentos metrostemos algún. A auga recóllesenunha presa ou mediante unhacanal (1) ou caldeira , lévaseate o cubo (2) por onde baixaata a sartén. Na canal hai unaliviadeiro para regular o cau-dal da auga e unha gradilla (3)

de pao ou ferro para que nonpasen caxatos ou broza. Aauga sae a presión pola pen-dente do cubo que se estreitano billote (4) e fai mover o rodi-cio (5). O rodicio está formadopor culleres, sendo de madeiraou ferro que fan mover o restodos elementos do muíño. O ro-dicio descansa na porca oumesa (6) que é a viga que vai aotraveso por embaixo onde des-cansa o aguillón ou grilo (7) deforma apuntada onde xira nou-tro aguillón ou ra, estes meca-nismos poden ser de coiro,bronce ou ferro. A vara ou re-gatón (8) é o eixo vertical que

parte do rodicio, sendo de ma-deira na parte inferior e de ferrona superior. Este eixo sobe aopiso do muíño atravesando opé (9) que se mantén semprefixo e é de pedra, o mesmo quea moa (10) que xira encol do pé.As moas para o trigo ou centeoe chámanse albeiras e para omillo, pedras do país para queo eixo enganche na moa levaunha peza que se chama sego-rella que se introduce nela exiran xuntas.

A auga entra no muíñocando abrimos o pechadoiro(16)

unha comporta que pecha asaída do billote. O gran bótasena moxeca (11) que tén unha ca-neta (12) que sae por riba do bu-rato da moa. Ó poñer enfuncionamento o muíño, o en-granedo -remate do eixo- quegolpea nun saínte da caneta faibaixar o gran cara ao burato damoa ata entrar entre o pé e amoa. Polo movemento xiratorioentre o pé que está fixo vaiseesmagando e saíndo a fariñapara un caixón esbarando polacanal de madeira. A fariña vaiquedando pegada ao caixón ea cascarilla vai esbarando caraao outro lado do caixón.

Non facía falta que o muí-ñeiro estivera no muíño, poisna moxega (11) metíase a alca-chofa (12) cun cordel atado aopechadoiro e cando o gran seacababa o pecho de ferro (14)

(15) soltábase e baixábase opechadoiro (16) pechando aauga e parándose o muíño.

O tempero da fariña para fa-cela máis ou menos miúda

Page 10: ALCATRUZ 2 Maquetación 1 - Aira das Mantas · señor de Maceda tivo dúas fillas lexítimas, Elvira e Leonor de Nóvoa. En 1512 finou a súa ... Só o rostro con-serva a sequidade

usábase o volante (17) que íaata a mesa que separaba máisou menos a moa da mesa.

Para que o muíño estiveraen condicións de moer cumpríaque a moa estivera ben picadae tamén o pé, se non queima-ríase a fariña co desgaste. De-pendendo do que traballase omuíño repitiríase con máis oumenos frecuencia esta opera-ción. Por todo isto o muíñeiroera ferreiro e candeiro aomesmo tempo.

Outra das operacións con-sistía en cambiar o aguillón eplomalo para que contara de-reito e agarrrándoo para nive-lalo.

Con pequenas varianteséste era un dos funcionamen-tos básicos do muíño.

Unha das operacións máiscomplexas era primeiro levar opé e a moa ata o muíño, dadaa súa localización en lugaresde moi difícil acceso e segundoa colocación das pedras, paraisto usábase o burro, co que un

só home era capaz de mover edarlle volta á moa e ao pé parapicalos ou cambialos.

Tamén hai que dicir queestes tipos de construciónscomplexas, funcionais e de di-namización económica no seumomento onde eran imprescin-dibles para a economía de sub-sistencia e para o comercio.

Non podemos esquecernosdun dos grandes e imprencin-dibles traballadores dos muí-ños que era o burro fariñeiro,que por mal carreiro levaba ogran e sacaba a fariña, moitasdas veces, cando a moendaestaba feita e o muíñeiro o car-gaba para que el só volvera

Page 11: ALCATRUZ 2 Maquetación 1 - Aira das Mantas · señor de Maceda tivo dúas fillas lexítimas, Elvira e Leonor de Nóvoa. En 1512 finou a súa ... Só o rostro con-serva a sequidade

cara á casa.

Outras construcións son aspresas de onde saen as cana-les para os muíños, e son, sendúbida, outras das grandesobras de enxenería, pois sesubimos esa parede uns centí-metros o muíño que está río ar-riba, xa non moe.

Pero disto falaremos noutroartigo.

outros

muíños:

de vento

de marea

de batán

de man

Page 12: ALCATRUZ 2 Maquetación 1 - Aira das Mantas · señor de Maceda tivo dúas fillas lexítimas, Elvira e Leonor de Nóvoa. En 1512 finou a súa ... Só o rostro con-serva a sequidade

Con este artigo queremosmostrar como se deu anoticia dun feito acaecido

o 1 de novembro de 1755, o cal cau-sou unha tremenda sensación aoshabitantes debido a que a maioríada xente era totalmente inculta noque se refire aos tremores de terra,dado que a información da que dis-poñían daquela en nada era com-parable coa que nós temos hoxe endía, grazas a tantos e variados me-dios de comunicación dos que dis-poñemos.

Referímonos ao Terremoto deLisboa, de 9 graos na escala Rich-ther; foi tan grande que se sentiudesde toda España, chegandomesmo a notarse en toda a costa

Atlántica, segundo relatan os docu-mentos que existen sobre o devan-dito feito.

Foi tan espantoso, que o Rei deuunha orde a todos os Corrixidoresdas provincias, para que, relatasene cuantificasen os danos que hou-bese. Por sorte en Galicia só houbodanos materiais nos edificios, comona Catedral de Tui, (o río Miño e oterritorio que baña esta Xurisdiciónsaíu do seu estado en cousa dedúas horas quedando despois nomesmo sen que se experimentararuína).

Non correron a mesma sortenoutras rexións, en Andalucía houbomoitos mortos e os danos foroncuantiosos, morreron máis de 1.275

persoas, ehoubo moi-tos desapa-recidos. EnLisboa adestruciónda cidadefoi total,posterior-mente pro-duciuse unincendio de-vastador e otremor deterra cau-sou un ma-

remoto no Teixo. Os gravados daépoca causan pavor ao contemplaras xigantescas ondas que alcanza-ron ata 20 metros de altura. Morre-ron entre 50.000 e 75.000 persoas.

Transcribimos, deseguido, as certifi-cacións remitidas dos danos causa-dos en Maceda, Coto de Bustavalle,Piuca, e Baños de Molgas.

(mantivemos a ortografía orixinal dodocumento)

Maceda,

9 de diciembre de 1755

Dn. Joseph Carnicero de la Vecilla,Alcaldemaior y Junta hordinaria enesta Jurisdicción de Maceda deLimia, Certifico que en el día primerodel mes de Nobiembre de este pre-sente año entre las nueve y diez de lamañana se esperimento un gran tem-blor de tierra de forma que se biomober el suelo, los edificios y tem-plos, cuio temblor que según es noto-rio fue universal en esta jurisdiccióny población, duro cosa de Diez mi-nutos, pero según me allo informadono hubo ruina ni resulto perjuicio al-guno en los vibientes ni edificios, niantes se ha previsto ni reconocido se-ñales que lo anunciasen, y para queconsten doi la presente , estando endicha jurisdicción a nueve de Diciem-bre, año de mil setecientos y cin-quenta y cinco.

CONSECUENCIAS DO TERREMOTO DE LISBOA(1755)

A.C. Aira das Mantas

Page 13: ALCATRUZ 2 Maquetación 1 - Aira das Mantas · señor de Maceda tivo dúas fillas lexítimas, Elvira e Leonor de Nóvoa. En 1512 finou a súa ... Só o rostro con-serva a sequidade

Joseph Carnicero de la Vecilla

Ante mi

Juan Antonio de Noboa y Losada

Coto de Bustavalle y Piuca,

6 de diciembre de 1755

Sebasttian González, Juez Hordina-rio del Cotto de Busttavalle y Piuca,dando cumplimiento a la horden querecivi sobre el temblor de tierra el díaprimero del mes de nobiembre pró-ximo passado de este presente, Zert-tifico a donde convenga haverseexperimentado en los Lugares y (…) de este Cotto referido de Busttava-lle y Piuca el expresado temblor detierra el dicho día Primero de No-biembre Proximo pasado de este (…) Año a cossa de las nuebe o diez dela mañana sin que huviese arruynadomuro, Cassa ni edificio ni hubieseotro Acaso ni novedad y para queconste Doi la presente en dicho Cottode Busttavalle a seis días del mes deDiciembre del año de mil settecientoscinquenta y cinco la qual no firmopor no saber por ante el escribano quede ello Da fee

Paso ante mi

Juan Antonio de Noboa

Baños de Molgas

9 de diciembre de 1755

D. Juan Niño de la Vega Corregidory Justicia hordinaria de la Jurisdic-ción de Baños de molgas certifico deverdad en quanto puedo y devo enDonde conbenga como habiendo Re-cibido horden por el Caballero Regi-dor y Corregidor interino de la

Ciudad de Orense y su provinciaynserta en ella la de su Alteza elseñor Governador del Consejo sobreel terremoto o terremotos que han su-cedido en el día primero de Nobiem-bre pasado deste presente añodespacho hijuelas a la Jurisdicciónpara que se juntasen en esta Villa losVicarios cada uno con dos hombreslos más expertos el día siete pasadode este presente mes y habiéndoseJuntado y hechole saber dicha Hor-den quien enterados de ella Dixeronque en dicho día primero de nobiem-bre por la mañana y cerca de las diezde ella hubo generalmente un tem-blor de tierra de Casa e yglesias queduro mui Corto tiempo y luego inme-diatamente se sobresiguio otro quedura quasi más que medio quarto dehora que parecía se arruinaban lostemplos Cruces Casas y terrenos ydespués que cesó sin peligro solo si lagente amedrentrada de verlos y en lamisma noche de dicho día prosiguie-ron más pero no con tanta violenciay en las dos noches subsiguientes queunos los obserba-ron y otros no porhallarse muchosrecojidos ya encama y para queconste en dondeconbenga Doi lapresente que Certi-fico y firmo de minombre por de-lante el presenteescribano de nu-

mero que de ella da fee como tambiénde que en esta Villa de Baños paróla vurga sin hechar agua alguna porel caño por espacio de dos o tres Cre-dos y después principio hecharla delcolor del acero con demasiada abun-dancia con dos porciones más queacostumbraba no solamente por elcaño sino por el cuerpo del y no sevolvió a su natural y color hasta elcabo de veinte y quatro horas quevolvió a su natural en la forma enque antes estaba y el baño asimismosalía de su natural levantándose enolas como si fuera la mar quandoesta embrabecida lo que ha causadoa los abitadores de dicha Villamucho terror y espanto y a otros quelo vieron así lo vuelvo a certificar es-tando en dicha Villa de Baños anuebe días del mes de diciembre añode millsetecientos cinquenta y cinco.

Juan Manuel Niño de la Vega An-temi.

Manuel González Fariñas

Page 14: ALCATRUZ 2 Maquetación 1 - Aira das Mantas · señor de Maceda tivo dúas fillas lexítimas, Elvira e Leonor de Nóvoa. En 1512 finou a súa ... Só o rostro con-serva a sequidade

Por un lado, ese espí-rito aventureiro e ocontacto obrigado co

mar que rodea a nosa terra ga-lega e, por outro, o termos na-cido e vivido no paraíso dos milríos e milleiros de regos, vailevar aos nosos nenos a em-prender, por imitación, a cons-trución de diferentes tipos deembarcacións. Así xurdían doseu maxín gamelas, dornas,botes, lanchas ou traíñas comase dun taller de ribeira se tra-tase. Unha das materias primasmáis empregadas para estefeito eran os xuncos. Non podíaser doutro xeito nun país hú-mido como o noso, onde a chu-via é arte e fai agromar asxunqueiras polas beiriñas dosregueiros e prados de regadío.

Os nenos do interior de Ga-licia, cando ían co gando aosprados ou ao monte, buscabanmoitas maneiras para entre-terse e pasar ese tempo de coi-dado do gando do mellor xeito

posible. Semellaba que ashoras corrían moito máis rápidose había algo en que enredar,aínda que tiveran que mirar deesguello para coidar de queningún membro do rabaño seextraviase ou fose para a leirado veciño estragar a colleitadesa sazón. Unha das múltiplesformas de argallar era constru-índo estas lanchiñas de xuncoe botalas polos regos abaixomirando con verdadeiro pracercomo navegaban ou mesmocon afán competitivo.

O material que nos cómpreé doado de atopar, simple-mente xuncos, espiñas (de sil-vas, pao de espiño, acaciabrava, roseira, toxo…), follas deloureiro e navalla. Podíase rea-lizar, principalmente, en prima-

CREATIVIDADE CONTRA ABORRECEMENTOXosé López

Page 15: ALCATRUZ 2 Maquetación 1 - Aira das Mantas · señor de Maceda tivo dúas fillas lexítimas, Elvira e Leonor de Nóvoa. En 1512 finou a súa ... Só o rostro con-serva a sequidade

vera e verán e había dúas va-riantes, a lancha de xunco pro-piamente dita, e o barco outraíña, xa máis espectacular erechamante.

Para facer a lancha dexunco, hai que arrincar unxunco enteiro, agarrándoo benforte pola base, para que nonrompa. Canto máis longo sexa,máis ampla será a plataformada lancha.

A mellor época para realizaresta operación é a primavera,pois unha vez que espigan osxuncos, escachan con gran fa-cilidade.

Cóllese o xunco pola baseou cu e dóbrase a uns sete cen-tímetros, para facer o mastro oupao da vela.

Deseguido vólvese a dobrará mesma distancia e vaise en-volvendo ao redor do mastroata que se remate o xunco.

Ao acabar este proceso,préndese coas espiñas, mellorde pao de espiño, que son máislongas e seguras.

De non habelas, cravámos-lle calquera das outras que te-ñamos a man. Metémoslleunha na proa, outra na popa eoutras dúas, unha a babor eoutra a estribor.

Pódese facer máis ancha alancha se lle engadimos outroxunco ben amarrado coas espi-ñas.

Finalmente pónselle unhafolla de loureiro atravesada polomastro, que fará de vela. Coló-case perpendicular ao mastro,

abríndolle dous buratiños sepa-rados para meter por eles oxunco que fai de pao de vela.

Este tipo de folla é máis re-sistente, pero de non as termosa man, vale calquera outra quenos sirva para simular unhavela.

Xa está a lancha lista parabotar por un rego abaixo ou dei-xarse levar pola corrente dunlavadoiro.

Para facer a traíña ou barcode xunco, temos que apañar,do mesmo xeito, unha presadade xuncos.Collemos tres deles,ben igualadiños, e anoámolosben apertados nun extremo.

A seguir, facémoslles outronó noutro extremo e á distanciaque nós queiramos que teña ocasco da traíña.

Cortamos coa navalla o so-brante dos extremos e colle-mos unha presa de xuncos ecortámolos en pezas dunhacuarta ou 20 cm.

Apañamos outra presa e partí-molos en anacos de 6 ou 8 cm.

Como xa temos todo o ma-terial preparado, podemos ini-ciar a construción do navío.

Collemos un anaco dunhacuarta, dobrámolo coa uña polametade en forma de uve e in-troducímolo entre os tres xun-

cos iniciais, abrazando o docentro, que fará de quilla.

Quédanos así posta a pri-meira caderna (costela) docasco do barco.

A continuación, para suxei-tar esta peza, collemos unxunco de 8 cm. e introducímoloacabalgado entre os tres xun-cos, é dicir, por debaixo dos la-terais e por riba do central.

Este xunco fai que se su-xeite ao anterior en forma deuve.Continuamos este procesoata chegar ao outro estremoextremo da traíña, procurandoque queden ben apertadospara que non se desfaga a em-barcación.

Page 16: ALCATRUZ 2 Maquetación 1 - Aira das Mantas · señor de Maceda tivo dúas fillas lexítimas, Elvira e Leonor de Nóvoa. En 1512 finou a súa ... Só o rostro con-serva a sequidade

Oacoso do “poder” aoscidadáns asombra.Que toda a riqueza

acugulada nas arcas dos estados,grazas ás aportacións fiscais, sexapara a recuperación da banca epara subsidio das grandes empre-sas, que os “axustes” salariais re-caian en todos, tamén en veciñosque viven na pobreza, constitúeunha dominación cruel: a violenciado “poder absoluto”.

Como adveu tal situación?Non é casual; é o desenlace dalonga andaina imperial, colonial, si-xilosa, de países e de colectivoseconómicos e ideolóxicos.

Na primeira metade do séculoXX, ese século da violencia e dabarbarie, segundo di E-Hosba-wum, un dos pensadores coñeci-dos como “Escola de Frankfurt”que analizaron, críticamente, a vio-lencia do poder que non só expoliasenón que nos levou a dúas gue-rras mundiais (1914-1918 e 1939-1945), con millóns de mortos, áditadura de Franco, ao “holocaustonazi”, aos campos siberiáns deStalin, etc. Un “poder” que preten-día derivar da Ilustración ou, nocaso do franquismo, da defensada relixión. Un poder para o exter-minio e a humillación.

H. Marcuse, un dos sucesoresda devandita “Escola”, no seu libro“Eros e civilización”, 1953, intentadesentrañar os procesos de domi-nanción e de liberación. Marcusepensaba que os logros consegui-dos polas culturas occidentais po-sibilitaban unha civilización nonrepresiva.

X.R. Fdez. Barreiro, en páxinasdo “Dicionario Enciclopédico dopensamento galego”, 2008, ana-liza o “absolutismo fronte ao libera-lismo” na Galiza, así como orepublicanismo. Di: “O ideario re-publicano era o do primeiro libera-lismo máis radicalizado,claramente secularizado, e apos-taba pola república como forma deGoberno, vendo que a Coroa eraa forza que impedía o progreso eo desenvolvemento das liberdadespúblicas”.

Se botamos unha ollada á his-toria da “Terrra de Maceda” vemos:“Desde a Idade Media ata hoxeaguantaron os veciños tempos deafogo e tempos de alivio. Experi-mentaron que o “poder é ambi-guo”; como “auctoritas” quereanimar, arrastrar, axudar, como“potestas” o mando é coerción,opresión. O poder é perigoso e o“poder absoluto” é un perigo mor-

tal.

M. de Foucault observa que opoder é coerción, pero produce deesguello subxectivación, é dicir, re-accións de concienciación, de au-todefensa, de busca de saídasliberadoras. Ollemos, ao galope,cómo funcionou e cómo se com-portaron os veciños de Macedanos tempos idos.

MACEDA FEUDAL

Cando os “Novoa” recibiron o“señorío” dunha parte do actualConcello de Maceda, aquel aga-sallo real a cabaleiros concentrou,paso a paso, dominio económicoe poder político en familias nobilia-res. Os Novoa levantaron o cas-telo. O poder feudal deses señoresera exercido tamén por bispos eabades de mosteiros en zonas de-legadas a eles. Tal poder feudal

era un poder disperso: os veciñosda vila e dos lugares mantiñan for-tes vínculos familiares e gremiaiscomo escudos de defensa. Aquela

PODER ABSOLUTO.MAIS OUTRA SOCIEDADE É POSÍBEL

Francisco Carballo

Lembrádesvos do romance de John Baldacci “Poder Absoluto”? Baldacci é un novelistaocupado en desentrañar tramas escuras e conspiracións envoltas en conflitos. Diagnosticadesde os proxectos de dirixentes, unha perspectiva diferente á do autor de “Gomorra”, oxornalista Saviano, que o fai desde as vísceras da Camorra. É que o tempo presente amosadominación como nunca.

Page 17: ALCATRUZ 2 Maquetación 1 - Aira das Mantas · señor de Maceda tivo dúas fillas lexítimas, Elvira e Leonor de Nóvoa. En 1512 finou a súa ... Só o rostro con-serva a sequidade

sociedade estaba formada por“xente do común” e por privilexia-dos -nobres e clero; os do comúna traballaren, os privilexiados a re-cibiren dezmos e corveas.

Cansos de tal discriminación,no século XV, ergúeronse os “Ir-mandiños” que intentaban conse-guir unha sociedade xusta, derespecto mutuo, inda que admitíandesigualdades. Os Irmandiñosasociaron a campesiños, artesánse mercaderes e mesmo ao cleroparroquial contra os abusos dasnobrezas. Tiveron a capacidadede unir todo o Reino de Galicia nabusca dun mellor convivir: “Deusfratresque Gallaeciae” era a súalenda de loita. Un Deus de paz eunha fraternidade nunha Galizacomo patria de liberdade.

Maxino aos campesiños e mer-caderes desta terra no alto do Ro-dicio e de San Mamede cantandoa liberación. Non foi un soño; foi uninstante. Viñeron de Castela e dePortugal os nobres que fuxiran etraían mercenarios e pólvora.Houbo batallas e os Irmandiñosperderon algunhas.

A situación foilles adversa.Foron valentes, deixaron teste-muño de camaradería.

MACEDA MODERNA

No ano 1476 lograron o poderpeninsular Fernando de Aragón eIsabel de Castela: reúnen reinosdesde Galiza a Navarra, de Valen-cia a Cataluña. Conquistan Gra-nada e apoian a C. Colón nodescubrimento de América (1492).Os Novoa de Maceda colaboraroncon estereis. Un Xoán Novoa -oude Nova- emigrou a Portugal e deu

probas de gran talento descu-brindo illas e participando cos por-tugueses nas relacións de poder

coa India.

Os séculos XVI-XVIII e a IdadeModerna, ven gobernos de “mo-narquías absolutas”. Di Fdez. Ba-rreiro: “Onde hai monarquía éindispensable que exista a aristo-cracia e diversas xerarquías so-ciais… O clero é o outro soportedas monarquías, polo que atacaros seus dereitos económicossupón actuar en contra dos desig-nios de Deus”.

Que lles aconteceu aos veci-ños de Maceda?

Máis movemento feiral na vilaporque se movía máis diñeiro.Máis produción porque consegui-ron novos cultivos: millo, pataca,tomates…No s. XVIII xa se cons-trúen vivendas de pedra, poisantes eran de madeira. Os veciñosdo común, con apelacións xudi-ciais e con revoltas antiseñoriaismodifican algúns tributos, v.g. a loi-tosa (luctuosa) que daba ao“señor” o dereito a quedarse coamellor peza de gando ou de mobleá morte do xefe de cada casa.Esta práctica medieval foi modifi-

cada por unha cota única en di-ñeiro.

Os veciños de Maceda desta-caron polo bo funcionamento dosconcellos abertos de parroquias oude lugares para arranxaren cami-ños, protexeren a pobres, realiza-ren traballos comúns de carretos,searas, regas, etc.

Inda así, o país non foi capazde alimentar dignamente aosnovos veciños xurdidos do medredemográfico e aparece a “emigra-ción”. Unha irá cara ás segas,outra cara ás cidades e, tamén aAmérica. Teñeñ que saír do fogarao descoñecido porque “aquelespoderes absolutos” reservan a es-cola, os cargos, a ciencia e non haitecnoloxías que aumenten a pro-dución. Os poderes foran obriga-dos a comportárense doutramaneira en Holanda e en Inglate-rra, e alí apareceron sistemas degrande produtividade. En Españanon foi así; veu a decadencia, oatraso.

MACEDA CONTEMPORÁNEA

A aventura da monarquía his-pana acabou en 1808, coas gue-rras napoleónicas.

Nelas participou toda a poboa-ción galega e os Novoa deixá-ronse notar.

Unha Constitución, a de 1812,quixo establecer o sistema liberale disolver os privilexios dos nobrese mais do clero. Tardouse, aíndaben tempo, na aplicación deseadianto.

O s. XIX deu paso á industriali-zación e a un capitalismo de ciclossalvaxes uns e de rostro humano

Page 18: ALCATRUZ 2 Maquetación 1 - Aira das Mantas · señor de Maceda tivo dúas fillas lexítimas, Elvira e Leonor de Nóvoa. En 1512 finou a súa ... Só o rostro con-serva a sequidade

outros. Maceda tivo desde media-dos do século XVIII ata 1936 un

certo desenvolvemento econó-mico e social. A época gloriosa dasfeiras, do 4 e do 20, foi a de primei-ros do s. XX. Cando veu a repú-blica (1931), veu como moza abailar a muíñeira: “ïamos entrar de-finitivamente na modernidade, eraatreverse a pensar por nós mes-mos, a responsabilizármonos dopaís, da familia, de nós mesmos.Comezou unha multiplicación deescolas e de acceso a estudosmedios e universitarios de cal-quera….”

Nisto un terremoto. Volven osdo “poder absoluto” ata 1977. A ar-ticulación social dos campesiños edos mercaderes foi eliminada polo“sindicalismo vertical”. A desfeita -mortos, exiliados, esfarelados eco-nómica e culturalmente- écoñecida. Xulio Prada en “Ou-rense 1936-1939”, e Anxo Collaresen “Labregos no franquismo”,2006, editaron eses libros para onoso coñecemento e reacción deconciencia.

Nos anos 1960, Maceda e todaGaliza quedaron baixo o poder docapitalismo antiagrario: emigracióna Europa, creación de granxas fa-

miliares, industria de enclave, des-trución de granxas familiares, …1960-2010, do devandito capita-lismo ao neoliberalismo, da globa-lización financeira, consumismo,sociedade líquida, sen proxectosalternativos,..

Marcuse dicía que as conquis-tas das culturas occidentais ían po-sibilitaren unha civilización senrepresión. Así o esperabamos nosanos 1950-1970. Xa no 1968, osestudantes en París e o maio fran-cés, denunciaran a trampa capita-lista. A decisión do goberno deEE.UU. liquida a base monetaria edáa a hexemonía ao capital finan-ceiro. É esta etapa mundial: a dopoder absoluto do capital finan-ceiro, a da hexemonía de EE.UU.,a das contrahexemonías emer-xentes, uns tempos perigosos.

Que facermos?

Temos desde 1981 autonomíapolítica; agás dous intres, gober-nan conservadores do pasado tanpouco benévolo. Mellorou a Galizaurbana, desfaise a Galiza rural emariñeira. Non se observa na so-ciedade occidental senso revolu-cionario. A reacción de hoxe anteas medidas europeas de axusteestán a organizárense. Desalen-tármonos? Non. Hai camiños, haihorizontes para a esperanza.

De entrada: defender o me-dioambiente cun ecoloxismo serioe cósmico; esixir a soberanía ali-mentaria. Ánimo a estudar: co in-ternet, temos acceso á culturauniversal, millóns de libros á nosadisposición. Cómpre saber inglés,pero hai traducións automáticaspara utilizar. A tecnoloxía actual que

modifica de raíz a capacidade pro-dutiva: con poucas áreas podemosestablecer hortas de produción in-tensiva, obradoiros, almacéns, etc.Un mundo que non sospeitaron osnosos antepasados.

O presidente de Uruguay, Mú-jica, comunicaba aos seus cida-dáns: “o coñecemento e opensamento non son só unha acti-vidade laboriosa son tamén un pra-cer”. Iso é enteder a realidade: amesma actividade de decruar e se-

mentar son acción e lecer. Son dig-nas do máis sabio e do máisincauto. Todo está aí: tecnoloxías,ciencia, convicións…

Desde a Ilustración estannos arepetir: atrévete a pensar, respon-sabilízate. Desde a persoa e aspalabras de Xesús de Nazaret,oímos: érguete e anda!. Podemoscrear co creador outra sociedadee outra organización política. Todo,se eliminamos as armas, a violen-cia, a desigualdade, se facemosdo poder só autoridade de anima-ción e de colaboración, se opta-mos por unha democraciaparticipativa e non por unha sixi-losa dependencia do “poder abso-luto”, ou sexa, do mal absoluto.Camiñemos costa arriba porquedetrás do pico máis alto están anacer “aves” libres en milleiros deniños.

Page 19: ALCATRUZ 2 Maquetación 1 - Aira das Mantas · señor de Maceda tivo dúas fillas lexítimas, Elvira e Leonor de Nóvoa. En 1512 finou a súa ... Só o rostro con-serva a sequidade

Aorixe da feira do 20 datado ano 1401, cando unprivilexio real autorizou

esta celebración no devandito diade cada mes, aínda que -na ac-tualidade- se coincide en domingose traslada ó sábado 19, pero atahai ben poucos anos se celebrabao luns 21.

A actual feira do 4, que foi nasúa orixe un mercado tradicional,é inamovible aínda que coincidaen domingo.

Da importancia que tiveron asfeiras queda constancia en moitosdocumentos antigos que des-eguido se citan:

Asiento de las ferias 1752 El

Conde de Maceda (ortografía ori-xinal do documento)

Tiene la regalía de cobrarAsiento de la feria por lo que su-pone en ella que este presentaaño se halla arrendada en AndrésFormoso vezino de esta Villa en lacantidad de mil nueve cientos ytreinta reales vellón, y para estotiene la obligación de hazer y com-poner las toldas que se hallan al-rededor de la plaza para lastiendas y paños, dar bancos,pesos y medidas lo que le tiene decoste por quinquenio quarenta re-ales vellón.

Documento do 1800: Las tol-das de abajo donde se vendecarne de cerdo. Toldas de arriba,el ganado (situadas onde está oactual tanatorio). Aira das Mantas,donde se vende lana.

Documento do 1839: Plazuelade los pulpos, se vendía pulpo ycogían el agua de la fuente del Al-catruz (esta praza estaba ubicadafrente ó Alcatruz, onde posterior-mente se edificou)

No ano 1842 aparece no perió-dico “El GRATIS”, de Madrid (dia-rio de avisos, noticias yconocimientos útiles).

Ferias que se celebran en lospueblos de España: Maceda deLimia (Provincia de Orense) día 20del mes. Con expresión de los ar-tículos que son objeto de las com-pras, ventas y permutas: Ganadovacuno y de cerda, telas de lienzo,paños de diferentes clases, todogénero de grano, avichuelas, pa-

ORIXE DAS FEIRAS EN MACEDAA.C. Aira das Mantas

Page 20: ALCATRUZ 2 Maquetación 1 - Aira das Mantas · señor de Maceda tivo dúas fillas lexítimas, Elvira e Leonor de Nóvoa. En 1512 finou a súa ... Só o rostro con-serva a sequidade

tatas, carnes saladas, jabón, fierroy quincalla.

No ano 1850 alúdese ós mer-cados de todos os xoves en Ma-ceda de Limia. Mercadosactualmente desaparecidos. Estamención aparece nunha guía de“forasteros en Madrid” que se con-serva na Hemeroteca Nacional.

Documento do 27 de novem-bro de 1861. Plaza de las ollas, losartesanos de Tioira venden susproductos al lado del ayunta-miento. Pasados os anos, nestapraza vendían os seus produtosos artesáns de Niñodaguia e osde Tioira pasaron para a Aira dasMantas.

No ano 1892 aparece unha re-seña referente á feira de Macedano periódico “LA VANGUARDIA”,de Barcelona.

En 1909 xa dicía o escritor ma-cedán D. Manuel Vidal Rodríguezno seu libro “Don Porrazo o mi cu-bierto de plata”: (...) Xa sabes quanosa feira de Maceda é das maisantiguas e famosas da provincia,pois abundan en grans coma deXinzo da Limia; en porcos, comado Pinto; en bois e vacas, comade Allariz, Ourense e Carballino een vestas, coma do San Mateu yade Monterroso; e sobre todo opulpo que en ela se come e tansustancioso, que solo polo comerhay moitos que ven a feira.

As épocas de meirande es-plendor corresponden á antigüi-dade indo en decadencia dende ametade do século pasado, ondeaínda as feiras eran unha partemoi importante da economía dopobo e as súas aldeas, sendomoitas as familias que obtiñan nasfeiras -senón a totalidade si- amaioría dos seus ingresos.

A feira celebrábase durante

todo o día. Achegábanse xentesde diferentes puntos da provincia,para facer os negocios, abaste-cerse do necesario para a quin-cena, comer o polbo, e enterarsedo que pasaba no mundo, dado

que as comunicacións non erantan fluídas como na actualidade, eos medios tampouco estaban ó al-cance de todos, porque era unhaeconomía -máis ben- de subsis-

tencia na meirande da parte dapoboación.

As actuais feiras redúcense apostos ambulantes de froitas, ver-duras e mercadiño téxtil; a pre-

senza de gando é practicamentenula, por mor do abandono xerali-zado do campo e a despoboacióndas aldeas e da mesma vila.

Page 21: ALCATRUZ 2 Maquetación 1 - Aira das Mantas · señor de Maceda tivo dúas fillas lexítimas, Elvira e Leonor de Nóvoa. En 1512 finou a súa ... Só o rostro con-serva a sequidade

Retrocedo no tempo;véxome un neno deoito anos. Hoxe é o 4

de xullo; feira en Maceda. Es-perto ás 9 da mañán. Érgome,aséome e vou a almorzar aoforno da miña avoa Julia (Rol-dana); tomo café con leite ebolos de nata. Comentan noforno que vai bo día e que agar-dan unha boa feira.

Vou á palleira e vexo unhagaliña con pitos recén saídosdos ovos, todos de cor amarela;algúns intres acóchanse entreas plumas da súa proxenitora.Vou á horta, hai unha plantaciónde patacas; as pólas estáncheas de frores. É un bo ano defroita; hai moitas peras, mazás,cirolas, ameixas, pavías e figos.

Acércome ao muro que dá árúa Aureliano Ferreiro; vexo aManuel Parada (Argentino) póra carteleira da película da se-sión do serán na fachada do“Cine Gayoso”.

Volto ao forno; está enfor-nando meu tío Víctor, irmán damiña avoa. Mete ao forno pezase libras.

Chegan ao patio as primei-ras mulleres; unhas montadasen burros que atan alí no patio,outras a pé comentando que naentrada da vila estaban a cobraro canon (guía) a aquela xente

que trouxera animais ou outrosproductos á feira. Veñen coasúa touca e o pano na cabeza,todas enloitadas de enriba aabaixo.

Saio do forno e vou ata a

Praza das Toldas, onde o meutío Félix tén un posto de vendade pan, onde hoxe está a ca-bina telefónica. Acompáñao Tar-zán, un can lobeiro que estátumbado no chan; o can lédasede verme, érguese, tócolle, evolve a tumbarse.

Entón, decido ir dar unhavolta pola feira. Na mesmapraza está a compra-venda decereais (trigo, millo), taménfabas de distintas cores e tama-ños.

Entre máis compradoresestán Paulino Lage e Lucianode Xunqueira de Ambía quepesan todos os productos en ro-manas.

Baixando ata a igrexa

están os postos de galos, gali-ñas e ovos; vexo a Carmen “Pi-

teira” de Ourense, casada cunmacedán, Julio da Albertina eque non perden unha feira.

Debaixo das Toldas están ascarnes de porco (touciños, xa-móns, lacóns, manteiga euntos).

Subo ao Toural; na rúaTetuán, hoxe rúa das Laxas,están as chivas, cabritos, ovel-las e años, diante da “Serra-

UNHA FEIRA EN MACEDAJosé Antonio Rodríguez González (Nené)

Page 22: ALCATRUZ 2 Maquetación 1 - Aira das Mantas · señor de Maceda tivo dúas fillas lexítimas, Elvira e Leonor de Nóvoa. En 1512 finou a súa ... Só o rostro con-serva a sequidade

dora”. Sigo para arriba e xaestou no toural das bestas,hoxe Parque dos Cabaceiros”,hai cabalos, burros e machos; a

carón seu, postos de venda depolbo.

Sinto falar moito a unha per-soa, acércome é non é outroque “Mario das feiras” coa súaverborrea para enganar á xente.Está mesmo enfronte da casade Dolores González, “Dolori-ñas”.

Vou detrás do cuartel daGarda Civil, onde está o touraldos porcos; marralleiros e parti-culares mercan ou venden por-cos de distintas razas(purreiros, celtas, larengos);están en departamentos con tá-boas que fan de cortello.

Xa estou no toural do gandovacún (vacas, becerros e bois);hai vacas de distintas razas(caldelá, limiá e vianesa); os tra-tantes camiñan entre os ani-mais cos seus gardapós, concallados na man e as tesoirasno peto, en fundas de coiro,para marcar o gando que mer-can.

É un ir e vir de xente atare-fada en mercar provisións paraunha tempada, nas ferreterías,

tendas, peixerías, froiterías, co-mercios de roupa e calzado,mercerías e ir ao ferreiro ou asfarmacias.

A xente merca o polbo e dirí-xense ás casas de comida ondelle serven despois o que quei-ran, (costeletas, bistés, callos,carne asada, carne ao caldeiro-entre outras cousas- e mais o

pan e o viño.

Baixo do Toural e vou ata aAira das Mantas, onde as mul-leres de Tioira venden olas, queestán colocadas no chan; unpouco máis arriba está o Bazarda Señora Herminia que vendesobor de todo vaixelas.

Vou ao Alcatruz, onde Man-zano e Aquilino teñen os seuspostos de venda de queixo.

Hai tanta xente que ondequeira que vaias está todo atei-gado, xa nos cafés e bares(Fina, Casino, Rufas, José Prol,Adelino, Central, Estanco, Ma-nueliña, Julio, Delmiro e Isaura,Bernardo –Maruja da Esquina-), xa nas ferreterías (Manuela –Cacharulos-, Pedro Pascual,Agustín Rey), xa nos comercios(Pedro Requejo, Ramos, JoséVila –Garillas-, Almacenes San-tos, Lagarto, Tejidos Cid, Josefada gasolineira e Porto Quintela),e tamén nos comercios de cal-

zado (Pablito e os Chés).

A xente aproveita tamén afeira para ir ao xastre (MatiasVidal, José Luís Vidal –Coquis-, Jesús e o seu fillo David eJosé –Sacristán-).

Outros van á barbería de De-metrio e o seu fillo Antonio –Bar-bón-, Arístides e Ataúlfo e asmulleres á perruquería doDarío.

Perante todo o día, a tendade Manuel González –Xabar-das-, está ateigada. Axúdanlle asúa muller e os seus fillos.

A tenda de Juanita Quintastamén está chea de xente. Axú-dalle a súa filla.

Pasa o mesmo nas tendasde María Sáa, Generosa, AnibalOtero, Antonio Quintas -Tona-,Faustino, Manuela de Angelito,

Nieves das Canteiras e CésarVidal -Fanico-.

Na fonda do David nonparan de servir comidas. Comode costume, o día anterior assúas fillas, Concha ou Adelina,xa foran á carnicería a mercarbandullo e patas de becerropara facer os callos.

O mesmo trasego na Estrellae nas Ferreiras.

Page 23: ALCATRUZ 2 Maquetación 1 - Aira das Mantas · señor de Maceda tivo dúas fillas lexítimas, Elvira e Leonor de Nóvoa. En 1512 finou a súa ... Só o rostro con-serva a sequidade

Acode moita xente á fraga deFacundo e seu fillo SantiagoProl para mercar ou encarregaraveños de labranza.

Tamén a zapatería de Sera-fín Garrido –Querubín- a quenlle axudan aprendices, entreeles Manuel Lorenzo –Curru-cho- e Antonio Dalama -Pilís-que despois montaron a zapa-tería de seu.

Os albardeiros RamónBlanco co seu fillo Jesús –Turra-, Adolfo Cid e seu fillo Adolfo –Fofó-, Alfonso Blanco –Fonso- eAntonio Dopazo –Godoy- teñentarefa. Todos expoñen na bei-rarrúa os seus traballos (albar-das, collaróns, atafais, mulidas,cabezadas, carrancas, etc.)

Outra xente vai á carniceríade Gregorio e Camila –Pajaril-los-, Selme, Jaime Lage, Pedrocarniceiro e o seu fillo Quico, eJosé Barrera; éste na súa espe-cialidade en cabritos e años.

Outros aproveitan para levaros animais a ferrar no baixo dacasa de Fernando Gonzáles –Fernandiño-.

Dou outra volta e vou á rúaactualmente denominada Xoaode Nóvoa onde os zapateiros deAllariz teñen os seus postos de

venda de calzado (botas de pelde becerro e chancas).

Ando un pouco máis; diantedo Concello hai postos de

venda de peles curtidas, te-moeiros para atar as vacas aosxugos e outros artigos, todos encoiro.

Nos fornos de Julia Rubio,Nieves, Justo, Osorio, Valentín–Canaso-, Delfín, Castellano,Ricardito e Gregorio Suárezcocen máis pan que un día nor-mal, pois hai máis compradoresdeste artigo.

Outra xente vai á reloxería

de Dámaso Delgado para mer-car algún reloxio ou para arran-xar. O mesmo na reloxería doseu fillo Ramón –Fica-.

Na beirarrúa, a carón dacasa de comidas de Albertina,tén o seu posto de reloxeríaPedro de Rioseco.

Na praza denominada na ac-tualidade de Benigno Álvarez,está o rianxo. Hai moitos postosde venda de verduras, froita, ce-bolas, allos e pementos; a maio-ría das vendedoras son de StªMariña do Monte, o Cumial eSeixalvo.

Vou ao Rouso e entro na fá-brica de chocolate da familiaSampayo: Abelardo e o seuirmán Ricardo -Cheque- estántraballando. Chega a súa nai, aseñora Hermitas e doulle un parde bicos; agasállanme cunanaco de chocolate que comodeseguido.

Na rúa Aureliano Ferreiro eno Rouso están aparcados osautocares, (Seara, Quintas, LosAmericanos, Villalón, Purrela daRúa, Muñoz, Mangana, Victo-rino Limia, Gavilanes e Em-presa Guerra de Verín),agardando á xente para levalaaos seus lugares de orixe.

A media tarde, ducias demozos e mozas percorren a rúaAureliano Ferreiro agardandopara ir ao baile de Manuel Quin-tas -Chispún-; tocan sempreClaudio -Cuco de Velle- e osseus compañeiros de grupo.

Rematan sempre o baile conesta canción: “Si vas á festa deVelle, non virás aburrido, come-rás castañas asadas e leite fer-vido, e run, e run, e run, erúncalle o curazón, e rúncalle ocurazón”.

Remata a feira moi tarde; osmáis rezagados aínda quedanpor bares e cafés, apurando asderradeiras tazas de viño ou

Page 24: ALCATRUZ 2 Maquetación 1 - Aira das Mantas · señor de Maceda tivo dúas fillas lexítimas, Elvira e Leonor de Nóvoa. En 1512 finou a súa ... Só o rostro con-serva a sequidade

ACerradiña non eramáis que monte conalgunhas casas espa-

lladas, os barracóns dos traba-lladores do Túnel 6 e a vía dotren, que comezaba en Sana-bria e pretendía chegar a Ou-rense atravesando aintransixente xeografía galega.Nin sequera aquel illamento im-pedira que o medo se apode-rase de todos naquel verán doano 1936. O rumor de queviñan os militares empuxou atodos a fuxir e a refuxiárenseentre as árbores, lonxe das vi-vendas. O terror pola guerra,que tantas vidas levaría du-rante os anos seguintes, foisedisipando a medida que a noitese transformaba en día coa luzdo amencer.

O meu avó tiña daquelaonce anos. O seu pai aga-rrouno da man e regresaron coresto da xente buscando que arutina diaria lles arrancase daalma aquel pánico enxordece-dor. Alá pola tardiña, cando xaalgún que outro se atrevía a rir,foi cando apareceron cerca daboca do túnel uns corenta sol-dados armados con cadanseufusil. Un deles berrou: “Que seresgarde toda a xente de ben!Dos demais xa nos encarga-mos nós!”. Nese intre, o

mesmo militar de peito inchadoe rostro de asasino sinaloucara unha touza. Todos enten-deron sen necesidade de pala-bras. Os fusís forondescargados. Aquel foi o díaque a Guerra Civil pasou poloTúnel 6.

Algúns anos antes, no 1925para ser exactos, nacera enPenouzos o meu avó Fer-nando. O seu pai, Facundo, xatraballara para o mesmo con-tratista en Soria, así que noano 1927, cando se puxo enmarcha o tramo de Sanabria aOurense, foi cando construíucoas súas propias mans unhapequena casiña na Cerradiña,cerca de Correchouso. Unhasparedes de pedra e un telladode zinc recuberto de palla, paraprotexelos do frío no inverno e

da calor no verán, ía ser o fogarque terían durante aquel perí-odo de duro traballo. Sen em-bargo, aínda que para os que

TESTEMUÑO DUN CARRILANORamón Villar Prol

“...o éxito é unha cousa bastante fea. O seu falso parecido co mérito engana aoshomes”.

Victor Hugo

Page 25: ALCATRUZ 2 Maquetación 1 - Aira das Mantas · señor de Maceda tivo dúas fillas lexítimas, Elvira e Leonor de Nóvoa. En 1512 finou a súa ... Só o rostro con-serva a sequidade

nacemos nunha época na queas crises non nos privan de saírtomar unha cervexa cos ami-gos, é difícil de entender quedentro daquel contexto de mi-seria a familia dos que anosdespois se coñecerían en Ma-ceda como “Os Facundos” nonera das que más dificultadespasaron.

Ata os nove anos criousecos avós, e en 1934 foi vivir cospais na casiña de pedra. Aíndaera moi novo para comezar atraballar no túnel, así que con-tinuou indo á escola de Pradoata o 1938. Na década dos oi-tenta e noventa, do século pa-sado, levaría moitas veces aosseus netos ao colexio no seuvello Mercedes, pero cando elera un cativo iso era algo coque nin sequera podía soñar.Levantábase pola mañá cedo,antes de saír o sol, e camiñabaata Prado atravesando o montepara chegar antes. Por unhadas ladeiras polas que pasabao camiño descendía un regatoque durante os meses de in-verno nunca alcanzaba ofondo. No alto víase fluír libre-mente a auga, pero esta trans-formábase en xeo antes de quepuidese obstaculizar o perco-rrido que facía diariamente.Non sei se realmente os inver-

nos serían máis fríos que hoxeen día, pero a escasa roupa deabrigo e as longas distancias apé deixaron ese xélido recordona súa mente.

O seu pai era o encargadode facer os pedidos de materiale de xestionar certos pormeno-res da obra. De feito, fora ini-ciativa súa a de meter luzeléctrica ao longo do túnel, evi-tando deste xeito as incomodi-dades de levar sempre uncandil na man. Non tivo quepasar as penurias dos centosde homes que tiñan que picar apedra durante as duras xorna-das, pero o seu cargo obrigá-bao a entrar, continuamente,ata onde se realizaban os tra-ballos. O mal da vía tamén ocondenaría a el. Aínda viviu enMaceda durante algunha dé-cada máis, pero a silicose apo-derárase del sen remedio,levándoo uns cantos anos des-pois. Para o meu avó as cou-sas foran distintas. Comezoude pinche, pero as súas habili-dades permitíronlle que a pesa-res da súa curta idade pasasea traballar como ferreiro. O seulabor consistía basicamente enapuntalar as barrenas e levar omantemento das máquinas.Grazas a iso sempre se man-tivo lonxe daquel po mortífero.

Comezara gañando 3pesetas ao día, mentres que oseu pai xa gañaba 10. Paraque o lector se faga unha idea,vivir nunha pensión supuña ungasto dunhas dúas pesetas emedia diarias. En palabras domeu avó “Para facer un capitalnon, pero para comer aínda

íamos gañando”. Isto era algoque naquela época se podíaconsiderar un auténtico privile-xio. A vida a carón do Túnel 6era moi sinxela. A maior parteda xente eran traballadoresque durmían en barracóns aolado da vía, ou que viñan cami-ñando dende lugares veciños.Había unha pequena taberna,propiedade dunha familia deCortegada, na que os homesse podían xuntar para tomar unviño e xogar unhas cartas. Meuavó, fóra do horario de traballotamén tiña que axudar na casa,pois xa algún dos seus irmánspequenos viñera ao mundo.Cando tiña tempo para el, oseu mellor enredo era facer pe-quenos traballiños en madeiracoa navalla. Pasear por aque-las paraxes naturais, a diferen-cia do que podería ser hoxe,estaba lonxe do concepto delecer, era algo funcional, poisnon había outro medio detransporte. Moitas fins de se-mana, cando quería visitar aosseus avós, tiña que camiñarvinte quilómetros ata chegar aPenouzos, a aldea que o viranacer.

As obras do túnel déransepor rematadas no 1940. Porsorte, un ano despois comezá-

Page 26: ALCATRUZ 2 Maquetación 1 - Aira das Mantas · señor de Maceda tivo dúas fillas lexítimas, Elvira e Leonor de Nóvoa. En 1512 finou a súa ... Só o rostro con-serva a sequidade

rase a construír a estrada queunía a estación do tren conPrado, así que seguiría traba-

llando ata o 1944. Nesas mes-mas datas ofrecéranlle ir aostalleres da empresa constru-tora, pero o seu pai xa decidirainstalarse en Maceda. Non llepediran vir, pero a súa concien-cia dicíalle que o seu rol debíaestar cerca dos seus. Así queaquel mesmo ano a familia dos“Facundos” comezou unhanova etapa da súa historia po-ñendo unha pequena forxa nocanellón que baixa ao lado dacasa do Cid, na rúa Aureliano

Ferreiro. Antes de converterseen mecánico e criar oito fillos,aínda deu algunhas voltas poraí adiante. Estivo a traballar noPaís Vasco, e tamén en A Co-ruña. Alí foi onde se coñeceríanel e mais a miña avoa, que tra-ballaba de criada para unha fa-milia de boa posición. En 1951casaron e instaláronse definiti-vamente en Maceda. E como diel, “as cousas continuaroncoma sempre, limpando afronte para gañar a vida”.

Fernando (16 anos) co seu pai e osseus irmáns.

Page 27: ALCATRUZ 2 Maquetación 1 - Aira das Mantas · señor de Maceda tivo dúas fillas lexítimas, Elvira e Leonor de Nóvoa. En 1512 finou a súa ... Só o rostro con-serva a sequidade

Avida, definíronma nosmeus estudos de Dereito -este mesmo ano- falán-

dome de cordóns umbilicais e defuncións encefálicas e cardiovascu-lares, podendo facerlle crer ao trans-criptor de apuntamentos,mesmamente, que analizado a tra-vés dese prisma se trata dunha rea-lidade de doada comprensión. Maisa evidencia axiña lle dá ao estudanteuns leves golpes nas costas, fainomirar para atrás e entón é cando ollaa infinita sucesión de filósofos e pen-sadores, escritores e músicos, mari-ñeiros, pais e nais de familia, nenos emaiores que se esforzaron por estu-dar e investigar arredor dese con-cepto tan amplo comoindeterminado, ubicado xa cara ásderradeiras páxinas do dicionario.

Tal é esta situación que loitar nareiteración de derramar tinta virandosobre ese termo coa finalidade de es-bozar algo innovador por parte dungalego calquera que non é máis caun “amigo dos seus amigos e fillo dosseus pais” devén xa non en com-plexo senón nunha ridícula tentativa.

Por esa razón, gustaría de facermiñas, pero eu non faltando á ver-dade -como el fixo van alá máis devinte e cinco anos- as verbas dodorso daquela “Paisaxe de Verde

Chuvia” do noso Moncho Caride: “Senon digo nada novo abondará tentarser sincero, pór ao menos un chiscode ilusión na tinta”. E desta volta a ilu-sión que preciso furteilla a quendende ben pequeno me acolleu; fur-teilla a un río e a unha ribeira, taména un “xigante durmido”. Esta forzaque me fai reflictir as miñas modestaspalabras acapareina como un male-ducado sen pedir permiso da mandun mítico albardeiro, dun encantadorferraxeiro, dun caracterísitico boticarioe dos longos e divertidos almorzosque me permitiu un céntrico estable-cemento de hostalaría.

A paisaxe natural e humana fixoque a traxectoria vital do que era unmeniño estudante de quinto de pri-maria se fora forxando polo contextocircundante que facía o seu traballocomo mellor se podía executar: comesmo agarimo co que os alfareirosde Niñodaguia moldean o barro;barro que antes do seu traballo nondeixa de ser un anaco de materia in-orgánica deforme e insignificante.

E así foi como, paseniñamente,sen ningún tipo de imposición, o “SanMamede” me obrigou a continuar cosmeus estudos nun dos cumios xeo-gráficos da vila; moi pretiño de ondedin que estivo “O Sabio”. E é que esaé unha das posesións que eu lle co-

mecei furtando a esta nosa Maceda:o instituto.

Abofé que non o inaugurei eu ecando, por aquel setembro do 2001,andaba preocupado procurando nasverdes balaustradas do edificio as lis-taxes de alumnos para saber quegrupo e que número tiña asignado noque era o ansiado e -á vez- temidoprimeiro curso da educacion secun-daria obrigatoria, xa varias xeraciónsde mozos e mozas medraran pa-sando non poucas horas ao día entreos recursos materiais e humanos queo Estado do Benestar nos propor-ciona a través dun como tantos cen-tros públicos do país.

Non. Iso non é certo. Non é uncomo tantos. O IES “San Mamede”de Maceda é a ponte que une a quensenta nas súas cadeiras con Caste-lao e con Newton; co galeguismo ecoa literatura; co amor pola precisióne beleza das matemáticas do bacha-

MACEDA, ESE ANACO DO ESCENARIO MUNDIALDelfín Martínez Conde

O mundo é un escenario no que improvisar e soñar a nosa propia vida. Carla Capeáns

Sabes o triste que tén que ser nacer nunha grande cidade e ser un número máis? Mentresque en Maceda, en Molgas, en Allariz ou en Foncuberta non es un número máis: es o fillo

de Fulano, o neto de Mengano; es alguén máis, e iso paréceme moi importante.Moncho Borrajo

Page 28: ALCATRUZ 2 Maquetación 1 - Aira das Mantas · señor de Maceda tivo dúas fillas lexítimas, Elvira e Leonor de Nóvoa. En 1512 finou a súa ... Só o rostro con-serva a sequidade

relato e pola sorprendente historia danosa terra.

Conservo no meu armario dos re-cordos aquel caderniño verde queempregaba no primeiro curso para amateria de Lingua Galega e Litera-tura: nel podo constatar como o pri-mixenio traballo que fixen arredor dunlibro de ficción na ESO foi do inaugu-ral das aventuras de Said e Sheila;sigo remexendo por ese meu parti-cular arquivo histórico e vexo o autó-grafo que teño de Xurxo Souto, apresentación que preparara para Mi-guel Anxo Fernández, as fotos daconferencia que nos veu dar XoánBabarro ou, por pór outro exemplo

non máis nin menos significativo queos anteriores, os bosquexos da en-trevista que tiven o pracer de facerllea quen, dende ben atrás, xa era omeu ídolo artístico: o cantautor XilRíos (o “Esparaván” do “San Ma-mede”, a súa particular revista, per-mitiume a súa publicación -de igualmodo que un curso antes me conce-dera facer outro tanto co creador dosmáis famosos rapaces ecoloxistas dofuturo).

E lembro, sobre todo, as conver-sas entre clase e clase con certos fi-lólogos e filólogas amañando omundo nos corredores, os medosque, pola confianza que non podía

negarnos, lle fixemos pasar a quennos explicou por vez primeira qué eraun átomo e unha molécula; e, se demacedáns temos que falar, as agari-mosas e graciosas anécdotas dunveciño de quen gardo un moi gratorecordo explicándome as CienciasSociais; a admirada seriedade e rigorcoa que estudei Matemáticas osdous primeiros anos; os consellos dequen despois nos sorprendería nou-tros eidos máis institucionais, e queen primeiro da ESO nos fixo soñarcon “Manolito Gafotas”;… (se os pun-tos suspensivos fosen proporcionaisao que representan non me chegaríaa extensión do artigo para incluílos;desta volta o que simboliza este signoortográfico é tanto ou máis importanteque o apuntado expresamente -queconste en acta!-).

Polos devires do destino, a traxec-toria entre o núcleo central da vila e ocentro de ensinanza atópase inte-rrompida por un edificio que se rotulaco nome de “Francisco Carballo”.

O depósito de libros custodiadopolo insigne rótulo deste noso sen-lleiro historiador, quen non pode sermellor custodiador dese lugar estáticoe á vez tan dinámico, non é maís quea biblioteca municipal de Maceda;ese recuncho no que, máis ca en nin-gunha outra estadía da nosa vila, unpode afastarse das cordenadas es-pazo-temporais que lle tocaron ensorte e fuxir cara ás alucinacións quecomparte connosco Lovecraft ou, semellor o consideramos, ás reflexiónsdo recentemente despedido Sara-mago.

Nesa infraestrutura con vida pro-pia o visitante contáxiase da historiada nosa terra ou mesmo, ¿por quenon?, das máis elementais propieda-

des dos alcalinotérreos da táboa pe-riódica. Pero iso non é o máis impor-tante.

Alguén dubida que o máis impor-tante de Maceda non é Macedasenón os macedáns (por nacementoe por adopción)? Esta premisa ma-terialízase claramente no persoal danosa Biblioteca que, non en poucasocasións, foi cómplice con quen es-cribe da vulneración da regra do máisescrupuloso silenzo, obriga sacro-santa nun lugar das características doque nos ocupa.

Coas palabras pódese amañar omundo, incluso o pasado, e soñar ofuturo. Non sería en exceso desca-rreirado afirmar que o diálogo é a prin-cipal arma que nos identifica e coaque nos sentimos plenamente reali-zados. Aínda correndo o risco de queo lector destas liñas me atribúa untrastorno da personalidade, atrévomea apuntar que o diálogo interior cunmesmo é o eixe central sobre o quexira a nosa vida e o alicerce no quese asentan a sumatoriedade da ac-tuacións que exteriorizamos -e queomitimos en contra ou a favor da co-rrente- no mundo que nos rodea.

Concretamente, a Real Acade-mia asígnalle no dicinario á entrada

“bibliotecario-a” o seguinte significado:“Persoa que tén ó seu cargo o coi-dado e conservación dunha biblio-

Page 29: ALCATRUZ 2 Maquetación 1 - Aira das Mantas · señor de Maceda tivo dúas fillas lexítimas, Elvira e Leonor de Nóvoa. En 1512 finou a súa ... Só o rostro con-serva a sequidade

teca”.

Enfiando esta inmediatamenteprevia puntualización coa reflexiónque veño arrastrando dende liñasatrás podería parecer evidente cul-minar resaltando que a frialdade e aformalidade da conceptualizaciónacadémica transposta non abarcacomo debera o carácter oceanica-mente reflexivo (respecto daquilosobre o que se pode reflexionar), so-ñador (con relación ao que sepode/debe soñar), colaborador (porreferencia á solidariedade e axuda) eetcétera (por non aburrir ao esforzadolector cunha listaxe máis ca evidente)do persoal humano ao servizo da bi-bliteca de Maceda. Pois, neste caso,vou dicir todo o contrario: sintetizatodo o dito na verba “Persoa” escrita,

así, con letras maiúsculas.

A sabedoría, incluso a socráticaque nos axuda a recoñecer a propiaignorancia, veu da man de homes emulleres con compromiso e con de-dicación dos que éste que lles fala seaproveitou escandalosamente. Veuda man das arquitecturas mentaissen planos deseñados que xurdironentre libros e andeis ou da beleza doTeorema matémático de Lagrangenalgunhas mañás, en sesións de cin-cuenta minutos.

A máis burlona das risas sería areacción natural de calquera persoase este relato finase aquí. E por isonon vou premer aínda a tecla do

punto e final.

E é que Maceda é moito máis caun instituto e unha biblioteca. Macedaé un home sachando con forza e ilu-sión na súa minifundista leira de pa-tacas dialogando cun dos máisimportantes produtores ovinos donoso país; Manzaneda de Limia é unnome baixo o que están representa-dos Joao da Nova, Benigno Álvarezou Xosé Lois Parente (recoméndo-lles encarecidamente a bibliografía deSantiago Prol), pero tamén o estánaquel rapaz que de pequeno xa so-ñaba con adicarse á política (dándo-nos exemplos de quecomprometerse con certas causas faique non caiamos no perigo no queredundan os “indiferentes”).

Pódolles falar do veciño que cadaalborada cando aínda non con exce-siva claridade se perciben as primei-ras raiolas escomenza o seu paseomatutino, da “pesada” amiga quecada intre que te ve che preguntapolos estudos e -de cando en vez-pola túa vida privada, do libreiro coque compartes anécdotas cando vasmercar o xornal e a xeada aínda pa-rece que cala nos teus ósos.

Maceda é a rúa do Medio cosseus máxicos recunchos. Maceda éunha Coral que nos fixo soñar ao sonda súa “Morriña” e unha Banda deGaitas da que nos sentimos orgullo-sos. Maceda somos nós: a xente emáis a fala. Se buscas a Maceda enti tés que atopala (agardo que me ex-cuse o poeta nacional).

Maceda é un anaco dese esce-nario que é o mundo, tal e como moiilustrativamente o define a actriz deAmes Carla Capeáns. Nel imos so-ñando e improvisando a nosa propiavida. Pero a ningún se nos escapa

que se os compañeiros de reparto daobra lle poñen moita ilusión e entu-siasmo á súa execución e se os di-rectores e directoras que van guiandoos teus pasos son realmente exper-tos naquilo no que verten a súa sa-bedoría, as representacións que sepoden observar sobre o devanditoescenario non lle terán nada que en-vexar ás que parira o maxín do mellordramaturgo.

E iso, amable lector que tivo pa-ciencia de chegar ata este punto daexposición, é o que ocorre en Ma-ceda onde todos nós somos “o fillo deFulano ou o neto de Mengano”.

Non son orixinal nin tampouco ili-mitado, seino de sobra. Intentei , sim-plemente, pór un chisco de ilusión natinta.

Este fillo de Fulano ou Zutana(como mellor me coñezan) non émáis ca un incipiente actor que foi for-xando a súa arte cos distintos direc-tores da súa obra vital: soñando na“Francisco Carballo” e sorprendén-dose no “San Mamede”.

Como dicimos en Dereito tantase tantas veces, estas liñas non con-teñen máis ca unha listaxe “ad exem-plum” ou simbólica pois os mestresdeste novato actor da obra da vidaque lles fala foron, sen dúbida, aque-les que están detrás da bibioteca e doinstituto,..., e dos eidos de millo, e dospaseos á beira do río,..., e dos en-saios de Santi Prol e dos artigos doanterior número do “Alcatruz”.

E alén de todo: saben o máis cu-rioso?:

Eu non son macedán máis ca poradopción!

Como lles quedou o corpo?

Page 30: ALCATRUZ 2 Maquetación 1 - Aira das Mantas · señor de Maceda tivo dúas fillas lexítimas, Elvira e Leonor de Nóvoa. En 1512 finou a súa ... Só o rostro con-serva a sequidade

Historicamente, poucose sabe de SantiagoDa Costa. Nos docu-

mentos medievais do mosteirode Asadur (s.X) aparece xa otopónimo ”a costa”. Pero tratá-base dunha denominación queabrangue tódalas ladeiras doRodicio, porque por todas elasextendía a súa influencia e do-minio o citado mosteiro xa des-aparecido. Os dous topónimosque hoxe perduran de Santigoda Costa ou de Xinzo Da Costaparecen ser posteriores aaquela denominación e son nú-cleos poboacionais que apare-cen vencellados moi pronto aoMosteiro Cisterciense de Mon-tederramo.

Ata finais da Idade Media,nos documentos, a denomina-ción de “A Costa” está relacio-nada coas terras de Asadur.Por exemplo, no ano 1286 diseque Fernán Pérez era o notario

xurado na Costa de Sadur. Ehai que esperar ata o ano 1493para atopar unha referencia deA Costa actual que, polo de-mais, era coñecida como “San-tiago da Vrea da Costa”. Polotanto existía “ A Costa”, topó-nimo determinado pola referen-cia de Sadur e unha Vrea daCosta. E esta, polo que imossabendo, puido estar relacio-nada coa vía nova que, sen dú-bida, pasou preto de Couzada,

polos límites norteños destafreguesía nada baixo a advoca-ción de Santiago Apóstolo aoque desde finais do século XIV,por acción da Orde Militar deSantiago, estivo pagando o de-nominado voto de Santiago,renda eclesiástica semellante ádas primicias, consistente nopago anual dunha medida de

pan, diferente segundo aszonas, e outra de viño (se seproducía) por parte dos agricul-tores para o sustento do cultoao apóstolo Santiago e do cleroda súa catedral.

Primeiro, a vía nova e, des-pois a vrea da costa deron puloe mantiveron con dinamismodurante séculos esta zona moicedo vinculada á civilización ro-mana. Como di o refrán “ondenon hai camiño non hai ve-ciño”. Isto obrigou aos pobosaquí afincados a facer e amanter as vías de comunica-ción. E, diso, dá testemuño a

NO VAL DE MACEDA(Parroquia a parroquia)

SANTIAGO DA COSTARamón Sarmiento

A Costa, como se acostuma a denominar agora a este núcleo poboacional, é unha paraxe ex-tremadamente fermosa, un balcón pendurado nas ladeiras do monte desde o que se divisacase todo o val de Maceda.

Page 31: ALCATRUZ 2 Maquetación 1 - Aira das Mantas · señor de Maceda tivo dúas fillas lexítimas, Elvira e Leonor de Nóvoa. En 1512 finou a súa ... Só o rostro con-serva a sequidade

toponimia actual: o termo máisantigo ”calzada” (do latín cal-

ciata) parcialmente soterradanos novos accesos a Asadur ea Couzada dos anos sesenta.A voz galega ”couzada” é evo-lutivamente máis moderna quea semiculta ”calzada” e a de“brea”, equivalente de veredaou camiño público, é aíndamáis recente que as dúas;pois, era o camiño medievalque, a dicir dos estudosos, co-rrespóndese case sempre concasas onde existiu ou existenrestos dunha calzada romanacomo a que, segundo a tradi-ción, subía por estas ladeirasdesde Braga ata Astorga. E pa-rece ser que “A Couzada” foimáis importante que A Costa:

sendo aquela a ubicación daprimeira igrexa de Santiago.Nos documentos de Asadur, xaaparecen como firmantes,entre outros, Pedro Gunçalvez

de Couçada (1288); DomingoPérez da Iglesia de Couçada(1292); Pedro Iohannes deCouçada (1292) e esta prima-cía mantena Santiago de Cou-çada ata 1487.

Desaparecidas as pegadasda Vrea pola desaparición devías e camiños alternativos, adenominación de Santiago daVrea acabou simplificada comoSantiago da Costa. Os termosdesta Costa chegaban polonorte ata o río Currelo e pololeste ata o vértice de SantaMarta. E, “xustamente con Ze-leiro e Valdrei eran poboacións

do Señorío do Mosteiro deMonte de Ramo”. Despois deTrento (1545) formou freguesíacuxas dimensións de leste aoeste e de norte a sur eran demedia legua e a súa circunfe-rencia dúas leguas. Ao leste li-mitaba coa freguesía deCovas; ao norte coa de Asadur,ao sur coa de Vilar de Cas e aooeste coa de Tioira. En 1752,segundo o catastro da Ense-nada, Santiago da Costa xuntocon Xinzo, Paioso, Zeleiro eValdrei e o coto de Santa Martacaían baixo a xurisdición deMontederramo: ”Ditas poboa-cións son do señorío do Mos-teiro de Monte de Ramo”. A

Costa tiña entón 26 veciños edúas casas en ruina. Formabafreguesía con Couzada (anexoda de Asadur) e con Vascós. Epagaban a luctuosa (a mellorres cando morría o cabeza defamilia) e 100 reais anuais aoantedito mosteiro. E constaque, para as dilixencias de es-tablecemento da única realcontribución compareceron porSantiago da Costa “electoscomo peritos de boa opinión”os veciños Santiago Parente eLorenzo Ferreiro. E na relaciónde bens deixan testemuño deser boa xente, unha terra fértil,con cortiñas, bos prados, augaabundante, touzas e pastos.

Coa desamortización, os se-ñoríos desapareceron, e ACosta cae baixo o dominio xu-risdicional de Maceda; como naactualidade.

Esta é a historia que, aínda,que pequena pode ser contadapor agora.

Page 32: ALCATRUZ 2 Maquetación 1 - Aira das Mantas · señor de Maceda tivo dúas fillas lexítimas, Elvira e Leonor de Nóvoa. En 1512 finou a súa ... Só o rostro con-serva a sequidade

SETESTRELO: Asociación de amigos do Castelode Maceda

A. C. Aira das Mantas

Nace esta asociaciónno ano 2009, promo-vida por Francisco

Nóvoa Rodríguez como presi-dente, xunto con Ramón Sar-miento González, Juan CondeGonzález e Juan José Rodrí-guez Fernández.

Os fins da asociación, comose recolle nos seus Estatutos,son actuar conxuntamente nadefensa do patrimonio arqui-tectónico e inmaterial, históricoe cultural do Castelo de Ma-ceda; participar nas accións daAsociación de Concellos concastelos, torres e enclaves his-tóricos; creación de premiospara promover a defensa do

patrimonio monumental e ar-quitectónico popular; pór envalor a historia e tamén a con-memoración da Declaración deMonumentos Histórico-Artísti-cos.

Como primeiro paso na an-daina desta, o seu presidenteanunciou, na presentación damesma que tivo lugar o 17 deoutubro de 2009 no Castelo deMaceda, a creación do premio“Manuel Gómez Román”, enhonra a este arquitecto quesempre defendeu a rehabilita-ción integral do patrimonio ga-lego sen desvirtuar a súa orixenin as súas características pro-pias.

Con esteg a l a r d ó n ,que come-zará a con-cederse esteano, a aso-ciación reco-ñ e c e r áanualmentea quen, coseu labor,contribúa árehab i l i ta -ción do patri-m o n i oarquitectó-nico galego,como partefundamental

da cultura e da historia de Ga-licia.

A asociación cultural AIRADAS MANTAS, aproveitando oseu máis grande proxecto queé esta revista ALCATRUZ,quere facer público os seusmáis sinceros parabéns a estaimportantísima e moi loable ini-ciativa -dende o noso punto devista- e á cal desexamos unhalonga e fructífera traxectoria.

O termo SETESTRELO,que decidiron adoptar comonome para a asociación, é oque, tradicionalmente, seemprega en Galicia parafacer referencia ás sete es-trelas máis visibles da cons-telación que coñecemoscomo Osa Maior.

Page 33: ALCATRUZ 2 Maquetación 1 - Aira das Mantas · señor de Maceda tivo dúas fillas lexítimas, Elvira e Leonor de Nóvoa. En 1512 finou a súa ... Só o rostro con-serva a sequidade

Coa primeira letra de cada palabra, completarás o nomedun escritordo noso Concello:

1- Coas súas pólas facíanse as vasoiras. 1 ___ ___ ___ ___ ___

2- Berro prolongado do lobo. 2 ___ ___ ___ ___ ___

3- Trasladarse dun lugar a outro. 3 ___ ___ ___ ___ ___

4- Condensación do vapor de auga

da atmosfera. 4 ___ ___ ___ ___ ___

5- Prado, campo con humidade constante. 5 ___ ___ ___ ___ ___

6- Fío de calquera metal. 6 ___ ___ ___ ___ ___

7- (En plural) Arbusto de madeira moi dura

e folla perenne. 7 ___ ___ ___ ___ ___

8- Escorrenta facendo ruído coas mans. 8 ___ ___ ___ ___ ___

9- Cortar o toxo, limpar o monte. 9 ___ ___ ___ ___ ___

10- Desconfianza. 10 ___ ___ ___ ___ ___

11- Principio ou causa de algo. 11 ___ ___ ___ ___ ___

PASATEMPOSA.C. Aira das Mantas

Busca 7 nomes de paxaros:

ENCRUCILLADOHorizontais: 1. Animal rumiante da Serra de San Mamede. 1ª letra doalfabeto galego e a última cara atrás. 2. Menor de idade que perdeuo pai ou a nai (pl). Insignia. 3. Letra. Preposición. Cerca dun campo.4. Facer durmir, provocar sono. 5. Contracción. Acción ou resultadode arar. 6. Letra. Prezo fixado. Terminación do plural. 7. Amigo de Blas.Conxunción. Que non está vestido. 8. Eliminación dun erro. Flúor. 9.Cociñado dese xeito. Recipiente redondo, para usos culinarios.

Verticais: 1. Personaxe principal dun dos xoves do entroido. Artigo de-terminado. 2. Ó revés, voz de arrolo. Preposición. Parte terminal daspernas do ser humano (plural). 3. Posterior a todo (fem). 4. Facer ruídoo vento ó soprar fortemente. Membro do corpo das aves e insectos.Ó revés, indica posesión. 5. Ó revés, solitario. Doulle voltas na cabezaa algún asunto. 6. Xirar (sinónimo). 4ª letra. 7. Acto de apañar. Em-barcación. 8. Ó revés, pranta ornamental con pétalos de cores. Vogal.Leste. 9. Cónxuxes dos meus fillos. Nota musical.

Atopa as 10 diferencias:

Solucións

Page 34: ALCATRUZ 2 Maquetación 1 - Aira das Mantas · señor de Maceda tivo dúas fillas lexítimas, Elvira e Leonor de Nóvoa. En 1512 finou a súa ... Só o rostro con-serva a sequidade

O xurado, unha vez reunido, e porunanimidade, adoptou a decisiónde valorar en maior medida o de-buxo e as respostas elaboradospor Miguel Barrera, de 8 anos deidade e con domicilio en Ourense.Tamén, decidiu conceder unhamención especial, dada a escasaidade da autora (Ana Barrera de 5anos de idade), polo seu debuxopresentado, recoñecendo con estamención o seu esforzo na realiza-ción do mesmoÓS DOUS, OS NOSOS PARA-BÉNS!

PARA OS MÁIS CATIVOSXurado Concurso

Logo de propoñer a nenas e nenos, no número 1 da revista ALCATRUZ e dentrodo apartado “Para os máis cativos”, a partir do conto (A Marela taravela) de XoséNeira Vilas, unhas actividades, dispoñémonos neste mesmo apartado á publicacióndas respostas que o Xurado do Concurso valorou en máis grande medida.

Lembrando as PREGUNTAS:1ª.- Que nomes teñen as túas 5 vacas?2ª.- A que raza pertence cada unha delas?3ª.- En que se diferencian unhas das outras?4ª.- Que razas de vacas son propias de Galicia?5ª.- Por que tés as vacas?6ª.- Para que as tés?7ª.- Gústache a idea de poñer a umha vaca “bonita”,como propón o escritor desta historia?8ª.- Cres que as vacas teñen sentementos, como nósas persoas? Por que?9ª.- Ti ves unha vaca capaz de facer unha trasnada?Por que?

Page 35: ALCATRUZ 2 Maquetación 1 - Aira das Mantas · señor de Maceda tivo dúas fillas lexítimas, Elvira e Leonor de Nóvoa. En 1512 finou a súa ... Só o rostro con-serva a sequidade

Aquel día erguinmemoi cedo, a iso dasseis da mañá. Aso-

mei a testa pola ventá e quedeisorprendido: había no soutounha nube, ¡grandísima e negrí-sima, de paxaros, serían polo

menos mil… ou dous mil paxa-ros!

Fun alá a ver qué pasaba. Es-taban todos nerviosos e moi

axitados! Cando cheguei, pre-gunteille ao cuco que era o quepasaba alí, contestándome ésteque estaban a celebrar unhaasemblea. Eu quedei alí paraver qué clase de asemblea era

esa que reunía a tantos paxaros,pois estaban ata os nocturnoscomo a curuxa, o moucho e in-cluso o morcego! Estrañoume

moito, porque o morcego non épaxaro, todos sabemos que é unmamífero voador.

De pronto fíxose un silenciototal e, deseguido, empezaron afalar.

O corvo dixo:

-Agora vén a época da co-mida fácil, digamos por exem-plo as cereixas, as béveras osamorodos, as mazás, as peras,eao final da tempada os figos eas noces, sen esquecer as casta-ñas!

-Xa vistes o que pasou o anopasado. Viñeron os paxaros deCasonel e deixáronnos sencomer apenas, e agora non é

como antes que había moitomillo e trigo sementado; agorade sementeira, nada de nada!,así que hai que aproveitar afroita das árbores ou morrere-

mos de fame, anque tamén co-mamos grilos, moscas,mosquitos, etc. Xa sabedes quea froita é moi necesaria para ocorpo. Ben, pois creo que habe-ría que organizar unhas quendasde vixilancia para manter fóra

OS VIXIANTES DO LUGARAmalia González Otero

Page 36: ALCATRUZ 2 Maquetación 1 - Aira das Mantas · señor de Maceda tivo dúas fillas lexítimas, Elvira e Leonor de Nóvoa. En 1512 finou a súa ... Só o rostro con-serva a sequidade

do pobo aos paxaros de Casonele vixiar tamén aos de Casasoá,que ás veces tamén se achegana Calvelo!

Todos os paxaros estaban deacordo.

Tomou a palabra a curuxa:

-Hai que facer turnos de vi-xilancia para repartir o traballo,uns pola mañá, outros polatarde e finalmente outros polanoite!

Pola mañá: o cuco, a pa-puxa, a rola, a andoriña, a bu-bela e o pardal.

Pola tarde: o corvo, a pega,a carriza, a lavandeira o coli-brí e o vencello.

Pola noite: a curuxa, o mou-cho, o bufo e o morcego.

A todos, pareceulles estu-penda a proposición da curuxa

e apro-báronap o runan i -midade.

Despois falou o cuco:

-Hai que elixir os xefes dosgrupos, para que alguén quedeencargado de organizar as vixi-lancias! Deberiamos elixirtamén un xefe xeral para coor-dinar os diferentes xefes dosgrupos e se hai algún problematratalo entre eles sen ter quemolestar, como hoxe, a tódolospaxaros, porque cada un tén da-bondo que facer coas súas cou-sas!

Oíuse unha voz, era a lavan-deira:

-Iso, iso, ti de xefe supremo!,porque es o que menos tén quefacer, pois nin siquera fas o niñoxa que aproveitas o dos demaisque están feitos!

Ao cuco non lle sentou moiben o comentario da lavan-deira, pero calou a boca cando

viu que esta-ban todos deacordo en no-mear o xefesupremo.

-É moitarde! Dixo apega, co seucaracterístico

mal humor. Hai que elixir osxefes de grupo e acabar canto

antes. Eu propoño, para o grupo

da noite á curura, para o damañá á rola e para o da tarde aomeu amigo o corvo.

Todos empezaron a bater asás!, aplaudindo a proposiciónda pega.

Tomou a palabra o cuco edixo:

-Tolerancia cero! Non sepode permitir que ningún pa-xaro alleo, coma a froita de Cal-velo! A vixilancia comeza agoramesmo!

Eu quedei alucinado, os pa-

xaros entenden e organízansemoi ben, se fixeramos así os hu-manos este mundo funcionariade marabilla!

Page 37: ALCATRUZ 2 Maquetación 1 - Aira das Mantas · señor de Maceda tivo dúas fillas lexítimas, Elvira e Leonor de Nóvoa. En 1512 finou a súa ... Só o rostro con-serva a sequidade

ACTIVIDADE SUXERIDA:

Estamos por asegurar que xa te percataches de que esta historia, coa que colabora Amalia, neste númeroda revista ALCATRUZ, é un relato fictico, é dicir, tirado do seu maxín.

Queremos que saibas que ésta non é a súa profesión, só compón por puro pracer.

Tamén te estarás a preguntar e a cavilar cómo é posible que uns paxaros falen e celebren asembleas,por exemplo, cando estas cualidades -ambas as dúas- diriamos que son propias dos humanos e non dasaves.

Logo disto, quixeramos propoñerche unha actividade na que xogues a ser “contista”, por un intre(como a autora), e escribas un conto curto e inventado no que os personaxes sexan peixes e, tamén, falenentre eles e actúen como se de persoas se tratase (non moi longo!, como moito unha folla de libreta dasque empregas no colexio).

ANÍMATE! e cando o teñas rematado, entrégao na Biblioteca Pública de Maceda (no Toural, comoben sabes) antes do 31 de decembro de 2010 ou ben mándanolo a [email protected].

Non esquezas poñer o teu nome e apelidos, a idade e mais un teléfono no que poidamos contactarcontigo.

Establécense as seguintes categorías:

A - de 6 a 7 anos B - de 8 a 9 anos C - de 10 a 11 anos

Os premios (un por categoría) serán unha sorpresa! Asemade, os relatos que o xurado valore máis,sairán publicados no seguinte número da nosa revista.

Lembrámosche que podes colaborar connosco aportando ideas, participando naprogramación e/ou realización de actividades a desenvolver pola Asociación asícomo na elaboración de sucesivos números da revista ALCATRUZ e como nonfacéndote socio/a mediante unha pequena aportación económica, polo que cheentregariamos un carné. Tén claro que a nosa é unha asociación sen ánimo de lucro, o que quere dicir quetódolos ingresos (cotas socios/as e mais subvención/s) reverten integramente naxustificación do programa cultural anual da Asociación.De teres a intención de brindarnos a túa colaboración, podes facelo ben a travésde [email protected] ben mediante un ingreso de 20 euros -cota anual esta-blecida para o ano 2010- na conta 2080 0313 94 0040013157 que temos abertaen CAIXANOVA.

Contigo seremos MÁIS!

A DIRECTIVA

Page 38: ALCATRUZ 2 Maquetación 1 - Aira das Mantas · señor de Maceda tivo dúas fillas lexítimas, Elvira e Leonor de Nóvoa. En 1512 finou a súa ... Só o rostro con-serva a sequidade