Andadeira: seguridade en relación ás TIC (Grupo Miguel)

5
SEGURIDADE COAS TICs Instala un antivirus, un antispyware e un cortalumes e non esque- zas actualizalos periodicamente, xa que en caso contrario non reco- ñecera novos virus. É importante usar tamén un cortalumes ante os hackers. Os correos sospeitosos non se deben abrir ata ser analizados por un antivirus e terse comprobado a súa seguridade. Hai que ter en conta que antes de instalar un novo dispositivo de seguridade débese desinstalar o anterior; xa que, se non, poden causar un conflito. Débense facer copias de seguridade dos arquivos periódicamente para minimizar as perdas ante posíbeis ataques. +MIRA POLO TEU ORDENADOR

description

seguridade en relación ás TIC

Transcript of Andadeira: seguridade en relación ás TIC (Grupo Miguel)

SEGURIDADE COAS TICs

Instala un antivirus, un antispyware e un cortalumes e non esque-

zas actualizalos periodicamente, xa que en caso contrario non reco-

ñecera novos virus.

É importante usar tamén un cortalumes ante os hackers.

Os correos sospeitosos non se deben abrir ata ser analizados por un

antivirus e terse comprobado a súa seguridade.

Hai que ter en conta que antes de instalar un novo dispositivo de

seguridade débese desinstalar o anterior; xa que, se non, poden

causar un conflito.

Débense facer copias de seguridade dos arquivos periódicamente

para minimizar as perdas ante posíbeis ataques.

+MIRA POLO TEU ORDENADOR

SEGURIDADE COAS TICs

Nunca debes dar os seguintes datos: nome, enderezo físico, núme-

ro de teléfono, número da Seguridade Social, contrasinais de nin-

gún tipo; nin os teus nin os de ninguén.

Referíndonos ás contrasinais ten en conta que non sexan fáciles de

achar, combina carácteres, pero non a esquezas.

Os nenos debido á súa inocencia poden facilitar datos a descoñeci-

dos polo que é recomendábel restrinxir as súas visitas a páxinas

seguras.

Procura non responder a solicitudes de información persoal por

medio do correo electrónico.

Sal utilizando Logout, Saír, Pechar Sesión ou algunha indicación

equivalente.

Nos accesos dende lugares públicos débese ter coidado con quen

está mirando, mudar os contrasinais periodicamente, borrar o his-

torial e pechar todas as ventás unha vez rematada a sesión.

Non uses a opción "gardar contrasinal" que dan algúns navegado-

res.

É produtivo usar programas alternativos aos de Microsoft xa que

estes adoitan ser o branco principal para os piratas informáticos.

Utiliza un contrasinal para os temas de maior seguridade(contas

bancarias...) e outra para os de menor (subscricións...).

+VIXÍA OS ESPÍAS

SEGURIDADE COAS TICs

Opta polos sitios web máis recoñecidos que pertencen a

empresas fiables, tanto da Internet coma do mundo físi-

co.

Paga contra reembolso ou mediante micropagos coma o

servizo de PayPal.

Comproba que a páxina onde deixas os datos da túa

conta é: "https", e non a habitual "http".

Evita as transaccións monetarias mediante empresas de

envío de cartos.

Leva a conta das transaccións on line, vixia no e-mail

posíbeis mensaxes do vendedor e revisa os extractos

bancarios das tarxetas de crédito a cotío.

Non entres en anuncios nos que se garanta unha ganan-

cia de diñeiro coma lotarías, bingos, póker.

+MANEXANDO CIBERCARTOS

SEGURIDADE COAS TICs

+ASEGURA A POSTURA E A CORDURA

Ten coidado cos danos físicos derivados do uso das novas

tecnoloxías. Para iso:

Senta correctamente diante do ordenador para evitar

problemas na columna, formando un ángulo de 90º en-

tre o tronco e as pernas.

Coidado co cableado eléctrico.

Aquelas persoas que sofren epilepsia deben asegurarse

do contido de imaxes dos programas que usa, sobre to-

do dos xogos.

Toma un pequeno descanso cada 45 minutos.

O uso excesivo das TIC pode derivar en problemas de

visión.

Coida os programas de uso dos nenos.

Cumpre o código PEGI dos videoxogos de calquera so-

porte.

Non empregues demasiadas horas ante o ordenador e se

tes unha adición, acude a un psicólogo.

SEGURIDADE COAS TICs

No caso de sufrir "ciberbulling" non se debe contestar ás

mensaxes e, no caso de ter recibido un e-mail, este non

debe abrirse e débese bloquear o remitente.

O alcume que uses nun chat non debe dar ningún dato

sobre a persoa que o usa como sexo, idade, nome ou

cidade.

No caso de ir a coñecer en persoa a alguén dun chat é

recomendable ir acompañado e tamén durante as pri-

meiras citas para asegurarse de que non hai perigo.

Se coñeces a alguén que está sendo ameazado, acosa-

do ou chantaxeado na rede: cóntallo aos Teus pais e se

é preciso á policía.

+PON UNHA CORAZA CONTRA A AMEAZA