anverso vilar de santos - allariz.com · singulariedade, pola que ten sido recoñecido e premiado,...
Transcript of anverso vilar de santos - allariz.com · singulariedade, pola que ten sido recoñecido e premiado,...
Monfortede Lemos
SANTIAGO DECOMPOSTELA
LUGO
OURENSE
PONTEVEDRA
VIGO
Verín
N-120
A-52
A-52
N-525
Chantada
Lalín
Vilagarcíade Arousa
N-525
A-6
N-VI
A-9
A Gudiña
Allariz
Sandiás
Xinzo de LimiaRairiz de Veiga
Vilar deSantos
Celanova
Castro Caldelas
N-120
A Bola
Vilar de Santos constitúe un bo exemplo de concello dinámico e innovador, onde o desenvolvemento industrial e económico convive coa conservación da natureza e das tradicións máis arraigadas. Agricultura e gandeiría constituíron tradicionalmente a súa base económica, destacando
fundamentalmente o cultivo da pataca e dos cereais, así como antigamente o proceso de cultivo e elaboración do liño. Non obstante,
hoxe podemos dicir que a vella definición de Vilar de Santos como concello agrario está a mudar nos últimos anos, con novas áreas de desenvolvemento e un grande crecemento do sector empresarial e
de servizos, coa posta en marcha do Parque Empresarial, en fase de ampliación que o convertirá na área industrial máis
importante do sur da provincia de Ourense.
Nos últimos anos, convertiuse tamén nun referente na busca de novas alternativas para a modernización do agro; apostas de futuro neste eido son o Centro de Innovación e Transformación Agraria da Limia ou o Botánico da Limia, que abrirán as súas portas na segunda metade do ano 2008 co obxectivo de seguir encabezando as iniciativas máis novedosas de desenvolvemento no rural. O centro de Transformación será un espazo no que os agricultores da zona poderán experimentar os distintos
aproveitamentos posibles dos seus produtos, e o Botánico cumplirá unha función didáctica tanto para os agricultores, como para os visitantes
que eiquí se queiran achegar.
A manifestación da vida e o saber tradicional do territorio refléxanse no Museo da Limia, que alberga “A morada da memoria antelana“. As súas dependencias recrean manifestacións e elementos da vida tradicional; pero a súa singulariedade, pola que ten sido recoñecido e premiado, é que os guías son veciños que falan da súa propia vida e dos obxectos que formaron parte dela. O seu traballo non remata dentro das catro paredes do museo, tamén nas aulas agrarias mostran aos visitantes cómo facer o pan nos fornos comunais, ou a cultivar o
liño e transfomalo en fibra textil nun obradoiro, así como practicar xogos tradicionais recuperados como A Porca.
A Aldea de Saa como futuro centro de agroturismo, xa constitúe un reclamo turístico para todos os que se achegan ao concello; actualmente en proceso de rehabilitación, conserva todo o misterio e encanto de ter sido o núcleo primixenio de Vilar de Santos, e entre as súas pedras, podemos facer un repaso a toda a historia do pobo, desde o castro orixinario pasando polo seu abandono na pasada década dos 60 ata a arquitectura máis vanguardista do século XXI, todo elo nun entorno natural e paisaxístico de gran valor.
Asemade, para disfrutar da natureza, cómpre camiñar polas rutas de sendeirismo homologadas: a Ruta do Ruxidoiro, sendeiro circular que partindo da Igrexa de Vilar de Santos, percorre a zona máis próxima a Saa chegando ata o Ruxidoiro, zona natural de gran valor e a Ruta de Castelaos, para os
amantes das áreas naturais e boscosas, que parte da Area Recreativa e discurre polos vellos camiños que antigamente comunicaban as aldeas do concello.
En definitiva, toda esta labor de conservación da natureza e a paisaxe conxugada co desenvolvemento económico, de participación veciñal, de posta en valor do noso patrimonio cultural, fixo posible a inclusión de Vilar de Santos na Reserva da Biosfera Área de Allariz no ano 2005.
O penedo da mouraEntre o monte Cantariñas e o Ruxidoiro, hai un penedo redondo con extrañas formas redondeadas e ovaladas; semella que alí viviu alguén. Este penedo recibe o nome de Peiteador da Raíña Moura. Dícese que alí desapareceu misteriosamente unha rapaza chamada Mariquiña que vivía en Saa, que ía tódolos días coas vacas e as ovellas para o monte das Cantariñas. Un bo día, a rapaza viu sentada no penedo, unha velliña que a chamaba polo seu nome. Ao achegarse, a anciá pídelle que lle peitee os cabelos cun peite dourado. Despois de peiteala, ben peiteada, a vella vólvelle a pedir outro favor: que lle dé unha pouca de leite pois estaba famenta. Ao rematar esta tarefa, a señora pídelle que lle preste o seu pano, marchando para dentro dunha das cantarolas do penedo e regresando con algo envolto que lle entrega á nena dicindo: “Toma, e non o abras ata chegar á túa casa. Prégoche un favor, non lle digas a ninguén que estiveches falando conmigo”. A rapaza xura que ninguén o ha de saber e promete volver ao día seguinte. Cara á noite, cando chega á casa e abre o pano, encóntrase cun montón de moedas de ouro. Feliz e sorprendida, móstrallas a súa nai pero non lle di onde as tiña atopado. Fiel á sua promesa, a rapaza volve ao día seguinte co gando ó mesmo lugar, xuntándose de novo coa vella. Como a velliña volveu a pedirlle que a peiteara, ela cumple coa súa tarefa pero á nena dalle un ataque de tos e a vella bérralle: “Tuse para outro lado, que se me cuspes na cabeza, vólvome cristiá”. Neste momento, a pequena decátase que nise mesmo monte vive unha moura que tiña medo a ser bautizada polo cuspe dun cristián, e empézalle a entrar o medo. A pesares disto, ela fai todo o que lle encomenda a señora e volve a conseguir o pano cargado de ouro. Desta vez, súa nai non pudo aguantar tanto misterio e consigue, despois dunha
boa rifa, que lle conte a verdade. Ao día seguinte volveu de novo co gando e ao anoitecer viñeron para a casa vacas e ovellas, pero a nena non aparecía. A nai buscouna polo monte
xunto cos veciños da aldea, berrando o seu nome. Entón de entre os penedos, saíu unha voz que lle contestou:
A Mariquiña por lingoreteira / Está na miña barriga /Fritida con allo e manteiga.
OURENSE
Monfortede Lemos
Allariz
Sandiás
Xinzo deLimia
Verín
Castro Caldelas
Cerdeira
San Xoánde Río
A GudiñaRairiz de
Veiga
Vilar deSantos
Manzaneda
Pobra deTrives
N-120
Celanova
area
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTEE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLEDirección Xeral de Desenvolvemento Sostible
Rúa Celanova, 77 - 32650 Vilar de Santos - OurenseTelf.: (988) 46 58 83 - Fax: (988) 46 58 63
www.vilardesantos.com
A Bola
area
Vilar de santos
a bola · rairiz de veigavilar de santos · allariz