“Unha fenda se abre á esperanza”asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_816_WEB.pdfnenos con parálise...

16
ANO XXX • Nº 816 - Do 13 de setembro ao 3 de outubro de 2010 R E V I S T A Q U I N C E N A L D E C R E N T E S G A L E G O S A terra vai dando froito por si mesma “Unha fenda se abre á esperanza”

Transcript of “Unha fenda se abre á esperanza”asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_816_WEB.pdfnenos con parálise...

Page 1: “Unha fenda se abre á esperanza”asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_816_WEB.pdfnenos con parálise cerebral, apoiándose en exercicios de ocio para a integración física e psíquica.

ANO XXX • Nº 816 - Do 13 de setembro ao 3 de outubro de 2010

R E V I S T A Q U I N C E N A L D E C R E N T E S G A L E G O S

A terra vai dando froito por si mesma

“Unha fenda se abre á esperanza”

Page 2: “Unha fenda se abre á esperanza”asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_816_WEB.pdfnenos con parálise cerebral, apoiándose en exercicios de ocio para a integración física e psíquica.

2

O trasno A tenrura intelixente existe e resisteDaniel López

Xente xogando ao fútbol en Porto Príncipe (Haití). Qué difícil é atopar fotos que non

retraten desgrazas!

A foto que fala

mental. E neses casos, a embriaguez debería ser agravante sobre agravante. Estoutro día nunha praia de río, preto do lugar dos feitos, escoitei a apaixonante conversa dun mozo rodeado de rapazas: o que bebía, o que bebeu, o que resistiu, como o bebeu, cando o bebeu, canto en comparación coa vez anterior, a mestura exacta, a secuencia de inxesta, a prodixiosa resistencia, a tralla, o peido, a bebedela, a melopea, a merda, a mona que agarrou ou non agarrou, segundo se mire e se admire. Uau!!! Relatos de heroe.

Pero non quixera abundar no coñecido, senón no outro lado da noticia. E a noticia é que aqueles proxectos solidarios, ese esforzo colectivo de sensibilidade social existen. E hai centos en Galicia. Son a tenrura intelixente. Son a outra cara da sociedade, a que nos redime. Por iso que, en tempos de recorte orzamentario, moitas voces na mesma dirección deberían chegar a quen toma as decisións de goberno: facede unha autoestrada menos, deixade de potenciar o ocio ocioso, as macanas electoraleiras, o xacobeo, o Gaiás e a imaxe corporativa, pero nunca deixedes de apoiar a solidariedade organizada.

A realidade éche así: por un lado hai unha asociación que desenvolve un proxecto con discapacitados psíquicos, con apoio público, coa complicidade de moitos, tratando de que xente con dificultades persoais poida desempeñar un traballo e sentirse ben, sentirse útil, medrar. É como cultivar felicidade nun deserto de oportunidades. Esa asociación, Aspanas, consegue que estas persoas con discapacidade traballen, atendendo as termas ourensás de Outariz. E os rapaces seica o fan de marabilla. E iso emociona e educa o corazón de calquera.

Non de calquera. Porque por outro lado houbo estoutro día un grupo de machotes que chegaron polas termas, ás nove e media da mañá, despois dunha noite de marcha, adrenalina, alcohol e o que cadre, que a cousa vai diso, cantidade e variedade. Montaron barullo, molestaron a xente, pasaron de normas. Os empregados das termas chamáronlles a atención, intentáronlles explicar que si había normas, ...e levaron unha tunda de hospital. Os machotes fuxiron, aínda que foron despois detidos e deron ultrapositivo na alcoholemia.

Si, debería haber varias agravantes: a de miseria moral e a de enanez

Page 3: “Unha fenda se abre á esperanza”asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_816_WEB.pdfnenos con parálise cerebral, apoiándose en exercicios de ocio para a integración física e psíquica.

3

Editorial Folga

Rumores de esperanza Xan Guillén

Non é tempo de folga. Esta frase repítese, case a xeito de “mantra”, nos diferentes faladoiros dos medios de comunicación, tendo o seu importante eco na rúa. Semella que é o punto en común ao que chegaron os partidarios da reforma do mercado laboral e unha parte dos seus detractores: sen valorar o fondo do asunto, comparten a inconveniencia da folga e, sobre todo, o momento escollido.

“Non é o momento de folgas, é o momento de traballar”, proclama o vicepresidente da CEG, secundado por numerosos dirixentes dos dous principais partidos políticos estatais. “Non apoio a reforma, pero se todo xa está decidido, non sei por que temos agora que perder o salario dun día de traballo, con tanto que o necesitamos”, laiábase unha traballadora, votante socialista, nun programa de radio. As declaracións dos responsables dos sindicatos convocantes non conseguen rachar con esta atmosfera e mesmo resoan moi semellantes as de quen se posicionan en contra: así Toxo, líder de CC.OO., declara que a convocatoria de folga é unha “pu...”, mentres que con termos máis educados o presidente da Xunta cualifícaa como “unha mala noticia”.

Contra todo o que mantivera nos últimos seis anos, o goberno de España asumiu, por convicción ou por imposición, que o abaratamento do despido era unha medida inevitable neste momento de crise. Atendeu a unha das reivindicacións históricas do empresariado e constatou, malia a tan pomposa Lei de Economía Sostible, que a competitividade da nosa economía segue a depender máis da redución dos custos salariais que dunha aposta seria pola innovación e a mellora tecno-lóxica.

Os traballadores, abandonados pola esquerda política parlamentaria, non lle queda outra saída que a folga xeral para reivindicar os seus dereitos. Posiblemente o propio funcionamento dos sin-dicatos coma macroestruturas vinculadas ao poder – e sobrefinanciadas por el- non axuden nesta tarefa, mais a folga continúa a ser un centro de acción da clase traballadora, un medio de presión, e, aínda mais, un referente simbólico da existencia colectiva da clase traballadora. O próximo 29 cando marchen polas rúas sentirán que a quen levan ao seu carón non é o inimigo, malia competir con eles por un posto de traballo e que malia o que nos vende a economía do capital si que segue a haber esperanza.

Hai uns cantos anos, cando eu era adolescente, fun a un funeral. O cura que o celebraba estaba moi unido ao morto. Lembro o cura durante a ho-milía dicindo que para el o defunto fora ao longo da súa vida un reflexo do amor de Deus. Despois fixo silen-cio e botouse a chorar.

Pasaron os anos e eu aínda lembro a imaxe e o contido da homilía. O mo-tivo era sinxelo: o cura botara senti-mento de verdade á mensaxe. Non falaba de teoría, falaba de corazón.

Acabo de chegar da Romaxe, que é unha fonte inesgotable de Rumores de esperanza. Ao ver a Xabi botán-dolle sentimento ao que dicía lem-broume o cura que me dera aquela homilía que aínda teño gardada. Xa

sei que Xabi non facía exactamente de cura, senón dunha especie de mes-tre de cerimonias da celebración iri-mega, pero como me gustou sentirlle rachar a voz berrando a favor da es-peranza! Ningún dos que estabamos alí dubidou de que cría o que dicía. Cando falamos de corazón a corazón, a mensaxe é crible e respectable. As paixóns son as que fan transformar.

Que rico o queixo de Monterroso. Que ben o fixo a rapazada de alí. Que bonito lugar. Que rico o xantar com-partido. Vémonos no monte Xiabre. A boa xente de Sobradelo e Traban-ca, en Vilagarcía, xa están traballando e, como lle botarán corazón e paixón, vai saír moi ben.

Page 4: “Unha fenda se abre á esperanza”asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_816_WEB.pdfnenos con parálise cerebral, apoiándose en exercicios de ocio para a integración física e psíquica.

4

1 2 3 4A peneira

4

3

2

1

O próximo 1 de outubro principia un MES de CINE, coa celebración do XV Festival de Ourense e a estrea de 18 comidas de Jorge Coira, na que actúa Xosé M. Oliveira, “Pico”, o presidente da Academia do Audiovisual. Participou en máis de 30 obras de teatro e 20 filmes, sen esquecer as súas pingas de humor en Pratos combinados, das que gozamos na TVG. O mes rematará o 30 co Festival de Cine Euroarabe Amal, organizado pola Fundación Araguaney en Compostela.

Un CURSO ESCOLAR con eivas: os 1000 escolares de crenza musulmá, procedentes de 15 entidades (8500 marroquinos, 1723 senegaleses, 570 alxerinos, etc.) que acoden ás 14 mesquitas galegas, non teñen mestre de relixión. Uns 1000 naceron aquí. Igual discriminación acontece a 180 alumnos doutras relixións cristiás. Na foto, procedente daexposición de Gabú, que permanecerá no Centro Caixanova de Vigo ata o 10 de outubro, un neno coa táboa coránica nunha escola de Malí.

A Plataforma para a Ría do Burgo loita contra os VERQUIDOS, para evitar que esta ría se converta en improdutiva en 10 anos. Na actualidade está ferruxada, coma este monumento que ergueron alí alumnos de Culleredo. A confraría denuncia 118 puntos de verquidos en A Pasaxe. No litoral medrou o lixo un 156%, acadando cifras máis elevadas ca no 2008, cando na ría de Arousa (170.000 h.), a máis activa en termos marisqueiros,(2300 bateas), poxou 90 millóns de €, grazas a depuración e tratamento industrial.

POIO celebrou o 17 de agosto os bos e xenerosos: Fernández del Riego, Avelino Pousa, Díaz Pardo e Xaime Illa, na foto. Xa o 9 de xullo fixera fillo adoptivo ao fiscal Benito Montero, polo seu compromiso co galego, coma xa fixera antes con Alexandre Bóveda e Pérez Esquivel. Na estela de Claudio Movilla, autor da primeira sentenza en galego (1984). No 1983 crearan no eido da xustiza a Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística.

Page 5: “Unha fenda se abre á esperanza”asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_816_WEB.pdfnenos con parálise cerebral, apoiándose en exercicios de ocio para a integración física e psíquica.

5

5 6 7 8Alfonso Blanco Torrado

7

86

5

Eleccións en 27 estados brasileiros, nos que non entra en xogo a descentralización ou a reforma agraria. Cunha visión máis mundial, ven causas históricas no 50% da deforestación: a chamdada “débeda climática”. 25 millóns urxen sustentabilidade na AMAZONÍA, fonte do 26% da auga doce do planeta. Entre outros, os Barcia de Ponteareas aniquilaron o caucho, na zona deminada “Galicia”, na beira amazónica peruana, e con eles os indíxenas, feridos de paludismo, expoliados ata o invento do sintético. Privatizáronse 2 millóns de has., destinados ao cultivo de soia e algodón. Destruída un 60% en 4 anos, o restante corenta periga.

LEMA SUÁREZ recibe o Premio “Reimóndez Portela”, na Estrada, por artigos a prol do idioma, tan aldraxado nestes tempos. O seu compromiso rexo está a se bater en moitos foros, para desenmascarar aos que deturpan as nosas esencias dende o poder. O historiador demostrou as súas querenzas, dende o berce na Costa da Morte, con obras sobre o megalitismo, a arquitectura relixiosa, os pazos, etc., ata os libros de texto de lúcida pedagoxía.

Sorprendéronnos tantas iniciativas que descubrimos na Ulloa, onde se vai celebrar a Romaxe deste ano. Na foto, unha sesión de terapia contra as DEPRESIÓNS da Asociación Amas de Casa de Monterroso, a base de encaixe de palillos. O 11,2 % dos galegos sofren algunha discapacidade, o que supón que Galicia supere en 23 puntos a media por mil do Estado. Do total de discapacitados, o 70,7% presenta problemas de mobilidade, mentres que un 31% se atopa sen atención.

Na festa de S. Francisco lembramos o valedor dos animais. Celebramos as terapias con CANS para estimular a comunicación e afectividade, como as que se están a facer na cadea de Monterroso, na foto, ou a súa interacción con discapacitados, como desenvolven en Amencer, na Asociación de Enfermos de Alzheimer, ou en Eduka9 de Vigo, que traballa con pais de nenos con parálise cerebral, apoiándose en exercicios de ocio para a integración física e psíquica.

Page 6: “Unha fenda se abre á esperanza”asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_816_WEB.pdfnenos con parálise cerebral, apoiándose en exercicios de ocio para a integración física e psíquica.

6

Actualidade

Coma case todo nesta vida, o problema do prezo do leite é un problema polí-tico. E por iso, sempre dixemos e mantemos, que este conflito ten unha saída política. Por iso tampouco ao SLG nos valeu o “paripé” de solución que, en aras duns contratos, pechou o verán do 2009 coa sinatura dun acordo no que, nin había prezo mínimo, nin vontade de mudar as leis, de maneira as industrias e distribución quedasen obrigadas a respectalo.

Que estamos facendo logo neste momento co boicot que mantemos ás marcas das empresas LÁCTEOS LENCE, LACTALIS e LECHE CELTA?

O boicot comercial ten que chegarlle ás industrias para que saiban que non po-den especular coas vidas das persoas coma se de accións da Bolsa se trataran.

As loitas colectivas, e a articulación social das mesmas para que haxa leis ao servizo da xente que regulen e controlen o mercado dos alimentos, ten que chegarlle aos gobernos para que saiban, que cada vez máis, queremos com-bater a ditadura dos mercados e aos que a sosteñen, para deste xeito camiñar cara unha democracia real e cara a soberanía alimentaria.

Por que facemos este boicot?Carme Freire Cruces, Secretaria Xeral do SLG

Prezos ruinososOs sindicatos agrarios galegos, iniciaron unha campaña de mobilizacións polo afogamento económico que as industrias e a gran distribución impo-ñen cos prezos baixos. Tamén poñen enriba da mesa o absentismo e a deixa-dez de funcións das administracións. Unha actitude –indican- ben distinta á amosada polos representantes políticos franceses, que polo menos acadaron hai unhas semanas un acordo entre o sector, que na práctica trazou un incre-mento dun 10% para o segundo semestre do 2010, o que supón acadar un prezo para o produtor de 33 céntimos, que malia que segue sen cubrir custos de produción, cando menos demostra un certo interese gobernamental por mellorar a situación dos gandeiros e gandeiras franceses.

Lonxe desta situación, a venda da produción do sector produtor galego está sometida á franxa dos 28 céntimos, percibindo as explotacións lácteas de Galicia prezos entre os máis baixos das comunidades produtoras de España, cuns ingresos inferiores nun 13,4%, o que supón unha mingua de 14.465,51 € na súa renda anual.

Page 7: “Unha fenda se abre á esperanza”asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_816_WEB.pdfnenos con parálise cerebral, apoiándose en exercicios de ocio para a integración física e psíquica.

7

O Peto do Santo AntónRubén Aramburu

Meu querido Antón, volvín moi contento da Romaxe de Monterroso, sobre todo pola xente e polos mociños que prepararon a liturxia. Daba gloria escoitar a fala con tanta naturalidade, esa que lle queren quitar agora na escola. Hai que felicitar ao Miguel Rico e a súa muller Giorgina que son uns campións en acollida e humanidade.

No medio do barullo sempre aparece un intre de tenrura, voucho contar. Andaba eu a vender o último disco da Quenlla que se chama “Os Irmandiños” e está feito con poemas de Manuel María. Estaba alí unha velliña coñecida, viúva e con moitos sufrimentos na vida. Miraba como a xente mercaba os discos e achegouse: -eu tamén quero un! Eu ía dárllelo cando me preguntou onde había que poñelo. Adiviñei que non tiña reprodutor de CD e díxenlle que non o levara pois non podería escoitalo. Con todo insistía en deixar alí os cartos, ela quería agasallar aos amigos da Quenlla co que podía. Acordei da viúva do evanxeo que para min é unha das historias máis bonitas do Xesús.

Após de moita insistencia conseguín que botara os cartos no peto da Romaxe no canto de levar o disco, xa que os da Quenlla non andan tan necesitados. Mireina marchar, caladiña, enloitada quizás que a Romaxe sexa unha das súas poucas alegrías. Tamén houbo cousas moi graciosas como aquela outra muller que preguntou se vendíamos rosarios e medallas dos santos. Seguro que marchou arrepiada cando mirou o medallón co raposo.

Un cento de curas vellos, case todos, xuntáronse en Poio para falar da mocidade. Non deixa de ser esperanzador que os vellos se preocupen dos máis mozos. Habería que organizar congresos de avós preocupados polos netos e non tanto viaxe do INSERSO.

Agora que ven a festa do noso San Francisco, e comeza o outono tempo especial para a meditación, oxalá que na outonía da nosa vida sexamos, como aquela velliña, un andar agradecido á Quenlla, a Espiña, a Peleteiro, a Carmen Puente, a Aniceto a tantos irimegos e boa xente que deron todo e non pediron nada.

Page 8: “Unha fenda se abre á esperanza”asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_816_WEB.pdfnenos con parálise cerebral, apoiándose en exercicios de ocio para a integración física e psíquica.

8

Redacción

Crónica A Romaxe reivindica a esperanza

No medio e medio da Ulloa

Tomamos queixo da Ulloa con pan trigo do país, co que nos acolleron; saudámonos, e fómonos xuntando. Sitio perfecto, día solleiro, imposible unha mellor organización.

A Romaxe é un pequeno milagre de gratuidades e gratitudes que, sumándose, multiplícanse. Ninguén cobra por nada -só se paga o son- ,

pero todo se artella maxicamente, xenerosamente. Ese é o pulo de Irimia, ese “horizonte común” do que tantas veces ten falado Pepe Chao (Pepe, que alí estaba en Monterroso, na súa cadeira de rodas, con Sari e os seus). Todos sumando: os organizadores locais -Miguel Rico e os rapaces de Monterroso-, os da asociación Irimia, os da protección civil do concello, a Quenlla... a fórmula máxica da suma multiplicante.

A xente nova de Monterroso sabe facer as cousas

O texto de celebración fora preparado polo profesor Xesús Portas Ferro. Xabi Blanco foille dando unidade, co acerto de lograr un ambiente de escoita e participación. Pero o que

nos marabillou a todos foi a calidade dos lectores e lectoras, os rapaces do instituto de Monterroso, o bo facer de cada un deles. Alí estaban representando diferentes papeis, recollendo a herdanza simbólica de Romaxes anteriores e recreando e anovando todo.

A celebración da palabra foi un percorrido pola situación de Galicia, dunha Galicia negada desde fóra e desde dentro, un percorrido desde o berro de frustración e dolor ata o redescubrimento -unha e mil veces- da esperanza, da “razón da nosa esperanza”. A lectura do evanxeo de Emaús tiña perfecta encaixe, por ser precisamente a expresión dese itinerario vital, o que vai desde a sensación de derrota, de estarmos sempre apostando por causas

perdidas - “os nosos sumos sacerdotes e gobernantes entregárono, para que o condenasen a morte, cando nos esperabamos que fose o liberador”-, ata o abrirmos os ollos a unha nova perspectiva: a esperanza nosa de cada día, esa na que de súpeto sentimos que somos quen, e que a razón utópica, a das vítimas, segue reivindicándose, teimuda, viva e valente - “abríronselles os ollos e recoñecérono”.

Loitaremos: “a esperanza non engana” (E Toñito de Poi axuda a entendelo)

A esperanza recreouse arredor do gran símbolo do pan partido e compartido: “Érguete e come, pobo galego, érguete e anda”. A bendición do

Adoitamos avaliar as Romaxes polo sabor que nos deixan no corazón. E a de Monterroso tivo gusto de ilusión e “retrogusto” de esperanza. Foi unha Romaxe oasis, con palmeira -carballos- e pozo, encontro agarimoso, en tempos de deserto duro e trebón de area seca. Foi pousada e reencontro de camaradas de camiño, cando os tempos veñen duros para Galicia, para o galego, para os febles, para o agro e para un planeta ferido.

Isto está empezando, só son 33 anos

Page 9: “Unha fenda se abre á esperanza”asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_816_WEB.pdfnenos con parálise cerebral, apoiándose en exercicios de ocio para a integración física e psíquica.

9

Crónica A Romaxe reivindica a esperanza

pan foi un agradecemento colectivo e emocionante: Dámosche grazas, noso Pai, polo teu amor creador que nunca falla, por el déchesnos a vida, por el déchesnos esta terra dos mil ríos que nos acolleu rideira, unha comunidade humana que nos agarimou con cantigas e unha lingua feiticeira.”

Lembramos no “Noso Pai” aos que nos foron deixando neste ano, fieis romaxeiros e animadores da vida, como Carme Puente, Manuel Espiña, Mercedes Sixto, Xosé Carlos Peleteiro e Carlos Morais -da Quenlla.

Este ano no berro seco contamos co xenio e a graza de Toñito de Poi. Foi un berro máis potente ca nunca, como se levásemos máis ganas ca outros anos de escorrentar demos e tangaraños: un berro polos labregos e gandeiros que andan na loita de prezos máis xustos polo leite; un berro pola lingua galega que vai sobrevivindo contra todo prognóstico a pesar de estar condenada -e sen xuízo- polo delito de “imposición” por Pilatos e compañía; un berro tamén polo amor que nos fai xente, que para iso é a palabra que describe ao noso Deus; e un berro polos enfermos.

100 anos de parroquia de Monterroso

Tamén era importante a homenaxe á parroquia de Monterroso. Na Igrexa parroquial foron catrocentos romeiros e romeiras a participar na oración da tardiña, breve, intensa e moi sentidiña. Fíxose memoria e agradecemento dos ausentes, e da man de Espiña, que tanto estimaba a Irimia, reviviuse aqueles versos, compostos en Muimenta da Terra Chá, hai máis de vintecinco anos, na primeira época da asociación, versos que don Manuel tiña ben preto do seu lugar de traballo e estudo:

Imos facendo memoria

Recobrando o ser galego que esquecemos

Imos sementando patria

Man con man enxertándoa entre os veciños

Imos facendo outra historia

A favor dos rebaixados e oprimidos.

A Romaxe na voz dos participantes

Mar García ten 33 anos e esta era a súa terceira Romaxe. Dinos que se sentiu nun contorno agradable, que o texto foi moi bo, centrado na realidade máis próxima da Ulloa, de Monterroso, dos seu problemas. “Era un texto de calidade, para ser escoitado”. Mar percibe que a calidade da Romaxe, foi a máis e que, cando menos ela, que se declara neofalante, séntese cada vez máis acollida e integrada. A Rumboia parécelle un momento emocionante para compartir e o berro seco foi especialmente impactante. Mar dinos que a Romaxe ten futuro, porque é algo alternativo, é experiencial, hai vida. Por iso, conclúe, pode atraer a moita máis xente coma ela.

Mario, o da Comunidade de Vangarda, da Coruña, nos seus 59 anos, leva nas Romaxes desde que se fundaron. Coméntanos que o que máis lle gustou foi o chamamento e a celebración da esperanza, e a forza

que sentiu na comunidade, como houbo un ritmo interior, un clima na propia celebración, como se foi facendo a transición do pesimismo á esperanza. Mario, con retranca de galego de adopción, dinos que hai futuro, porque “isto está empezando, só son 33 anos”, e como se dixo na celebración, o de sermos Igrexa ninguén nolo pode roubar, e ademais, facemos unha contribución moi orixinal: humanizar a fe, facela próxima e crible, facela laica e normal.

Melanie García, con 16 anos, é do grupo de rapaces e rapazas novas que preparou, coordinada por Miguel Rico, a posta en escena, e fixo de lectora como “vella irimega”, aínda que, en realidade, esta é a primeira vez que tomaba contacto con Irimia. Ten 16 anos e quedou namorada da

Page 10: “Unha fenda se abre á esperanza”asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_816_WEB.pdfnenos con parálise cerebral, apoiándose en exercicios de ocio para a integración física e psíquica.

10

Crónica A Romaxe reivindica a esperanzaRedacción

Romaxe. “Encantoume o berro seco”, dinos, “si, emocionoume, e a cantidade de xente que veu, sorprendeume” . Melanie observa que esta celebración da fe non se lle parece ás misas ás que está afeita e pensa que “a Romaxe ten moito futuro, con toda esta xente”.

A Tareixa Regal esquecémonos de preguntarlle polos anos, pero xa pasa algo dos 35. “O sitio” dinos, “e a xente nova na organización, foron puntos fortes. Tamén os amigos e amigas que vexo de ano en ano”. Tareixa insiste que a Romaxe segue sendo importante nas súas apostas

básicas pola fe e por Galicia e a súa lingua, “por unha fe cristiá vivida e celebrada con música, con festa, con movemento”. Tareixa ponse crítica tamén cando nos dí: “Seguimos tendo un exceso de palabra, un exceso de razón.” “Ademais”, insiste, “dóeme que non teñamos a valentía de celebrar con consagración e que os nosos curas non o fagan e que nosoutros non teñamos tampouco o valor de consagrar como pobo cristián”. E engade: “O futuro da Romaxe pasa porque se creen espazos para a xente nena e moza”.

Montse Rodríguez ten trinta anos e vén de Santiago. É a súa terceira Romaxe e ten a sensación de que este ano viu a máis xente nova. Encantoulle o emprazamento escollido e considera que o son este ano funcionou moito mellor, polo que se puido seguir perfectamente toda a celebración. Ademais, conta, “como as cancións son as mesmas todos os anos e eu xa as aprendín” e gustoulle especialmente o símbolo escolleito este ano para o medallón e o lema, que ela non coñecía pero que llo explicaron. Sobre o futuro, “este ano vexo un pouco máis, porque hai xente moza, pero teño que recoñecer que cría que isto ía morrer debido a idade media dos participantes”.

A celebración foi un percorrido desde o berro de frustración e dolor ata o redescubrimento da esperanza

Page 11: “Unha fenda se abre á esperanza”asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_816_WEB.pdfnenos con parálise cerebral, apoiándose en exercicios de ocio para a integración física e psíquica.

11

Internacional A guerra de nunca acabarCosal

Medra o número de nenos iraquís que nacen con deformidades.

O Departamento de Defensa dos EUA é o contaminador máis gran-de do mundo: produce refugallos máis perigosos que as cinco maiores compañías químicas estadouniden-ses combinadas, segundo unha das noticias máis censurada que foron seleccionadas para o informe Proxec-to Censurado 2009/2010, dirixido por Peter Phillips e Mickey Huff na Universidade Sonoma State de Cali-fornia.

Entre as moitas sustancias mortais utilizadas polos militares atópanse pesticidas, defoliantes -como o axente laranxa-, solventes, petróleo, metais con chumbo, mercurio e uranio em-pobrecido. Non existen regulacións ambientais para as actividades milita-res, que explican o 80% da demanda enerxética do goberno federal, e a

guerra de invasión de Iraq é respon-sable de esparexer o equivalente a polo menos 141 millóns de toneladas métricas de dióxido de carbono desde marzo de 2003 a decembro de 2007. Isto significa que a guerra emitiu un 60% máis ca todos os países xuntos. Médicos iraquís denunciaron que aumentan os nenos que nacen con deformidades e crece o número de xente diagnosticada con cancro, no-meadamente nas cidades que foron golpeadas polos máis pesados bom-bardeos estadounidenses e británicos. En Faluya, o 25% dos nenos recen-temente nados presenta anormali-dades serias por encima dos rangos conxénitos, como tumores cerebrais e defectos no sistema nervioso. En Ba-bail, ao sur de Bagdad, os casos diag-nosticados subiron a partir de 500 en 2004 a 9.082 en 2009.

En Basra, foron divulgados 1.885 ca-sos de cancro en 2005, 2.303 en 2006 e 3.071 en 2007. Moitos expertos cren que a alta taxa de casos de cancro e defectos de nacemento son o re-sultados das cantidades masivas de uranio empobrecido utilizadas nas bombas estadounidenses e británicas. A herdanza estadounidense de gue-rra continúa contaminando e matan-do. As armas e artillería de guerra dos EUA aínda seguen matando a moita xente en Vietnam. Aínda explotan e matan con frecuencia aos cidadáns de Vietnam bombas, proxectís de artillería, foguetes, minas terrestres, selectas e outro tipo de artillería que nunca detonou. O legado explosivo abandonado pola guerra segue ma-tando a milleiros de persoas.

Escultura realizada por estudantes vietnamitas para lembrar os efectos do denominado “axente laranxa”.

Este 11 de setembro conmemorouse por noveno ano o terrible atentado terrorista que supuxo a morte de 2.794 persoas no ataque ás Torres Xelmegas de Nova Iorque. Un acto que puxo de manifesto, novamente, a falta de sentido, a inutilidade e a grande dor que xera, neste caso nos Estados Unidos, o uso da violencia como medio de acción ou de reivindicación de calquera clase. Mais esta dor que abateu aos EE.UU. non non debe facer esquecer que a política exterior deste país é, xa dende antes do 2001 a causante de situacións de forte inestabilidade política mundial e o principal sostén de numerosos conflitos armados que seguen plenamente activos na actualidade.

Page 12: “Unha fenda se abre á esperanza”asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_816_WEB.pdfnenos con parálise cerebral, apoiándose en exercicios de ocio para a integración física e psíquica.

12

In Memoriam Victorino Pérez Prieto

“Teño 6.000 anos: vivín cos homes que nos precederon. Nacín en Barcelona, de hindú e catalá. Son sacerdote católico, pero non un funcionario do vaticano”

(Raimon Panikkar)

Cristo nos deu. Así pois, resolvo o dilema cun compromiso: aos ami-gos pódeselles escribir; e, neste caso, para felicitarte efusivamente polo teu libro, que refrescou a miña me-moria e do que aprendín moito” O noso foi un encontro non só na amizade, que sempre é gratuíta, se-

Morreu o mestre e amigo Raimon Panikkar. Descanse na paz de Deus e nesa harmonía con toda a realidade cosmoteándrica que sempre buscou. Uníanos unha forte amizade, máis aló do seu maxisterio. Así mo manifestaba nas súas cartas , escritas con letra minúscula e sinatura inconfundible, mentres puido facelo: “Recórdote moito. Non deixes de achegarche por Tavertet. A unha certa idade, hai que superar a tentación de facerse o duro”. “A amizade, que é unha forma de amar, é unha virtude humana, e xa que logo cristiá”.

Un amigo excepcional

E tamén no prólogo para o meu li-bro “Máis aló da fragmentación da teoloxía, o saber e a vida: Raimon Panikkar”: “Pedíchesme o imposi-ble. Como podo eu prologarme cri-ticamente a min mesmo? Pero peor sería para min non responder a un amigo, xa que considero a amiza-de como un dos valores máximos da vida humana, o único título que

nón tamén na conexión de intereses e ideas comúns; unhas ideas que non sempre tiveron boa acollida noutros teólogos e pensadores. El como o mestre curtido en mil avatares inte-lectuais e existenciais entre Oriente e Occidente; coas súas viaxes, estancias en tan distintos puntos do globo e as súas lecturas multirrelixiosas e multi-culturais, realizadas na ducia de lin-guas que utilizaba, coa súa cuádrupla identidade cristiá, hinduísta, budista e secular. Un pensamento e unha experiencia transmitidas nas súas ducias de libros e centos de artigos, conferencias, etc. Un traballo recoñe-cido por uns -moitos- e non tan reco-ñecido por outros -bastantes-. Que se era ou non filósofo, que se era ou non teólogo, que se sabía ou non escribir, que se non era “actual”, que se era un “sincretista”.

Unha intelixencia viva, eléctricaAs nosas conversacións de filosofía e teoloxía resultaban fascinantes; pero chegaban a fatigarme a min antes cá el -a pesar de ter eu moi-tos menos anos -, porque as súas

“Todo está integrado, asumido, transfigurado”

No pasamento de Raimon Panikkar

Page 13: “Unha fenda se abre á esperanza”asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_816_WEB.pdfnenos con parálise cerebral, apoiándose en exercicios de ocio para a integración física e psíquica.

13

In Memoriam

“En Panikkar destaca a está obsesión polo todo; por unha harmonía entre as diversas concepcións do Occidente e do Oriente.”

to de Panikkar ten como principal ca-

racterística esta obsesión polo todo;

por unha harmonía entre as diversas

realidades e disciplinas particulares

-filosofía, ciencia e teoloxía- e as dis-

tintas concepcións culturais do occi-

dente moderno e de oriente. “Non

se trata de ir a ningunha parte. Non

é cuestión de parte algunha. Non é

propias palabras parecían trans-mitirlle reactivamente unha forza inusitada -tan débil como parecía fisicamente nos seus últimos anos-, consciente do que podían realizar. Esta riqueza quedou reflectida nal-gunhas das nosas conversacións pu-blicadas logo (Igrexa Viva 223, 2005). Pero a súa forza pareceu alcanzar o seu límite ao cumprir os 90 anos. Pouco despois comezou un declive inexora-ble, que notaba non só cando estaba ante el, senón nas súas palabras dé-biles ao teléfono e nas liñas cada vez máis incomprensibles das súas cartas. Raimon viviu intensamente unha lon-ga vida; por iso custáballe aceptar nos últimos tempos vivir dun xeito menos intenso. Vía como a súa prodixiosa memoria e a súa “intelixencia eléc-trica” non funcionaba como noutro tempo, aínda que seguía falando –dí-goo con envexa- en distintas leguas segundo os distintos interlocutores.

Qua nada se estrague, que todo se integre

O de Raimon Panikkar foi sempre todo ou nada; nunca foi home de me-dias tintas. O seu pensamento sem-pre buscou a reflexión sobre o todo, a integración de toda a realidade “cosmo-teándrica”, recollendo ata os máis insignificantes elementos. Unha frase que repetía nos seus escritos era un versículo do Evanxeo, que citaba no latín en que o aprendeu: “Colligite quae superaverunt fragmenta, ne pe-reant” –“recollede os anacos sobran-tes, para que nada se estrague”(Jn 6,12); unha frase do Mestre, que pon fin ao relato xoánico da multipli-cación dos pans e os peixes. Nunha interpretación particular e pouco habitual do texto, resumía algo fun-damental na súa teoloxía e o seu pen-samento: a necesidade de integración do conxunto de toda a realidade en

home grande -que tivo tamén as súas

contradicións e os seus fallos, como

todos os humanos- co que moitos

tivemos a graza de compartir vida e

pensamento, aprender del e camiñar

cara a adiante, sabendo que cada día

trae algo novo se sabemos velo. Moi-

tas grazas, mestre, irmán, amigo Rai-

mon.

Raimon Panikkar

todas as súas dimensións; recoller os fragmentos esparexidos, ata os máis pequenos, para reconstruír o todo harmónico do que se escindiron: “Nada se despreza, nada se deixa de lado. Todo está integrado, asumido, transfigurado... Pensar todos os frag-mentos do noso mundo actual para reunilos nun conxunto harmónico” (A intuición cosmoteándrica). Tráta-se da interconexión de todo con todo. Fronte ao reducionismo, o pensamen-

cuestión de parcialidades... É cuestión do todo” (O silencio do Buddha.Unha introdución ao ateísmo relixioso). Así era o “sabio das montañas”, como o chamaban en Barcelona. Así era este mestre que non quería discípu-los miméticos, senón xente que pen-sase e actuase por si mesma. Así era, sen pretensión de superioridade, esta “icona do misterio”, como titulou un dos seus libros (Iconas do misterio. A experiencia de Deus). Así era este

Page 14: “Unha fenda se abre á esperanza”asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_816_WEB.pdfnenos con parálise cerebral, apoiándose en exercicios de ocio para a integración física e psíquica.

EDITA: Asociación A. IRIMIA FEITO EN PAPEL RECICLADO

MESA DE REDACCIÓN: Daniel López Munoz, Luís Gómez Aldegunde, Pedro Pedrouzo Devesa, Rubén Rivas Vidal, Lidia Campos Chan, Manolo G. Turnes, Lines Salgado Iglesias, José Antonio Martínez. Tlf. 986 10 49 45.

COLABORADORES: Xosé Chao Rego, Victorino Pérez Prieto, Xosé Antón Miguélez, Manolo Regal, Alfonso Blanco Torrado, Xosé Lois Vilar, Marta Sopeña, Gumersindo Campaña, Tareixa Ledo, Moisés Lozano, Clodio González Pérez, Antón Martínez Aneiros, Sara Paz Quiñones, Manuel Pérez Blanco, Xabier Blanco, Bernardo García Cendán, Valentina Formoso Gosende, Celia Castro Ojea, Xerardo Castedo Valbuena, Engracia Vidal, Francisco Xabier Martínez Prieto, Fernando Veiga, Antonio Pinto Antón, Bea Cedrón Vilar, Mariano Guizán Sánchez, Carmen Soto, Rubén Aramburu, Carme Soto, Marisa Vidal e Xan Guillén.

CORRECCIÓN LINgüíSTICA: Lidia Campos Chan, Luís Aldegunde.

SUBSCRICIÓNS: Apdo. 296 - 15705 Santiago de Compostela. Telf.: 655 028 253 / [email protected]

SUBSCRICIÓNS: ordinaria: 24 Euros. de Apoio: 36 Euros. Correo electrónico - asociacion-irimia@asociacion-irimia .org

CONTA: Caixa Galicia, CC/2091-0349-45-3040005822 - Urbana, nº 8 - Santiago

DEPÓSITO LEgAL: C-1417-81 TIRADA: 1.000 exemplares DESEÑO E MAQUETACIÓN: Ninfa, Riveiro, Martínez

IMPRIME: Artes Gráficas LITONOR S.A.L. DISTRIBÚE: IMPACTA

EDICIÓN ELECTRÓNICA: http://www.vieiros.com/canais/26/canal-irimia / http://asociacion-irimia .org/revista.xhtml

ANO XXX • Nº 816 - Do 13 de setembro ao 3 de outubro de 2010

R E V I S T A Q U I N C E N A L D E C R E N T E S G A L E G O S

A terra vai dando froito por si mesma

“Unha fenda se abre á esperanza”

14

O noso taboleiro

1ªXuntanza POMBA DOURADAna memoria de Pacita-Paco

DATA: Sábado 2 outubro 2010LUGAR: Hotel Avenida. A CoruñaHORA: 21,00PREZO DA CEA: 30 eurosPARA APUNTARSE: Hosanna: 636 190 689Alfonso: 606 816 047(Avisade antes do mércores 29)

A xuntanza quere celebrar as vidas de Pacita e Paco. Pensamos que unha maneira de facelo (coa que eles sentiríanse contentos) é celebrar un encontro entre as persoas que os quixemos e admiramos, atoparnos, reconfortarnos e mirar cara adiante.

“Pomba Dourada”, porque esa poesía cantada entonámola con eles moitas veces. E porque dimos en pensar que simbo-lizaba dous elementos polos que eles loitaron e que formaron parte da súas vidas: a Tenrura e a Paz.

Encargamos o deseño dunha figura en cerámica que cada ano poida recibir unha amiga, un amigo ( compañeiras, com-pañeiros) que co seu facer e estar, seguen a manter vivas Paz (cuxo nome hoxe é Xustiza) e Tenrura.

No encontro teremos tamén un momento para a música e a palabra.

Agardámosvos. Unha aperta.

Vai ter lugar na Coruña, o próximo 2 de outubro, un encontro na memoria de Paz Negreira e Paco, o seu home, irimegos de sempre, animadores da comunidade de Vangarda Obreira da Coruña e do barrio de Palavea. Unha iniciativa que nace coa esperanza de se converter unha cita anual onde se teña presente a quen loitan pola paz e a xustiza

Page 15: “Unha fenda se abre á esperanza”asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_816_WEB.pdfnenos con parálise cerebral, apoiándose en exercicios de ocio para a integración física e psíquica.

15

Boa NovaA

CLA

VE

E. Pulón é consumidor compulsivo. Pasa a vida entre o Lid’l e o Carrefour. Non cre no cambio climático nin no comercio xusto, e pensa que son xeitos de perder o tempo que teñen os hippis que quedan no planeta. Pola contra, Lázaro é membro dunha cooperativa de consumidores, e mesmo ten participado en diferentes Foros Sociais. Quere cambiar o mundo, sabendo que o que fai só é unha pinga no océano.

Sucedeu que morreron os dous, e o Deus que manda o sol a xustos e inxustos acolleunos aos dous na súa infinita bondade. Acadaron os dous o coñecemento que da a sabedoría e o amor de Deus, e daquela E. Pulón decatouse de que toda a súa vida fora unha desfeita. Tivo a vivencia real dos mortos de fame, do quencemento do planeta e de todas as inxustizas nas que vivía e se alimentaba. Sufocado pediulle a Deus que lle deixara volver a avisar a todos os seus (familia, amigos, compañeiros de traballo...) para que adoptaran na súa vida os xeitos responsables de Lázaro... E Deus contestoulle.

- Pero home, se miran o telexornal sen pestanexar, se non son capaces de ver a desfeita ecolóxica de Galicia, se non son quen de escoitar aos labregos que lles din que en Galicia circulan marcas de leite inxustas,... como van crer no que ti lles digas? Non ves que non fan caso nin ata dun vicepresidente USA?

Ti xa tiveches a túa oportunidade cando estiveches na terra. Por certo, ben que tes rido das cousas que facían Lázaro e os seus amigos. E iso que o que estaban a facer era para mellorar o teu mundo, o teu futuro e o dos teus fillos e fillas. El parecíase a min, lembras?: eu fago todo para todos, tanto para xustos como para inxustos.

Sentenza: non cuspas ao ceo, dixo Newton.

Marisa de Corme

A P

ALA

BRA

DOMINGO 26 DE SETEMBRO. 26º DO TEMPO ORDINARIOLc 16,19-31Naquel tempo, díxolles Xesús aos fariseos: “Había un home rico que vestía roupa de púrpura e liño fino, e que celebraba todos os días espléndidos banquetes. Ao pé da súa porta xacía un pobre chamado Lázaro, todo cuberto de chagas, que estaba desexando matar a fame co que caía da mesa do rico; e incluso os cans se achegaban a lle lamber as chagas. Resulta que morreu o pobre, e levárono os anxos ao seo de Abrahán. Morreu tamén o rico, e enterrárono. Estando no lugar dos mortos, no medio dos tormentos, erguendo os ollos viu a Abrahán e mais a Lázaro no seu seo.

Entón suplicoulle dicindo: “Ai, pai Abrahán, ten dó de min; mándame a Lázaro para que molle o seu dedo na auga e refresque a miña lingua, porque me atormenta o lume”. Pero Abrahán contestoulle: “Fillo, recorda que ti recibiches bens na túa vida, mentres Lázaro recibiu males; agora el recibe consolo e ti tormento. Ademais, entre nós e vós hai un abismo insalvable; de xeito que desde aquí non se pode pasar onda vós, nin desde aí se pode vir onda nós”. Entón el insistiu:

“Suplícoche, pai Abrahán, que o mandes a casa do meu pai, onde teño cinco irmáns, para que lles fale claramente e non veñan dar a este lugar de tormentos”. Pero Abrahán respondeulle: “Xa teñen a Moisés e os Profetas: que lles fagan caso a eles”. El volveu insistir: “Pero non llelo van facer, pai Abrahán, non; se un morto vai onda eles, seguro que se converterán”. Pero Abrahán replicoulle: “Se a Moisés e mais aos Profetas non lles fan caso, tampouco llo farán nin a un morto resucitado”.

O E

CO

Fumar é malo, para nós e para quen nos arrodean. Alcohol e condución son amigos mortais. O mesmo acontece coa velocidade ao volante. O sexo sen protección ten as súas consecuencias, e non digamos nada para quen o fai con descoñecidas/os. Nunca tivemos tanta información, pero semella que continuamos a caer na mesma pedra. Mesmo os publicistas, que de modificar condutas saben un pouco, xa entenden que non abonda con que coñezamos as bondades do seu produto, senón que as sintamos. Coñecemento e experiencia, ás veces tan próximas e outras tan enfrontadas.

José A. Martínez

Page 16: “Unha fenda se abre á esperanza”asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_816_WEB.pdfnenos con parálise cerebral, apoiándose en exercicios de ocio para a integración física e psíquica.

16

Falando da lingua Alá por Monterroso Lidia e Valentina

O Fachineiro da lingua

CifrasA Dirección Xeral de Política Lin-güística acaba de publicar as axudas aos Equipos de Normalización dos centros educativos. Son 800.000 euros para que os centros de toda Galicia planifiquen e leven a cabo as súas actividades ata xuño do ano que vén. Por facer comparacións -que, xa o sabemos, son odiosas pero entretidas- é o mesma cantidade que recibe La Voz de Galicia como subvención en 8 semanas ou a que o Goberno galego acaba de conceder a dedo á Fundación Ad Sanctum Iacobum Peregrinatio para que acondicione un an-dar dunha igrexa de Fontiñas en Santiago para que o próximo ano funcione como albergue para peregrinos.

Claro que xa sabemos que os cartos non son todo e para iso está a imaxinación. Por iso o fachineiro cele-bra alborozado o gran pacto de case-estado polo que os funcionarios da Xunta se van dirixir aos cidadáns cun “Bos días. En que podo axudalo?” Con isto e con chamarlle Brais ou Anxo (pronúnciese anso) a un fi-llo temos futuro para mil primaveras.

A.Q.

do norte (área mindoniense) porque din “nosoutros” e “vosoutros” no canto de “nós” e “vós” que empregan no resto; os do medio-oeste (área de transición) din “ti” e din “el” e mais “este”, e os de máis ao sur empregan “il” e “iste”. Logo os da zona máis occidental teñen gheada e os da máis oriental non E non teñen seseo (agás algúns a final de palabra (“lus” e “des”), e case todos din “irmao” e Isto se escoitásedes1 (que non *escoitarades) o que nós escoitamos

1 Respecto a esta forma verbal, no número anterior, onde dicía “futuro

de subxuntivo” debería dicir “pretérito imperfecto de subxuntivo”.

Estivemos alá por Monterroso, a terra do caldo e das es-copetas, alá onde nace o río Ulla. Alá arriba en Monterro-so estivemos, a onde pertence un dito que uns nos din dun xeito e outros doutro. No artigo anterior puxemos aquel verso que nos dixeron “se ti viras o que eu vin, alá arriba na feira de Monterroso” e parece que o informante tiña confundidas dúas versións: “Se ti viras o que eu vin, alá arriba en Monterroso” con “Se ti viras o que eu vin, na feira de Monterroso”. A nós quédanos algo lonxe Monte-rroso e non sabiamos do cruce este, desculpade!

Non sabemos se vistes o que nós vimos, pero seguro que oístes o que nós oímos e comprobastes como falaba a xente do bloque central. Se cadra algúns preguntádesvos que é iso do bloque central no tocante á fala Imos tentar explicalo. Os bloques quedan delimitados por dúas raias verticais imaxinarias que se chaman “isoglosas” . Unha destas liñas vai desde A Coruña ata a Baixa Limia, pasan-do por Santiago. A outra empeza case en Ribadeo e logo baixa pola montaña luguesa e ourensá. Aos que quedan no medio das dúas raias chámanselles do bloque central e teñen en común que perden o -n cando lles fan os plurais ás palabras rematadas nesa consoante. De aí que digan: xamós, corazós, ladrós, camiós mentres outros dicimos: xamóns, corazóns, ladróns , e os da zona oriental din: xa-mois, corazois, ladrois Isto non é un problema, é unha riqueza que non temos que evitar, senón que debemos conservar na fala. En Monterroso e en todas partes. A va-riedade é moita mesmo dentro de cada bloque. Os do cen-tral tamén se diferencian entre eles e sábese se son máis

“O anso exterminador”