Apertura cetros 09

14
http://centros.edu.xunta.es/contidos/concellos/

Transcript of Apertura cetros 09

Page 2: Apertura cetros 09

Establecer as bases e convocar subvencións para

os concellos de Galicia, en réxime de

concorrencia competitiva, para o

cofinanciamento do desenvolvemento do

programa de apertura de centros educativos

públicos fóra do horario lectivo, a través das

seguintes modalidades:

Page 3: Apertura cetros 09

Modalidade A: apoio a actividades saudables e de habilidades persoais.

Modalidade B: apoio á mellora do éxito escolar

Modalidade C: prevención e intervención ante o absentismo e abandono

temperán dos estudos.

Modalidade D: actividades de conciliación da vida familiar en períodos non

lectivos.

A participación nesta convocatoria implica desenvolver obrigatoriamente

actividades das tres primeiras modalidades (A, B e C) e opcionalmente da

modalidade D.

Page 4: Apertura cetros 09
Page 5: Apertura cetros 09

Modalidade A: apoio a actividades saudables e de habilidades persoais. Deberán seleccionar como mínimo 1 dos ámbitos que se indican a seguir:Cod. A1. Apertura de centros antes do horario lectivo.Cod. A2. Actividades para os tempos de comedor escolar.Cod. A3. Actividades posteriores á finalización do horario lectivoRequisitos: Contidos das actividades:

Lúdico-creativos (poderán realizarse en lingua estranxeira)Promoción de hábitos saudablesComportamentos adecuados nos tempos de almorzo e xantarHabilidades sociais, autoestima e autonomía persoal

Destinatarios:Alumnado do centro educativo dos niveis de educación infantil (EI) e educación primaria (EP)

Lugar de celebraciónCada un dos centros educativos

Datas de celebraciónPeríodos escolares (8 xaneiro-20 de xuño e 10 de setembro-15 de novembro)

HorarioAnterior e/ou posterior ao lectivo e/ou período do comedor escolar

Gastos imputablesPersoal e material

Gastos excluídosTransporte, alimentos, enxoval de cociña e/ou comedor; formación do persoal e/ou familias.

Page 6: Apertura cetros 09

Modalidade B: Apoio á mellora do éxito escolarDeberán seleccionar, como mínimo, 3 dos ámbitos dos que se indican a continuación:Cod. B1: Aulas de Acompañamento e Reforzo EducativoCod. B2: Competencia matemáticaCod. B3: Competencia lingüísticaCod. B4: Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico.Cod. B5: Competencia dixitalCod. B6: Competencia cultural e artísticaCod. B7: Competencia social e cidadáCod. B8: Competencia en aprender a aprenderCod. B9: Autonomía e iniciativa persoal

Requisitos:Contido das actividades:

As aulas de acompañamento e reforzo educativo estarán dirixidas ao alumnado que presenta dificultades relacionadas coa ausencia de hábitos de traballo, escaseza de motivación, atraso no proceso de maduración persoal, aprendizaxe deficiente das áreas instrumentais e que por diversos motivos non pode recibir o apoio e reforzo que precisa no seo da súa familia. Pretende reforzar as competencias básicas, mellorar as habilidades e actitudes asociadas á lectura, reforzar a adquisición de hábitos de organización e constancia no traballo, alentar o estudo e propoñer formas de traballo escolar eficaces.As actividades dirixidas á adquisición de competencias básicas por parte do alumnado versarán sobre os aspectos e empregarán a metodoloxía que se indica no Anexo I do currículo da educación primaria e no currículo da educación secundaria obrigatoria (Decreto 130/2007, do 28 de xullo, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria en Galicia), dispoñible en http://www.edu.xunta.es, sección lexislación e/ou publicacións.

Destinatarios:Alumnado de 3º ciclo de educación primaria (EP) e da educación secundaria obrigatoria (ESO)

Lugar de celebraciónNos centros educativos ou nos locais que favorezan a asistencia do alumnado

Datas de celebraciónDo 1 de xaneiro ao 15 de novembro

HorarioPosterior ao horario lectivo

Gastos imputablesPersoal e material

Gastos excluídosTransporte, festivais, representacións teatrais e outros non directamente relacionados con cada unha das actividades.

Page 7: Apertura cetros 09

Modalidade C: Prevención e intervención ante o absentismo e abandono temperán dos estudos.Deberán seleccionar como mínimo 1 dos ámbitos que se recollen a continuación:Cod. C1: actuacións dirixidas á prevención e intervención ante o absentismo escolarCod. C2: asesoramento e orientación para o retorno educativoCod. C3: redes de apoio multidisciplinares para a resolución pacífica de conflitosCod. C4: habilidades sociais

Requisitos:Contido das actividadesDinamización da elaboración de protocolos de actuación conxunta (centros educativos do concello, servizos sociais, ANPA…), coa finalidade de establecer accións ante o absentismo escolar e reducir o abandono temperán.Dar a coñecer vías que permitan o retorno ao sistema educativo. Asesoramento ao alumnado e familias sobre alternativas tales como ensinanza de adultos, a distancia, Programas de Cualificación Profesional Inicial (PCPI)…Establecemento dun punto de información de vías e opcións de estudos; bolsas de estudos e outras posibles axudas.Establecer medidas que supoñan intervencións conxuntas ou interdisciplinares sobre todas aquelas problemáticas que, de xeito individual ou colectivo, poden ocasionar absentismo ou fracaso escolar.Obradoiros de comunicación: acceso e procura da información, uso correcto de impresos, solicitudes, formularios, reclamacións e outros documentos que supoñan unha xestión administrativa.Destinatarios:

Mozos e mozas de 16 a 24 anosLugar de celebración

Nos centros educativos ou nos locais que favorezan a asistencia do alumnadoDatas de celebración

Do 1 de xaneiro ao 15 de novembroHorario

Posterior ao horario lectivoGastos imputables

Persoal e materialGastos excluídos

Transporte, festivais, representacións teatrais e outros non directamente relacionados con cada unha das actividades.

Page 8: Apertura cetros 09

Modalidade D: Actividades de conciliación da vida familiar en períodos non lectivos.

Opcionalmente poderase seleccionar, sempre e cando se teñan propostas actividades das modalidades A, B e C.Cod. D1. actividades lúdico-deportivas.Cod. D2. actividades de promoción da autonomía persoal.Cod. D3. actividades de fomento da creatividade.Requisitos: Contidos das actividades: poderán desenvolverse en lingua estranxeira

Lúdico-deportivas Habilidades sociais, autoestima e autonomía persoalActividades de fomento do pensamento creativo dos ámbitos lingüístico, artístico, social e científico-matemático.

Destinatarios:Alumnado dos niveis de educación infantil (EI) e educación primaria (EP).

Lugar de celebraciónNos centros educativos ou locais que favorezan a asistencia do alumnado.

Datas de celebraciónPeríodos non lectivos: vacacionais e/ou fins de semana.

HorarioPedagoxicamente adecuado ás idades do alumnado e que favoreza a conciliación familiar.

Gastos imputablesPersoal e material

Gastos excluídosTransporte, formación do persoal e/ou familias, actuacións e representacións.

Page 9: Apertura cetros 09

Presentarase un proxecto de actuación que incluirá obrigatoriamente e na seguinte orde:

1.-Datos identificativos do concello, existencia ou non de Consello Escolar Municipal e relación de actividades por cada unha

das modalidades para as que solicita subvención (obrigatorio para modalidades A, B e C; opcional para a modalidade D).

2.- Vinculación das actividades propostas coa problemática do contexto e/ou do contorno e coas características do alumnado.

3.- Por modalidades, descrición en detalle das actividades a desenvolver.

4.-Numero de centros que van participar, número de alumnado total e número de alumnado cuxa participación se estima.

5.- Lingua empregada no desenvolvemento das actividades.

6.- Distribución ao longo do ano das actividades, listadas por meses.

7.- As canles, recursos e medios de difusión, comunicación e sensibilización á comunidade educativa dos obxectivos e accións

do proxecto.

8.- A planificación da avaliación do propio proxecto para analizar o grao de consecución dos obxectivos previstos e proposta de

mellora.

9.- A cualificación do persoal proposto tanto para coordinación do programa como para execución das distintas accións.

10.- Os mecanismos de coordinación cos centros educativos de procedencia do alumnado e o concello.

Page 10: Apertura cetros 09

No período comprendido desde o 1º de xaneiro ata o 15 de

novembro de 2009.

Page 11: Apertura cetros 09

Mod. A: 757.230 €Mod. B: 1.080.000 €Mod. C: 567.864 €Mod. D: 552.136 €

O importe solicitado non poderá exceder do 80% do orzamento de cada unha das modalidades contempladas no proxecto presentado.

No caso de que non se chegase a adxudicar a totalidade do orzamento da modalidade D, pasaría a engrosar o atribuído á modalidade A.

Page 12: Apertura cetros 09

O prazo de presentación de solicitudes para participar na

convocatoria será dun mes contado desde o día seguinte

ao da súa publicación.

Ata o día 13 de marzo de 2009.

Page 14: Apertura cetros 09